boletín do ceesg - colexio de educadoras e educadores ... · 8 o teu labor na educación social...

31
Boletín do Ceesg

Upload: others

Post on 19-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

2

Neste boletín:

Tema do mes: Concienciar polo cambio; educar para combater a violencia

de xénero. Unión Profesional.

CGCEES: Xunta de Goberno en novembro.

Actualidade:

4º Concurso TFG.eduso, de traballos de fin de grao arredor da Educa-

ción Social.

4º Concurso Memorial Toni Julià, de proxectos de Educación Social.

TFG.eduso: Proxecto de intervención socioeducativa: os beneficios das

actividades asistidas con animais para a mocidade en risco de exclusión

social. Alba Mª Ojea Cid.

Formación: V Xornadas sobre Educación social e violencia de xénero: Feminismos

e Deporte.

Curso de ética aplicada á acción socioeducativa.

Ideas para a vindeira xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social.

Emprego

Grupos de traballo:

Fiadeiras na feira feminista Laborando.

BloguES: Servizos Sociais e Servizos de Saúde Mental, unha relación difícil.

Óscar Barril.

http://www.oscarbarril.cat

Para ler e reflexionar: Diccionario visual Lengua de signos española - in-

glés - español. (CNSE)

Que fas ti pola Educación Social? Eva López Soto.

Actuacións

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 108 - novembro 2016

Page 3: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Page 4: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

4

TEMA DO MES Concienciar polo cambio;

educar para combater a violencia de xénero

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero

“Unha de cada tres mulleres do mundo sofre violencia durante a súa vida,

a miúdo a mans dunha persoa coñecida, querida e na que confía. Case a

metade do total mundial de mulleres vítimas de homicidio en 2012 foron

asasinadas polo seu compañeiro sentimental ou por algún familiar”. Estes

son algúns dos datos ofrecidos por ONU Mulleres para advertir de que o

impacto da violencia de xénero ten múltiples e graves consecuencias

sociais e sanitarias para mulleres e menores de idade, e que constitúe

unha grave violación dos Dereitos Humanos. No noso país, corenta son as

mulleres asasinadas durante este 2016, segundo os datos do Observatorio

contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder

Xudicial.

Ante esta situación, as profesións españolas, organizadas mediante

colexios profesionais e reunidas en Unión Profesional, insisten en

denunciar a violencia en todas as súas ordes, facendo especial fincapé no

Día Internacional contra a Violencia de Xénero na necesidade de trasladar

á sociedade a importancia do desenvolvemento e adecuación da igualdade

como dereito fundamental, así como da educación en valores igualitarios.

Unión Profesional incide na importancia dun compromiso común das

institucións para atallar a violencia de xénero, expresión dunha estrutura

económica e social asimétrica da que forman parte as profesións e, por

Unión Profesional

www.unionprofesional.com

@uprofesional

Page 5: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

5

tanto, da que tamén son responsables. É por esta razón que é importante

insistir no compromiso esencial de todos os actores sociais con esta

problemática, sendo as profesións dedicadas ao ámbito sanitario,

educativo, xurídico e asistencial as máis sensibilizadas -por estar en

contacto directo- e fundamentais para a prevención e a atención á

violencia de xénero, e para concienciar á sociedade da necesidade dun

cambio profundo na súa estrutura e organización.

* Imaxe da artista MP5 para a marcha “Nin unha menos”.

Page 6: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

6

Xunta de Goberno do CGCEES A Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Educadoras

e Educadores Sociais (CGCEES) reuniuse os días 5 e 6 de novembro na sede do

Colexio Profesional de Madrid (CPEESM), sendo os obxectivos: o seguimento

do plan de traballo, a planificación de accións de peche do ano 2016, estudo

do calendario e contidos a tratar na Asemblea Xeral 2017 e valoración das

propostas presentadas polos Colexios para celebrar o noso X Aniversario da

creación do Consello Estatal. Abriuse tamén un espazo de reflexión e

valoración das fortalezas e debilidades da nosa organización no momento

actual.

Máis información

CGCEES

Page 7: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

7

4º Concurso TFG.eduso, de traballos de fin

de grao arredor da Educación Social

ACTUALIDADE

traballos

premio

prazo

ceesg.gal

+ info eN

º

TFG.eduso

CONCURSO

Page 8: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

8

O teu labor na Educación Social ten valor. Participa!

Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e

educadores sociais ou estudantes de educación social.

Premiaranse os máis interesantes e innovadores, facilitando a

súa futura difusión.

O concurso é a nivel estatal, pero ten unha fase autonómica

(ata dous proxectos galegos poderían pasar á final estatal).

Tamén haberá un recoñecemento para as persoas que

superen a fase galega.

Prazo: 1 de marzo de 2017

4º Concurso de proxectos de Educación Social

Memorial Toni Juliá

Page 9: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

9

ESTA SECCIÓN TEMPORAL RECOLLERÁ RESUMES DOS TRABALLOS GAÑADORES DO 3o CONCURSO TFG.EDUSO

TFG.eduso

Proxecto de intervención socioeducativa:

os beneficios das actividades asistidas con animais

para a mocidade en risco de exclusión social.

Vivimos nunha sociedade cambiante que nos obriga a pensar e repensar os

diferentes programas de intervención propostos para diversos contextos, ámbitos

ou profesións. Estes programas deberán dar resposta ás características dunha

sociedade dinámica e en continua transformación.

O que aquí se presenta é unha proposta dun programa de intervención centrado

nun dos ámbitos de traballo da educación social, xoves acollidos/as en centros de

reforma. Con esta proposta, queríamos dar a coñecer un novo sector

profesionalizador para a figura de educadoras e educadores sociais, as actividades

asistidas con animais para estes e estas adolescentes en risco de exclusión social.

A sociedade actual ofrécenos e convídanos ás persoas a gozar das prazas, parques,

rúas e áreas recreativas. Pero, cando nos atopamos na situación de menores que

se atopan nun centro de reeducación, privados da súa liberdade por cometer actos

que esta mesma sociedade castiga, qué podemos ofrecer?

A intervención socioeducativa con adolescentes en risco de exclusión social, que

están internados/as nun centro de reforma, necesita poder cubrir as diferentes

necesidades das que estamos a falar e que presentan estes e estas menores. As

actividades asistidas con animais poden ser un recurso importante para traballar a

motivación, as relacións de convivencia coa natureza e o ocio saudábel,

incorporándoas a programas máis globais de atención á persoa e á mellora do seu

benestar.

As actividades propostas do programa de intervención creado buscan, por un lado,

proporcionarlles a rapaces e rapazas unha maneira de ocio e de tempo libre

saudábel, e por outro, dotar a estes e estas menores de diferentes valores e

Alba María Ojea Cid

Gañadora do 3º Concurso

TFG.eduso na modalidade

Educación Social escondida.

Page 10: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

10

“As actividades propostas do programa buscan proporcionar unha maneira de ocio e de tempo libre saudábel e dotar ás rapazas e rapaces de diferentes valores e habilidades”

actitudes (como son, por exemplo, o respecto e o coidado). Xa que estas, estarán

baseadas en todo momento na participación, cooperación e desenvolvemento de

diferentes habilidades. Todo isto, poderanos axudar a mellorar o autocontrol e a

comprensión de diferentes normas que melloran a convivencia dentro do centro

(pero tamén, fóra del). Os obxectivos que se querían conseguir son os seguintes:

mellorar a calidade de vida dos e das menores dun centro de reforma que supón,

ademais, unha nova oferta de ocio que promove a actividade física e a saúde;

axudar a que os rapaces e rapazas desenvolvan diferentes pautas elementais de

convivencia e de relación social, por medio dos valores relacionados co coidado e

co respecto cara o medio natural e animal; e, aproveitar os beneficios que

supoñen as actividades asistidas con animais á Educación Social, tanto nos

tradicionais centros de menores como nos centros ambientais e relacionados co

entorno natural.

Despois de explicar as diferentes actividades que se realizaron para a detección

das necesidades, xunto coa documentación bibliográfica revisada e a explicación

de todas as partes do programa de intervención (os obxectivos que tratarán de dar

resposta ás necesidades detectadas, a metodoloxía empregada na intervención, as

actividades que se levarán a cabo, os recursos materiais e humanos necesarios

para facer posible o desenvolvemento do proxecto, a temporalización e un

cronograma da súa distribución horaria e a presentación dun plan de avaliación no

que se comprobará se o proxecto acadou os obxectivos esperados e que aspectos

se poden cambiar ou mellorar cara unha futura implementación), demóstrase

claramente que, proxectos deste tipo poden ser levados a práctica e terían

resultados netamente positivos xa que, existe evidencia teórica deste feito, como

nos amosan diferentes proxectos e estudos consultados. Sabemos que os e as

menores que realizaron actividades con animais din estar: en mellores condicións

para vivir máis plenamente no aquí e agora; menos agoniados e agoniadas por

remordementos, culpa e resentimentos; e, menos centrados nos medos en

relación ao futuro, con maior independencia e autoconfianza. Os resultados destes

estudos indican efectos positivos como: o aumento da autoestima, da confianza e

Page 11: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

11

das emocións positivas; mellora nas interaccións sociais e autocontrol; así como,

reducións nos síntomas de depresión e ansiedade.

Non soamente se trataba, con este traballo, de presentar un programa novidoso

dentro dun dos ámbitos da Educación Social e facer fronte aos obxectivos que se

perseguen dentro dun centro de reforma, senón que tamén queríamos atender

moi especialmente ás políticas de protección e de prevención, a todas as políticas

sociais que puidesen previr a delincuencia xuvenil. Todo isto, como nos sinalan

diferentes autores e autoras, é unha tarefa multidisciplinar, na que toda a

comunidade debe actuar, e especialmente, os servizos sociais, de sanidade, de

educación e de xustiza. E, é aquí, onde debemos salientar a figura da educadora ou

educador social e o traballo con programas que aporten novidades e recursos que

axuden a controlar esta situación, como poderían ser, os programas de

intervención que desenvolvan actividades co medio natural e animal.

O educador ou educadora social coa súa participación neste tipo de programas,

podería ser o guía ou modelo a seguir para os rapaces ou rapazas nestas

actividades, a persoa que se preocupa pola seguridade e comodidade destes/as,

permitindo que sexan eles mesmos e elas mesmas os/as que exploren con

confianza e ampliando a súa autonomía. A figura dos educadores ou educadoras

sociais faríase de vital importancia na elaboración e posta en práctica deste tipo de

proxectos, seríamos como: a persoa que media entre os desexos, dificultades e

demandas dos rapaces e rapazas; os expertos e expertas en observación, que

posuímos as ferramentas oportunas para axudar e permitir que as persoas coas

que estamos traballando accedan ao mundo das boas condutas, das emocións e

sentimentos; ou, as persoas indicadas para promover e guiar os cambios que se

vaian producir. Tamén, seríamos unha ferramenta de intervención para: axudar e

comezar a abrir fronteiras e desenvolver diferentes técnicas de intervención. Estas,

permiten a promoción e o enlace, nun ambiente que esperta diferentes intereses

e emocións, entre as persoas que teñen contacto con animais por medio das

actividades asistidas.

“A figura dos educadores ou educadoras sociais faríase de vital importancia na elaboración e posta en práctica deste tipo de proxectos”

Page 12: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

12

Para que os e as profesionais da Educación Social, formen parte deste e doutros

moitos ámbitos, será preciso seguir investigando e realizando proxectos que abran

espazo a outros camiños. Como decía o poeta, Antonio Machado, “caminante no

hay camino, se hace camino al andar”. Temos aínda moito camiño por andar e só o

conseguiremos camiñando, todavía temos moito que aprender, moitas

intervencións que realizar, moito que investigar para que a Educación Social acade

o prestixio que debería de ter neste e noutros moitos ámbitos.

Page 13: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

13

V Xornadas sobre Educación social

e violencia de xénero: FEMINISMOS E DEPORTE Nestas xornadas debaterase e reflexionarase sobre o deporte de élite, o

deporte mediático e a súa presencia nos medios de comunicación como

elementos do patriarcado que perpetúan as desigualdades entre mulleres e

homes (os estereotipos de xénero, as normas diferenciadas, o reforzo da

estética femenina, vestimenta, disciplina, limitacións, etc). Pero, sobre todo,

queremos poñer o foco no deporte como ferramenta emancipadora das

mulleres, analizando aspectos como a xestión do noso corpo, a nosa

mobilidade, a nosa liberdade, a saúde, o desfrute e o benestar social.

As xornadas, organizadas por Fiadeiras, terán lugar no INEF (Oleiros) o venres

16 de decembro (pola tarde) e o sábado 17 de decembro (pola mañá).

FORMACIÓN

Page 14: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

14

PROGRAMA

Page 15: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

15

Curso de ética aplicada á acción socioeducativa A Comisión Ética e de Benestar Profesional do Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia organiza unha formación centrada no manexo

dos conflitos éticos que se presentan na acción socioeducativa.

Entendemos que é básico que as e os profesionais que traballamos no eido

socioeducativo tomemos conciencia das implicacións éticas das nosas accións

profesionais e adquiramos ferramentas para identificar, clarificar e afrontar

eses conflitos e dilemas deontolóxicos.

O curso formúlase cun enfoque teórico-práctico, dividíndose en dous

módulos: o primeiro será unha introdución aos conceptos e teorías

fundamentais, afondando nos principios de autonomía e confidencialidade -

sobre os cales pivotan gran parte dos conflitos éticos neste sector-; e o

segundo módulo será fundamentalmente práctico, onde analizar situacións

concretas que poden darse na praxe e que poden ser propostas polas propias

persoas participantes.

A acción formativa terá unha duración de 20 horas, e será impartida en dúas

fins de semana (20-21 de xaneiro e 3-4 de febreiro de 2017).

Un dos puntos fortes da formación é a especialización dos docentes. Joan

Canimas e Sergio Ramos Pozón, ambos membros de diversos comités de ética

nos servizos sociais, e cunha traxectoria e experiencia dilatada moi vinculada á

deontoloxía e á acción socioeducativa.

Para coñecer todos os detalles, descarga o dossier informativo.

Formulario de inscricións

Page 16: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

16

Ideas para a vindeira xornada sobre Xerontoloxía Dende o grupo Geix imos comezar a planificación para a organización dunhas

xornadas no ámbito da xerontoloxía que terían lugar no 2017.

Queremos atender ás temáticas que máis vos interesen ou vos preocupen re-

lacionadas co ámbito da xerontoloxía, polo que solicitamos que nos enviedes

as vosas propias propostas de temas a tratar, de persoas que poidan formar

parte dalgunha mesa redonda ou para un relatorio-conferencia...

Valoraremos cada proposta, esperando que as vosas reflexións e ideas nos

axuden a acertar na escolla da temática principal das xornadas.

Podes enviar as túas suxestións a [email protected] ata o 31 de decembro. Gra-

zas de antemán!

Page 17: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

17

Información detallada

destas accións

formativas en

www.ceesg.org

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Formación básica para el ejercicio como peritos judiciales. En liña. Colegio Oficial de Educadoras y Educadores Sociales de Andalucía. Máis información

Page 18: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

18

EMPREGO

Persoal desenvolvemento local. Barbanza Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Animador/a sociocultural. O Páramo

Monitor/a - Educador/a. Pontevedra

Orientador/a. A Coruña

Docente escola de tempo libre. Pontevedra

Técnica/o de inserción laboral. Lalín

Docente universidade. A Coruña

Monitor/a obradoiro memoria para persoas maiores. Cabana de Bergantiños

Animador/a cultural. Cedeira

Animador/a sociocultural. A Coruña

Docente educación en valores. Alicante

Page 19: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

19

Técnica/o de prospección de emprego. Marín

Monitor/a de consumo. Santiago de Compostela

Técnica/o de desenvolvemento local. A Coruña

Técnica/o de Igualdade. Barbadás

Docente en Igualdade. Pontevedra provincia

Coordinador/a de servizos. Vigo

Page 20: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

20

GRUPOS DE

TRABALLO Fiadeiras na feira feminista Laborando

O grupo de Experiencias Feministas da Pardo Bazán argallou unha feira de ini-ciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traba-llo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas. A feira tivo lugar o 26 de novembro no Mercado de San Agustín na Coruña.

O grupo Fiadeiras estivo presente, montando un stand e puideron informar a todas as persoas que se interesaron polo seu traballo.

En total foron 66 as iniciativas presentes na feira.

Page 21: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

21

Servizos Sociais e Servizos de Saúde Mental,

unha relación difícil

Hoxe apetecíame falar dun tema que enfronta a dous colectivos, o social e o sanitario. Tentei situarme nunha posición neutra, entendendo que formo parte dun dos grupos. Por moito que pasen os anos, os Servizos Sociais e os Servizos de Saúde Mental, resignáronse a ter unha relación dun de costas ao outro.

Eu podo falar a partir da miña experiencia en Sant Cugat, e da relación con outros profesionais doutras administracións. Poida que nalgún municipio a relación sexa máis fluída, máis amable, pero a realidade que eu vin e vivín, non sería tal.

Se non hai un bo entendemento entre os profesionais, non é algo casual, e non ten que ver que uns sexan máis estúpidos, que outros. Os dous circuítos, o social e o sanitario, carecen historicamente dunha coordinación desde máis arriba.

E isto prexudica, obviamente, aos usuarios, e na súa saúde. Os profesionais do ámbito social, moitas veces, sempre manifestaron, e manifestamos, menosprezo desde sanidade. Coma se un traballo educativo fose algo menor que un tratamento médico. A miúdo parece que haxa unha priorización dos criterios médicos e obxectivos de saúde en detrimento dos obxectivos e criterios de integración social.

Pero equivocariámonos se desde o social quedásemos con esta postura victimista. Non vou entrar a falar de se se diagnostican masas de TDAH, ou

Óscar Barril Andrés

Educador social no concello de

Sant Cugat del Vallès

(Barcelona)

Oscar Barril Andrés

@dariusbruna

BloguES

Page 22: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

22

Síndromes de Espectro Autista (isto daría para outro artigo). O que pretendo é analizar o distanciamento e mirar un futuro cun maior traballo conxunto, respectando os campos de intervención de cada un.

Xestionar o proceso de vida dunha persoa, cunha información fragmentada, sen ter acceso a todo, ten unha consecuencia, na saúde das persoas: abandono dos tratamentos, desmotivación, cansazo, e finalmente perda de confianza no sistema de saúde e social. Este distanciamento acábana percibindo os usuarios, e só fai que retrocedamos e interrompemos o seguimento de ambos os ámbitos.

Unha historia única compartida axudaría ao traballo social e médico, anulando os obstáculos que a dificultan co fin de conseguir unha mellor integración dos servizos de atención persoal.

Desde o ámbito sanitario, téndese a miúdo a facer unha mirada demasiado individualizada da persoa, e afaise a mirar en menos importancia, no contexto familiar. Non podemos nunca, deixar de recoñecer o proxecto de vida das persoas usuarias, superando programas estandarizados que non sempre teñen en conta os obxectivos da persoa nin a súa traxectoria.

Artigo publicado na edición dixital do TODO SANT CUGAT o pasado 04/21/2016 Artigo publicado no blog www.oscarbarril.cat o 2 de maio de 2016

Traducción: Ceesg

Page 23: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

23

PARA LER E

REFLEXIONAR Diccionario visual.

Lengua de signos española - Inglés – Español. (Funfación CNSE)

Ano: 2013

Como se di en inglés? E en lingua de signos española? O dicionario lingua

de signos española - inglés - español é unha ferramenta innovadora para

aprender os signos e palabras máis habituais na vida cotiá de forma fácil

e divertida.

Contén signos, imaxes, o termo en español e en inglés, e todo nun

formato moi visual que lles encantará ás persoas xordas... e ás oíntes.

- Arredor de 1.000 conceptos e expresións habituais.

- Saúdos e preguntas, calendario, transportes... organizado en 15 temas

para ter máis a man os termos que necesites.

- Con índice en español e en inglés.

Publicación dispoñible na

Page 24: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

24

QUÉ FAS TI POLA

EDUCACIÓN SOCIAL

A miña relación coa educación social comeza aló polos anos 90 no Departamento

de Teoría e Historia da Educación, sendo eu pedagoga e axudando na colaboración

da implantación da diplomatura en Educación Social. Lembro os encontros con

todas aquelas educadoras e educadores que, á súa vez, titorizaban as prácticas do

alumnado de pedagoxía pola rama de Intervención Socioeducativa. No ano 1997

comezo a traballar como pedagoga no Departamento de Servizos Sociais do

concello de Ribeira no programa de educación familiar. Ao longo deses anos

comezo a recoñecer o meu traballo como un ámbito da educación social, polo que

no ano 2002 tramito a habilitación profesional convencida da construción da miña

identidade profesional. Tiven a sorte de que xa habilitada, o noso benquerido

Alberto Fernández, me chamara un día para formar parte da primeira xunta de

goberno do Ceesg para a etapa 2003-2007. Así inicio unha andaina de

profundización na profesión ao estar informada de todo aquilo que tiña que ver

coa elaboración de normativa e coa defensa da profesión, e aprendendo nos

numerosos eventos formativos que tiveron lugar neses anos e que eu mesma

axudei a organizar. Nesta época varias educadoras sociais foron fundamentais

nesa aprendizaxe e nese recoñecerme na profesión, Sofía Riveiro, Laura Cruz, Pilar

Sabio, e varias entidades, en especial, aquelas que tiñan unha relación co pobo

xitano, Asociación Chavós, a Asociación de Ensinantes con xitanos e, na

actualidade, a Fundación Secretariado Xitano. Nesa época non podo deixar de

facer referencia ao meu equipo de servizos sociais de Ribeira, no que sempre me

sentín querida e valorada como profesional. Tampouco as familias, persoas coas

que compartín tantas experiencias vitais, de desenvolvemento e das que tanto

aprendín e sigo aprendendo na actualidade. Avanza o tempo, e emprendo un

traballo moi ilusionante tratando de empoderar, a través dun proceso formativo e

Eva López Soto

Educadora Social.

Colexiada nº 924.

Page 25: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

25

reflexivo, e coa axuda de doce grandes profesionais, a todas as educadoras

familiares de Galicia, un colectivo debilitado e infravalorado nos servizos

sociais. “Tecendo redes” foi, en si mesmo, un grande proxecto de educación

social que deu un xiro, ou a lo menos, puxo en cuestionamento, as

metodoloxías na intervención familiar. Truncado este proxecto polo goberno

do partido popular, inicio outra nova etapa durante tres anos no ensino

secundario como profesora de ciclos medios e superiores na especialidade de

Intervención Sociocomunitaria, anos nos que volvo a formar parte dunha nova

xunta de goberno no Ceesg, 2011-2015. Anos de intenso traballo

colaborativo, de loita contra os recortes sociais e de dereitos a través da

marea laranxa, de posta en marcha de grupos de traballo nos diferentes

ámbitos, de aprendizaxe continua e permanente que nos aporta o encontro

entre nós, educadoras sociais. No ano 2014 regreso como educadora aos

servizos sociais do concello de Teo e afianzo o compromiso social a través da

reivindicación de novos dereitos sociais como a renda básica universal. Moitas

veces sentímonos cansas, impotentes ante as desigualdades sociais, pero hai

que seguir. E aínda que veño de pechar unha etapa da educación social ligada

ao Ceesg, seguirei poñendo o meu grao na Comisión de Ética e Benestar

Profesional, porque o contacto coa profesión, dunha maneira ou doutra, é

fundamental para empoderarnos, para estar actualizadas e activas, en

definitiva, para poder empoderar e acompañar ás persoas e á cidadanía cara

procesos de cambio, e coa calidade que esixe o ser profesional.

Page 26: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

26

ACTUACIÓNS En negro contra a violencia de xénero

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante cal-quera tipo de violencia contra as mulleres, dezaseis concellos galegos uniron os seus esforzos para desenvolver conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”. A acción consistiu en tinguir de negro as cidades e vilas a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. O Ceesg foi unha das entidades que se sumaron á iniciativa.

Nota de prensa sobre as liortas de adolescentes na cidade de Lugo

Enviamos unha nota aos medios de comunicación para facer constar a preocu-pación e rexeitamento do Ceesg polo que entendemos é unha vulneración dos seus dereitos fundamentais das nenas e nenos, en relación ás novas publica-das sobre as liortas adolescentes na cidade de Lugo.

O tratamento informativo dunha noticia na que están implicadas menores de-be ter en conta a súa vulnerabilidade. Neste sentido, resulta de vital importan-cia informar reflexivamente e sen caer nos tópicos e na nocividade da urxencia e inmediatez, xa que as repercusións mediáticas das informacións publicadas, poden traer consecuencias negativas para o desenvolvemento das e dos meno-res a medio e longo prazo.

Apelamos á boa praxe xornalística polo ben social e na procura dunha socieda-de sa na que os medios de comunicación –como axentes fundamentais– teñen moito que dicir informando e denunciando aquelas situacións que sexan de interese público pero sempre desde o máximo respecto aos dereitos das per-soas, máxime cando estas son menores.

Page 27: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

27

Recurso de resposición a unha praza para o Servizo de Educación e Apoio Familiar

O concello do Carballiño publicou as bases para un posto de titulada/o en Ma-xisterio para o Plan de Educación e Apoio Familiar, non permitindo a participa-ción de ningunha outra titulación, e excluíndo polo tanto, a de Educación So-cial. Defendemos que o Servizo de Educación e Apoio Familiar debe ser desen-volvido exclusivamente por persoas tituladas en Educación Social e solicitamos rectificación das bases.

Xuntanza co Museo do Pobo Galego O departamento pedagóxico do Museo do Pobo Galego ten interese en estu-diar vías de colaboración, e por iso mantivemos unha xuntanza na que estudia-mos as maneiras como poderíamos facelo posible, de xeito que ambas entida-des asinaremos un convenio proximamente.

Entrega de premios do 3º Concurso TFG.eduso A Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) acolleu un acto público no que fixemos entrega dos certificados de re-coñecemento do 3º Concurso TFG.eduso desa facultade que resultaron gaña-dor na modalidade “Educación Social escondida” e como mención especial. Al-ba Ojea e Raquel Lois foron as educadoras sociais que recolleron os estes galar-dóns, xunto co seu titor Xosé Manuel Cid e titora María Lameiras respectiva-mente. Pronto poderemos ver publicados nun CD estes traballos, xunto co ga-ñador da modalidade “Educación Social estentida” (para a que organizaremos acto similar na Universidade da Coruña) e xunto os traballos gañadores da se-gunda edición do concurso.

Page 28: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

28

Presentación do libro ‘Machismos, de micro nada’ no Museo Liste de Vigo.

Reunións de traballo da Área de Comunicación e Participación colexial, Xunta de Goberno, grupo Fiadeiras, Comisión de preparación do encontro avaliativo anual do Ceesg, grupo A Eira do Ceesg, Comisión de elaboración de Documental ‘Fitos e feitos da Educación Social en Galicia’, Comité organizador do II Encontro LusoGalaico, grupo aBeira, grupo Geix, Comité organizador do Congreso Internacional de Educación Social e Escola, e Área de Acción Profesional.

Participación na asemblea da Unión Profesional de Galicia.

Asistencia ao obradoiro ‘Desafiando fronteiras’ do Foro Galego de Inmigración.

Achegas ao Plan de Igualdade do Concello de Santiago.

Reunión coa Dirección Xeral de Inclusión Social.

Xuntanza de Xunta de Goberno do CGCEES.

Xuntanza do Foro Galego de Inmigración.

Servizo de asesoramento xurídico, para persoas colexiadas.

Reunión coa CIG, para reivindicar de novo o cambio de denominación de categoría nos postos da Xunta de Galicia.

Intervención de Fiadeiras nas xornadas sobre feminismo organizadas polo grupo parlamentario europeo GUE/NLG.

Solicitude de información á Xunta de Galicia sobre o caso saído nos medios, que apuntan a un centro de menores de maltrato.

Participación de Fiadeiras na feira feminista Laborando.

Reunión coa Fegamp, para explorar posibles colaboracións para potenciar a contratación de educadoras/es sociais nos concellos.

Presentación do Ceesg ao alumnado da Universidade de Santiago, e proxección do documental ‘Fitos e Feitos da Educación Social en Galicia’.

Reencontro coas autoras de Machismos, de micro nada

Un ano despois de que botase a andar a publicación "Machismos: de micro na-da", o grupo Fiadeiras xuntouse con algunhas das autoras participaron neste proxecto e fixeron posible que o libro saíse adiante, nun acto que pretende ser-vir de agradecemento a todas elas.

Asistiron á concentración na praza 8 de marzo de Compostela para seguir fian-do, e avanzando.

Serviu este acto ademais como celebración do seu sexto aniversario como gru-po de traballo. Parabéns!

E tamén...

Page 29: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

29

Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Principios deontolóxicos xerais Principio da solidariedade profesional.

«O/A educador/a social manterá

unha postura activa, construtiva e

solidaria en relación co resto de

profesionais que interveñen na

acción socioeducativa.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 30: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

30

AVISOS Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Cobro de cotas colexiais No mes de xaneiro pasarase o cobro da cota colexial do primeiro se-mestre 2016.

O prazo para solicitar a aplicación de bonificación por salario inferior ao mínimo, desemprego ou situación análoga, é ata o 10 de xaneiro. Máis información

Campaña 15-15-15 Estamos nos últimos días de prazo para solicitar beneficiarse desta campaña. Quen desexe pagar a cota anual en xaneiro (en lugar de dúas cotas semestrais) e beneficiarse así dun desconto de 15€, ten ata o 31 de decembro para solicitalo. Máis información.

Page 31: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ... · 8 O teu labor na Educación Social ten valor. Participa! Os proxectos deberán ter sido realizados por educadoras e educadores

31

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

981552206

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg