afriga 59

48
PRESENTACIÓN ESPECIAL: ROBOT DE ORDEÑO LELY ASTRONAUT Nº 59 ANO XI Novembro-Decembro 2005 José Miguel Jartín, preparador: “A presentación aporta máis do 50% da puntuación dun concurso” AFRIGA P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A DOSSIER ESPECIAL-MAMITE Medidas de prevención/ Medicamentos/ Probas do LIGAL O laboratorio de ADN de Fontao, punteiro a nivel internacional ENTREVISTA REPORTAXE ALFREDO SUÁREZ CANAL, conselleiro de Medio Rural “Estamos dispostos a intervir se a industria retén pagos contra a vontade do produtor” MARTA LÓPEZ, socia da SAT A Veiga “Intentamos negociar un prezo mínimo, pero ninguén cho paga. Mangonean como lles dá a gana” “A xestión da cota está en mans do Goberno central, e eso non nos satisfai. Vamos intentar participar” “As 186.000 toneladas que veñen polo plan de reestructuración son importantes, pero Galicia pedía case 290.000. Hai que aumentar en cota”

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 07-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Número 59 da revista Afriga

TRANSCRIPT

Page 1: AFRIGA 59

PRESENTAC IÓN ESPEC IAL : ROBOT DE ORDEÑO LELY ASTRONAUT Nº 59A N O X I

Novembro-Decembro 2005

José Miguel Jartín, preparador: “A presentación aporta máis do 50% da puntuación dun concurso”

A F R I G AP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

DOSSIER ESPECIAL-MAMITEM e d i d a s d e p r e v e n c i ó n / M e d i c a m e n t o s / P r o b a s d o L I G A L

O laboratorio de ADN de Fontao, punteiro a nivel internacional

E N T R E V I S T A R E P O R T A X E

ALFREDO SUÁREZ CANAL, conselleiro de Medio Rural

“Estamos dispostos a intervir se a industria retén pagos contra a vontade do produtor”

MARTA LÓPEZ, socia da SAT A Veiga

“Intentamos negociar un prezo mínimo, pero ninguén cho paga. Mangonean como lles dá a gana”“A xestión da cota está en mans do Goberno central, e

eso non nos satisfai. Vamos intentar participar”

“As 186.000 toneladas que veñen polo plan de reestructuración son importantes, pero Galicia pedía case 290.000. Hai que aumentar en cota”

Page 2: AFRIGA 59
Page 3: AFRIGA 59

CONVOCATORIAS 3

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e Juan Carlos Landeira Castro. E-mail: [email protected]

Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DESEÑADOR GRÁFICO, Marcos Sánchez.Enderezo: Recinto Feiral O Palomar s/n. 27004 Lugo. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: [email protected]. Web: www.ctransmedia.com

Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: [email protected]. Web: www.ager.com.es

Imprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 9.000 exemplares

Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.

A F R I G AP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

ADMINISTRACIÓN

Entrevista ao conselleiro de Medio Rural . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

CONVOCATORIAS

Conafe en Xixón . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

Feira da Becerra da Estrada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

Preparación para concursos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14

Certame de frisona de Chantada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

EXPLOTACIÓNS

SAT A Veiga . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

PRODUCIÓN

Lely presenta o robot Astronaut . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24

Enquisa sobre supertaxa e prezos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26

SANIDADE

Dossier especial sobre a mamite . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

XENÉTICA

Laboratorio de ADN de Fontao. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43

06

12

15

16

24

13

29

Conselleiro

Xixón

A Estrada

Chantada

A Veiga

Astronaut

Mamite

43Fontao

Page 4: AFRIGA 59

�������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

17_p-duran.indd 1 1/5/05 15:11:32

■ CONCEBIDO PARA EL DESPLAZAMIENTO POR CARRETERA A 50 KMS/H

■ CUBAS DE 14, 17, 20 Y 22 METROS CÚBICOS

■ CHASIS GALVANIZADO Y 2,90 DE ALTURA

■ NUEVO MOTOR MERCEDES BENZ DE 4 CILINDROS, 130 KW-177 CV (EUROMOT 3A)

■ SISTEMA INNOVADOR DE MANEJO AUTOMOTIVE ELECTRONIC QUE INCORPORA LAS SIGUIENTES FUNCIONES:

• Control de potencia del motor menor consumo menos emisiones mayor duración del motor y los componentes hidráulicos

• Modalidad de funcionamiento diferenciada por finca/por carretera=mayor facilidad de manejo

• Diagnóstico general de la mecánica control de funciones control de mantenimiento y, en un futuro próximo, GPS (control remoto).

NUEVO CARRO MEZCLADOR A U T O P R O P U L S A D O

PRESENTADO EN LA FERIA DE BOLONIA 12/16 DE NOVIEMBRE

DURAN MAQUINARIA AGRICOLA, S.L. • Carretera N 640 Km 87.5 • 27192 A Campiña, Lugo • Tel. 982.22.71.65 • Tel / Fax. 982.25.20.86Web www.duranmaquinaria.com • E-mail [email protected]

Y TAMBIÉN NUEVO CONCESIONARIO

Page 5: AFRIGA 59

EDITORIAL 5

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

É sabido que os produtores de leite galegos foron, nas últimas cam-pañas, os que con máis intensidade mercaron dereitos de produción alí onde puideron, facendo na maioría das ocasións grandes esforzos económicos e de endebedamento. Esto evidencia unha vontade (e unha necesidade) de medrar en cota e en capacidade de comercialización de leite cru, vontade que quedou especialmente clara nos oito días de abril que puxeron fin ás transaccións de cota entre particulares.

Que Galicia necesita máis cota láctea é unha evidencia. A campaña de 2004-2005 finalizou cunha sobreprodución de 68.000 toneladas (1,1%) a nivel de Estado. Esto supón en Galicia unha multa de 8,7 millóns de euros que deberán abonar as case 3.600 explotacións que tiveron sobrepasamento. Malia a mensaxe de tranquilidade que transmiten as autoridades (véxase a entrevista co conselleiro de Medio Rural, neste mesmo número), no sentido de que se demorará o pago da multa duran-te varias campañas sen gravar aos gandeiros con intereses, é evidente que os produtores de leite _e, en especial, os galegos_ teñen enriba unha hipoteca que cómpre clausurar.

Os sobrepasamentos de cota non son unha decisión irresponsable dos produtores, senón unha necesidade dictada polo elevado nivel de ende-bedamento de moitos deles. E isto só se pode evitar, en primeiro lugar, aumentando os dereitos de produción do sector. A acción negociadora do Estado español no seo da Unión Europea para conseguir un incre-mento da cota láctea resulta máis necesaria que nunca. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, debe presionar as instancias estatais para que esas xestións teñan lugar. E tamén, el mesmo o di, para que o Goberno autonómico poida participar “mes a mes” na xestión de cota. O cal significa coñecer puntualmente os datos de entregas á industria e de compensacións posibles, de xeito que non se repita a “sorpresa” que supuxo a supertaxa no final da pasada campaña.

É importante que Galicia recibira 186.000 toneladas de cota na primeira entrega do plan de reestructuración xestionado polo MAPA. Pero máis revelador resulta o feito de que se tiñan solicitado 290.000 toneladas. A conclusión é evidente: se mire por onde se mire, os produtores de leite galegos precisan máis capacidade produtiva. E, tendo en conta as cifras que exhiben outros estados da UE, cabe concluír que ten dereito a ela: porque, a diferencia doutros gandeiros europeos, nunca puideron co-mercializar legalmente a totalidade do que producen. As consecuencias xa son coñecidas e a ninguén lle interesa que se repitan: leite negro, prezos á baixa, multas, etc.

Por último, recalcar que o crecemento de capacidade produtiva quedará eivado se non se acompaña dunha estabilización dos prezos do leite cru. É inxusta a zozobra de moitos gandeiros que ven como os prezos varían dun mes para outro, ás veces de xeito notable. Cómpre que se actualicen á alza e que se manteñan no tempo, pero para iso é impres-cindible constituír unha mesa técnica do sector na que a Consellería de Medio Rural desempeñe un eficaz labor de arbitraxe.

Máis cota para GaliciaAnúnciese na revista AFRIGA, a publicación idónea para dar a coñecer o seu produto ou servizo ao sector lácteo galego

Contacto: [email protected]éfonos 982 22 12 78

636 95 28 93

FÁGANOS CHEGAR OS SEUS COMENTARIOS E SUXERENCIAS

Asóciese chamando ao 981 680 575 ou enviando un Fax ao 981 688 335

Stand de Afriga na Semana Verde 2005

A F R I G AP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

Page 6: AFRIGA 59

ADMINISTRACIÓN6

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

O novo conselleiro de Medio Rural, o nacionalista Alfredo Suárez Canal, opina que o sector lácteo é un componente estratéxico da economía de Galicia que non debe esmorecer nin ser substituído. Para facer unha política coherente con esa idea terá que intervir sobre numerosos problemas na lexislatura re-cén iniciada. A escasez de cota, a debilidade financieira das explotacións e o abandono do campo por parte da xente nova son algúns deles.

ALFREDO SUÁREZ CANAL , CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL

“ SE A INDUSTRIA LLE RETÉN O PAGO A ALGÚN PRODUTOR CONTRA A SÚA VONTADE, NÓS ESTAMOS DISPOSTOS A RESOLVER O CASO”

_Empecemos polo tema candente: ¿canto tempo van ter os gandeiros galegos para satisfacer os 8,5 millóns de euros de multa por sobreprodución da campaña 2004-2005?

_Houbo unha posición da Xunta dicindo que esa multa por supertaxa non pode significar o peche de ningunha explo-tación. A solución razoable, aceptada polo sector, é que se

Page 7: AFRIGA 59

ADMINISTRACIÓN 7

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

vai demorar o pago 3 ou 4 anos, o que sexa necesario para os labregos, sen ningún tipo de intereses nin de gravames por parte dos primeiros compradores.

_O problema agravaríase se en próximas campañas hai novos sobrepasamentos e a multa vai medrando._Efectivamente. Polo tanto, temos que intentar que non haxa eses sobrepasamentos. E temos que intentar medrar en cota. De feito, no plan de reestructuración, a cota que vén para Galicia é moi importante, pero aínda así non é toda a que solicitaron os gandeiros galegos. Hai que reclamar da Unión Europea que se produza un reaxuste no mercado de cotas, de tal maneira que os estados que son deficitarios en produción de leite poidan incrementar a súa cota.

_¿A Consellería ten constancia das retencións practica-das pola industria que denunciou Xóvenes Agricultores en setembro?_Temos constancia de que se produciron algúns casos de reten-cións da industria a produtores. Os sindicatos saben que cando teñen coñecemento dalgún caso individualizado en que a in-dustria faga algunha retención contra a vontade do produtor, nós estamos dispostos a resolvelo. E temos resolto casos.

_O Fondo Español de Garantía Agraria publica periodi-camente os datos de entrega de leite á industria. ¿A que atribúe vostede que, aínda así, se chegue ao final dunha campaña con sobreprodución?_Primeiro, porque a cota que hai non é suficiente. Galicia vén comprando cota, o esforzo que están facendo os produtores galegos evidencia que queren estar dentro da legalidade e que para eso fan un enorme sacrificio financieiro. O ano pasado, Galicia foi a única comunidade que comprou significativante cota: superou o 80% das compras no conxunto do Estado, e algo parecido pasou no mercado aberto do 1 ao 8 de abril e no plan de reestructuración, no que Galicia pide máis cota da que lle toca. Eso significa vontade de legalizar e de medrar e por eso temos que seguir insistindo en que se manteña o plan de reestructuración e medrar en conta. Por outra banda, é moi importante participar na xestión da cota mes a mes _cousa que hoxe non se pode facer_ para evitar a sorpresa desta cam-paña, onde parecía que non ía haber sobrepasamento. Non se trata só de coñecer o que se vai xerando cada mes, senón tamén as compensacións que se poden facer. A xente non pode facer o cálculo de que non vai haber sobrepasamento porque non controla demasiado o procedemento de xestión das cotas.

_Onde se dirime o tema da cota é nos foros europeos. ¿Que marxe ten o Goberno galego para facerse oír alí?_Na xestión da cota non temos marxe ningunha. O que temos é a necesidade de que se faga unha xestión máis transparente

e na que participen máis as comunidades autónomas. O que é moi importante é a posibilidade de actuar desde Galicia sobre o mercado das cotas.

_Aí, por dicilo dalgún xeito, ten que ir vostede do brazo do Goberno central._O que hai hoxe, clarisimamente, é que a xestión de todo o relacionado coa cota está en mans do Goberno central. E a nós esa situación nin nos satisfai nin nos gusta. Nós vamos intentar participar o ano que vén voluntariamente na xestión do mercado da cota, e a partir de 2007 xa de forma definitiva. E esperemos que nesa data teñamos xa unha situación norma-lizada que permita ter un horizonte sen problemas.

_¿Qué opinión ten da primeira entrega de cota da reserva nacional en Galicia, que ascende a 186.000 toneladas?_É unha entrega importante, pero tamén hai que saber que non é toda a cota que solicitou Galicia, que se achegaba ás 290.000 toneladas. Eso significa que había a vontade de ir por máis cota e non se puido conseguir. Polo tanto, aínda valoran-do que é unha importante aportación, está lonxe das expec-

“Os labregos poderán demorar o pago da supertaxa tres ou catro anos sen grava-mes nin intereses por parte dos primei-ros compradores”

“Os esforzo dos produtores galegos na compra de cota evidencia que queren estar dentro da legalidade, e para eso fan un enorme sacrificio financieiro”

Page 8: AFRIGA 59

ADMINISTRACIÓN8

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

tativas dos produtores galegos. Por eso é importante seguir co programa de reestructuración e coa presión para que o Estado español incremente a súa cota dentro da Unión Europea.

_Moitos gandeiros profesionais, aínda estando de acordo co plan de reestructuración, lamentan todo o que levan gastado en cota nos últimos anos. Ven ese investimento como un patrimonio que se depreciou de súpeto._O que é evidente é que o sistema de cotas non resolveu os graves problemas que se dicía que ía resolver cando naceu. Non estabilizou os prezos, non permitiu manter as explota-cións _e dicían que era para eso_, os prezos están nunha si-tuación complicada e o horizonte presenta moitos problemas. Dentro deses problemas están tamén as dificultades finan-cieiras de moitas explotacións pola compra de cota. O noso compromiso de futuro é defender o que hai. Intentaremos

que ningunha explotación que non o desexe se vexa abocada a pechar por problemas financieiros ou de cota.

_¿Que resposta tivo o convenio firmado entre a conselle-ría e 11 entidades bancarias para adiantarlles aos gandei-ros a prima láctea?_En principio, a resposta evidencia que foi unha solución. Non podemos adiantar cifras porque aínda se están formali-zando algúns préstamos, pero pode haber unha cifra signifi-cativa de créditos formalizados que evidencie que foi unha boa aportación para resolver unha situación coxuntural.

_¿Que previsión hai de que se forme unha mesa técnica para tratar de estabilizar os prezos do leite cru?_O que nós imos intentar non é dar unha solución atomizada: cota por un lado, prezos por outro, superficie das explotacións por outro… Nós pensamos que é importante establecer unha mesa que constitúa unha interprofesional onde todas estas cousas teñan cabida e haxa un marco de negociación estable.

_¿Haberá receptividade por parte das industrias?_Eu espero que si, pero non o podo asegurar. Creo que o feito de que os produtores sintan que hai futuro e que están reci-bindo unhas rendas dignas, é positivo para o sector e defén-denos mellor ante problemas como a presenza permanente de leite foráneo e a competencia desleal.

_Ese problema, a entrada de lácteos foráneos, en concreto leite líquido de Francia, ¿pódese controlar dalgún xeito desde as instancias autonómicas?_O control de fronteiras non é unha competencia autonómi-ca, pero, desde logo, nós vamos intentar que haxa unha prima para o leite que se produce en Galicia. Entendendo por prima un estímulo, tanto na comercialización como na produción. Estaremos dispostos a que se entenda claramente por parte do Estado que é moi importante controlar as posibles competen-cias desleais nun sector tan estratéxico coma o leite.

_A creación dun grupo lácteo galego é un tema vello. O panorama actual é pobre: un único empresario autócto-no e unha cooperativa con graves problemas financieros. ¿Que poden facer para incentivar a creación dese grupo, algo que figura no programa electoral do BNG?_O que penso é que o punto de partida non é bo. Desde logo, é moito peor que cando o presidente Fraga chegou ao poder.

“Todo o relacionado coa xestión da cota está en mans do Goberno central, e a nós eso nin nos satisfai nin nos gusta. Vamos intentar participar o ano que vén na xestión da cota voluntariamente, e a partir de 2007 de forma definitiva”

“As 186.000 toneladas de cota que veñen a Galicia polo plan de reestructuración son unha cantidade importante, pero o que os produtores solicitaban achegábase ás 290.000 toneladas. Por eso é importante seguir co plan de reestructuación e coa presión para que España aumente a súa cota dentro da Unión Europea”

Page 9: AFRIGA 59

ADMINISTRACIÓN 9

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Daquela había moitísimas posibilidades de articular un grupo lácteo galego se houbese vontade política definida. Hoxe as dificultades son maiores. A cantidade de leite que se produce en Galicia controlado por empresas de dirección galega estará rondando o 20%, non máis. Pero o que é evidente é que o leite é un sector estratéxico en Galicia, e é importante que as decisións neste sector estean tomadas en clave galega. Imos traballar todo o que poidamos para que isto sexa así.

_Mentres que noutros sectores industrais se fai fincapé na necesidade de pechar ciclos produtivos, as lácteas ga-legas seguen centradas no leite líquido, cando o valor en-gadido vén dado por outro tipo de produtos._Esa é seguramente unha deficiencia causada polo feito de que o poder político anterior non apostara decididamente por un grupo lácteo galego e o peche do ciclo con produtos ela-borados. Esa é unha liña de traballo que hai que estimular porque se trata de xerar a maior riqueza posible en base aos produtos que se xeran aquí, que esa riqueza non acabe pro-ducíndose noutros territorios.

_¿Van tratar de incentivar que as explotacións se diversi-fiquen con queixerías ou outras razas de gando, que tra-ten de non depender exclusivamente do leite?_O que é fundamental entender é que o leite é un sector estratéxico que non ten substitución en Galicia. Polo tanto, nós non queremos transmitir a mensaxe de que o leite é un sector en declive e que hai que buscar solucións alternativas. Nós pensamos que as explotacións de leite deben ter viabi-lidade por si mesmas como tales. Eso non significa que non pensemos que pode haber certos graos de diversificación e coexistencia. O sector da carne é tamén moi importante en Galicia, cun gran valor estratéxico. Pero queremos abandonar o que certos sectores lle transmitían aos produtores: que esto non vai ben e hai que empezar a pensar noutra cousa. O sec-tor do leite, acaídamente dimensionado e coas explotacións necesarias, debe ter viabilidade para o futuro.

_Xa nun aspecto máis político, ¿qué avaliación fai dos seus primeiros contactos cos sindicatos agrícolas?_Non pode ser outra que moi positiva.

“Cando o presidente Fraga chegou ao poder había moitísimas posibilidades de arti-cular un grupo lácteo galego se houbese vontade politica definida. Hoxe as dificul-tades son maiores. A cantidade de leite que se produce en Galicia controlado por empresas de dirección galega estará rondado o 20%, non máis”

“Vamos intentar que haxa unha prima para o leite que se produce en Galicia, entendendo por prima un estímulo tanto na comercialización como na produción”

“O leite é un sector estratéxico que non ten substitución en Galicia. Non quere-mos transmitir a mensaxe de que é un sector en declive e que hai que buscar solucións alternativas”

_¿De todos por igual?_Eu neste tema non querería facer matices. Vostede sabe que vimos dunha corrente, o nacionalismo, que cre de forma moi rotunda que os sindicatos son una peza básica da estructu-ración dun estado democrático, e ademais unha peza básica para defender a parte máis feble da produción agrogandeira, que son os produtores. Nós pensamos que os sindicatos teñen un papel fundamental que xogar como interlocutores, como críticos, como reivindicadores e defensores dos intereses dos labregos. Nesta consellería van ter sempre a porta aberta e o diálogo franco e sincero. Nestes meses que levamos na conse-llería temos tido xa con diversas organizacións sindicais e cos tres sindicatos máis representativos do país moitas xuntanzas de diversa índole: para o tema do viño, dos incendios, do lei-te, do patrimonio das cámaras… Hai un diálogo moi fluído e unhas relacións moi cordiais.

_¿Tomoulle xa a temperatura ao cooperativismo galego? ¿Pensa que goza de boa saúde?_Hoxe é un valor estratéxico en Galicia, perfectamente asen-tado. Practicamente non hai ningún sector da produción agrogandeira e forestal que non teña detrás algunha coopera-tiva moi relevante. Eso evidencia ata que punto algúns tópi-cos que se teñen sobre a idiosincrasia galega non se asentan sobre a realidade. Hoxe é difícil atopar algún territorio do Estado onde haxa cooperativas tan fortes no sector gandeiro, cooperativas de segundo nivel incluso, que xa están funcio-nando como grandes proveedores de servizos aos produtores. Eso é un haber moi importante da realidade social do campo galego, e desde logo en nós van ter un aliado moi importante e toda a colaboración que ese tipo de experiencias merece.

Page 10: AFRIGA 59

ADMINISTRACIÓN10

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

_No sector lácteo, a xente nova está contemplando fór-mulas cooperativas coma as das SAT como unha sólida alternativa de futuro._No tema do leite, da carne, dos pensos… Tamén temos unha mecánica cooperativa na xestión forestal, que parte da propia idiosincrasia das comunidades de montes. É unha experien-cia a coidar, protexer e estimular. Se un quere simbolizar as cousas relevantes en Galicia, ten que referirse claramente ao cooperativismo.

_¿Que capítulos se van coidar máis nos orzamentos da súa consellería para 2006?_Vai haber unhas liñas condutoras que evidencien o que que-remos facer nestes catro anos de lexislatura. Nós vamos facer unha posta por rexuvenecer a xente que se dedica ao campo e dignificar a profesión agraria, que a xente nova pense que hai futuro no campo e que vai poder vivir nel con rentas dignas. Vamos facer tamén unha aposta para mobilizar a terra improdutiva. Vamos facer unha política de valorización do

monte que reduza o número de incendios. E tamén pensamos que é moi importante redeseñar todo o que é o desenvolve-mento rural en sentido amplo e os organismos que estaban funcionando por aí: a Axencia Galega de Desenvolvemento rural, a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal, as oficinas comarcais da propia Consellería… para poñelas realmente ao servizo do desenvolvemento rural integrado. Tamén necesi-tará un dimensionamento todo o apartado de formación e investigación. Todo eso terá plasmación nos orzamentos, se-guramente non coa intensidade que quixeramos.

_Nin tampouco se van ver os froitos nun ano._Os cambios nas estruturas, que é o que nós nos propoñemos, son cambios a medio e longo prazo. Pero pensamos que nunha lexislatura si que se van poder notar.

“Os sindicatos teñen un papel fundamental que xogar como interlocutores e críti-cos. Nesta consellería van ter sempre a porta aberta e o diálogo franco e sincero”

“Vamos facer unha aposta por dignificar a profesión agraria, para que a xente nova pense que hai futuro no campo e que pode vivir nel con rendas dignas”

“É importante redeseñar a Axencia Ga-lega de Desenvolvemento Rural, a So-ciedade de Desenvolvemento Comarcal e as oficinas comarcais da Consellería para poñelas realmente ao servizo do desenvolvemento rural integrado”

Page 11: AFRIGA 59
Page 12: AFRIGA 59

85 GANDERÍAS COMPETIRON EN XIXÓN, 11 DELAS PROCEDENTES DE GALICIAO recinto da Feira Internacional de Mos-tras de Asturias, en Xixón, acolleu entre o 30 de setembro e o 2 de outubro o XXVII Concurso Nacional Conafe da Raza Frisona e o VI Campeonato Nacional de Manexadores. Competiron 85 ganderías de oito comunidades autónomas que pre-sentaron en pista 193 animais.

Asturias foi a comunidade máis representada, con 88 ani-mais de 30 ganderías, seguida de Cantabria, con 38 animais de 19 ganderías. De Galicia concorreron 11 ganderías e 18 reses. O resto das rexións participantes foron Cataluña (17 animais de 12 explotacións), Euscadi (13 animais de 9 ganderías), Aragón (10 animais dunha gandería), Castela e León (6 animais de dúas ganderías) e Navarra (3 animais da mesma gandería)

O concurso foi xulgado por Dan Doner, xuíz internacional da Asociación Holstein de Canadá e propietario da Gandería Donalea en Ontario. O mellor manexador foi Víctor Arriero. De segundo quedou Jaume Serrabassa e de terceiro, Marc Drapeau.

PALMARÉS GANDEIROVaca Gran Campeona: ................................. Pachecas James Gretta. Ganderías

La Benera (Cantabria) e Las Pachecas (Jerez).

Xovenca Campeona e Gran Campeona: ....... Jimena. Gandería Los Tejos CB (Biscaia).

Xovenca Subcampeona: .............................. Bos Nodi Merchant Dana ET. Gandería Nodi SC (Lugo).

Xata Campeona: .......................................... Ametsleku Argi Gibson. Gandería Ametsleku CB (Biscaia).

Xata Subcampeona: .................................... Reto Ontario Integrity ET. Gandería SDCP Reto a la Esperanza (Cantabria)

Vaca Nova Campeona: ................................ Badiola Stormatic Megaty. Gandería Diplomada Badiola S.L. (Asturias).

Vaca Nova Subcampeona: ........................... Coto Iron Claudia. Gandería Casa Coto (Asturias)

Vaca Intermedia Campeona: ....................... Capón Carola Lee. Gandería Casa Capón (Lugo).

Vaca Intermedia Subcampeona: .................. Pozo Lee 4760. Gandería Casa Pozo (Lugo).

Vaca Adulta Campeona: .............................. Pachecas James Gretta.

Vaca Adulta Subcampeona: ........................ Travesía James Elsa. Gandería La Flor (Cantabria).

Mellor Autonomía: ....................................... Galicia

Segunda Mellor Autonomía: ......................... Asturias

Mellor Rabaño: ............................................ Gandería Diplomada Badiola S.L. (98 puntos)

Segundo Mellor Rabaño: ............................. Gandería La Flor (62 puntos)

Mellor Criador: ............................................ Gandería Diplomada Badiola S.L. (94 puntos)

Segundo Mellor Criador: .............................. Reto a la Esperanza (39 puntos)

XXVI I CONCURSO NACIONAL DE CONAFE. 30 DE SETEMBRO-2 DE OUTUBRO

CONVOCATORIAS12

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Galicia resultou elixida mellor autonomía no XXVII Concurso Nacional de Conafe

O MANEXADOR LUCENSE IVÁN CID TRIUNFA EN XIXÓN E EN BÉLXICA

O lucense Iván Cid Salgado foi subcampeón nacional senior no VI Campeonato de Manexado-res organizado por Conafe no Nacional de Outono. O campeón nesta categoría foi o asturiano Julián Rodríguez.

Como manexador junior foi distinguido o cántabro Adrián Entrecanales. O subcampeón foi outro lucense, José Alberto Iglesia Vila.

Na categoría infantil resultaron campeón e subcampeón a asturiana Marta Amandi Tomás e o cántabro José Alegría Pérez, respectivamente.

Ivan Cid tamén quedou clasificado como cuarto mellor gandeiro na VII Escola Europea de Mozos Gandeiros, celebrada entre o 31 de agosto e o 4 de setembro en Battice (Bélxica). O cántabro Adrián Entrecanales alcanzou o segundo posto na clasificación xeral.

Outros tres lucenses, Javier Álvarez, Bonet Cid e David Castro, alcanzaron os postos 26º, 32º e 73º, respectivamente.

O equipo español, formado polo mozo cántabro e os catro lucenses, obtivo a mellor puntua-ción por equipos.

A Escola Europea de Mozos Gandeiros está orientada ao aprendizaxe de técnicas de lavado, fabricación de camas, manexo, arranxo de pezuñas, alimentación e vendas. As clases impártense en francés, inglés, holandés e alemán.

Iván Cid, subcampeón senior de manexadores José Alberto Vila, subcampeón junior de manexadores

Page 13: AFRIGA 59

CONVOCATORIAS 13

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

O concurso de manexadores menores de dez anos deulle un especial atractivo ao certame. Resultaron premiados nes-te apartado, ao mesmo nivel: Avelino Souto Rozados, Iván Picaño Lorenzo, Alejandro Gañete Vidal, Lucía Gañete Vidal, Sheila Carbia Tejo, Bruno Rivas Fernández, Silvia Iglesias Ro-dríguez e Juan Eduardo Rodríguez Caramés.

Na competición de manexadores de 11 a 17 anos resultou ven-cedor Diego Gañete Vidal. De segundo quedou Adrián Conde Taboada e de terceiro, Rubén Rey Rivas.

PALMARÉS GANDEIRO

Xatas de ata 6 meses: ..................................... Os Caseiros Mira Roqueta. Gandería Os Caseiros (A Estrada).

Xata de 6 a 10 meses: .....................................Pereira Louro Princesa. Gandería Pereira (Forcarei).

Xatas de 10 a 14 meses: ..................................Casimiro Loio Princesa. Gandería Casimiro (Forcarei).

Premio Especial Mellora Xenética Xatas: .........Pereira Louro Princesa.

Xata Campeona: ..............................................Pereira Louro Princesa.

Xovencas de 14 a 18 meses: ............................Eiras Louro Tita. Gandería Eiras (A Estrada).

Xovencas de 18 a 22 meses: ............................Casimiro Fontáns Nova. Gandería Casimiro.

Xovencas de máis de 22 meses: ......................Arca Cubeiro Nika. Gandería Arca (Forcarei).

Premio Especial Mellora Xenética Xovencas: ....Arca Cubeiro Nika.

Xovenca Campeona: .........................................Arca Cubeiro Nika.

Xovenca Gran Campeona: ................................Pereira Louro Princesa.

Mellor Criador: .................................................Os Caseiros

X CONCURSO FRISÓN DE BECERRA SELECTA DA ESTRADA. 4 DE SETEMBRO.

27 GANDERÍAS DA ESTRADA E FORCAREI PRESENTARON 90 RESES

Arca Cubeiro Nika, da Gandería Arca de Forcarei, foi a Xovenca Campeona na Estrada

Algunas das mellores xatas do Deza desfilaron pola Estrada a principios de setembro ante a atenta mirada de Jordi Juanola, xuíz nacional de Conafe. O secretario técnico do xurado foi José Rodríguez, de Africor Pontevedra.

�������������������������������������������������

��������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������������������������� ����������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������������������������

Page 14: AFRIGA 59

CONVOCATORIAS14

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

O minicurso de preparadores de Cas-tro impartiuse no recinto feiral, aprovei-tando as reses que concorreron á poxa do día 5. É o segundo que ten lugar nesta vila chairega. O primeiro tivo como marco a anterior subasta de xovencas, celebrada en marzo. O monitor, José Miguel Jartín, é propietario dunha granxa en Pousada, no concello lugués da Pastoriza.

_¿Hai moita xente en Galicia que saiba preparar unha vaca para concurso?_É un tema que está bastante esquecido, pero agora empézase a tocar. Os que nos dedicamos a esto somos moi poucos e non o facemos a tempo completo. O Africor chámanos para que vaiamos preparar va-cas ás explotacións e nese caso aos gan-deiros non se lles cobra. Como se lles piden os animais para concursos e subastas, non lles custa nada. Doutro xeito, habería un momento en que non teriamos vacas para concurso, a xente xa ten suficiente tra-ballo sen atender a eso.

_¿Que pasos hai que seguir para poñer unha vaca en disposición de saír a pista?_En primeiro lugar, hai que domala, pre-feriblemente na casa. Se é mansa, pa-séase a man e se é brava, suxeita a un tractor. Despois hai que lavala ben, con moito xabón e cun cepillo de raíz para quitar todo o po de entre os pelos. Hai xabóns especiais, pero un fairy xa valería. Un mes antes do concurso cómpre darlle

un pelado a fondo. Cando a vaca vai a concurso vólvese lavar. A maioría lávanse ao chegar ao recinto da feira e despois prepáranse as camas para que nada máis lavadas poidan deitarse. O ideal para as camas é a palla, unha capa gorda e dura.

_Ademais, os animais deben dispoñer de comida e auga. ¿Cómo é a dieta dunha res en competición?_Sobre todo, moita fibra. Úsase reigrás deshidratado, palla, herba seca, alfalfa, penso… Ás veces a xente tamén leva cou-sas da casa, por ser comida á que a vaca xa está afeita. Segundo se acerca o día do concurso dáselles máis cantidade de comida para que enchan o ubre e abran a costela. A véspera procúrase darlles de seguido durante toda a noite.

_¿Cales son os últimos retoques antes de saír a pista?_Hai que cepillar a vaca para poñela cun carácter o máis leiteiro posible: marcando costela, pescozo fino, patas finas…

_De todo este proceso, ¿que é o que require un maior coidado?_Para min, o máis importante é a alimen-tación. Se alimentas mal a vaca, nin en-che nin fai ubre. E se lle dás de máis, en especial alfalfa, pódela indixestar. Unha cousa moi importante é o preparado no momento de saír á pista. Unha vaca que sae coa ubre ben chea e suxeita e co lom-bo recto é a que máis posibilidades ten

de gañar. O que máis se prepara son o lombo e as colas: lombo recto e colas car-dadas. Cando se lle fai á vaca o primeiro pelado sempre se deixa pelo no lombo e á hora de saír á pista, levántase e repása-se cunha máquina para deixar o corte o máis recto posible.

_¿Altera a preparación o benestar da vaca? ¿Prodúcelle algún tipo de estrés?_Moitas veces hai vacas que non fan lei-te por eso. Para ir a unha competición, a vaca sácase do seu ambiente normal e do que está afeita a comer. Cando están no lugar do concurso, moitas non comen e non producen leite. É raro que non haxa algunha vaca que non se estrese e se poña a berrar. Se tes a mala sorte de que a vaca non se adapta, non hai maneira.

_¿Antes as vacas preparábanse doutro xeito para as competicións?_Antes era raro que se lles preparasen os cascos. Agora procúrase darlles un repaso, limalos un pouco para que a vaca apoie mellor. Sobre todo, para que ande mellor no momento de saír á pista. Nalgún con-curso incluso hai un podólogo por se fai falta dar un último repaso.

_¿Canto aporta a presentación nos re-sultados dun animal a concurso?_Un animal moi bo, de ir ben preparado a ir mal prepado pode pasar dun primeiro a un cuarto posto. Para min aporta máis dun cincuenta por cento da puntuación.

JOSÉ MIGUEL JARTÍN, preparador, controlador e gandeiro

“ A PRESENTACIÓN APORTA MÁIS DO 50% DA PUNTUACIÓN DUN CONCURSO”

A preparación dunha vaca é fundamental para un concurso e deter-mina boa parte da puntuación que alcanzará o animal. En Galicia son aínda poucos os que saben asear axeitadamente as reses para a súa presentación en pista. José Miguel Jartín, controlador de Africor Lugo, aprendeu dun canadiense e transmite esta disciplina en cursos como o celebrado en Castro Ribeiras de Lea (Lugo) o pasado día 4, coincidindo coa sétima subasta de xovencas. En Chantada tamén se celebrou no verán un curso práctico de

preparadores de reses, organizado por Africor Lugo

2 º CURSO DE PREPARADORES DE CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA . 4 DE OUTUBRO

Page 15: AFRIGA 59

CONVOCATORIAS 15

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

O concurso de manexadores tivo unha sección para nenos de ata 9 anos. Os tres primeiros clasificados foron os chanta-dinos Marcos Osorio Noguerol (de Fontestriz), Adrián Viana López (de Raxino) e Jorge Vázquez Cuñarro (de Capón).

Os tres mellores manexadores de entre 10 e 14 anos foron o pastoricense José Alberto Iglesias Vila (de Rei de Miñotelo), Águeda Capón Fernán-dez (de Capón) e Diego Santos Rodríguez (de A Parada, A Pastoriza).

Na sección de manexadores de 15 a 18 anos, os tres vence-dores foron Roi Capón Fernández (de Capón), o pastoricense Diego Cando Santos (de Cando e Santos) e Darío Osorio No-guerol (de Fontestriz).

Os mellores manexadores adultos foron David Castro Rodrí-guez, de Gandería Costureiro de Sarria, e Odón Castro López, de O Palomar de Láncara.

XIV CONCURSO DE GANDO FRISÓN DE CHANTADA. 29-30 DE OUTUBRO

115 ANIMAIS DE 44 GANDERÍAS, NA EDICIÓN MÁIS CONCORRIDA DO CERTAME CHANTADINO

O xuíz Paulino Badiola Fernández foi o encargado de calificar as reses a concurso en Chantada. Na entrega de premios estivo presente o subdirector xeral de Gan-dería da Consellería de Medio Rural, Francisco Chivite

PALMARÉS GANDEIRO

Xata Campeona .................................. Gaigo Florita Blizt. Gandería Gaigo (Meira).

Xovenca campeona ............................. Aníbal Champion Aleluya IV. Gandería Cid (Barreiros).

Gran campeona de xovencas ............... Aníbal Champion Aleluya IV.

Vaca nova campeona .......................... 0097 Baixo Stormatic Gissela. Gandería Baixo (Sarria).

Vaca intermedia campeona ................. Pozo Lee 4760. Gandería Pozo (Lugo).

Vaca adulta campeona ....................... Xercas Ticia Wade ET. Gandería Pernas (Xermade).

Gran campeona de vacas .................... Pozo Lee 4760.

Mellor criador ...................................... Capón (Chantada).

Mellor rabaño ...................................... Pozo.

Mellor descendencia de vaca .............. Pernas.

Mellor gandería nova .......................... Rei de Miñotelo (A Pastoriza)

����������������������������������������������������������������������������������������������

�������������������������

�������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������

�����������������

�����������������������

�����������������������������������������������������������������������������������������������

SubastaNa poxa celebrada o domingo 30 vendéronse as oito reses presen-tadas. O montante global das transaccións foi de 13.250 euros.

A vaca máis valorada foi unha filla do touro Bos Convincer Celeiro preñada de Titanic, da gandería Outeiro de Chantada. A súa cotización pechouse en 2.150 euros.

Gran campeona de vacas, Pozo Lee 4760.

Page 16: AFRIGA 59

EXPLOTACIÓNS16

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

FICHA TÉCNICA Investimentos

78.000 euros en axudas a fondo perdido; un cré-dito subvencionado de 270.000 euros, a devolver en oito anos; outro crédito non subvencionado pola mesma cantidade.

Cota láctea

1,1 millóns de quilos. A SAT iniciou a súa activida-de con 500.000 quilos. Entrega á industria unha media diaria de 3.000 litros.

Base territorial

66 hectáreas

Superficie construída

6.000 metros cadrados

Parámetros do leite

Células somáticas: 285.000Bacterioloxía: 50.000Graxa: 3,99%Proteínas: 3,29%

Parque de maquinaria

De nova adquisición: carro de mesturas e cisterna de 8.000 litros

Aportada polos socios: tractores, arados, rastrillo, enfardadora, sementadora de millo, grada de discos, abonadora centrífuga, etc. Algúns destes aparellos son de uso compartido con outras explotacións da zona

Réxime de traballo

A xornada esténdese de sete da mañá a unha e media da tarde e de cinco a oito da tarde.

Cada un dos tres socios traballadores libra unha fin de semana ao mes e disfruta de 15 días de vacacións ao ano.

O PULO DA XENTE NOVA

A sociedade agrícola de transformación A Veiga ini-ciou a súa actividade no concello de Sarria (Lugo) en 2002, a partir das explotacións agrogandeiras de Marta López, Víctor Melle e José López. A estes tres mozos sumouse como socio José Joaquín Penela, que aportou a finca na que están ubicadas as instala-cións. Con 130 vacas en ordeño (212 en saneamen-to), a SAT aposta por un alto volume de produción como argumento de rendibilidade

SAT A VEIGA

Víctor Melle, un dos tres socios da SAT A Veiga, repartindo a mestura no establo

Page 17: AFRIGA 59

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

MANOVAC, S.L. – Islas Canarias, 31 – Pol. Ind. Fuente del Jarro – 46988 PATERNA (VALENCIA) SPAINTEL - + 34 96 1321591 – FAX - + 34 96 1343082 – [email protected] - www.manovac.com

MANOVAC, S.L. – Gutierre de Cetina, 63 – 28017 MADRID – SPAINTEL - + 34 91 4085133 – 91 4088978 – FAX - + 34 91 4076648 – [email protected]

MILKING EQUIPMENT

SALAS DE ORDEÑO� ORDEÑO TRASEIRO, SAÍDA

RAPIDA, ESTRUTURA INOXIDABLE

� ESPIÑA DE PEIXE INOXIDABLECON CABINAS INDIVIDUAIS

� BOMBAS DE VACÍO DE LÓBULOSCON VARIADOR DE FRECUENCIA

� XESTIÓN INFORMATIZADA EIDENTIFICACIÓN AUTOMÁTICA

Distribuidores en Galicia:

AGRIGAN GALLEGA, S.L.ESTDA. DA VIDE A PIÑEIRA. A VEIGA, 2727400 MONFORTE DE LEMOSLUGOTLF: 982 40 36 19

LUIS CASTAÑO ARIASCAMPO DA FEIRA, S/N27166 O PARAMOLUGOTLF: 982 53 90 96

VIGO BARREIRO FCO. J.M., S.C.AVD. SANTIAGO, S/N15830 NEGREIRAA CORUÑATLF: 981 88 52 04

• Ordeño traseiro, saída rápida, estructura inoxidable• Espiña de peixe inoxidable con cabinas individuais• Bombas de vacío de lóbulos con variador de frecuencia• Xestión informatizada e identificación automática • Medición electrónica e retirada automática

PARA CABRAS:• Rotativas• Side by side de cascada• Amarres de saída rápida revoltable en acero inoxidable

PARA VACAS PARA CABRAS

ORDEÑOSALAS de

Page 18: AFRIGA 59

EXPLOTACIÓNS18

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

“ SE OS TEUS PAIS NON CHE DEIXAN O QUE TEÑEN, T I NON PODES COMEZAR NESTA ACTIVIDADE”

Muller, propietaria e formada en escolas técnicas. Non é o perfil habitual dunha gandeira galega. Marta López, de 29 anos, embarcouse en 2002 na aventura de montar a sociedade agrícola de transformación (SAT) A Veiga no concello lugués de Sarria. Víctor Melle Rivas, de 23 anos, e José López Franco, de 27, son os seus compañeiros de viaxe. Xente nova que quere vivir con dig-nidade do mesmo que viven seus pais: o leite

MARTA LÓPEZ LÓPEZ, SOCIA DA SAT A VEIGA

_¿Que motivacións tiveches para dedicarte á gandería?_Que vivín sempre no campo. Toda a miña familia se dedicou á agricultura e eu vía que ían saíndo adiante. A min dábaseme ben a gandería e ademais é o único que vin, nunca traballei noutra cousa. Por outra parte, as circunstancias cambiaron. Agora pódese ter máis tempo libre neste traballo, aínda que quede moito por mellorar.

_¿En que sitios te formaches?_Estudiei nas escolas de capacitación agraria de Becerreá e Mon-forte e fixen o FP-2 de Explotacións Agropecuarias en Pontea-reas. En Becerreá estiven un ano, nun curso de garantía social para acceder á escola de Monforte. Non era necesario facelo, pero

a min recomendáronmo. Tiña 16 anos e era a única chavala. En todos os sitios nos que estudiei as mulleres eramos minoría, pero sempre me trataron ben. En Monforte estudiei un módulo de FP-1, máis orientado á gandería de leite. Alí aprendíase moitísimo porque durante unha semana ao mes tiñas que facer traballo de vaquería. Despois, en Ponteareas, dei un pouco de todo, os cursos estaban enfocados según o que máis che interesara. Por exemplo, moita xente queríase dedicar á horta.

_¿Para vacún de leite había boa preparación?_Si. Tamén había establo con vacas e clases de maquinaria. Daquela seguramente era a escola agraria máis importante de Galicia, tiña máis de cen alumnos en todas as modalidades.

A SAT de Marta, Víctor e José está ubicada na zona gandeira do concello lugués de Sarria

Page 19: AFRIGA 59

■ PRESENTACIÓN COMERCIAL LÍQUIDA■ SUBMINISTRAMOS DEPÓSITOS E BOMBAS DE ALMACENAXE■ DISPONIBILIDADE TODO O ANO

A súa proteína ten unha gran calidade, gran dixestibilidade (máis do 85%) e baixa degra-dabilidade. Esto fai da levadura de cervexa un compoñente ideal para combinar coa soxa. Se nunha ración entran 3,5 quilos de soxa, esta cantidade pódese substituír por 1,5 quilos de soxa e 7 quilos de levadura de cervexa.

Aporta vitaminas do grupo B, que actúan de protector hepático e axudan a mellorar a inxestión.

A LEVADURA DE CERVEXA MELLORA

A INXESTIÓN E APORTA PROTEÍNAS

E ademais:■ Facilidade de manexo■ Ausencia de mermas■ Aumenta a inxestión e a apetencia■ Un bo perfil aminoácido■ Pode mellorar a proteína en leite

Cantidades aproximadas por animal:■ Vacas de leite . . . . . . . . . . . ata 13 quilos

■ Xovencas e xatas . . . . . . . . . .ata 6 quilos

■ Ovellas e cabras . . . . . . . . . . ata 2 quilos

A levadura de cervexa obtense da fermen-tación anaerobia da cervexa. O seu uso na alimentación de gando bovino presenta varias ventaxas dignas de ter en conta:

Redúcese o custo por ración respecto á soxa. 4,5 quilos de levadura (o 22% de materia seca) aportan a mesma cantidade de proteínas ca un quilo de soxa.

Podemos usala para humedecer a ración, facéndola máis apetecible e favorecendo a súa mestura.

VENTA

DIRECTA

Contacto: Tlf : 93 229 69 09 • Fax: 93 229 69 08 • E-mail : [email protected] • Web: www.poballe.com

Page 20: AFRIGA 59

EXPLOTACIÓNS20

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Pero onde máis aprendín de gandería foi en Monforte, alí case todo estaba orientado ás vacas de leite.

_¿É normal que os gandeiros da túa xeración se formen en escolas?_Moita xente non se forma para nada. Fan cursos de 200 horas e póñense a traballar. A maior parte da xente que coñezo da miña xeración, e tamén da que empeza agora, non ten for-mación en estudios agarios. En cambio, case todos os meus compañeiros de escola tiñan explotación e estaban orientados a traballar nela.

_De entrada, ¿notaches algún tipo de limitación para fa-cer este traballo por ser muller?_Non, agora coa maquinaria que hai pode facer este traballo tanto unha muller coma un home. Hai cousas que ao mellor che costan máis, pero porque non che gustan de por si, non por ser muller.

_¿Que é o que máis che costa a ti?_O que máis, o manexo da maquinaria. Non me gusta, pero seino facer. En Ponteareas tiña unha ou dúas horas á semana de clases prácticas, pero, por exemplo, xa atopabas os apa-rellos enganchados. Hai aparellos que son moi difíciles de enganchar pola cantidade de manobras que tes que facer. E a nosa maquinaria xa se queda algo anticuada, igual se eu ti-vera outro tractor ou outro arado manexaríame mellor. Canto máis sofisticada sexa a maquinaria, máis fácil é traballar con ela, pero tampouco podes telo todo á última.

_Cando empezaches a estudiar, aos 16 anos, ¿notaches que xa sabías moito polo que viras na casa ou que che faltaba moito por aprender?_¡Que me faltaba moito por aprender! Moito. Na casa si que traballas, pero é algo rutinario. Fas as cousas sen prestar aten-ción e non te cuestionas por que son así e non doutra forma. E cando empezas a estudiar empezas a cuestionar as cousas. Ves o que se pode mellorar. Na xeración dos nosos pais, moitas cousas facíanas mal sen sabelo, por rutina e por tradición. Hai cousas que cambian, e tamén cousas que eles facían ben e que nós, por evolucionar tanto, facemos mal.

_¿Por exemplo?_Por exemplo, algún tipo de cultivo. Pola rutina de facelo to-dos os anos xa saben como se pode dar mellor e que condici-óns son as máis adecuadas. Ti lelo en libros ou asesóraste con agrónomos, pero non todas as terras son iguais, e eles saben como é o seu tipo de terra e que lle vai mellor.

_¿Costou moito traballo a decisión de constituír unha SAT na Veiga, houbo que darlle moitas voltas á idea?_Si, costou moito. Moitas horas de falar e chegar a acordos. Queiras que non, aquí en Galicia non había mente aberta ao cooperativismo. Se os teus pais non che deixan o que teñen, ti non podes comezar nesta actividade. Tes que contar sem-pre co que tes de atrás, coas túas fincas, as túas vacas e a túa cota. Se os pais dos tres socios non estiveran de acordo, esta SAT non sería posible. A outras persoas que viñeron consultarnos pásalles eso, que aos pais non lles entra na ca-beza que asociándote podes levar unha vida mellor e gañar diñeiro. E entón eses rapaces desanímanse e abandonan a agricultura. Nós tivemos moita sorte, os nosos pais axudá-ronnos en todo.

_E non houbo que gastar moito esforzo en convencelos._Non, non, que va. Eu, por exemplo, a meu pai díxenlle que ou faciamos algo así ou non quería saber nada da explotación familiar. Os outros socios ían continuar de todas maneiras coas súas granxas, pero todos tiñamos que facer uns investi-mentos moi grandes para seguir.

_Ademais de todo eso, influirían as ganas de vivir de ma-neira máis descansada._O máis importante desto é a calidade de vida, por eso se fan estas cousas. Non é que vaias gañar máis diñeiro, pero gañas en calidade de vida. Ademais, este traballo é moi solitario. Se estás na explotación da casa non tes nin con quen falar. E logo, que teus pais non che van durar sempre. Non os vas ter ata os 80 anos traballando, xa traballaron o seu e teñen que deixar ás novas xeracións poñerse ao cargo e tirar para adiante.

_Enténdese que a confianza entre os socios é básica para que vaia ben un proxecto así._Si, pero sabes que, como é de todos, todos o imos facer ben porque nos interesa. Sabes que cando ti faltas, a per-soa que está vaino facer tan ben coma ti. Esto é para o ben de todos.

“ Na casa fas as cousas por rutina e non te cuestionas por que son así. E cando empezas a estudiar empezas a cuestionar as cousas”

����������������������������������������������������������������

������������������������������������������

������������������■� ����������������■� �����������������■� �����������������������������■� ����������■� ��������■� �������������������■� ��������■� ������■� ����������

�����������■� ��������������������■� ����������������■� ����������������������■� ��������������������������■� ����������■� �����������������������

Page 21: AFRIGA 59

PIENSOS ARA• Fabricación personalizada de todo tipo de pensos: mesturas,

pensos simples, compostos, en fariña ou granulados

• Servizo de racionamentos para calquera especie animal

• Asesoramento técnico

• Servizo de menos de 24 horas para pedidos de calquera volume e a calqura lugar

• Venta de forraxes (alfalfa, palla, reigrás). Cantidade mínima, unha paca

• Venta de fertilizantes

Praza Maior, s/n - 27377 Muimenta (Lugo) - Telf.: 982.52.81.03 - Fax: 982.52.81.33 - Mail: [email protected]

Page 22: AFRIGA 59

EXPLOTACIÓNS22

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Marta López, na sala rotativa de ordeño durante o turno de mañá. Ordeña 130 vacas en hora e media.

_¿Que cálculos económicos fixestes ao poñer a SAT en marcha?_Mentres non pasan os anos de créditos, trátase de sobrevivir. Se as cousas non van a peor, claro. Os nosos créditos son moi fortes, con oito anos de amortización. Nestes oito anos face-mos para pagar os créditos, os nosos salarios e pouco máis. Como somos xente nova sen responsabilidades nin fillos, po-demos arriscar máis ca outros que xa teñan familia.

_Eso tamén vos obriga a pensar como empresarios._Claro. Nós agora o que temos aquí son as desventaxas dun traballador, traballar moitas horas que ao mellor están mal pagadas e, á parte, as desventaxas dun empresario: dores de cabeza, preocuparnos de mercar vacas, de pedir créditos… Hai que botar moitos números e nunca tes a mente descansa-da. Son demasiadas responsabilidades.

_Pero con eso xa contabas, ¿non?_Home, eu ao principio pensei que ía ser moito mellor. Pensei que nos ían dar moitas axudas do Estado por ser unha iniciativa de xente nova. E non, danche un diñeiro que tes que devolver. A nós a axuda non nos chegou nin para facer os cubículos. E como para pagar esto necesitas cota, tes que mercala e firmar uns créditos moi fortes. Non hai marxe nin para contratar unha persoa para os traballos da ex-plotación e tes que contar coa axuda dos pais, cando nós pensamos que os nosos pais son maiores e xa teñen dereito a descansar. Teñen que vir cando falta algún de nós e, claro, como tamén necesitamos tempo libre recurrimos a eles. Non lles importa, pero a nós gustaría-nos que disfrutaran o que nunca puideron disfutar.

_¿Cal é o balance que ti fas despois de tres anos de actividade?_Eu pensei que o primeiro ano ía ser malo e que ao terceiro ou ao cuarto ano iría ben a cousa. Pero como o tema da gandería está tan no aire, nunca podes arriscar, nunca sabes nada e tes que ir sempre sobre a marcha. Non che deixan avanzar porque non sabes que facer.

_¿Que é o que máis che disgusta da situación actual do sector?_O que máis, que cada ano saquen normas novas. Por exemplo, se nós souberamos que o Estado ía coller a cota e vendela a un prezo xusto, non teriamos gastado todo o que gastamos. Estamos pagando un diñeiro por unha cota que agora non vale nin a metade. A min paréceme moi ben que se fixera o plan de reestructuración, pero na nosa situación coincidiunos todo moi mal. Cando empezamos era o tema das vacas tolas e estaba a carne tirada de prezo, agora esto do leite e, por riba, a industria paga pouco polo leite que lle dás, esixe moitísimo e desconta por todo o que lle dá a gana. Estamos maltra-tados por todos. Só se preocupan polo benestar animal ¿O benestar das persoas que coidamos dos animais non vale nada?

“ Moita xente nova non se forma. Fan cursos de 200 horas e póñense a traballar. En cambio, a maioría dos meus compañeiros de escola tiñan explotacións e orientábanse a traballar nelas”

“ Se souberamos que o Estado ía coller toda a cota e vendela a un prezo xusto non teriamos gastado todo o que gastamos. Estamos pagando un diñeiro por unha cota que agora non vale nin a metade”

Page 23: AFRIGA 59

EXPLOTACIÓNS 23

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

O apoio das familias é fundamental para o traballo na SAT. Olga Melle, a nai de Víctor, na sala de ordeño

_Sabes que está sobre a mesa a demanda de negociar pre-zos estables para os produtores._Deberíase. Nós agora estamos vendéndolle a unha empresa grande. É a segunda empresa coa que traballamos. Antes esta-bamos cunha cooperativa, pero pagaba fatal e aquelo non era sostible. Cando cambiamos, intentamos negociar de entrada un prezo mínimo, pero ningunha empresa cho paga. Mango-nean como lles dá a gana. Nós temos meses en que chegamos a 63 pesetas por litro, o cal está moi ben, pero agora o prezo cae ás veces ata 54 pesetas. Tes que ter unhas calidades altísimas, e que non te penalicen por nada, para chegar a 58 pesetas. A firma que nos compra a nós dá moita caña. Todos os días sacan mostras do tanque, non hai ningunha outra empresa que faga eso.

[A empresa compradora entende que o leite con recontos de menos de 250.000 en células somáticas e menos de 50.000 en bacterioloxía é de clase A e paga o litro 0,12 euros máis caro. Se soben eses recontos, pérdense eses 0,12 euros suplemen-tarios. Se o reconto de células somáticas sobe de 400.000, a empresa desconta a maiores outros 0,12 euros].

_Máis controis de calidade e tamén máis papeleo._¡Buf! Esa é outra. Póñoche un exemplo: ti sabes perfectamente que non podes mandar un animal en tratamento ao matadeiro por-que che pechan á explotación. ¿Qué necesidade hai de que firmes unha declaración xurada de que non está a tratamento de antibió-ticos? Pois ese certificado costa 12 euros. Eu creo que moita xente que traballa na Administración podería reorientarse para dar ser-vizos ao gandeiro. Por exemplo, que valoren quen necesita axuda e que che manden persoas á explotación para determinados tra-ballos. Nas oficinas agrarias teñen moito traballo, pero eu vou moi-tas veces ao multiusos da Xunta en Lugo e vexo que están lendo o periódico. E eso a min fastídiame, porque eu teño moito traballo e sei que lles estou pagando o seu salario.

_Hai cooperativas que están poñendo en marcha servizos de substitución, de suministro de comida…_Pero págalo. Nós, neste momento, non nos podemos permitir contratar un servizo de substitución, nin moito menos con-tratar a unha persoa. Tal e como están as nosas marxes, non podemos movernos moito.

_¿Que ventaxas che gustaría ter para mellorar a túa vida laboral?_Eu o único que pido é un pouco máis de tempo libre. Poder contratar servizos externos e pagalos. Por exemplo, para que nos trouxeran a comida á explotación.

“ Temos as desventaxas dun traballador, traballar moitas horas mal pagadas, e as dun empresario, ter que facer moitos números”

_O teu caso é pouco común, no sentido de que as mulleres levan toda a vida traballando no campo, pero nunca como propietarias.

_Hai moitísimas mulleres no campo, pero sempre traballaron cos pais ou co marido. Eu son un socio máis nesta SAT. Nunca notei discriminación por eso. Non coñezo ningunha rapaza no meu caso, pero debería haber máis. ¿Por que non? Non é un traballo físico, non pasa nada por facelo. E aquí, polo menos, non tes un xefe que che mande ir máis de présa. Se teño que ir resolver un asunto a Sarria, voume e ninguén me di nada. Do que teño que ser consciente é de que debo estar ás horas de ordeño.

_¿Cómo te ves dentro de cinco anos?_Gustaríame ter a miña familia. Na situación en que estou agora non me podo permitir eso. Son moitas horas de traballo e non podo deixar esto nin poñer a ninguén no meu lugar. Espero nun futuro poder contratar unha persoa ou un servizo externo e ter máis tempo libre. Agora estamos botando moitas horas de máis e espero que este esforzo sexa recompensado no futuro.

Page 24: AFRIGA 59

PUBLIRREPORTAXE / PRODUCIÓN24

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

ADAPTABLE A CALQUERA TIPO DE EXPLOTACIÓN

O robot Lely Astronaut é un único módulo compacto. É di-cir, se fose necesario cambiar a súa ubicación por motivos de ampliación ou de refor-mas no establo o traballo duraría hora e media e non tería ningún tipo de gasto, nin sequera de albanelería.

CONTROL TOTAL DO ORDEÑO

As vacas son identificadas a través do sinal magnético do colar. O robot decide se o animal pode ser ordeña-do. Nese caso, dálle penso e estimula e limpa a ubre.

O robot coñece o tempo de ordeño de cada teto e co-necta primeiro o que tarda máis tempo.

O sistema tira os primeiros chorros de leite de cada cuarto, onde hai máis can-tidade de bacterias.

O brazo do robot controla en todo momento o proce-so do ordeño. Se a vaca tira algunha das tetoeiras, o robot recóllea antes de que toque o chan e recolócaa.

Inmediatamente rematado o ordeño, o robot fai o sela-do dos pezóns con iodo.

TECNOLOXÍA LÁSER

Rapidez e exactitude na conexión das tetoeiras. O sistema láser permite unha conexión das tetoeiras en calquera tipo de ubres, anque os pezóns estean cruzados, oblicuos ou moi separados.

RETIRADA AUTOMÁTICA POR CUARTO

Cada copa da tetoeira re-tírase en canto remata o fluxo de leite. Deste xeito evítase o sobreordeño e problemas engadidos coma o da mamite. Os datos do ordeño de cada cuarto son almacenados e poden ana-lizarse posteriormente.

LIMPEZA TOTALMENTE AUTOMATIZADA

O equipo de ordeño e os rodillos de limpeza lávanse e desinféctanse entre vaca e vaca para evitar calquera tipo de contaxio. O lavado do resto do equipo de or-deño pódese programar segundo a necesidade de cada granxa. O resultado é a máxima hixiene no rabaño e na instalación de ordeño.

MÁIS LIBERDADE E CON-FORT PARA OS ANIMAIS

O módulo de ordeño sitúa-se formando parte do lugar habitual dos animais. Cada vaca decide cando se or-deña, come ou descansa.

AUMENTO DA PRODUCIÓN

O aumento da produción é debido a que hai un maior número de ordeños. Esto axuda a que as ubres estean máis sanas e sexan máis duradeiras e a unha menor reposición de animais, así como un menor gasto en fármacos. Todo esto redun-da nun beneficio de entre o 18% e o 20%, dependendo dos casos, o cal sería sufi-ciente para pagar a máquina.

CALIDADE CONTROLADA

Os sofisticados sensores do SOR permiten separar automaticamente o leite con antibióticos, calostros, mamite, etc.

TOMA DE MOSTRAS

Toma mostras automati-camente das producións das últimas 24 horas. Único sistema homologado para mostras do control leiteito

XESTIÓN DE CHAMADAS

O SOR Lely Astronaut dános un servizo máis: o ordeño vixilado. Este ser-vizo consiste en chamar ao gandeiro cando o robot teña un problema. Ten a posibilidade de chamar a dez números de teléfono ordenados. É dicir, se o primeiro número non con-testa chamaría ao segundo, e así sucesivamente, e unha voz comunicaríalle ao gandeiro o problema que ten o sistema. Por exemplo: tetoeira rota, cordel do retirador roto, falta de de-terxente… etc

ROBOT DE ORDEÑO LELY ASTRONAUT: AUMENTA A PRODUCIÓN E A SALUBRIDADE

Cada robot pode muxir a produción de 70 vacas ou 700.000 litros de leite

10 GRANDES AVANCES DO SOR LELY ASTRONAUT

Lely, líder en sistemas de ordeño robotizado, presenta un robot adaptable a calquera establo

Page 25: AFRIGA 59

PUBLIRREPORTAXE / PRODUCIÓN 25

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

MÁIS BENEFICIO E BENESTAR PARA OS ANIMAIS E PARA OS GANDEIROS

O sistema Lely Astronaut exime ao gandeiro da obriga de ir dúas veces ao día á sala de ordeño. Este aforro en custos laborais e tempo pode rendibilizarse en traballos de xestión e desfrute do ocio.

Máis benefi cioO traballo máis delicado, duro e complexo dunha explotación que se dedica á produción de leite é sen dú-

bida o ordeño. Por eso a mul-tinacional Lely dedicou unha gran parte do seu presupos-to á investigación dun siste-ma de ordeño robotizado, buscando en todo momento a maior rendibilidade, segu-ridade e calidade de ordeño, co resultado de ofrecer ao gandeiro a posibilidade de sacar o maior benefi cio da súa explotación co maior benestar para os animais.

Despois de dez anos de investigación e desenvolve-mento, en 1989 comercia-lízase o primeiro robot de Lely, denominado Astronaut.

En máis de 16 anos de comerciación do robot fóronse facendo unha serie de melloras para lograr un maior rendemento da má-quina e un aumento da súa fi abilidade.

AGOLADA, PONTEVEDRAR/ Joaquín Loriga, 20 baixo Código Postal 36520 Tlf: 670 83 88 12/ 625 18 99 29/ 625 18 99 30 Fax: 986 78 81 55 E-mail: [email protected]

O éxito do sistema de ordeño robotizado baséase en que a vaca decide cando entra no dispositivo de ordeño

• Granxa Rodríguez (Pantiñobre, Arzúa). O primeiro de Galicia. 38 vacas en ordeño. Tlf: 608 88 47 39

• Explotación Seixo (Seixo, Taboada). Instalará un segundo equipo en xaneiro de 2006. 63 vacas en ordeño. Tlf: 658 20 92 08

• Gandería Gandarela (Barcia-Riobo, A Cabana). 68 vacas en ordeño. Tlf: 981 72 91 50

• SAT Ladeira (O Páramo). Dúas explotacións, en San Vicente do Páramo (63 vacas en ordeño) e Vieiriz (66 vacas en ordeño).Tlf: 687 86 10 03

PROXIMAMENTE:

• Gandería Lebón. S.C. Suñide (Samos). Tlf: 669 89 25 32

ROBOTS INSTALADOS EN GALICIA

PROXIMAMENTE

LELYEMPRESA LÍDER NO ORDEÑO ROBOTIZADO 16 anos de experienciaMáis de 3000 robots de ordeño vendidos en máis de 20 países do mundo

Page 26: AFRIGA 59

PRODUCIÓN26

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

MANUEL BOUZASFEDERACIÓN DE PRODUTORES DE LÁCTEOS (FEPLAC)

1/ “Nesta campaña xa hai 2.500 produtores españoles con so-brepasamento, algúns xa pro-duciron o dobre da súa cota”

En Feplac non nos colleu de sorpresa o sobrepasamento da campaña pasada. En outubro e novembro do ano pasado xa di-ciamos que con aquel ritmo de produción ía haber supertaxa. En febreiro volvemos comunicar o mesmo. Equivocámonos nas previsións porque ao final foron 68.000 toneladas e nós calcula-bamos sobre 40.000 ou 50.000.

Creouse un conflicto porque a Lei di que cando se solicita apraza-mento do pago hai que calcular a supertaxa máis os intereses e a esto engadirlle un aval dun 125% a maiores. Ao final dixeron de palabra que este aval non é ne-cesario. Pero a ver quen vai pagar os intereses. Igual non repercu-ten directamente no produtor, pero repercuten no prezo. Eu o que teño claro é que a industria non vai pagar os intereses.

Estou vendo os datos do Fega e xa imos disparados nesta campa-ña. Coas declaracións de entregas que hai ata agosto eu creo que podemos ter máis do dobre de sobrepasamento do que houbo na pasada campaña. Hai gandeiros que en agosto tiñan producido xa o dobre da súa cota. Agora mes-mo en España debe haber 2.500 gandeiros pasados de cota.

En Feplac estamos tendo re-unións periódicas co Fega e co-

municámoslle que con este rit-mo imos moi pasados. Ademais, o nivel de compensacións deste ano vai ser moi inferior ao do ano pasado. O ano pasado había reserva que estaba en mans das comunidades autónomas, algo co que este ano non se conta.

2/ “Os franceses chegan a me-ter leite a 48 pesetas o litro, denunciámolo na Axencia Eu-ropea contra o Fraude”

Onde realmente se vai decidir o tema dos prezos é a nivel de Es-paña. A mesa do leite debe ser es-tatal. Está ben que se faga unha mesa en Galicia, porque ao fin e ao cabo temos máis do 50% das explotacións. Agora ben, as de-cisións vanse tomar na mesa do leite de Madrid. Unha mesma in-dustria compra en Andalucía, en Galicia e noutras comunidades.

Pero a nosa gran preocupación no tema dos prezos é Francia, que ten 24 millóns de quilos de cota, fronte aos 6 millóns de quilos España. Os franceses con-sumen 18 millóns de quilos, co cal teñen tanto excedente como cota ten España. España consu-me 8,5 millóns de quilos, de ma-neira que ten déficit comercial. En definitiva, hai porta aberta ao leite de fóra.

O excedente de Francia estaba destinado a produtos industriais, pero coa redución dos prezos de intervención para mantequilla e leite en po, Francia prefire co-locar o leite cru nos merca dos veciños. En Alemania e Holanda é difícil entrar, pero España ten déficit comercial, así que ese lei-te entra en España a baixo prezo.

Chegaron a metelo en industrias españolas a 48 pesetas o litro. ¿Cómo o fan? A marxe de benefi-cio que obteñen en Francia, onde o leite en supermercado se está vendendo a 0,90 euros, palía os recortes de prezo cos que entran en España. Nós temos presenta-do denuncias por dumping ante o Tribunal de Defensa da Com-petencia, a Dirección General de Industrias Agroalimentarias e a Axencia Europea de Loita contra O Fraude.

XABIER GÓMEZ SANTISOSINDICATO LABREGO GALEGO (SLG)

1/ “O aprazamento do pago da supertaxa foi un bodrio por-que a maioría das industrias non se acolleron a el”

A nós pareceunos moi mal a in-formación sobre entregas que ía chegando do MAPA durante a campaña pasada. No mes de decembro de 2004 incluso houbo declaracións de cargos importan-tes do Ministerio no sentido de que iamos moi por debaixo da cota asignada.

A Administración sempre ten mecanismos para compensar a multa. De feito, as campañas dos sindicatos orientábanse a conse-guir o aprazamento para inten-tar pagala doutra maneira e que non decaera na pouca liquidez que teñen as explotacións. Todo eso foi frustrado pola industria, ao non acollerse ao aprazamento gratuíto que lle ofertaba o mi-nisterio. Ao final o resultado foi un bodrio.

Na práctica, a maioría das in-dustrias preferiron non acoller-

se ao aprazamento, pagaron en setembro e a partir de aí iranlle descontando na nómina men-sual aos produtores. Esto non nos interesa como sector porque se establece unha relación indi-vidual entre a industria e cada un dos produtores afectados. De todas maneiras, arredor do 50% do sobrepasamento correspondía á cooperativa Peñasanta e ela si que se acolleu a ese aprazamen-to de pago.

No SLG pensamos que o MAPA ten que relexislar a supertaxa. Se eu, produtor, me pasei en equis quilos e me correspon-de unha multa de equis euros, o normal é que se me cobre a min e non a un intermediario. Tampouco se lle debería deixar facer as compensacións á indus-tria, porque as fai atendendo a razóns comerciais. Se hai com-pensacións teñen que ser pro-porcionais para todos e debería asignalas o Fega.

2/ “Con prezos máis equilibra-dos a xente podería axustar a produción ao nivel de renda que precisa”

Nós esperamos que se constitúa a mesa técnica dos prezos, e dá-nos a impresión de que se vai constituír. Outra cousa é que se alcancen acordos. O que está pa-sando é que se está vendendo o leite para cobralo un mes e pico despois de entregado e sen ter idea de canto che van pagar por el. Se tiveramos uns prezos máis equilibrados e a xente puidera saber canto necesita vender para alcanzar o seu nivel de renda, igual axustaba a súa produción. Eu vexo tremendamente reacia

1/ A SUPERTAXA2/ OS PREZOS DO LEITE

O SECTOR OPINA

Page 27: AFRIGA 59

PRODUCIÓN 27

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

á industria, non a participar na mesa, que creo que participará, pero si a chegar a acordos de prezos que sexan asumibles. Coas mesmas calidades e o mesmo vo-lume de produción, e vendendo á mesma empresa, pode haber dife-rencias de cinco céntimos no litro entre dous produtores. Eso que nolo expliquen. Hai unha cousa obxectiva para variar os prezos, as calidades, pero que sexa algo obxectivo e non unha arbitrarie-dade do empresario de turno.

JAVIER IGLESIASUNIÓNS AGRARIAS (UU.AA)

1/ “En agosto produciuse máis que no mesmo mes do 2004, pero nos meses seguintes baixou o ritmo”

Os datos respecto á campaña en vigor non son nada halagüeños. No mes de agosto, o último do que hai datos do Fega, produciu-se un 1,9% máis que en agosto do ano anterior. O que si se per-cibe é un descenso da produción importante nos meses de se-tembro e outubro, non só polos datos numéricos senón polo que se ve no campo. Seguramente é atribuíble á falta de pastos nas explotacións.

O sector produtor ve con preo-cupación o feito de que houbera supertaxa na campaña pasada e nas explotacións estase reaccio-nando. Por exemplo, hai quen adianta a venta dos animais de desvelle. Tamén se percibe un descenso do consumo de penso, que é unha das medidas que os gandeiros adoptamos para produ-cir menos cando a cota se pasa.

A xente é consciente de que os controis sobre a cota están sen-do cada vez máis estrictos e que hai que aterse a eles.

2/ “As diferencias de prezos da industria poden depender de como lles cae o gandeiro”

Como sempre, a industria vai ser reacia a regular prezos, pero sen dúbida é necesario. O que non podemos permitir é a falta de transparencia por parte da in-dustria. Eso só se pode arranxar cunha mesa de seguimento.

Como estado membro da Unión Europea, cunha produción infe-rior ao consumo interno, temos un prezo inferior ao que debe-riamos ter comparativamente con outros países do entorno. E o que baixo ningún concepto pode continuar é a diferencia de prezo entre industrias, entre comunidades autónomas e entre produtores. Dentro da mesma industria hai diferencias de pre-zo entre produtores de ata sete pesetas o litro, en función de variables que poden ser obxecti-vas, coma o nivel de produción, pero tamén subxectivas: a sim-patía que a industria teña por ese produtor en concreto.

MANUEL LÓPEZXÓVENES AGRICULTORES (XX.AA)

1/ “Nós pedímoslle ao Fega que os datos de entrega sexan máis fiables, que os gandeiros saiban a que aterse”

A realidade foi que non se aprazou o pago da supertaxa. A maior parte dos gandeiros están pagando. Ou-tras campañas, coma a do 95/96 tiveron un montante maior de mul-ta e naquel momento a Consellería de Agricultura articulou medidas e avais para que non se pagara nada.

No referente a esta campaña, hai que demandarlle ao Minis-terio na publicación de datos e que o gandeiros saiban a que aterse. Debera ser suficiente ir

chequeando os datos do Fega mes a mes, pero algo raro pasou na campaña pasada cando pare-cía que non ía haber supertaxa e de súpeto apareceron máis de 60.000 toneladas de exceso. Nós pedímoslle ao Fega que eses da-tos sexan máis fiables.

2/ “En grandes superficies o car-tón de leite véndese a 70 pese-tas, esas empresas tamén teñen que estar na mesa de prezos”

A nosa organización apoia que haxa unha mesa técnica de prezos. No mes de maio houbo unha reunión en Santiago de in-dustrias e organizacións e desde aquela esqueceuse todo. Nin-guén nos volveu dicir máis nada dese tema. Evidentemente, é ne-cesaria esa mesa, e non só para abordar o tema de prezos senón tamén outros coma o das cotas. O gandeiro non pode estar a ex-pensas das decisións unilaterais por parte da industria. O gandei-ro, como calquera empresario, necesita planificar a súa explo-tación. Pode haber mesa estatal e mesas autonómicas, pero cada unha debe aterse á súa realidade, non son o mesmo os produtores de Galicia cós de Andalucía. Agora mesmo a prioridade é que haxa unha mesa, na que estean presentes non só as industrias e os produtores, tamén sería in-teresante que estivera as firmas da gran distribución. Eu vin en grandes superficies de Lugo leite enteiro a 70 pesetas o cartón.

JAVIER TABOADACOOPERATIVA ICOS

1/ “Temos asociados con mul-tas de ata 19.000 euros, a su-pertaxa aféctalle máis ás ex-plotacións de máis cota”

A supertaxa foi unha noticia que non esperabamos e que recibimos con sorpresa. Os datos que tiña-

mos eran que as entregas ían estar por debaixo. Este ano ademais foi máis difícil pola sequía, que influ-íu nos custos da forraxe e dos pen-sos. A multa non lles afectou ás explotaciós con pouca cota, pero si ás que teñen cotas importantes e máis endebedamento.

No caso dos nosos asociados, o importe medio das multas é de 2.300 euros, pero varía moito dun gandeiro a outro. A multa máis importante é de 19.000 euros e a de menos, duns 200 euros. Os gandeiros que teñen cantidades pequenas pagaron ao contado. Os que teñen cantidades intermedias pagan en prazos de doce meses e logo hai casos especiais que demo-rarán o pago máis de dous anos.

Acabar con supertaxa é un fallo garrafal do Fega, por non conta-bilizar as graxas e seguramente por algún primeiro comprador que non declarou. Mes a mes ten que haber unha exactitude nos datos para poder transmitirlle nós aos gandeiros como pode acabar a campaña.

2/ “Nunca conseguimos ne-gociar prezos para toda unha campaña, como máximo para catro ou cinco meses”

Os prezos estables son unha gran reivindicación do sector que por diversos motivos nunca se che-gou a acordar. Haberá que instar a administracións e industrias a ter a seriedade suficiente para chegar a un acordo deste tipo. Nós temos feito negociacións puntuais, por catro meses ou cinco meses, e non con todas as industrias. Nunca o conseguimos para toda unha campaña. Fóra de Galicia coñezo máis dun caso, se non dun prezo moi cerrado si dunha referencia con marxes de variación moi mínimas. En Gali-cia, que eu saiba, non hai nin-gún caso.

���������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������

� �� �� � � � � � � �� � �� � � � �� � �

����������������������

Page 28: AFRIGA 59

PUBLIRREPORTAXE / AGRICULTURA28

Os ensaios realizados durante cinco anos pola empresa lucense AGROAMB e o Departamento de Produción Vexetal da Politécnica de Lugo demostran que os lodos de depuradora son un fertilizante adecuado para pastos e millo. Na actualidade, AGROAMB desenvolve con em-presas e universidades varios estudios para o óptimo aproveitamento agrícola dos residuos de depuradoras urbanas e da agroindustria.

A característica principal deste produto é que esta desenvolvido pensando nos solos galegos, que como característica principal e diferencia-dora presentan un pH acedo que debe ser cor-rixido mediante encalados.

A utilización de biosólidos como fertilizante suprime a necesidade de encalar, xa que polo propio proceso de tratamento con cal lógrase que o produto fertilice aportando nitróxeno, fósforo, potasio, elementos secundarios e dis-tintos microelementos necesarios para o cul-tivo: calcio, azufre, magnesio, ferro, manganeso, boro, zinc, cobre, etc.

Teléfonos: 982 23 13 65 / 639 10 57 78 - Fax: 982 24 05 34 - E-mail: [email protected] - Web: www.agroamb.com

Empregados na dose adecuada, os lodos de depuradora incrementan a produción e a calidade dos cultivos. Ademais, repercuten de forma positiva sobre a estructura do solo e reducen os niveis de lavado de nitratos en comparación cos fertilizantes inorgánicos.

AGROAMB AVALA CON ESTUDIOS O PODER FERTILIZANTE DOS LODOS DE DEPURADORA

_Os biosólidos consiguen o efecto de encalante e fertilizante coa súa mera aplicación.

_O control analítico garante a situación do solo receptor e uns mellores resultados do cultivo.

_Os biosólidos melloran a es-trutura do solo, o seu grao de porosidade e a capacidade de retención de auga.

_O contido en materia orgáni-ca, nitróxeno, fósforo, potasio, elementos secundarios e mi-

croelementos necesarios para o desenvolvemento do cultivo, como calcio, azufre, magnesio, ferro, manganeso, boro, zinc, cobre, molibdeno e cloro, converten aos biosólidos nun excelente fertilizante.

_Enxeñeiros e persoal de campo de AGROAMB con experiencia probada no sector agrícola, es-pecialmente no cultivo de millo, pradeiras, e cereais, asesoran o agricultor e fan un seguimento das parcelas a fertilizar garantin-do así o resultado.

Ventaxas dos biosólidos

A empresa ten certificada a aplicación en 5.000 hectáreas de pasto e forraxe, a maioría na provincia de Lugo

Máis de 100 cultivadores pro-baron a eficacia dos biosólidos como fertilizantes e outros tan-tos están en lista de espera

A aposta pola innovación va-leulle a Agroamb o premio de proxectos de investigación em-presarial da Fundación CEL

Page 29: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

29GUÍA DE CONTROL DA MAMITE

TAREFAS PREVIAS1.- Seguir sempe as mesmas pautas de manexo

respectando un horario de muxidura.

2.- Procurar un ambiente de muxidura tranquilo nun ámbito limpo.

3.- Evitar a tensión nerviosa no manexo dos animais.

4.- Establecer a orde de muxidura dos animais. En primeiro lugar, as xovencas de primeiro parto sen mamite e a continuación, o resto das vacas sas, deixando os animais con mamite para o final. Así evítanse contaxios.

OS EXPERTOS LIGAN O CONTROL DA MAMITE ÁS PRÁCTICAS PREVENTIVASNingunha explotación está libre de mamite ao 100%, pero unha suba exce-siva dos niveis de infeción pode producir perdas de ata 9.000 euros ao ano pola baixada da produción láctea e o custo dos tratamentos. Por iso, un adecuado manexo antes, durante e despois da muxidura é o mellor xeito de manter controlada a incidencia da enfermidade

LAVADO E SECADO DE TETOS1.- Utilizar a menor cantidade de auga posible limpando soamente o teto

e a súa base.

2.- Secar con panos individuais limpos e desinfectados para cada animal.

3.- Estraer os primeiros chorros sen tiralos ao chan. Esta técnica elimina o primeiro leite contaxiado, con maior reconto de células somáticas. A estimulación debe durar como mínimo dez segundos.

4.- A limpeza do ubre, xunto coa extracción dos primeiros chorros, favo-rece a baixada do leite.

MUXIDURA MAÑÁ(7.00 AM)

MUXIDURA TARDE(6.00 PM)

ESTIMULACIÓN E COLOCACIÓN DE TETOEIRAS1.- Evitar que transcorra demasiado tempo (máis de 90 segundos) entre

a estimulación e a colocación das tetoeiras. Se este tempo supera os 3 minutos, pódense dar perdas de ata o 5% na produción.

2.- Evitar a entrada de aire na colocación.

FINALIZACIÓN DA MUXIDURA1.- Realizar o apurado soamente se cómpre e

sempre coa máquina de muxidura. O apu-rado debe facerse despois de palpar o ubre para ver se aínda queda leite e non debe durar máis de cinco segundos. Débese facer aos animais que o necesiten, non por sistema. Cando é necesario facerllo a todas as vacas é que algo falla. Débese revisar a rutina de ordeño, en particular o tempo entre a estimulación e a coloca-ción de tetoeiras.

2.- Evitar a sobremuxidura (muxidura en baleiro). A sobremuxidura le-xiona a capa de queratina que recobre o canle do teto, importante mecanismo de defensa fronte a infecións, e favorece a entrada de microorganismos. No ubre sempre quedará entre un 10% e un 15% de leite residual, incluso cunha muxidura adecuada, pero eso non causa disminución no rendemento durante a lactación

3.- Cortar o baleiro previamente á retirada de tetoeiras.

BAÑO DE TETOS POSMUXIDURA O baño de tetos é un método efectivo para

reducir a taxa de novas infeccións mamarias. O baño é imprescindible. Despois da muxidura, o esfínter do teto permanece aberto 30-40 minutos, estando exposto á entrada de micro-organismos. Débese mollar toda a superficie do teto e renovar o contido do vaso desinfectante despois de cada muxidura. As solucións desinfectantes máis usadas:

- IODADAS .............. Bos bactericidas. Deben levar solucións de lano-lina, glicerina ou parafina para non irritar a pel. Teñen unha periodicidade curta, non cobren todo o tempo entre muxiduras.

- CLORHEXIDRINA ... Caducidade máis longa; non irritan a pel do teto.

O baño de tetos elimina e prevén a colonización do orificio do teto por bacterias patóxenas e prevén e desinfecta as súas lesións.

MAX. 90”

UNHA ADECUADA RUTINA DE MANEXO E ORDEÑO CONTRIBÚE A MANTER A INFECIÓN EN NIVEIS ACEPTABLES

Page 30: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

30 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

Despois de cada muxidura Diariamente Semanalmente Mensualmente Semestralmente

Tetoeiras Lavado e secado ao aire

Comprobar a limpeza introducindo un dedo e buscando posibles restos de suciedade

Comprobar o estado

Cambiar tetoeiras entre 6 e 12 meses, segundo número de vacas muxidas por punto. Nunca pasar de 12 meses

Nivel de baleiro e regulador

Control antes da muxidura

Limpar a admisión de aire de válvula reguladora de baleiro

Unidade final Comprobar a limpeza

Colectores

Limpar o paso de aire polo orificio de admisión (agulla calibrada). Comprobar a limpeza

PulsadoresLimpar a admisión de aire dos pulsadores

Comprobar o funcionamento

Bomba de baleiro

(1) Comprobar nivel de aceite e repoñer, se é necesario. Comprobar tensión das correas

Condución de baleiro

Limpar as billas de baleiro e válvulas de drenaxe

Condución de leite Limpar as billas de leite

Toda a instalación Lavado con deterxente alcalino

Lavado con deterxente ácido

Desmontar e efectuar unha limpeza xeral. Control.

Filtros do aceite Cambiar filtros do leite

O control dos equipos de ordeño tamén resulta fundamental para evitar a transmisión das bacterias que causan a mamite. Detallamos a continua-ción as revisións que recomendan os expertos

PROGRAMA DE MANTEMENTO DOS EQUIPOS DE ORDEÑO

(1) Utilizar o aceite das características que aconselle o fabricante da bomba.NOTA: Recoméndase facer un control (testaxe) da instalación se aparecen problemas de mamite

Page 31: AFRIGA 59

Delegado para Galicia: Julio César Ló[email protected]

Distribuido por: COMERCIAL LUCENSE GANADERA, S.A.Avda. Terra Cha, 32 - 27260 Castro Riberas de Lea (Lugo). Telf.: 982-31.03.03 - Fax: 982.31.03.15 - [email protected]

MAMISEC CLOXA é un composto de cloxacilina benzatina, un derivado da penicilina.

Indicacións: Tratamento de mamites no período de secado.

MAMISEC CLOXAEspectro de acción: staphylococcus aureus (incluíndo cepas penicilina-resistentes), streptococcus agalactiae, streptococcus uberis, streptococcus dysgalactiae, corynebacterium pyogenes, clostridium perfringens, clostridium pseudotuberculosis, bacillus antrhracis.

ACLOMASTACLOMAST é un composto de amoxicilina e cloxacilina cun amplo espectro de acción sobre as principais bacteiras causantes de mamite.

Indicacións:Tratamento de todo tipo de mamites, agudas ou crónicas, a excepción das tuberculósicas.

Espectro de acción:staphylococcus aureus, streptococcus agalactiae, streptococcus dysgalactiae, streptococcus uberis, streptococcus pyogenes, streptococcus faecalis, bacillus anthracis, listeria monocytogenes, corynebacterium diphteriae, escherichia coli, salmonella spp., haemophilus influenzae, neisseria gonorrhoeae, neisseria meningitidis, bordetella pertussis, proteus mirabilis, brucella spp.

MASTILEX é un composto de cefaxelina e xentamicina.

Indicacións: Tratamento de todas as mamites sexa cal sexa o xerme causal.

MASTILEXEspectro de acción: Todas as mamites excepto as tuberculósicas, en período de lactación.

A FARMACOPEAMÁIS COMPLETACONTRA A MAMITE

Page 32: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

32 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

BACTERIASSon as causantes directas da mamite. Hai moitas. As máis frecuentes son estafilococos e estreptococos. O veterinario Gonzalo Fernández, da Universidade de Santiago, indica que “nunca se trata de erradicar ao 100% unha mamite porque é imposible. Só se intenta a erradicación completa en casos puntuais, coma o das mamites causadas polo streptococcus agalactiae. Esta bacteria é moi rara, atópase nada máis que no 4% ou no 5% das explotacións, pero fai baixar moito a produción de leite”.

DICIONARIO BÁSICO DA ENFERMIDADEseguidos supere un nivel de 400.000 células somáticas por mi-lilitro, algo facilmente evitable e, polo tanto, moi infrecuente.

CLASIFICACIÓNA grandes rasgos pódese falar de dúas clases de mamite: clínica e subclínica.

As mamites clínicas son as que presentan signos exteriores:• Coágulos (trapos) ou incluso restos de

sangue no leite• Leite con textura máis frouxa, tipo souro• Tetos inflamados• Vacas con febre

As mamites subclínicas, en cambio, son as que non se de-tectan a menos que se faga unha analítica.

CÉLULAS SOMÁTICASSon os indicadores da existencia de mamite. O organismo da vaca prodúceas como defensa contra as bacterias. Un elevado número de células somáticas delata a presenza de mamite. O ideal é que a media mensual sexa de menos de 250.000 por mililitro de leite. Son admisibles recontos de ata 400.000. A elevación do nivel de células somáticas conleva penalizacións económicas por parte da industria. Esto influíu decisivamente en que o control da mamite se incrementara nas granxas nos últimos anos. Como caso extremo pode darse que a Administra-ción prohíba vender leite á explotación que durante seis meses

As mamites clínicas producen alteracións visibles na textura do leite

Diversos tipos de bacterias, vistos ao microscopio

TIPOLOXÍA DA MAMITE

Microorganismo Fonte de infeción Forma de contaxio Presentación

predominante Control

Mamites contaxiosas

• Staphilococcus Aureus

• Streptococcus agalactiae

• Corynebacterium bovis

• Streptococcus disgalactiae

• Micoplasmas spp.

• Tetos infectados

• Pel tetos, feridas

• Tetoeiras

• Mans

• Panos

• Muxidura defectuosa

• Subclínica

• Adecuada rutina de muxidura

• Revisión máquina de muxidura

• Tratamento de secado

• Eliminación de portadores crónicos

Mamites ambientais

• E. Coli

• Strep. Uberis

• Ambiente

• Suciedade do animal

• Cama contaminada

• Mala hixiene am-biental

• Sala de partos sucia

• Clínica

• Hixiene ambiental: cubículos e patios limpos

• Baño de tetos con seladores de barreira

Mamites de verán • Actinomyces pyogenes

• Tetos infectados

• Infeccións xenitais e respiratorias

• Transmisión por moscas

• Feridas do teto

• Ambiente contami-nado

• Clínica despois do parto

• Evitar pastos con zonas som-brías e húmidas

• Usar insecticidas en épocas de calor

• Terapia de secado de longa duración

Outras ma-mites

• Nocardia spp.

• Pseudonomas spp.

• Levaduras e fungos

• Ambiente

• Aplicación non hixié-nica de tratamento

• Augas contaminadas

• Utensilios e ambien-tes moi contaminados

• Clínica

• Non responden a sucesivos tratamentos

• Desinfeción da punta do teto antes de calquera tratamento

• Evitar a utilización de alimen-tos e augas contaminados

A clasificación bacteriolóxica das mamites permite ver o gran número de microorganismos implicados nesta enfermidade:

Page 33: AFRIGA 59

Contactar con:

ZOONORTRua Xan Montes 35-39Mosteiro (LUGO)Tel. 982 345 901

Page 34: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

34 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

ticas de cada vaca, e non o do conxunto da explotación. Neste protocolo, as mostras tómanse no muxido, non no tanque de frío. Fernández destaca que “esto é moi importante desde o punto de vista do manexo, porque as vacas con recontos altos pódense muxir ao final e evitar así que infecten ás outras. Eu sempre animo aos gandeiros a estar en control leiteiro aínda que só sexa por ter o dato individual das células somáticas”.

Os gandeiros tamén poden levar a cabo as súas propias probas, a través do coñecido test de California (CMT), moi sinxelo de realizar.

PRODUCIÓNA produción xeral dunha explotación con alta incidencia de mamite pode baixar en torno ao 8,5%

Unha vaca que entregue unha media de 8.000 litros pode des-cender á metade se o nivel de células somáticas é moi alto.

As perdas anuais nunha granxa que non controle a mamite poden superar os 9.000 euros. “Eu, cando falo de prevenci-ón de mamite, empezo sempre por facer contas”, asegura Gonzalo Fernández. “E cando un gandeiro me di que é moi caro mercar papel secante para as ubres, dígolle que por moi caro que sexa nunca lle custará 9.000 euros ao ano”.

O profesor Fernández engade que “a perda de produción é moi lenta e non é visible. Máis ben nótase ao revés: cando se curan as vacas e volve aumentar a produción”.

TRATAMENTO CON ANTIBIÓTICOSO uso de antibióticos pode (e debe) minimizarse recorrendo a un adecuado protocolo de prevención. Non obstante, hai casos en que é imprescindible recorrer aos medicamentos. Emprégase un ou outro antibiótico dependendo do tipo de bacteria que causa a mamite.

As mamites clínicas deben tratarse en lactación. Non se debe esperar ao período de secado co obxecto de evitar que a mamite se faga crónica.

No caso dos tratamentos de lactación, búscase que os anti-bióticos fagan efecto en tres ou catro muxidos para que o leite da vaca afectada poida volver ao tanque canto antes. O custo dun tratamento rápido ronda os 100 euros.

As mamites subclínicas trátanse no período de secado, dado que as porcentaxes de curación en lactación son moi baixas.

Neste caso, os antibióticos adminístranse para que haxa unha liberación lenta, ao longo das oito semanas de seca-do. A velocidade de liberación dun antibiótico depende da sal disolvente.

Á hora de aplicar antibióticos, débense respectar unha se-rie de normas:• Sacar unha mostra de leite do teto afectado antes do

tratamento para analizalo no laboratorio• Na aplicación intramamaria, desinfectar con coidado o

CONTAXIOAs bacterias que contaxian a mamite entran sempre polo teto da vaca. Hai dous tipos básicos de contaxio:

Por muxido. A través das tetoeiras das máquinas de or-deño, ben porque un deficiente mantemento favorece a existencia de bacterias, ben polo contacto co leite dun cuarterón enfermo que fose ordeñado antes.

Ambientais. Nas camas, nos corredores… A propósito das camas é esencial empregar un material que se manteña seco. As serraduras, en teoría, son do máis difícil de man-ter seco, pero se o gandeiro consegue ter camas de serrín secas sempre será moito mellor que telas de area molla-das. Hoxendía hai infinidade de materiais para camas. En Chantada chegouse a facer unha experiencia con cascas de mexillón trituradas. Non prosperou pola incógnita que presentaba a súa fermentación na fosa de purín.

A vaca sempre é máis propensa a contaxiarse xusto despois do ordeño, cando o teto está máis aberto. De aí a impor-tancia de que se deiten en camas salubres.

SITUACIÓNS DE CONTAXIO

As cánulas mal esterilizadas e as tetoeiras das muxidoras son dous bos aloxamentos para as bacterias

Os pezóns danados aumentan as posibilidades de contaxio

DIAGNÓSTICODesde 1989 a Xunta desenvolve programas de control da mamite subvencionando servizos veterinarios a través das cooperativas.

En Galicia hai tres laboratorios oficiais de referencia para probas de mamite: o Interprofesional de Análise do Leite (Ligal), en Guísamo (A Coruña); o de Sanidade e Pro-dución Animal (Lasapaga), en Lugo, e un terceiro en Mou-riscade (Lalín) dependente da Deputación de Pontevedra.

O Ligal fai recontos de células todos os meses, tomando varias mostras ao mes en cada explotación. O resultado é a media xeométrica do mes, que serve para determinar a evolución anual do nivel de células somáticas. Segundo in-dica o veterinario Gonzalo Fernández, “é máis importante a curva de evolución có dato illado do mes”.

As explotacións incluídas no sistema de control leiteiro contan cunha vantaxe adicional: coñecen o reconto das células somá-

Page 35: AFRIGA 59
Page 36: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

36 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

EMPRÉGASE CANDO:1.- Se sospeita que un animal ten mamite, segundo o nivel de R.C.S. do

tanque, no control leiteiro ou por observación dos animais.

2.- Se a vaca está nerviosa durante a muxidura, en especial se se trataba dun animal normalmente tranquilo.

3.- Se hai unha baixada brusca na produción de leite.

4.- Se un teto queda máis cheo ou máis sumido có resto despois da muxidura.

5.- De forma rutinaria dentro dun programa de control de mamite.

6.- Antes do secado (15-20 días antes).

7.- Despois da aplicación dun tratamento, para verificar a súa efectivi-dade (10 días despois da última aplicación).

8.- No inicio da lactación (10 días despois do parto).

9.- Periódicamente, para coñecer o estado xeral do rebaño

CÓMO SE FAI:

INTERPRETACIÓN DA REACCIÓNNEGATIVA (-): A mestura formada é completamente líquida.

ALGO POSITIVA (+) Mestura líquida con formación de estrías.

POSITIVA (++) Mestura coagulada.

MOI POSITIVA (+++) A mestura pégase ás paredes da paleta.

TEST DE CALIFORNIA PARA O CONTROL DA MAMITE

teto antes da introdución da cánula• Respectar as instrucións de uso do medicamento e

administralo baixo a supervisión dun veterinario• Respectar os períodos de supresión do antibiótico

antes de incorporar de novo o leite ao tanque. Se o produto non ten especificado período de espera, non debe usarse en vacas de produción.

TRATAMENTO SEN ANTIBIÓTICOSSen recorrer aos tratamentos antibióticos de lactación, pódense atenuar os síntomas dunha mamite clínica con determinadas prácticas de manexo:• Muxidura intensiva. Pasar a muxir o teto afectado

tres ou catro veces ao día; así producirase o arrastre do xerme ao sacar o leite, que é o seu medio de cultivo.

• Aplicación de oxitocina. Produce unha mellor bai-xada do leite, evitando a presenza de leite residual; a súa aplicación durante seis ou oito muxiduras segui-das non crea hábito no animal.

• Vasodilatadores. Aplicación de ungüentos e poma-das que dan calor ao teto afectado, favorecendo unha afluencia maior de sangue á zona; dese xeito incre-méntase o número de células defensivas (leucocitos).

TOMA DE MOSTRASUnha adecuada toma de mostras de leite é imprescin-dible para que o produto chegue en boas condicións ao laboratorio. Estes son os pasos a seguir:• Sacar as mostras de animais que teñan mamite

clínica ou de tetos que deran unha reacción positiva ao test de California.

• Sacar mostras dos tetos individuais e non mesturar o leite de varios tetos. Cada teto da vaca funciona como unha unidade independente e pode ter un xer-me distinto.

• Non sacar mostras de leite de vacas tratadas nin en período de supresión.

• Lavar o teto e desinfectalo con alcohol antes de tomar a mostra. Limpar e desinfectar ben as mans.

• Empregar tubos estériles de boca estreita. Tirar os primeiros chorros de leite (nunca ao chan). Non colocar o tubo debaixo do teto; dirixir o chorro de leite cara a boca do tubo. Trátase de recoller só 3 ou 4 mililitros, a ser posible nun só chorro.

• Pechar inmediatamente o tubo con forza. Identifi-car cada mostra de teto e vaca por separado. Enviala o antes posible ao laboratorio. Se non se envía de seguido, cómpre refrixerala. Se non se vai enviar en varios días, debe gardarse conxelada.

Coa colaboración de Gonzalo Fernández Rodríguez, profesor do departamento de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Gráficos: ‘Reconto de células somáticas’ (Ligal, 1997). Gonzalo Fernández Rodrí-guez, Ramiro Fouz Dopico, Gonzalo Fuentes González e Alejandro García Ares.

Diapositivas: Gonzalo Fernández Rodríguez

O test debe realizarse antes da muxi-dura; non convén empregar os primei-ros chorros de leite.

Muxir cada teto nun departamento da paleta, recollendo uns 2 centímetros cúbicos en cada un.

Engadir o reactivo intentando non formar escuma, en cantidade igual ou superior á do leite.

Mesturar o leite e o reactivo cun mo-vemento circular durante uns segun-dos antes de interpretar a reacción.

Page 37: AFRIGA 59
Page 38: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

38 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

A preparación do secado pasa polas seguintes fases:

• Reducir o concentrado (todo o que non sexa forraxe) pouco a pouco, de maneira que uns tres ou catro días de secar a vaca non estea comendo ningún. En épocas de moito pasto ou forraxes de alta calidade tamén se debe restrinxir o seu consumo, aportando en cambio herba seca, palla e auga en abundancia.

• Neste período, débese seguir muxindo dúas veces día. Se o manexo é adecuado, a produción baixa o sufi-ciente como para poder deixar de muxir sen problemas.

• Inmediatamente despois da última muxidura, apli-car as cánulas antibióticas de protección. Vixilar o estado do ubre dous ou tres días. É normal que se en-cha uns días despois, pero é leite que se reabsorberá. A produción de leite cesa normalmente ás 36 horas da última muxidura.

• Non darlle á vaca a ración normal de vaca seca ata dous ou tres días despois da aplicación das cánulas.

• En caso de ter que muxir de novo, por non cesar o proce-so de produción de leite debido ao mal manexo, repetir o proceso de secado.

• Ao contrario do que pensan algúns gandeiros, o trata-mento de secado con antibióticos non reduce a pro-dución da vaca na seguinte lactación. Se combatemos a mamite, a vaca producirá máis leite no seguinte parto.

• Tamén está estendida a crenza de que as cánulas de se-cado fan secar a vaca e que non son necesarias se a vaca seca soa. As cánulas non son máis que un antibiótico para evitar infecións durante o secado, polo que de-ben aplicarse en todos os animais a secar.

A IMPORTANCIA DO TRATAMENTO DE SECADO

Está demostrada a necesidade de deixar descansar o ubre durante un período de tempo non inferior a 50 días. Un período de secado inferior a 6 semanas fai baixar a produción na seguinte lactación. Se é maior de 8 semanas, non presenta vantaxes nin para a produción nin para a saúde do ubre.

Antes de secar unha vaca cómpre facer o test de California, entre 2 e 3 semanas antes do secado. O secado é o mellor momento para tratar as vacas que tivesen mamite subclínica durante a lactación.

En canto á mamite clínica, non se debe secar unha vaca que a teña sen realizar antes un tratamento previo.

Nas primeiras semanas do secado e nos días que preceden o parto, débese utilizar un tratamento antibiótico de protecci-ón do ubre.

O máis conveniente é deixar de muxir a vaca cando estea preñada de sete meses, co obxecto de que teña dous meses de repouso.

Page 39: AFRIGA 59
Page 40: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

40 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

SENSIBILIDADE FRONTE AOS ANTIBIÓTICOS DAS BACTERIAS CAUSANTES DA MAMITE

RESUMO DUN ANO DE ANÁLISES DO LIGAL (AGOSTO 2004-SETEMBRO 2005)

A función do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) nos programas de control de mamite é dobre:

• Por unha parte, mediante os resultados de células somáticas nas mostras de tanques e vacas individuais, alertar de recon-tos elevados que poidan supoñer a presenza de mamite.

• Por outra parte, analizar mostras procedentes de vacas con mamite remitidas por veterinarios e responsables de calidade e informar sobre o microorganismo illado e o tra-tamento antibótico máis adecuado.

O coñecemento do microorganismo que causa a mamite per-mite ao veterinario previr outras infecións na explotación. A gravidade da mamite está relacionada coa potencia patóxena, e esta depende do tipo de microorganismo.

Un instrumento indispensable á hora de fixar o tratamento é o antibiograma, a proba de resistencia dun microorganismo ante distintos antibióticos. O Ligal usa desde febreiro de 2004 o sistema VITEK, que permite determinar esa resistencia a partir da concentración mínima de antibiótico capaz de inhi-bir o crecemento do microorganismo (CMI). A esto engádese a interpretación que fai o propio equipo do laboratorio tendo en conta a base de datos disponible.

O antibiograma realízase para cada mostra individual, o que lle brinda un eficaz instrumento ao veterinario á hora de tra-tar casos concretos.

Os datos que ofrecemos a continuación refírense a 25.067 microorganismos causantes da mamite illados no Ligal entre agosto de 2004 e setembro de 2005. Todas as porcentaxes dos diagramas están tomadas en base a esas 25.067 mostras.

TÁBOAS DE SENSIBILIDADE “IN VITRO” DOS MICROORGANISMOS A DISTINTOS ANTIBIÓTICOS

S (malva). Sensibilidade alta I (vermello). Sensibilidade intermedia R (amarelo). Resistencia

Exemplo de interpretación: O 92% dos staphylococcus au-reus illados polo Ligal no último ano foron sensibles á te-traciclina (último antibiótico da táboa), mentres que un 8% resistiuse a este antibiótico.

STAPHYLOCOCCUS AUREUS

STREPTOCOCCUS UBERIS

STREPTOCOCCUS DYSGALACTIAEFRECUENCIA DE ILLAMENTOS

Page 41: AFRIGA 59

�������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������

������������������������

�����������������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������

�����������������������������������������������������������������������������������������������

�������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������������

������ ������������ ������ �������� ����� ����������� ������ ��������� ������������ ����������������

���������� ���������������� ������ ��������������� �������� �������������� ���������� �����������

�������������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

�����������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

���������������������������������

�������������������������� ������������

��������������������� ���

�������������������������������� ���

�������������������� �����

�������������������������� �������

����������������������� �����

�����������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������������������

����������������������������������������������������������������

������������� �������������� �������������� ���� ��������� ��� ��������� ����� ��� ������������ ���

�������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������

�����������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������������

�������������������������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������������������������

�����������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������

���������������������������������������������������������������������������������������������

�������������������������������������������������������������������������������������������

��������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

����������������� ��������������������������������������������������������������������������

����������������������������

����������������������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������

��������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������������������

������������������������������������������������������

������������������������������������������������������������������

����������������

����������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������������

����������������������������������������������������������

����������������������������������

�������������������������������������������������������������������������

�������������������������������������������������������� ������������������������������������������ �������������������

Page 42: AFRIGA 59

SANIDADE

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

42 G U Í A D E C O N T R O L D A M A M I T E

STREPTOCOCCUS AGALACTIAE ESCHERICHIA COLI

Os antibiogramas son un instrumento útil para o veteri-nario, o que non quere dicir que os seus resultados se traduzan de xeito directo na aplicación dun tratamento antibiótico determinado.

É tarefa do veterinario seleccionar, de todos os antibióticos disponibles no mercado, o máis adecuado para cada caso.

Por outra parte, o comportamento dos distintos microorga-nismos ante os antibióticos varía ao longo do tempo, xa que as bacterias desenvolven mecanismos de resistencia.

Fonte: Laboratorio Galego Interprofesional de Análise do Leite (Ligal) Guísamo (A Coruña) • Tlfs: 981.79.52.64/ 881.24.07.50 • Fax: 881.240.787 • E-mail: [email protected]

Page 43: AFRIGA 59

O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR DE FONTAO, REFERENTE EN ESPAÑA E A NIVEL INTERNACIONALXenética Fontao S.A. puxo en marcha o seu laboratorio de xenética molecular no ano 1999. A biotecnoloxía baseada na análise do ADN é fiable ao 100% en temas como o establecemento de filiacións, a detección de enfermidades transmisibles á descendencia, as cualidades proteicas óptimas para a fabricación de queixo e incluso a cor de capa da Frisona.

AS PROBAS DE ADN PERMITEN COMPROBAR FILIACIÓNS E DETECTAR ENFERMIDADES XENÉTICAS, ENTRE OUTRAS MOITAS APLICACIÓNS

As instalacións de Xenética Fontao están en Esperante, no concello de Lugo

O laboratorio de ADN, situado nas instalacións de Fon-tao en Esperante (Lugo), é na actualidade centro de referen-cia para a Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe). Ademais presta servizo a colectivos doutros países, en especial á cooperativa gandeira SRV de Meissen (na Sa-xonia, Alemania). En 2001, este centro lucense quedou ins-

XENÉTICA 43

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Page 44: AFRIGA 59

crito como membro institucional da I.S.A.G. (Sociedade In-ternacional para a Xenética Animal), organismo encargado a nivel internacional de coordinar aos distintos laboratorios e estandarizar protocolos e nomenclaturas que permiten que os resultados obtidos polos distintos membros sexan obxectivos e comparables.

Javier López Viana, director técnico do laboratorio, explica que “unha parte importante da demanda de analíticas chega de centros de selección e reprodución animal, onde se adquiren reses dun alto valor xenético e, polo tanto, económico”.

O técnico destaca que coa utilización masiva das técnicas de reprodución asistida _a inseminación artificial, a trans-ferencia embrionaria ou a fecundación in vitro_ conséguese multiplicar dun xeito considerable o número de descendentes de determinados animais. “En Fontao, dalgún semental che-gáronse a producir 200.000 doses de seme (80-100.000 fillos). Temos algún con preto de 15.000 fillas rexistradas no libro xenealóxico, e nalgún centro de Estados Unidos cheguei a ver touros dos que comercializaran máis de medio millón de doses de seme”. Se estes animais son portadores de calquera defec-to hereditario, as tecnoloxías reprodutivas fomentarán tamén a súa propagación entre a poboación. Nestas circunstancias, é importante ter un instrumento fiable para identificar a des-

O director do laboratorio, o veterinario Javier Lóez Viana, dirixe un equipo de dous veterinarios, un biólogo e un técnico

cendencia dun semental, garantir o seu pedigrí ou valor xe-nético e, moi especialmente, asegurarse de que estea libre de enfermidades xenéticas transmisibles.

As mostras máis adecuadas para practicar unha análise mole-cular son de sangue enteiro, souro, palletas de seme ou raíces de pelo. Todas as mostras de pelo deben conter a raíz, polo que se deben arrincar, asegurándose que a zona está limpa, seca a libre de contaminación.

__ESTABLECEMENTO DE FILIACIÓNSAs probas de paternidade son un dos servizos básicos do la-boratorio de xenética molecular. Teñen unha utilidade dobre: dunha parte, dar credibilidade ao Libro Xenealóxico da Raza, garantindo que un animal ten a ascendencia que se declara; doutra parte serven para avalar a eficacia dos programas de testaxe dos sementais, que se realizan en base ao rendemento productivo das súas fillas.

López Viana explica que as probas de filiación constitúen un aval importante, tendo en conta que nas técnicas de reprodu-ción asistida _inseminación, transferencia de embrións, etc._ intervén o factor humano e eso implica unha marxe de erro en tarefas de transporte e manipulación. “Nun Libro Xenealó-xico coma o da frisona, o laboratorio está a realizar máis de

“ Unha parte importante da demanda de analíticas chega de centros de reprodución animal, onde se adquiren reses dun alto valor xenético e económico”

XENÉTICA44

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Page 45: AFRIGA 59

7.500 probas de filiación ao ano. Elíxense de forma aleatoria e máis da metade proceden de fóra de Galicia. En libros coma os de razas con censos limitados ou en perigo de extinción, as probas de paternidade poden chegar practicamente ao 100% dos animais inscritos”.

A filiación tamén cobra importancia á hora de evitar o in-cremento da consanguinidade, xa que realizar unha correcta política de apareamentos é un elemento básico en calquera programa de mellora xenética.

unha destas enfermidades é descartado inmediatamente como reproductor”, sinala o director técnico do laboratorio.

As enfermidades xenéticas máis coñecidas no gando Frisón son o CVM e o BLAD. O laboratorio de Fontao realiza unas 1.500 probas de detección ao ano para cada unha delas.

CVM (Malformación Vertebral Complexa). Produce nas re-ses afectadas malformacións na parte cervical e torácica da columna e a contracción das articulacións da parte final das extremidades, tal e como se observa nestas dúas imaxes. O laboratorio de Fontao é o único de España que fai probas de detección desta enfermidade. Esto é posible gracias a un con-venio asinado coa institución danesa que descubriu en 2001 a mutación responsable do CVM, o Instituto Danés de Ciencias

Gráfico de proba de filiación mediante análise de ADN

__DIAGNÓSTICO DE ENFERMIDADES XENÉTICASUnha enfermidade xenética é aquela causada por unha altera-ción na cadea de ADN. Por definición, son hereditarias. Unha enfermidade xenética é aquela causada por unha alteración na cadea de ADN (nun xen ou nun grupo de xens). Son he-reditarias, moitas veces letais e tecnicamente denomínanse como recesivas, o que quere dicir que do cruce entre dous ani-mais portadores naceran un 25% das reses descendentes coa enfermidade. “Se calquera dos touros que testamos aquí ten

XENÉTICA 45

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Page 46: AFRIGA 59

selección e reproducción animal. O laboratorio fai ao ano unhas 1.500 probas deste tipo.

__COR DE CAPAA raza frisona presenta dúas grandes variedades diferenciadas pola súa cor de capa: negra e branca e vermella e branca. Non está demostrado xeneticamente que a cor inflúa na producci-ón, pero é certo que nalgúns países hai tendencia a darlle un valor cada vez máis importante á variedade vermella.

As probas de ADN permiten identificar o factor vermello dun reproductor, que non necesariamente vai ligado á súa cor de capa. En ocasións, para sorpresa do gandeiro, un animal ne-gro pode ter descendencia vermella, se é portador desde fac-tor recesivo e se cruza cunha femia portadora.

Fontao recibe ao ano unhas 300 peticións de probas deste tipo.

__TRAZABILIDADE DA CARNEAs probas de trazabilidade da carne de vacún consisten en realizar unha mostraxe en dous puntos de control diferentes, case sempre unha na canal e a outra nun punto de venda. Coas probas de ADN conséguese unha fiabilidade do 100% na industria da carne. Son, por tanto, moito máis precisas cás que se usaban antigamente mediante a análise de proteínas.

Fontao traballa para a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. O laboratorio ten previsto levar a cabo unhas 10.000 analíticas de trazabilidade cárnica ao longo do ano. Refírense maioritariamente á raza rubia galega, pero tamén ás morenas e á frisona.

__PROTEÍNAS LÁCTEASDependendo de como sexa o xenotipo das proteínas, o leite pode ofrecer máis ou menos rendemento para a producción de queixo. A análise molecular permite determinar que animais teñen os xenotipos máis interesantes, co obxecto de seleccionar aqueles que darán o mellor leite para a industria queixeira.

O laboratorio de Fontao realiza cada ano unhas 300 probas deste tipo.

Agrícolas (Departamento de Cría e Xenética Animal), ubicado na cidade de Tjele.

BLAD (Deficiencia de Adhesión Leucocitaria Bovina). Afecta aos glóbulos brancos (leucocitos), reducindo as defen-sas inmunitarias do animal, diminuíndo a resposta do orga-nismo aos axentes infeciosos e, polo tanto, volvéndoo máis vulnerable ás enfermidades.

__DIAGNÓSTICO DO FREEMARTINISMOO freemartinismo é unha anomalía que aparece cando hai un parto de xemelgos de macho e femia, xa que nun 88-92% dos casos prodúcese un intercambio de sangue entre ambos fetos durante a xestación (ver foto), o que causa a atrofia dos órganos reproductivos da femia. En definitiva, a res afectada convértese nunha femia non apta para a reprodución.

Calcúlase que entre un 2% e un 3% das xestacións en gando frisón son de xemelgos. O importante deste servizo é que a análise de ADN permite determinar ao nacer, dunha forma rápida e moi fiable, se unha femia xemelga de macho vai ser útil para reproducirse, evitándolle ao gandeiro o mantemento durante varios meses ata que se poida diagnosticar por explo-ración anatómica.

Neste caso é frecuente que os demandantes das análises sexan os propios gandeiros, e non só, como sucede noutros servizos, as xestoras de libros xenealóxicos, cooperativas ou centros de

TARIFAS DE PREZOS

Filiación completa (paternidade e maternidade) . . . 23 eurosFiliación de paternidade ou maternidade. . . . . . 15 eurosAnálise de CVM . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30 eurosAnálise de BLAD . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6 eurosAnálise de freemartinismo. . . . . . . . . . . . . . . . . 6 eurosAnálise de cor de capa . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 eurosTrazabilidade da carne . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23 eurosAnálise de proteínas lácteas . . . . . . . . . . . . .10,5 euros

Unha das traballadoras do laboratorio, examinando gráficos no seu ordenadorAs mostras de ADN deben pasar por estas máquinas antes de ser procesadas cun programa informático

XENÉTICA46

AFRIGA | ANO XI - Nº 59

Page 47: AFRIGA 59
Page 48: AFRIGA 59