verde da Área da coruÑa da coruÑa anímate …...infraestrutura verde da Área da coruÑa...

2
INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA ÁMBITO A área que abarca a iniciativa está delimitada naturalmente ao nordeste polo Océano Atlántico (costa do Golfo Ártabro e do Arco Bergantiñán), e ao sueste polas serras, entre as cales destacan a Serra de Montemaior, os Montes da Tieira, o Cordal de Montouto, e a Serra da Loba. Esta zona, con consistencia ecolóxica, chega a 31 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos, Bergantiños, Ordes ou Eume. INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA PARTICIPACIÓN PÚBLICA O proceso de participación pública que se leva a cabo, busca implicar á poboación no deseño desta estratexia da infraestrutura verde, coñecendo as súas propostas, opinións e ideas, identificando áreas con valores naturais e culturais, camiños tradicionais, sendas e corredores que os conectan, ou valorando o estado das áreas de interese ambiental. Para iso, desenvólvense unha serie de obradoiros de participación, nos que pode participar todo o público interesado. Ademais, existen materiais de divulgación (web, redes sociais, folletos, exposición itinerante), para informar e explicar a iniciativa á sociedade. Para máis información e participar por vía telemática, pódese consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal O proxecto de Infraestrutura Verde da área da Coruña, promovido desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que colaboran a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, marcará as accións e proxectos de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios deste territorio. A definición destes espazos servirá de base para a concreción de actuacións como corredores en canles fluviais, proxectos de mellora paisaxística e ambiental, creación de bosques en ámbitos degradados, ou espazos verdes urbanos eficientes. infraestruturaverdecoruna.gal [email protected] DESEÑO DA ESTRATEXIA DE PARTICIPA NO OBRADOIRO DO TEU CONCELLO 1. Paderne - Irixoa 2. Abegondo 3. Carral 4. Culleredo 5. Cambre 6. Sada 7. Oleiros 8. Bergondo 9. Betanzos 10. Oza-Cesuras 11. Aranga 12. Miño - Vilarmaior 13. Curtis 14. Monfero - A Capela - As Pontes 15. Pontedeume - Cabanas 16. Coirós 17. Ares - Mugardos - Fene 18. A Coruña (1) 19. Arteixo 20. A Coruña (2) 21. A Laracha - Carballo 22. Cerceda @Adr.MarinasBetanzos/ @marinasbetanzos @Fundación.Juana.de.Vega / @juanadevega Territorio Aire Sensibilización Ocio Emprego verde Ecoturismo Desenvolvemento Gobernanza Patrimonio cultural Saúde Hábitats Innovación Terra Auga Benestar Mar Proximidade Alimentación Agricultura ecolóxica Conectividade Natureza Corredores Educación ambiental Sustentabilidade Custodia (2017-2018) Anímate a participar! Esta iniciativa ten como obxectivo definir unha estratexia dirixida a protexer a biodiversidade e promover a ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental, na procura dunha mellor calidade de vida da poboación e da instauración dun modelo sostible de desenvolvemento.

Upload: others

Post on 07-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: VERDE DA ÁREA DA CORUÑA DA CORUÑA Anímate …...INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA ÁMBITO A área que abarca a iniciativa está

INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA

INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA

ÁMBITO

A área que abarca a iniciativa está delimitada naturalmente ao nordeste polo Océano Atlántico (costa do Golfo Ártabro e do Arco Bergantiñán), e ao sueste polas serras, entre as cales destacan a Serra de Montemaior, os Montes da Tieira, o Cordal de Montouto, e a Serra da Loba. Esta zona, con consistencia ecolóxica, chega a 31 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos, Bergantiños, Ordes ou Eume.

INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA

PARTICIPACIÓN PÚBLICA

O proceso de participación pública que se leva a cabo, busca implicar á poboación no deseño desta estratexia da infraestrutura verde, coñecendo as súas propostas, opinións e ideas, identificando áreas con valores naturais e culturais, camiños tradicionais, sendas e corredores que os conectan, ou valorando o estado das áreas de interese ambiental.

Para iso, desenvólvense unha serie de obradoiros de participación, nos que pode participar todo o público interesado. Ademais, existen materiais de divulgación (web, redes sociais, folletos, exposición itinerante), para informar e explicar a iniciativa á sociedade.

Para máis información e participar por vía telemática, pódese consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal

O proxecto de Infraestrutura Verde da área da

Coruña, promovido desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que colaboran a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, marcará as accións e proxectos de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios deste territorio.

A definición destes espazos servirá de base para a concreción de actuacións como corredores en canles fluviais, proxectos de mellora paisaxística e ambiental, creación de bosques en ámbitos degradados, ou espazos verdes urbanos eficientes.

infraestruturaverdecoruna.gal

[email protected]

DESEÑO DA ESTRATEXIA DE

PARTICIPA NO OBRADOIRO DO

TEU CONCELLO

1. Paderne - Irixoa 2. Abegondo 3. Carral 4. Culleredo 5. Cambre 6. Sada 7. Oleiros 8. Bergondo 9. Betanzos 10. Oza-Cesuras 11. Aranga 12. Miño - Vilarmaior 13. Curtis 14. Monfero - A Capela - As Pontes 15. Pontedeume - Cabanas 16. Coirós 17. Ares - Mugardos - Fene 18. A Coruña (1) 19. Arteixo 20. A Coruña (2) 21. A Laracha - Carballo 22. Cerceda

@Adr.MarinasBetanzos/ @marinasbetanzos

@Fundación.Juana.de.Vega / @juanadevega

Te

rrit

ori

o

Aire

SensibilizaciónOcio

Emprego verdeEcoturismo

Desenvolvemento

Gobernanza

Patrimonio cultural

Saúde

HábitatsInnovación

Te

rra

AugaBenestar

Mar

Proximidade

Alimentación

Agricultura ecolóxica

Conectividade

Natureza

Co

rre

do

res

Educación ambiental

Su

ste

nta

bil

idad

e

Custodia

(2017-2018)

Anímate a participar!

Esta iniciativa ten como obxectivo definir unha estratexia dirixida a protexer a biodiversidade e promover a ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental, na procura dunha mellor calidade de vida da poboación e da instauración dun modelo sostible de desenvolvemento.

Page 2: VERDE DA ÁREA DA CORUÑA DA CORUÑA Anímate …...INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA ÁMBITO A área que abarca a iniciativa está

Andrewzahn

Matthias Ripp

Núcleos

Corredores

Espazos de transición, de alto valor ecolóxico que rodean os núcleos

Ecosistema costeiro

Zonas húmidas e marismas

Parques e zonas verdes

Agrogandeiría multifuncional

Ríos e bosques

Cubertas verdes

Sendas verdes

A infraestrutura verde é unha rede estratexicamente planificada de zonas naturais e seminaturais de alta calidade con outros elementos ambientais, deseñada e xestionada para proporcionar un amplo abanico de servizos ecosistémicos e protexer a biodiversidade tanto dos asentamentos rurais como urbanos.

QUE É A INFRAESTRUTURA VERDE?

Se pensamos na natureza, lembrámonos das carballeiras, das zonas verdes ou das sendas naturais que temos próximas. Estas áreas atópanse moitas veces conectadas entre si por bosques, zonas húmidas, rías ou ríos, creando un sistema relacionado. É a esta rede á que se denomina infraestrutura verde.

Considérase a infraestrutura verde como unha nova ferramenta que promove unha ordenación territorial para mellorar a saúde e a conectividade dos ecosistemas, convivindo ao mesmo tempo cos espazos para o lecer, as actividades agrarias e forestais, os valores culturais e patrimoniais ou as vías de transporte.

A infraestrutura verde componse de diferentes ecosistemas conectados, que forman un rede de NÚCLEOS e CORREDORES

Os núcleos son os elementos centrais, zonas de alto valor en termos de biodiversidade (diversidade de especies vexetais e animais); os corredores son enlaces que fan que a sistema da infraestrutura verde funcione.

Entre os posibles elementos que conforman esta rede, podemos atopar: zonas naturais protexidas, zonas húmidas, costas, ríos e pequenos cursos de auga, sendas, lagoas, bosques de ribeira, terreos agrícolas e forestais multifuncionais, prados, áreas verdes, áreas de interese patrimonial, ...

ANATOMÍA e ELEMENTOS daINFRAESTRUTURA VERDE

Os SERVIZOS ECOSISTÉMICOS, base da INFRAESTRUTURA VERDESon os beneficios que a natureza nos aporta á sociedade, e fan posible a vida humana e o desenvolvemento económico.

Proporcionan alimentos e auga limpa, regulan o clima, apoian a polinización dos cultivos e a formación de solos, ademais dos beneficios recreativos, culturais e espirituais. Estes servizos pódense clasificar en:

SERVIZOS DE ABASTECEMENTO E PROVISIÓN DE MATERIAS PRIMAS E ALIMENTOS

Alimentos para o ser humano / Plantas, algas e animais para uso agrícola / Madeira, fibras e outros materiais / Materiais xenéticos de todos os organismos vivos / Auga para o consumo / Recursos para a produción de enerxía / Recursos inertes

SERVIZOS DE REGULACIÓN AMBIENTAL

Mantemento do ciclo hidrolóxico / Regulación da contaminación das augas / Control da erosión / Protección contra lumes / Mantemento de hábitats e poboacións / Polinización / Control de pragas e enfermidades / Control de especies invasoras / Regulación do clima / Fixación e almacenamento de CO2

SERVIZOS CULTURAIS, LÚDICOS E DE OCIO

Saúde e benestar / Investigación científica Educación e divulgación ambiental / Patrimonio Cultural material / Patrimonio simbólico e inmaterial / Experiencias estéticas / Experiencias lúdicas

PROCESO DE DESEÑO

DA ESTRATEXIA 2018

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRIL

MAIO

XUÑO

XULLO

AGOSTO

SETEMBRO

OUTUBRO

NOVEMBRO

Gobernanza

intermunicipal

Entrevistas concellos

Participación pública cidadá

Obradoiros municipais /

Mesas sectoriais-

Cuantificación servizos

ecosistémicos-

Integración de elementos na Estratexia IV

ES

CO

ITA

AC

TIV

A E

PA

RT

ICIP

AC

IÓN

DE

CIS

IÓN

E D

EF

INIC

IÓN

ES

TR

AT

EX

IABorrador Estratexia IV

Presentación Estratexia IV

Información

pública

borrador-

Validación e

incorporación de

propostas-

Documento

final