boletin do ceesg nº 91

17
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 91 - marzo 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Upload: colexio-de-educadoras-e-educadores-sociais-de-galicia

Post on 21-Jul-2016

230 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Marzo 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Boletin do Ceesg nº 91

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 91 - marzo 2015

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletin do Ceesg nº 91

Tema do mes

Encontro Lusogalaico, 14 e 15 de marzo 2015

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais

de Galicia (Ceesg) xunto coa Associaçao dos

Profissionais Técnicos Superiores de Educaçao

Social de Portugal (Aptses) organizou I

Encontro Luso-Galaico da Educación

Social.

Tivo lugar en Vigo os pasados días 14 e 15 de

marzo no Museo Verbum (Casa das Palabras).

Este I Encontro Luso-Galaico da Educación Social

tivo como finalidade poder coñecer visións e

experiencias que fixeran reflexionar sobre o

cotián dos escenarios políticos, formativos e

sociais dende a óptica das e dos profesionais da

Educación Social e poder consolidar os vínculos

de relación entre Galicia e Portugal,

constituíndonos como plataforma de

reivindicacións conxuntas e de acción

propositivas de cara a mellorar a profesión.

O evento contou coa presenza de profesionais de

recoñecido prestixio no eido social e educativo e

cunha dilatada traxectoria profesional, como o

catedrático de Pedagoxía Social Xosé Antonio

Caride ou presidente do Consello Xeral de

Colexios de Educadoras e Educadores Sociais

Xavier Puig.

Ser membro do comité de Organización supuxo

traballar xunto coas miñas compañeiras e

compañeiros cóbado con cóbado para telo todo

listo. Entre as tarefas encóntranse: o reparto de

publicidade, visita previa e reunión nos centros

das experiencias de Educación Social (efectuadas

o sábado á tarde)

Realmente no meu caso ser parte da organización

supúxome non ser participante, polo cal

quedoume un pouco de magoa, mais haberá máis

encontros lusogalaicos, estamos traballando nelo.

Penso que tivo bastante éxito e, malia a pouca

asistencia do que nos esperábamos nun primeiro

momento, tivo unha moi boa aceptación.

Espero que todas e todos participedes nas

seguintes edicións do ELG.

Un saúdo compañeiras e compañeiros.

Daniel Alves Rivera

Educador social

Colexiado nº 3979 Membro do Comité Organizador do

Encontro Lusogalaico de Educación Social

Page 3: Boletin do Ceesg nº 91

cgcees

A Comisión Deontolóxica como ferramenta de reflexión ética.

Coa intención de impulsar a creación ou o fortalecemento das Comisións Deontolóxicas en todos os Colexios Profesionais de Educación Social do Estado, o pasado 27 de febreiro convocouse una Xornada en Bilbao organizada pola Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais do País Vasco (GHEE-CEESPV), coa colaboración da Escola de Maxisterio de Bilbao e do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais.

Hai que resaltar o alto grao de participación, máis de 100 persoas e a heteroxeneidade do grupo de asistentes do mundo da Educación Social: representantes do GHEE-CEESPV, a súa Comisión Deontolóxica ao completo, colexiadas e colexiados; profesorado e alumnado da UPV/EHU, alumnado da Universidade de Deusto, e representantes dos diferentes Colexios Profesionais de Educación Social de todo o Estado, 13 en total, ademais de contar coa participación da Vicepresidencia do CGCEES, Marichu Calvo. Por parte do Ceesg, asistiu Pablo Meira como membro da nosa Comisión de Ética e Benestar Profesional.

A Xornada serviu para recalcar a importancia das éticas deontolóxicas que sitúan ao educador/a social enfronte á súa responsabilidade e compromiso coas persoas coas que traballa como profesional, o diálogo permanente, buscando e cumprindo os principios deontolóxicos do respecto aos Dereitos Humanos e do respecto aos suxeitos da acción socioeducativa. Tamén do papel das Comisións para acompañar estes procesos.

Esta Xornada tamén conclúe cos seus obxectivos convertidos en necesidades de traballo e plans de futuro.

1.Contrastouse e debateuse sobre a importancia das éticas deontolóxicas en Educación Social, entre profesionais, alumnado e profesorado universitario e a importancia de seguir desenvolvendo este tipo de encontros.

2.Analizouse e púxose ao día a información existente sobre a realidade nos Colexios Profesionais de Educación Social no estado español.

3.Reflexionouse sobre o valor de impulsar a existencia de Comisións Deontolóxicas activas.

4.Viuse a necesidade de identificar as potencialidades, as dificultades e alternativas á hora da posta en marcha dun proceso de creación de Comisións Deontolóxicas a nivel estatal.

5.Vaise establecer un plan de comunicación de apoio ético aos colexios profesionais e crear unha rede entre eles, na que se poida compartir información e formación, axuntar criterios que permitan a cada territorio crecer ao ritmo que se poida marcar cada cal.

A Comisión Ética e Deontolóxica do GHEE-CEESPV recollerá e publicará as conclusións, continuará co desenvolvemento das mesmas na liña do encargo por parte do CGCEES, dando continuidade ao proceso de alentar e motivar a creación de comisións deontolóxicas no resto de Colexios Profesionais do Estado Español e, naqueles Colexios onde as houber, traballar conxuntamente para o seu mantemento e crecemento. Á súa vez, séguese traballando coa idea de que todo este esforzo poida concluír na creación dunha vogalía máis dentro do Consello que axude ao resto de Colexios na consecución e posta en marcha das diferentes Comisións Deontolóxicas.

Construíndo o programa do Congreso Estatal de Educación Social.

O Colexio Profesional de Educadores e Educadoras Sociais de Andalucía (CoPESA), traballa xa na organización do VII Congreso de Educación Social que se realizará os días 21, 22 e 23 de abril de 2016 en Sevilla. Coa intención de que este sexa un congreso participativo, que teña en conta as opinións, intereses e preocupacións das e os profesionais e estudantes de Educación Social, decidiron utilizar a aplicación gratuíta para móbiles e web Appgree que permite que grandes colectivos se comuni-quen abertamente acerca de calquera tema e nun tempo récord. Se queres achegar as túas opinións para que che-guen á organización do Congreso, podes descargala gratis no seguinte enlace: www.appgree.com A primeira vez que accedemos á aplicación, temos dúas opcións para comezar a usala:

Se temos unha conta de facebook, podemos pulsar no

botón "Entrar con Facebook"

Ou ben podemos crear un usuario específico para Ap-

pgree Unha vez dentro da aplicación só tes que buscar a canle: VII Congreso de Educación Social... e a participar!!

A través de Appgree iranse formulando varias preguntas que axudarán ao CoPESA a orientar a organización do Congre-so. Esperamos que haxa moitas aportacións e moita participa-ción galega tanto a través da aplicación como no propio Congreso.

VII Congreso Estatal de Educación Social

Sevilla, abril 2016

A máis educación social, máis cidadanía. A profesión como impulsora da

transformación social.

Page 4: Boletin do Ceesg nº 91

actualidade

II Semana de Loita contra as Fronteiras

O Foro galego de inmigración, onde o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia participa activamente, organizou a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras; con actos formativos, informativos e reivindicativos que se desenvolveron en diferentes cidades galegas.

En Santiago de Compostela, ademais de actos de denuncia pública, houbo unha palestra onde participou a activista valenciana Ana Fornés, da Plataforma estatal polo peche dos CIES, e a educadora social Leticia Castro. Co obxectivo de denunciar o carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea, cada vez máis patente na brutalidade policial contra as persoas migrantes na chamada fronteira sur, nas devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” avaladas pola nova Lei de Seguridade Cidadá, no ingreso en centros de internamento de persoas estranxeiras (CIEs) ou nas redadas racistas que teñen lugar a diario en moitas cidades. E de forma máis específica informar á cidadanía e facer denuncia pública da terrible realidade dos voos de deportación masiva ou “voos da vergoña”

Mais tamén denunciar que unha vez en territorio galego, non hai concertinas, non hai valos

electrificados, pero si que hai múltiples fronteiras legais que amparan a denegación sistemática dos dereitos básicos, obrigando ás persoas migrantes a transitar por un labirinto burocrático con altas doses de racismo e xenofobia.

Engadido as dificultades que xa temos os milleiros de persoas que vivimos na actual situación de empobrecemento, as persoas migrantes teñen a lousa permanente da súa situación administrativa. O goberno actual, lonxe de facilitar os requisitos para a súa tramitación e renovación, esixe unhas condicións que a día de hoxe son imposibles de cumprir para unha parte moi importante da cidadanía.

O foro de inmigración vén de denunciar en reiteradas ocasión as dificultades, atrancos e exclusións que as persoas migrantes sofren no día a día:

EXCLUSIÓN SANITARIA:

A exclusión sanitaria das persoas en situación de irregularidade administrativa, probablemente sexa a maior e a máis ruín eliminación de dereitos básicos que se produciron no Estado Español nestes últimos anos. Un parche de beneficencia posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través do Programa galego de protección da saúde pública, que non garante o acceso á saúde de todas as persoas independentemente da orixe e situación administrativa.

REDADAS RACISTAS E PERSECUCIÓN DAS PERSOAS VENDEDORAS AMBULANTES

Son moitas e habituais as redadas racistas no territorio galego a través de identificacións selectivas en lugares como: estacións de ferrocarril ou de autobús, centros de saúde, prazas públicas e tamén con visitas das brigadas de estranxeiría a domicilios particulares. Así como o acoso diario ao que se ven sometidas as persoas que se dedican á venda ambulante, que

Leticia Castro Torres

Educadora social

Colexiada nº 3892 Representante do Ceesg no Foro Galego de Inmigración

Page 5: Boletin do Ceesg nº 91

en moitos casos supón a expulsión do estado español ou o ingreso nos CIEs.

REFORMAS LABORAIS E EXPLOTACIÓN LABORAL

Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral deste colectivo nos ámbitos do emprego doméstico, na hostalería, no sector pesqueiro e no agrogandeiro. Condicións indignas e de explotación resgardada nas sucesivas reformas laborais do goberno estatal.

Un dos casos máis graves é no sector do emprego doméstico, onde a totalidade son mulleres que exercen de coidadoras das nosas crianzas e persoas maiores, e das tarefas do fogar. Mulleres moitas delas con esixencia de dispoñibilidade absoluta en réxime de internas e con unhas condicións laborais moi precarias. Con contratos de esmola que non dan acceso a xestión de trámites administrativos nin o subsidio por desemprego.

RECORTES NAS AXUDAS E DEREITOS SOCIAIS

Para as persoas que vivimos neste país as axudas sociais son claramente insuficientes.

A renda de inclusión social de Galicia (RISGA) é unha renda subsidiaria, restritiva, escasa e condicionada que non garante unha condicións de vida digna. E con demoras na súa tramitación de ata 10 meses.

Engadido a esta situación, e como outro exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder a estas prestacións sociais. A Xunta impide o acceso á RISGA ás persoas que carecen de documentación, e as persoas estranxeiras comunitarias esíxelle o trámite de documentación que supón un importante desembolso económico. Quedando así excluídas as persoas que máis o precisan.

Nesta II semana galega de loita contra as fronteiras esiximos a obriga dos poderes públicos de garantir o benestar de todas as persoas sen ningunha distinción. Por iso, denunciamos estes feitos e a trama de mecanismos institucionais que funcionan como fronteiras interiores e burocráticas ao promover a exclusión dunha parte da comunidade no acceso os dereitos fundamentais.

O 30 de abril remata o prazo para presentar traballos ao 3º Concurso de proxe-

ctos de Educación Social Memorial Toni Juliá, impulsado polo Consello Xeral de

Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) en colabora-

ción cos Colexios e Asociacións Profesionais Autonómicos.

A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados

por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social, pre-

miándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras, e facilitando

a súa futura difusión.

O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Colexio profe-

sional ou asociación de Educación social da comunidade autónoma na que se

desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o actualmente a persoa que o

presenta. A entidade autonómica seleccionará os traballos finalistas, que serán enviados ao CGCEES para parti-

cipar na fase final.

O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa e amosar o interese por facer un recoñecemento

público a todos aqueles proxectos que cheguen ao colexio. Por iso, publicamos unhas cláusulas específicas a

través das cales se establecen dous premios que se concederán aos proxectos presentados no Ceesg que re-

sulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso).

Toda a información, as bases xerais (fase estatal) e as cláusulas específicas (fase galega), podedes atopalas na

web do ceesg.

3º Concurso de proxectos de Educación Social Memorial Toni Julià

Page 6: Boletin do Ceesg nº 91

Protocolo de comunicación non sexista

Como din moitas das nosas compañeiras “o 8 de marzo non é un día, senón toda unha vida”.

Coincidindo con esta data, as Fiadeiras queremos presentarvos un Protocolo de Comunicación non sexista, para que todxs xs profesionais que traballamos no social poidamos incorporalo ao noso traballo diario.

Descargar protocolo

fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Tamén con motivo do vindeiro 8 de marzo, a Federación de Mulleres Anaral de Ourense pediron a Fidadeiras que participar na súa Campaña, que consiste en escribir frases ou citas do significado que ten para ti a muller. Velaqú a achega de Fiadeiras a esta iniciativa:

Page 7: Boletin do Ceesg nº 91

Amplíase o servizo xurídico presencial

Ampliamos o servizo presencial de asesoramento xurídico a persoas colexiadas. As próximas sesións se-

rán en horario de 17:00 a 19:00 os seguintes días:

Día 22 de abril (mércores) Día 5 de maio (martes) Día 19 de maio (martes)

Sobre o retraso no envío das papeletas de voto para as eleccións do Ceesg

Tras recibir varias queixas sobre a recepción tardía das papeletas e sobres para efectuar o voto por co-rreo nas eleccións do Ceesg, contactamos coa empresa de distribución postal encargada do envío para que nos explicasen o motivo do retraso nalgunhas zonas (sobre todo no rural), que impediu en moitos casos exercer o voto, a pesar de que o envío dende o Ceesg se efectuou con tempo suficiente. Cremos necesario trasladar esta explicación a todo o colectivo de colexiadas/os, polo que copiamos o contido da carta explicativa da empresa:

Page 8: Boletin do Ceesg nº 91

Conferencia de Jurjo Torres no Día do Patrón da Facultade de Educación

O pasado 9 de marzo de 2015 celebrouse o Día de Frei Martín Sarmiento, Patrón da Facultade de Ciencias da Educación.

A Universidade de Santiago celebrouno cun acto no que a reivindicación ocupou un lugar destacado coa lectura por parte de decana dun comunicado da Conferencia de Decanos e Directores de Ciencias da Educación contrario ao novo Decreto de estructura-ción de títulos e coa conferencia do Catedrático Jurjo Torres Santomé (Universidade da Coruña) titulada: "A Construción do Homo Economicus, Consumens e Debitor nas políticas curriculares promovidas pola LOMCE"

Os profesores José Cajide Val, Herminia García Ruso e Joaquín Díaz de Bustamante recibiron os Sarmientos de Honor en recoñecemento á súa extensa e prolífica traxectoria académica; e tamén recolleron o premio extraordinario fin de carreira os alumnos e alumnas de grado, máster e doutoramento da Facultade.

Tivemos ocasión de estar neste evento, e parécenos moi interesante compartir unhas ideas do que Jurjo Torres trasladou na súa conferencia:

A LOMCE precisa e persegue outro tipo de persoa EDUCADA. Non precisa educar cidadanía (democrática, crítica e optimista) que sería a verdadeira función do Sistema Educativo. Estamos nun mundo en transformación. Neste momento en todos os Ministerios existen un cúmulo de medidas de gran calado na creación desa nova persoa (Reforma laboral, Reforma da Xustiza, Reforma da Educación…) e que crean novas inxustizas. Se as novas políticas non son curtocircuitadas chegaremos ó Homo Economicus, Consumens e Debitor do título da conferencia.

Para a creación das novas políticas en Educación foron escoitados: a OCDE, Organizacións financeiras como o FMI ou o BCE, empresas multinacionais, etc. como podemos ver todos "expertos”. Hai unha mudanza discursiva cara a idea da necesidade da economía produtiva (neoliberalismo e neocolonialismo) que o capitalismo co estado de benestar xa pasou,e de aí a necesidade da LOMCE.

Personalidades neoliberais = seres humanos empresarios de si mesmos, autoempresarios, con vínculos mercantís. As persoas son responsables de todo. “TONTOS RACIONALES” como dí Amartya K. Sen, premio Nobel de Economía.

Cada bebé que nace, nace cun novo pecado orixinal: o da débeda (a débeda que herda dos seus pais/nais/avoas/avós), nace na cultura do esforzo e do sacrificio, na da moral da promesa, na da resignación e na da moral da culpa (autoculpabilización). Ser humano neoliberal e conservador, sen empatía, cun

senso común moi limitado, submiso ante o poder, sen imaxinación,…

E todo isto avalado pola Igrexa e pola “cultura da crise educativa” que xustifica as avaliacións externas tipo PISA que mide a comprensión lectora, a alfabetización matemática e científica e a competencia financeira (o profesor recomenda ver este programa de “Salvados”) pero… ¿Qué non mide? A capacidade de axuda e colaboración, a educación vial, a educación para a saúde, a capacidade para xuízos razoados, e un grande etcétera.

E todo isto cun currículo básico imposto polo ESTADO, recentralizado e controlado, definido con claridade polo Ministro de Educación José Ignacio Wert: “Se eliminan del currículum todos los temas conflictivos”.

Clases altas: S (ciencias), T (tecnoloxías) E (enxeñerías) e M (matemáticas). Grandes nichos que se salientan e que curiosamente coinciden cos NOVOS MERCADOS.

Clases populares: FP e precariado (as ciencias sociais, as humanidades e as artes).

E para isto, precisan unha crítica á EDUCACIÓN PÚBLICA (aquí temos o 3+2 actual como exemplo) e unha loa á privatización do Sistema Educativo.

O catedrático recomenda ver tamén un documental: Esperando a Supermán e recórdanos que temos un gran legado educativo que reivindicar (Freinet, Neill, Freire, Bruner, Piaget, Vigotsky, Institución Libre de Ensinanza, Movementos de renovación pedagóxica,…)

Beatriz Caneda Zamar

Educadora social

Colexiada nº 3901

Vogal do Ceesg

Page 9: Boletin do Ceesg nº 91

Educación familiar = Educación social

Os postos relacionados coa chamada “Educación Familiar” deben ser desempeñados exclusivamente por persoas tituladas ou habilitadas como educadoras sociais, por seren as únicas que dispoñen dunha preparación específica que as capacita para o traballo propio deste posto.

Dende o Ceesg propoñemos a eliminación da denominación “Educador/a familiar” para substituíla por “Educador/a Social”, pois aínda en moitos concellos segue manténdose esta denominación que non fai outra cousa que provocar confusión, cando claramente existe unha titulación e nomenclatura acorde inequivocamente con estes postos.

Elvira Larrañaga e Santiago Yubero, no seu artigo “Familia y Educación social. Unha aproximación psicosocial a la educación familiar”, publicado na Revista de Servizos Sociais e Política Social nº 33, entende a educación social como “cualquier proceso de incorporación del individuo al grupo social donde vive: establecimiento de lazos afectivos con miembros del grupo, asimilación de normas, aprendizaje de habilidades, acceso a conocimientos transmitidos por el grupo, etc.” e engaden que “cuando el educador social se especializa en familia, lo llamamos educador familiar”.

Rafael Calvo de León e Luis Javier Arroyo Alonso, da Universidade de Burgos, no seu artigo doutrinal “El programa de intervención familiar: nuevo recurso de intervención protectora en Burgos”, publicado no libro “Políticas sociales y educación social”, entende que “el educador familiar es un profesional de la Educación Social”, expresándoo nos seguintes termos:

“La figura más destacada en este Programa es sin duda alguna, el Educador Familiar; que es un profesional de ayuda, y de apoyo constante, que mejor conoce sus necesidades y sus motivaciones, y que está en relación directa con la familia. Para no extendernos demasiado, hemos realizado una síntesis de las diversas funciones que estos profesionales de la Educación Social realizan dentro de este programa...”

Rosa López Medina e Enrique J. Tonda Mena no seu artigo doutrinal “Intervención del educador social en la familia” escriben:

“El desarrollo de una acción socioeducativa en la familia, para apoyar sus procesos de promoción y de integración social requiere de una intervención profesionalizada desde la Educación

Social.

La Educación Social la entendemos como un proceso que posibilita a los individuos y a los grupos sociales desde su realidad y desde sus medios, una mayor relación con su entorno social con el fin de favorecer su desarrollo psicosocial y la integración pelena como ciudadanos de pleno derecho en la sociedad”

As características do posto que se vén denominando “Educador/a familiar” coinciden polo tanto coas funcións e cometidos das educadoras e educadores sociais, segundo a opinión dos especialistas na materia.

Existen ademais precedentes de disposicións nas que se recoñece a educación social como unha profesión habilitante para o desenvolvemento destes postos. Ata o ano 2009, as subvencións da Xunta de Galicia para a contratación de profesionais para desenvolver o programa de educación familiar contemplaba a profesión de Educación Social como persoal preferente. Ata o ano 2008, a Conferencia Sectorial de Asuntos Sociais contemplaba nos seus compromisos financeiros coas comunidades autónomas, entre outros, o “Programa de Apoyo a Familias en Situaciones Especiales”, que entre outros comprendía o “Programa para la educación familiar, la atención de familias desfavorecidas y en riesgo y de familias monoparentales” e respecto ao cal afirman que “Las actuaciones de educación familiar se realizarán preferentemente mediante visitas domiciliarias a cargo de profesionales especializados en Educación Social.”

A titulación de Educación Social conta nos seus diferentes planos de estudo actuais con materias directamente relacionadas co obxecto da convocatoria, tanto a nivel xeral, como de forma específ ica referíndonos á intervención socioeducativa en contextos familiares. Esta implantouse no sistema universitario galego nos cursos 1994/95 (Universidade de Santiago e Universidade de Vigo), e 1996/97 (Universidade da Coruña). Trátase polo tanto dunha profesión consolidada na comunidade autónoma galega, sendo así recoñecida no Decreto 99/2012, cando no seu artigo 34 establece os tipos de equipos profesionais nomeando as unidades de traballo social e educación social dotadas por persoal titulado en traballo social e en educación social.

Page 10: Boletin do Ceesg nº 91

formación

Atención centrada na persoa en institucións sociais

Na actualidade faise preciso

atender ás necesidades das

persoas maiores

institucionalizadas segundo as

súas prioridades, marcando

obxectivos reais, por iso se fala

de Atención centrada na

persoa, respectando a

dignidade do maior. Debemos

coñecer cómo actuar dunha

maneira máis comprensible,

comunicativa e participativa,

dotándonos dos distintos

recursos. Faise necesario

tamén falar da figura do/a

educador/a social no traballo

con persoas maiores neste

ámbito.

estrutura do curso

datas, lugar e horarios

prezo

Descargar programa e

información detallada.

Ir ao formulario de inscrición

O curso divídese en dúas unidades:

Unidade 1: 24 h. (20 h. de traballo

presencial e 4 h. de traballo a distancia)

Unidade 2: 16 h. (presenciais)

Cada unidade conforma unha unidade for-

mativa independente, polo que poderá fa-

cerse a inscrición no curso completo ou nun-

ha soa das unidades.

Curso completo (40 h.)

Colexiadas/os e amigas/os Ceesg: 75€

Estudantes e persoas en desemprego*: 75€

Non Colexiadas/os: 100€

Unidade 1 (24 h.)

Colexiadas/os e amigas/os Ceesg: 55€

Estudantes e persoas en desemprego*: 55€

Non Colexiadas/os: 70€

Unidade 2 (16 h.)

Colexiadas/os e amigas/os Ceesg: 35€

Estudantes e persoas en desemprego*: 35€

Non Colexiadas/os: 50€ O curso desenvolverase en Santiago de

Compostela.

Unidade 1: Días 9, 10 e 23 de maio na sede

do Ceesg.

Unidade 2: Días 24 de maio e 7 de xuño na

sede do Ceesg. 6 de xuño en aula cedida

por Cogami.

Horario:

Sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h.

Domingos de 10:00 a 14:00 h.

Page 11: Boletin do Ceesg nº 91
Page 12: Boletin do Ceesg nº 91

Sobre un vidro mollado escribín.

Na vida profesional dun educador moitos son os

perí odos de flutuacio n persoal. Momentos de moita

seguridade e estabilidade, fronte a outros de moitas

du bidas e incomodidade diaria. Estacio ns calorosas que

se alternan con invernos crus. Ao final, o xeito de estar

dun educador nunca e independente da su a vida persoal,

seno n que forma un calidoscopio de emocio ns, pasaxes,

conflitos, alegrí as, que como vasos comunicantes poden

ir dun lado ao outro. Do persoal ao profesional e

viceversa. Os anos de experiencia fortalecen os dous

a mbitos, face ndoos menos vulnerables o un do outro, e

sobre todo relativizando cada pasaxe, sendo capaz de

mirar ma is ala do que os teus narices ven. Non obstante,

un abaneo 6 na escala richter das emocio ns dificulta esa

autonomí a psico-emocional tanto para ben coma para

mal.

Levo du as semanas revolto, nesa situacio n de

inestabilidade que non che permite situarte como o

adoitas facer normalmente. Imaxino que isto que che

narro terache sucedido en ma is dunha ocasio n, que non

pegases ollo por un caso ou por varios. Le valo a todos os

lados. A cama, a unha peli, mentres vas no bus camin o de

onde sexa... Así pois, esta vomitona de hoxe e porque me

pillei xa varios dí as pensando no mesmo mozo. Unha e

outra vez, facendo honra ao nome do blog que no seu dí a

titulamos dando voltas sobre voltas.

Estar na vida dun menor e dunha familia e xa unha

responsabilidade en si. Enre daste nos seus porque s, nos

seus co mos, nos seus quizais, sen embargos, nos seus

peros e a su a vez, eles nos teus. Non hai volta atra s,

porque unha vez que empezas a intervir alteras a lin a

espazo tempo e xa nada volvera ser como antes. E telo

que facer ao 100% das tu as posibilidades por un motivo

ben claro; son persoas e moitas delas moi vulnerables.

Hai pouco escoitaba a Marí a Ange lica Kotliarenco

(algunha vez podereino dicir ben?) que para dar amor,

contencio n e coidado aos que ten en dor hai que estar

san. Hai que coidarse e encher o corpo de endorfinas. O

dualismo corpo mente xa esta desterrado e o holismo

cada vez ten ma is sentido ou da mellor explicacio n a s

cousas que nos acontecen a diario. Pero a su a vez,

facerlle caso aos sinais que nos enví a este de malestar

para axustarnos a elas. E dicir, cunha dor de costas,

despois de discutir coa tu a parella, cunha multa de

tra fico, ou con 300 pedras ma is no camin o, tes que

seguir dando a tu a mellor versio n. A tu a mellor versio n

con esa mochila.

Aquí e onde o grupo, o Equipo con maiu sculas, o Modelo

construí do durante anos, resulta u til ou unha pedra

colgada do pescozo. O grupo po deche axudar a regularte,

a facer unha narrativa construtiva e ma is obxectiva do

que sucede e a recolocarte. Moitas veces, cando esta s en

pleno ollo do furaca n so ves cousas xirando ao teu

arredor. Así pois, non so e importante que esteas san,

seno n que o teu equipo o estea, porque as persoas esta n

por enriba, e o Modelo de intervencio n ten que respectar

a su a idiosincrasia e as su as fortalezas.

Pero por outra parte, ma is responsabilidade e aí nda

cando tes que tomar unha decisio n crí tica sobre unha

persoa ou varias. Centro pechado?, separacio n familiar?,

cambio de recurso?, terapia?, que fago se non ve n ao

centro?, que medidas xudiciais? e que facemos agora?...

Mimadrin a! Un sen fin de preguntas que che fan e parece

que esta s obrigado a responder coma se foses o ora culo

do sur. Pero hoxe pregu ntome... e cando non sabes? ou

non podes? Podes verbalizar a un te cnico, a unha nai, ao

teu equipo ou a ti mesmo que non sabes?, e un sí mbolo

de debilidade ou de autenticidade?, e un acto de

irresponsabilidade ou unha actitude moi prudente?

“Sobre un vidrio mojado escribí su nombre sin

darme cuenta y mis ojos quedaron igual que ese

vidrio pensando en ella”

Publicado no blog

www.dandovueltas.es

9 de febreiro de 2015

Iñigo Mtnez. de Mandojana

Educador en Centro de

Preservación Familiar [email protected]

bloguES

Fo

to:

Jon

Na

ncla

res

Page 13: Boletin do Ceesg nº 91

Recorda que tes á túa disposición a Biblioteca do Ceesg, unha biblioteca especializada

en Educación Social onde atoparás as publicacións organizadas por ámbitos de

actuación da profesión.

Podes consultar o catálogo de publicacións e o regulamento da biblioteca na web do

Ceesg. Para consultas na biblioteca, é recomendable que avises previamente, para

asegurarte de que a biblioteca non estea reservada para outras actividades do Ceesg.

Para ler e reflexionar...

Revista Galega de Educación. Nova Escola Galega. Esta publicación vense editando por Nova Escola Galega dende 1986 (cun paréntese entre 1999 e 2005), tendo sacado á rúa 59 números. A revista dá a coñecer os grandes retos da educación en Galicia, e constitúese como un espazo no que mestras/es e educadoras/es poden coñecer e tamén amosar as iniciativas innovadoras que se desenvolven en distintos puntos da comunidade autónoma galega. Cada número dedícase a un tema monográfico. Así, ten dedicado as súas páxinas a temas como Cooperación e desenvolvemento, Os xoguetes tradicionais, Construíndo os afectos desde a escola, Diversidade e inclusión, As bibliotecas escolares, ou O reto de aprender nos cárceres. Tamén é salientable que entre as súas seccións inclúe unha titulada “Educación social e escola”. O actual director da publicación é Xesús Rodríguez, Colexiado de Honra do Ceesg. Na biblioteca do Ceesg están dispoñibles case todos os números da revista.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Un educador ou educadora social é un mediador ou mediadora que crea pontes de comunicación entre a sociedade e as persoas estimulando o cambio a prol do benestar persoal e social.

As características máis resaltables da nosa disciplina son a diversidade de contextos onde se realizan as intervencións, tendo clara preferencia polos que son abertos e informais, e a calidez e a emocionalidade presente nos mesmos, marchando sen facer moito ruído, pero sí cun sorriso cando o proceso remata.

O máis importante do noso traballo son as persoas, os participantes dos programas e proxectos, polo que respetamos os ritmos que cadaquén precisa para escoitar, confiar e poñerse rumbo ao cambio.

As nosas funcións non veñen principalmente marcadas polo ámbito de traballo, senón polas persoas ou grupos cos que estamos a intervir, é dicir, temos unha grande polivalencia e adaptabilidade ás persoas e aos contextos nos que

traballamos e tamén nos que podemos traballar.

Somos profesionais ricos en procedementos, estratexias, técnicas, recursos e metodoloxías, que son a base da nosa formación, base que temos que ir revisando, reformulando, e ampliando (e as veces, sí, tamén cuestionando) para dar forma a unha identidade profesional en continua construción, en boa medida como consecuencia dun traballo tan suxeito ao cambio.

O máis enriquecedor, sen dúbida, é a aprendizaxe adquirida no día a día. Canta xente pode dicir que aprende das persoas coas e polas que traballa? Nós, abofé que sí.

Laura Fernández Rebollido

Educadora social

Colexiada nº 4797

xanelasocial.org

QuE fas ti pola educación social?

Page 14: Boletin do Ceesg nº 91

Actuacións

Reunión Fiadeiras. Preparación das "IV Xornadas de Educación Social e Violencia de Xénero: olladas feministas para transformar a vida cotiá".

Designación de experta sobre reforma da lei de protección á infancia. Nomeamos a Laura Cruz co-mo persoa asesora experta para a análise e achegas aos proxectos de lei que modifican o sistema de protección de menores por parte do CGCEES.

Xuntanzas do Foro Galego de Inmigración. En marzo houbo dous encontros do Foro. O primeiro, das entidades da zona de Santiago integradas para falar de accións discriminatorias detectadas, e para avaliar a II Semana galega de loita contra as fron-teiras; a segunda, con participación de todas as en-tidades, centrouse sobre todo en facer propostas de cara a Asemblea/Encontro Final de Curso do Fo-ro Galego, para desenvolver en Maio/Xuño.

Reunións do Geix. O Geix reuniuse para poñer a rodar os seus proxectos para o 2015: formación, blog, colaboracións, ciclo de cine... e teñen tamén un encontro específico para a preparación da xun-tanza do grupo de demencias de FAGAL.

Reunión do PIC da Coruña. O PIC da Coruña reuniuse para avanzar na planificación das súas ac-tividades para o actual curso académico.

Reunión do Consello Galego de Benestar Social. Asistimos á sesión extraordinaria na que se presen-ta a Historia Social Única e as conclusións do infor-me de avaliación do Plan de Acción Integral para Persoas con Discapacidade de Galicia e proposta para o inicio dos traballos do novo Plan.

Reunión de Escaravellando. Xuntanza co obxecto de pechar o Encontro sobre a implicacións que su-porán para as educadoras/es sociais do sistema de protección de menores todos os cambios lexislati-vos que se están plantexando. Reunión do grupo de Demencias de FAGAL. Se-

gunda reunión deste grupo, pa-ra avanzar nas súas propostas para o traballo con persoas con demencias. Participan integran-tes do grupo Geix.

I Encontro lusogalaico de profesionais da Educación Social. En colabora-ción coa APTSES organizamos un encontro dirixido a profesionais de Galicia e Portugal coa finalidade de coñecernos máis e mellor, crear vínculos de traballo común e fa-cer da educación social unha pro-fesión máis forte e consolidada.

Reunión da Comisión Ética e de Benestar Profe-sional. Nesta reunión compártese o debatido no encontro sobre ética ao que asistimos no mes de febreiro organizado polo Colexio profesional de Educación Social do País Vasco e establécense pautas para o traballo interno.

Reunión da Xunta de Goberno. Reunión na que se organizaron pautas de traballo, comuni-cación e funciona-mento na xunta de goberno recén che-gada.

Designación de representante para elaboración da Estratexia Galega de Discapacidade. Fomos convidadas/os a participar nun grupo de traballo no seo da Consellería de Traballo e Benestar para a definición e priorización da Estratexia Galega de Discapacidade, participamos na primeira reunión deste grupo e realizamos as achegas aos primeiros documentos.

Designación de representantes para participar na elaboración da Carteira de Servizos Sociais de Inclusión, e achegas. A Consellería de Traballo e Benestar organizou un grupo de traballo para a re-visión do borrador da Carteira de Servizos Sociais de Inclusión. Asistimos á primeira reunión, na que se presentou o traballo xa avanzado, e fixemos achegas ao texto.

Page 15: Boletin do Ceesg nº 91

Mesa redonda: Igualdade e empoderamento, ac-cións e propostas. Fiadeiras participou nesta mesa redonda organizada pola Marcha Mundial das Mulle-res. Presentaron o grupo de traballo, xunto a ou-tras iniciativas, como a librería Lila de Lilith e a revista feminina Revirada.

Acto de celebración do Día do Patrón da Faculta-de de Ciencias da Educación. A Universidade de Santiago celebrou o día do seu patrón. No acto tivo lugar unha conferencia de Jurjo Torres Santomé. Tamén se entregaron os diplomas dos premios ex-traordinarios de grao, máster, e doutoramento, e se fixo entrega do Sar-miento de Honra aos pro-fesores/as José Cajide, Herminia García e Joa-quín Díaz.

Achegas ás leis de Infancia. A través do CGCEES facemos achegas aos proxectos de lei de protección da infancia, dirixidas a todos os grupos do congreso dos deputados.

Actos do Día Mundial do Traballo Social. Acompa-ñamos ao Colexio Oficial de Traballo Social no acto de celebración do Día Mundial do Traballo Social.

Xornadas sobre Empresas de Inserción. A Asocia-ción de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA, ofreceu para as persoas colexiadas do Ceesg unha xornada informativa na que nos explicaron qué son este tipo de empresas, opor-tunidades de negocio neste eido, características das persoas que poden traballar nelas, etc.

Concentración: contra a criminalización da pro-testa. Basta de montaxes policiais! Concentración en apoio a Diego Lores, acusado de atentado pola suposta agresión a policías locais nas protestas do 15 de decembro contra o barco da rotonda de Coia. A Asemblea Aberta de Coia, co convencemento de que este tipo de castigos "exemplarizantes" a poli-cía e o goberno local de Vigo buscan acalar as pro-testas da cidadanía.

Conferencia de Jaume Trilla. A Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), a Asocia-ción Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE) e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Gali-cia, organizamos a conferencia "Participación infantil e construción da cidadanía", a cargo de Jaume Trilla.

I Xornadas: dependencia e construción da auto-nomía. Colaboramos con estas xornadas organiza-das polo IES Carlos Casa-res, en Viana do Bolo, que contou cunha marcada presenza da educación social.

Reunión coa UNED Coruña. Aténdenos a Coordina-dora de Extensión Universitaria para falar de posi-bles colaboracións no eido formativo.

Presentación da Guía de peritos xudiciais 2015. Unión Profesional presentou ante as entidades aso-ciadas, colaboradoras e medios de comunicación a guía de peritos xudiciais 2015, que inclúe os datos das persoas dispostas a ac-tuar como peritos en dife-rentes profesións, entre elas, a de Educación Social.

Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg estivo dispoñible na sede do Ceesg para que as persoas colexiadas se achegasen para recibir orientación e asesoramen-to xurídico sobre calquera cuestión que lles afecte.

Reunión do xurado do 2º Concurso TFG.eduso. O

xurado deliberou e escolleu os traballos gañadores do concurso de traballos de fin de grao, que se da-

rán a coñecer o 2 de outubro de 2015.

Gratifeira. Educación e novas iniciativas de roupa ética e responsable. O Grupo de Investigación SE-PA e o grupo de traballo do Ceesg, Eira do Ceesg organizaron unha sesión informativa sobre o téxtil sustentable na que se presen-tou a iniciativa LATITUDE e se desenvolveu unha GRATIFEIRA para o troco de roupa e outros enseres.

Page 16: Boletin do Ceesg nº 91

Xornadas: Hablamos de innovación en la inclusión social? Asistimos a esta xornada organizada por Emaús, que tiña por obxectivos presentar o Proxec-to INclúe, para a busca dun modelo de atención de calidade a persoas en situación de exclusión social, e compartir reflexións sobre a necesidade dun cam-bio de modelo e escenarios con novos principios no ámbito da inclusión social.

Presentación do libro: A cidade dos nenos. Asisti-mos a un coloquio e presentación do libro A cidade dos nenos, organiado pola Editorial Kalandraka e o grupo SEPA da Universidade de Santiago. Entre outros, interveu o autor, Francesco Tonucci.

Page 17: Boletin do Ceesg nº 91

Educador/a social - Socia/o. Milladoiro (Ames). Búscase educador/a social como socio/a dun centro de día para persoas maiores, equipago, funcionando e con persoas usuarias.

Estas son as ofertas de emprego publicadas durante o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminis-

tracións Públicas e Xustiza: ORDE do 6 de marzo de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemen-to e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. DOG 13/03/15

Consellería de Traballo e Benestar: ORDE do 24 de mar-zo de 2015 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realicen prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil. DOG 27/03/15 (amplía prazo, entre outras modificacións)

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Consellería de Traballo e Benestar: ORDE do 25 de febrei-ro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situa-ción de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema pa-ra a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competen-tes. DOG 06/03/15 Consellería de Traballo e Benestar: ORDE do 26 de febrei-ro de 2015 pola que se regula o certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude. DOG 25/03/15

EMPREGO Deputación provincial de Pontevedra: Oferta de emprego

público para o ano 2015. 2 prazas de Técnico especialista edu-cación diúrna. Promoción interna. DOG 02/02/2015

Formación

IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar. CIATEF 2015. Descrición: Neste congreso daranse cita prestixiosos investigadores de todo o mundo do campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares. Ata o 20 de febreiro poden presentarse comunicacións orais ou poster. Organiza: Unidade de Atención Temperá e Grupo de Investigación ESCULCA, da Universidade de Santiago de Compostela. Datas: do 11 ao 12 de setembro de 2015. Lugar: Santiago de Compostela. Prezo: Diferentes prezos segundo a situación (profesionais, investigadoras/es, persoas en desemprego, estudantes) Tamén hai a opción de inscribirse en obradoiros soltos. Ás taxas de inscrición aplicaráselle un desconto do 20% ás persoas colexiadas no Ceesg. Máis información: http://www.usc.es/congresos/ciatef15

3rd International Congress of Educational Sciences and Development

Organiza: Universidade de Granada e Universidade do País Vasco. Datas: 26 e 27 de xuño. Lugar: San Sebastián. Prezo con desconto para persoas colexiadas que se inscriban antes do 12 de marzo. Máis información: http://congresoeducacion.es/edu_web/