atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

8
COMO ACHEGAR A FAUNA AO NOSO ENTORNO 1. Caixas niño Ocórrenseme tres grandes motivos para levar acabo esta actividade: Axudar ás aves, xa que moitas veces escasea os lugares onde aniñar. Colaborar, de xeito natural, a combater pragas de insectos, as aves insectívoras xa fan o traballo. E sobre todo.... marabillarnos e aprender coa súa presenza. Intentaremos atraer a estas dúas especies, xa que está comprobado que ocupan facilmente caixas niño. Non todas as aves teñen os mesmos “gustos”. Aínda así se chega outro “especimen diferente”, un pardal por exemplo, benvido sexa! Ferreiriño azul (foto: Isolino Pérez) Ferreiriño real (foto:Xacobo de Toro) 1

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Como facer caixas niño. materia didáctico para a ESO

TRANSCRIPT

Page 1: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

COMO ACHEGAR A FAUNA AO NOSO ENTORNO1. Caixas niño

Ocórrenseme tres grandes motivos para levar acabo esta actividade:

Axudar ás aves, xa que moitas veces escasea os lugares onde aniñar.

Colaborar, de xeito natural, a combater pragas de insectos, as aves insectívoras xa fan o traballo.

E sobre todo.... marabillarnos e aprender coa súa presenza.

Intentaremos atraer a estas dúas especies, xa que está comprobado que ocupan facilmente caixas niño. Non todas as aves teñen os mesmos “gustos”. Aínda así se chega outro “especimen diferente”, un pardal por exemplo, benvido sexa!

Ferreiriño azul (foto: Isolino Pérez) Ferreiriño real (foto:Xacobo de Toro)

1

Page 2: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

Hai DOUS MODELOS básicos de caixa niño, a tipo buzón e a de balcón. Sen dúbida é mellor a segunda, pero é preciso máis

maña, así que vos decidides, os e as mañosas...xa sabedes.

Fotos: Xacobo de Toro

2

Page 3: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

A continuación, as vantaxes e inconvenientes de ambas caixas....sen comentarios...

3

Page 4: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

INSTRUCIÓNS PARA FACER UNHA “ENVIDIABLE” CAIXA NIÑO

Elixide un dos modelos expostos arriba e empregade as medidas que alí indican, que son xa para pequenas aves como as que pretendemos “conquistar”. Para o buraco seguide as indicacións da táboa que ven máis abaixo, xa que en función do diámetro virán especies diferentes.

Se queredes que a Caixa sexa ocupada e que os seus inquilinos non sufran ningunha “traxedia”, seguide ao pe da letra estes consellos:

Non usar contrachapados ou aglomerados, están feitos para interior, e á intemperie inflarían coa chuvia. Usar sempre madeira resistente á humidade, como piñeiro ou carballo, chopo ...

Non lixar nunca, as pequenas imperfeccións serviranlles de apoio.

O grosor nunca inferior a un centímetro, é importante para a “climatización”. Recomendable de 2 cm

O buraco mellor redondo, unha broca é a mellor solución para facelo. O diámetro ten que ser o xusto, e dependerá do tamaño do paxaro, tedes as medidas e outros datos na táboa que segue.

Diámetro do buraco

Ubicación Material do niño

Nº de ovos

Incubación

Ferreiriño azul Parus caeruleus

27-28 mm xardíns

Musgo, plumas, ramiñas

..

9-1313-15 días

Ferreiriño real Parus major

32-34 mmCase

calqueira sitio

Musgo, plumas, ramiñas

..

7-1113-14 días

Opcional: aplicarlle un antimofo, so polo exterior. Ou aplicarlle un verniz de poro aberto ( que xa leva antimofo) ou aceite de liñaza. Ollo, se optamos polo verniz, que sexa ecolóxico!!!

De pintar a caixa, produtos nunca tóxicos, e cores que se camuflen co entorno. Outra alternativa é camuflalas con terra ou musgo.

Situar a caixa a salvo de depredadores, é dicir, a certa altura, entre 3 e 9 metros, e nunca sobre unha pola. Unha boa

4

Page 5: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

solución é colgala.

Nunca poñer posadeiro na caixa, é un punto de apoio para moitos predadores, que ás aves non o precisan para nada.

A orientación non ten excesiva importancia, pero se é posible ao sur.

Non molestar aos inquilinos, se non queremos que a nai abandone aos seus pequenos.

Deben colocarse moito antes da época de nidificación, para que as aves poidan habituase a súa presenza. Así que non desesperes, se non é este ano, será o que ven...

E non poñades moitas xuntas, xa que necesitan o seu territorio, e sobre todo na época de cría, que a comida non da para todos!

“Protexer ás aves, e non ás plantas, equivale a non facer nada” (Montaigne;). Vaia, que se ides instalar a caixa nunha árbore, non usar nunca cravos!, si que podedes usar alambre (de 5 mm de diámetro), pero haberá que cambialos cada ano para non estrangular á nosa amiga, e poñer ademais un tronco entre o alambre e a cortiza que actuará como almofada.

E xa de “postre”, para tentalos definitivamente, podemos procurarlles un valioso agasallo, e de paso usamos unha das tres erres, lembras?...REUTILIZAR, si, restos de la, pequenos anacos de tela, musgo seco, pelo da túa mascota (si, si, non

5

Page 6: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

vos riades, pero o que lle caia, nada de martirizar ao pobre amigo)...

E agora...a esperar e vixiar...pero ollo! Sen molestar

Se temos a sorte de que os nosos veciños quedaran cativados polas nosas dotes arquitectónicas, podemos pasar ao máis interesante, observalas, SEN MOLESTAR, e descubrir a súa intensa e interesante vida. Ademais de sentirnos estupendamente por ter axudado un pouquiño á súa conservación. Debuxaremos no caderno de campo un plano das caixas niño numeradas para facer o seguimento, anotaremos entón as nosas observacións, como:

Transporte de material para o niño. Quen fai cada cousa, o pai, a nai, ambos? Cantos poliños saen e canto tardaron en saír? Cando empezan a voar? Cantos quedan?, comportamentos Escoitar o reclamo da prole. Tipo de alimentos que lles levan

os pais.

Grazas a persoas coma ti, sábese moito máis da bioloxía destes animais

NON ESQEZAS que as caixas teñen un mantemento, hai que limpalas por dentro unha vez ao ano, por suposto, cando non as estean empregando, en decembro por exemplo. É importante que estean limpas se queremos que volvan a ser habitadas e os poliños se críen nunha caixa libre de infeccións.

Enlaces de Vídeos e imaxes;

Preme aquí para ver unhas imaxes de ferreiriño real alimentándose

Preme aquí para ver un vídeo dun ferreiriño real alimentándose

MOITA SORTE AMIG@

FEITO con fines educativos por:

Belén L. Arenal Xacobo de Toro

FOTOGRAFÍAS:

Xacobo de Toro Isolino Pérez

VIDEOS:

Xacobo de Toro

DEBUXOS:

Pierre Deom

BIBLIOGARFÍA:

6

Page 7: Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño

Deom, Pierre. Revista nº 9 El Cárabo.

CPN. Cajas nido. La gaceta de las madrigueras.

Grup Ecoloxista Xoriguer. Manual par

construir cajas nido y otros artilugios similares.

Rhuí y Vidal, Albert. La naturaleza en tu jardín. Ed. Brau

Créditos:

Materiais didácticos elaborados por Belén Arenal e Xacobo de Toro. Ferebiro do 2011.

Enfocado a rapaces de ESO

7