ano xxxi - nÚmero 222 marzo - abril 2013 · - bailadela da morte ditosa (1992. ) - agasallo de...

36
ANO XXXI - NÚMERO 222 marzo - abril 2013

Upload: dinhminh

Post on 13-Feb-2019

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ANO XXXI - NÚMERO 222 marzo - abril 2013

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

A M E N C E R

editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

subdirector:JUAN J. MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

redactor xefe:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

consello de redacciónLUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 3º ESOJOSE G. DE OROZCO D., 2º ESOADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 222marzo - abril

2013

taboleiro

. tapa: Día das Letras Galegas

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. orixe do Día das Letras Galegas, 3

. autores homenaxeados, 5

. Roberto Vidal Bolaño, 6

. falamos con... Francisco Piñeiro González, 9

. a carón do lume, 16

. colaboración, 18

. follas novas, 27

. faise saber... 28

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Amencer cumpre neste mes de abril os trinta e unanos de andaina. A finais de abril do ano 1982 vía a luz onúmero cero. Hoxe estamos no número douscentos vinte edous.

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día dasLetras Galegas do ano 2013 a Roberto Vidal Bolaño. Autorque, segundo a Academia, «é considerado un dos drama-turgos europeos máis importantes do último cuarto do séculoXX» e tamén di que «é indiscutible a importancia da figurade Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego».

Nós queremos unirnos á homenaxe que Galicia enteiralle está a tributar a Roberto Vidal Bolaño e por iso lleadicamos varias páxinas da nosa revista.

Por outra banda, queremos aproveitar a ocasión parasolicitar o Día das Letras Galegas de 2014 para o poetaXosé María Díaz Castro xa que, no vindeiro ano, se cumprenos cen anos do seu nacemento. Aínda que ten unha obrapoética non moi ampla porque, segundo nos dixo el: "Des-de hai bastantes anos son autocrítico, e non me gustapublicar cousas que eu non vexa que teñen a altura sufi-ciente para levalas á imprenta. Isto influíu, o ser esixentecomigo mesmo", ten unha altura suficiente para que sexamerecedor do Día das Letras Galegas.

Xosé María Díaz Castro, na opinión da maioría dosexpertos e dos críticos literarios, é un dos mellores poetasde Galicia, é unha das mellores voces poéticas deste paísdos dez mil ríos.

a redacción

- 3 -

A M E N C E Rletras galegas 2013

O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas.Esta celebración naceu porque moitos escritores galegos tiñan a idea dedicar undía a festexar e difundir a obra literaria escrita en galego, como se fai cada ano o23 de abril co Día do Libro (día no que se conmemora o pasamento deCervantes). Trataban de buscar unha data significativa e axeitada. E esta dataatopárona no 17 de maio, día que figura na dedicatoria que Rosalía de Castro llefai a Fernán Caballero do libro Cantares Gallegos. Neste ano 2013, cúmprenseas cento cincuenta primaveras da súa publicación.

O vinte de marzo de 1963, tres académicos numerarios: Manuel GómezRomán, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego -a idea partiude Francisco Fernández del Riego- presentaron na Real Academia Galega aproposta da celebración anual das Letras Galegas. O mellor xeito de conseguiloera declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. De ter eco aproposta, debía darse a coñecer o acordo académico, en nota oficial, pedindo acolaboración de todas as institucións culturais de Galicia e de todos os CentrosGalegos do mundo. Velaquí o texto da proposta:

"Con motivo de se celebrar no presente ano o centenario dapublicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, osmembros numerarios que subscriben someten á consideraciónda xunta xeral da Academia Galega, a proposta que sigue :

1. Todos sabemos que o libro rosaliano editado en 1863foi a primeira obra mestra coa que contou a literatura galegacontemporánea. A súa aparición veu a darlle prestixio univer-sal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Repre-senta, pois, un fito decisivo na historia da renacencia culturalde Galicia.

Rotulou:. ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

- 4 -

A M E N C E R letras galegas 2013

A proposta foi aceptada por unanimidade na Xunta Xeral Ordinaria daReal Academia Galega, celebrada o 28 de abril de 1963. O Ministerio de Infor-mación e Turismo deulle tamén a súa aprobación. Desde aquela quedouinstitucionalizado o 17 de Maio como Día das Letras Galegas e, cada ano, aproposta da Real Academia Galega, fáiselle a homenaxe a un escritor.

.2. A celebración do centenario deste acontecemento

convida a considera-lo significado da mensaxe transmiti-da nos Cantares. Unha mensaxe que, tanto como espíritoe pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi,esteticamente, unha mensaxe de palabra e de poesía.

3. Velaí por qué, ademáis dos actos conmemorati-vos que se organicen para reactualizar na conciencia dasxentes a aceptación de tal mensaxe, a Academia -comoórgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con ca-rácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha ce-lebración anual.

4. O mellor xeito de conseguilo sería que acordasedeclarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cadaano, a partir do presente. Contaríase así, para o porvir,cunha xornada oficialmente adicada a honra-los nosos li-bros. De cada ano viría a se-la data destinada a recolle-lolatexo da actividade intelectual galega.

5. Ninguén descoñece que o libro ten unha forza sim-bólica extraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora donivel cultural dos pobos, non é de estrañar o afán deesparexelo e de abrirlle camiños para o ámbito dos seuslectores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitadapara enaltecer e difundi-lo libro aquí producido que a queconmemora a publicación da obra coa que se encetou oprestixio contemporáneo das letras galegas.

6. De atopar eco no acordo dos numerarios da cor-poración o contido desta proposta, cumpría dalo a coñeceren nota oficial, recabando a colaboración dos centrosculturais de Galicia e a de tódolos centros galegos do mun-do, para procuralo éxito consagratorio da celebración".

- 5 -

A M E N C E Rletras galegas 2013

1963: Rosalía de Castro1964: A. Daniel Rodríguez Castelao1965: Eduardo Pondal1966: Francisco Añón1967: Manuel Curros Enríquez1968: Florentino López Cuevillas1969: Antón Noriega Varela1970: Manuel Villarades1971: Gonzalo López Abente1972: Valentín Lamas Carvajal1973: Arcebispo Lago González1974: Xoán V. Viqueira López1975: X. Manuel Pintos Villar1976: Ramón Cabanillas1977: Antón Villar Ponte1978: Antón López Ferreiro1979: Manuel Antonio1980: Alfonso X, O Sabio1981: Vicente Risco1982: Amado Carballo1983: Manuel Leiras Pulpeiro1984: Armando Cotarelo Valledor1985: Antón Lousada Diéguez1986: Aquilino Iglesia Alvariño1987: Francisco Herrera Garrido1988: Ramón Otero Pedrayo

BRAULIO AMIEIRO CASABELLA, 3º ESOJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

Rotulou:. DIEGO CORNIDE YANES,3º ESO

1989: Celso Emilio Ferreiro1990: Luís Pimentel1991: Alvaro Cunqueiro Mora1992: Fermín Bouza Brei1993: Eduardo Blanco Amor1994: Luís Seoane1995: Rafael Dieste1996: Xesús Ferro Couselo1997: Anxel Fole1998: Martín Codax, Johan de

Cangas e Mendinho1999: Roberto Blanco Torres2000: Manuel Murguía2001: Eladio Rodríguez2002: Frei Martín Sarmiento2003: Antón Avilés de Taramancos2004: Xaquín Lorenzo2005: Lorenzo Varela2006: Manuel Lugrís Freire2007: María Mariño2008: Xosé Mª Alvarez Blázquez2009: Ramón Piñeiro López2010: Uxío Novoneyra2011: Lois Pereiro2012: Valentín Paz Andrade2013: Roberto Vidal Bodaño

- 6 -

A M E N C E R letras galegas 2013

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das LetrasGalegas do ano 2013 a Roberto Vidal Bolaño, xa que se cumprían ensetembro os dez anos do seu pasamento.

Segundo a Real Academia Galega, Roberto Vidal Bolaño "éunha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatrogalego e, xa que logo, do noso sistema literario" e a súa produciónliteraria estivo "sempre orientada a armar un edificio teatral galegoperdurable". Pero ¿quen foi Roberto Vidal Bolaño?

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela o trintae un de xullo de mil novecentos cincuenta. No teatro, foino todo: autor,director, actor, escenógrafo, iluminador...

En 1974, fundou con Laura Ponte a compañía Teatro Antroidoque perdura ata comezos da década dos noventa. Participou taménna cooperativa de Teatro do Estaribel. En 1991 creou a compañía oTeatro do Aquí que dirixe ata a súa morte ocurrida en Santiago deCompostela o once de setembro de dous mil dous.

Rotulou:BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

- 7 -

A M E N C E Rletras galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño colaborou co Centro Dramático Galego,fixo guións para a TVG e TVE e participou como actor en varias se-ries de televisión coma Mareas Vivas, Los Pazos de Ulloa, BrigadaCentral. Tamén actuou en películas coma Sempre Sonxa (1989), Anoiva de medianoite (1997), A lingua das bolboretas (1999)...

Para a Real Academia Galega, a produción de Roberto VidalBolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa linguagalega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, quecontribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua.Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. To-dos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupa-ción pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popu-lar, literaria e histórica, social e política (...) É considerado un dostraumaturgos europeos máis importantes do último cuarto do sécu-lo XX".

A SÚA OBRA TEATRAL:

- Laudamuco, señor de ningures (1977).- Ledaíñas pola morte do Meco (1977).- Bailadela da morte ditosa (1992. )- Agasallo de sombras (1992)- Cochos (1992)- Días sen groria (1992)- Saxo tenor (1993)- Touporroutou da lúa e do sol (1996)- Doentes (1998)- A ópera de a patacón (1998)- Rastros (1998)- Mar revolto (2001)- Animaliños (2003)- Integral (2003)- A burla do galo (2004)- As actas escuras (2005)

A M E N C E R

- 8 -

letras galegas 2013

- Obras Completas (2013) Vol. I

Tamén escribiu un ensaio: Perspectivas do teatro galego acutal,publicado en 1998.

PREMIOS:

Varios foron os premios e distincións que Roberto Vidal Bolañoacadou. Entre eles cómpre salientar:

* O Premio «Abrente» en 1976, 1978 e 1980* Mención honorífica no Premio «O Fracho» en 1977 e 1979* Medalla de Ouro - Premio cidade de Valladolid en 1983-1984* Premio «Rafael Dieste» en 1992 e 1997* Premio «Alvaro Cunqueiro» en 1991* Premio «Camiño de Santiago» en 1992* Premio «Compostela» en 1992* Premio «María Casares» en 1999, 2001 e 2003* Premio «Eixo Atlántico» en 2000* Premio «Max de Teatro» en 2001

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

A M E N C E R

- 9 -

falamos con...

Rotulou:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

«Os dez anos de repouso oficial serviránpara purificar a obra de Roberto VidalBolaño e para honralo como un dos pais doteatro profesional galego»

«A súa obra, sen dúbida,seguirá contribuíndo ánormalización da nosa linguae á formación dunhaconciencia crítica colectiva»

FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ, mestre e escritor

- 10 -

A M E N C E R falamos con...

- Que lle parece que lle dediquen odía das Letras Galegas a Roberto VidalBolaño?

- O feito de que na nosa terra non exis-ta costume de recoñecer e agradecer envida o valor cultural dos traballos realizadospor determinados persoeiros, ademais deingratitude, reflicte unha mentalidade colec-tiva escasamente habituada a resolverdiverxencias para avanzarmos xuntos. Ditoisto, alédome moito de que os dez anos derepouso oficial serviran para purificar a obrade Roberto Vidal Bolaño e para honralo comoun dos pais do teatro profesional galego.

- Que importancia tivo e ten RobertoVidal como actor,autor, director, ... no tea-tro galego?

- Roberto Vidal Bolaño é un

Alédome moitode que os dez

anos derepouso oficial

serviran parapurificar a obra

de RobertoVidal Bolaño e

para honralocomo un dospais do teatro

profesionalgalego

Francisco Piñeiro González naceuno Reguengo (Mondoñedo) en1956. É mestre, escritor, fundadore director de varios grupos teatraisna Mariña de Lugo, onde reside.Ten acadado varios premios tantono eido do xornalismo, coma noeido teatral ou no eido da narrativae mesmo na poesía.Ademais é contacontos, conferen-ciante e promotor cultural, sempredun xeito altruísta.

- 11 -

A M E N C E Rfalamos con...

autodidacta, un cineasta teatral cunhacreatividade orientada ó mundo doaudiovisual por iso as súas pezas rachancoas atumes dos decorados e aterran nomundo dos non afortunados onde,mesturando con sabedoría a tradición po-pular coas esencias da literatura clásicagalega, enxendrou personaxes comprome-tidas, dispostas a revira-la situaciónsociopolítica na que lle tocou viviu coa es-peranza de que o mundo ofrecese soluciónsás súas necesidades vitais e ás do pobogalego como colectividade. Orfo dun apoiosignificativo do mundo teatral, azoutado po-los devaneos das produtoras audiovisuaisda TVG, remprendeu a loita, non exenta deenfrontamentos, e retornou ó teatro para seconvertir no gladiador que xunto con ManuelLourenzo e con Euloxio R Ruibalconseguiron a meta desexada: aprofesionalización do teatro .

Roberto VidalBolaño é unautodidacta, uncineasta teatralcunhacreatividadeorientada ómundo doaudiovisual

Retornou óteatro para seconvertir nogladiador quexunto conManuelLourenzo e conEuloxio RRuibalconseguiron ameta desexada:aprofesionalizacióndo teatro .

Debuxo de:ADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

- 12 -

A M E N C E R falamos con...

En compensación a tan grande com-promiso, a súa literatura e as súas montaxesacadaron merecidos premios e loubanzasque, a pesares dos silenzos forzados,conseguiron que Vidal Bolaño sexa eterna-mente recordado como un dos grandesdamaturgos galegos.

-Que características definen a súaobra?

- As características da obra teatral bense poden tirar da resposta anterior. Ensíntese serían:

* Teatro entendible e aberto ó diálogoco público.

* Dignificación da cultura popularfalando en presente.

* A capacidade de denuncia social, etc.

- Segundo a súa opinión, quevixencia conserva a súa obra naactualidade?

- Salvo aspectos puntuais e algunhasobras cunha temática específica, a obra deVidal Bolaño non só permanece vixentesenón que reforza a necesidade dunhasimbiose actor- espectador que radiografiea esperpéntica situación que nos tocou vi-vir. A súa obra, sen dúbida, seguirácontribuíndo á normalización da nosa linguae á formación dunha conciencia crítica co-lectiva.

- Cal foi a principal aportación de Ro-

Encompensación

a tan grandecompromiso, asúa literatura e

as súasmontaxesacadaron

merecidospremios e

loubanzas que,a pesares dos

silenzosforzados,

conseguironque Vidal

Bolaño sexaeternamente

recordado comoun dos grandes

damaturgosgalegos.

- 13 -

A M E N C E Rfalamos con...

berto Vidal Bolaño á cultura de Galicia?

- A súa defensa e compromiso coalingua galega e a posta en práctica dun diá-logo entre a tradición culta e a popular. Comoel dicía : "fago teatro para os que non van óteatro "

- Cre que a súa figura está suficien-temente recoñecida e valorada? Porque?

- Unha das variables que indica o graode recoñecemento dunha figura literaria éa popularidade dos seus traballos napoboación. Coido que ,agás a xente rela-cionada co mundo teatral, desgraciadamen-te non hai moitos que coñezan a súa obra.Agardemos que se aproveite este empuxedas Letras Galegas para que non sexa flordun ano e perdure viva a súa obra comounha mostra máis da nosa riqueza cultural.

A principalaportación deRoberto VidalBolaño á culturade Galicia foi asúa defensa ecompromisocoa linguagalega

- 14 -

A M E N C E R falamos con...

- Como ve o momento actual da cul-tura galega?

- É palpable que padecemos a enésimainvolución cultural. Somos a madeixa dePenélope e seguirá sucedendo así mentresas manifestacións culturais dependan dosdevaneos políticos e non agromen connaturalidade dos alicerces do pobo. O de "ser ou non ser", sentir ou non sentir o nosocomo algo tan válido coma o de fóra xa nondebería admitir discusión.

- E do teatro?

- O teatro afeccionado foi e seguirásendo "Ave Fénix".Ó longo da historiaespecializouse en actos benéficos, recauda-dor de fondos para hospitais , para colecti-vos desfavorecidos, traxedias, etc.. polo queen épocas de crise sobrevive e volta ás súasorixes, ás entranas do pobo, algo que o poboagradece. Hoxendía está medrando anecesidade de teatro mais as condiciónseconómicas poida que asfixien a flor do tea-tro profesional. Unha mágoa.

- Vostede que proxectos teatrais tenentre máns?

- Cada ano debo surtir con novas pezasos catro grupos de teatro que dependen damiña escrita. Nestas datas estou escribindoa terceira delas. Mentres están agardando oslibros "Lembranzas musicais do Valadouro"

O teatroafeccionado foi

e seguirá sendo"Ave Fénix

Hoxendía estámedrando a

necesidade deteatro mais as

condiciónseconómicas

poida queasfixien a flor

do teatroprofesional

- 15 -

A M E N C E Rfalamos con...

do que xa teño rematadas máis de cenpáxinas e tamén espera o seu turno un librode investigación literaria que demostra aexistencia dalgún persoaxe real protagonis-ta nunha peza teatral de Álvaro Cunqueiro.

- Non cre que hai que achegar máiso teatro á xente? Como?

- Por suposto. Dende hai quince anos,data da creación do noso grupo O Bordelo,na Mariña produciuse unha efervescenciateatral: creáronse outros oito grupos,realízanse mostras cunha afluencia de pú-blico que oscila das catrocentas ásnovecentas personas, algo impensable haianos. A única razón desta popularidade estána conexión do noso tipo de teatro co públi-co, é dicir que a xente se sinta identificada erepresentada polos actores do escenario.

Escolleu as preguntas:

DANIEL DÍAZ VILLAMEL , 2º ESO

A única razóndestapopularidadeestá naconexión donoso tipo deteatro copúblico, é dicirque a xente sesintaidentificada erepresentadapolos actoresdo escenario.

Debuxo de:ADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

- 16 -

A M E N C E R a carón do lume

Rotulou:LUIS TORREIRA GARCÍA , 4º ESO

refráns

* Nenos mimados, nenos tiranos.* Carnaval na rúa, Semana Santa na casa.* Ao ferreiro da maldición se non lle falta o ferro, fáltalle o car-

bón.* Pai empresario, fillos estudiantes e netos mangantes* O viño é coma o amor: canto máis vello, mellor.* O meu enemigo que veña ó muíño.* Pola miña casa, eu ben sei o que pasa na do veciño.* Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.* Unha mentira ben composta vale moito e pouco custa.* O raposo sabe máis por vello que per raposo.* Maio pardo e san xoán claro valen máis que as súas mulas e o

seu carro.* En xaneiro, boas cuncas de caldo no pucheiro.

Recollidos por MANUEL VIGO CHAO, na súa barbaría preto de Fontevella en MONDOÑEDO.

A M E N C E R

-1 7 -

a carón do lume

Teño que ir ó Conde Santo,teño que ir e mais non vou;pola falta do diñeiromoita máis xente quedou.

Ao gaiteiro da Toxeiratodos lle mandan tocar, pero nonhai quen lle digaque lle dean de fumar.

Recollidas por MANUEL VIGO CHAO, na súa barbaría preto de Fontevella en MONDOÑEDO.

Din que Zoñan é feoporque non ten balcóns,pero ten boas mozasque rouban os corazóns

Hoxe é luns, mañá é martes;cuarta feira logo vén;domingo tárdabe un anopor ver a quen quero ver

Recollidas en ZOÑAN (Mondoñedo) porJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO,

a quen llas dixo súa avoa Victoria López.

cantigas

adiviñas

* Alto estou, barbas teño e se me río, pero o que teño

* Unha cousa, toda a noite mirando cara arriba, agardando quelle meten un cacho de carne viva.

* Unha cousiña redondiña, moi encaleada: non ten furado ninventana.

Recollidas en ZOÑAN (Mondoñedo) porJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO,

a quen llas dixo súa avoa Victoria López.

(o ovo)

(o zapato)

(o ourizo)

A M E N C E R

- 18 -

colabora-

ción

O M U Í Ñ O

O dicionario define o muíño como o aparello empregado paramoer certos produtos coma os cereais, as olivas... Por extensión,tamén se chama muíño ó edificio no que está instalado este aparello.

Na arquitectura popular galega, o muíño ten un papel importanteporque o gran foi un elemento fundamental e, polo tanto, o muíño tivounha relevancia evidente.

A finalidade máis común e xeneralizada é a de moer o gran paraconvertelo en fariña. Pero hai outros muíños como os do aceite ou osde moer a cortiza de carballo e da aciñeira ou os de moer o vidro.

Por outra banda, o muíño é un espazo no que as relacións sociaisforon moi importantes e foi lugar e obxecto dun folklore e dunha litera-tura popular moi abundante. É máis, deu orixe a un baile popular: amuiñeira.

Dende o punto de vista lingüístico, o muíño ten importancia polagrande variedade nas denominacións tanto dos elementos construtivoscoma dos mecánicos.

En Galicia, os primeiros muíños atopados datan do Neolítico, osegundo período da prehistoria cando se traballa a pedra pulimenta-

Rotulou:CRISITAN CORNIDE YANES , 4º ESO

A M E N C E R

- 19 -

colaboración

da, cando se desenvolve a agricultura e a gandeiría. Isto vai dar lugaró sedentarismo e áorganización en pobodados estables. Eran muíñosde man chamados chairos ou naviformes. Estaban constituídos porunha pedra cuadrangular e curva, que se colocaba no chan, e por uncilindro, tamén de pedra, que, movido coas mans trituraba os cereaisou as landras contra a pedra. A fariña obtida era basta e de malacalidade.

Na época da chegada dos romanos, comezou a empregarse ochamado muíño circular de man. Este muíño constaba de dúas rodasde pedra colocadas unha enriba doutra. A de abaixo é fixa e a dearriba, móbil. A roda superior móvese manualmente por medio dunpao cravado nela. A fariña, que se obtiña, pouco mellor era que a domuíño de man chairo ou naviforme.

Estes muíños de man circulares, na alta Idade Media, aumenta-ron de tamaño e pasaron a ser movidos por auga. Este tipo de muíñoshidráulicos son os maior presenza en Galicia. Estes muíños podenser de dous tipos: muíños de río e muíños de maré.

MUÍÑOS DE RÍO

Como xa se dixo, este tipo de muíños son froito da evolución domuíño circular de man ó aumentar de tamaño. En Galicia aparecennos séculos XI e XII, anque parece que xa eran coñecidos no século I.

Os muíños de río, segundo as características da roda, poden

Debuxou:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ , 2º ESO

chairo

muíño circular de man

A M E N C E R

- 20 -

colaboración

ser de rodicio ou de acea ou bruia. Os de rodicio coa roda motrizhorizontal son os máis antigos e abundantes. Os de bruia teñen aroda motriz vertical.

En canto á propiedade dos muíños, hainos de propiedade par-ticular dunha persoa que moía para os outros. Neste caso o muiñeirocobraba a maquía, unha parte do gran. Estes chámanse muíños demaquía. Outros muíños eran de parceiros nos que a propiedadepertence a varios veciños, que adquiren o dereito de uso participan-do na construción e no mantemento do muíño. Cando os donos sonmembros dunha mesma familia os muíño chámanse de herdeiros.Nestas dúas últimas formas de propiedade o uso do muíño era porroldas ou quendas.

Os muíños de río teñen unha presa -tamén chamada guiar ouceña que é onde se almacena e se desvía a auga do río, que é levadapola gavada (gavia ou loada) ata o muíño onde entra a través da canleque remata nun billote (billa ou bofetón) que consiste nun burato demadeira, pedra o metálico que se pode abrir ou pechar desde o inte-rior do muíño. Polo billote sae a auga que fai xirar o rodicio.

O edificio do muíño é máis ou menos grande en función daspezas de moer que teña. Polo xeral, son edificios rectangulares conparedes de cachotería de granito ou xisto sen revestir. A cuberta, cunhaarmazón de madeira, pode ser de lousa ou de tella e pode estar adúas, tres ou catro augas.

A cada lago da porta de entrada pode haber uns pousadoirosque consisten nunha peza de pedra que sae da parede uns trinta oucincuenta centímetros e que serve para poñer os sacos de gran.

No interior do muíño, de abaixo para arriba, hai os seguinteselementos:

1) Inferno: é o lugar onde está o rodicio. Está formado por catroparedes laterais. Unha delas ten un pequeno oco onde está o billote ea outra, chamada sartén, ten un oco ou varios para que saia a augadespois de mover o rodicio.

A M E N C E R

- 21 -

colaboración

2) Rodicio: é o elemento que pon en movemento a peza demoer. Pode ser de madeira ou de ferro e ten unhas aspas en formade culler (chamadas penas) que están dispostas radialmente. Candocae a auga nelas pon o rodicio en movemento. Un eixe é o que trans-mite o movemento á peza de moer.

3) Tremiñado: está situado enriba do inferno. É o espazo ondeleva a cabo a moenda.

4) Peza de moer: ten varias partes. A moega é unha caixa demadeira con forma de pirámide invertida, que está aberta pola partesuperior e é por onde se bota o gran que se vai moer. Na parte infe-rior, ten unha apertura pequena por onde cae o gran nunha cale demadeira chamada quenlla ou adella. Esta é a que regula a caída dogran cara o ollo da moa situado no centro, mediante o troquete.

5) Pé: o pé é unha gran pedra redonda, que está fixa, sobre aque se coloca a moa, outra pedra tamén de forma circular, pero de

1) pao de moega. 2) garabato. 3) espicela, 4) moega. 5) quenlla. 6) tarabela ou carraca. 7)moa. 8) ollo. 9) posadoiro. 10) sentadoiro. 11) trabe do aliviadoiro. 12) aliviadoiro. 13) pau doaliviadoiro. 14) farneiro. 15) pé. 16) cubo. 17) espera. 18) canle. 19) cargadeiro. 20) beo ou eixe.21) árbol. 22) argolas. 23) pau da porca. 24) aro das penas. 25) rodicio. 26) cabazo. 27) vara. 28)pena. 29) pexadoiro. 30) aguillón. 31) porca. 32) culler das penas. 33) billa ou billote.

A M E N C E R

- 22 -

colaboración

menor tamaño é móbil. O moa ó xirar desfai o gran contra o pé. Tantoo pé como a moa teñen uns canaliños por onde sae a fariña que vaicaer no farneiro. De cando en cando hai que picar as pedras e repa-sar os canaliños; para iso úsase o burro para levantar a moa. Aspedras de moer o trigo ou o centeo chámanse albeiras. As de moer omillo, do país ou pedra mourenza.

Este tipo de muíños funciona do seguinte xeito: a auga, que vaida canle, cae a través do billote nas penas do rodicio que o fan xirar.Este movemento é transmitido a través do eixe á moa. O gran, queestá na moega, vai caendo no ollo da moa a través da quenlla. Omoa, ó xirar, desfai o gran contra o pé.

MUÍÑOS DE MARÉ

Os muíños de maré, que existen en Galicia desde o século XV,son movidos pola auga do mar e son pouco numerosos porque, paraque funcionen, é necesario que, no lugar de emprazamento do muíñoas mareas se deixen sentir de xeito notable e que se poida conseguirun amplo encoro por medio dunha presa que se enche cando sobe amarea. Unha vez que subiu a marea, péchanse as comportas da pre-sa ata que a marea baixe de todo. Daquela é cando se pon o muíño amoer. O seu funcionamento é igual que o dos muíños de río.

MUÍÑOS DE VENTO

Este tipo de muíños, que son coñecidos en Europa desde a altaIdade Media, non chegan á Penísula Ibérica e a Galicia ata o séculoXVI. Estes muíños, que aproveitan a enerxía eólica, está situados noscumios dos montes e na costa. Sons construcións de pedra en formade torre cilíndrica, cunha cuberta lixeiramente cónica, sobre unha ar-mazón de madeira.

OUTROS MUÍÑOS

Muíños de aceite: estes muíños son movidos por bestas. Coneles moen as olivas para obter o aceite na zona de Quiroga

- 23 -

A M E N C E Rcolaboración

Muíños de casca: neles moían a casca do carballo e a cortiza daaciñeira que se usaben no curtido das peles.

Tamén había muíños para moer o vidro que empregaban osoleiros nos cacharros. E tamén estaban os do papel.

CULTURA POPULAR

Son moitas as referencias ó muíño na cultura popular. Velaquíalgunhas mostras.

Adiviñas:

* ¿Que cousa pra adiviñar é que cando máis fame ten, máisanda,

* Anda e non ten pés, come e non ten boca e toda a comida lleparece pouca

* ¿Que cousa pra adiviñar é que come pola boca e caga polospés?

* Un cabalo branco pacendo nun banco, se lle quitan un pé cabalonon é. (O pé do muíño)

* Andar, andar e nunca á casa do amo chegar.

Cantigas:

Unha noite no muíño, Miña nai e maila súaunha noite non é nada; foron xuntas ó muíño,unha semaniña enteira e a túa como era burra¡esa si que é muiñada! a miña colleulle o millo

Debuxou: JOSÉ G. DE OROZCO DONDI , 2º ESO

muíños de aceite

- 24 -

A M E N C E R colaboración

.

Nunca ríos sin fonte O muíño moe e moe,nin muíños sin rodicio, e bota a fariña pra fóra,nunca vin home cativo os nenos que van a elque fose alvadizo sacan un andar que namora

O muíño moe e moe, Fun polo muíño de baixobota silvas darredor e vin polo de riba;as nenas que van a el e de baixo ten cerrollotodas perden o color e o de riba caravilla.

Xa fun ó muíño de Arnela Ó muíño de meu paie ¿sabedes o que vin? eu ben lle sei o tempero:vin os ratos cando está alto, baixaloestaban roendo na pedra cando está baixo, erguelo

Fun esta noite ó muíño Meu neniño, durme, durmenin moín nin muiñei; que teño que ir ó muíño,perdín a trenza do pelo teño que ir pola fariñaiso foi o que ganei pra facer o panciño.

Refráns:

- Cada muíño quere a súa auga- Cada un tira da auga pro seu muíño, aínda que deixe seco o do veciño.- As que ó muíño van, se son bonitas, logo as moerán.- Auga pasada non move o muíño.- Con quen ten muíño que coidar, non te poñas a enredar.- Mentras a roda do muíño vai ben, Dios dá seu ben.- Muíño parado non gana maquía- Nin muíño sin rodicio, nin home sin oficio.- O muíño treina, treina; e a auga faino treinar.- O que pode vai ó muíño e moe.- Se o muíño non anda, a maquía non se gana.- O muiñeiro que oe e ve non pode ser paroleiro.- Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón.

Debuxo de:PABLO MÍGUEZ GARCÍA, 2º ESO

A M E N C E Rcolaboración

- 25 -

- Pra misa e pra o muíño, non esperes ó veciño.- Abrete, fol, pola boca, pra que, en vez dunha maquía, dúas che colla.- Abrete, saco; unha maquía me debes e dúas que agarro.- Non te fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de

despenseiro.- O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro.

Ditos:

- Ter o muíño picado = ter moita gana de comer, ter moito apetito- Levar a auga ó seu muíño = buscar só a súa comenencia- Andar co muíño ás envoltas = entreterse en asuntos amoro-

sos con fins liviáns

Contos:

Era unha vez un taberneiro e mais un muiñeiro que eran a cadacal máis ladrón. Morreu o taberneiro, chegou ó ceo e chamou á porta.Saíu san Pedro e díxolle:

- Vostede ¿que quere?- E, Señor, veño pró ceo.- Non -respondeu san Pedro- ten que ir pra o inferno porque

vostede na terra medía sempre de menos.Morreu o muiñeiro, chegou ás portas do ceo, chamou e saíu san

Pedro e preguntoulle que quería- Eu veño pra entrar no ceo -respondeu o muiñeiro.- Non -dixo san Pedro- vostede non pode entrar aquí, ten que ir

pró inferno porque na terra sempre medía de máis.Alá se vai o muiñeiro todo enfurruñado para o inferno e atopouse

co taberneiro a quen lle preguntou:- ¿Ti que fas aquí?- Xas ves -dixo o taberneiro- estou aquí por medir de menos- Pois isto no o entende nin o mesmo demo -contestou o muiñeiro-

a min mandáronme aquí por medir de máis.

maquía

colaboraciónA M E N C E R

- 26 -

Tamén na literatura o muíño ten un protagonismo grande. Comomostra este poema de Xosé Crecente Vega:

O MUÍÑOA Iglesia Alvariño

- Debecido, borrachón,que dás voltas nun pé solocoma un tolo.¡Toleirón!

Bebe auga fríaque si beberasmouro ribeirocerto xaceras,cousiña tola,como rebolana dura pedra do brandoeiro.-

Tes sede fera,fame de can,larpeiro de auga,larpeiro de pan.Cantando o teu larán-laránlarpando vas canto che dan.

Roula, roula - roula, roula.Dálle voltas a carroula;roi o grao louro e duro.Teu alentopolvorento,branco e puro;teu alento, flor de escanda,néboa virxen, cinta brandade arredor da túa cintura,

é alegría i é contentoi é farturano fogar.

¡Que bonito neboeiroteu lixeirozarzallar!

Ande a roda. Ande, ande.Ceibe a túa boca grandebranca neve miudiña.Roula, foula, bule axiña,que o teu pilo de fariñapouco a pouco medra, medra.

¡Que bonita a risa brancana túa cara de pedra!

Dálle á roda, dálle ó torno.O teu sopro voandeiro,viravoltas argalleiro,será bolo no meu forno,será pan no meu galleiro.

Degorido, borrachón,que dás voltas nun pé solo,coma un tolo.¡Toleirón!

FÉLIX VILLARES MOUTEIRA

follas novas A M E N C E R

- 27 -

Rotulou:DAVID OTERO LÓPEZ , 4º ESO

Meu amigo Pepe:

Escríboche esta carta para contarche unha excursión que fixemoso xoves día once a Vilalba e á Terra Chá. Todo estaba relacionadocoa auga e coa literatura galega ao redor dela.

Comezamos a nosa andaina no Muíño do Rañego en Vilalba,onde o noso profesor de galego nos explicou varias cousas relacio-nadas cos muíños e un de protección civil púxonos a funcionar o muíño.

Logo fomos ao SPA de Santaballa para ver os tratamentos quese usan agora relacionados coa auga, a beleza e o benestar. Pasa-mos por ó pé da Charca do Alligal, na parroquia de Codesido, quesegundo nosdixeron, ten propiedades curativas. Non baixamos docoche porque chovía a chuzos.

O seguinte destino foi a Escola Habanera da Liga Santaballesa.Alí vimos unha aula antiga e como vivían os mestres. Xantamos e,despois dun tempo libre, fomos camiño de Meira, onde visitamos oPedregal de Irimia onde nace o Miño e vai en forma soterrada ataFonmiñá, onde renace. Visitamos tamén a igrexa de Santa María deMeira e despois regresamos a Mondoñedo.

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO.

faise saber...A M E N C E R

- 28 -

Rotulou:JACOBO CHAO LOMBARDERO, 3º ESO

... que foi noticia:

... a saída cultural que fixemos o pasado día once de abril na quepodemos chamar «Ruta da auga» -nunca mellor dito polo que choveuaquel día- visitando o Muíño do Rañego en Vilalba, o Spa deSantaballa, a Escola da Liga Santaballesa, o Pedregal de Irimia, a

igrexa de Meira e Fonmiñá.

... que é noticia:

... a celebración do Festival da Canción Vocacional que este

ano chega a súa XVIII edición e que vai ter lugar no noso SeminarioSanta Catarina de Mondoñedo o sábado, día vinte e sete de abril, colema "Familia + Fe = Vocacións". Organiza a Delegación Diocesanade Pastoral Vocacional.

.... que vai ser noticia:

... a celebración da festa de San Xoán de Avila, patrono do clerosecular, que vai ter lugar o dez de maio no noso Seminario, día no quevarios sacerdotes reciben a homenax diocesana polas súas VodasSacedotais de Diamante, de Ouro e de Prata. Entre os actos presvistosestán unha Eucaristía que presidirá o bispo da Diocese, don ManuelSánchez Monge, e un xantar de irmandade cunha sobremesa festiva.

a redacción

SOPA DE LETRAS

por AITOR LÓPEZ FERNÁNDEZ, 2º ESO

Busca o nome de DOCE autores ós que lles dedicarono Día das Letras Galegas

LGUARI

CURROSAC

AEAFOBOTYOMÑOO

MDI

CHTOLESOONS

OTRRABEGRATROA

NZOEAI

ORELCTVG

TOYCTSGTOIASOE

REAEISAESALANI

IECABANILLASER

SASTORDIAZDZI

O

CUMURGUIACNARN

OOMPRGUADEOIAN

ÑSAEANOÑECPDTR

CASTELAOILINOE

CABAAGENRONIAP

chispa

- 29 -

Rotulou:DIEGO GARCÍALÓPEZ, 4º ESO

A M E N C E R

A M E N C E R chispa

- 30 -

Solución á CHISPA do número 221

PREGUNTAS?????????????????

1.- Tes tres tíos e tías unha; hai un que non é teu tíoe é irmán dos teus tíos. ¿Como pode ser?

2.- Un matrimonio ten nove fillos, todos os fillosteñen unha irmá ¿cantos fillos son?

As respostas no próximo número.

colaboraron

de 2º de ESO

Ernesto Barro JiménezDaniel Díaz VillamelJosé G. de Orozco DondiAitor López FernándezPablo Míguez García

de 3º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

de 4º de ESO

Manuel Vigo ChaoFélix Villares Mouteira

A M E N C E R

- 31 -

Adrián Carballeira MontenegroCrisitan Cornide YanesDiego García LópezDavid Otero LópezLuís Torreira García

de 1º de ESO

Adrián Otero Candia

Debuxou a tapa:Adrián Otero Candia, 1º ESO

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: