revista moemia virtual maio 2013
Post on 13-Mar-2016
232 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
Raquel Combo
Manuel A. Jiménez
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Alfredo Romero
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
4
12
14
15
16
16
3
11
13
14
15
16
16
3 ARTIGO
Durante a XXIII Asemblea Xeral ordinaria celebrada en Santiago, o movemento asociativo da Confederación pensa que os recortes
supoñen un retroceso nos dereitos das persoas con discapacidade.
O movemento asociativo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acorda por unanimidade rexeitar os recortes
que as Administracións Públicas fan neste colectivo.
Na XXIII Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrou en Santiago de Compostela, os representantes das entidades que forman parte de
COGAMI debateron sobre os graves problemas que están acontecendo coas persoas con discapacidade nas áreas de educación, saúde e
emprego. Dende COGAMI cren que existe un perigo de que os recortes xeneralizados nas áreas de benestar poidan supoñer un retroceso
nos dereitos do colectivo, segundo apuntou o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, “o noso colectivo corre o perigo de retroceder trinta
anos”.
Por unanimidade, dende o movemento asociativo de COGAMI acordouse comunicarlle á Administración Galega que a Confederación
rexeita o pago directo dos produtos ortoprotésicos por crer que prexudican moito ás persoas usuarias dos mesmos que non poden abonar o
cen por cento do seu custe, nin o copago do transporte hospitalario non urxente. Aclaran que o colectivo das persoas con discapacidade
adoita ter un poder adquisitivo baixo, orixinado por non ter un acceso a un posto de traballo.
Outros dos temas analizados durante a Asemblea foi a situación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as Persoas en
situación de Dependencia. As entidades presentes amosaron a súa preocupación polos recortes que se están a dar na intensidade dos
servizos e na contía das libranzas.
Tamén se aprobaron temas con índole máis interna como un código ético conforme á misión, visión e valores da Entidade e que está dirixido
tanto ás organizacións membro como ás persoas que integran os órganos de goberno, ao equipo profesional e ás entidades
colaboradoras.
Outros dos temas aprobados durante a asemblea foi o Plan Estratéxico 2013–2015, que supón unha mellora nas prestacións dos
servizos que realiza a favor do colectivo da discapacidade. Ana Mª Varela
COGAMI rexeita os recortes en benestar que se están a producir nas Administracións locais, autonómicas e estatais
4 NOTICIERO
Un ano máis un grupo de 15 usuarios acompañados por un voluntario e monitores do centro CRD Fingoi Lugo, desprazáronse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para participar na XIV edición XuventudeGalicia.net, que se celebrou os días 10, 11 e 12 de maio, financiada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Alí puideron gozar dunha xornada de Internet de alta velocidade e manter unha conversación con outras persoas amantes das novas tecnoloxías.
Despois de comer decidiron dar unha volta polos diferentes stands onde se podía participar en, xogos, talleres, diferentes ofertas de actividades complementarias. Estas actividades organizáronse nos seguintes grupos:
Intranet
Área destinada aos participantes acreditados previa reserva de praza con acceso a torneos exclusivos e a unha conexión a internet por cable de 1Gb simétrico.
Torneos
O aspecto máis lúdico do evento veuse reflectido nestas actividades, mestura de lecer e habilidade, e caracterizadas pola súa heteroxeneidade de propostas.
Formación
Diversas iniciativas de carácter didáctico conformaron o programa deste apartado constituído en torno a unha serie de contidos de carácter máis profesional.
E ademais...
Stands, proxeccións, xogos, obradoiros... A oferta de actividades complementaria que incluían unha ampla gama de contidos e temáticas para todos os gustos e idades.
Nieves Gayoso
Usuarios de COGAMI LUGO participaronna XIV edición de Xuventude.net
5 NOTICIEIRO
O Congreso dos Deputados acaba de aprobar a modificación da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, na que se incorporan avances en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade propostas polo CERMI tanto aos grupos políticos como ao Ministerio de Fomento,
Esta modificación ha de seguir a súa trámite parlamentaria no Senado.
O mencionado proxecto de Lei polo cal modifícase a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, recolle unha enmenda formulada por varios grupos parlamentarios en virtude da cal, os transportes de viaxeiros han de cumprir as condicións básicas de accesibilidade para as persoas con discapacidade que pola súa regulamentación póidanse esixir.
Con esta nova lexislación de transportes terrestres, incorpórase o cumprimento desta esixencia como requisito fundamental para o exercicio da actividade de transportista.
Outra novidade nesta modificación de Lei é a inclusión das organizacións representativas das persoas con discapacidade como membros de pleno dereitos do Consello Nacional de Transportes Terrestres,no que se efectúan as consultas e o debate sectorial da Administración no referente ao funcionamento do sistema de transportes.
O incumplimiento da Lei en canto ás condicións de
accesibilidade dos vehículos establecidas con carácter xeral para
todos os servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por
estrada de uso xeral ou especialmente sinalados no pliego de
condicións ou o contrato do servizo de que se trate, así como a
conduta do persoal da empresa contratista que supoña o
impedimento ou que dificultene o uso do servizo a persoas con
discapacidade, supoñerá unha infracción moi grave.
En definitiva esta nova lexislación sobre transportes terrestres máis esixente en canto ao cumprimento en materia de accesibilidade das persoas con discapacidade, garantirá os dereitos deste colectivo a unha libre circulación e á mobilidade.
Juan García
O Congreso aproba a Lei dosTransportes Terrestres
O proxecto ICARUS, é unha iniciativa na que participa Vía Libre e
Technosite empresas da Fundación ONCE especializadas en
accesibilidade. Con este proxecto preténdese unha avaliación
realizada por expertos en accesibilidade das barreiras coas que
persoas con discapacidade atópanse a diario nos aeroportos
europeos.
Vía Libre cordinou observacións para chegar a conclusións de como se
desenvolven persoas con discapacidade en distintos aeroportos
europeos. Para este fin contáronse con doce persoas con distintos
perfís e necesidades de accesibilidade que presentaron os seus
informes sobre as barreiras que se atoparon nas distintas etapas da
viaxe, desde a súa chegada ao aeroporto de orixe ata a súa saída do
aeroporto de destino.
Tras entrevistas a usuarios con discapacidade ponse de manifesto que existen barreiras tanto nas instalacións aeroportuarias como
no mesmo avión. Con todos os datos recollidos elaborarase un estudo con conclusións.. O ambicioso proxecto ICARUS, pretende
mellorar o acceso ao transporte aéreo das persoas con discapacidade. Neste proxecto colaboran tamén como socios nesta iniciativa
a Universidade Carlos III de Madrid, a compañía aérea Alitalia e a empresa de aviación Aeroconseil. José L. Vázquez
Accesibilidade do transporte aéreo
6 NOTICIEIRO
Fomento do coñecemento e a protección da lingua de signos española
Firmouse en Madrid un convenio por parte da Fundación ONCE ea
Fundación Aqualogy co obxetivo de unir forzas para fomentar o impulso da
inclusión socio laboral das persoas con discapacidade.
Segundo recolle o acordo destas dúas fundacións, encargaranse de
promover proxectos que non favorezan a discriminación das persoas con
discapacidade, intentando lograr a acesiblidade universal.
Ambas entidades, segundo recolle este acordo, han de impulsar proxectos
que vaian encamiñados a fomentar a non discriminación das persoas con
discapacidade, conseguir a accesibilidade universal a bens e servizos e
fomentar a sua inclusión socio laboral.
Miguel Carballeda (presidente da ONCE e a fundación ONCE) e Angel Simón Grimaldos (presidente de Agbar e Fundación Aqualoby),
subscribiron este acordo, que recoñece que para lograr a inclusión plena das persoas con discapacidade na sociedade, se necesita de
tódolos medios dispoñibles polos poderes públicos, as institucións, os axentes sociais, empresariais e a sociedade en xeral.
Manuel Paz
Potenciación da inclusión sociolaboraldas persoas con discapacidade
A través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE),e da Fundación Universia, o Real Patronato sobre a Discapacidade, subscribiu un convenio de cooperación e colaboración para o desenvolvemento científico, en concreto, no terreo da investigación da lingua de signos española.
As mencionadas entidades, traballarán conxuntamente co obxectivo de fomentar a investigación ligüística que favoreza o coñecemento e protección da lingua de signos española e con iso, facilitar a participación social das persoas xordas ou xordocegas.
Este convenio recolle tamén o establecemento de fórmulas adecuadas de cooperación para a implementación de programas de interese mutuo, en especial no ámbito da investigación da lingua de signos española.
Así mesmo ademais do desenvolvemento de proxectos de investigación e actividades de difusión e divulgación da lingua de signos española, preténdese apoiar a investigadores e estudantes do ámbito universitario
Juan GarcíaJuan García
7 NOTICIEIRO
Esta actividade foi posible coa
colaboración de AXA Seguros
Un grupo de persoas con
discapacidade usuarias do centro de
recursos que a Confederación Galega
de Persoas con Discapacidade
(COGAMI) ten no Rebullón, en Mos,
chega a Santiago despois de percorrer
un tramo do camiño.
Saíron o domingo dende Lestedo e,
despois de percorrer cincuenta
quilómetros repartidos en tres etapas,
lograron chegar ó mediodía ata a praza
do Obradoiro compostelán. En total
foron 16 as persoas que formaron parte
desta actividade, dez persoas usuarias
do centro de Mos, cinco monitores e
unha persoa voluntaria.
Ían acompañados dun coche escoba
que, ao rematar cada etapa, se
encargaba de trasladalos ata o
albergue Helvetia de Arzúa para
repoñer forzas ata o día seguinte.
Esta actividade de lecer foi posible a
través da colaboración de AXA de Todo
Corazón, a asociación de voluntariado
de AXA Seguros que quixo brindarlle o
seu apoio a este proxecto cando llo
presentaron dende COGAMI.
Precisamente, desprazouse ata
Santiago o Director da Zona
Pontevedra-Ourense, Ángel Farto, que
xunto ao Coordinador de Áreas de
COGAMI, David Silva, acompañaron ao
grupo durante a chegada á praza do
Obradoiro. Este fin de recorrido logrou
completar a etapa do camiño de
Santiago que comprende Sarria-
Compostela, unha ruta que iniciou en
2011 e que durante estes tres anos se
foi completando por tramos.
Este tipo de actividades de lecer e
convivencia supoñen unha
oportunidade de socialización das
persoas con discapacidade,
permitíndolles a visibilidade e o gozo de
experiencias tan gratificantes como
esta que veñen de rematar. Ramón Veiga
Persoas usuarias do centro de recursos de COGAMI en Mos realizan o camiño de Santiago
COGAMI apoia a solicitude de informatización do material ortoprotésicoAnte a difusión realizada pola Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia reivindicando
que se informatice o material ortoprotésico, como se está a facer cos fármacos e a receita
electrónica, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) expón:
q Apoia totalmente esta petición realizada pola Asociación de Técnicos Ortopédicos de
Galicia.
q Cre que a dispensación das próteses a través da informatización favorece que as
persoas usuarias deste material non teñan que adiantar a totalidade do seu prezo,
senón que terían que abonar só a parte proporcional correspondente.
q Dende COGAMI se é consciente de que o material ortoprotésico é unha necesidade
básica e que adiantar o 100 por cen da súa contía non é posible para a maioría das
economías. Formamos parte dun colectivo onde moitas das persoas teñen un poder
adquisitivo baixo, orixinada en gran medida por non ter un acceso a un posto de
traballo.
q Polo tanto, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade pídese que as próteses se dispensen como a receita
electrónica para que todas e todos teñan acceso a elas, sen discriminacións de tipo económico.Miguel Regueiro
8 NOTICIEIRO
A nova presidenta, Emma Camaño, apuntou que a entidade vai seguir a mesma liña marcada ata o de agora, iso si, intentando superar as
dificultades actuais derivadas da crise.
A asociación de persoas con discapacidade A Mariña-COGAMI ten nova Xunta Directiva, aprobada durante a súa IX Asemblea xeral
Extraordinaria.
A nova directiva, elixida por unanimidade, está formada por seis mulleres e catro homes, distribuídos da seguinte maneira:
Presidenta: Mª Emma Camaño García
Vicepresidente: Juan M. Fernández Basanta
Secretaria: Elena Miragaya Prieto
Tesoureira: Mónica Castañón Trallero
Vogal 1: Iván Lindín Rodil
Vogal 2:Mª Luisa Pernas Piñeiroa
Vogal 3: José Insúa Martínez
Vogal 4: Alejandro González Pernas
Vogal 5: Lucía Fraga Pardo
Vogal 6: Mª Jesús Canoura Teijeiro
A Asemblea Extraordinaria celebrouse trala XV Asemblea Ordinaria, na que se aprobaron as actividades desenvolvidas durante o ano
pasado, así como o estado das contas e presentaronse os programas e proxectos que A Mariña-COGAMI ten para este ano.
A nova Xunta Directiva inicia mandato seguindo a mesma liña marcada pola entidade ata o de agora, traballando intensamente para a
posta en marcha do centro de recursos de Palmeiro en Xove, e intentando encarar as dificultades coas que todas as entidades sociais
atopan nesta época de recortes.
Nieves Gayoso
A Mariña-COGAMI estrea Xunta Directiva
9 NOTICIEIRO
Os artigos que se expuxeron á venda son produtos artesanais e
feitos polas persoas usuarias que acoden ao centro de recursos
de Medelo.
En COGAMI-Deza (Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade) puxeron á venda os produtos de artesanía que
realizan os usuarios no centro de recursos que teñen en Medelo.
O pasado, 3 de maio, aproveitando que foi día de feira en Lalín,
houbo un posto rexentado por cinco persoas usuarias e dous
monitores do centro, na rúa Rosalía de Castro.
Os transeúntes que desexaron mercar algún agasallo feitos por
persoas con discapacidade, poideron facelo achegándose ata o
posto de COGAMI-Deza. Houbo distintos tipos de bisutería
realizada en tecidos, como pulseiras, colgantes, diademas,
broches, chaveiros, cestos, plantas de cactus... en fin, distintos
produtos feitos a man e, sobre todo, con ilusión e con moito
corazón.
As ganancias que sacaron da venda da artesanía servirán para
poder investir en máis materia prima e seguir levando a cabo estes tipos de talleres ocupacionais, que lles permiten aos usuarios do
centro formarse e desenvolver un traballo.
Para poder habilitar o posto na feira, COGAMI-Deza contou en todo momento coa axuda do Concello que lles facilitou tanto a
montaxe do posto como apoio para as persoas usuarias do centro que o precisaron.
José Rodiño
COGAMI-Deza tivo un posto na feira de Lalín onde expuxo agasallos
As persoas usuarias do centro de Valadares interpretaron unha obra de teatro.
O pasado 20 de maio, o centro social de Outes acolleu un festival en beneficio da Asociación de
Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).
Entre as actividades programadas para este festival estivo a interpretación da obra de teatro A
Boneca Esquecida por parte das persoas usuarias do centro de recursos de Valadares, unha
obra que estiveron preparando no centro.
Tamén se proxectou un vídeo que amosou as actividades que se realizan a diario nos talleres do
centro de recursos e tamén foron lidos poemas de Roberto Vidal Bolaño, aproveitando a semana
das Letras Galegas.
O Concello de Outes colaborou neste festival tanto cedendo desinteresadamente as instalacións
como na entrega de dúas cestas que se sortearon previa compra das rifas. Oscar Vigo
A asociación ADISBISMUR organizouun festival en Outes
10 NOTICIEIRO
Doce persoas con discapacidade de A Mariña preparáronse durante 3 días para manexarse na busca de emprego. Como acudir a unha entrevista, como redactar un currículum e como buscar ofertas na web son algunhas das pautas que aprenderon.
O centro de recursos de Palmeiro que ten a asociación A Mariña-COGAMI
acolleu un seminario de Acción Grupal de Técnicas de Busca de Emprego
que lles vai impartiu o Servizo de Intermediación laboral (SIL) que ten
COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Dirixido a persoas con discapacidade recoñecida e/ou incapacidade
permanente total para a profesión habitual, o curso tratou temas
relacionados coa situación do mercado laboral no sector servizos. A
finalidade deste seminario é que as persoas asistentes asimilasen unhas
pautas básicas para saber desenvolverse á hora da busca dun emprego.
Como presentarse a unha entrevista de traballo, como elaborar un
currículum, como elaborar unha carta de presentación, como manexar as
redes sociais especializadas na busca de emprego son algúns dos
contidos que tiveron que traballar as persoas que asistiron ao seminario.
Un total de 12 persoas (8 homes e 4 mulleres) foron as que formaron
parte desta formación en técnicas de busca de emprego, sendo todas
elas usuarias do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI en
Lugo.
Durante os tres días que durou esta formación que impartiu a técnica de
inserción laboral de COGAMI – Tania Castro - as persoas participantes
tiveron a oportunidade de asimilar conceptos e pautas básicas que
debemos seguir cando queremos buscar un emprego.
José L. López
Persoas con discapacidade aprenden conCOGAMI a buscar traballo en Xove
Luís Cayo Bueno, presidente do CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), durante a súa intervención na ponencia “Novo marco legislativo en relación coa accesibilidade en España” pertencente á programación do Curso sobre Accesibilidade, organizado pola Fundación Arquitectura COAM e a Fundación ONCE, manifestou que a accesibilidade foi en España o gran fracaso das políticas públicas de discapacidade destes últimos 30 anos.
Así mesmo manifestou que a acción publica nos últimos decenios en materia de discapacidade, no que se refire á accesibilidade foi o parente pobre das políticas de discapacidade.
Isto supón que a ausencia de accesibilidade é hoxe unha violación insidiosa, da igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.
Para Pérez Bueno, a accesibilidade debería ser o eixe das políticas públicas en materia de discapacidade, xa que é unha cuestión de dereitos humáns, civís polo que a ausencia da mesma ha de considerarse como unha violación destes dereitos, un acto antixurídico, un trato desigual, discriminatorio, xa que o pleno exercicio dos dereitos da persoa están supeditados á posibilidade de acceso, uso e goce do conxunto de bens e servizos que ofrece a sociedade, é dicir, a
Antonio Fernández
A Accesiblilidade fracaso das políticas públicas
11 NOTICIEIRO
”
O Presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, e mailo Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago, Jesús Asorey, foron os asinantes do acordo
O pasado 21 de maio, as instalacións da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, acolleu a sinatura dun convenio que vai servir para impulsar a integración social e laboral das persoas con discapacidade.
Os Presidentes da Cámara de Comercio compostelá e de COGAMI comprométense, a través deste convenio de colaboración, a intercambiar información e documentación actualizada das actividades e proxectos que desenvolven.
COGAMI encargarase de informar e asesorar ás empresas sobre as subvencións, bonificacións e axudas á contratación de persoas con discapacidade; realizará, a través do grupo de orientadores laborais que forman parte do Servizo de Intermediación Laboral, unha preselección de persoas candidatas que mellor se axusten ao posto ofertado; colaborará na elaboración de programas formativos, no cumprimento da cota obrigatoria do 2% de persoas con discapacidade contratadas ademais de realizar auditorías ás empresas que forman parte da Cámara para comprobar que cumpren coa lei.
A Cámara comprométese a informar ás empresas sobre a quen dirixirse para contratar a persoas con discapacidade, tamén solicitaralles máxima colaboración e difusión de información co fin de conseguir resultados na inserción laboral en persoas con discapacidade; potenciará os servizos que prestan os centros especiais de emprego de economía social; establecerá plans de formación conxuntos con posibilidade de prácticas nas empresas asociadas e tamén, crear un sistema informativo que permita que o servizo de emprego de COGAMI teña información anticipada sobre a creación de novas empresas e a demanda de postos de traballo para elas.
O convenio asinado, cunha duración indefinida, contará cunha comisión de seguimento que se encargará de que as dúas partes cumpran co acordo asinado.
Ana Mª Varela
COGAMI asinou convenio coa Cámara de Comercio compostelá para impulsar o emprego dentro do colectivo da discapacidade
12 DEPORTES
Esta actividade de lecer foi posible grazas á colaboración de persoas voluntarias da Fundación ALCOA a través do Programa de Voluntariado que desenvolven, ALCOANS IN MOTION.
A Federación COGAMI-Coruña (entidade que pertence á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI- e que integra as entidades da provincia de A Coruña) organizou unha actividade de lecer que xuntou en dous días a máis de 150 persoas con discapacidade.
Na primeira semana de maio, estas persoas concentráronse na explanada de Marina Coruña, preto do castelo de San Antón, para iniciar a ruta do carril bici que se dirixiu ata a Torre de Hércules. Despois de 3 kms de percorrido, o descanso aproveitouse cunha actividade na que fixeron voar cometas e lanzaron discos voadores.
Para o desprazamento, contaron con bicicletas adaptadas que foron cedidas para esta actividade por distintas organizacións como a Fundación María José Jove, que cedeu 3, e a asociación ASPACE de Sada, que prestou outras 3 bicicletas. A Empresa Municipal Vivenda Servizos e Actividades de A Coruña (EMVSA) colaborou cun préstamo de 20 bicicletas sen adaptar.
Os máis de 150 participantes da actividade repartironse en dous días: o primeiro estiveron persoas usuarias da Asociación de discapacitados da bisbarra de Muros (ADISBISMUR), da Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, persoas usuarias da oficina de COGAMI-Coruña e tamén persoas usuarias do centro de recursos de Ponteareas da asociación Adapta.
E o segundo, as entidades que participaron foron a Asociación de Amputados de Galicia (ANDADE), persoas usuarias da Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra (AMIZADE) e tamén persoas usuarias da oficina COGAMI-Coruña.
A Federación COGAMI-Coruña puido desenvolver esta actividade grazas á colaboración de persoas voluntarias da Fundación ALCOA a través do Programa de Voluntariado que desenvolven, ALCOANS IN MOTION.
Ademais, contou coa axuda do Concello de A Coruña, Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella, que garantiron a seguridade e o correcto funcionamento da actividade. Marina Coruña é o organismo que posibilitou que as e os participantes se concentraran no dique abrigo do paseo marítimo Alcalde Francisco Vázquez.
COGAMI colabora co voluntariado da Fundación Alcoa en diversos proxectos e actividades tanto de temática de lecer como a través da aportación de fondos para equipamento terapéutico.
Alcoa promove e apoia o voluntariado solidario dos seus empregados e a accións social a través de programas específicos como os plans Acción e Bravo que fomentan o voluntariado tanto colectivo como individual, aportando apoio organizativo e axudas económicas de Fundación Alcoa ás organizacións coas que colaboran as persoas voluntarias.
A Federación COGAMI-Coruña reuniu a máis de cento cincuentapersoas con discapacidade nunha actividade de roteiro sobre rodas,dende a explanada Marina-Coruña ata a Torre Hércules
José M. Ramil
13 DEPORTES
COGAMI estivo presente no Open Internacional de tenis en cadeira da Coruña
Duascentas persoas usuarias de entidades que forman parte de COGAMI presenciaron a competición e tamén recibiron clases gratuítas que lles impartió a Escola de Tenis Marineda
Un ano máis, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidad (COGAMI) estivo presente na nova edición do Open Internacional Cidade da Coruña de cadeira de rodas, sendo este ano a terceira.
O pasado 9 e 10 de maio, desprazáronse ata a Escola de Tenis Marineda de Cambre máis de 200 persoas usuarias de entidades que forman parte de COGAMI, sendo estas: ADISBISMUR de Muros, Íntegro de Cabana de Bergantiños, COGAMI- Lugo, AGORA de Monforte de Lemos, persoas usuarias do centro de recursos da asociación Adapta de Ponteareas, ANDADE (Asociación de Amputados de Galicia), Amizade de Pontevedra e tamén participaron persoas usuarias da oficina que COGAMI ten na Coruña.
Ademáis de presenciar a competición do tenis en cadeira, visitaron a exposición de produtos de apoio que estaba aberta ao público nas instalaciónes Marineda e puideron, as persoas que quixesen, participar nunhas clases de tenis amater, grazas á colaboración da Escola de Tenis Marineda.
Aproveitando a visita ata A Coruña, as dúas entidades lucenses (COGAMI-Lugo e AGORA) visitaron os museos científicos da cidade.
Miguel Regueiro
Miguel Luque consegue no Open de Alemania de Natación Paralímpica un ouro e un bronce
No XXVII Campionato Internacional Alemán de Natación Paralímpica, unha das citas máis importantes da
tempada que organiza anualmente o Club Deportivo Paralímpico Berlín (Paralympischer Sport Club
Berlin), celebrado do 23 ao 26 de maio, o nadador catalán Miguel Luque fíxose con dúas medallas, un
ouro e un bronce. Os nadadores Michelle Alonso e José Antonio Mari conseguiron tamén tres medallas
cada un.
Miguel Luque (S5) conseguiu os mellores registros na proba de 50 metros braza, onde marcou un tempo
de 50"75 que lle serviu para facerse coa medalla de ouro. Ademais, tamén conquistou o bronce nos 150
metros estilos, tras finalizar en 2'49"43. Con todo, o catalán non puido subir ao podio na proba de 100
metros braza, onde finalizou na sexta posición.
Michelle Alonso, nadadora canaria (S14), pola súa banda, tamén estivo entre as mellores e terminou
levándose dúas medallas de prata e outra de bronce. A primeira prata chegou na proba de 50 metros braza, onde rexistrou un tempo
de 35"18. A segunda logrouna en 100 metros libres, proba na que marcou un bo crono de 1'04"45. Finalmente, Alonso logrou a súa
terceira medalla nesta competición alemana nos 50 metros libres, onde finalizou cun tempo de 30"21.
Outra actuación destacada foi a de José Antonio Mari (S9), quen, do mesmo xeito que Michelle Alonso, fíxose con tres medallas.
Neste caso, Mari conquistou unha soa prata (en 400 metros libres, cun tempo de 4'20"69) e dous bronces (en 50 metros mariposa e
200 metros libres, cuns registros de 27"92 e 2'03"57, respectivamente).
Tamén conseguiu alzarse cunha medalla de prata a nadadora catalá Sarai Gascón. Conseguiuna na proba de 100 metros mariposa
quedando en segundo posto cunha marca de 1'11"48.
No XXVII Campionato Internacional Alemán de Natación Paralímpica participaron un total de 464 nadadores con discapacidade visual,
física ou intelectual, dos cales, 22 eran españois.Arturo Fojón
14 CARTELEIRA
Argumento:Narra a relación entre un adolescente conflictivo e o seu avó Max (Tito Valverde),un militar retirado que vive nun
pobo da Costa da Luz.
Cando Jon é expulsado do colexio, Margo, a súa nai, decide envialo lonxe para que Max o meta en cintura.
Non lle será fácil. A Jon gústalle bordear o perigo, e o ex militar é un home de costumes que se asentou nun
punto moi cómodo da vida. Os dous enfrontaranse ás súas limitacións e aos seus medos.
Ficha TécnicaDirector: Gracia Querejeta
Reparto: Maribel Verdú, Tito Valverde, Belén López, Susi Sánchez, Arón PiperAlejandro Carballeira
Argumento:María Teresa Maradei é unha muller exitosa a ollos da sociedade. Conseguiuno todo, ou case todo; con todo,
tras varios anos de loitar contra un pasado tortuoso non foi capaz de recuperar o que máis importa.
Nese camiño cara á autodestrucción María recibe unha terrible ameaza. Unha chamada telefónica asegúralle
que a vai a matar, pero que antes de facelo deberá pedir perdón a todos aqueles a os que fixo dano.
Ficha TécnicaDirector: Alberto Lecchi
Reparto: Gil, Leonardo Sbaraglia, Sabrina Garciarena, Gonzalo Valenzuela
SOA CONTIGO
Luis Fernández
Argumento:
Simon, subastador de artigos de belas artes, compínchose cunha banda criminal para roubar unha obra de arte
que vale millóns de dólares, pero logo de recibir un golpe na cabeza durante o atraco, descobre, ao espertarse
que non recorda onde escondeu o cadro. Cando as ameazas e a tortura física non logran ningunha resposta, o
xefe da banda contrata a unha hispnoterapeuta para que furgue nos recovecos máis escuros da psique de
Simon. A medida que vai penetrándose no seu esnaquizado subconsciente, o que está en xogo chega a ser
moito máis e os límites que separan o desexo, a realidade e a sugestión hipnótica comezan a difuminarse e
desaparecer.Ficha Técnica
Director: Danny Boyle
Reparto: James McAvoy, Rosario Dawson, Vincent CasselGustavo Latorre
TRANCE
15 ANOS E UN DÍA
Argumento:Suso e Manuel, dous pais de familia e amigos de toda a vida, cumpridos os cincuenta anos, quédanse sen
traballo.
Cando a situación é xa insostenible, prodúcese un feito insólito: un día, mentres están pescando, atopan un
paquete con dez quilos de cocaína.
Ficha TécnicaDirector: Alejandro Marzoa
Reparto: Miguel de Lira, Paco Tous, Manuela Vellés, Unax Ugalde, Manuel Lozano, Marisol Membrillo, Antonio Durán 'Morris'
Francisco Solana
SOMOS XENTE HONRADA
15 RINCÓN LITERARIO
Enrique saíu da casa de Nieves a iso das nove da noite, coa esperanza de que a policía ía encontrar a súa irmá viva, levándose toda a información que necesitaba. Ela reveloulle a situación xeográfíca das cinco casas situadas na Serra de Madrid e tamén lle deu un retrato-robot do doutor, de había dez anos, o cal non serviu de moito porque este home cambiara de identidade e de rostro varias veces, grazas á cirurxía estética. Tamén lle comentou Nieves que o verdadeiro nome deste suxeito era Antonio Perchek, un famoso médico coñecido en todo o mundo como un virtuoso da tortura, especializado en manter con vida conscientes as vítimas mentres as martiriza, estivo no cárcere dous anos e pasaba porque morrera ao estrelarse o seu helicóptero con que supostamente pretendía fuxir.
Ademais comunicoulle que había dous homes do Taboleiro Cadrado, cos cales podía falar, deulle os seus números de teléfono, chamábanse José Luis e Alberto, pero que era moi probable que tivesen o teléfono pinchado pola organización, Enrique non tivo medo e chamou primeiro a Alberto, pero non tivo sorte, saíulle unha muller e díxolle que non estaba na casa, ao momento de colgar, viu o número de José Luis e marcouno, saíulle tamén unha voz de muller, que debía ser a súa esposa.
-Diga?
-Está José Luis Vázquez na casa? -preguntou Enrique.
-Si, si que está Quen é vostede? - preguntouno estrañada a súa esposa.
-Chamoume Manuel Sanmartín, -mentiu Enrique -, e formo parte do xurado para seleccionar o "Executivo do Ano" e o seu marido é un dos tres candidatos ao premio. Enrique estaba seguro de que era unha mentira crible e, en efecto, ao cabo de poucos segundos se puxo o propio José Luis.
Que desexa, señor Sanmartín? -preguntoulle José Luis.
-Pode oírnos alguén dende algún supletorio? -preguntou Enrique.
-Como di?
-Que se pode falar con liberdade, é que teño entendido que os seus teléfonos están intervidos.
-É unha broma, por suposto que podo falar con liberdade, Que significa isto?
-Non me chamou Manuel Sanmartín, señor Vázquez. Son Enrique Sánchez, médico do Hospital "A Roca", Sabe quen son?
-Espere un momento, fáiseme coñecido, vostede escribe artigos de medicina para a prensa.
-Exactamente, pero non lle chamou para facerlle unha entrevista, vostede acórdase de Victoria, era xornalista e aparte traballaba como azafata de compañía para unha organización chamada o Tablero Cuadrado, pois foi asasinada por esta banda de mafiosos e tamén secuestraron a miña irmá, por iso estou metido neste barullo. Sei que vostede e os seus se reúnen nun hotel chamado Meridiam.
-Iso é absurdo. Non estiven nunca nese hotel, nin tampouco coñezo a esa tal Victoria, e se secuestraron a súa irmá, é problema seu e tampouco sei nada desa organización, e agora se me desculpa teño moito traballo que facer.
-O seu nome, a súa dirección e o seu número da seguridade social figuran nunha nota que estaba en poder dunha detective privada, amiga de Victoria -atallouno Enrique -, e tamén o enderezo e o teléfono de Alberto e mailo seu. Supoño que os obtería do carné de conducir de vostedes. De modo que se non quere falar comigo, terá que facelo coa policía.
-Mire, doutor Sánchez, non me gusta que me ameacen. Non o coñezo a vostede nin a esa tal Victoria. Vou ter que colgar, e non me volva chamar.
O Último Tramo - Capítulo 35
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
16 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.polibea.com polibea@polibea.com
http://www.fedop.org fedop@infonegocio.com
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso
Enrique Sanmartín
Adícame un verso
Tolo sen ela
Si eu puidese
ser valente sabería
como dicirlle a esa
muller da que
estiven namorado,
pero agora
o meu corazón volve
latexar con forza,
porque sento un
amor especial por ela,
e iso vólveme tolo.
Ti, sempre, “Adícame un verso”,
e aínda que eu non sei escribir,
perdamos un pouco o rumbo
e que non me teña que arrepentir.
Como dixo “La oreja de Van Goth”:
“Vouche a escribir a canción máis
bonita do mundo”,
pero ha de ser sobre ti pel,
con lentas caricias e bicos
que nos fagan estremecer.
Lendo estes poucos versos,
dirás que estou pirado
e iso é do todo certo
senón, como faría este trato.
top related