boletín do ceesg nº 93

18
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 93 - maio 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Upload: colexio-de-educadoras-e-educadores-sociais-de-galicia

Post on 22-Jul-2016

231 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Maio 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesg nº 93

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 93 - maio 2015

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg nº 93

Tema do mes

Teño ganas de compartir algo especial da miña vida

profesional desde a época universitaria: é a cita anual

destes encontros organizados desde o grupo de

Educadoras/es pola Paz en Nova Escola Galega, que

neste ano tiveron lugar en Chantada. Explicareivos o

por que, máis antes quería facer unha mención do que

podería axudar a que vos fixerades unha fotografía do

que son estes encontros.

Ata o momento trátase do único espazo de convívio,

un ano en Portugal e outro en Galicia, tal como nos

gusta dicir a nós, no que nos damos cita moitas

persoas vinculadas ao mundo da educación tanto

regrada como non regrada. Trátase dun convívio

entre profesionais da educación, crianzas, familias así

como persoas vinculadas a ANPAS que participan

desta cita por entender que as reivindicacións desde o

activismo colectivo precisan alimentarse, reforzarse

tamén desde espazos facilitadores para isto.

Os encontros teñen no seu programa algunhas partes

singulares que os diferencia doutro tipo de eventos:

Celébranse en torno ao dia da revoluçao dos cravos,

data histórica tanto para o noso pais veciño así como

para moitas de nós por sentirnos tan perto desta

terra e da súa historia. Precisamente na festa da paz

que facemos na noite do sábado, están presentes os

cantares que nos unen e que nos fan ter presente a

nosa memoria histórica.

O programa destes encontros sempre comeza coas

boas-vindas a crianzas e demais asistentes,

participando desde a tarde do venres, na recepción

con xogos cooperativos. Desde a nosa experiencia

temos comprobado que con esta recepción lúdica se

facilita moito ese convívio que se vai dando ao longo

da fin de semana. A clausura dos encontros se fai coa

largada da pomba da paz, levando consigo a mensaxe,

escrita polas crianzas de que atopar a pomba convida

a formar parte deste movemento da defensa da

cultura de paz, da educación para a paz e por iso, se

debe entregar na escola pública máis próxima.

E descrito todo isto, quería engadir dúas cuestións a

destacar na edición que se celebrou, o pasado mes de

abril:

A primeira é relativa á asemblea do estudantado que

grazas ás persoas que están traballando pola nosa

profesión desde a AUCE-Asociación Universitaria de

Ciencias de Educación e en colaboración cos PIC's-

Puntos de información colexial, celebrouse por vez

primeira, dentro do espazo dos encontros. Nesta

asemblea coa asistencia de estudantado dos Campus

universitarios de Coruña, Compostela e Ourense, saíron

cuestións que manifestan o interese pola figura da

educadora e o educador social desde os primeiros anos

de formación universitaria.

A segunda é para compartir coa ilusión de saber a nova

de que a pomba da paz que comezou a súa viaxe en

Chantada hai uns días, decidiu aterrar en Asturias:

recibimos comunicación de que está en boas mans e o

feito de que leve consigo carta manuscrita por unha

crianza, coa mensaxe de que a pomba debe ser coidala e

levala á escola pública máis próxima, alimenta novas

posibilidades de ampliar as redes e seguir crendo nesta

tribu na que moitas de nós cremos como educadoras,

educadores sociais que a nosa mensaxe, o noso traballo

é necesario desde os ámbitos da escola así como desde

outros posibles creados e por descubrir.

Compartimos un fermoso poema creado e recitado por unha

alumna de Educación Social no marco desta asemblea:

Belén Piñeiro Álvarez Educadora Social, Colexiada nº 3286

Vogal do Ceesg

Membro de Nova Escola Galega

O estudantado de Educación Social en asemblea, participando no

“XXIX Encontro GALEGO-PORTUGUÉS de Educadoras/es pola Paz”

SENTIR O sentir da alegría,

o soñar da miña utopía.

O cambio no mundo, o troco do escuro.

O azul do mar, o bonito que e dar.

A tristeza da pobreza, o poder da realeza.

A claridade da luz natural, o exceso de luz artificial.

Polos nenos soldado, polos que lles ven todo dado.

Os doutra raza, os que xogan na praza.

O vermello do sangue, o temor dun tanque.

O brillar dun sorriso, o amor que eu preciso.

O calor dun abrazo, o ruído dun trazo.

A explotación infantil, o temor xuvenil.

O mollar dunha bágoa, unha cara de mágoa.

O suor do traballo, tomar a sombra nun carballo.

Que teñan acceso a educación, que traballen con explotación.

Que poidan ir a escola, que anden a pedir esmola.

Que cal é a miña utopía?

Vivir en igualdade, onde está a nosa liberdade?

Soñar e dicir, crer e sentir.

Que máis se pode pedir?

SARA MOLINOS

LAGO

Page 3: Boletín do Ceesg nº 93

actualidade

Presentación do libro #Edusohistorias, unha viaxe pola Educación Social

Os vindeiros 18 de xuño en Ourense e o 19 de xuño en Vigo, Educablog, El Blog de la Educación Social

presentarán o seu libro #Edusohistorias unha viaxe pola Educación Social.

“Arealidadesuperaa ficción”esta foiamáximaque inspiroua IñigoRodríguez,RaúlLuceño,AsierFélixeJorge Roz, a embarcarse na elaboración e edición dun libro de relatos que, mediante a ficción, explica a profesión da Educación Social.

Para a presentación deste libro contaremos coa presenza dos seus autores, convidados polo Ceesg, e coa participación de Alfonso Tembrás, vogal do Ceesg e un dos autores colaboradores deste traballo.

#Edusohistorias é unha obra vivencial, que reúne 23 relatos de ficción baseados en historias reais protagonizadas por profesionais da Educación Social e polas persoas coas e para as que traballan. Historias

sobre infancia institucionalizada, sobre persoas con problemas de adiccións, sobre persoas sen fogar; contos sobre mulleres, sobre migrantes, sobre persoas maiores; relatos sobre diversidade funcional, sobre o traballo comunitario, persoas privadas de liberdade, con dificultades en saúdemental… Escritos, en definitiva, dun

grupo de Educadoras e Educadores Sociais prologados por dous mestres na materia, Segundo Moyano e Enrique Martínez-Reguera e coordinados polo Equipo EducaBlog.

Lembrar que desde EducaBlog levan traballando na visibillización da nosa profesión dende o ano 2006.

Ademais da web e das redes sociais, realizan accións formativas relacionadas coas TIC e a intervención social

con diferentes colectivos.

A asistencia será gratuíta. Contamos contigo!

EN OURENSE: Liceo de Ourense

(Rúa Valentín Lamas Carbajal, 5) Xoves 18 de xuño

19:30 h. EN VIGO:

Oficina Municipal do Casco Vello

(Rúa Oliva, 12) Venres 19 de xuño

19:30 h.

Convidados Alfonso Tembrás López (Ceesg)

Equipo EDUCABLOG (www.educablog.es)

Presentación do libro

Organiza: Participa:

Page 4: Boletín do Ceesg nº 93

O noso compañeiro o Educador Social Antón Bouzas premiado pola

súa traxectoria profesional

O pasado domingo, 31 de maio, tivo lugar en Madrid o acto de entrega dos VI Premios da Fundación Esplai á Cidadanía

Comprometida. Estes premios de ámbito estatal supoñen un recoñecemento ás persoas que traballan e colaboran en

proxectos sociais desde o voluntariado.

O noso compañeiro, o vigués Antón Bouzas recibiu o galardón na categoría de “impulso ao terceiro sector”. Este

profesional da educación social e terapeuta, ten traballado como voluntario e promotor de distintos proxectos relacionados

con persoas en situación de pobreza e exclusión social.

Traballou durante moitos anos á fronte do programa municipal “Sereos do Casco Vello” para persoas sen recursos e sen

teito, e liderou tamén o colectivo de autoaxuda IMÁN, para a prevención do VIH SIDA no campo das patoloxías aditivas e a

comunidade en xeral.

Hoxe en día, xa xubilado, non abandona o activismo e o compromiso social, pois actualmente Antón Bouzas é impulsor e

membro da Xunta Xestora do colectivo vigués «Os Ninguéns», creado recentemente coa finalidade de loitar, desde unha

perspectiva socioeducativa, contra as graves carencias nos servizos sociais e dar resposta a casos urxentes de pobreza

severa. Tamén é membro da Xunta de Goberno do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, onde asume

unha vogalía na área de Acción Profesional e Sociolaboral, que busca a defensa dos intereses da profesión de Educación

Social.

A Fundación Esplai recoñece así o labor e a dilatada traxectoria de Antón, premiando a súa calidade profesional e humana.

O Ceesg quere sumarse a este recoñecemento e agradecerlle enormemente o seu inmenso e encomiable traballo a favor

da inclusión social e a prol das persoas.

Grazas Antón!

Antón Bouzas, sexto pola dereita, nunha xuntanza de traballo do Ceesg.

Page 5: Boletín do Ceesg nº 93

Seminario final do proxecto Symbios. Recomendacións para a

planificación de políticas públicas a prol duns territorios inclusivos.

Os pasados 27 e 28 de maio celebrouse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela, o derradeiro seminario técnico do proxecto Symbios que xirou en torno a recomendacións para a planificación de políticas públicas a prol duns territorios inclusivos. Recapitulando… O proxecto Symbios enmárcase no Eixo 4 do programa operativo FSE en sintonía coa Estratexia 2020 da Unión Europea. A idea do proxecto é facilitar un espazo transnacional e transrexional de intercambio de coñecemento e práctica para analizar os efectos da crise demográfica así como coñecer e difundir estratexias, proxectos e formular propostas e recomendacións, tanto dende estratexias socio-comunitarias de carácter público como iniciativas de economía social. O obxectivo e sentir do proxecto é que os efectos da crise demográfica –despoboamento e envellecemento, principalmente- , que incide nas oportunidades reais e na calidade de vida das persoas que viven -maioritariamente rurais-, non se converta en exclusión social senón que as persoas que viven neses territorios poidan atopar respostas ás súas necesidades e reconverter a situación de crise nunha oportunidade de inclusión social. Para abordar este complexo reto realizáronse tres Seminarios técnicos presenciais realizados en Santiago de Compostela ademais de foros a través da plataforma virtual. O primeiro Seminario técnico realizado en setembro de 2013 tiña un obxectivo de contextualizar a crise demográfica a nivel europeo, aspectos comúns e particulares de territorios máis

agravados pola crise demográfica e a súa repercusión social. O segundo seminario realizouse en xuño de 2014 e nel analizáronse e debatéronse iniciativas a prol duns territorios intelixentes, sustentables e inclusivos. Finalmente, no último seminario realizáronse propostas para a planificación de políticas públicas a prol duns territorios inclusivos ademais dunha avaliación do Seminario. OIIISeminarioSymbios… Como vén sendo habitual nos Seminarios técnicos Symbios combínanse os relatorios e mesas redondas ou de experiencias con dinámicas e propostas de debate. Neste senso, resulta máis interesante achegar as propostas e experiencias xurdidas das dinámicas, especialmente da dinámica“speeddating”. O speed dating –cita rápida- é unha dinámica coñecida para coñecer xente. Aplicado neste contexto, a dinámica serviu para coñecer distintas experiencias de cara a promover redes de intercambio. Así pois, diversas persoas presentaban a súa rede ou experiencia durante sete minutos finalizados os cales, as persoas oíntes dirixíanse a outra persoa para coñecer a súa proposta. Esta dinámica facilita coñecer diversas experiencias en pouco tempo ademais de establecer posibles futuras redes e crear sinerxias.

As experiencias coñecidas foron:

Raquel López Fernández Educadora Social

Colexiada nº 3808

COCEDER: ONG de ámbito estatal presente en 17 provincias, aquí en Galicia están presente no CDR O Viso e Portas Abertas. www.coceder.org

Granxa familiar: Proxecto de comercialización de produtos agrícolas (actualmente 25 explotacións adheridas) que pro-

move a relación directa produtores/as e consu-midores/as eliminando intermediarios. http://www.granxafamiliar.com/principal/index.php

AESGAL: Agrupación empresarial de socie-dades laborais de Galicia. Promó-vese outra tipoloxía de economía social como son as sociedades laborais. www.aesgal.org

Asociación Boa Vida: Asociación que promove a inclusión social a través da posta en marcha dunha tenda. http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/

Ugacota: Unión de cooperativas de traballo asociado de Galicia. As cooperativas como forma de emprendemento social http://ugacota.coop/es/

Culleredo en clave social: Promovido polo Departamento de Servizos Sociais, promove o tecido asociativo no Con-cello prestando apoio a estas asociacións ademais de xerar movemento socio-económico no mesmo. http://www.culleredo.es/node/3059

O dito nas ponencias e mesas redondas así como o reflexionado nas dinámicas de grupos poderá consultarse na páxina web do proxecto Symbios.

Page 6: Boletín do Ceesg nº 93

20 promocións de Educación Social - Ourense

Este curso celebramos que xa temos 20 promo-cións de Educación Social na Facultade de Cien-cias da Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo)

E dende a Facultade están a organizar un encon-tro de todas elas, que será os días 27 e 28 de xuño en Lodoselo.

O Ceesg quere estar alí, acompañar a todas esas persoas que se formaron / nos formamos en Ou-rense, e implicarse neste evento. Os prezos son simbólicos de auténtica homenaxe, como recoñecemento polos 20 anos indo ao CDR O Viso a celebrar este encontro.

Cotas: Só venres (inclúe cea): 10€ Só sábado: (inclúe xantar): 12€ Só sábado; (inclúe xantar e cea): 20€ Venres e sábado (incluíndo todos os xantares e

ceas previstas): 20€

Para pasar a noite hai 40 prazas en camas, e pode-ranse montar tendas de campaña polos arredo-res.

Prazo de inscrición ata o 15 de xuño.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES Venres 26 xuño

17.30 h. Benvida 18.00 h. Xogo de Pistas polo Pobo 21.00 h. Cea 23.00 h. Velada

Sábado 27 de xuño 09.00 h. Almorzo 10.00 h. Excursión a Couso 14.00 h. Xantar 16.00 h. Obradoiro do Pan 18.00 h. Xogos tradicionais e populares 21.00 h. Cea 23.00 h. Velada

Domingo 28 de xuño 09.30 h. Almorzo 10.30 h. Despedida

Vémonos en Lodoselo!

Inscricións a través do Ceesg.

XXVII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría

A cidade de Ourense acolle o XXVII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría organizado pola

Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría que terá lugar os vindeiros 26 e 27 de Xuño de 2015, co

lema Atención Sociosanitaria. Modelos de atención, coordinación e novas necesidades.

O Ceesg colabora con este congreso, pois conta coa presenza de Lito Prado (vicepresidente do Ceesg)

que forma parte do comité organizador e de Mónica Serrano (presidenta do Ceesg) no comité científi-

co e nunha das mesas redondas. Tamén o Geix participará no congreso coa impartición dun obradoiro.

Ir á web do congreso

Page 7: Boletín do Ceesg nº 93

3º Concurso TFG.eduso

O Ceesg súmase á campaña “Paremos o feminicidio”.

Esta campaña, impulsada dende Ourense por un grupo de mulleres comprometidas na loita polo de-reito das mulleres a vivirmos sen violencia, denun-cia publicamente a desprotección das mulleres que sofren violencia machista, e lévase a cabo a través dunha reclamación administrativa e dunha denun-cia ás institucións responsábeis de protexer a Isabel Fuentes, e a todas as mulleres, que fallaron no seu caso e que non podemos permitir que volvan fallar. A reclamación administrativa, primeiro paso para unha denuncia por este caso de neglixencia dos po-deres públicos na protección de Isabel Fuentes será efectiva no mes de xuño de 2015.

A campaña contempla: Queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudi-

cial, para que expliquen cales foron os erros nas medidas e protocolos de protección ou cales non se adoptaron para protexer a Isabel Fuen-tes e todas as mulleres que sufren violencia ma-chista.

Denuncia ante o Valedor do Pobo. Para denun-ciar a desprotección das mulleres que sofren violencia machista.

Accións locais. Manifestacións concentracións ou outro tipo de actos que se irán programan-do.

Hai moi diversas formas de apoiar e participar nes-ta campaña, podes informarte de todos os deta-llles na web da campaña.

Concurso de traballos de fin de grao en Educación Social. O prazo de presentación de traballos xa está aber-to, e estará ata o 22 de xaneiro de 2016, de xeito que tamén o alumnado que presente o traballo en setembro ou outubro poida participar. O concurso ten dúas categorías diferentes: Educa-ción Social ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbitos e temáticas tradi-cionais da Educación Social), e Educación Social

ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novi-dosas e inclusivas) Poderán participar no concurso os traballos que se presenten no actual curso académico en cal-quera das universidades galegas, incluíndo os centros UNED galegos, que sexan presentados en galego, e acaden unha nota mínima de 8,5.

Page 8: Boletín do Ceesg nº 93

O 8 de maio asasinaban no CHOUOU a Isabel Fuentes, veciña de Verín que se atopaba ingresada en Ourense dende o 3 de abril por mor dunha agresión previa atribuída nun primeiro momento a un ataque na súa vivenda e que a mantiña inconsciente. O 8 de maio o seu marido, Aniceto Rodríguez, asasinouna nun hospital público rematando co que, agora xa o sabemos, iniciara un mes antes facendo pasar por un ataque ao fogar o que fóra unha agresión machista.

Isabel Fuentes convertiuse así na primeira víctima mortal do feminicidio en Galiza no 2015 e nun símbolo tráxico de todo o que funciona mal no sistema en relación á protección das mulleres que sufren violencia machista. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.

Os protocolos e mecanismos de protección das mulleres agredidas fallaron. Ante as sospeitas dos axendes policiais de que se tratase dun caso de violencia machista tendo ao marido como principal sospeitoso tal e como o trasladaron á xuíza pedindo incluso o traslado de Isabel Fuentes a dependencias médicas vixiadas con visitas restrinxidas en todo o momento a resposta da xuíza foi que non se contaba con ‘indicios firmes, testigos, antecedentes de violencia ou mala relación entre os esposos’ e que se trataba de ‘meras conclusións fundadas en conxeturas ás que chegaron os axentes encargados da investigación pero de todo punto insuficientes’.

É inexplicábel que a xustiza ignore a complexidade dos casos de violencia machista onde os ‘antecedentes de violencia ou mala relación entre esposos’ en moitas ocasións só poden coñecerse cando a víctima se decide a denunciar a violencia que sufre, tantas veces silenciada socialmente e vivida dende unha culpabilidade que a invisibiliza. En ocasións

nunca se coñece ata que a víctima é asasinada.

As explicacións públicas que coñecemos, fundadas en que a experiencia e a petición dos axentes policiais son meras ‘conxeturas’ sutúanos a todas no campo da desprotección fronte ás agresións onde non só se cuestiona o relato das mulleres que sufren violencia senón mesmo o de aqueles que detectan e denuncian que se trata dun caso de agresión machista. A consecuencia desta desprotección no caso de Isabel Fuentes foi o seu asasinato nun espazo onde debera estar protexida polas institucións e a xustiza e onde ficou, coma xa o estaba antes no fogar, soa ante o seu agresor.

Ante esta situación dende Ourense un grupo de mulleres comprometidas na loita polo dereito das mulleres a vivirmos sen violencia decidimos dar o paso de iniciar unha campaña de denuncia ante o poder xudicial e o Estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes, que é a desprotección que sufrimos todas cando somos agredidas, e que en ocasións, demasiadas, acaba coas nosas vidas.

Nós, mulleres agredidas por unha sociedade machista, reclamamos ao poder xuidicial e ao Estado a responsabilidade de non ter actuado para protexer a Isabel Fuentes cando todos os indicios indicaban que estaba a sufrir violencia machista e demandamos do poder xudicial e dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza medidas efectivas de protección das mulleres fronte ás agresións e asunción de responsabilidades por parte de quen corresponda no caso do asasinato de Isabel Fuentes.

Asina nesta páxina para dar o teu apoio á presentación da reclamación e denuncia ás administracións pola desprotección que sufrimos as mulleres fronte á violencia machista.

Por ela, por todas.

Maio de 2015

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

http://feminismo.info/feminicidio/

Page 9: Boletín do Ceesg nº 93

II Concurso Fotográfico “Olladas dende a Educación Social”

Está en marcha un concurso fotográfico sobre Educación Social impulsado polas dinami-zadoras do Punto de Información Colexial (PIC) do Ceesg, que busca inmortalizar en ima-xes a nosa mirada socioeducativa da vida cotiá e da contorna que nos rodea. Trátase de retratar as nosas utopías, ilusións, inquedanzas, preocupacións, denuncias..., de capturar imaxes que provoquen o debate e a reflexión crítica, fomentando a construción dun dis-curso conciliador por un mundo máis xusto, no que cada quen temos moito que aportar. Miradas non só desde a Educación Social, senón tamén da Educación Social, evidencian-do as realidades onde está presente a nosa profesión e tamén outras nas que pode estar nun futuro non tan afastado.

A temática do concurso son as Liberdades Sociais.

Establécense tres categorías distintas: profesorado e PAS das facultades galegas

(incluída UNED) onde se imparte educación social, e estudantado de Educación Social.

Poden enviarse as fotografías ata o 30 de xuño de 2015.

Todos os requisitos e detalles aparecen reflexados nas bases do concurso.

Tamén se poden ver as fotografías participantes o ano pasado no facebook do

Ceesg.

Cobro de cotas colexiais

A finais do mes de xullo farase o cobro de cotas colexiais correspondente ao segundo semestre de 2015.

Para beneficiarte da cota reducida por desemprego ou salario inferior ao SMI, o prazo de envío da documentación xustificativa é ata o 10 de xullo.

aviso

Page 10: Boletín do Ceesg nº 93

formación

Encontro de Infancia e Educación Social.

Conclusións dos grupos de traballo.

O pasado 17 de abril tivo lugar o Encontro de Infancia e Educación Social, baixo o lema “Implicacións no traballo cotián dos cambios lexislativos”, impulsado polo grupo de traballo do Ceesg Escaravellan-do. Unha das actividades do programa foi un encontro por grupos divididos por diferentes eixes que xiran en torno á temática da xornada. Estas foron as súas conclusións:

GRUPO 1. Dereitos e deberes das/dos menores. Sobre este aspecto recolléronse as seguintes ideas:

Dereito do suxeito a ser informado de maneira que poida entender.

Comunicación e compresión dos dereitos e dos deberes como fase educativa inicial do traballo educativo

do centro.

Dereito e deber de formular queixas, como obxectivo de traballo educativo.

Exercelo dereito-deber como exercicio de responsabilidade cívica, educar nos centros a cidadáns participati-

vos.

Intereses e necesidades individuais son dereitos, en lugar de ser lidos como “problemas”.

A lei ten que retroalimentarse, ten que formularse segundo a análise da realidade que pretende regular e da

propia aplicación da mesma saír enriquecida para leis posteriores.

Necesario que a lei provea dos recursos para levala a cabo, para realizala.

Os axentes sociais externos ao ámbito de protección, que interaccionan cos suxeitos (menores) deben ob-

servar os principios legais.

Non hai que agardar a que exista unha lei para cumprila, hai que adiantarse á lei.

Esta lei fai demasiado inciso nas medidas coercitivas, en detrimento da discriminación positiva necesaria.

O marco legal debe acoller os recursos de participación na súa definición, como por exemplo as asembleas.

GRUPO 2. Acollementos. Durante o desenvolvemento da dinámica neste grupo houbo dúas partes claramente diferenciadas: por unha ban-

da, unha reflexión sobre os acollementos a raíz da experiencia profesional das persoas e, por outra banda, con-

clusións sobre aspectos que deberían estar recollidos ou máis explicitados na lexislación.

En canto ás reflexións sobre o “estado actual” dos acollementos, polo perfil profesional das persoas participan-

tes falouse sobre todo de acollementos residencias por ser onde maioritariamente nos desenvolvemos profesio-

nalmente como educadoras e educadores sociais, como era o caso de gran parte das participantes no grupo.

Considerouse que os prazos fixados pola Administración limitan o traballo educativo e deberían ser máis realis-

tas para evitar a “cronificación” dos casos dos e das menores dos centros residenciais, sobre todo, no caso dos

e das bebés, casos nos que urxe especialmente evitar a súa “estandarización” en centros. En canto a centros de

acollementos residenciais, tamén se falou da relación entre fracaso escolar e centros de menores e sobre os

“perfís” cambiantes que reciben os centros de acollemento. No que se refire a outros tipos de acollementos,

fálase de que a Lei dá preferencia aos acollementos familiares en calquera das súas modalidades máis, no que se

refire a acollementos en familia allea non existen suficientes familias acolledoras para cubrir esta necesidade. Do

mesmo xeito, considérase necesario o apoio técnico ás familias e mesmo a mediación entre a familia biolóxica e

as acolledoras.

Tralo debate, chéganse a conclusión de cada unha das tipoloxías de acollementos sobre aspectos que se deberían

recoller ou explicitar máis na lexislación:

conclusións dos grupos de traballo

Page 11: Boletín do Ceesg nº 93

GRUPO 3. Outras medidas: centros para rapaces/zas con trastor-

nos de conduta, programas para a vida independente e reintegra-

ción familiar. Este grupo pretendía traballar os seguintes puntos: centros de menores con trastornos de conduta, programas

de preparación para a vida adulta, e reintegración familiar. Foi un grupo moi homoxéneo, ao que finalmente acu-

diron 8/9 participantes, todas elas mulleres; onde 3 eran estudantes, unha das participantes exercía nun CIEMA,

e o resto facíano como educadoras sociais en diversos centros do Sistema de Protección. Cabe sinalar que case

todas a sesións xiraron arredor do primeiro dos epígrafes, centros de menores con trastornos de conduta, pa-

sando case desapercibidos os outros dous.

Aumentar os recursos en xeral. As participantes consideran que non existen recursos, tanto humanos co-

mo materiais, suficientes para proporcionar unha atención axeitada ao menores.

Reforma da lexislación autonómica en materia de protección. O grupo considera que debe de facerse unha

reforma a nivel autonómico en materia de protección pero non sinala exactamente en que cuestións con-

cretas. Aínda así, as persoas que participaron na sesión verbalizaron que existe unha mestura de menores

con diferentes necesidades que, baixo a súa, perspectiva, non é válida dentro dun mesmo recurso, e por

tanto, debería de existir unha regulación que limitara ditas “mesturas de necesidades”.

Programas específicos dentro dos recursos existentes no eido familiar. (Este obxectivo está directamente

vinculado ao seguinte, así que explícoos conxuntamente no seguinte obxectivo).

Formación específica para os/as educadores e educadoras en intervención familiar. Este obxectivo xorde

por mor da intervención cos pais, principalmente falando dos casos de menores con problemas de conduta,

pero tamén sobre a reintegración familiar. As participantes consideran que é insuficiente a formación que

posúen en canto á intervención familiar, e consideran que debe de ser dende os propios centros nos que

os menores están ingresados dende os que se deba intervir cos proxenitores, sendo polo tanto o propio

persoal do centro quen faga a devandita intervención. Neste senso, resulta fundamental a formación axeita-

da a esta demanda, e xa que logo, considerouse que é preciso que dende a administración pública se pro-

porcione formación axeitada a dito persoal.

Participación de profesionais da educación social na elaboración dos textos lexislativos. Neste sendo, o gru-

po considera que os textos lexislativos non están axustados ás realidades dos Servizos de Protección de

Menores, e que existen importantes carencias que poderían resolverse, ou cando menos, mellorar, se os

profesionais da educación social fixesen parte ou fosen tidos en conta na elaboración dos textos lexislati-

vos.

Acollemento Especializado

Os dous proxectos de lei non deixan nada claro sobre este tipo de acollemento. Convén especificar aspec-

tos como cal será a formación e experiencia requirida, que se entende por dispoñibilidade total, que tipo

de remuneración se percibiría...

Acollemento Familiar

Fálase da posibilidade de crear un “banco de familias” acolledoras para garantir o principio de preferencia

de acollemento familiar sobre o residencial. En parte, pénsase que non existe suficiente información e

descoñecemento sobre esta opción. Faltan mecanismos de seguimento que faciliten o retorno do ou da menor á familia biolóxica. Tamén se fai preciso unha mediación entre a familia de acollida e a biolóxica, especialmente cando se dá un

acollemento en familia allea. Convén especificar que prazos tería que haber para pasar dun acollemento familiar á adopción. Tamén se considera necesario e, de acordo co principio de interese superior do/a menor, ter en conta

que pensa e como se sente o neno ou nena en canto as modalidades de acollemento.

Acollemento Residencial

Precísanse prazos máis realistas. É necesario tamén promover a normalización dos e das menores en centros residenciais evitando etique-

tas. Ademais dun cambio metodolóxico na intervención educativa, a lexislación debe promover mecanis-

mos de normalización e integración dos centros, e por tanto dos/as menores, na comunidade na que se

insiren. Deberíanse establecer medidas de apoio para despois da protección, especialmente con nenos e nenas con

necesidades educativas especiais.

Page 12: Boletín do Ceesg nº 93

GRUPO 4. Funcións da Administración. Os aspectos que foron recollidos finalmente polo grupo foron:

Necesidade de maior conexión entre os distintos actores/actrices.

Establecer ratios e prazos.

Necesidade de formación específica para centrar a intervención nas persoas e nos seus dereitos.

No desenvolvemento da sesión púxose de manifesto a mal funcionamento do conxunto do sistema de protec-

ción, cuns Servizos Sociais Comunitarios en ocasións moi sobrecargados, ou pendentes de decisións dos res-

ponsábeis municipais que pouco teñen que ver con necesidades de atención; cun Servizo de Protección de Me-

nores autonómico en ocasións tamén saturado, que se comporta de maneira incomprensíbel en determinadas

situacións e que nin sequera ten un procedemento de actuación...en definitiva, un panorama de insuficiencias,

dificultades de comunicación e entendemento entre os -por outro lado- numerosos axentes que o conforman

(teriamos que considerar tamén aos múltiples centros e programas de protección, que lle veñen sumar comple-

xidade á situación), e desarticulación, que conduce a que adoito, cando nos reunimos para tratar estes asuntos,

acabemos discutindo entre nós en función de onde nos toca desenvolver a nosa actividade.

No apartado de propostas, para o que xa quedou menos tempo que para o de análise: a necesidade de estable-

cer ratios e prazos de actuacións, así como de establecer un protocolo de actuación único para Galicia.

Aulas xurídicas 2015

Podemos adiantar xa que no último trimestre do ano está prevista unha nova edición das Aulas xurídicas para educadoas/es sociais, centradas nas seguintes te-máticas:

Conceptos xurídicos básicos. Lei mordaza. Medidas de protección da infancia.

Á volta do verán iniciaremos a difusión e o período de inscrición. Estade atentas/os!

Page 13: Boletín do Ceesg nº 93

¿Fan falta tantos motivos para a preocupación

polo consumo de alcohol xuvenil?

A portada do diario ARA hoxe apuntaba un titular para a reflexio n: "O alcoholismo xuvenil encí stase". E que, a tí tulo persoal, creo que desafortunado. De aí este tuit:

E a propo sito disto algunhas persoas pregunta ronme "por que" e mesmo se estaba a intentar negar unha realidade. A partir de aquí , recupero algunhas reflexio ns que xa publicamos anteriormente en interese de matizar e a vez xerar discusio n. Realmente temos motivos para a preocupación? Agora hai 15 anos, nun texto totalmente premonito-rio, os amigos Jaume Funes e Carles Sedo escribí an sobre como haberí a que afrontar os novos escena-rios de consumo e como introducir novos discursos arredor da e tica dos riscos (“Usos de drogues: reali-tats actuals i preocupacions futures”). Deixando moi claro que, na cuestio n das drogas, funcionamos a partir de ciclos de preocupacio n social (idea moi traballada polo outro gran referente e amigo Oriol Romaní ), que a vez xeran estereotipos institucio-

nais: se en e pocas pasadas -secuencialmente- nos centramos no consumo de heroí na, cocaí na e drogas de sí ntese (tipos mdma e derivados), o que ocupa boa parte das nosas cavilacio ns e ocupacio ns profe-sionais actuais e a cuestio n do consumo de cannabis e alcohol por parte de mozos e adolescentes. Agora ben, facendo unha lectura dos datos sobre consumo de alcohol e demandas de tratamento a nivel catala n veremos como a tendencia e as estatí sticas presen-tan un consumo, a pesar de que significativo, certa-mente estable nos u ltimos anos. En poboacio n adul-ta existe un lixeiro incremento. Pero en poboacio n adolescente e nova, esta mesmo se reduce; sendo, o nu mero de borracheiras o u nico patro n que aumen-ta significativamente.

Por todo: onde temos que centrar as nosas preocu-pacio ns? En canto a adultos, se ben e probable que a conxuntura actual de crise xera ma is problemas, a desocupacio n e a dificultade para acceder a trata-mentos privados puideron favorecer o aumento de demandas cara ao sistema pu blico de sau de, eviden-ciando unha maior visualizacio n do problema. Que xa tocaba. Tampouco esquecemos que, en e pocas de depresio n social (privacio n econo mica, altas taxas de paro, etc.) o alcohol e tame n un bo depresor. En cambio, en e pocas de bonanza relativí zanse os pro-blemas, e o noso umbral de alarma sobre o que e ou non problema tico. De feito, a miu do to canos atender demandes tipos "agora que non estou a facer nada me fan vir por se bebo demasiado". Cuestio n que podiamos traducir a "cando estaba ocupado era un tema que non se tocaba". Todo iso acaba simplifi-cando realidades complexas.

Pero en canto a mozos e adolescentes, e deixando de lado a nosa enfermiza hiperproteccio n sobre todas as su as condutas, vemos como as borracheiras son

Jordi Bernabéu

Psicólogo y educador

www.jordibernabeu.cat

bloguES

Page 14: Boletín do Ceesg nº 93

unha pra ctica de risco que xeran certa preocupa-cio n. Nos u ltimos 20 anos dobrouse o nu mero de adolescentes e mozos (14-18 anos) que se emborra-charon no u ltimo mes. Sina lase que estamos a im-portar o patro n no rdico, que implica consumir moi-ta cantidade de alcohol en pouco tempo. O feno -meno do "botello n" probablemente ten a que ver. Aí nda que onde no s a miu do vemos motivos para a desolacio n profesional (mozos desmotivados, que priorizan pracer ao esforzo, etc.) contrapo n cos mo-tivos dos propios mozos, que valoran a su a vertente relacional, e fai ma is barato o consumo. E de feito, creo que "inventamos" esta nova categorí a de "binge drinking" (que, por norma, define a borracheira de toda a vida).

Fixe monos nos propios datos facilitados polo Minis-terio de Sau de, e concretamente as extraidas a partir da enquisa do Plan Nacional sobre Drogas (2012-13).

Como se ve, o incremento non e tan alto como se pretende con tanta alarma. Nin en canto a s borra-

cheiras. Polo tanto, confí rmase que a miu do se reproducen discursos de alarma.

Esta tendencia a estabilidade (e mesmo a baixa)

cu mprese con todas as drogas. Non hai unha que, por exemplo, da que non se fala, e haberí a que facelo (como haberí a que preguntarse sobre o

porque de non querer falar). A medicacio n psi-quia trica (con ou sen receita me dica) e unha pra c-tica tame n relevante en canto a mozos e adoles-centes.

A propósito do alcohol, e a súa prevención: al-gunhas ideas

Con todos estes datos, e os que se nos expon en nos medios, o tema da para formular algunhas discu-sio ns:

De entrada, ha de imperar a sensatez e a e tica sobre a excesiva moralidade adulta. E revisar se a norma-tiva actual e coherente. E impensable pensar que hai que funcionar a partir dunha formulacio n que ten a como punto de partida o non-e -normal-beber-alcohol-sendo menor-de-idade. Non hai que esque-cer que a realidade -social e normativa- imposta son dous conceptos que a miu do non participan do mes-mo concordado. Nin tampouco que a maiorí a dos que agora esta n por esta mensaxe ven en dunha e po-ca na que de adolescentes podí an consumir impor-tantes cantidades de alcohol sen control adulto e cunha normativa fortemente permisiva.

En segundo lugar, apelamos a unha prevencio n que ten a en conta cales son as necesidades reais de mo-zos e adolescentes. Que entenda que non todo pasa para absterse ou ben emborracharse (“e liala”). Fronte esta dobre lectura, sobre a que pivotan as interpretacio ns principais, propon o un discurso que potencie o consumo responsable e o gozo da mode-racio n. Considerando a abstinencia como "o xeito ma is seguro de evitarse problemas". Pero non a u ni-ca. Fuxindo de grandes mensaxes que so serven pa-ra limpar as conciencias de quen as pregoan. Ante a u ltima ondada de polí tica conservadora que nos esta a chegar, habera que detectar aquelas situacio ns problema ticas a priorizar. E traballalas. Para previr os riscos asociados ao consumo de alcohol -e non o consumo en si- propon o tres: todo o que ten que ver coas pelexas e violencia; a sexualidade e afectivida-de; e a conducio n de vehí culos e a su a xestio n.

Terceiro: a ningue n lle escapa unha realidade evi-dente: vivimos nunha sociedade culturalmente moi arraigada ao consumo de alcohol que aí nda non ten claro que mensaxe transmitir para un consumo res-ponsable. E que esta cuestio n e un asunto de intere-se econo mico. Business puro e duro. Non hai que estimular comportamentos que poidan comportar problemas. O sentido comu n "control, prudencia e moderacio n" e incompatible con esta promocio n de e tica dubidosa e cargada de contradicio ns. Esta cla-ro que non todo e unha cuestio n de prevencio n e formacio n.

As novas lin as de traballo preventivo base anse, so-bre todo, neste u ltimo punto. E favorecen a idea de

Page 15: Boletín do Ceesg nº 93

traballar tame n a dispensacio n responsable. No to-do e un tema de consumo.

Para rematar, non estarí a de ma is revisar os nosos comportamentos adultos. E pon elos sobre a mesa. Se analiza semos con profundidade os datos reais de accidentes de tra fico, demandas de tratamento, urxencias toxicolo xicas, etc. tal vez destapariamos as nosas incoherencias. Na seguinte gra fica mo stra-se como os accidentes de tra fico mortais en 2013 con presenza de alcohol afectaban sobre todo a maiores de 30 anos (Fonte: INT 2013):

Probablemente nos plantexarí amos que terí a senti-

do dirixir as campan as cara a un pu blico de ma is avanzada idade. Aí nda que aquí si que encontraria-mos algunhas resistencias. Pero así como imos, se isto pasa, probablemente xa non disporemos nin de recursos para abordalas.

A xeito de deca logo optimista: propostas para abor-dar, na casa, o consumo adolescente deas dunha perspectiva educativa adulta 1. Pactar con consecuencia. Marcar lí mites e res-

ponsabilizarse con progresio n (horarios, saí das, etc.)

2. Non caer na sobreproteccio n absoluta nin na permisividade ma xima.

3. Non os interrogar con exceso. Aproveitar mo-mentos de informalidade para falar do tema. E debater e argumentar as nosas propostas.

4. As ideas "clave": prudencia e responsabilidade. 5. Explicar o porque das nosas angustias. Dende a

preocupacio n (idea: Jaume Funes). 6. Por se algu n dí a se equivocan, que aprendan das

malas experiencias (idea: Jaume Funes). A xeito de exemplo, nunha avaliacio n un rapaz dicí anos: “A min tivéronme como nunha burbulla. Para que non me pasase nada... quizais porque saben que é o que hai. Ao final o que pasa é que acabas saíndo con máis ganas, a cagas, te equivocas, e ao final aprendes a non volver facer certas cousas ou a facelas doutro xeito. Se non te equivocas, apren-des. "

7. Ante o pesimismo: no s tame n maduramos. E eles tame n o fara n. Con ma is probabilidade de e xito que non de fracaso.

8. Saber observar. Sen intervir sempre, sen opinar, nin invadir a su a intimidade.

9. Predicar co exemplo e asumir as incoherencias. 10. Ter moita paciencia...

4 de decembro de 2014

Artigo publicado no blog www.jordibernabeu.cat

Traducido polo Ceesg

Para ler E reflexionar...

Renda básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida. (Mari Fidalgo, Alicia Alonso Merino, Rosa Zafra Lizcano)

Este libro, editado polos colectivos Baladre e Zambra, é froito da práctica cotiá e a reflexión conxunta, colectiva e horizontal. Feito con amor, coidado, apoio mutuo e moita rebeldía. Demandado cada vez máis por colectivos, non só feministas, onde os colectivos comparten toda a experiencia acumulada durante anos de vida, traballo, loita, enredos e desenredos, de como a Renda Básica das Iguais é unha ferramenta igualmente válida para as loitas contra o heteropatriarcado capitalista.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Page 16: Boletín do Ceesg nº 93

Chámome Sofía e son do Porto do Son. Así comezaría eu a falar en calquera dinámica de pre-sentación. Agora ben, se tamén temos que dicir a qué nos dedicamos ou cál é a nosa profesión, evidentemen-te digo, “chámome Sofía, son do Porto do Son, e son educadora social”. Dependendo do ámbito en cuestión onde esteamos teño máis ou menos posibilidade de que recoñezan esta nosa profesión, teño que dar máis ou menos explicacións. Unha vez que rematei os estudos de Educación Social, algo pasou, supostamente tiña unha cualificación pro-fesional, pero non me atopaba competencialmente preparada, polo que decidín seguir estudando: estudei Pedagoxía. O último ano non me foi moi ben e estudei Psicopedagoxía tamén e saquei ambas carreiras. Aínda así, e a pesares de toda esta formación, eu sigo dicindo que son “educadora social”. Nese último ano de estudo xa comecei a traballar como educadora social, nunha empresa de educación social, cun superequipazo de educadoras sociais compañeiras e amigas. Tiñamos o traballo distribuído en “células”: a de intervención, a de formación e a de desenvolvemen-to comunitario. Case era unha progresión. Primeiro, todas as educadoras sociais pasabamos pola célula de intervención, onde impartiamos obradoiros para cen-tros educativos sobre moitas temáticas, todas elas rela-cionadas coa educación en valores, coa educación so-cial (convivencia, drogodependencias, igualdade, inter-culturalidade e orientación laboral). Tamén faciamos animación sociocultural en consonancia cos obradoiros e as temáticas que impartiamos nos institutos de arre-dor. E traballabamos coas nais e os pais, coas familias, no que nós lle chamabamos “grupos de encontro”, que veñen sendo as “escolas de nais e pais” tradicionais. A seguinte célula, a de formación, era a dedicada ás pro-fesoras e profesores, que agradecían os recursos que lles amosabamos, que consultaban dúbidas metodo-lóxicas en relación a algúns conflitos ou simplemente, traballabamos cuestións de comunicación, habilidades sociais e competencias clave. A célula de desenvolve-mento comunitario era na que podiamos autorrealizar-nos con proxectos anuais ou máis longos, onde tiña-mos moito traballo de campo e moito traballo interdis-ciplinar, onde poñiamos en práctica a participación co-munitaria e coñeciamos grupos e comunidades. Durante seis anos participei dunha educación social en estado puro, en relación constante cos servizos sociais, cos departamentos de educación, cos equipos docen-tes, coas anpas, con asociacións... cunha morea de or-ganismos e entidades que se organizan e funcionan de formas moi distintas. Aprendemos o que é a adapta-ción e a flexibilidade. Programamos moito e variado. Autoformámonos e levamos a cabo a crítica construti-va e a autocrítica constante. Un dos requisitos para comezar a traballar nesta em-

presa era a de estar colexiada. Xa antes tivera intención de facelo, pero por “x” motivos non o fixera, ata que mo pediron. Digamos que fun bastante “escéptica” en canto ao que eu podía aportar ou o que o colexio profe-sional me podía aportar a min como profesional. Obviamente, desde dentro (do colexio profesional), a profesión vívese e séntese doutra maneira –en 2007 entrei en xunta de goberno e formei parte da área de comunicación e participación colexial na que actualmen-te continúo-. Sénteste responsable de moitas das deci-sións e accións feitas, apréndese a base de “primeiras veces” para todo, coñeces persoas e proxectos que doutra maneira non terías tan doado acceso. Parece que estás ao día, aínda sen buscalo. Levei a asistencia técnica do Consello Escolar Municipal de Vigo durante un ano; nese período puiden compro-bar que todo o aprendido me serviu para poder enten-der e facer entender que a participación conséguese participando, formando parte; que hai que ter en conta ás familias, ao alumnado, ao profesorado e a outras en-tidades da comunidade educativa se queremos que os cambios funcionen, se queremos que a comunidade se sinta protagonista e teña vida. A Educación Social é unha profesión demasiado valiosa como para reservárnola só para nós. A Educación Social debería ser coñecida e respectada por gobernantes e sociedade en xeral, posto que traballamos con, para e polas persoas, desde un punto de vista educativo, onde o ensino-aprendizaxe ao longo da vida está presente de xeito cotián nas nosas accións. Non somos mestras, non somos psicólogas, non somos superheroínas..., somos profesionais que apoiamos e acompañamos nese proce-so educativo ao longo da vida. Que tan importante é, non credes? Actualmente traballo nun centro de formación, coordi-nando e xestionando todos aqueles cursos do ámbito do social xunto cunha compañeira pedagoga. E no equi-po tamén temos unha bióloga, unha economista e unha politóloga. A diversidade no traballo tamén é un valor engadido xa que podemos disfrutar e seguir aprenden-do do que temos preto. O inconformismo penso que é unha cualidade da profe-sión e tamén é o que nos move a seguir probando cou-sas novas e tendo a obriga ética de ser educadas e edu-candas á par que educadoras. Esta historia de vida profesional quere ser un gran no celeiro. Unha semente de palabras para que outras con-tinúen.

Sofía Riveiro Olveira Educadora Social nunha empresa de formación

Colexiada nº 3389 Vogal do Ceesg

QuE fas ti pola educación social?

Page 17: Boletín do Ceesg nº 93

Actuacións

Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg está dispoñible na sede do Ceesg. As persoas colexiadas poden achegarse ata as oficinas para reci-bir orientación e asesoramento xurídico sobre calque-ra cuestión que queira plantexar.

Reunión do Foro de Inmigración. As entidades da zona de Santiago reúnense para abordar cuestións re-ferentes á campaña en Defensa dos Dereitos das Per-soas Migrantes, valorar as actividades desenvolvidas, deseñar as que están previstas.

Participación en xornadas de orientación. Convídan-nos ás "Xornadas de orientación: E agora que? Estudo ou traballo" organizadas para o alumnado da Universi-dade da Coruña, na que centramos a nosa exposición sobre saídas profesionais.

Presentación da asociación Chrysa-llis Galicia. Asistimos ao acto da pre-sentación oficial de Chrysallis Gali-cia, Asociación de Familias de Meno-res Transexuais de Galicia.

Cita con Compostela Aberta. O grupo político Com-postela Aberta solicita un encontro co noso colexio para presentar a súa candidatura electoral e escoitar as nosas propostas e opinións.

Seminario: Prácticas e proxectos socioeducativos no terceiro sector. Alumnado e docentes de Educación Social Xerontolóxica, do Instituto de Estudos Superio-res de Fafe - Escola Superior de Educação de Fafe, convidan ao Ceesg a participar na Mesa Redonda: “Reptos da Inovação Social na Intervenção Socioedu-cativa”, encadrada no seminário “Práticas e Projetos Socioeducativos no Terceiro Setor”.

Formación en peritaxe: o gabinete xurídico do Ceesg, Asensu Contra-rio, imparte formación básica sobre a actividade pericial como educa-doras/es sociais có obxectivo de adquirir coñecementos básicos sobre a peritaxe como medio de proba, a elaboración dun informe pericial e a nosa actuación nun procedemento xudicial.

Xornadas interxeracionais de Cabreiros. Un ano máis participamos e colaboramos con esta actvidade que serve para o encontro, achegamento e aprendizaxe mutua entre a mo-cidade e as persoas maiores.

Seminario final do Proxecto Symbios. Baixo o títu-lo Recomendacións para a planificación de políticas públicas a prol duns territorios inclusivos, celébrase o seminario final do proxecto Symbios.

Reunión coa Asesoría Xurídica. Encontro para revi-sar os diversos asuntos que están nas mans da asesoría xurídica neste momento, en relación coa defensa da profesión.

Formación sobre asembleas e reunións. Varias persoas vinculadas ao Ceesg asisten á formación orga-nizada pola UCETAG, para coñecer diferentes metodo-loxías para a mellora das reunións e asembleas.

Grupo de traballo da Xunta - ESGADI. Participamos semanalmente nas reunións do grupo de traballo para a elaboración da Estratexia Galega de Discapacidade, no que temos representación, e facemos achegas aos borradores aportados.

Escrito ao concello de Rianxo. En relación a unha praza de Educador/a familiar, solicitando que no pro-ceso selectivo se admita exclusivamente a titulación ou habilitación en educación social.

Achegas ao Plan Galego de Política Familiar 2015-2018. Revisamos e facemos observacións ás medidas que se traballan na Consellería de Traballo e Benestar para o apoio e atención ás familias.

Adhesión á campaña Paremos o feminicidio. Para a denuncia pública da desprotección que viven as mulle-res que sufren violencia machista.

Reunión da Xunta de Goberno. Xun-tanza de traballo e coñecemento en Man-zaneda, para a planificación de activida-des e liñas de actuación do Ceesg.

Achegas ao Master de Intervención Social. Fixemos chegar á Facultade de Ciencias da Educación as nosas observacións sobre a proposta de Master de Interven-ción Social, para que as inclúan nas alegacións que fagan ao mesmo.

Acto de graduación de Educación Social USC. Convídanos a participar no acto de Graduación da 3ª promoción de Educado-ras e Educadores Sociais graduadas/os da Universidade de Santiago de Compostela.

Reunión de coordinadoras de Grupos de Traballo. Para revisar temas comúns que afectan a todos os gru-pos. Revisarase o estado de cumprimento dos plans de traballo, orzamentos, protocolo de comunicación in-clusiva, accións conxuntas, e calendario de activida-des próximas.

Page 18: Boletín do Ceesg nº 93

Educador/a familiar. Rianxo. Técnico medio/a de educación. Arteixo. Educador/a familiar. Arteixo. Educador/a social. Santiago.

Docente de información xuvenil. A Coruña. Educador/a social. Sada.

Estas son as ofertas de emprego publicadas durante o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Prazas de persoas colaboradoras–bolseiras para as residencias xuvenís para o curso 2015/16. DOG 4/05/15 Corrección o 22/05/15. Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do coope-rativismo e a economía social. DOG 05/05/15 Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional para o desen-volvemento. DOG 6/05/15 Consellería de Traballo e Benestar: Programa Xuven-tude Crea. DOG 6/105/15

Consellería de Sanidade: Axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de in-corporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodepen-dencias da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 7/05/15 Consellería de Traballo e Benestar: Prazas nas residen-cias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2015/16. DOG 8/05/15 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria: Axudas económicas para o alumnado que reali-za formación práctica en centros de traballo. DOG 18/05/15

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Presidencia da Xunta de Galicia: LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. DOG 4/05/15

Formación

Obradoiro de intervención en patoloxía dual dende o ámbito socioeducativo Organiza: Sinerxxia. Data: 27 de xuño. Lugar: Ourense. Prezo: 60 €. Desconto do 20% ás persoas colexiadas no Ceesg. Máis información: http://ceesg.org/novas/904/formacion-desconto-obradoiro-intervencion-patoloxia-dual-dende-o-ambito-socioeducativo

Curso de Formación de Meiadoras de Redución de Riscos asociados ao consumo de Drogas Organiza: Asfedro. Datas: do 15 ao 18 de xuño. Lugar: Ferrol. Prezo Asalariadas: 15 €, Desempregadas: 10 €. Desconto do 20% para persoas colexiadas. Máis información: http://ceesg.org/novas/906/formacion-desconto-reducion-riscos-asociados-ao-consumo-drogas

Formación en infancia e desenvolvemento, intervención social, e animación e tempo libre Organiza: Xeibra xestión Datas: Aberto o prazo todo o ano, co prazo de un mes para a realización de cada curso. Lugar: En liña. Prezo: 1 curso: 60€. 2 cursos: 75€. 6 cursos 100€. Importantes descontos para persoas colexiadas. Máis información: http://ceesg.org/novas/907/formacion-desconto-cursos-infancia-intervencion-social-e-tempo-libre

Mindfulness e Gestalt… Camiños da conciencia Organiza: Centro de Psicología Humanista. Datas: 27 e 28 de xuño. Lugar: Cangas, Pontevedra. Prezo: Seminario: 120 €. Aloxamento por 70€ (habitación dobre ou individual) Desconto do 20% para persoas colexiadas. Máis información: http://www.gestaltgalicia.com/