espazo natural serra de foncuberta

Post on 13-Feb-2017

189 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Serra de Foncuberta

Un espazo co que se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese paisaxístico, biolóxico e etnográfico.

SUPERFICIE: 15.523,2 haTIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

CONCELLOS: A Fonsagrada, Baleira e Navia de Suarna

O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra, Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da Cuíña e Monte Maior.

SERRA DO HOSPITALSituada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. A máxima altura é o Pico do Hospital ou Lagoa Seca, con 1.108 m.Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao cume cóllese o desvío a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital. Ten unhas excelentes vistas sobre todo o contorno.

Vista dos Ancares desde o alto do Cerredo

SERRA DA LASTRACon orientación N-S, situada entre A Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e O Padornelo, con 958 m. Accedese desde A Lastra, na estrada Baleira-Fonsagrada.No LIC está incluída a vertente leste da parte norte e a parte sur completa, que se continúa na serra da Madorra.

O MURADALCon dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m. Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, polo desvío que vai a Ribeira de Piquín. A áreaa protexida esténdese desde a serra do Hospital ata o cume do Muradal.

Cumes de Muradal e Hospital.

Os cumes de Muradal e Hospital están ocupados por parques eólicos.

SERRA DE FONCUBERTAÉ a serra que lle da nome ao espazo. Esténdese con dirección N-SE entre a serra do Hospital e das Pandas. Serve de divisoria entre as cuncas do río Neira (Miño) e Lamas (Navia). O cume da serra é o Alto de Foncuberta con 774 m.

SERRA DE LOUXASA parte norte está incluída no espazo protexido.

PENAS DE FERREIRAÉ a prolongación cara ao sur da serra do Muradal.

Monte do Vilarón

Vilabol, no val do Suarna

Souto, no val do Lamas, cos montes de Teixedo ao fondo.

Serra de Liñares, co val do Suarna

Mirador de Ancares (A Fonsagrada)

O sistema fluvial deste espazo está formado polos ríos Neira (Miño) e Lamas-Suarna (Navia) que excavan profundos vales nos xistos e lousas ou caen en fervenzas nas cuarcitas.

Val do rego de Ferreira, unha das cabeceiras do Lamas, o principal afluente do Suarna.

Val do Lamas, un pouco antes de se botar no Suarna.

Mazo da Porteliña, no rego da Porteliña, afluente do Lamas.

Seimeira de VilagocendeRío da Porteliña (Lamas-Suarna-Navia)San Martiño de Suarna, A Fonsagrada.

O salto máis grande da comarca e un dos máis altos de Galicia.

Seimeira do Rozabragada e muíño da Chaila

Rego de Rozabragada, un afluente do Suarna.San Martiño de Suarna

(A Fonsagrada)

Río Suarna na ruta da Chaila

Río Suarna na Naraxa

Río Suarna na Naraxa

Río Suarna na Naraxa

Restos dunha ferrería no río Suarna, en Vilar de Cuíña.

Muíño no río Suarna, en Vilar de Cuíña

FLORAA típica das fragas e ribeiras da montaña, dos espazos abertos e cultivos. Carballos, bidueiros, avelairas, salgueiros e castiñeiros coas especies herbáceas e arbustivas asociadas, ocupan os espazos encosta e os vales fondos; e piñeiros de repoboación e praderías, as partes altas próximas ás zonas habitadas. Os cumes máis altos están cubertos de matogueiras.

Bosque autóctono no fondo do val do Lamas

Castiñeiro e ouriceira

Paxariños (Linaria triornithophora)

Arandeiras (Vaccinium myrtillus)

FAUNAA característica das fragas e das áreas de matogueira: píntega común, saramaganta, pintafontes, sapos, rá vermella, lagartixas (da serra, galega e dos muros), cobras (lagarteira común e de colar), víbora de Seoane, azor, gabián, avelaiona, petos, carrizo, estreliña riscada, ferreiros, merlo, pega marza, tordo, ourizo cacho, furafollas, esquío, lobo, raposo, corzo, leirón rilón, martaraña, gato bravo, londra (nos ríos)...

Ferreiriño abelleiro (Parus major).

Lagarto das silveiras (xuvenil) (Lacerta schreiberi)

Melanargia Lachesis, unha das bolboretas máis comúns no espazo.

Vacaloura, escornabois (Lucanus cervus)

Seoane, unha poboación típica da Fonsagrada.

Hórreos típicos da comarca

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (xullo 2012)

top related