algunhasclavesparaler nova atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda...

34
Algunhas claves para ler Nova Atlántida, unha historia de Francis Bacon por Alfonso Blanco Quintela Hugin e Munin

Upload: lydang

Post on 28-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Algunhas claves para ler Nova Atlántida,unha historia de Francis Bacon

por Alfonso Blanco Quintela

Hugin e Munin

Page 2: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario
Page 3: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario
Page 4: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario
Page 5: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

1. Theorice versus PraxisComo en tantos homes sobranceiros, en Francis Baconaprécianse varias caras que, nunha análise apresurada, po-den resultar contraditorias: por unha banda, desenvolveuun corpo teórico importante (moi reivindicado, sobre todo,en épocas posteriores a el), pero non foi quen de compen-dialo na práctica; pola outra, posuía unha mente privile-xiada para a conceptualización e o razoamento, mais nonsempre lle resultou de proveito na loita diaria por levarunha existencia acorde coas súas aspiracións (cousa queadoita acontecer con persoas non tan principais coma opolítico, xurista e filósofo inglés). Todo isto non deixa deter o seu punto irónico, pois, como veremos, Bacon quixoser un campión da Práctica fronte á Teoría.

2. A vida e a obra de Francis Bacon

2.1. Nacemento e primeiros anos

Bacon naceu o 22 de xaneiro de 1560, preto do barriolondiniense do Strand. Foi o segundo e derradeiro fillo dotamén segundo matrimonio do seu pai, Nicholas Bacon(1510-1579) e Anne, de solteira Cooke (c. 1527-1610). Eraa súa unha familia ben instalada na clase dirixente de In-glaterra, un reino que dende Henrique VIII (1509-1547)levaba un camiño político diferente do resto de Europa:a reforma relixiosa, propiciada polo rei, que desembocouna creación da Igrexa Anglicana, tivo como unha das súas

5

Page 6: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

consecuencias a confiscación das propiedades monásticas;estas terras foron distribuídas entre un grupo mediana-mente amplo de persoas laicas, que constituíron así o co-lectivo do que se serviu a monarquía inglesa para dirixir eadministrar o reino. Entre elas contábase Nicholas Bacon,que chegou a ser Lord Custodio do Gran Selo de Inglaterracon Isabel I (1533-1603, raíña dende 1558). A súa esposa,Anne, era unha muller moi culta, e unha irmá súa casoucon William Cecil (1520-1598), 1º barón de Burghley, oprincipal conselleiro de Isabel I durante a maior parte doseu reinado (e importante na vida de Francis Bacon, comoveremos).

2.2. Formación académica e primeiros servizos pú-blicos

Os anos de educación e instrución de Bacon son unha de-mostración de como ás veces a influencia dos pais e dosmestres non só non consegue que os seus pupilos vaian polocarreiro que se lles marca, senón mesmo todo o contrario.Para comezar, a súa primeira educación tivo lugar na ca-sa familiar, quizais debido a problemas de saúde. A súanai, ademais de versada en letras latinas e gregas, compar-tía as ideas do Puritanismo, un movemento que pretendíalimpar a Igrexa Anglicana de toda influencia católica, daque entendía que non estaba de todo liberada; ademais, ospuritanos consideraban como única fonte válida de coñe-cemento a lectura e interpretación das Sagradas Escritu-ras. Por iso Anne Bacon puxo a Francis baixo a tutela deJohn Walsall, un coñecido seguidor desta tendencia reli-xiosa e ideolóxica. No curso da súa vida, Bacon demostrounon estar nada de acordo coa filosofía do coñecemento quepropugnaban os puritanos.

6

Page 7: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

En segundo lugar, cando tiña 12 anos, Bacon entrouno Trinity College da Universidade de Cambridge, xuntoco seu irmán maior Anthony. Cambridge era a elecciónnatural para a clase de terratenentes laicos á que pertencíaa familia Bacon, xa que Oxford, por aquel tempo, tiñaaínda un ambiente demasiado medieval.

En Cambridge, Francis recibiu principalmente as ensi-nanzas de John Whitgift (1530-1604), futuro arcebispo deCanterbury, quen o instruíu na lóxica aristotélica, daque-la estimada como o mellor instrumento para adquirir uncoñecemento válido e útil. No desenvolvemento da súa pro-pia filosofía, Bacon reaccionaría radicalmente contra esteesquema intelectual, como veremos máis adiante. Francispermaneceu en Cambridge dous anos, no curso dos ca-les chegou a coñecer a mesma raíña Isabel, quen, disque,quedou impresionada pola capacidade intelectual do mo-zo. Con todo, non rematou os seus estudos universitariose ingresou na prestixiosa escola de Dereito de Gray’s Inn,tamén na compañía do seu irmán.

O pai de Bacon desexaba que se formase axeitadamentepara exercer cargos públicos; a tal efecto, moveu influen-

7

Page 8: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

cias co fin de incorporar a Francis ao séquito de AmiasPaulet (1532-1588), embaixador inglés en París. De 1576a 1579, Bacon viaxou por Francia e obtivo coñecementosde primeira man sobre a súa forma de goberno e estruturasocial e tomou contacto coa elite cultural e científica gala.Durante este tempo visitou tamén Italia e España.

2.3. Morte do seu pai e dificultades subseguintes

O seu periplo polo estranxeiro viuse alterado de súpetopola nova da morte do seu pai, que obrigou a Bacon a vol-ver a Inglaterra. Alí atopouse cunha situación que marca-ría o seu xeito de vida no sucesivo: a escaseza de recursospara soster unha vida consonte a súa clase social. NicholasBacon estivera xuntando cartos para mercar unha propie-dade que deixarlle como herdanza ao seu segundo fillo,co fin de que as futuras rendas abondasen para manteloaxeitadamente. A morte levouno antes de poder realizara compra, co que, de acordo coa lei, Francis só recibiu unquinto dos cartos reunidos polo pai. Dado que tiña pen-dente o pago dalgún crédito, Bacon quedou en situaciónde debedor. Non sería a derradeira vez.

Polo momento, subsistiu grazas a un permiso que re-cibiu para poder residir na escola de Gray’s Inn, e taména unhas poucas rendas que producía unha propiedade dasúa nai, e que ela lle ía achegando.

Con todo, Bacon sentía a necesidade de facer carreirano servizo público, para o que solicitou a axuda do seu tíopolítico, William Cecil, mais este desoíu a súa petición.Era certo que Cecil tiña fillos polos que mirar, e pareceser que non sentía moito aprecio por un sobriño do queadoitaba dicir que posuía moita intelixencia, pero máisespeculativa ca práctica. Así, Bacon seguiu a estudar e atraballar en Gray’s Inn, até que en 1582 se lle concedeu

8

Page 9: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

permiso para exercer como outer barrister, un «avogadoexterno» e non pertencente ao Queen’s Counsel, a catego-ría superior da avogacía inglesa.

Con anterioridade, en 1581 fora elixido membro do Par-lamento, e tanto nas súas intervencións na cámara comanos seus escritos da época manifestouse como un reformis-ta en canto a varios aspectos da vida do reino. Con todo,evidenciou a súa lealdade a Isabel cando, en 1586, avogoupola necesidade de executar a María I de Escocia1. Esemesmo ano volveu solicitar a axuda do seu tío Cecil pa-ra acadar un posto na corte, mais de novo o seu intentofracasou.

1Esta raíña, tamén chamada María Estuardo (1542-1587) fora privadado trono de Escocia e buscara refuxio en Inglaterra, onda a súa primaIsabel I. Para moitos católicos ingleses, María debía ser a lexítima raíña,co que Isabel a viu como unha ameaza. Logo de mantela confinada envarios castelos durante oito anos e medio, foi acusada de argallar a mortede Isabel, e foi executada o 8 de febreiro de 1587.

9

Page 10: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

A pesar de todo, durante estes anos foi gañando pres-tixio como avogado e xurista, adquirindo sona de liberal(estaba en contra do mantemento de certos privilexios feu-dais e das persecucións por motivos relixiosos, por exem-plo) e partidario dunha reforma do sistema legal inglés.No tema territorial, defendeu a necesidade de unir baixounha soa coroa a Inglaterra, Escocia e Irlanda.

Visto que do seu parente William Cecil non podía agar-dar cumprimento das súas aspiracións, Bacon trabou ami-zade con Robert Devereux (1565-1601), 2º conde de Es-sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña erecibía da corte un trato preferente. Porén, o secretarioprincipal da monarca, Robert Cecil (curmán de Bacon),facía todo o posible para diminuír a influencia de Essexen Isabel. Neste contexto, Bacon desgustou a raíña ao seopoñer a unha suba de impostos proposta por ela, e nin asúa amizade con Essex foi abonda para acadar o nomea-mento como Fiscal Xeral en 1594, cargo que recaeu nasmans de Edward Coke (1552-1634), un rival directo de Ba-

10

Page 11: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

con na corte e no mundo da xurisprudencia inglesa. Poucotempo despois, Bacon solicitou o posto de Procurador Xe-ral, mais a raíña preferiu a Thomas Fleming (1544-1613).A xeito de compensación, Essex regaloulle unha propie-dade en Twickenham, ao sudoeste de Londres; Bacon nontardou en vendela, xa que, como viña sendo o seu costume,tiña débedas que pagar.

En 1596, a carreira de Bacon avanzou algo máis, aoser admitido no Queen’s Counsel. Mais, non foi nomeadoMaster of the Rolls (o terceiro na xerarquía da xudicaturainglesa), malia ambicionar o cargo. Para remediar a súacativa situación económica pretendeu casar coa rica viúvaElizabeth Hatton (1578-1646), pero ela rexeitouno a proldo seu constante competidor, Edward Coke. Así, as débe-das de Bacon non fixeron senón medrar, e en 1598 chegoua ser detido por este motivo.

Nestes anos finais do século XVI, a estrela do condede Essex comezaba a declinar. En 1599 acudira a Irlan-da para comandar o exército inglés, que levaba xa catroanos empantanado nunha incómoda guerra na illa veci-ña (coñecida como Guerra dos Nove Anos, e que duraríaaté 1603). Logo de varios fracasos militares, asinou unhatregua cos irlandeses sen o permiso da raíña. Máis aín-da: regresou a Inglaterra e presentouse diante de Isabelsen audiencia previa (no seu propio dormitorio). A raíñamandou detelo e, coa inimizade declarada de Robert Cecil,en 1600 foi xulgado e declarado culpable de desobediencia:a sentenza consistiu nun confinamento e no afastamentode todo cargo público. Poucos meses despois foi liberado,pero a concesión que gozaba dende había anos sobre o mo-nopolio dos viños doces non lle foi renovada. Desesperado,reuniu un grupo de partidarios armados que entraron enLondres coa intención de forzar unha audiencia coa raíña.Houbo un choque violento, e Essex retirouse á súa propie-

11

Page 12: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

dade, Essex House, que pouco despois foi asediada até arendición do conde.

En febreiro de 1601, Essex foi xulgado por traizón áraíña, e Francis Bacon figurou entre os acusadores. Estaactuación súa contra un amigo tan próximo foi criticada;Bacon argumentou que, por moito que apreciase a Essex,a amizade non podía estar por riba da lealdade á patriae á raíña. O conde foi declarado culpable e, poucos díasdespois, era executado na Torre de Londres.

Este evidente distanciamento dun home caído en des-graza mellorou un chisco a estima que por el tiña unhaIsabel I que estaba a vivir os seus derradeiros anos. A pe-sar diso, a situación de Bacon apenas mudou até 1603,ano da morte da raíña, que non deixou descendencia. Asnormas dinásticas ditaban que o sucesor debía ser o entónXacobe VI de Escocia (1566-1625), fillo de María Estuar-do, que subiu ao trono inglés co nome de Xacobe I. Conel unificábanse as coroas de Inglaterra e Escocia.

2.4. Cambio de fortuna coa subida ao trono de Xa-cobe I

Xacobe Estuardo tiña cinco anos menos ca Bacon. Era unhome culto, con fondos coñecementos en varios campos dosaber, e Bacon viu nel unha persoa que podía favorece-lo, dende o punto de vista ideolóxico e persoal. E así foi,porque en cinco anos Bacon progresou moito: nomeadoCabaleiro o mesmo ano 1603, Procurador Xeral en 1607, edesignado como membro do tribunal coñecido como StarChamber ; era este último un posto moi ben remunerado,aínda que iso non impediu que Bacon seguise contraendodébedas.

12

Page 13: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Por outra banda, en 1604 casara con Alice Barnham(1590-1650), unha moza de 14 anos filla dun membro doParlamento. Hai testemuños de que non foi un matrimo-nio feliz; quizais Alice, que estaba afeita a unha vida moiacomodada, atopaba insuficientes os minguantes recursosdo seu home. Ademais, contra o final da súa vida, Baconmodificou o testamento co fin de desherdala, xa que, naaparencia, descubrira unha relación adúltera que a súa do-na mantiña con John Underhill, home con quen casou moipoucos meses logo da morte de Bacon.

Xacobe I enfocou o seu reinado cara ao fortalecementodo poder real, polo que tivo frecuentes choques co Par-lamento, que chegou a disolver en 1610. Bacon intentoumediar entre as dúas partes, mais os parlamentarios sem-pre o viron máis como un home do rei que como un deles.Isto pareceu máis evidente en 1613, cando foi nomeado Fis-cal Xeral, un cargo que levaba moitos anos ambicionando.Quizais por iso, cando ao ano seguinte Xacobe convocou

13

Page 14: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

de novo o Parlamento, os seus membros vetaron maiorita-riamente a presenza de Bacon.

O ano 1618 marcará o punto culminante da carreirapolítica do noso home: o rei noméao Lord Chanceler; ade-mais, no mesmo ano Xacobe vaino distinguir co título debarón de Verulam, facéndoo así entrar no número dos Pa-res do Reino (a máis alta nobreza, formada polos duques,marqueses, condes, vizcondes e baróns). A partir dese mo-mento, será oficialmente Francis Bacon, Lord Verulam.Tres anos despois, o monarca vólveo enriquecer, desta vezco título de vizconde de St. Albans.

No entanto, algúns dos inimigos políticos e persoais deBacon tamén gozaron do favor real, sobre todo o seu cur-mán Robert Cecil, a quen Xacobe lle concedeu os cargosde Secretario de Estado e Lord Tesoureiro.

2.5. Caída en desgraza e posterior morte

Aqueles que vían con malos ollos a promoción política deBacon aprestáronse a planear a súa caída. Para atacalo,

14

Page 15: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

escolleron o seu punto feble: as débedas. En 1621, o seuvello rival Edward Coke instigou e instruíu un proceso con-tra el no que o acusaban de aceptar, no seu exercicio comoxuíz, agasallos de litigantes. Esta conduta era bastante co-mún, e foi empregada como arma política e persoal contraBacon. O xuízo rematou coa aceptación dos cargos polasúa parte: foi sentenciado a pagar unha multa de 40.000libras, a permanecer encarcerado na Torre de Londres po-lo tempo que o rei estimase conveniente, e a non poderexercer cargo público ningún nin sentar no Parlamentode por vida; iso si, permitíronlle conservar os seus títulosnobiliarios. Algúns historiadores manexan a hipótese deque Bacon aceptou confesar a cambio de non ser acusadode sodomía, o que lle traería consecuencias moito peores.Sexa como for, este proceso significou a súa derrota polí-tica e a desaparición da vida pública inglesa.

Nos seus derradeiros anos de vida, Bacon dedicouse acompletar os seus escritos filosóficos, labor que cultiva-ra de xeito intermitente en épocas anteriores. A primeirosde 1626, mentres se atopaba na mansión do seu amigoThomas Howard (1586-1646), conde de Arundel, en High-gate, unha área suburbana ao norte de Londres, colleu unforte arrefriado ao experimentar coas posibilidades do fríopara a conservación da carne (utilizara un pouco de nevepara encher unha galiña). O arrefriado axiña dexenerouen neumonía, da que non se puido recuperar: morreu o 9de abril de 1626. Está soterrado na igrexa de San Miguel,preto de St. Albans. No momento da súa morte tiña benspor valor de 6.000 libras, aínda que as débedas que deixousen satisfacer ascenderon a 23.000. Os títulos que ostenta-ba (Cabaleiro, barón de Verulam e vizconde de St. Albans)extinguíronse con el, ao non deixar fillos. Mais a posteri-dade fixo perdurables varios aspectos do seu pensamento,que detallamos a seguir.

15

Page 16: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

3. A filosofía de Bacon

3.1. Conceptos básicos do seu pensamento

Bacon é moitas veces citado (para algúns, con esaxera-ción), como o «pai do Empirismo», a corrente filosófi-ca que, despois del, representarían, entre outros, ThomasHobbes (1588-1679), Baruch Spinoza (1632-1677), JohnLocke (1632-1704) ou David Hume (1711-1776). Tamén écitado como precursor ou promotor do que hoxe coñecemoscomo «método científico», pois un dos eixos fundamentaisdo seu pensamento é a insistencia na necesidade de indu-cir principios xerais a partir da observación de fenómenosindividuais na Natureza. Pódese dicir que os procedemen-tos concretos propostos por Bacon non perduraron, maissi o fixo a idea de manter unha actitude escéptica e tomarcomo base a coidadosa observación experimental.

As ideas dun pensador non se poden desconectar daépoca na que vive, e a de Bacon viu grandes cambios.

16

Page 17: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Entre 1575 e 1620 (entre os 15 e os 60 anos de Bacon),Inglaterra experimentou unha primeira Revolución Indus-trial, que a puxo á cabeza de Europa na minaría e o quechamamos industria pesada. Ao tempo, Francia –un paísvisitado por Bacon na súa mocidade– estaba a vivir unproceso de perfeccionamento das artesanías e os oficios enxeral. Foron tamén aqueles uns anos nos que Inglaterrarealizou grandes expedicións marítimas e descubrimentosxeográficos, dos que sabemos que Bacon estaba ao corren-te: coñecía e gababa as fazañas de Francis Drake (1543-1596), as viaxes de Martin Frobisher (c. 1535-1594) e osescritos de Richard Hakluyt (1552-1616) a prol da rea-lización de travesías de descubrimento e da colonizacióninglesa de América do Norte.

Nun nivel máis individual, como en calquera persoa,os anos de formación de Bacon contribuíron a deseñar asliñas mestras do seu pensamento. Xa mencionamos que ospreceptos do puritanismo, por unha banda, e os da filo-sofía aristotélica, pola outra, non o convenceron das súasbondades, senón máis ben ao contrario: non confiaba narevelación divina como fonte básica de coñecemento, e alóxica siloxística aristotélica parecíalle un sistema excesi-vamente especulativo, sen contacto coa vida real2. Con to-do, o coñecemento da Biblia e dos clásicos grecolatinos queadquiriu na infancia e primeira adolescencia foi moi fondo,como demostrou en todos os seus escritos. Asemade, apro-veitou a súa instrución nas artes liberais para adquirir un

2Foi en Cambridge onde Bacon coñeceu as aplicacións e adaptacións dalóxica aristotélica que viñan realizando os pensadores cristiáns (de manei-ra particular Tomé de Aquino) dende o século XIII, e que era dominantenos ambientes académicos. No tempo que Bacon pasou en Cambridge co-ñeceu os debates que se estaban a producir sobre as propostas que Pierrede la Ramée (ou Petrus Ramus, 1515-1572), estaba a facer para reformaro ensino superior e afastalo da práctica dunha lóxica demasiado pechadanos mecanismos siloxísticos e pouco ou nada atenta á realidade tanxible.Bacon abrazou esta postura intelectual e fíxoa súa.

17

Page 18: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

gran dominio da ferramenta básica na época, tanto paraavogados como para políticos e filósofos: a Retórica, coassúas técnicas de formulación organizada e presentación dasideas propias, na intención de convencer a un público oínteou lector.

Toda esta bagaxe educativa era fundamental para al-guén como Bacon, que, por tradición familiar e inclinaciónpersoal, estaba destinado ao servizo público; e, para taloficio, o estudo das leis era indispensable. Neste senso, aviaxe que realizou por Francia entre os 15 e os 18 anosabriulle os ollos a certos conceptos que daquela estabanen voga en Europa en relación co bo goberno. Alí coñeceuas propostas de Niccolò Machiavelli (1469-1527) –mortohabía tempo, pero cuxas ideas estaban moi de moda afinais do s. XVI– sobre a necesidade de que un dirixen-te público tivese unha moi boa formación. Tamén influíumoito nel Il libro del cortegiano, de Baldassare Castiglione(1478-1529), que coñeceu na tradución inglesa publicadaen 1561 por Thomas Hoby (1530-1566), e que ía na mesmadirección.

O resultado das súas inclinacións intelectuais e a súaformación foi o desenvolvemento dunha mentalidade moi

18

Page 19: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

práctica que, aplicada ao mundo do Dereito –que foi noque comezou o seu labor–, fixo que propuxese repetidasreformas do sistema legal vixente na época de Isabel I.Defendía que durante os procesos cumpría recoller múlti-ples testemuñas e analizar os casos dende todos os puntosde vista posibles, facendo gala dunha actitude ecléctica.Quería, en fin, que a Xustiza fose máis eficaz, e iso porvarias razóns: para mellorar a vida da xente, para honrarmellor a Deus e o sentido da Xustiza que a El se atribuía, epara identificar a monarquía como encarnación do mellore máis xusto goberno posible (de feito, en 1588 traballounun comité para unha reforma legal que non tivo efectosapreciables).

Nestes anos do final da mocidade, a súa mente deu unsalto importante: xa non se trataba de mellorar o siste-ma legal e político, senón de reformar o xeito no que oser humano aborda o coñecemento a través do seu con-tacto cos fenómenos naturais. Ese coñecemento, segundoBacon, debe adquirirse por indución: en primeiro lugar,cómpre observar os fenómenos naturais con detemento,para a partir deles extraer principios xerais básicos queexpliquen as súas causas; logo, é necesario buscar aplica-ción práctica a eses principios, e levar a cabo inventos quemelloren o tránsito humano pola vida.

Así, Bacon converteuse nun teórico da Filosofía Natu-ral. Para el, esta era a auténtica Filosofía, a PhilosophiaPrima, e non a Metafísica, tal como a desenvolveran Aris-tóteles e os seus continuadores. Ademais, Bacon desenvol-veu unha moral do filósofo: debía ser unha figura públicaao servizo do ben común, co único obxecto de mellorar avida do ser humano, recuperando o dominio sobre a Natu-reza que Deus lle concedera a Adán logo da Creación, e quese perdera coa expulsión daquel primeiro home do Xardín

19

Page 20: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

do Edén3. Como un só filósofo non sería quen de completarunha tarefa tan titánica, Bacon pensaba nun colectivo deinvestigadores ben preparados, e que debían estar rexidospor un soberano sabio (de feito, esta é a idea que tomoucomo liña reitora da Nova Atlántida, como se verá). Así,este colectivo de filósofos sería a vangarda do progreso inte-lectual, o cal redundaría, finalmente, en beneficio de todaa sociedade.

Como indicamos no apartado desta Guía dedicado ásúa biografía, Bacon viu na chegada ao trono inglés deXacobe I –un rei instruído– a oportunidade para poñeren práctica as súas propostas de reforma: pretendía im-buír ao sistema educativo da nova lóxica indutiva que elpropugnaba. Mais, a pesar de que, como vimos, o rei ohonrou co seu nomeamento para varios cargos públicosde relevancia e con títulos nobiliarios, non o apoiou nes-te aspecto4. Este foi o motivo principal polo que as súaspropostas intelectuais non foron recollidas e reivindicadasaté varias décadas despois da súa morte, como habemosver na seguinte sección.

3Esta idea era común no pensamento europeo da época: co castigoa Adán, a Humanidade perdera o acceso ao coñecemento verdadeiro daNatureza, aínda que algúns homes sabios (Zoroastro, Platón, Aristóteles)conseguiran preservar parte daquela sabedoría; mais era o cristianismo,a relixión auténtica, o que debía desenvolver unha liña de pensamentoque devolvera aos humanos o dominio primitivo sobre todo o creado. Contodo, para Bacon a fonte de coñecemento non debía ser a revelación directapor parte de Deus, como defendían os puritanos na súa época, senón otraballo intelectual do home a partir da observación da Natureza. Estapostura fixo que nos ambientes controlados polos puritanos Bacon fosevisto como perigosamente próximo ao ateísmo.

4Na época na que obtivo o cargo de Procurador Xeral (1607) Baconescribiu que lle facía ilusión ser nomeado Director dalgún colexio de pres-tixio, posto dende o cal podería impulsar unha reforma educativa que fa-vorecese os saberes prácticos, as investigacións e os descubrimentos. Contodo, certo é tamén que Bacon nunca chegou a escribir nada concretosobre como se podería levar a cabo os cambios que propuña.

20

Page 21: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

3.2. O seu legado intelectual

Máis de trinta anos despois da morte de Bacon, en1660 (ano que inaugura a época da Restauración ingle-sa), fundábase en Londres a Royal Society Of London ForImproving Natural Knowledge, máis coñecida simplementecomo The Royal Society. Estaba constituída por un grupode médicos e filósofos da Natureza que se reunían cadasemana e que debatían como promover a investigación ex-perimental. Estas persoas citaron expresamente a FrancisBacon como guía inspirador da súa asociación. Foi a pri-meira reivindicación pública das ideas do filósofo inglés,mais non sería a derradeira:

* En 1753, Voltaire (1694-1778) citouno expresamentecomo «pai do método científico».

* Thomas Jefferson (1743-1826), un dos pais fundado-res dos Estados Unidos de América, inclúeo, xunto conJohn Locke e Isaac Newton (1642-1726/27), na terna dostres homes máis grandes da Historia, ao seu entender(lembremos que Bacon avogara pola colonización inglesade América do Norte).

* As súas propostas de reforma legal non foron atendi-das durante a súa vida, como acabamos de ver, pero a súainfluencia pódese atopar no Código Napoleónico, que foio primeiro Código Civil pensado dende unha perspectivapaneuropea. Tamén hai pegadas do pensamento legal deBacon nas reformas levadas a cabo en Inglaterra poloPrimeiro Ministro Robert Peel (1788-1850).

21

Page 22: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

A súa figura continuou a ser admirada en tempos pos-teriores e foi recoñecido por moitos estudosos como unhome adiantado á súa época. Tal percepción contribuíua envolvelo nunha aura de misterio, e isto propiciou quese lle atribuísen feitos que, até o de agora, non foron de-mostrados de maneira convincente. Imos citar os dous demáis sona:

A mediados do século XIX xurdiron dúbidas entre cer-tos filólogos sobre a autoría das obras de William Sha-kespeare (1564-1616), e o nome de Bacon apareceu, entreoutros, como presunto autor real de varias delas. A hipóte-se baséase nas dificultades que Bacon tivo para progresarna vida pública inglesa: ao ser o autor de obras teatrais(actividade que se consideraba denigrante entre a clase al-ta), Bacon vería entorpecida a súa promoción aos altoscargos que ambicionaba, polo que tomaría a Shakespearecomo home de palla.

Tamén se ten relacionado a Bacon con sociedadessecretas como a dos rosacruces ou a masonaría, sobretodo pola semellanza da Nova Atlántida coa ReipublicaeChristianopolitanae Descriptio (Descrición da Repúblicade Cristianópole), do escritor rosacruz alemán JohannValentin Andreae (1586-1654). Nesta obra descríbeseunha illa utópica na que vive un colectivo de eruditos quetraballan sobre Teosofía e Ciencias Aplicadas.

22

Page 23: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Ademais da liña histórica que reclama a figura de Ba-con como indispensable para a conformación do métodocientífico experimental, existe outra que non lle concedetanta importancia. As críticas que se lle fan descansan endous piares básicos.

Por unha banda, a pesar de defender a observación dosfenómenos naturais para extraer consecuencias prácticase levar a cabo invencións, el mesmo non fixo ningunhaachega destacable. Quérese dicir con isto que a súa contri-bución foi exclusivamente teórica.

Relacionada coa anterior está a crítica que se lle adoitafacer por non saber recoñecer o papel das Matemáticasno desenvolvemento dun futuro método de investigacióne progreso científico e técnico. Bacon consideraba as Ma-temáticas como un saber demasiado especulativo: aíndaque lles recoñecía o mérito de favorecer a concentración,non lles vía uso práctico.

Así, para algúns, Bacon foi un verdadeiro adiantado aomoderno método científico que foi tomando forma en Eu-ropa ao longo dun proceso que tivo lugar durante os sé-culos XVII-XVIII, para cristalizar no XIX. Pola contra,outros defenden que Bacon foi máis ben unha caste de«precursor inconsciente», que botou a semente de algo quexermolou máis adiante, pero que con moita probabilidadexurdiría igualmente de non existir o filósofo inglés. Cóm-pre dicir, con todo, que hoxe en día parecen ser maioríaos que defenden a primeira perspectiva.

4. Nova Atlántida

Esta obra de Francis Bacon enmárcase dentro do xénerocoñecido como utopía: a descrición dunha sociedade huma-na configurada dun xeito perfecto e que, por iso mesmo,

23

Page 24: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

proporciona a felicidade aos seus membros. Case semprese cita como iniciador deste tipo de libros A Repúblicade Platón (aparecida en 370 AEC), co seu retrato dunhasociedade ideal rexida por filósofos. Xa en época máis pró-xima a Bacon, publicáronse dúas obras que nalgunha oca-sión foron editadas conxuntamente con Nova Atlántida: aUtopía de Thomas More, aparecida en 1516, e a CivitasSolis (A Cidade do Sol), de Tommaso Campanella, que viua luz en 1602. Pódense tamén atopar relatos utópicos, porexemplo, en obras de Jonathan Swift (como a descricióndo país dos Houyhnhnms inserida en As viaxes de Gulli-ver, de 1726), Voltaire («Eldorado», en Candide, de 1759),e Jacques-Henri Bernardin de Saint-Pierre (Paul et Virgi-nie, de 1787), ou Henry David Thoreau (Walden, de 1854);e, xa nunha época máis próxima, en libros como Shangri-La, de James Hilton (1933), Walden Two, de B. F. Skinner(1948), ou Island, de Aldous Huxley (1962).

O título remite á lenda da Atlántida, moi coñecida enEuropa des que Platón, en dous dos seus diálogos (o Timeoe, sobre todo, o Critias), falase dunha suposta e moi prós-pera civilización perdida, localizada na illa da Atlántida,que estaría ao outro lado do estreito de Xibraltar, no Océa-no Atlántico. De acordo co relato, esta cultura chegaraa un grao moi avanzado de desenvolvemento 9.000 anosantes da época de Platón e dominara as ribeiras medite-rráneas até Libia e Italia. Segundo esta lenda, cando osatlantes quixeron conquistar Exipto e Grecia, o exércitoateniense conseguiu derrotalos, e pouco despois un cata-clismo mergullou a illa, coa súa civilización enteira, noOcéano. Bacon sérvese do nome desta suposta civilizaciónperdida para nomear o seu país utópico: así, a comunidadede Nova Atlántida de Bacon é, na súa época, o correlato daAtlántida de Platón, dende a perspectiva dos seus avancescientíficos, políticos e sociais.

24

Page 25: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Con este punto de partida, Bacon relata en primeirapersoa unha viaxe por mar que o leva, a el e os seus acom-pañantes, até unha illa descoñecida no Océano Pacífico,de nome Bensalem. Alí descobren unha comunidade dedi-cada por enteiro a realizar investigacións e experimentossobre fenómenos naturais. A finalidade de tales traballosé chegar a inducir, a partir deles, principios xerais que ex-pliquen, cada vez con máis precisión, os mecanismos daNatureza. Logo, eses fundamentos serán aplicados na ela-boración de inventos que farán máis doada e cómoda avida humana.

Tendo en conta que Bacon escribiu esta obra nos anosfinais da súa vida (para máis detalle remitimos ao apar-tado 6 desta Guía), é doado pensar que a elaborou amodo de recapitulación filosófica e emocional. Dende es-te punto de vista, pódese pensar que nesta ficción quixodepositar os conceptos básicos do seu pensamento, tal ecomo os salientamos no apartado anterior. Asemade, qui-zais desexaba xustificar certas condutas que o distinguironna súa carreira pública e que, segundo coidaba, puideroncausar a súa caída en desgraza. Ao noso entender, hai cer-tas pasaxes na obra que cabe encadrar neste marco.

25

Page 26: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

A illa de Bensalem foi evanxelizada e, xa que logo, osseus habitantes e gobernantes profesan a relixión cristiá.Ao longo de toda a obra as referencias respectuosas aocristianismo son abundantes, e tamén se aprecia un fon-do coñecemento das Sagradas Escrituras. Todo isto deixaclara a intención do autor de reivindicar a fe en Cristo co-mo inspiradora do labor investigador que se realiza naquelpaís. Moi probablemente Bacon quixo con isto dar res-posta ás acusacións que ás veces lle facían dende círculospuritanos de bordear o ateísmo na súa liña de pensamento.

En dúas pasaxes da obra, Bacon indica con claridadeque os empregados públicos de Bensalem non aceptabanagasallos, xa que se consideraban abondo pagos coa re-muneración pública que recibían (de feito, en Bensalemmesmo teñen un alcume para os funcionarios que consen-ten en recibir agasallos). É tentador pensar nos cargos porcorrupción que remataron por expulsar a Bacon da vidapolítica inglesa, e que xa mencionamos no apartado bio-gráfico.

Nunha reflexión sobre o matrimonio que se fai un poucomáis adiante da metade da obra, o personaxe do xudeuXoabín critica que os homes casen a unha idade serodia.É posible que, neste caso, Bacon dirixa unha crítica contrasi mesmo, pois el casara aos 44 anos: o matrimonio nonfoi feliz, e poderiamos contemplar esta pasaxe como unhaespecie de terapia de arrepentimento.

Cando na obra se fala dos costumes matrimoniais esexuais, cualifícase a homosexualidade de «abominable».Cabe, neste caso, relacionar esta contundente afirmacióncoas acusacións de pederastia e homosexualidade que al-gúns inimigos políticos e persoais de Bacon fixeron circu-lar, e que talvez xogaron un papel na súa aceptación doscargos por corrupción (como tamén indicamos na seccióndedicada á súa biografía).

26

Page 27: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Xa que logo, parece razoable concluír que Francis Ba-con, véndose xa no tramo final da súa vida, escribiu esteopúsculo como un manifesto sobre o seu pensamento fi-losófico; e, por outra banda, quixo tamén facer unha re-ivindicación da súa persoa e da súa traxectoria, así comoun acto público de contrición. Cómpre indicar tamén quea obra está inconclusa, seguramente debido a que Bacon,segundo nos conta William Rawley, quixo encher os seusderradeiros anos de actividade escritora, e non deu rema-tado todos os libros que empezara ou proxectara.

5. Outras obras de Bacon

Francis Bacon dedicou unha chea de tempo á escrituraao longo de toda a vida, sobre todo durante os derradei-ros cinco anos, xa no seu afastamento da esfera pública.De acordo co seu secretario e biógrafo William Rawley(1588-1667), era un home moi metódico, e sometía os seusescritos a revisións e correccións continuas. A seguir ex-poñemos as obras máis sobranceiras do filósofo e políticoinglés (con excepción de Nova Atlántida, xa tratada).

27

Page 28: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

–Essays (Ensaios): publicados por primeira vez en1597, coñeceron novas edicións e ampliacións en 1612e 1625. Neles Bacon reflexiona dende diferentes puntosde vista sobre temas da vida pública e da vida privada: averdade, a morte, a envexa, a nobreza, o ateísmo...

–The Advancement Of Learning (que se podería tra-ducir como O progreso do coñecemento): as ideas expre-sadas por Bacon neste libro, que viu a luz en 1605, foronconsideradas máis adiante como unha defensa do métodoempírico. Tamén inspirou a estrutura da famosa Enciclo-pedia, publicada en Francia entre 1751 e 1772 por DenisDiderot e Jean le Rond D’Alembert. A versión en latín,De augmentis scientiarum, saíu en 1623.

–Novum Organum Scientiarum, máis coñecido comoNovum Organum (O novo instrumento das ciencias). Ori-xinalmente foi publicado, en 1620, como segunda parte(dun proxecto de seis) dunha obra máis ampla, intituladaInstauratio Magna, que Bacon non chegou a completar.O Novum Organum, xa dende o título, é unha respostacrítica á lóxica aristotélica, e unha alegación a favor danecesidade de superala e substituíla por un método expe-rimental.

6. Esta tradución

Nova Atlántida foi publicada por primeira vez en 1627,un ano despois da morte de Bacon, polo seu secretario,William Rawley. Esta edición recollía a primeira versiónda obra, en lingua inglesa, polo que, a primeira vista, pa-recería máis razoable partir dela á hora de elaborar unhatradución, por ser a versión orixinal. Con todo, cremosmáis fiable o texto latino (publicado por primeira vez enLondres en 1638), que presenta certas variacións signifi-cativas respecto do inglés, e que foi elaborado máis tarde

28

Page 29: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

polo propio Bacon, de acordo con Rawley. Nestas condi-cións, e dado o costume que tiña o autor de revisar unhae outra vez os seus escritos, cremos que o texto latino deNova Atlántida representa a última vontade de Bacon res-pecto a esta obra, e é por isto que esta tradución é directado latín ao galego.

Nova Atlántida en lingua latina foi publicada seis vecesentre 1638 e 1661. Entre elas existen pequenas diferenzasque non afectan ao sentido xeral da obra. A falta dunhaedición crítica, aínda inexistente, o texto que seguimos pa-ra esta versión galega é o aparecido en Utrecht en 1643, adía de hoxe o máis accesible.

Tocante ao latín empregado por Bacon, é o correspon-dente a unha persoa con boa formación nos clásicos antigose nas normas da Retórica que se estudaban nas universida-des europeas da súa época; constitúe así un exemplo benrepresentativo do chamado «latín humanístico».

7. Agradecementos

Teño que comezar, dende logo, por todo o equipo daeditorial Hugin e Munin, que de novo confiou en min pa-ra un traballo de tradución. O seu interese pola culturalibresca e por enriquecer a bagaxe de libros vertidos aogalego é digno de recoñecemento e de gabanza. Ademais,as súas correccións e outras indicacións fixeron que o textoda tradución que entreguei non quedase senón mellorado.

En segundo lugar, quero lembrarme de dous compañei-ros nas tarefas docentes, cos que tantas conversas culturaisteño e terei: Alfonso J. González Asenjo e Ramón X. Bel-trán Carballeira, que teñen a paciencia de soportar a miñainsaciable curiosidade, e me levan por cantos currunchosda Historia me interesan; e sempre coa mestura de profe-sionalidade e humor que tan grata me resulta.

29

Page 30: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

Finalmente, Renée e mais Alma axúdanme cada díaa construír unha illa de benestar na que refuxiarnos dastempestades exteriores. Por iso o maior agradecemento é,unha vez máis, para elas.

Alfonso BlancoLouro, febreiro de 2016

30

Page 31: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

BIBLIOGRAFÍA(empregada e recomendada)

Traducións da obra

ESTÉBANEZ, E.G., Nueva Atlántida, Madrid: Mondadori, 1988(tradución do inglés con introdución e notas).

MATEOS, A., tradución e introdución, en MORO, T., T. CAM-PANELLA e F. BACON, Utopías del Renacimiento, México D.F.-Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1976 (reimp. 1996).

RAGUET, G.B., La Nouvelle Atlantide, París, 1702.

Outras obrasBACON, F., The New Atlantis, Londres, 1628 (versión en inglésdo propio autor).

FARRINGTON, B., Francis Bacon. Filósofo de la Revolución In-dustrial, Madrid: Ayuso, 1971.

GAUKROGER, S., Francis Bacon and the Transformation ofEarly-Modern Philosophy, Cambridge University Press, 2004.

LICHT, T., «Zu Entstehung und Überlieferung der Nova Atlantisdes Francis Bacon anlässlich ihrer Neuasgabe», en Strenae natali-ciae (Neulateinische Studien hg. Von Hermann Wiegand), Heidel-berg: Manutius, 2006.

PLATÓN, Critias, en Obras completas, vol. VI, Madrid: Medina yNavarro Editores, 1872, pp. 265-291.

PLATÓN, Timeo, en Obras completas, vol. VI, Madrid: Medina yNavarro Editores, 1872, pp. 128 a 264.

QUINTON, A., Francis Bacon, Madrid: Alianza, 1985.

Páxinas webArtigo sobre Bacon na Wikipedia en galego

Artigo sobre Bacon na Wikipedia en inglés

Artigo sobre Bacon na Wikipedia en alemán

Artigo sobre Bacon na Stanford Encyclopedia of Philosophy

31

Page 32: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario

A vida de Bacon, segundo o seu secretario William Rawley (eninglés)

Artigo sobre a Nova Atlántida na Wikipedia en galego

Artigo sobre a Nova Atlántida na Wikipedia en inglés

A Biblia en galego

AudiovisuaisLección maxistral sobre Francis Bacon a cargo do profesor doutorArthur F. Holmes

Documental sobre Francis Bacon

32

Page 33: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario
Page 34: Algunhasclavesparaler Nova Atlántida - huginemunin.com · sex, quen daquela gozaba da fonda confianza da raíña e recibía da corte un trato preferente. Porén, o secretario