a historia de aixa, unha nena saharauí

27
A historia de Aixa, unha nena saharauí.

Upload: mariarei

Post on 24-May-2015

715 views

Category:

Technology


1 download

TRANSCRIPT

Page 2: A historia de Aixa, unha nena saharauí

A historia de Aixa, unha nena coma ti, coma min, pero cunha vida moi distinta á nosa.

Porque Aixa é unha nena SAHARAUÍ que vive nos CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS de Alxeria.

A da dereita son eu e vouvos contar unha historia

Page 3: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Alxeria é un país do norte de Africa.

Está a carón de Marrocos, pegadiño por unha esquina ao Sahara Occidental, que é o país de Aixa e da súa familia e está fronte ás illas Canarias; enriba de Mauritania.

Campamentos de refuxiados

saharauís

AaiúnSA

HARA

OCC

IDEN

TAL

Page 4: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Eu non sabía que era iso dun campamento de refuxiados, pero preguntei, e non me gustou nada o que aprendín.

Aprendín que os refuxiados son persoas obrigadas a fuxir do seu país porque os perseguen por ser doutra cor,

doutra relixión,

por ter ideas diferentes,

ou por moitas outras causas.

Page 5: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Aprendín que no mundo hai millóns de refuxiados, millóns de persoas,a maioría nenas e nenos, que non poden volver aos seus fogares.

Page 6: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Imaxinas que nos pasase a nós? Que só tivesemos uns minutos para meter na maleta o máis necesario e saír das nosas casas deixándoo todo?

Page 7: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Chebab, a nai de Aixa, tiña só dez anos cando saíron do seu país.Ela contoulle do medo, do cansazo,de milleiros de persoas atravesando o deserto a pé ou en vehículos que se avariaban a cada pouco, sen mantas, case sen comida.

Page 8: A historia de Aixa, unha nena saharauí

De que fuxían? Dos ataques do exército marroquí.

Fatma, a avoa, nunca lles perdoou aos gobernantes españoisque repartisen o Sahara entre Marrocos e Mauritania.

Ela pensaba que os españois,que invadiran o seu país moitos anos antes, rematarían por marchar e por fin

SERÍAN OS SAHARAUÍS OS QUE GOBERNASEN NA SÚA TERRA.

Pero non foi así.NINGUÉN LLES PREGUNTARA ANTES SE QUERÍAN SER ESPAÑOIS E NINGUÉN LLES PREGUNTOU ENTÓN SE QUERÍAN SER MARROQUÍS.

Page 9: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Eles só querían ser o que eran: SAHARAUÍS.

E por iso foron PERSEGUIDOS, ATACADOS, ASASINADOS.

Page 10: A historia de Aixa, unha nena saharauí

E comezou a GUERRA,

Page 11: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Unha guerra terrible, coma todas as guerras.

Page 12: A historia de Aixa, unha nena saharauí

A avoa conta que cando chegaron, nos campamentos non había nada.Con moito esforzo e axuda, lograron o que parecía imposíbel: montar vivendas, escolas, mesmo algún hospital; aínda que con moi poucas cousas.

Page 13: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Nas escolas case non teñen libros, nin outro material.

Pero non por iso deixan de aprender, nin de xogar.

Nin de facer ximnasia!

O deporte favorito dos nenos é o fubol,aínda que sexa cunha pelota de trapo.Igualiño ca meu primo Roi!

Page 14: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Tampouco teñen xoguetes coma os nosos, pero á tardiña, cando xa o sol non quenta tanto, xúntase coas súas amigas e amigose inventan mil xogos.

Debe ser estupendo poder correr descalza e que non che rifen!.

Page 15: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Aixa esfórzase moito na escola,porque de maior quere ser médica.

Díxome que para iso terá que ir a Cubae está aprendendo o español.

Eu non sei moi ben onde está Cuba,pero paréceme que queda moi lonxe,ao outro lado do océano Atlántico.

Page 16: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Ela cóntao coma se estivese moi leda coa idea de marchar,pero eu penso que debe estar asustada por ter que separarse da súa familia.

Page 17: A historia de Aixa, unha nena saharauí

As veces a avoa ponse moi triste.

Aixa sabe que nese intre está pensando nos que quedaron, os que non deron fuxido: o avó Alí, á súa irmá, con toda a súa familia, e moitos outros.

Page 18: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Entón, para distraela, ela pídelle que lle conte outra vez como é o mar. E á avoa alégraselle a cara ao pensar nese mar sen fin que de pequena vía a miúdo.

O meu avó, que foi mariñeiro(aínda que é de Baldaio e alí xa sabedes que hai mar, pero non porto),explicoume que estivera moitas veces embarcado fronte á costa do país de Aixa, porque alí hai un dos mellores caladoiros do mundo.

Page 19: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Aixa ás veces ENFÁDASE. E non é de estrañar!

Coma todos, está cansa de esperar,de se sentir presa nese inferno sen nada que é a Hamada.

Ela xa naceu nos campamentos de refuxiadose non coñeceu ese país do que os maiores sempre falan, nin a vida nómade.

Agora, ademais, ten MEDO.Escoitou que a policía marroquí matou a un neno saharauí.Chamábase Elgarhi Nayem e tiña só catorce anos.

Page 20: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Parece que a policía e o exército marroquís están moi enfadados porque os saharauís non calan e seguen loitando pacificamente contra a inxustiza.

Page 21: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Os que quedaron no Sahara Occidental están montando CAMPAMENTOS DE PROTESTA: as familias, como a de Elgarhi,vanse desde as cidades ao deserto.

Page 24: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Pero necesitan QUE TODOS FALEMOS DELES, QUE O MUNDO ENTEIRO OS ESCOITE, para que os poderosos

sintan vergoña do que está a pasar no Sahara.

PORQUE OS NENOS NON QUEREMOS SER REFUXIADOS,SÓ QUEREMOS SER NENOS!.

Page 25: A historia de Aixa, unha nena saharauí

Los nadies, los hijos de nadie, los dueños de nada.Los nadies: los ningunos, los ninguneados, corriendo la liebre, muriendo la vida, jodidos, rejodidos:Que no son aunque sean.Que no hablan idiomas, sino dialectos.Que no profesan religiones, sino supersticiones.Que no hacen arte, sino artesanía.Que no practican cultura, sino folclore.Que no son seres humanos, sino recursos humanos.Que no tienen cara, sino brazos.Que no tienen nombre, sino número.Que no figuran en la historia universal, sino en la crónica roja de la prensa local.Los nadies que cuestan menos que la bala que los mata”.

Eduardo GaleanoEl libro de los abrazos, 1989

Page 26: A historia de Aixa, unha nena saharauí

“Certas palabras poden parecer estranamente perigosas...

Semella pasar isto coa palabra autodeterminazón:

o dereito dos povos a decidiren o seu futuro con liberdade,

a constituíren-se eles, até entón negados como tais,

en fonte de soberanía, de decisión sobre o que máis lle conviñer.

Interesadamente identifícase con independencia, con

separación.

Insidiosamente, connota-se de inestabilidade, desastre, caos,...”

Francisco Rodríguez, 1998.

Page 27: A historia de Aixa, unha nena saharauí

DESDE QUINTA FEIRA RECOMENDÁMOSCHE QUE NON DEIXES DE VISITAR

http://www.guinguinbali.com