a inmaculada 3

25

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 20-Jul-2015

223 views

Category:

Spiritual


4 download

TRANSCRIPT

Hoxe a Igrexa invítanos á alegría,

para celebrar e cantar cos anxos

á Inmaculada Concepción da Virxe María.

Inmaculada significa que estivo limpa de toda mancha desde o primeiro instante da súa concepción.

Estar limpa de pecado no plan de Deus, é o mesmo que estar chea de graza.

María entrara no misterio da luz de Deus.

Seus pais, Xoaquín e Ana, puxeron a súa parte no corpo; pero Deus infundía a beleza e perfección dunha alma limpa de todo mal, adornada pola Graza.

Que María é Inmaculada non está na Biblia; pero o pobo cristián así o

sentía.

E o Papa, beato Pío IX, o 8 de decembro de 1854, proclamou, como dogma de fe, que a Virxe María é Inmaculada desde o primeiro instante da súa concepción.

O Papa, para proclamar o dogma, baseouse na Biblia.

Desde o principio a humanidade foi contaxiada polo pecado.

Pero aparece a promesa dun Redentor e unha Muller que, unida a El, “esmagará a cabeza da serpe”.

Esto significa non estar debaixo do pecado nin un só momento.

A ausencia de pecado en María é o primeiro paso para a Reden-ción.

O momento do Evanxeo que máis luz dá á Inmaculada é a Anunciación do anxo a María.

Especialmente importante foi o saúdo do anxo:

Unha plenitude de graza que ía crecendo segundo a capacidade de oración, de dor, de amor.

É como o nome propio da Virxe: un ser unido totalmente a Deus.

“O Señor está contigo” ten aquí un sentido pleno, porque é consecuencia de que está chea da Graza de Deus.

María, dando o seu consentimento a Deus, colaborou para que se fixeses real a Salvación para todos nós.

Moitos teólogos e santos viron a conveniencia de que Deus debía facer á súa Nai limpa de todo pecado. Ela foi redimida de modo adiantado polo Salvador.

Nós hoxe cantámoslle cos himnos que a Igrexa nos propón na “Liturxia das horas”

Por seres alba máis alba,amada Virxe María,que a alba que nos aluma,canta a Deus con alegría.

Por seres a nova Eva,amada Virxe María,para a nova humanidade,canta a Deus con alegría.

Por seres nai agarimosa,amada Virxe María,do teu pobo en orfandade,canta a Deus con alegría.

Por seres a escrava humilde,amada Virxe María,con fe fonda e cumpridora,canta a Deus con alegría.

Por seres a gran Por seres a gran cantora,cantora,amada Virxe amada Virxe María,María,da victoria dos da victoria dos humildes,humildes,canta a Deus canta a Deus con alegría. con alegría.

Por seres a iniciadora,amada Virxe María,dunha nova humanidade,canta a Deus con alegría.

Por seres da nova estirpe,amada Virxe María,da estirpe do pobo humilde,canta a Deus con alegría.

Por seres a nai do Fillo,amada Virxe María,e o templo do Santo Espírito,canta a Deus con alegría.

Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. E pensábaa tan limpa, tan fermosa e bela, que xa desde a concepciónfíxoa de gracia chea.

Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. Con raiolas a tecía.Compraceuse moito nela!A estrela brilla que brilla,mesmo daba xenio vela.

Xogaba Iavé un Xogaba Iavé un día mentres día mentres creaba unha creaba unha estrela. Por estrela. Por divina decisióndivina decisióntrocouse a estrela trocouse a estrela en muller:sen lixo en muller:sen lixo na concepción,na concepción,inmaculada ao inmaculada ao nacernacer. .

Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. Deulle por nome Maríae emparentouse con ela, pois Nai do Fillo sería,e da humanidade enteira.

Eu, cen mil veces caído,

suplícovos que me deades

a vosa man, e me ergades

porque non quede perdido.

E pola vosa E pola vosa concepción,concepción,

que fue de tan que fue de tan gran pureza,gran pureza,

conserva en min conserva en min a limpiezaa limpieza

da alma e do da alma e do corazón.corazón.

Para que, desta maneira

suba con vós a gozar

do que só pode dar

vida e gloria verda-diera.

AMEN