alumnado 3º eso do i.e.s aquis celenis
DESCRIPTION
Quérote +. Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis. O día en que nos dixeron que íamos participar no programa. Estábamos todos na clase cando petaron a porta cando… Quen sería? (Redobre de tambor). Era Merce cunha caixa de Quérote + onde poñía ‘Danos as túas suxestións’ - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
Quérote +
O día en que nos dixeron que íamos participar no
programa.Estábamos todos na clase cando petaron a porta cando…
Quen sería?(Redobre de tambor)
Era Merce cunha caixa de Quérote + onde poñía ‘Danos as túas suxestións’
Comentounos que íamos ter unha serie de charlas relacionadas co botellón, sexualidade, resumindo, os problemas normais na adolescencia.
De onde partimos Logo da sesión
introductoria onde explicamos os temas a tratar, puxemos a nosa caixa de suxestións, onde o alumnado de 3º ESO meteu preguntas ou dúbidas de xeito anónimo
Dúbidas ou preguntas Unha vez que o profesorado viu o contido da
“caixa de suxestións”, os temas que preocupaban ao alumnado eran:
Uns relacionados coa afectividade e a convivencia
Outros relacionados co fenómeno do botellón e as posibles consecuencias
Unha maioría sobre temas relacionados coa sexualidade
Ningún sobre as Tics
Charla sobre a convivencia.
Na charla de convivencia aprendimos que os problemas nunca se resolven pelexando senón falando.
Intentamos resolver un problema que nos puxo Noa e en vez de solucionalo acabamos berrando e tirando todo polo chan. Aí foi cando nos dimos conta de que todo se soluciona con diálogo.
Charla sobre os cambios na puberdade.
Esta charla deunola Merce! Fixemos varias actividades, unha delas trataba de debuxar cos ollos pechados a un compañeiro e outra dibuxalo coa man esquerda, foi moi complicado e á vez gracioso. Vimos uns vídeos sobre os cambios na puberdade. Tamén falamos sobre que a xente facía cousas no seu corpo para parecer mellores e seguir a moda.
Charla dos TICNoa, enseñounos uns vídeos sobre as redes sociais, e explicounos que aínda que a xente se saque fotos non quere dicir que as queira nas redes sociais.
Tamén falamos da convivencia i ensinounos un vídeo sobre o acoso escolar no que discriminaban a un rapaz por ser pelirroxo.
E agasallounos uns iPhone’s de cartón con frases.
Charla sobre o botellón.Con Fonsi comezamos a escribir palabras no encerado que nos recordaran ao alcol e noutra columna sobre o botellón. Despois sacamos as conclusións positivas e negativas, pero non é que houbera moitas positivas xD.
Charla de afectividade e sexualidade.
Antes de que nos impartira o obradoiro o personal de Quérote, a profe Marga falounos da anatomía dos aparatos reprodutores en base as dúbidas que plantexamos nas suxestións. Logo tivemos un pequeño debate.
A nivel de personal de Quérote, esta charla deunola Isa, fíxonos moita graza xa que dicía: ¨Carpe diem¨ vive o momento!
Empezou a decir que a xente mantén relacións sexuais e non usan métodos anticonceptivos porque o primeiro que pensan é: Malo será!
Despois separounos en grupos e deunos un tema a cada un dos grupos, os temas repartíanse en: a primeira vez, as ETS, os métodos anticonceptivos...
Charla sobre o aspecto físico.
Esta foi a última charla e deunola Isa ;)
Fíxonos escribir nun papel como nos víamos e que pensábamos de nós.
Despois intercambiamos os papeis e límolos en voz alta un por un D:
A continuación vimos uns vídeos que nos ensinaron que esperar pode ser bo, e ten a súa recompensa. E outros vídeos sobre como cambia a xente co photoshop.
O que aprendimos en palabras
O físico non é todo, a imaxe física non é o máis importante á hora de valorar a unha persoa
Precaución ao manter relacións sexuais Usar de xeito seguro as novas tecnoloxías, como
poñer contrasinais seguros Controlarse coa bebida e aprender a disfrutar
sobrio As redes sociais non son tan seguras como
parecen A manipulación que teñen as imaxes nas revistas E…moitas cousas máis
O que aprendimos en imaxes