“caracterizaciÓn morfolÓxica e multiplicaciÓn...

7
INFORME DA ACTUACIÓN CIAM/01/2016 “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN DE NOVAS VARIEDADES DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á CONSERVACIÓN, USO E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DOS RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA INFORME DE RESULTADOS INTRODUCIÓN A conservación de ecotipos e variedades locais é crucial, xa que os cultivares altamente mellorados e modernos estanos a remprazar, o cal é unha ameaza que provoca erosión xenética. Para a maioría das especies cultivadas, a perda de variabilidade xenética comeza tan pronto como comeza o proceso de domesticación. Os miles de ecotipos e variedades locais orixinados pola selección dos agricultores representan unha gran fonte de diversidade, particularmente para alelos de interese agrícola e adaptacións locais, como por exemplo caracteres de calidade, tolerancia ou resistencia a estreses bióticos e abióticos. En España pódese atopar unha gran variedade de rexións agro-climáticas e polo tanto, heteroxeneidade dos ecotipos e liñas locais adaptadas e moi diversas fenotípicamente. No ano 2014, fíxose dende o CIAM unha prospección de material vexetal de cultivares tradicionais de horta galegos. Entre todas as novas accesións, houbo 10 variedades ou ecotipos de cebola. Era necesario facer un estudo morfolóxico de estas novas variedades, mediante a súa caracterización fenotípica, así como a posterior selección para a multiplicación de semente e a súa conservación no banco de xermoplasma. Esta caracterización é necesaria tanto para evitar duplicidades con variedades xa existentes no banco, como para atopar caracteres de interese en novas variedades que poidan ser introducidas no mercado, así como a recompilación de datos de variedades que poidan atoparse en risco de erosión xenética. METODOLOXÍA Material vexetal Para a caracterización das novas variedades, foi necesario a obtención previa dos bulbos, para posteriormente seleccionalos e conservalos para a obtención de semente. O material vexetal empregado, neste caso sementes, foi recollido no ano 2014 en diferentes explotacións de toda Galicia. En concreto, foron 10 as accesións que entraron a formar parte do Banco de Xermoplasma de Hortícolas do CIAM: Nome da variedade Nº de recollida Lugar de recolección Cebolín 5 Arante - Arante - Ribadeo Cebola de Piñeira 10 Barreiro – Piñeira - Ribadeo Cebola plana 17 Grove – Santa María de Vilamor - Mondoñedo Cebola de Betanzos 21 A Angustia – San Pedro das Viñas – Betanzos Cebola Chata de Barizo 35 Porto de Barizo – San Pedro de Barizo - Malpica Cebola Redonda 38 Cores – San Martiño de Cores - Ponteceso Cebola Chata 58 Caleiro – Santa Maria de Caleiro – Vilanova de Arousa Chata de Miño 65 Ponte lago – San Pedro de Quembre – Carral Cebola de Betanzos 66 Geixade – Santa María de Sarandóns - Abegondo Cebola Chata 93 San Sadurniño

Upload: others

Post on 10-Jun-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

INFORME DA ACTUACIÓN CIAM/01/2016

“CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN DE NOVAS VARIEDADES DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA”

SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á CONSERVACIÓN, USO E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DOS RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA

INFORME DE RESULTADOS

INTRODUCIÓN

A conservación de ecotipos e variedades locais é crucial, xa que os cultivares altamente mellorados e modernos estanos a remprazar, o cal é unha ameaza que provoca erosión xenética. Para a maioría das especies cultivadas, a perda de variabilidade xenética comeza tan pronto como comeza o proceso de domesticación. Os miles de ecotipos e variedades locais orixinados pola selección dos agricultores representan unha gran fonte de diversidade, particularmente para alelos de interese agrícola e adaptacións locais, como por exemplo caracteres de calidade, tolerancia ou resistencia a estreses bióticos e abióticos. En España pódese atopar unha gran variedade de rexións agro-climáticas e polo tanto, heteroxeneidade dos ecotipos e liñas locais adaptadas e moi diversas fenotípicamente.

No ano 2014, fíxose dende o CIAM unha prospección de material vexetal de cultivares tradicionais de horta galegos. Entre todas as novas accesións, houbo 10 variedades ou ecotipos de cebola. Era necesario facer un estudo morfolóxico de estas novas variedades, mediante a súa caracterización fenotípica, así como a posterior selección para a multiplicación de semente e a súa conservación no banco de xermoplasma.

Esta caracterización é necesaria tanto para evitar duplicidades con variedades xa existentes no banco, como para atopar caracteres de interese en novas variedades que poidan ser introducidas no mercado, así como a recompilación de datos de variedades que poidan atoparse en risco de erosión xenética.

METODOLOXÍA

Material vexetal

Para a caracterización das novas variedades, foi necesario a obtención previa dos bulbos, para posteriormente seleccionalos e conservalos para a obtención de semente. O material vexetal empregado, neste caso sementes, foi recollido no ano 2014 en diferentes explotacións de toda Galicia. En concreto, foron 10 as accesións que entraron a formar parte do Banco de Xermoplasma de Hortícolas do CIAM:

Nome da variedade Nº de recollida Lugar de recolección Cebolín 5 Arante - Arante - Ribadeo Cebola de Piñeira 10 Barreiro – Piñeira - Ribadeo Cebola plana 17 Grove – Santa María de Vilamor - Mondoñedo Cebola de Betanzos 21 A Angustia – San Pedro das Viñas – Betanzos Cebola Chata de Barizo 35 Porto de Barizo – San Pedro de Barizo - Malpica Cebola Redonda 38 Cores – San Martiño de Cores - Ponteceso Cebola Chata 58 Caleiro – Santa Maria de Caleiro – Vilanova de Arousa Chata de Miño 65 Ponte lago – San Pedro de Quembre – Carral Cebola de Betanzos 66 Geixade – Santa María de Sarandóns - Abegondo Cebola Chata 93 San Sadurniño

Page 2: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

Cultivo

O cultivo das diferentes variedades de cebolas, fíxose no exterior, en parcelas individuais formadas polo menos por 100 plantas, xa que para á caracterización morfolóxica son necesarios 60 bulbos.

A sementeira fíxose en bandexas de alveolos con turba e perlita, a principios de febreiro, para ser transplantadas a principios de maio. A parcela acolchouse, despois de facer o laboreo e o abonado de fondo necesarios, con plástico negro. O marco de plantación foi de 0.20x0.20 cm.

As prácticas culturais foron as habituais do cultivo, e incluiron regos, tratamentos funxicidas e herbicidas e escardas manuais.

No mes de setembro levouse a cabo a recolleita dos bulbos, para pasalos a secar durante 2 semanas.

Page 3: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

Caracterización

A caracterización das variedades fíxose sobre 60 bulbos de cada unha delas, empregando os descritores tanto do International Plant Genetic Resources Institute (IPGRI) como os da Unión Internacional para la Protección de las Obtenciones Vegetales (UPOV). Do IPGRI empregáronse 6 descriptores de bulbo e da UPOV empregáronse 17 descriptores de bulbo. Na Tabla 1 están resumidos os 13 caracteres de bulbo máis importantes.

Conservación

Unha vez caracterizadas as variedades, fíxose unha selección de bulbos. Estos bulbos pasáronse a conservar en cámara fría a 4º, para poder ser empregados no ano seguinte para a obtención de semente.

RESULTADOS

Caracteres resultantes

Tabla 1

Forma da sección lonxitudinal: 7 Rómbica; 8 Elíptica transversal media; 9 Elíptica transversal estreita Forma do extremo do talo: 2 Plano; 3 Lixeiramente prominente Forma do extremo da raiz: 2 Plana; 3 redonda Cor da pel seca: 4 Marrón claro; 5 Marrón; 6 Marrón oscuro Cor da pulpa: 1 Branca Adherencia da pel seca: 5 Media; 7 Forte

VARIEDADES

Caracteres C5 C10 C17 C21 C35 C38 C58 C65 C66 C93 Forma da sección lonxitudinal 7-8 8 9 9 9 9 8 9 8 8 Forma do extremo do talo 2-3 3 2 2 2 2 2 2 2 3 Forma do extremo da raiz 2-3 2 2 2 2 2 2 2 2 2 Cor da pel seca 6 6 5 4 5 4 4-5 5 4-5 6 Espesor da pel seca mm 0,056 0,046 0,042 0,039 0,035 0,04 0,043 0,038 0,047 0,038 Cor da pulpa 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Peso gr 54,30 233,60 154,90 179,80 56,00 118,00 121,10 115,60 186,50 157,30 Altura cm 3,69 5,66 3,95 4,11 2,95 3,61 4,32 3,65 4,53 4,39 Diámetro cm 5,05 8,34 7,96 8,20 5,61 7,11 6,66 7,17 8,11 7,65 Altura/Diámetro 0,73 0,68 0,50 0,50 0,53 0,51 0,65 0,51 0,56 0,58 Ancho do colo cm 1,21 1,95 1,53 1,69 1,05 0,80 1,38 1,06 1,69 1,74 Adherencia da pel seca 7 7 5 5 5 5 5 5 5 7 Nº de puntos vexetativos/Bulbo 1,14 2 1,2 2,2 1,4 1,33 1,2 1,8 1 2,8

Page 4: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

Variedades

C5 Cebolín

C10 Cebola de Piñeira

C17 Cebola Plana

Page 5: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

C21 Cebola de Betanzos

C35 Chata de Barizo

C38 Cebola Redonda

Page 6: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

C58 Cebola Chata

C65 Chata de Miño

C66 Cebola de Betanzos

C93 Cebola Chata

Page 7: “CARACTERIZACIÓN MORFOLÓXICA E MULTIPLICACIÓN ...ciam.gal/sp/actividadesrecursosfitoxeneticos/pdf/IFCIAM...DE CEBOLA (Allium cepa) DE GALICIA” SUBMEDIDA M10.2.2 DE APOIO Á

Mabegondo, 10 de outubro de 2016

O Investigador O Director do CIAM

Alfredo Taboada Arias Manuel López Luaces