as competencias bÁsicas

37

Upload: maria-franco

Post on 10-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

As 8 competencias básicas

TRANSCRIPT

Page 1: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 2: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A Comisión Europea de Educación, ante a necesidade de crear un marco educativo

común, estableceu unhas competencias clave ou destrezas básicas necesarias para a

aprendizaxe das persoas ao longo da vida e animou os estados membros a dirixir as súas

políticas educativas nesta dirección.

As competencias básicas concíbense como o conxunto de habilidades cognitivas,

procedimentais e actitudinais que poden e deben ser alcanzadas ao longo da ensinanza

obrigatoria por todo o alumnado, respectando as características individuais. Estas

competencias son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o

seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e

o emprego.

O desenvolvemento das competencias básicas debe permitirlles aos estudantes integrar

as súas aprendizaxes, poñéndoos en relación con distintos tipos de contidos, utilizar eses

contidos de maneira efectiva cando resulten necesarios e aplicalos en diferentes

situacións e contextos.

De acordo co disposto na LOE, as competencias básicas forman parte das ensinanzas

mínimas da educación obrigatoria, xunto cos obxectivos de cada área ou materia, cos

contidos e cos criterios de avaliación. Polo tanto, non substitúen os elementos que

actualmente se contemplan no currículo, senón que os completan formulando un

enfoque integrado e integrador de todo o currículo escolar.

Establecéronse oito competencias básicas:

- Competencia en comunicación lingüística.

- Competencia matemática.

- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

- Tratamento da información e competencia dixital.

- Competencia social e cidadá.

- Competencia cultural e artística.

Page 3: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para aprender a aprender.

- Autonomía e iniciativa persoal.

Estas competencias básicas non son independentes unhas das outras, senón que están

entrelazadas. Algúns elementos delas compleméntanse, entrecrúzanse ou tratan

perspectivas complementarias. Como norma, cada unha das áreas ha contribuír ao

desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias

básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

Unicamente deste xeito se pode garantir que as aprendizaxes colaboren efectivamente

ao desenvolvemento das competencias, na medida en que se integren na estrutura global

do coñecemento e se facilite a súa aplicación a unha ampla variedade de situacións.

Page 4: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

COMPETENCIA ÁREAS IMPLICADAS

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN

LINGüÍSTICA

• Lingua Galega Literatura • Lingua Castelá Literatura • Lingua Estranxeira

COMPETENCIA MATEMÁTICA

• Matemáticas.

• Coñecemento do Medio Natural, Social e

Cultural

• Lingua /lengua

COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA

INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO

• Coñecemento do Medio Natural, Social e

Cultural.

• Matemáticas

• Lengua /lingua

• Lingua estranxeira

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E

COMPETENCIA DIXITAL

• Todas as áreas

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

• Coñecemento

• Lingua/lengua

• Lingua estranxeira

• Educación artística

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

• Educación Artística.

• Coñecemento do Medio Natural, Social e

Cultural.

• Lengua/lingua

• Lingua estranxeira

• Educación física

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

• Todas as áreas

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

• Todas as áreas

Page 5: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 6: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia en comunicación lingüística.

O desenvolvemento da competencia lingüística é clave para aprender a convivir, pois

nela susténtase a resolución pacífica de conflitos.

Cando sabemos comunicar somos quen de establecer lazos con outras persoas e mesmo

podemos achegarnos á cultura propia e a novas culturas que adquiren así consideración

e afecto na medida en que as coñecemos. Comunicarnos en linguas estranxeiras vainos

esixir asemade posuír capacidades como a mediación e a comprensión intercultural

Con esta competencia contribúese á creación dunha imaxe persoal positiva e

foméntanse as relacións construtivas cos demais e co contorno.

Refírese á utilización da linguaxe como instrumento tanto de comunicación

oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.

Implica asemade o uso funcional de , polo menos, unha lingua estranxeira.

• Lingua Galega e Literatura • Lingua Castelá e Literatura • Lingua Estranxeira

Page 7: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A- Expresión de ideas, sentimentos, opinións e necesidades de xeito

coherente

• En galego • En castelán

B- Utilización da linguaxe para establecer vinculos e relacións constructivas e afectivas cos demais e co entorno, así como para a resolución pacífica de conflictos e o achegamento a novas culturas .

C- Uso de diversas formas de discurso en función da intención comunicativa (diálogo, conversación, exposición, debate, etc.), respectando as normas que facilitan a comunicación( aspectos culturais, convencións sociais..) e adaptándose ó contexto.

D- Interpretación e utilización correcta das diversas manifestacións de linguaxe non verbal que acompañan ó discurso oral..

E- Demostración de que sabe ser un bo oínte: escoita, respecta os turnos de palabra, ten en conta outras opinións distintas a propia, con sensibilidade e espíritu crítico, acompaña a escoita coa linguaxe non verbal axeitada...

F- Uso gramaticalmente correcto da lingua(artigos, concordancias, tempos verbais..).

G- Comprensión das ideas expresadas en textos orais

� En castelán � En galego

H- Coñecemento e valoración das variantes do galego propias da súa zona.

1- FALAR E ESCOITAR

Page 8: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A- Lectura de textos coa articulación , ritmo e entoación axeitados e

de xeito comprensivo e expresivo.

B- Comprensión do sentido global dun texto.

C- Extracción de información específica acerca dun texto lido.

D- Búsqueda, recomplilación e procesamento da información .

E- Aceptación da lectura coma unha fonte de enriquecemento

persoal, de búscqeda de información e de disfrute, tanto dentro coma

dora da aula.

A- Coñecemento e utilización correcta das principias regras

ortográficas e gramaticais que rexen a lingua

� En galego

� En castelán

B- Redacción de textos breves coa grafía adecuada, os sinos de

puntuación correspondentes e as palabras separadas.

C- Escritura , con certa corrección , de diversos tipos de texto,

descripcións, narracións, diálogos, cartas... usando o máis axeitado en

función da intencionalidade comunicativa ou creativa.

D- Interese pola claridade, a orde e a limpieza das produccións

escritas propias .

2- LER

3- ESCRIBIR

Page 9: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A- Adquisición do vocabulario necesario para entender o idioma e

expresarse nel a un nivel básico e funcional.

B- Coñecemento dalgunha das principais regras da gramática e da

ortografía inglesa.

C- Participación efectiva, de xeito oral, en situacións comunicativas

cotiáns( saudar, dar e pedir informació, indicar direccións,

descripcións de persoas e lugares...).

D- Comprensión do sentido global dun texto sinxelo escrito na lengua

estranxeira.

E- Extracción de información específica dun texto dado.

F- Recoñecemento da grafía do vocabulario aprendido e comprensión e

aceptación das diferentas entre o inglés e o castelán ou o galego no

tocante a correspondencia son-grafía.

G- Producción de frases e textos sinxelos na lingua estranxeira, adaptados

o seu nivel e facendo uso correcto das normas ortográficas e

gramaticais aprendidas .

H- Actitude positiva cara a aprendizaje da lingua estranxeira , mostrando

interese e motivación e entendendo a importancia do inglés na

sociedade actual.

I- Coñecemento dos principias rasgos da cultura dos países de fala

inglesa, actitude de recpecto e tolerancia cara eles.

4- USO FUNCIONAL DUNHA LINGUA ESTRANXEIRA

Page 10: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 11: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia matemática.

O desenvolvemento da competencia matemática vainos facilitar a produción e a interpretación

de informacións cuantitativas e espaciais da realidade que nos rodea; de tal xeito que nos

capacita para a resolución de problemas relacionados coa vida diaria e o mundo laboral.

Refírese á habilidade para utilizar números e as súas operacións básicas, os

símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para producir e

interpretar as informacións do contorno, para ter un coñecemento máis completo

da realidade e para proporcionarnos estratexias de resolución de problemas

aplicables a calquera circunstancia.

• Matemáticas.

• Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural .

• Lingua galega e literatura

• Lingua castelán e literatura

Page 12: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A-Realización de aperacións matemáticas básicas

B-Desarrollo de estratexias para a resolución de cálculo de operacións

C-Realización de cálculos mentais sinxelos, de xeito áxil e eficaz

A. Comprensión e resolución de problemas referidos a unha situación real,

aplicando pertinentemente a necesaria operación de cálculo matemático.

B. Formulación de problemas reais

C. Expresión correcta dos resultados obtidos na resolución de problemas

A. Coñécemento, comprensión e utilización dos números - asociación de número e cantidade

- conta de xeito ascendente e descendente

- lectura e escritura de cantidades coñecendo o valor

posicional de cada número

- seriaciones

- relaciones de orden y de equivalencia

1- CÁLCULO

2- RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

3- EXPRESIÓN NA LINGUAXE MATEMÁTICA

Page 13: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

B-Análise de situacións desde o punto de vista matemático

- Razoamento

- Deducción

- Clasificación

- Organización da información

C-Recollida, presentación e interpretación de información referida a situacións da

vida cotián: táboas, diagramas, códigos, gráficas, planos)

D- Realización de medicións escollendo entre as unidades de medida corporais e

instrumentais dispoñibles . Expresión correcta das medicións realizadas indicando a

unidade utilizada: tempo, espazo, lonxitude...

E- Recoñecemento e descrición de corpos e formas xeométricos do entorno

póximo, coñecendo algunha das súas propiedades

F- Trazado, con certa corrección das formas planas

G- Identificación en planos e graficas de diferentes situacións espaciais: arriba/

abaixo; dereita/ esquerda; dentro/ fora...

H- Coñecemento da moeda e as súas equivalencias, sabendo usalas en situacións

reais.

I- Recoñecemento da importancia das matemáticas, valoración da súa utilidade

prácitca para a resolución de problemas da vida real e a comprensión do mundo que

nos rodea .

Page 14: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 15: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia no coñecemento e na

interacción co mundo físico.

A competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico vai ser o eixo que nos

facilitará a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e as actividades de

mellora e preservación da propia vida e da do resto das especies.

En concreto refírese a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus

aspectos naturais como nos xerados pola acción humana

• Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.

• Matemáticas

• Lingua galega e literatura

• Lingua castelá e literatura

• Lingua estranxeira

Page 16: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Habilidade para desenvolverse con autonomía e seguridade no espazo inmediato

(moverse nel, resolver problemas, afrontar situación novas, etc.).

B. Coñecemento da influenza das actividades humanas no contorno: asentamentos,

actividades, paisaxes, etc.

C. Valoración e contribución á conservación do medio natural e da súa diversidade.

D. Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sostible e práctica de hábitos

de consumo responsables.

E. Interese por coñecer e preservar o medio natural da súa localidade.

F. Realización de aportacións á mellora da calidade de vida propia e colectiva (saúde

física e mental, hábitos, etc.) mediante a aplicación dos coñecementos obtidos.

G. Coñecemento do corpo humano e do seu funcionamento.

H . Coñecemento do mundo físico.

1. ÁMBITO FÍSICO

Page 17: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Comprensión dos fenómenos naturais mediante a posta en práctica dos distintos

coñecementos científicos adquiridos.

B. Valoración dos beneficios que conleva o desenvolvemento e valoración da

investigación científica como constructora de coñecemento.

C. Desenvolvemento da curiosidade para observar e comprender a realidade.

D. Planificación e manexo de solucións de económicas e eficaces na realización das

súas tarefas cotiás.

2. ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

Page 18: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 19: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Tratamento da información e competencia

dixital .

O desenvolvemento desta competencia vainos posibilitar a comunicación e a

transmisión de información en distintos soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías

da información e da comunicación como un elemento esencial .

Esta competencia fai referencia ás habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a

información e transformala en coñecemento.

Inclúe aspectos diferentes que van desde o acceso e selección da información ata o seu

uso e transmisión en distintos soportes.

• Todas as áreas.

Page 20: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Coñecemento de distintos medios e estratexias de procura de información.

B. Capacidade de seleccionar a información máis importante e pertinente.

C. Utilización de diversos sistemas de organización e rexistro da información obtida:

cadernos, esquemas, índices, ficheiros, anotacións, etc.

D. Procesamento da información incluindo relacionala, analizala, sintetizala e

comprendela.

E. Técnicas de representación e comunicación da información en diversos soportes e

medios.

F. Dominio de linguaxes específicas básicas en que podemos atopar a información

(textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora).

G. Desenvolvemento dunha actitude crítica e reflexiva ante as mensaxes que recibe e

elabora.

1. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Page 21: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Uso dos recursos tecnolóxicos para resolver problemas reais.

B. Dominio de distintas ferramentas tecnolóxicas (ordenador, internet, medios

audiovisuais, etc.).

C. Manexo de estratexias para identificar e resolver os problemas habituais de software

e hardware que vaian xurdindo.

D. Valoración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no tratamento da

información, pero entendendo que non substitúen o proceso cognitivo persoal.

E. Aproveitamento dos recursos tecnolóxicos para ampliar o medio físico, social e

cultural en que actuamos.

F. Utilización responsable das novas tecnoloxías (no tempo de lecer, protección de

datos en liña…).

2. COMPETENCIA DIXITAL

Page 22: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 23: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia social e cidadá.

A adquisición desta competencia capacítanos para poñernos no lugar das outras persoas, aceptar

as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e

colectiva dos outros seres humanos

Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo no que se

vive e exercer a cidadanía democrática. Incorpora formas de comportamento individual que

capacitan as persoas para convivir nunha sociedade cada tros seres humanos.

vez máis plural, relacionarse cas demais persoas, cooperar, comprometerse e afrontar os

conflitos.

• Coñecemento do Medio Narural, Social e Cultural

• Lingua galega e literatura

• Lingua castelá e literatura

• Lingua estranxeira

• Educación artística

Page 24: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A . Capacidade de coñecerse e valorarse a si mesmo e de relacionarse cos demais

B. Habilidades para afrontar conflictos persoais ou interpersoais (diálogo,

dramatización, etc)

C. Capacidade de traballo en equipo

D. Valoración dos traballos dos seus compañeiros e dos seus propios

E. Respeto, reflexión e interiorización das normas de convivencia da sociedade

F. Coñecemento e respeto polos seus dereitos e deberes

G. Actitude construtiva, solidaria e responsable ante o cumprimento dos dereitos e

obrigas cívicas.

A . Adopción de comportamentos e actitudes democráticas

B. Participación de forma activa e responsable na acadación e cumprimento das

normas das e das tareas do seu grupo (familia, escola, comunidade, etc)

1 .HABILIDADES SOCIAIS PARA CONVIVIR EN SOCIEDADE

2. PARTICIPACIÓN NA VIDA CÍVICA E SOCIAL

Page 25: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

C. Coñecemento, valoración e respeto polas tradicións e xogos do seu entorno, e

participación activa nos xogos e festas tradicionais: Nadal, entroido, etc

D. Actitude respetuosa e receptiva ante os aspectos sociais, culturais e lingüísticos

doutros países ou comunidades

E. Respeto, tolerancia e solidaridade hacia todo tipo de crenzas, ideas, culturas,

relixions...

F. Contribución á conservación do seu entorno máis cercano escola, barrio,

comunidade, e do medio ambiente en xeral

A. Coñecemento do seu propio territorio e das condicións socioeconómicas

B. Coñecemento da organización dos grupos sociais do seu entorno: familiar, social,

político...

C. Coñecemento dos rasgos xerais da organización da súa localidade, Comunidade

Autónoma e do seu país

D. Coñecemento, valoración e respeto hacia os elementos do patrimonio, cultural,

histórico e artístico da súa comunidade e a súa propia lingua como rasgo de identidade

persoal.

E. Coñecemento e interpretación dos principais acontecementos históricos

3. COMPRENSIÓN DA REALIDADE HISTÓRICA E SOCIAL DO MUNDO ACTUAL E A SÚA EVOLUCIÓN.

Page 26: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 27: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia cultural e artística.

Desenvolver esta competencia vainos capacitar para apreciar e comprender distintas formas de

manifestacións artísticas e culturais.

Refírese á valoración crítica das diferentes manifestacións culturais e artísticas, o que nos

permitirá utilizalas como fonte de goce e enriquecemento persoal e axudaranos a

consideralas como parte do patrimonio cultural dos pobos.

• Educación Artística.

• Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.

• Lingua Castelá e Literatura.

• Lingua Galega e Literatura.

• Lingua estranxeira

• Educación Física

Page 28: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Desenvolvemento de actitudes de percepción e valoración da orixinalidade nas

artes.

B. Respecto e posta en valor da diversidade cultural.

C. Identificación das diferentes manifestacións artísticas das épocas da historia da

humanidade.

A. Nomea os elementos presentes nas obras artísticas: forma, cor, e elementos do son.

(Materias)

B. Identifica os códigos, técnicas e estilos dentro das obras artísticas. (Procedementos)

C. Amosa disposición, planifica criterios propios e combina os elementos coñecidos

para producir obras orixinais que plasmen as súas vivencias, ideas e sentimentos.

D. Reproduce, individualmente ou en grupo, danzas, ritmos e melodías cantadas ou

instrumentadas.

1. COMPRENSIÓN E APRECIACIÓN DA ARTE

2. COÑECEMENTO E USO DOS ELEMENTOS E TÉCNICAS ARTÍSTICAS

Page 29: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Amosa interese pola vitalidade cultural do seu contorno.

B. Recoñece a música popular galega e comproba o uso común dos ritmos, cancións e

melodías que lle son propios.

C. Participación nas diferentes manifestacións artísticas dentro do contexto escolar.

D. Aprecia o valor da transmisión xeracional da cultura popular.

E. Emprega o seu contorno como fonte de inspiración para as súas expresións plásticas.

3. AS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS PROPIAS E UNIVERSAIS COMO ENRIQUECEMENTO E GOZE PERSOAL

Page 30: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 31: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia para aprender a aprender.

Esta competencia vainos capacitar para prolongar as aprendizaxes ao longo de toda a

vida, e así poderemos desenvolvernos mellor ante as incertezas, porque seremos quen de

buscar respostas lóxicas e diversas.

Aprender a aprender supón iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuala de

maneira autónoma. Supón tamén poder desenvolverse ante as incertezas tratando de

buscar respostas que satisfagan a lóxica do coñecemento racional. Implica admitir

diversidade de respostas posibles ante un mesmo problema e atopar motivación para

buscalas desde diversos enfoques metodolóxicos.

• Todas as áreas

Page 32: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A . Consciencia do que pode facer por si mesmo e do que pode facer coa axuda dos

demais.

B. Coñecemento do propio corpo, das súas posibilidades e limitacións.

C. Capacidade de drescripción tanto do seu físico coma da súa persoalidade e dos seus

gustos e aficións.

D. Identificación e verbalización de emocións e sentimentos propios e alleos.

A . Adopción de actitudes positivas cara o esforzo persoal.

B. Demostración de interese e gusto polo traballo ben feito.

C. Valoración da regularide e da constancia no traballo diario.

D. Motivación (intrínseca) e curiosidade por aprender e por mellorar.

E. Realización de actividades que impliquen esforzo e traballo persoal (memorización).

F. Interiorización de actitudes coma a superación persoal.

1. APRENDER A COÑECERSE A SI MESMO

(Ser consciente das propias capacidades: intelectuais, emocionais e físicas)

2. VALORAR O ESFORZO E A MOTIVACIÓN

(Capacidades que entran en xogo na aprendizaxe: atención, concentración,

memoria, comprensión e expresión, motivación…)

Page 33: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

G. Distinción entre tempo empregado nunha tarefa e grao de éxito na consecución da

mesma.

A. Adquisición de hábitos para mellorar a atención e a comprensión.

B. Coñecemento e utilización de diversas fontes e recursos de información.

C. Desenvolvemento de técnicas para aprender, organizar, memorizar e recuperar a

información. (Realización de resumos, esquemas ou mapas mentais)

D. Utilización dos coñecementos adquiridos en situacións diferentes (xeralización)

E. Análise e avaliación dos acertos e erros cometidos no proceso de aprendizaxe.

F. Verbalización do proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se

aprendeu.

3. ADQUIRIR HÁBITOS DE TRABALLO INTELECTUAL

(Estratexias e técnicas de estudio).

Page 34: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Page 35: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Autonomía e iniciativa persoal.

Cando falamos de autonomía e iniciativa persoal referímonos á posibilidade de optar con

criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver a opción elixida e

facerse responsable dela, tanto no ámbito persoal como no social ou laboral.

• Todas as áreas

Page 36: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Desenvolvemento de hábitos básicos de higiene e saúde corporal con autonomía.

B. Aceptación da importancia de incorporar a vida cotiá hábitos de alimentación

axeitados e saudabeis.

C. Recoñecemento da importancia da adopción de hábitos de descanso saudabeis.

D. Adopción dunha axeitada higiene postural.

E. Utilización adecuada da vestimenta atendendo a climatología e as actividades que se

realicen (Saídas extraescolares, Educación Física…)

F. Uso responsable dos útiles persoais e dos espazos comúns do centro e tamén do

entorno.

G. Recoñecemento dos efectos beneficiosos da actividade física na saúde.

H. Utilización correcta e respectuosa do contorno, adoptando medidas de seguridade e

de prevención de accidentes.

1. AUTONOMIA E HÁBITOS

Page 37: AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A. Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto: deseño dun plan de

acción, toma de decisións, actuación, avaliación e valoración das posibilidades de

mellora.

B. Integración en proxectos de traballo en equipo, sendo capaz de seguir as normas do

grupo.

C. Adquisición de coñecementos e busqueda de solucións a partir da exploración e da

indagación.

D. Demostración de actitudes persoais de perseveranza e responsabilidade.

E. Desenvolvemento de actitudes sociais como o respecto aos demais, o dialogo, o

agradecemento, a cooperación e o traballo en equipo valorando positivamente o traballo

cooperativo na realización de proxectos.

F. Imaxinación de proxectos e posta en práctica das accións necesarias para poder

desenvolvelos transformando as ideas en accións (reelaborar pensamentos previos para

chegar a novas ideas)

2. INICIATIVA E TOMA DE DECISIÓNS