caumascaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/materia2.docx · web viewhai algún tempo quixérono...

17
Materia: A NOSA CIDADE E AS SUAS COUSAS Profesora: Dª. ELISA PEREIRA GARCÍA SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIA

Upload: others

Post on 29-Jul-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

Materia: A NOSA CIDADE E AS SUAS COUSAS

Profesora: Dª. ELISA PEREIRA GARCÍA

SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIA

Alumno: Manuel González Cousillas

Febreiro 2015

Page 2: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

Índice

1. Introducción

2. Sen esquecer a nosa parroquia

2.1 Patrimonio históricoa. Igrexa

b. Cruceiro Cristo do templo parroquial

c. Cruceiro Cristo do Outeiro

d. Cruceiro Cristo do Pazo

e. Peto das Ánimas do Romeu

f. Castro de Casás

2.2 Patrimonio etnográfico 2.3 Patrimonio natural2.4 Actividade social

3. Conclusións

4. Bibliografía, recursos web e notas

Page 3: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

1.- INTRODUCCIÓNBaixo o título SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIA, quero exponer o meu

pensamento, sobre unha parroquia da que coñezo moi pouco, por mor das miñas obrigas

profesionais, aínda que me integrei como veciño no ano 1971.

Meu agradecemento as persoas que presten a sua atención a estas liñas, tendo en

conta que temos una prosperidade (abundancia de bens históricos, sociais e culturais), tendo

una obriga alomenos moral da sua conservación, facendo o uso mais razoable e responsable.

Pido desculpas as persoas que teñan diverxencias co enfoque e argumentos

empregados neste traballo, incluindo no mesmo o que considere mais relevante.

Si o consigo, me sentirei moi gratificado.

Page 4: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

2.- SEN ESQUECER A NOSA PARROQUIADo conxunto de parroquias do Concello de Vigo, supón unha satisfacción persoal,

aproveitar a oportunidade dun traballo sobre a parroquia de Santo André de Comesaña, na que

tantos anos levo residindo.

O nome dun lugar non é un feito casual. Responde a una descrición do terreo ou

algún feito que permite identificalo. Para principiar, intentar coñecer a orixe do da parroquia de

Comesaña (Santo André).

Comesaña: Indicaría unha curvatura no terreo, aínda que o profesor Xerardo Sacau,

Rodríguez(1) defendeu que se debería ao alcume dun antigo posuidor de terras (p.e. A

DEVESA DO REI).

Page 5: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

2.1 Patrimonio históricoO patrimonio cultural de Galicia é obxecto de protección e conservación como legado

para as xeracións vindeiras, entendendo como patrimonio cultural o patrimonio moble, o

patrimonio inmoble e mais o patrimonio inmaterial, tanto de titularidade pública como privada,

ademais das manifestacións da nosa cultura tradicional e popular.

Os bens declarados de interese cultural (os que representan o máis salientable dos

bens mobles, inmobles e inmateriais), os catalogados (aqueles que pola súa singularidade

chegan a definir un territorio) e os inventariados (merecedores de seren conservados) integran

o conxunto do patrimonio cultural de Galicia.

Rexistro de bens catalogos da parroquia:

a) IgrexaUbicación: Carretera Matama – Pazo

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)

Descrición: Edificio de planta en forma de cruz latina con cuberta a dúas augas e

construído en perpiaño granítico labrado e escuadrado. Na súa fachada podemos observar a

porta de acceso principal acubillada baixo un lintel moldurado e sobre el un grande ocelo.

Ambos elementos enmárcanse entre pilastras de inspiración clasicista embutidas no muro. O

campanario, de planta cuadrangular e esquinas achafranadas, serve de base a un frontón

triangular sen ornamentación que irrumpe o basamento do campanario. Este remata en altura a

través dunha cúpula octogonal horadada cuberta por unha cúpula que remata nun pináculo. No

seu interior atópanse cinco retablos con diversas imaxes de santos.

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

Page 6: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

b) Cruceiro Cristo do templo parroquialUbicación: Carretera Matama - Pazo

Cronoloxía: Descoñecida.

Descrición: Cruceiro situado no adro da igrexa parroquial. Ten base cúbica con

bordes achaflanados, presentando restos dunha inscrición, hoxe ilexible. Posúe un Cristo

estilizado, crucificado, con tres cravos nos seu pes. A súa cruz aseméllase á madeira, imitando

nos da mesma e é de sección circular. Levántase sobre unha columna de sección octogonal

que presenta no seu remate un capitel sinxelo con volutas angulares.

Está cambiado de sitio, pois o seu lugar primitivo era cerca da ábsida e xusto á

entrada ao antigo cemiterio hoxe desaparecido.

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

c) Cruceiro Cristo do Outeiro

Ubicación: As Nogueiras

Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición: Este cruceiro, situado sobre unha rocha, posúe un varal cilíndrico. A

continuación aparece a cruz, lisa, no que podemos ver a Cristo crucificado no anverso, e baixo

a cruz as figuras de San Xoán e a Virxe. Esta cruz forma parte do Calvario do Vía Crucis, e

arredor atópanse encaixadas no muro doce cruces. A día de hoxe o cruceiro aínda forma parte

das procesións de Semana Santa.

Segundo o arqueólogo José Manuel Hidalgo “Este singular crucero cuenta con mucha

devoción y numerosas leyendas que tratan sobre episodios relacionados con él. Es interesante

comentar las numerosas cazoletas o huecos artificiales que se pueden observar en la pared

Page 7: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

delantera de la roca en la que está “clavado” este crucero. Podría estar hablándonos de ritos

religiosos primitivos vinculados a este lugar en concreto y que se relacionan en alguna medida

con algunas de las costumbres recogidas (como que en Semana Santa al atardecer, se

encienden dos antorchas a los lados del mismo…). Sería muy importante estudiar en más

profundiad este crucero y el folclore que lo rodea, aún en nuestros días”.

Categoría do Ben: Non está inventariado

d) Cruceiro Cristo do Pazo

Ubicación: Carretera Matama – Pazo)

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII).

Descrición: O cruceiro presenta o fuste cravado nunha grada achafranada na que se

sitúa unha inscrición, case ilexible, na que se diferencia o ano de 1723. Dito varal é octogonal,

sobre o que se sitúa o capitel composto, decorado con follas de acanto e volutas estilizadas. A

cruz, lisa e de sección rectangular, presenta no seu anverso a Cristo e no outro lado unha

imaxe da Virxe das Dores en actitude de oración.

Hai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o

permitiu. Porén, foi trasladado de beira da estrada debido ao ensanchamento da mesma,

quedando sen dous chanzos no traslado. Ao pé da grada atópanse numerosos signos de

devoción.

O cruceiro sitúase na estrada PO-552 Vigo-Baiona, na encrucillada que da acceso a

Santo André de Comesaña, malia que antigamente atopábase ao outro lado da estrada.

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese

Cultural

Page 8: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

e) Peto das Ánimas do Romeu

Ubicación: Carretera Vigo – Bayona

Cronoloxía: Século XIX (1860).

Descrición: Situado na estrada Vigo-Baiona a altura de San Andres de Comesaña.

Restaurado recentemente foille devolta a policromía. Componse dun retablo situado entre dúas

columnas xónicas pintadas de azul, na parte superior un crucifixo (actualmente roto) baixo o

crucifixo aparece un cadro coa caveira éas tibias, representación da morte. Entre as columnas

e rodeado por un cordón atópanse as imaxes das animas, seis figuras en forma de pirámide

tendo na parte inferior as lapas do purgatorio, a imaxe central de maior tamaño representa un

crego que a diferencia das demais figuras aparece vestido co hábito. Na parte superior do

retablo aparece rodeado por un cordón unha inscrición co ano da feitura: 1860; e na parte

inferior do conxunto unha inscrición reza: “ANIMAS DEL ROMEU / SAN ANDRES DE

COMESAÑA”.

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) 

Page 9: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

f) Castro de CasásLocalízase no barrio de Casás, nunha elevación de 100 metros de altitude, na

parroquia de Comesaña. Trátase dun filón na cima e ladeira do monte. O recinto principal, ten

unha zona máis elevada hacia o Leste, defendido por terraplens. A nivel inferior cara o sector

setentrional, presenta un aterramento.

No recinto superior, na zona máis elevada, ten unha gran concentración de materiais

cerámicos podendo localizarse fragmentos de ánforas e cerámica común romana.

A superficie total situase arredor das 2’6 hectáreas.

Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

2.2 Patrimonio etnográficoa) Fontes, e lavadoiros.Na parroquia a auga está presente en cada recuncho: No monte, na zona cultivable

en forma de levadas e ríos, nos que se facían presas para conducir a auga aos campos

traballados.

Fonte Camiño da Pedreira (1906) Lavadoiro de Sanín (1924)

Page 10: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

b) MuiñosA relación máis antiga dos muíños da parroquia é a do catastro de Ensenada, feito en

Vigo e freguesías no ano 1752.

Muíño do Crego Muíño novo

2.3 Patrimonio natural

Parque Forestal A GUIEIRA

Superficie: 29.200 m2

Accesos:

-Pola estrada a Valadares en dirección a Vigo, collendo a saída a Matamá.

-Pola estrada de Matamá a O FREIXO, pasando o cruce do O FREIXO a man

dereita.

2.4 Actividade socialA actividade social organízase, desde 1991, na Sociedade veciñal cultural deportiva

NAUTILIUS (SVCD NAUTILIUS), coa atención especial a temas de urbanismo e medio

ambiente. Súa labor reivindicativa foi concluinte para pechar o antigo vertedeiro de O ZONDAL.

Page 11: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado
Page 12: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

3.-CONCLUSIÓNS

¿Porqué conservar o Patrimonio?

Os edificios e monumentos do Patrimonio Historico, representan elementos que

pertencen a historia e tradición dun un país que chegarán as futuras xeracións.

Supoñen unha fonte importante de ingresos. ¿É un bo negocio? Pois sí. O turismo

xera importantes oportunidades de traballo e desenvolven novas infraestructuras.

España, ten no turismo unha das claves de desenvolvemento económico de

moitísimos Concellos, porque permite disfrutalos a turistas de todo o mundo.

E como remate, ¿quén non se fixo unha foto diante de algún monumento ou dunha

árbore milenaria?, pois polo tanto tamén e un pracer.

¡É ALGO DO QUE DEBEMOS ESTAR ORGULLOSOS!

.

Page 13: CAUMAScaumas.org/wp-content/uploads/2015/10/Materia2.docx · Web viewHai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado

4.- BIBLIOGRAFÍA, RECURSOS WEB E NOTAS

1.- Concello de Vigo.

2.- Xunta de Galicia.

https://cultura.xunta.es

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC).

Bens inventariados.

Bens catalogados.

NOTAS

(1) Xerardo Sacau Rodríguez (1940 – 2010).

Filólogo.

Director do Instituto de Estudios Vigueses.

Fundador do Aula de Toponimia Galega.