circular: 19/2004 data: / /2004 asunto: realización de ... · controis de calidade periféricos e...

8
Circular: 19/2004 Data: / /2004 Asunto: Realización de antibiograma a todos os casos de tuberculose con confirmación bacteriolóxica (cultivo positivo). Orixe: División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde e Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Ámbito: Servizos/unidades de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública, Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia, Unidades de tuberculose; Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, Direccións provinciais do Sergas; Xerentes de Atención primaria e dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública. REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMA A TODOS OS CASOS DE TUBERCULOSE CON CONFIRMACIÓN BACTERIOLÓXICA (CULTIVO POSITIVO). En 1997 desígnase como Laboratorio de seguimento de micobacterias de Galicia ao laboratorio do Servicio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, que con data de 27 de marzo de 2001 se declara formalmente, polos directores xerais da División de Asistencia Sanitaria e de Saúde Pública, como Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia. As súas funcións son, entre outras, a realización dos antibiogramas aos grupos de enfermos definidos ata o de agora no programa (retratamentos, abandonos recuperados, quimioprofilaxes, VIH, UDVP, persoal sanitario, 1

Upload: others

Post on 14-Apr-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Circular: 19/2004

Data: / /2004

Asunto: Realización de antibiograma a todos os casos de tuberculose con confirmación bacteriolóxica (cultivo positivo). Orixe: División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde e Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Ámbito: Servizos/unidades de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública, Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia, Unidades de tuberculose; Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, Direccións provinciais do Sergas; Xerentes de Atención primaria e dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública.

REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMA A TODOS OS CASOS DE TUBERCULOSE CON CONFIRMACIÓN BACTERIOLÓXICA (CULTIVO

POSITIVO).

En 1997 desígnase como Laboratorio de seguimento de micobacterias

de Galicia ao laboratorio do Servicio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela, que con data de 27 de marzo de 2001 se declara

formalmente, polos directores xerais da División de Asistencia Sanitaria e de

Saúde Pública, como Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia.

As súas funcións son, entre outras, a realización dos antibiogramas aos

grupos de enfermos definidos ata o de agora no programa (retratamentos,

abandonos recuperados, quimioprofilaxes, VIH, UDVP, persoal sanitario,

1

Administrador
Cuadro de texto
14 / 06 / 2004

contacto cun enfermo con tuberculose resistente, fracaso terapéutico, ingreso

en cárceres, e outros factores -nenos menores de 4 anos-), a realización dos

controis de calidade periféricos e a creación e mantemento dun cepario en

Galicia.

No ano 2001, seguindo as directrices da OMS e englobado dentro do

proxecto global de vixilancia de resistencias no mundo, realizouse en Galicia un

estudio co obxectivo de coñecer a situación das resistencias de Mycobacterium tuberculosis aos fármacos de primeira liña e valorar os posibles factores

asociados e/ou grupos de risco. Os resultados, que amosaron unha baixa

prevalencia de resistencias aos fármacos antituberculosos en Galicia,

detectaron a existencia de casos de tuberculose con resistencia a fármacos de

primeira liña fóra dos grupos de especial risco inicialmente seleccionados, o

que apoia a necesidade de ampliar a realización de antibiogramas a todos os

casos diagnosticados.

Na mesma liña se pronuncia a Comisión Galega para a Avaliación do

Manexo da Tuberculose Resistente a Fármacos (creada pola Orde da

Consellería de Sanidade, do 25 de xaneiro de 2001) que, como comisión

asesora da Dirección Xeral de Saúde Pública, emite a recomendación de

realizar antibiogramas a todos os casos de tuberculose diagnosticados na nosa

Comunidade Autónoma.

A Organización Mundial da Saúde (OMS), se os recursos do país o

permiten, tamén recomenda unha vixilancia continua das farmacorresistencias

realizando cultivo e tests de sensibilidade a fármacos de todos os pacientes

con tuberculose.

Polo tanto, e seguindo tamén as liñas de actuación formuladas no plan

de saúde de Galicia 2002-2005 para mellorar o diagnóstico microbiolóxico da

tuberculose en Galicia díctanse as seguintes

INSTRUCCIÓNS

2

1. A partir do 1 de xullo de 2004 realizarase, en todos os casos de tuberculose

de Galicia, un antibiograma da cepa de Mycobacterium tuberculosis illada

no momento do diagnóstico, para coñecer a súa sensibilidade aos fármacos

máis frecuentemente utilizados no tratamento da tuberculose (isoniazida,

rifampicina, estreptomicina, etambutol e pirazinamida).

2. Os laboratorios de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención

sanitaria de utilización pública, deberán realizar a partir do 1 de xullo de

2004, as seguintes tarefas:

2.1. Aplicar os métodos básicos e mínimos de uso rutineiro, seguintes:

2.1.1. Microscopía directa.

2.1.2. Cultivo en medios sólidos e/ou líquidos.

2.1.3. Identificación do complexo M. tuberculosis. Nos casos nos que

non se considere oportuno a realización desta proba, polo pequeno

número de cepas illadas, enviaranse ao laboratorio do seguinte

nivel dentro da área sanitaria correspondente.

2.2. Garantir o mantemento de todos os illamentos de micobacterias neles

realizados (cepario).

2.3. Enviar ao Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia

(Servicio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de

Santiago), a primeira cepa de M. tuberculosis, illada no momento do

diagnóstico da enfermidade.

3

3. Así mesmo, o Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia, levará

a cabo:

3.1. A realización dos antibiogramas de todos os casos con cultivo positivo

diagnosticados en Galicia, para manter unha estreita vixilancia das

resistencias na nosa comunidade e adoptar as medidas necesarias para

o correcto manexo clínico dos enfermos.

3.2. A realización das probas de tipificación molecular (RFLP-IS6110), que

se solicitaban ao Departamento de microbioloxía da Universidade de

Zaragoza, nos seguintes grupos: casos de tuberculose multirresistente,

casos en persoal sanitario, casos de recidivas, casos en colectivos

escolares ou laborais e casos onde se sospeite contaminación do

cultivo no laboratorio.

3.3. Asumirá a realización do control de calidade do resto dos laboratorios

de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de

utilización pública.

3.4. E por último, manterá un rexistro actualizado do traballo realizado

usando o soporte informático definido pola Dirección Xeral de Saúde

Pública.

Santiago de Compostela, de xuño de 2004

O director xeral de Saúde Pública O director xeral da División de

Asistencia Sanitaria Asdo.: Jorge Suanzes Hernández Asdo.: Francisco López Rois

4

Anexos:

UNIDADES DE MICROBIOLOXIA DOS HOSPITAIS DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN SANITARIA DE UTILIZACIÓN PÚBLICA.

Provincia da Coruña:

- Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

- Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

- Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Provincia de Lugo:

- Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

- Hospital da Costa.

- Hospital Comarcal de Monforte.

Provincia de Ourense:

- Complexo Hospitalario de Ourense.

- Hospital Comarcal de Valdeorras.

Provincia de Pontevedra:

- Complexo Hospitalario de Pontevedra.

- Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

- Hospital do Meixoeiro.

- Policlínico de Vigo (POVISA).

- Hospital Nicolás Peña.

LABORATORIO DE REFERENCIA DE MICOBACTERIAS DE GALICIA

Responsable:

Mª Luisa Pérez del Molino Bernal. Enderezo:

Servicio de Microbioloxía.

5

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela

UNIDADES DE TUBERCULOSE

UTB da Coruña

Responsables:

Mª Isabel Ursúa Díaz Daniel Díaz Cabanela

Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo As Xubias, 84 15006 A Coruña

UTB de Santiago

Responsables:

Victoria Túñez Bastida José Paniagua López

Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela

UTB de Ferrol

Responsable:

Emilio Vázquez García-Serrano Enderezo:

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos Estrada de San Pedro de Leixa, s/n 15405 Ferrol

UTB de Lugo

Responsable:

6

Antón Penas Truque

Enderezo: Complexo Hospitalario Xeral-Calde Hospital de Calde Calde s/n 27004 Lugo

UTB de Ourense

Responsables:

Abel Rodríguez Canal Mª Amparo Castro-Paz Álvarez-Buylla

Enderezo: Complexo Hospitalario de Ourense Centro de Especialidades. 1ª andar, consulta nº 11 Rúa Concello s/n 32005 Ourense

UTB de Pontevedra

Responsables:

Luis Anibarro García Adnar Abdelkader Hassan

Enderezo: Complexo Hospitalario de Pontevedra Hospital Provincial Loureiro Crespo, 2 36071 Pontevedra

UTB de Vigo

Responsables:

Rafael Vázquez Gallardo Alberto Fernández Villar

Enderezo: Hospital Nicolás Peña

7

Avda. Camelias, 109 36211 Vigo

8