caderno roteiro literario manuel maría

12
Roteiro literario Manuel María Visita á Casa Museo, Outeiro de Rei (Lugo) 30 maio 2016 Biblioteca IES David Buján, Cambre IES Miraflores, Oleiros

Upload: xenza

Post on 16-Apr-2017

274 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Caderno roteiro literario manuel maría

Roteiro literario

Manuel María

Visita á Casa

Museo, Outeiro

de Rei (Lugo)

30 maio 2016

Biblioteca

IES David Buján, Cambre IES Miraflores, Oleiros

Page 2: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 2

Na Carballeira de Santa Isabel

CARBALLOS Carballos rexos, potentes, calados ou musicales que loitais como valentes coas xistras e os vendavales! Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! Estades na Cha chantados solemnes e centenarios! Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! Que sensación de forteza ollando prá eternidade!

PIÑEIROS

Piñeiros finos, delgados, perfección da vertical! Ollais ó ceo pasmados coa vosa ollada lanzal!.

Tedes as vosas verdades e só ó vento escoitais! Si o vento quere, chorades. Si quer o vento, cantais

Eu téñovos pouco aprecio.

Como sodes tan esguíos:

vedes con certo desprecio

ós meus árbres montesíos!

Page 3: Caderno roteiro literario manuel maría

CASTIÑEIRO Está só o castiñeiro no cómaro dun labradío. E como o ollo senlleiro eu coido que sinte frío! Ten a copa moi redonda e ten a casca enrugada. Debe sentir pena fonda lembrando a vida pasada! Como xa ten tantos anos os seus foron morrendo. Agora árbores estranos escóitano estar xemendo! Case non hai castiñeiros!: Os que hai son de respecto velliños, orfos, tristeiros e con furados no peto...!

Páxina 3

Page 4: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 4

O CUCO

O cuco, cuco, cuqueiro.

O cuco, cuco, cucón.

Madrugón e cantareiro!

Cantareiro e madrugón!

Oise pola carballeira

ó vello cuco souril

ó nacer a Primavera

entre o marzo e o abril.

O vello cuco, cucou

e moito máis curará!

O cuco non me capou

e nunca me capará!

O CARRO Non canta na Cha ninguén. Por iso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío. Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame herba pra o gando! Traime a colleita pra casa!

Page 5: Caderno roteiro literario manuel maría

O VENTO

O vento e o seu alento

é cousa que non se ve.

O vento ten un misterio!

O vento un misterio é!

Ás veces é un murmurio,

un sopro maino da brisa,

solermiño, arrolaror,

semellante a unha sorrisa.

Ás veces o vento zoa,

terríbel, ameazante:

leva lousados e arbres

coa súa forza de xigante!

O vento tolo, na noite

corre, brúa, berra, brama:

eu a escoitalo medoso,

acochadiño na cama!

O vento pasa bruante

con forza de xigantón.

Eu sinto por el respecto

e sempre lle chamo don!

O ARADO

Labrado da miña mao

fixen coa miña navalla,

un aradiño de pau...

Leva timón e chavella,

e unha rella furadora

feita dunha lata vella!

O meu arado é tan feito

que pode incluso esfender

labradíos e barbeito...!

Teño xa que darlle estreo

ao meu arado arador,

ao meu arado pequeno...!

E non sei onde hei de ir

buscar os bois que preciso,

buscar os bois para xunguir!

Páxina 5

Page 6: Caderno roteiro literario manuel maría

GALICIA

Galicia docemente

está ollando o mar:

ten vales e montañas

e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,

ciudades e labregos,

cargados de traballos,

cargados de trafegos!

Galicia é una nai

velliña e soñadora:

na voz da gaita rise,

na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos

a terra,o mar, o vento…

Pero hai outra Galicia

que vai no sentimento!

Galicia somos nós:

a xente e máis a fala.

Se buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

Páxina 6

TERRA CHA A Terra Cha somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil árbores, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves avoar. O resto é soidade.

Page 7: Caderno roteiro literario manuel maría

ÁRBORES DE CIDADE

As árbores da cidade

esmorecidas, tristeiras:

non cometeron delito

e téñenas prisioneiras!

As árbores da cidade

non sei como dan medrado

co barullo dos motores

e co ar polucionado.

As árbores da cidade

son seres artificiais:

naceron no invernadeiro

dos xardíns municipais!

As árbores da cidade:

non viron cervos lixeiros,

nin paxaros voadores,

nin regatos cantareiros!

As árbores da cidade

non teñen contentamento:

respiran fume e non aire!

por terra teñen cemento!

Páxina 7

Page 8: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 8

Sonetos á casa de Hortas

Page 9: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 9

Page 10: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 10

Page 11: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 11

Page 12: Caderno roteiro literario manuel maría

Páxina 12