proxecto plan de dinamización xaneiro marzo 2015 web

Post on 07-Apr-2016

227 Views

Category:

Documents

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

PROXECTO PLAN DE DINAMIZACIÓN SOCIAL

XANEIRO – FEBREIRO - MARZO 2015

¿ QUÉ É O PLAN DE DINAMIZACIÓN SOCIAL “MQA é máis”?

Este proxecto nace da necesidade de responder á responsabilidade social de

MQA, que xorde das obrigas adquiridas co entorno: promoción do deporte, de

hábitos saudables, da relación directa co medio, infraestrutura na que están

localizadas as instalacións. Como o propio nome indica, MQA é máis, non só son

unhas instalacións deportivas, senón centros lúdico-deportivos-sociais, e as

actividades do Plan, a testemuña dos execelentes beneficios que a actividade

física ten para as nosas vidas, é a de toda á familia, por iso mesmo moitas das

actividades teñen por obxectivo englobar actividades saudables en familia, tanto

dentro coma no exterior dos nosos centros.

Na actualidade celébranse na nosa cidade numerosas carreiras populares de

atletismo, andainas, marchas, comidas, festas, eventos... Maisqueauga quere

axudar a todos os usuarios das instalacións de Barreiro e Florida a introducirse en

novos retos deportivos e de lecer, e de acompañalos no seu camiñar ata a

consecución dos seus obxectivos.

Así, invistiredes o voso tempo de lecer en hábitos saudables.

Maisqueauga proporá numerosas actividades en calendarios trimestrais e creará

grupos de traballo onde se vos facilite as ferramentas necesarias para que

poidades coñecer, vivenciar e practicar as diferentes actividades. Ademais, de

xeito periódico, impartiranse charlas para facilitar información sobre temas de

interese e dar a coñecer temas tan importantes como a alimentación saudable,

primeiros auxilios, etc.

TIPO DE ACTIVIDADES “MQA é máis”?

MASTERCLASS: Actividade na que se trata un tema en profundidade durante unha hora de

duración. É unha actividade de pago, xa que son actividades con contidos especiais

impartidas por especialistas que poden non formar parte da plantilla permanente de MQA,

nas que para moitas delas se precisa dun material específico. Terían dereito a asistir todo

tipo de persoas, xa que teñen un custo adquirido.

CLASES ESPECIAIS: Clases con duración de 45 minutos de carácter eventual, impartidas

por personal propio da instalación, mesmo procedemento que actividades de libre acceso,

utilizarémolas como actividades de promoción e dinamización. Accesos para abonados.

MESES ADICADOS A DIFERENTES TEMAS: Actividade que pode desarrollarse tanto na

sala coma na piscina. Durante o mes escollido, os usuarios terán que realizar as probas

propostas, por exemplo, mes da travesía ás illas cies, onde terán que percorrer a nado a

distancia que separa a costa de Vigo das Illas. Actividade de dinamización para abonados.

.

GRUPO DE RUNNING: É un grupo de traballo que levará unha planificación, preparada por

un adestrador. Sairán dous días en cada instalación, ademáis nas instalacións semanalmente

adestramentos complementarios. O grupo terá como obxetivo participar en diferentes

carreiras populares (circuito de Vigo). Pero este grupo xorde coa idea de crear hábitos e facer

da carreira un medio de entretemento e disfrute. Actividade de dinamización para abonados.

CHARLAS: Cada certo tempo, terán lugar charlas informativas sobre temas de interese, así

como a alimentación dos máis cativos, alimentación para deportistas, primeiros auxilios…

Actividade para abonados.

.

GRUPO TRAVESIAS: Marcaranse no calendario diferentes probas e ofreceremos a

posibilidade de anotarse e preparalas en grupos de traballo como o de running . Actividade

para abonados tendo que ser cursillistas de piscina. Adestramentos en grupo todos os

sábados.

CEAS, COMIDAS...: En momentos puntuais organizaranse ceas de abonados (aniversarios),

así como despois de participar nos diferentes eventos, quedadas, realizaremos comidas ou

entregaremos picnics como na carreira de cativos do aniversario, saida btt…

OUTRAS: Ademáis de todas estas actividades, incluiranse no plan de dinamización social,

actividades como campamentos de verán, actividades de pádel e outras que poidan xurdir e

non estén contempladas no día a día das instalacións.

Actividades XANEIRO – FEBREIRO – MARZO 2015

Xaneiro: Día 25 , participaremos como colaboradores na terceira Carreira Correndo por Vigo Máisqueauga.

Marzo: Día 7, Contrareloxo por equipos.

Día 22, Media Maratón Vig-Bay.

Realizarase na instalación un triatlón indoor, combinando as tres disciplinas e con agasallos para os participantes.

Durante o mes de Febreiro levarase a cabo unha charla en ambos centros con temática por definir pero relacionada ca actividade física, hábitos,etc… irá ligada o triatlón indoor.

Durante este periodo ambientaremos a instalación para a ocasión, ademais faremos clases especiais e concursos para os mellores disfracres.

Durante os tres días de entroido volvemos a carga cunha nova quenda para os máis cativos, con xogos ambientados no carnaval e tradicións desta época.

Materclass na que se traballará sobre este estilo de baile. Impartida por unha especialista, actividade de pago, 3,60 €. 1,5 horas de duración.

Faremos a terceira andaina co fin de promover a actividade saudable e aproveitar o medio natural.

A todos os abonados e cursillistas da instalación haberá unha toma de tempos de “x” probas que se irán anunciando e adestrando nas clases.

Teremos unha charla na que unha especialista abordará como entender e como axudar os fillos a entender a sua sexualidade e todos os procesos que se dan no desenrrolo da mesma.

.

PÁDEL 2015 XANEIRO-FEBREIRO-MARZO

Comeza o ano aprendendo a xogar ao pádel.

Torneo interno de pádel onde xogarase un torneo mesual cada día da semana.

Luns

Martes

Mercores

Xoves

Venres

.

Liga por parellas, os participantes terán que xogar catro partidos nun mes.

MT

Concentración de jugadores/as de pádel

Abierto a todos los usuarios

Competición todos contra todos

Duración de la competición de un día

Inscripciones individuales y por parejas

Todos los viernes de 11:00h a 13:00h

+ horarios y días dependiendo de la participación y disponibilidad de los jugadores/as

Torneo gratuito para nenos da escola de pádel.

Torneo social de entroido, solo para abonados e cursillistas ou participantes das actividades.

Participarán adultos e nenos.

Torneo social de semana santa, solo para abonados e cursillistas ou participantes das actividades.

Participarán adultos e nenos.

top related