caderno cader- de críticas no - anaya infantil juvenil...de xabier quiroga cader-no «estamos ante...

8
Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor caderno de críticas XERAIS «Tradúcese por fin ao galego esta peza mestra, denuncia adiantada do nazismo» Salvador Rodríguez, Faro de Vigo «Os lectores xa poden gozar en galego coa crónica máis dura das atrocidades do nazismo a través dos ollos dunha valente muller» Francisco Martínez Bouzas, O Correo Galego

Upload: others

Post on 24-Jan-2021

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

Atuado na brañade Xabier Quiroga

cader-no

«Estamos ante un gran

relato de consumo

que vén confirmar

a emerxencia dunha

literatura nacional,

á altura de calquera

outra.»

FFeerrnnaannddoo CCaarrbbaallllaa,,

AA NNoossaa TTeerrrraa

«Un volume que

cobreguea nas mans

satisfacendo todos

os posibles puntos

de interese (morbo,

intriga, paixón…)

dos lectores.»

XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,,

FFaarroo ddee VViiggoo

«Nunha novela na que

a natureza ten tanto

protagonismo, o idioma

ten que ulir, cheirar,

saber, cegar, ten que

poder acariñarse e

mastigarse. E abofé

que isto é o que

acontece aquí.

A lectura destas

páxinas é unha festa

para os sentidos.»

DDoolloorreess VViillaavveeddrraa,,

OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

Enderezo descoñecidode Kressmann Taylor

cadernode críticas

X E R A I S

«Tradúcese por fin ao galego esta peza

mestra, denuncia adiantada do nazismo»

SSaallvvaaddoorr RRooddrríígguueezz,, FFaarroo ddee VViiggoo

«Os lectores xa poden gozar en galego coa crónica máis dura das atrocidades

do nazismo a través dos ollos dunha valente muller»

FFrraanncciissccoo MMaarrttíínneezz BBoouuzzaass,, OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

Page 2: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

2 Enderezo descoñecido

SALVADOR RODRÍGUEZ, Faro de Vigo, 29 de marzo de 2002

Maxistral denuncia adiantada do nazismo

Tradúcese por fin ao galego a obra da escritora norteamericana Kathrin Kressmann –que sempre asinou

como Kressmann Taylor–, unha peza mestra que denunciou ao réxime nazi na primeira etapa da subida

ao poder de Adolf Hitler.

¿A partir de cantas páxinas unhanarración, un relato, un conto, enfin, pódese considerar novela? Non

hai quen se atreva a concretar unha cifra,se ben abondan os concursos literarios nosque se advirte aos participantes de que asúa obra deberá ter un «minimo de» deter-minado número de páxinas, so pena devulnerar as bases e quedar fóra do certa-me.

Para non acreditar nos tópicos dosmatemáticos da literatura, aquí nos chegaEnderezo descoñecido, unha peza á que haique incluír no xénero da novela en tantoen canto, tanto pola súa estructura comopolo seu apaixoante desenrolo, reflexa nassúas escasas sesenta e cinco páxinas –nesta,a súa edición en galego– un universo lite-rario e vital que vai máis aló do que abran-guen os chamados relatos curtos.

Enderezo descoñecido foi publicada porprimeira vez nos Estados Unidos en 1938,isto é, o ano anterior ao inicio da IIGuerra Mundial, máis o marco no que se

desenrolan os feitos datan de moito antes(1932). A novela que nos ocupa artéllaseen forma de cartas que se dirixen entre sidous amigos, un xudeo estadounidense eun alemán que regresa ao seu país.

Carta a carta, con moi poucas verbas,con indicios, con contidos inquedantes, olector penetra nas claves do que supuxopara a sociedade alemana a subida aopoder de Adolf Hitler e as nefastas conse-cuencias da aplicación das medidas doréxime nazi.

Sutil mais, ao tempo, lúcida, Taylorsuláganos nos labirintos da historia a tra-veso dos sucesos cotiáns, do cambio ope-rado nunha persoa, Martin Schulse, quechega a un país que semella erguerse dunpesadelo pero que, en realidade, está apiques de fundirse noutro sen que parezaque ninguén se decate.

Mérito da autora é, sen dúbida, adver-tir o horror que se aveciñaba, como taméno avisaron, no cine, Charles Chaplin conO gran dictador ou mesmamente, xa máis

Page 3: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

Enderezo descoñecido 3

adiante, Ernst Lubitch con Ser ou non ser.Acontece que, máis aló da denuncia,Kressmann Taylor abráianos co xeito queten de facela, tan sinxelo, tan claro, tancomún como pode ser a correspondenciaentre dúas persoas cuxo drama non é só oseu alonxamento físico senón e, sobre todo,o seu alonxamento, máis que político,ético, moral, até espiritual.

Enderezo descoñecido acadou moi cedovendas espectaculares nos Estados Unidos,pero dende a súa reedición en 1995 está aconquerir grados de aceptación que a levana ser unha lectura de referencia tamén enEuropa. Un acerto pleno, pois, o de Xeraiscon esta traducción realizada por EnmaLázare Rodríguez. Toda unha novela, siseñor, unha novela de certo magnífica queremata – e o podemos dicir sen desenmas-carar a clave dramática– co debuxo dunsobre cun mataselos no que lemos dúasverbas en alemán que, a partires de agora,van remitirnos á traxedia: «AdressatUbetannt».

Page 4: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

4 Enderezo descoñecido

HADRIÁN LOUREIRO, O Correo Galego, 28 de marzo de 2002

Foi o editor francés HenryDougier, das EditionsAutrement, quen, no

ano 1999, rescatou do esquece-mento Enderezo descoñecido, deKressmann Taylor, novela publi-cada agora en galego por Xeraisna súa colección de narrativa.Autrement, que iniciou a súaandaina no 1975 como revistatrimestral; e dedica o seu catálo-go ás ciencias humanas e mais áliteratura estranxeira, ten certorelevo para o lector galego, xaque se trata da mesma editorialque no ano 1996 publicou, entraducción francesa de EnmaLazaré –tamén traductora dolibro que hoxe nos ocupa–, untexto de X. L. Méndez Ferrín,incluído nunha obra colectivasobre Lanzarote (posteriormen-te, co título de Lanzarote ou osabio consello, aparecería a ver-sión galega deste texto nonúmero 31 de A Trabe de Ouro).

Kressmann Taylor é o nomeliterario de Kathrine Kressmann(1903-1996), autora norteame-ricana que, dedicada profesio-nalmente ó mundo da publici-dade, publicou esta novela curtaepistolar en setembro do 1938,primeiro nunha revista e, ó ano

seguinte, xa en forma de libro.Enderezo descoñecido conta a his-toria do final dunha relación deamizade entre un xudeu dacidade de San Francisco e unemigrante alemán nos EUA queno ano 1932 decide volver ó seupaís de orixe.

Socios e propietarios dunhagalería de arte na cidade califor-niana, o regreso a Alemaña dosegundo deles vai coincidir coascenso dos nazis ó poder, feitoque ha condiciona-la evolucióndeste personaxe, afastándoo cadavez máis do seu amigo xudeu.Pero a relación epistolar, quepolo desenvolvemento dos acon-tecementos debería rachar moitoantes, mantense debido a unmotivo que vai ser crucial paraque a narración resulte verosímilós ollos do lector: o envío desdeos EUA dos xiros bancarios coaparte dos beneficios que corres-ponden ó socio alemán. Este ele-mento temático vai se-lo que llepermita á autora non só desen-volve-la narración empregrandoo intercambio epistolar facilita-do –en tempos de censura docorreo– polo conducto bancario,senón que tamén vai constituí-lopano de fondo sobre o que traza-

lo retrato moral da asunción donacismo.

A historia que conta a nove-la vai parella, como dixemos, áchegada de Hitler ó poder.Martin Schulse, un dos prota-gonistas, retorna a Alemaña no1932; a primeira carta que envíaó seu socio norteamericano estádatada en decembro desemesmo ano, xusto un mes des-pois das eleccións nas que o par-tido nazi obtén doce millóns devotos (o 33%). En xaneiro do1933, Hindenburg nomeachanceler a Hitler e, en febreiro,arde o Reichstag (parlamento).De alí a dous meses, logo dou-tras eleccións, os nazis chegan ó44% dos votos; por aquelasdatas, Schulse contesta unhacarta do seu aínda amigo, naque este recea de Hitler, dicín-dolle: «Creo que en moitosaspectos Hitler é bo paraAlemaña». No mes de xullo, onazi é o único partido políticopermitido nese país; Schulse xafala nas súas cartas de VeneradoXefe e xustifica a persecucióndos xudeus. Nunha terrible peroilustrativa frase, afirma: «Nonquero ter ningún trato máis cosxudeus, á parte dos xiros banca-

ESTARRECEDOR

Page 5: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

Enderezo descoñecido 5

ESTARRECEDORrios», procedentes, en gran partee paradoxalmente, das obras dearte vendidas ós propios xudeusnorteamericanos. No ano 1934,que é cando remata a historia danovela, Hitler dáse a si mesmo otítulo de Fürer.

A proximidade cronolóxicaexistente entre estes feitos e apublicación, só catro anos des-pois, de Enderezo descoñecido,que é de 1938, dá, ó noso ver,unha boa pista sobre a orixedeste libro singular e mais sobrea súa importante compoñentetestemuñal: a urxente necesida-de, nuns Estados Unidos onde oillacionismo tiña moito pulo, deesperta-lo interese polo quedaquela acontecía en Europa e,máis concretamente, polo quelles acontecía ós xudeus enAlemaña.

Tanto o tema, unha das tra-xedias máis arrepiantes da histo-ria da humanidade, como omedio utilizado pola autorapara nola achegar dun xeito

efectivo e impactante, a amizadeentre estes dous homes desfeitapor causa desa mesma traxedia,emparentan este libro coatamén novela curta de FredUhlman titulada Reencontro,que publicou en galego aEditorial Galaxia. Así e todo,hai un aspecto fundamental queas diferencia; mentras queKressmann Taylor escribiu a súaobra ó tempo que se desenvolví-an os acontecementos que nelase condenan, o libro de Uhlmanvería a luz moitos anos máistarde, o que se cadra explique aspalabras que Arthur Koestler llededicaba no limiar: «Non hai[en Reencontro] o menor rastrode furia.

Pola contra, en Enderezo des-coñecido non existe ese «saudosoton menor» do que tamén falaKoestler ó se referir aReencontro. Segundo confesa ofillo da autora no prólogoincluído na edición galega,cando se publicou Enderezo des-

coñecido no ano 1938, o editor emailo home da escritora pensa-ron que era unha historia durade máis para ir asinada por unhamuller, de aí a utilización dunpseudónimo. Pero a dureza dolibro non só reside nos aconte-cementos históricos –estarrece-dores de seu– que recrea, senónmáis ben na resolución danarración mediante o recurso davinganza. Ou da xustiza, que écada lector a quen lle cómpreescolle-la palabra que se axustemellor a un final no que aausencia delas é máis ca elo-cuente.

Final sen palabras no queabonda coa simple imaxe dunhacarta devolta por «enderezo des-coñecido». Literatura testemu-ñal, de urxencia, efectiva eimpactante, sobre un períododa historia que non debemosesquecer, nin tampouco ha con-seguir que o fagamos mentresobras como esta sigan ó dispordos lectores.

Page 6: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

6 Enderezo descoñecido

As cartas da verdade

Os lectores xa poden gozar en galego coa crónica máis dura das atrocidades do nazismo a través dos ollos dunha valente muller.

Ao dispor dos lectores galegostemos desde hai unhas semanasunha publicación que resultou ser

no seu día un grande éxito editorial e que foicualificada en 1939 por The new York TimesBook Review como a perfección mesma e adenuncia máis efectiva que se pode facercontra o nazismo en literatura de ficción. Olibro, as súas vicisitudes editoriais e as cir-cunstancias persoais da súa autora, encerranunha historia que constitúe en si mesma unasunto moi interesante. Aínda que asinadopor Kressmann Taylor, foi escrito realmentepor unha muller, Kathrine Kressmann, casa-da en 1928 con Elliot Taylor. Dez anos máistarde rematou de escribir Enderezo descoñeci-do, pero o seu home e o editor de Storymagazine, a revista que o publicou de conta-do, acordaron que a historia era «demasiadodura para aparecer firmada por unhamuller» e o libro saíu á luz pública baixo opseudónimo literario de Kressmann Taylor,que a autora conservou en futuras obras(Until That Day e Diary of Florence in Food).Kathrine Kressmann deixou escrito da súaman os motivos que a levaron a compoñerEnderezo descoñecido. En 1938 e en anosanteriores o movemento arredista enEstados Unidos era moi forte e ninguénsemellaba estar informado das atrocidadesestarrecedoras do nazismo. Kathrine, polasúa conta, le e estudia os discursos e escritosde Hitler e dos seus conselleiros e o que des-

cobre é estremecedor. Endalí que decidaescribir sobre as verdadeiras actuacións dosnazis para amosarlles aos americanos oscompoñentes do nazismo.

O éxito editorial foi enorme e en segui-da a novela foi editada en Europa e traduci-da a diversas linguas. Pero a partir de 1939,Enderezo descoñecido foi retirada das librerí-as coincidindo coa ocupación nazi e a únicaconstancia da mesma no continente era asúa inclusión na lista de libros prohibidospola censura alemana. En 1995, Story Pressreeditou a novela para conmemorar o cin-cuenta aniversario da liberación dos camposde concentración e a autora foi clasificadacoa condición de autora clásica do sistemaliterario norteamericano. Pouco despois arevista Autrement de París fixo a ediciónfrancesa e esa traducción converteuse nunbest-seller, vendéndose nos meses seguintesa cáseque todas as linguas europeas.

Todos aqueles que tiveron algo que vercoa obra coinciden en cualificar a Enderezodescoñecido como unha novela de mensaxeatemporal, subliñando a súa importanciapara toda a comunidade humana, tantopara aqueles que sufriron o dominio nazicomo para os que precisan saber o que oco-rreu. Estamos, pois, diante dun libro deliteratura testemuñal que nos fai presentes amalignidade da ponzoña nazi e o antisemi-tismo que percorreu media Europa. E pre-cisamente nuns intres nos que os xudeus

FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS, O Correo Galego, 15 de abril de 2002

Page 7: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

Enderezo descoñecido 7

teñen emprendido paradoxalmente un pro-grom cos palestinos non menos terrible coque anos atrás os nazis probaron con eles. Ahistoria acostuma a repetirse e as víctimasconvértense doadamente en carniceiros ereproducen ser escrúpulos as ignominiasarrepiantes que eles sufriron. Enderezo desco-ñecido naceu, como xa dixemos, para expo-ñer diante da opinión pública norteamerica-na o veleno do nazismo desde os seus come-zos, e faino reproducindo ficcionalmente arelación epistolar de dous amigos e copro-pietarios dunha galería de arte en California:Max Eisenstein, un xudeu estadounidense, eMartin Schulse, un alemán que regresa ó seupaís en 1932, xusto cando empezaba oascenso do partido nazi en Alemaña. A rela-ción epistolar dá comezo o 2 de novembrode 1932, o mesmo mes no que o partidonazi obtén o 33% dos votos nas elecciónsdaquela celebradas, e remata o 3 de marzode 1934, cando Hitler se autoproclamaFürer da nación alemana.

A través da correspondencia percibimos aevolución dunha relación de amizade, por-que chega un momento no que o alemánconsidera perigosos, para a súa situación nanova Alemaña, os contactos co xudeu. Esteé o tema da novela que a autora desenvolvedun xeito enormemente efectivo a través dedezanove cartas que nos permiten presenciara evolución do amigo e socio alemán cara aodistanciamento. Evolución que corre parellaao ascenso do nazismo. O 25 de marzo de1933, Martin Schulse méntalle por primei-ra vez a Hitler ao amigo xudeu e faille sabera súa opinión sobre o mesmo: en moitos

aspectos Hitler é bo para Alemaña, pero nonestá seguro e faise o inquérito de se, maliaelectrizar as multitudes, está ou non no seuxuízo. Pero xa se apresurara a afiliarse aonacionalsocialismo e non por simple conve-niencia, senón polo convencemento de queAlemaña atopara o seu destino. Dous mesesdepois contacta a través do banco para evi-tar a censura e faille saber que non lle escri-ba máis, que lle resulta imposible mantercorrespondencia cun xudeu e admite a dolo-rosa necesidade das severas medidas nazisporque a raza xudía é unha ferida abertapara calquera nación que le dea asilo. Afinais do 33 amósalle claramente a súacovardía ao amigo xudeu. A partir desteintre o lector asistirá a un remate aceleradoda novela, resolvéndose a trama por mediodunha implacable vinganza, realizada a tra-vés da mesma censura alemana. Ese final noque non hai unha soa verba senón o sobredunha carta devolto por enderezo descoñe-cido, é abondo elocuente para o lector sedecatar da sorte final do socio alemán. Aautora fai a súa denuncia, como xa apunta-mos, por medio dunha escrita epistolar.Axustándose á sinxeleza estilística quedemanda una relación epistolar, e botandoman da brevidade e da intensidade,Kathrine Kressmann escribe unha excelenteficción de literatura testemuñal desvelándo-nos a face agochada e estremecedora donazismo para que o mundo xamais o esque-za e se manteña vixiante porque as súas rai-ceiras agroman constantemente, mesmoentre aqueles que un día foron víctimas doseu pavoroso holocausto.

Page 8: caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil...de Xabier Quiroga cader-no «Estamos ante un gran relato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional,

FICHA TÉCNICA

Título: Enderezo descoñecidoAutor: Kressmann TaylorXénero: NarrativaISBN: 84-8302-764-X73 páxinas

SINOPSE

Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios pro-pietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeo estadouni-dense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ó seu país en 1932, coincidindo coascenso do partido nazi.Publicada nos EE. UU. en 1938, pronto acadou vendas espectaculares e foi con-siderada unha obra perfecta. Trala súa reedición en 1995, chegou ás mans do edi-tor francés Henri Dougier, quen decidiu publicala convencido da súa importan-cia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir deentón, a obra foi traducida ás principais linguas de Europa.Enderezo descoñecido representa un dos máis estarrecedores alegatos conta o nazis-mo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ó longo da correspondencia entre osdous personaxes.

X E R A I S