despedida 6º 2011 2012

Post on 09-Jul-2015

601 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Hoxe celebramos a fin dunha etapa especial na nosa vida.

Despedímonos de grandes amigos e profes, a quenes agradecemos o

seu acompañamento durante todos estes anos tan importantes

para nós.

Nas nosas memorias temos, o día no que entramos neste marabilloso colexio, cheos de

emocións, curiosidades, nerviosismo, alegría…

Entramos na clase, nos sentamos con outros nenos, sen saber que moitos de nós

compartiríamos grandes momentos durante tantos anos; algúns destes compañeiros

fóronse, outros, chegaron no transcurso da primaria.

Todos coincidimos no sentir que cada un dos nosos profes teñen un toque especial e único.

Aquel profe que nos apoiou cando aprendíamos a ler e escribir; o que nos axudou coas matemáticas; o que nos ensinou a cantar e a entender que a escola é divertida.

SEMPRE VOS RECORDAREMOS POLA

VOSA DEDICACIÓN.

Aos nosos pais:

•Grazas por escollernos este colexio.

•Grazas por outorgarnos as oportunidades para ser alguén na vida.

•Grazas por continuar regalándonos o voso amor e apoio.•Grazas por permitirnos chegar a cada meta que nos trazamos.

Aproveitar os días nesta magnífica escola,porque os anos pasan voando e

recordar: esta non é unha simple escola, é a nosa segunda casa.

Para rematar, queremos deixar unha mensaxe aos que quedan neste colexio,

noutros cursos:

Agradecidos estaremos,para sempre profesores.

Porque con moita paciencia, fostes os nosos grandes

instrutores.

Alumnos 6º

Ensinástesnos o camiño coa luz do voso saber.

Ensinástesnos lecturas que debiamos aprender.

Co voso amor guiástesnos e hoxe que remata este curso,

sabemos que vos imos estrañar.

Celia, grazas por poñerte a nosa altura

cando pouco máis sabiamos que falar e

camiñar. Ti introducíchesnos no

mundo do saber. Grazas por moverte

nun mundo pequeniño, con xente

pequeniña.

Agradécemoslle a Macu, ensinarnos a enlazar as letras, e

cos números, poidemos sumar e restar. Aínda que

non esté aquí grazas por ser tan cariñosa

e amable con nós.

Ánxeles, coa túa dozura, ilumináchesnos cos teus

coñecementos . Non so aprendemos o

saber dos libros, se non que, co teu soriso,

ENSINÁCHESNOS A SENTIRNOS SEGUROS

E TODO RESULTOU MÁIS FÁCIL.

Elisa, que difícil era todo cando comezamos quinto. Ti soubeches guiarnos para que nós conseguíramos alcanzar as nosas metas.

Non só agradecémosche isto, se non que nos iniciaches nas carreiras, nos saltos e todo o mundo da ximnasia.

• Grazas Pedro, porque ti fixéchesnos dar o máximo de nós mesmos. Isto vainos valer para que fagamos así con todas as cousas. Grazas, porque coas fichas de Panchito aprendemos que todos os problemas teñen solución, ata os máis difíciles.

• Grazas Charo, porque a seriedade da relixión cambiáchea por unha clase divertida, que nos fixo aprender moito mellor as cousas importantes da vida diaria.

• Grazas Xose Manuel, porque contigo non só o pasamos ben, se non que cada explicación convertíase en melodía e todo pareceu moito máis fácil. En cada nota que nos ensinabas, estaba o futuro dun músico.Tamén, por conectarnos nese gran mundo da informática, que nos fará as tarefas moito máis doadas.

• Grazas Montse, porque coa túa imaxinación, fixeches que nos expresáramos nun mundo de cores, que serviu para desconectarnos das rutinas diarias.

• Eli, grazas por ensinarnos relixión dunha forma doada e á vez sinxela, simpática e entretida. Aínda que foi pouco tempo o que estiveches con nós, deixáchesnos saberes importantes en relixión.

• César, aínda que non esteas aquí, queremos dedicarte estas palabras: Sempre fuches simpático nas clases e nos axudaches moito na informática. Non só te agradecemos isto se non que axudaches en apoio aos nenos que o necesitaban.

•Eli, queremos agradecerche a túa axuda e dedicación cos nosos compañeiros e por ser tan boa con todos.

•Teacher, thank you for teach us English, a very beautiful language. Not only this, but we also hope that you will enjoyed yourself with us.

Teacher, grazas por ensinarnos inglés, unha bonita lingua. Non solo isto, se non que tamén esperamos que ti o pasaras ben con nós.

• Sesi, nous vous remerçions pour l'enseignement du français de manière ludique. Il a été d'une grande aide.

Sesi, dámosche as grazas por ensinarnos francés dunha maneira divertida, foi unha gran axuda.

Martiño

Xulia

Diego

Paula

Iago

Jesús

Lucía

Lidia

Alan

María

Tania R

Pablo

Tania S

Oscar

top related