a conxura dos necios

31

Upload: kalandrakacom

Post on 09-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Faktoría K de libros. Narrativa

TRANSCRIPT

Page 1: A conxura dos necios
Page 2: A conxura dos necios
Page 3: A conxura dos necios
Page 4: A conxura dos necios
Page 5: A conxura dos necios

A conxura dos necios

Page 6: A conxura dos necios

Título orixinal: A Confederacy of Dunces

Copyright © 1980 by Thelma D. Toole© do texto orixinal: John Kennedy Toole© da tradución: Eva Almazán, 2008© desta edición: Faktoría K de Libros, 2008Urzaiz, 125 baixo – 36205 [email protected]

Ilustración e deseño de portada: Marc TaegerCorrección: Laura AlmazánDirectores de colección: Xosé Ballesteros e Silvia Pérez Tato

Primeira edición: decembro, 2008Impreso en C/A Gráfica, VigoISBN: 978-84-96957-50-3DL: PO 628-2008

Reservados todos os dereitos

Agradecémoslle ao doutor Bieito Arias Freixedo a súa colaboración á hora de presentarmos os versos da páxina 129 nun galego

que trata de aproximarse ao estadio medieval da lingua.

Esta obra recibiu a axuda da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación

e Difusión Cultural, na convocatoria de axudas para o ano 2008.

Page 7: A conxura dos necios

A conxura dos necios

John Kennedy Toole

Traducido por Eva Almazán

Page 8: A conxura dos necios
Page 9: A conxura dos necios

Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio,podémolo recoñecer por este signo:

que os necios se conxuran todos contra el.

JONATHAN SWIFTPensamentos sobre diversas materias, tanto morais coma amenas

Page 10: A conxura dos necios
Page 11: A conxura dos necios

9

Talvez a mellor forma de presentar esta novela –que na terceiralectura me está a causar máis abraio aínda ca na primeira– é rela-tar como foi o meu primeiro contacto co texto. En 1976, sendoeu profesor da Universidade de Loiola, comecei a recibir chama-das telefónicas dunha señora que non coñecía de nada. O que mepropoñía era un disparate. Non chamaba porque escribise un parde capítulos dunha novela e quixese participar nas miñas clases. O que pretendía era que eu lese unha novela, unha novela com-pleta e longuísima, que a principios dos sesenta escribira o seufillo, xa falecido. «E por que ía querer lela?», pregunteille. «Porqueé boísima», respondeume ela.

Tras anos de experiencia cheguei a ser moi hábil á hora de esca-pulirme dos compromisos que non quero cumprir. E se houboalgunha vez unha tarefa que non me apetecese era sen dúbidaaquela: tratar coa nai dun novelista morto e, aínda peor, ter que lerun orixinal que ela cualificaba de boísimo e que resultou ser unhacopia de carbón moi manchada e malamente lexible.

Mais a señora era insistente e, cando me dei de conta, tíñaa nodespacho co voluminoso orixinal na man. Non tiña forma dezafarme; só me quedaba unha esperanza: que tras ler unhas pou-cas páxinas descubrise que eran moi malas, o suficiente para poderinterromper a lectura coa conciencia limpa. Polo xeral é o que fago.De feito, ás veces abonda con ler o primeiro parágrafo. O meu único temor era que aquel orixinal non fose tan malo, ou queincluso fose bastante bo, de maneira que tivese que seguir a ler.

L I M I A R

Page 12: A conxura dos necios

Neste caso seguín a ler un pouco máis. E máis aínda. Primeirocoa impresión de que o material non era tan malo que me impelesea deixalo; logo cunha picada de interese; máis tarde con crecenteentusiasmo; finalmente con total incredulidade: era imposible quea novela fose tan boa. Hei resistir a tentación de identificar a pri-meira pasaxe que me deixou coa boca aberta, que me fixo sorrir,rir ás gargalladas, darlle á cabeza con asombro. Prefiro que os lec-tores o descubran por si mesmos.

O que si farei é presentarlles a Ignatius Reilly, sen proxenitoren ningunha das literaturas que coñezo –lacazán extraordinario,un Oliver Hardy demente, un Don Quixote gordo, un San Toméde Aquino perverso, todo xunto–, quen, ataviado cun camisón deflanela, se revolve con violencia contra a era moderna en plenodesde a cama dun dormitorio sen vistas de Constantinople Street(Nova Orleáns), mentres entre accesos xigantescos de flatulen-cias e eructos enche ducias de bloques de papel da marca BigChief coas súas diatribas.

A nai cre que ten que poñerse a traballar. E ponse, en variosempregos sucesivos. Cada un deles transfórmase axiña nunhaaventura disparatada, nunha catástrofe sen paliativos; todas elas,non obstante, posúen unha inquietante lóxica propia, coma as deDon Quixote.

A moza, Myrna Minkoff, natural do Bronx, cre que el necesitasexo. O que pasa entre Myrna e Ignatius distínguese de todas ashistorias de «mozo coñece moza» de que teño noticia.

Unha virtude en absoluto menor da novela de Toole é o seuretrato das particularidades dunha Nova Orleáns de ruelas escon-didas, barrios retirados, discursos singulares, brancos de distintasprocedencias étnicas... e un negro con quen Toole logrou o impo-sible, crear un maxistral personaxe cómico de inmenso enxeño einesgotable inventiva sen recorrer nin unha soa vez á ridiculiza-ción racista e caricaturesca da tradición americana.

10

Page 13: A conxura dos necios

Mais o logro por excelencia de Toole é o Ignatius Reilly en porsi, ese intelectual, ideólogo, folgazán, mangante e lambón quedebería repugnar o lector coas súas enchentes gargantuescas, o seu desdén estrondoso e a súa guerra particular contra todo oque se move: Freud, os homosexuais, os heterosexuais, os protes-tantes e os variados excesos dos tempos modernos. Imaxinen unSan Tomé de Aquino botado a perder e transportado a NovaOrleáns, desde onde emprende unha disparatada correría que,cruzando as marismas, o leva ata Baton Rouge e á súa Universi-dade Estatal da Luisiana; alí levaranlle a zamarra estando nos aseosde cabaleiros do profesorado, onde se refuxia cando o atacan unsproblemas gastrointestinais de grao mastodóntico. A válvula piló-rica péchaselle regularmente como reacción á ausencia no mundomoderno dunha xeometría e dunha teoloxía como Deus manda.

Non me decido a falar de comedia –por máis que comediasexa– porque o termo denota simplemente un libro divertido,cando esta novela é moito máis ca iso. Quedaría mellor descrita sea cualificase de gran farsa barulleira de dimensións falstaffianas;commedia achegaríaselle máis.

Tamén ten un punto de tristeza. O lector nunca identifica detodo que é o que inspira esa tristeza, se é a traxedia que vive nocerne das arroutadas gasosas e das aventuras dementes de Ignatiusou a traxedia que comporta a historia do libro en por si.

A traxedia do libro é a do seu autor, que se suicidou en 1969 áidade de trinta e dous anos. Non menor traxedia é o corpo textualque nos negou esta morte.

É unha desgraza que John Kennedy Toole non estea hoxeconnosco, dedicado a escribir. Mais o certo é que non está e quenós non temos que facerlle, á parte de asegurarnos de que estatraxicomedia humana, tumultuosa e gargantuesca, chegue candomenos ás mans de todo un universo de lectores.

Walker Percy

11

Page 14: A conxura dos necios
Page 15: A conxura dos necios

Hai un acento propio de Nova Orleáns ... asociado cocentro da cidade, en concreto co terceiro distrito xer-mano-irlandés, que se distingue con dificultade doacento de Hoboken (Jersey City) e Astoria (LongIsland), onde atopou refuxio a inflexión de Al Smith,hoxe extinta en Manhattan. A razón disto, comopoden supoñer, é que as mesmas liñaxes que trouxe-ron o acento a Manhattan o impuxeron tamén sobreNova Orleáns.

Page 16: A conxura dos necios
Page 17: A conxura dos necios

«Niso ten razón. Somos mediterráneos. Eu nunca esti-ven en Grecia nin en Italia, pero cónstame que mehabía sentir na casa así que baixase o pé á terra».E seguramente así sería. Nova Orleáns imítalle aXénova ou Marsella, a Beirut ou á Alexandría exipcia,máis ca a Nova York, malia que todos os portos de marse parecen entre si máis do que se poden parecer a nin-gún sitio de interior. Coma a Habana ou Porto Prín-cipe, Nova Orleáns inscríbese na órbita dun mundohelenístico que xamais tocou o Atlántico Norte. OMediterráneo, o Caribe e o Golfo de México formanun mar homoxéneo, por interrompido que estea.

A. J. Liebling,O conde da Luisiana

Page 18: A conxura dos necios
Page 19: A conxura dos necios

C A P Í T U L O 1

Unha gorra verde de cazador comprimía o cocote dunha cabezagorda coma un globo. As orelleiras verdes –recheas de orellas gran-des, cabelo sen cortar e os pelos finiños que crecían nas devanditasorellas– levantábanse para os flancos tal que bandeiriñas de xiro aindicaren dúas direccións simultáneas. Uns beizos carnosos e engu-rrados nunha carantoña sobresaían por debaixo do mesto bigotenegro e ocultábanse nas comisuras en preguiñas cheas de desapro-bación e migallas de patacas fritidas. Na sombra proxectada polaviseira verde da gorra, os desdeñosos ollos azuis e amarelos de Igna-tius J. Reilly miraban por riba do ombro para as demais persoas queagardaban baixo o reloxo dos grandes almacéns D. H. Holmes,escrutando a multitude na procura de síntomas de mal gusto no ves-tir. Varios dos indumentos, reparou Ignatius, eran novos e carosabondo para merecer sen reparo a consideración de atentado contrao gusto e a decencia. A posesión de calquera artigo novo ou caronon era senón reflexo das carencias da persoa en cuestión en mate-ria de teoloxía e xeometría; incluso podía proxectar sombras dedúbida respecto da súa alma.

Ignatius, pola súa parte, ía vestido con comodidade e espíritopráctico. A gorra de cazador previña as catarreiras. Os voluminosospantalóns de tweed eran resistentes e facilitaban a deambulación ataextremos inusitados. As pregas e as dobreces con que se confeccio-naran albergaban bolsas de aire quente e estancado que resultaba moido gusto de Ignatius. A camisa de flanela con estampado de cadrospermitía prescindir da chaqueta, mentres que a bufanda protexía a

17

Page 20: A conxura dos necios

pel que outramente quedaría exposta entre o colo da camisa e as ore-lleiras. O conxunto resistía calquera criterio teolóxico ou xeomé-trico, por abstruso que fose, e era suxestivo dunha rica vida interior.

Pasando o peso do corpo dun cadril ao outro co seu paquidér-mico carrouleo, Ignatius emitiu ondas dunha carne que tremeu pordebaixo do tweed e da flanela, ondas que atacaron botóns e costu-ras. Recomposto deste xeito, reflexionou sobre o moito tempo quelevaba a agardar pola súa nai. De maneira primordial meditou sobrea incomodidade que comezaba a sentir. Parecíalle que todo o seu serestaba a piques de rebentarlle nas inchadas botas de campaña de pelde rebezo e, coma querendo comprobalo, Ignatius fixou os ollossingulares nos propios pés. Certamente se lle vían inchados. Dispú-xose a lle presentar á nai a estampa daquelas botas infladas comoproba da súa desconsideración. Ao levantar os ollos viu que o solcomezaba a poñerse sobre o Misisipi no fondo de Canal Street.Segundo o reloxo de Holmes case eran as cinco. Comezou xa a per-feccionar a expresión esmerada dunha serie de acusacións que com-puxera para levar a súa nai ao arrepentimento ou, onde menos, áconfusión. Tiña que a poñer no seu sitio con bastante frecuencia.

Levárao canda ela ao centro da cidade no vello Plymouth; men-tres ela visitaba o médico que a trataba da artrite, Ignatius adquiriraen Werlein unhas partituras para a trompeta e unha corda nova parao laúde. Despois achegárase ata os salóns recreativos de Royal Streetpara comprobar se instalaran xogos novos. Levara unha desilusiónao comprobar que retiraran a maquiniña de minibéisbol. Talvez esta-ban a reparala, sen máis. A última vez que xogara, o bateador non llefuncionara; tras certa discusión, a dirección devolvéralle os cincocentavos, a pesar de que os señores dos recreativos tiveran a vilezade insinuar que o propio Ignatius derramara a maquiniña de béisbolao darlle couces.

Concentrado no destino da maquiniña de minibéisbol, Ignatiusdistanciou o seu ser da realidade física de Canal Street e da xenteque o circundaba, o cal explicou que non reparase no par de ollos

18

Page 21: A conxura dos necios

que con avidez o axexaban desde detrás dun dos piares de D. H.Holmes, dous ollos tristes que brillaban coa esperanza e o afán.

Sería posible reparar a máquina sen saír de Nova Orleáns? Pro-bablemente. Así e todo, talvez cumpriría enviala a algures, como aMilwaukee, Chicago ou calquera outra cidade cuxo nome asociabaIgnatius co concepto de talleres de reparación de grande eficacia efábricas en continuo fumegar. Ignatius esperaba que o xogo do béis-bol fose tratado con precaución durante o traxecto; confiaba en queningún xogador resultase esportelado nin mutilado polos brutánsdos empregados ferroviarios, decididos a causar a ruína definitiva doferrocarril a poder de provocar que os consignadores de mercado-rías interpuxesen continuas demandas por danos e prexuízos e que,tras causar esa ruína, se habían declarar en folga e acabar coa com-pañía ferroviaria Illinois Central.

Mentres Ignatius reflexionaba sobre o deleite que aquel modestoxogo de béisbol lle deparaba á humanidade, o par de ollos tristes e ávidos avanzaron cara a el por entre a masa de xente, tal que tor-pedos dirixidos con puntería contra un enorme petroleiro dondo emol. O policía agarrou a bolsa en que Ignatius levaba as partituras.

–Ten algunha identificación, cabaleiro? –preguntou o policía,translucindo na voz a esperanza de que Ignatius estivese indocu-mentado.

–Que? –Ignatius baixou a vista e fixouse na placa da gorra azul–.Quen é vostede?

–Móstreme o permiso de condución.–Eu non conduzo. Prégolle que se retire. Estou a agardar pola

miña nai.–Que é iso que lle sae da bolsa?–A vostede que lle parece, estúpido? É unha corda para o laúde.–O que? –o policía recuou un pouco–. É vostede veciño deste

municipio?–Lístase entre as competencias do departamento de policía aco-

sarme a min cando esta cidade é a flagrante capital do vicio do

19

Page 22: A conxura dos necios

mundo civilizado? –berrou Ignatius sobre a multitude que se con-gregaba na porta dos almacéns–. Esta cidade é famosa por acollerludópatas, prostitutas, exhibicionistas, anticristos, alcohólicos, sodo-mitas, drogadictos, fetichistas, onanistas, pornógrafos, estafadores,meretrices, refugalleiros e lesbianas, todos eles perfectamente prote-xidos pola corruptela. Se dispón duns instantes, con gusto me pres-tarei a debater con vostede o problema da delincuencia, mais noncometa o erro de me vir importunar a min.

O policía agarrou a Ignatius do brazo e levou un papelazo nagorra, propinado coas partituras. A corda do laúde, que colgaba porfóra da bolsa, tralloulle na orella.

–Ei! –dixo o policía.–Tome! –exclamou Ignatius, decatándose de que estaba come-

zando a formarse un círculo de compradores curiosos.No interior do D. H. Holmes, a señora Reilly premía o seu

busto de matrona contra unha vitrina de confeites da sección depanadería e pastelería. Cun dedo, rozado despois de moitos anos de fregar os mastodónticos calzóns amarelecidos do fillo, petou navitrina para chamar pola dependenta.

–Oia, señorita Inez –chamou a señora Reilly con ese acento queao sur de Nova Jersey só se oe en Nova Orleáns, o Hoboken doGolfo de México–. Aquí, aquí, raíña.

–Ei, que tal anda? –preguntou a señorita Inez–. Como vai indo,corazón?

–Non moi alá –respondeu a señora Reilly con toda honradez.–Vaites! –a señorita Inez inclinouse sobre a vitrina e esqueceu os

pasteliños–. Eu tampouco non ando moi católica. Non sabe comoteño os pés.

–Xesús, quen me dera a min esa sorte. Eu téñolle arturite nocóbado.

–Ai, non! –dixo a señorita Inez con compaixón verdadeira–.Igualiño ca o coitado de meu pai. Metémolo na bañeira chea de augaa ferver.

20

Page 23: A conxura dos necios

–O caso é que eu teño o rapaz a aboiar na bañeira todo o santodía. Xa malamente podo entrar no baño da miña propia casa!

–Ai, eu cría que o tiña xa casado, rula.–A quen, o Ignatius? Oh la la –dixo a señora Reilly con tristeza–.

Mire, bonitiña, póñame aí dúas ducias deses de cores, así un poucode todo.

–E logo non me dixera vostede que estaba casado? –dixo a seño-rita Inez mentres ía colocando os pasteliños nunha caixa.

–Se nin sequera ten nada en vistas! A mociña con quen andabaagarrou e liscou.

–Muller, tempo ten.–E terá –dixo a señora Reilly sen moito interese–. Mire, e

póñame tamén media ducia desoutros de viño, si? Ignatius pón-seme que bufa se quedamos sen doce na casa.

–Saíulle lambón o neno, eh?–Ai, Xesús, este cóbado acaba comigo –respondeu a señora Reilly. No centro da masa de xente que se congregara diante dos gran-

des almacéns, a gorra de cazador, o raio verde do círculo de miróns,aboiaba con violencia.

–Penso dirixirme ao alcalde! –berraba Ignatius.–Deixa estar o raparigo –saíu unha voz de entre o xentío.–Vai vixiar as bailadoras de striptease de Bourbon Street –enga-

diu un vello–. Este é bo neno, que está a agardar pola mamá.–Grazas –dixo Ignatius con arrogancia–. Confío en que todos

vostedes sexan testemuña desta ofensa.–Acompáñeme –díxolle o policía a Ignatius coa confianza algo

minguada. O xentío estábase a converter en media turbamulta e nonse vía garda de tránsito ningún por ningures–. Imos á comisaría.

–Que pasa, que un rapaz decente non pode nin agardar pola naidiante do D. H. Holmes? –era outra vez o vello–. Miren o que llesdigo, esta cidade non lles é o que era. É todo culpa dos comunistas.

–Estame chamando comunista? –preguntoulle o policía ao velloao mesmo tempo que facía por esquivar os xostregazos da corda dolaúde–. Mire que o levo tamén a vostede, eh? Pense ben a quen llechama comunista.

21

Page 24: A conxura dos necios

–A min non me pode levar detido –exclamou o vello–, que sonmembro do Club da Idade Dourada, financiado polo Departamentode Recreo do concello de Nova Orleáns!

–Deixa en paz o vello, garda das silveiras! –berrou unha muller–.Non ves que ha de ter netos e todo?

–Teño, teño –dixo o vello–. Seis netiños teño, estudando todoscoas monxas. E ben listos que son.

Por riba da xente Ignatius viu que súa nai saía do vestíbulo dosalmacéns a paso lento, carreando os paquetes da pastelería coma sefosen caixas de cemento.

–Mamá! –exclamou–. Xa eran horas. Déronme preso!Empurrando por entre a xente, a señora Reilly dixo:–Ignatius! Que pasa aquí? Que fixeches agora? Oia, quítemelle

as mans de encima ao neno!–Non o estou nin tocando, señora –dixo o policía–. É fillo seu?A señora Reilly repenoulle da man a Ignatius a corda do laúde

con que el seguía a trallar.–Desde logo que son fillo dela –dixo Ignatius–. Non perci-

be vostede o afecto que me profesa?–Vese que lle quere moito ao rapaz –dixo o vello.–Que lle quería facer vostede ao meu fillo, pobriño del? –pre-

guntoulle a señora Reilly ao policía. Ignatius agarimoulle á nai,cunha das gadoupas enormes, o pelo tinguido con henna–. Ten boaperda vostede de andar a meterse cos filliños da xente, con toda axentalla que hai pola cidade adiante. Agardando pola nai comoestaba o pobre, e van e quéreno deter!

–Este caso compete a Unión polas Liberdades Civís, fóra detoda dúbida –observou Ignatius ao tempo que apertaba coagadoupa o ombro caído da súa nai–. Debemos contactar con MyrnaMinkoff, o meu amor perdido. Ela sabe deses asuntos.

–Élle todo culpa dos comunistas –interrompeuno o vello.–Que tempo ten? –preguntoulle o policía á señora Reilly.–Teño trinta anos –respondeu Ignatius en ton condescendente.

22

Page 25: A conxura dos necios

–Traballa?–Ignatius ten que axudar na casa –contestou a señora Reilly.

Como lle comezaba a fraquear unha miga a coraxe inicial, púxose aenrolar a corda do laúde co laciño das caixas dos pasteis–. Eu estouperdida da arturite.

–Limpo un pouco o po –díxolle Ignatius ao policía–. Súmesellea iso que actualmente me acho en plena redacción dunha extensadiatriba contra este noso século. Naqueles momentos en que a miñamente se afasta, impresionada, dos meus labores literarios, preparoalgunha que outra salsa de queixo.

–Ignatius fai unhas salsas de queixo exquisitas –dixo a señora Reilly.–Mire que cousa máis boa –dixo o vello–. A maioría dos mozos

pasan o día vadiando por aí.–Cale xa, faga favor! –díxolle o policía ao vello.–Ignatius –preguntou a señora Reilly cun fío de voz–, que fixe-

ches, neno?–A ben da verdade, mamá, sospeito que empezou ese home de aí

–Ignatius sinalou coa bolsa das partituras para o vello–. Eu non facíamáis ca agardar por ti, aquí de pé, pregando por o médico che darnovas esperanzadoras.

–Leve ese vello de aquí –díxolle a señora Reilly ao policía–, que éun armadanzas. É mágoa que teñan xente coma el a andar polas rúas.

–Na policía son todos uns comunistas –dixo o vello.–Non lle acabo de dicir que cale a boca? –contestoulle o policía,

irado.–Eu fíncome de xeonllos todas as noites para lle dar grazas

a Deus de que teñamos quen nos protexa –díxolle a señora Reilly áxente–. De non ser pola policía, a estas horas estabamos todos mor-tos. Todiños deitados na cama coa gorxa aberta de orella a orella.

–Aí falaches, nena –contestoulle unha muller desde o xentío.–Recen un rosario polo corpo de policía! –a señora Reilly dirixía

os comentarios á marea de xente. Ignatius agarimáballe o ombreirocoma un tolo, mentres lle bisbaba frases de alento–. Va que ninguénquerería rezar un rosario por un comunista?

23

Page 26: A conxura dos necios

–Non! –responderon varias voces afervoadas. Ao vello metéron-lle un empurrón.

–É certo, señora! –exclamou el–. Quíxolle levar detido o rapaz,igualiño ca en Rusia! Sonlle todos uns comunistas!

–Andando –díxolle o policía ao vello. Agarrouno sen miramen-tos pola parte de atrás do abrigo.

–Santo Deus! –dixo Ignatius, mentres observaba como o policíapequeneiro trataba de domear o vello–. Xa teño os nervios crispa-dos por completo.

–Auxilio! –pediulle o vello á xente–. Isto é un atropelo! Unhaviolación da Constitución!

–Está tolo, Ignatius –dixo a señora Reilly–. Mellor será marchar-mos de aquí, filliño –dirixiuse á concorrencia–. Corran, corran! Queigual nos mata a todos! Non sei se o comunista non o será el...

–Non é mester esaxerares, mamá –dixo Ignatius mentres atrave-saban con algunha empurrada a multitude xa en disolución e sebotaban a andar a paso rápido por Canal Street abaixo. Ignatiusmirou para atrás e viu que o vello e o peso galo do policía forcexa-ban debaixo do abeiro dos grandes almacéns–. Podes diminuír o ritmo? Creo que me está a dar un sopro cardíaco.

–Boh, cala a boca. Como pensas que vou eu? Non debía andarcon estas carreiras aos meus anos.

–O corazón é importante a calquera idade, temo.–Ti tes o corazón perfectamente.–Como non afrouxemos un pouco, hei deixar de telo –os pan-

talóns de tweed inchábanse de aire arredor dos cadrís gargantues-cos de Ignatius conforme corría con precipitación–. Tesme ti a corda do laúde?

A señora Reilly turrou del para daren a esquina e colleren Bour-bon Street; internáronse así no Barrio Francés.

–E por que che foi enriba aquel policía, neno?–Non o saberei nunca. Iso non impide, porén, que probable-

mente saia en persecución nosa dentro duns instantes, así que teñareducido o vello fascista.

24

Page 27: A conxura dos necios

–Ti pensas? –preguntou a señora Reilly con nerviosismo.–Iso presumo. Parecía resolto a determe. Debe ter unha cota que

cumprir ou algo similar. Verdadeiramente dubido que me permitasubtraerme á detención con tanta facilidade.

–Que espanto! Habías saír en todos os xornais, Ignatius. Quevergonza! Algo tiveches que facer mentres agardabas, Ignatius.Coñézote, neno.

–Se houbo xamais unha persoa que se preocupase dos seus asun-tos sen molestar a ninguén, ese son eu –arfou Ignatius–. Por favor.Temos que parar. Coido que vou sufrir unha hemorraxia.

–A ver, veña –a señora Reilly observou a cara conxestionada dofillo e comprendeu que en calquera momento lle caía redondo aospés, soamente para lle demostrar que tiña razón. Non sería a pri-meira vez. A última vez que o obrigara a ir canda ela á misa dodomingo desmaiáraselle dúas veces de camiño á igrexa e aínda sevolvera desmaiar outra vez no medio da homilía, que versaba sobrea preguiza; saíra do banco a cambalearse e causara unha interrupciónmoi embarazosa–. Imos entrar aquí e sentar un pouco.

Apuxouno cunha das caixas dos pasteliños para metelo polaporta do Noite das Delicias. Nunha penumbra que cheiraba a bour-bon e cabichas, sentaron en cadanseu tallo. Mentres a señora Reillycolocaba as caixas dos pasteis encol da barra, Ignatius dilatou asexpansivas narinas e afirmou:

–Santo Deus, mamá, como fede aquí. Estáseme a revolver oestómago.

–Queres volver para a rúa? Queres que te leve preso o policíaaquel?

Ignatius non contestou; concentrábase en osmar aparatosa-mente e poñer caretas. Un camareiro, que estivera a observar a pare-lla, dixo en ton burleiro desde as sombras:

–Si?–Eu desexo un café –respondeu Ignatius, grandilocuente–. Café

máis chicoria, co leite fervido.

25

Page 28: A conxura dos necios
Page 29: A conxura dos necios
Page 30: A conxura dos necios
Page 31: A conxura dos necios