definitiva plantación das cinco árbores celtas

Post on 20-Mar-2017

94 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Plantación das cinco árbores celtas que faltaban...

ÁLAMOFAIA

CEDROTILEIRO

NOGUEIRA

O xoves, 28 de novembro preparámonos para repoñer as árbores celtas que faltaban na nosa plantación.

Aí estabamos nós, os alumnos e alumnas de 1ºESO, acompañados de Santiago, Soto e Chelo para botarnos unha man, se facía falta.

O traballo xa o comezaran Rubén, Daniel e Víctor, que acompañados de Feás, cavaron os buratos para plantar as árbores.TRABALLARON DURO PARA FACER MÁIS LEVADEIRO O QUE A NÓS NOS TOCABA.

Comezamos co ÁLAMO. Eliximos un sitio privilexiado para que as súas raíces crecesen sen atopar ningún obstáculo.

Soto explicounos o xeito de sacar a árbore do testo sen facerlle dano.

O ÁLAMO resistíase a saír. Soto e Santiago tiveron que esforzarse algo.

Uns co álamo, e outros coidando as outras árbores.

Todos e todas puxemos o noso gran de area. Aquí estabamos movendo a terra para colocar a árbore.

Soto ensinando que a fondura do furado tiña que ser suficiente para a árbore.

Santiago controlando todo e aproveitando para achegarnos algunha información.

Cando colocamos o ÁLAMO no seu lugar, botámoslle terra amodiño

A árbore ten que quedar dereita e buscarlle o seu sitio para que estea cómoda.

Mirade que guapo quedou!!!!

NON PENSEDES QUE SE NOS ESQUEZOU O MÁIS IMPORTANTE.

AQUÍ CHEGAN OS AUGADORES.

Pouquiño a pouquiño fomos dándolle de beber ao ÁLAMO.

ÁLAMO PLANTADO.

ERA A VEZ DA

FAIA

Como aprendemos rápido,movemos a terra....

Santi botou unha man (non se resistía...)

Colocamos a FAIA no seu lugar.

Botámoslle terra amodiño

Buscámoslle o seu sitio para que estivese cómoda

QUEDOU BEN, EH!!!

Aprendemos que hai que facerlles un círculo para que a auga penetre nas raíces e non se perda, e así o fixemos.

Dándolle os últimos mimos á FAIA

Santi aproveitou para estudar a bicharada que atopaba...

Para rematar, démoslle de beber á nosa

FAIA.

Dispostos para comezar a plantación da seguinte árbore.

Tivemos que movernos para outra zona do instituto.

Chegaba o TILEIRO e Sara fixo honores. ¡VAI POR TI, IAGO! Esperamos que esta non nola leven.

TODOS E TODAS SEGUIAMOS CO TRABALLO

Mesturamos a terra que compraramos coa do lugar...

Preparamos o furado movéndolle a terra...

Soto explicounos algunha cousa máis...

Se a árbore é pequena, hai que suxeitala mentres imos botándolle terra para que as raíces non queden afogadas

O TILEIRO era pequeniño e tivemos que mimalo un pouquiño máis.

Fixémoslle un círculo para que aproveite a auga e non pase sede.

Pisamos amodiño a terra para que as raíces fosen sentíndose seguras

E démoslle de beber

Botándolle auga por todos os lados

Mentres mimaban o TILEIRO...

Outros preparabamos o furado para a seguinte árbore.

O CEDRO

Botamos o abono

Separamos o CEDRO do testo

e retirámolo pouco a pouco

Explicáronnos que, ás veces ou case sempre, é mellor axudarse de guantes – nós usamos unha bolsa de plástico- para non mancharse moito.

E aquí está o CEDRO listo para plantar.

Movemos a terra e marcamos o lugar para que a auga penetre sen perderse

Botamos a terra que nos servía de abono

Ás veces, din que é bo botarlle unha pouquiña de auga antes da plantación final.

Miramos se estaba cómodo na posición que elixiramos para el.

Démoslle os últimos mimos

Pisamos a terra para aseguralo ben.

E regámolo.

Todo preparado para a plantación da NOGUEIRA

Como xa sabemos os pasos. Movemos a terra

Buscámoslle o seu sitio e botámoslle a terra pouco a pouco

Fixémoslle o círculo para que non perdese ningunha auga

Pisámola para que se sentise segura.

Démoslle de beber

E sentímonos orgullosos e orgullosas do traballo feito

O día 28 de novembro do 2013, os alumnos e alumnas do IES CASTRO DA UZ repuxemos as cinco árbores celtas que faltaban na plantación que fixeran os nosos compañeiros/-as no curso 2004/ 2005. Agora si que están todas as que teñen que estar.

Abeleira, abeto, álamo, amieiro, bidueiro, carballo, castiñeiro, cedro, ciprés, faia, figueira, freixo, maceira, nogueira, oliveira, olmo, piñeiro, pradairo, salgueiro, sorbeira, tileiro.

Grazas a todos os que nos axudastes e nos seguides axudando.

BANDA SONORA

Paul Glot - Oh_ Do Not Let The Word Depart _O, Bozh_ih Slov Ne Propuskaj_

top related