a princesiÑa que conducÍa unha locomotoraeditorialgalaxia.gal/ensinantes/media/documentos/a... ·...

2
1 Autor Clara Do Roxo Páxinas 40 páxinas Editorial Galaxia Colección Árbore · serie laranxa Idade A partir de 8 anos A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA AUTOR DA FICHA: MABEL PÉREZ A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA www.editorialgalaxia.com ILUSTRADOR AUTOR CLARA DO ROXO A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes.Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. Esta é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña. MANUEL UHÍA Nado en Portonovo en xuño de 1944, é un dos ilustradores galegos máis soli- citados, e colaborou coa maioría das editoriais. De formación pictórica (presentou cadros en numerosas exposicións individuais e colectivas), o seu traballo como car- tacista e deseñador gráfico en axencias de publicidade aportoulle unha indiscutible capacidade para adaptarse a públicos e temas diferentes, así como seguridade e eficacia no trazo e un gran control do espazo. As súas ilustracións poden ir desde o debuxo caricaturesco máis tradicional, próximo á historieta humorística infantil, ao debuxo realista. Todas as súas creacións levan un inconfundible selo: esa perfecta distribución de formas no espazo, o trazo seguro de quen se sabe dominador da técnica do debuxo, a eficacia e a economía no uso dos recursos gráficos.No entanto, onde alcanza os seus mellores rexistros é no debuxo realista ao servizo de textos con calidades poéticas e dramáticas. Permítese xogar coas liñas, deixa que os contornos desvanézanse lixeiramente, difumina os fondos, creando un clima visual de parella forza poética e dramática. www.editorialgalaxia.es/autores/ autor.php?id_autor=976 SINOPSE Nun reino moi afastado, deses que sempre hai nos contos e nunca se sabe onde están, mais sabemos que están nalgures, unha princesa non quixo casar cun príncipe azul, non quixo gobernar inxustamente e dun xeito tiránico un reino, non disfrutou coas loitas e guerras de poder, non quixo ser a máis fermosa do reino, simplemente, nese reino tan afastado, mais tan próximo, a princesiña Marisela non quixo ser raíña, quixo ser condutora de locomotora.

Upload: others

Post on 23-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORAeditorialgalaxia.gal/ensinantes/media/documentos/a... · Cobizoso, a raíña Parchita, o Xeneral Longaespada, o principiño Frachipandiño

1

Autor Clara Do RoxoPáxinas 40 páxinas Editorial Galaxia Colección Árbore · serie laranxa Idade A partir de 8 anos

A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA

AUTOR DA FICHA: MABEL PÉREZ

A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORAwww.editorialgalaxia.com

ILUSTRADOR

AUTOR CLARA DO ROXO

A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes.Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. Esta é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña.

MANUEL UHÍA

Nado en Portonovo en xuño de 1944, é un dos ilustradores galegos máis soli-citados, e colaborou coa maioría das editoriais. De formación pictórica (presentou cadros en numerosas exposicións individuais e colectivas), o seu traballo como car-tacista e deseñador gráfico en axencias de publicidade aportoulle unha indiscutible capacidade para adaptarse a públicos e temas diferentes, así como seguridade e eficacia no trazo e un gran control do espazo. As súas ilustracións poden ir desde o debuxo caricaturesco máis tradicional, próximo á historieta humorística infantil, ao debuxo realista. Todas as súas creacións levan un inconfundible selo: esa perfecta distribución de formas no espazo, o trazo seguro de quen se sabe dominador da técnica do debuxo, a eficacia e a economía no uso dos recursos gráficos.No entanto, onde alcanza os seus mellores rexistros é no debuxo realista ao servizo de textos con calidades poéticas e dramáticas. Permítese xogar coas liñas, deixa que os contornos desvanézanse lixeiramente, difumina os fondos, creando un clima visual de parella forza poética e dramática.

www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=976

SINOPSE Nun reino moi afastado, deses que sempre hai nos contos e nunca se sabe onde están, mais sabemos que están nalgures, unha princesa non quixo casar cun príncipe azul, non quixo gobernar inxustamente e dun xeito tiránico un reino, non disfrutou coas loitas e guerras de poder, non quixo ser a máis fermosa do reino, simplemente, nese reino tan afastado, mais tan próximo, a princesiña Marisela non quixo ser raíña, quixo ser condutora de locomotora.

Page 2: A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORAeditorialgalaxia.gal/ensinantes/media/documentos/a... · Cobizoso, a raíña Parchita, o Xeneral Longaespada, o principiño Frachipandiño

2

AUTOR DA FICHA: MABEL PÉREZ

A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA

Tolerancia Respecto O afán de superación

A xustiza A paz A igualdade de oportunidades Educación non sexista

Coñecemento do Medio Ética

CONTROL DE LECTURAPor que estaba triste o rei Frachipando? Que envexaba o seu irmán Córvulo o

Cobizoso?- procura nun dicionario o significado da palabra cobizoso- A qué xogaba Marusela co seu pai? Por que non había trens no país de Marusela? Cantos anos tiña Marusela cando se converteu raíña? Cal era a fronteira menos vixiada por onde entrou Córvulo? Onde transcorreu a guerra? Como se chamaba o xeneral do reino? Cara onde fuxiu Córvulo? Pensas que Córvulo se arrepentiu de ser malo? Que é “Mágoa”? – pro-cura o significado nun dicionario- Cal foi o nome de Marusela cando se converteu en raíña? A que lugar enviou a raíña ao seu conselleiro? Que significa “bagullaban”? e “arela” ? Procura o seu significado. Que era o que odiaba Marusela do traballo de ser raíña? Como era a súa coroa? Debúxaa. Que era o que máis lle gostaba ao seu fillo? A onde marchou Marusela? Por que nese país había trens? Quen quedou reinando no país?

TRABALLO INDIVIDUALOBRADOIRO DE LINGUA

Describe aos persoaxes coma ti os imaxinas: Rei Frachipando, Marusela, Córvulo o Cobizoso, a raíña Parchita, o Xeneral Longaespada, o principiño Frachipandiño.

OBRADOIRO CREATIVOEstiveches investigando sobre as enerxías alternativas, agora faite inventor/-ora.

Crea un medio de locomoción que teña como combustible unha enerxía Ponlle un nome e fai un debuxo do teu invento, xunto cos dos teus compañeiros e compañeiras expoñédeos nun panel de inventos. Dámosche unha pista: “O solemóbil marino” é un vehículo para circular, a modiño, polo mar nos meses de estío, está formado por unha cadeira e un motor de placas solares que activan uns pedais que empezan a se mover e desprazan o vehículo sobre as ondas. Nos días de pouco sol podemos axudarnos pedaleando como se fose un patín de auga. E o teu como é? Descríbeo e debúxao. Es tod@ un inventor/-ora! Continúa a historia da raíña Marusela como condutora de locomotoras. Dámosche algunhas pistas: En qué consistía o seu tra-ballo, qué facía polas mañás ao erguerse, cómo lle botaba o carbón, quen ía con ela no tren, qué pensaban os pasaxeiros e pasaxeiras de que unha raíña se fixera con-dutora de locomotora. E entanto que facía Frachipando Cen, que pasou con Córvulo o Cobizoso, e coa raíña Parchita? Respondes a estas preguntas xa tes argumento dabondo para unha nova historia. Adiante, agora xa es unha/un escritora/escritor! Ilustra o teu conto debuxos.

PÁXINAS WEB QUE PODES VISITAR

http://es.wikipedia.org/wiki/Locomotora

http://es.wikipedia.org/wiki/Locomotora_de_vapor

http://www.galiciaespallada.com.ar/curros_primeira_locomotora.htm

http://www.youtube.com/watch?v=1TMOyZh2cxE

http://es.wikipedia.org/wiki/Locomotora_el%C3%A9ctrica

www.editorialgalaxia.com

AO REMATAR A LECTURADO LIBRO

ÁREAS INTERDISCIPLINARES

VALORES

TEMAS TRANSVERSAIS