boletín do ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. nós, as fiadeiras, temos...

8
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org 2001-2011 nº 54 - novembro 2011 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

2001-2011

nº 54 - novembro 2011 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Page 2: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

O Día Mundial da Educación Social tema do mes

FIADEIRAS EN MOVEMENTO

Dende hai tres meses un grupo de educadoras sociais comezamos a camiñar xuntas co obxectivo de in-tegrar a perspectiva de xénero fe-minista na praxe da nosa profesión e contribuír deste xeito, a evitar sesgos patriarcais que continúan perpetuando unha sociedade des-igual para mulleres e homes. O 16 de setembro presentamos en acto público ao grupo de traballo en Igualdade “Fiadeiras” que, como o seu propio nome indica, ten a vontade de tecer fíos violenta que estimulen unha transformación do mundo masculino singular. Neste día, demos a coñecer as principais liñas de actuación que Fiadeiras ía desenvolver ata decembro de 2011 e hoxe, xa nas portas do ano próximo facemos unha pequena revisión das diferentes accións emprendidas, destacando a celebración do I Ci-clo de Cine Feminista.esg, así como, dun foro de reflexión contra a violencia de xénero. No primeiro caso, o ciclo organizou-se entorno a tres eixes temáticos: Historia do Feminismo e Mulle-res para lembrar; Sexualidade e Xénero e Violencia de Xénero, este último coincidindo co mes de novembro. En liñas xerais, a pesar de que a participación non foi excesivamente elevada en cantidade, si o foi en calidade e as reflexións que puide-mos compartir con outras educado-ras que se animaron a participar na iniciativa foron moi positivas. De xeito que esta actividade terá con-tinuidade no plan de traballo que o grupo está a organizar nestes mo-mentos para o vindeiro 2012, por-que resulta imprescindible abordar o papel das mulleres no cinema, tanto cando son elas as que crean as diferentes películas coma cando son as protagonistas das historias que se contan. Neste ciclo de cine quixemos repen-sar dende a educación social cues-tión relacionadas coa construcción masculina da historia; a voz silen-

ciada de moitas mulleres ilustres e ilustradas que nos precederon na loita polos nosos dereitos como ci-dadás; a liberdade para decidir so-bre a nosa sexualidade e o noso cor-po; a violencia contra as mulleres coma un fenómeno sistémico e es-tructural, con especial atención ao que acontece nos contextos de gue-rra, á explotación e acoso laboral e finalmente, a prostitución como máxima expresión da escravitude en pleno século XXI. De igual maneira, o noso compro-miso coa mellora da praxe profesio-

nal en cuestión relacionadas coas desigualdades de xénero, levounos a artellar contando co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Ciencias da Educación de A Co-ruña e o propio Ceesg, un espazo de reflexións sobre educación e violen-cia de xénero: Educación e vio-lencia de xénero: Boas prácti-cas para a súa erradicación. A intención unha vez máis, buscar rutas alternativas á opresión de xénero e exemplos de boas prácti-cas dende a educación para a súa erradicación. Así, puidemos contar coa presenza de importantes nomes como Lola Ferreiro, Eva Moldes, Cristina Justo ou Natalia Domiguez. Ademais, as Fiadeiras estivemos presentes nunha das mesas redon-das e demos a coñecer o noso que-facer. Todas estas accións e moitas outras que virán en 2012 son imprescindi-bles en tanto que, o falso igualita-rismo está estendido en exceso na nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comunista

Alemán) que QUEN NON SE MOVE, NON SINTE AS CA-DEAS. Pero a pouco que nos mo-vamos, dámonos conta de que os cautiverios das mulleres dos que falara Marcela Lagarde seguen tendo vixencia a día de hoxe.

O caso é que as Fiadeiras sentimos esas cadeas e queremos romper con elas, por iso, a pesar que den-de algunhas esferas negan que sexa tempo de falar de igualdade porque xa todo está conquerido, queremos reivindicar que É TEM-PO DE FEMINISMO E TAMÉN DE EDUCACIÓN SOCIAL, hoxe máis ca nunca. Porque son tempos escuros os que vivimos e poden comprometer, senón loitamos, moitos dos avances que tanto cus-taron ás nosas nais, avoas, compa-ñeiras… Así, parapetados na crise financieira, os diferentes gobernos imprimen recortes que gardan mais relación con patróns culturais que serven ao sistema patriarcal que coa falta de financiamento. Cartos hai, o caso é para que e para quen. Sempre digo que estar mellor é algo relativo e nunca sinónimo de estar ben. Dende a nosa óptica queda moito por facer e precisa-mos discursos comprometidos máis alá do politicamente correcto. Que non sexa o mellor momento para falar de feminismo non significa que non sexa fundamental. Afor-tunadamente, pensar non custa cartos (non precisamos financia-mento) así que non permitamos que recorten tamén as nosas espe-ranzas dun mundo que non sexa masculino singular. Sempre hai alternativa, en tempos de crise debemos recuperar a creatividade loitadora.

Tania Merelas Iglesias

Coordinadora Grupo Fiadeiras

“Nós, as Fiadeiras, temos

claro como dicía Rosa

Luxemburgo (fundadora do

Partido Comunista Alemán)

que QUEN NON SE MOVE,

NON SINTE AS CADEAS”

Page 3: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

0 comic do ceesg

Que fas pola educación social?

Nestes momentos traballo nunha empresa que leva temas de asisten-

cia domiciliaria e as miñas funcións son: visitas a domicilios de persoas ás que lle foron concedidas axudas de dependencia, realización de infor-mes sociais, proxectos de interven-ción no domicilio, etc… como sabe-des é un campo moi dominado pola profesión de traballo social, de feito

hai certos problemas nalgúns conce-llos en canto a que unha educadora social firme informes sociais, segui-mentos, etc. Pero ao que ía, e respondendo un pouco así as preguntas seguintes; non me sinto moi identificada coa educación social neste posto de tra-ballo, entendo que é un traballo moi importante e necesario hoxe en día, pero eu como profesional síntome falta do carácter pedagóxico, da par-

ticipación social, e síntome no asistencialismo, igual se trata da forma de facer ás cousas ou que eu non é un ámbito de traballo no que me sinto cómoda, non sei aín-da levo pouco tempo e síntome algo confusa. En canto á relación co Ceesg, teño pouca máis ben, son receptora das súas mensaxes na web, facebook... e de vez en cando engadindo co-mentarios...pouco máis…

MARÍA BARREIRO DOMÍNGUEZ Colexiada nº 3249 Educadora Social nunha empresa de asistencia domiciliaria

Page 4: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

ACTUACIÓNS

Xuntanza do Ceesg con Paula Prado, Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego. Xirou entorno as seguintes cuestións: Presentación da Nova Xunta de Goberno do Ceesg e das súas propostas de traballo futuro; presentación do Grupo de Traballo en Igualdade de Ceesg "Fiadeiras", a figura da Edu-cación Social nos Centros Municipais de Información á Muller, CIM e posibles liñas de colaboración futuras, fundamentalmen-te: formación e publicacións. Tivo lugar o 7 de novembro e transcorreu de xeito moi positivo.

������������������������������������

Asistencia á presentación da reedición da obra "Los cautiverios de las mujeres. Madresposas, monjas, putas, presas y locas” por parte da Edi-torial horas y Horas. Tivo lugar na Libraría Lila de Lilth, o 14 de novembro, en conmemoración

do 20 ani-versario da súa primeira publicación. Aínda que inicialmente íase contar coa prensenza da autora Marcela Lagarde y de los de Ríos, finalmente foron Elena Lasheras Pérez, en representación da edito-rial, e a súa filla periodista quenes fixeron un resumo da historia da Editorial e da súa traxectoria e da obra da autora. Ademais falouse “da impor-tancia de gardar os sabe-res das mulleres, da súa creatividade disidente, e da historia dunha expropia-ción, a muller como acto para os outros”. O acto esti-vo moderado por Lola Fe-rreiro Díaz en representa-ción da libraria e contou cunha gran asistencia.

������������������������������������

Reunión da área de acción profesional e sociolaboral. Tivo lugar o 15 de novem-bro co motivo de avaliar as solicitudes realizadas para entrar nas listas de Educadores/as Sociais co-mo peritos xudiciais e ele-var posteriormente as pro-postas á Xunta de Goberno do Ceesg.

������������������������������������

A Xunta de Goberno Permanente reuniuse o día 18 de novem-bro para tratar temas pendentes, principalmente estudar a mellora nas canles de difusión das actuacións do Ceesg para mellorar a súa visibilidade, aprobación de listas de peritas/os xudiciais, e preparar a próxima Xunta de Goberno.

������������������������������������

Realización do Estudo dos datos das enquisas do Mapa de situación en Galicia por parte da área de acción profesional e sociolaboral do Ceesg. O obxecto da realización das enquisas foi coñecer o mapa da situación profesional e laboral da Educa-ción Social en Galicia, por este motivo as enquisas só se remiti-ron a persoas colexiadas residentes na Comunidade Autónoma.

Acordo da área de desenvolvemento profesional do Ceesg e a organización do I Congreso ACEDIGA (Asociación de Centros de día de Galicia): "Promoción para la autonomia", para que as/os colexiadas/os do Ceesg puideran beneficiarse dun 10% de reducción no prezo da matrícula. O Congreso tivo lugar o 18 e 19 de novembro de 2011. ��������� ��������� ��������� ���������

Presentación do Ceesg na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur da USC a cargo de representantes do mesmo, dentro do contexto da materia: Formación e Profesionalización en Educación Social, pertencente ao 2º Curso do Grao en Edu-cación Social. As sesións tiñeron lugar os día 3 e 7 de novem-bro, e tiveron coordinadas por Pablo Meira Cartea, docente da materia.

������������������������������������ Proxección do filme El secreto de Vera Drake, o 3 de novembro, pertencente ao monográfico Sexualidade e Xénero do I Ciclo de Cine Feminista organizado por Fiadeiras.

������������������������������������

Acordo entre o Ceesg e o IFIS, Centro de Formación de Grupo 5 para o desenvolvemento do Posgrao “Intervención Familiar no sistema de protección á in-fancia”. Despois de varios meses de traballo previo do Ceesg e da súa área de Desenvolvemento Profesiona,l , poñerase en mar-cha este posgrao que dará co-mezo o 27 de xaneiro e rematará en abril de 2012. Haberá dúas modalidades: semiprensencial e online.

������������������������������������

A área de desenvolvemento pro-fesional do Ceesg chegou a un acordo coa Fundación Juan So-ñador e a Fundación Pere Tarrés | Universidad Ramón Llull para que as colexiadas e os colexiados do Ceesg poidan benefi-ciarse dun 10% de desconto no custo da matrícula do "Máster Universitario Modelos y Estrategias de acción social y educativa en la infancia y la adolescencia" que desenvolverán este curso 2011-2012.

������������������������������������

Nova reunión da área de traballo Comunicación para tomar decisións de temas pendentes relativos a esta área e planificar novas accións. Tivo lugar o día 5 de novembro.

������������������������������������

Apoio á continuidade de Preescolar na Casa

Dende o Ceesg queremos dar todo o noso apoio á conti-nuidade de Preescolar na Casa, por elo levamos a cabo as seguintes accións: - Publicación da nova co noso apoio na páxina do Ceesg: http://ceesg.org/novas/221/apoio-preescolar-na-casa - Publicación do manifesto de Nova Escola Galega en apoio a Preescolar na Casa htt p: / /c e es g.or g/ no v as / 23 2/co nvoc a tor ia -n e g-participar-da-manifestacion-prol-da-continuidade-preescolar-na-casa - Publicación do Comunicado en apoio a Preescolar na Casa publicado na nosa web http://ceesg.org/novas/233/comunicado-do-ceesg-apoio-preescolar-na-casa, envíado ao propio PnC que o publicou: http://www.preescolarnacasa.org/blog/?p=1348 e envía-do a [email protected] - Incorporación ás firmas dos mails do Ceesg durante dúas semanas da petición: Recollida de Sinaturas online: «para a continuidade de Preescolar na Casa» http://www.peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=PnC2011 - Asistencia á Marcha a favor da continuidade de Preescolar na Ca-sa:Tivo lugar ás 12 horas e trans-correu pola Avenida Ramón Ferrei-ro ata a Fonte do Rei, onde se ato-pa a estatua de Antonio Gandoy. Acudiron en representación do Ceesg, Eva López Soto, Secretaria da Xunta de Goberno do Ceesg e Alberto Fernández San-mamed, Presidente do Consello Xeral de Colexios de Edu-cadores Sociais (CGCEES) e representante do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Page 5: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

ACTUACIÓNS compartiu mesa coa representante de Traballo Social e con-sisitiu en explicar estes Colexios Profesionais, como se posi-cionaban ante a violencia de xénero, que iniciativas se des-envolvían dende eles, e no caso do Ceesg, explicouse ade-mais o Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras como caso práctico destas iniciativas. Esta actividade resultou moi pro-veitosa para a visibilización do traballo do Ceesg e do seu Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras.

����������������������������

Acordo con Graó Editorial: A Área de Desen-volvemento profesional, con motivo da pre-sentación do libro de Jaume Funes: "El lugar de la infancia. Criterios para ocuparse de los niños y niñas hoy", no "Espazo de Encontro: Miradas educativas na intervención con Infan-cias en dificultade social", que o Ceesg realiza

o 17 de de-cembro en Lugo, acor-dou con Graó Editorial que aquelas persoas asis-tentes a esta formación, e que desexen mercar o li-bro poidan gozar dun 25% de desconto no seu prezo.

����������������������������

Asistencia á Asamblea

Xeral Ordinaria e Pleno de Unión Profesional de Galicia, da que o Ceesg forma parte, que tivo lugar o 29 de novembro.

Destacar destas convoca-torias o acordo da próxima realización de formación sobre peritaxe xudicial.

��������������������������������

Participación do Ceesg nas Xornadas de Portas Abertas da USC “ Hoxe Contamos Todos”: O alumnado de 2º de Educación Social solicitou a colaboración do Ceesg para participar destas xor-nadas. Nestas xornadas queren expoñer ao resto da comunidade Universitaria,

así como a todas aquelas persoas interesados, o campo de acción de todos os educadores e as educadoras sociais. As xornadas pretenden ser un espazo para a presentación do Ceesg, para aportar unha información profesional dunha charla/coloquio por parte do Ceesg, tendo en conta os ámbi-tos da Educación Social recollidos no Libro Blanco... Todo elo dun xeito dinámico e participativo, donde haxa lugar para as dúbidas e as suxestións. Tamén houbo espazo para levar a cabo unha sesión de videoforum na sesión de tarde das Xor-nadas. Acodiron Ramón Molina como responsable da Área de Comunicación e Eva López Soto, Secretaria da Xunta de Goberno do Ceesg, para quenes a expe-riencia resultou moi positiva e contribúe á visibilización do tra-ballo en prol da Educación Social do Ceesg.

Estes datos valoráronse a partires das enquisas enviadas por 135 persoas, das cales 117 foron mulleres e 18 de homes. Proximamente o Ceesg divulgará máis información sobre este estudo

������������������������������������

Xuntanza da Área de Desenvolvemento Profesional. A orde do día desta xuntanza foi o seguinte: Posgrao de Interven-ción Familiar no sistema de protección á infancia a realizar co IFIS de Grupo 5, determinar as accións a realizar para a súa difusión e revisión dos temas do posgrao; Espazo de Encontro: Miradas Educativas na intervención con infancias en dificultade social, a celebrar o 17 de Decembro de 2011; completar o plan de traballo de 2012 para colgalo na web; tomar decisións con respecto a Atendo Formación; outras cuestións dos membros da área. Tivo lugar o 23 de novem-bro.

������������������������������������

O 24 de novembro proxec-touse Grbavica dentro do ciclo de cine feminista or-ganizado por Fiadeiras, nesta ocasión baixo a te-mática da Violencia de Xénero.

������������������������������������

Participación de represen-tantes do Ceesg na xorna-da do día 25 das III Xorna-das "Educación e linguas en Galicia" da USC. Ade-mais, Duarte Crestar Pena participará dunha táboa redonda titulada "En Gale-go, sen complexos", e cunha exposición denomi-nada Coa Educación Social na Língua. Algúns dos obxectivos des-tas xornadas foron: recoñe-cer a existencia de prexuí-zos lingüísticos na socieda-de galega e no ensino e nos/as futuros/as ensinan-tes en particular; axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos a futuras/os docentes; aprender aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das lenguas e coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuí-zos lingüísticos tanto de Galicia como doutras comunidades. Tivo lugar no Sálón de actos da Facultade de CC. da Educa-ción do Campus Vida de Santiago.

������������������������������������

O 28 de novembro, Sofía Riveiro Olveira, en representación de Fiadeiras, participou no Curso de Formación “A Violencia de Xénero dende o Eido Social” organizado por Xarela-Formación, en Ourense, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violen-cia de xénero. Este curso estaba dirixido a profesionais do eido social (educadoras/es, traballadoras/es sociais, psicólogas/os, peda-gogas/os, mestras/es…). Na súa intervención

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Ceesg e dende o seu grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras levaránse a cabo diferentes actos, ademais de vir densenvolvendo o I Ciclo de Cine Feminista composto

polos mongráficos: Hª do Feminismo. Mulleres para sem-brar, Sexualidade e Xénero, e Violencia de Xénero, partici-pou no curso de Formación A Violencia de Xénero dende o eido social, o 25 de novembro difundiuse un Manifesto de Repulsa á Violencia de Xénero, que foi enviado a me-dios de prensa, radio e televisión, aos CIMS de Galicia, a entidades sociais, ás nosas e ás nosos colexiados/as, persoas achegas ao Ceesg, etc. Podedes consultar este manifes-to na nosa páxina páxina web http://ceesg.org/novas/234/manifesto-repulsa-violencia-xenero-fiadeiras e no noso face-book http://www.facebook.com/ceesg. O 30 organizaron na Coruña, en Colaboración coa Comisión de Cultura da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, un foro de Educación e Violencia de Xéne-ro. Finalmente estamos a piques que presentar a nova Ga-leduso: “Educación Social e Igualdade.”

Page 6: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

Algunhas obras que podedes atopar na biblioteca do Ceesg

Para ler e reflexionar...

INTERVENCIÓN CON MENORES. ACCIÓN SOCIOEDUCATIVA (Jasome Mondragón/Isabel Trigueros)

Esta guía parte do feito de que as conductas irregulares da xente nova son expresións do que as sociedade lle ten ofertado, por elo propón unha intervención promocional e preventiva, contextualiza-da, de reinserción, global, de traballo coas familias e coa rede de atención primaria para mellorar as súas condicións de vida. Para elo fai un percorrido pola metodología, os niveis de intervención, tipoloxía de situacións de risco social, necesidades e problemas das/os menores –especialmente nas educativas-, así como polas figuras profesionais que actúan neste eido, onde non podiamos faltar as educadores e os educadores sociais.

O PROXECTO FÉNIX. PROCESO DE DIAGNÓSTICO E ACTUALIZACIÓN DA ESTRATEXIA GALEGA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. DOCUMENTO DE SÍNTESE

(Pablo Meira Cartea / Miguel Pardillas Santiago -coord.-)

Esta obra colectiva trátase dunha publicación pioneira no contexto español ao da Educación Am-biental ao tratarse do primeiro diagnóstico exhaustivo da situación, a nivel da comunidade autónoma, dos diversos sectores que participan da Educación Ambiental: os/as educadores/as ambientais, os equipa-mentos para a Educación Ambiental, o sistema educativo, as adminstracións, os medios de comunicación, as asociacións ecologistas e ambientas e un estudio demoscópico sobre a percepción da Ecuación Ambien-tal por parte da población. A obra non se queda na análise senón que propón recomendacións, propicia a

sensibilización, o debate social.

AS QUE COMEN SILENCIOS, AS QUE TOMAN A PALABRA. VIVIR SIN VIOLENCIA

(Xunta de Galicia )

Esta obra é unha publicación que recolle a exposición do mesmo nome comisariada por Carlos Ro-són., e na que se trata de presentar o traballo desenvolvido por diversas mulleres artistas de orixe xeo-gráfica moi diversa pero que teñen en común buscar unha linguaxe propia e desmitificadora da tradi-ción e a reflexión sobre o corpo femenino, cousificado e obxecto de violencia. Todo elo prologado por Silvia García González que aporta claves sobre a alteridade, a identidade, o espazo doméstico, a re-construcción, o espello e o poder vivir sin violencia. Unha obra moi gráfica e suxestiva.

Avisos do ceesg

• A partir do 1 de xaneiro de 2012 todas as persoas colexiadas pasarán a incorporarse á base de difu-A partir do 1 de xaneiro de 2012 todas as persoas colexiadas pasarán a incorporarse á base de difu-A partir do 1 de xaneiro de 2012 todas as persoas colexiadas pasarán a incorporarse á base de difu-A partir do 1 de xaneiro de 2012 todas as persoas colexiadas pasarán a incorporarse á base de difu-

sión de avisos online do Ceesgsión de avisos online do Ceesgsión de avisos online do Ceesgsión de avisos online do Ceesg. Os avisos online son e-mails que o Ceesg envía periodicamente con información de actualidade e interese relativa aos campos de actuación da Educación Social e ás actuacións que o Ceesg leva a cabo. O obxectivo desta iniciativa e levar a cabo a maior difusión posi-ble das actuacións e accións do Ceesg.

Estes avisos serán enviados en galego agás que se solicite expresamente doutro xeito por parte das persoas colexiadas. O Boletín do Ceesg seguirase a envíar como ata o de agora en galego e caste-lán.

• Cotas bonificadas no próximo cobro de cota colexial.Cotas bonificadas no próximo cobro de cota colexial.Cotas bonificadas no próximo cobro de cota colexial.Cotas bonificadas no próximo cobro de cota colexial. A finais do mes de xaneiro procederase ao co-

bro do segundo semestre da cota colexial. As persoas que poidan beneficiarse dalgunha cota bonifi-cada poden enviar a documentación correspondente ata o día 27 de xaneiro (incluído). Máis info http://ceesg.org/o-ceesg/colexiacion

avisosavisosavisosavisos

Page 7: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

Próxima formación do ceesg

OBXECTIVO O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais pretende ofertar unha forma-ción actualizada e innvodora no ámbito da protección á infancia, desde unha óptica garantista dos seus dereitos, repensando e poniendo en cuestión e a debate os principios teóricos que guían o quehacer profesional desde os dife-rentes niveis do sistema de protección infantil desde unha perspectiva educa-tiva.

PERSOAS DESTINATARIAS A proposta diríxese fundalmente ás/ós educadoras/es sociais que están a tra-ballar nos diversos dispositivos socioeducativos: centros de día, dispositivos de conciliación, de tempo libre e ocio educativo, etc., aínda que está aberto a todos os e as profesionais e cidadanía en xeral que queiran participar coas súas achegas, así como ao estudantado de Educación Social.

PROGRAMA 9:30 Inauguración 10:30: Ponencia “Criterios para ocuparse da infancia na realidade actual” 12:30-14:30: Mesa redonda: “Revisión crítica dos criterios da protección en diferentes dispositivos dos sistema público” 16:30: Obradoiros simultáneos: 1. “Proposta de avances nos criterios de actuación dos Equipos Técnicos do Menor”. 2. “Proposta de avances no modelo de centros de protección”. 3. “Proposta de avances na intervención dos servicios sociais comunitarios”.

19:00 Lectura de conclusións. 19:15: Presentación do libro: “El lugar de la infancia. Criterios para ocuparse de los niños y niñas hoy” de Jaume Funes.

INSCRICIÓNS Podes descargar o tríptico completo na nosa páxina no enlace http://ceesg.org/novas/229/espazo-encontro-miradas-educativas-na-intervencion-infancias-dificultade-social e achegarnos a ficha de inscrición que contén por fax ou mail. Tamén podes inscribirte online na nosa páxina na sección de formación: http://ceesg.org/formacion/formacion-ceesg/inscricion-nos-cursos-actuais

Page 8: Boletín do Ceesg€¦ · nosa sociedade e da lugar ao inmo-vibilismo. Nós, as Fiadeiras, temos claro como dicía Rosa Luxemburgo (fundadora do Partido Comuni sta Alemán) que QUEN

formación

Novas dos boletíns

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Deputación Provincial A Coruña: Intervención Xeral 2011/15037. Subvencións concedidas no terceiro trimestre de 2011 aos concellos da provincia, para a contratación de animadores culturais. Convocatoria do 2011. BOP A Coruña 22/11/11

Consellería de Traballo e Benestar: ORDE do 2 de novembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a conce-sión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego. DOGA 09/11/11

Ministerio de Traballo e inmigración: Resolución de 18 de novem-bre de 2011, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se publica a distribución definitiva dos créditos adicionais previstos na Resolución de 7 de xuño de 2011, pola que se convocan subvencións de programas cofinanciados polo Fondo Europeo para os refuxiados e polo Fondo Social Europeo no exercizo 2011. BOE 22/11/11

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio: Orde ITC/3227/2011, de 18 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras da con-cesión de axudas para proxectos e actuacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións e a sociedade da información no marco da estratexia do plan Avanza2. BOE 25/11/11

Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade: Resolución do 25 de outubro de 2011, do Instituto da Xuventude, pola que se publi-can as axudas concedidas para a realización de actividades financiadas pola comisión europea no marco do programa de acción comunitario "a xuventude en acción". BOE 25/11/1

EMPREGO Concello de San Cristovo de Cea-Ourense: Auxiliar administrativo/auxiliar de animación sociocultural. BOP Ourense 23/11/11 e DOGA 23/11/11. Pendente publicación prazo de solicitudes no BOE.

LEXISLACIÓN

Ministerio de Economía e Facenda: Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Con-tratos do Sector Público. BOE 16/11/11 Ministerio de Traballo e Inmigración: Formación profesional para o emprego. Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas. Dirixidas a persoas novas desem-pregadas, con titulación universitaria e con idades comprendidas entre 18 e 35 anos. BOE 18/11/11 Ministerio de Educación: Orde EDU/3138/2011, de 15 de novembro, pola que se aproban os temarios que han de rexer nos procedementos de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades dos Corpos de Pro-fesores de Ensino Secundario e Profesores Técnicos de Formación Profesio-nal. BOE 18/11/11 Ministerio de Traballo e Inmigración: Real Decreto 1542/2011, do 31 de outubro, polo que se aproba a Estratexia Española de Emprego 2012-2014 BOE 19/11/11

CONCURSO

Deputación Provincial da Coruña: Bases consurso de deseño logotipo “Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero”. BOP A Coru-ña 25/11/11

Educador/a Social: Para centro de día en Redondela e para tare-fas de animación sociocultural. Búscase unha persoa con iniciativa, dinámica, agradable e con capacidade de traballo en equipo, e con experiencia previa dun ano. Profesor/a para cursos de igualdade e inserción laboral: Con experiencia docente e laboral nas materias, para Ribeira. Comerciais para sector de formación: Precísanse comerciais pa-ra o sector da formación gratuíta para a localidade de Pontevedra. Monitor/a: Para parque infantil en A Coruña. Docente intelixencia emocional e control do estrés: Requírese Máster en RRHH e/ou formación complementaria na temática, am-plos coñecementos do tema e experiencia previa como docente. Pa-ra Santiago de Compostela.

Monitor/a de Tempo Libre: Para traballo de coidado de nenas/os durante as actividades. Traballo nas fins de semana en Santiago. Requírese persoa con discapacidade. Para Ames. Director/a de Tempo Libre: Requírese persoa cun ano de expe-riencia como director/a de tempo libre en actividades con nenos/as e adolescentes. Para A Coruña. Monitor/a de Tempo libre: Experiencia en actividades de tempo libre con nenos/a e adolescentes. Para a Coruña. Xestor/a de formación virtual: Requírese 2 anos de experiencia en turorización on-line, xestión e administración de plataformas LMS: xestión de altas e baixas de usuarios/as, creación de plans de forma-ción, execución de informes de seguimento e avaliación, dinamización da plataforma, atención a usuarias/os. Para Oleiros, empresa de de-senvolvemento de ferramentas sociais e contidos multimedia.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

EMPREGO

Novas visións para a educación social: experiencias e retos de futuro

O 3, 4, e 5 de maio de 2012 temos unha cita coa nosa profesión en Valencia. Na web do congreso hai todo tipo de novas relativas á organización do Congreso. Tamén se pode participar a través dun foro, afiliarse a boletíns electrónicos... Neste momento está aberto o concurso “Eu irei a Valencia 2012”, que ten como premio a inscrición gratuíta no congreso. É moi doado participar e podedes facelo ata o día 30 de novembro, tamén podes votar no concurso! Por outra banda o pra-zo para a achega de comunicacións, posters … é do 31 de xaneiro ao 5 de marzo de 2012.

http://www.congresoeducacionsocial.org 3, 4 e 5 de maio - Valencia, 2012