20 de marzo - sindicato labrego · torno ao día mundial da auga. o obxectivo fundamental da...

3
20 de marzo: Manifestación pola derrogación da Lei de Augas Num. 285 Marzo 2011 D urante o mes de febreiro, leváronse a cabo diversas accións de cara a organizar a resistencia contra a Lei de Augas de Galicia. Mentres que o día 11 o SLG facía un chamamento a todas as organizacións sociais e á cida- danía para unir forzas de cara a defender que a auga siga a ser un ben público e universal; o 23 de febreiro callaba a convocatoria coa constitución da Plataforma contra a Lei de Augas, que conta co apoio inicial, a nivel da Galiza, de Sindicato Labrego Galego, Organi- zación Galega de Comunidades de Montes, Amarante, Marcha Mun- dial das Mulleres e Altermundo. Neste acto de presentación, anun- ciábase tamén o inicio das mobi- lizacións cunha manifestación pro- gramada para o 20 de marzo, ás 12:00 horas en Compostela, en torno ao Día Mundial da Auga. O obxectivo fundamental da Plata- forma é un só e irrenunciable: a de- rrogación da lei. Páxs. 4 a 6 Periódico labrego de información técnica e sindical Número de rexistro: 980635 O 23 de febreiro, presentábase en sociedade a Plataforma contra a Lei de Augas. Na rolda de prensa compareceron, de esquerda a dereita, Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes; Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego; e Manoel Santos, director de Altermundo. Neste acto, anunciábase unha manifestación pedindo a derrogación da lei para o 20 de marzo.

Upload: others

Post on 07-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 20 de marzo - Sindicato Labrego · torno ao Día Mundial da Auga. O obxectivo fundamental da Plata-forma é un só e irrenunciable: a de-rrogación da lei. Páxs. 4 a 6 Periódico

20 de marzo:Manifestaciónpola derrogaciónda Lei de Augas

Num. 285

Marzo 2011

Durante o mes de febreiro,leváronse a cabo diversasaccións de cara a organizar

a resistencia contra a Lei de Augasde Galicia. Mentres que o día 11 oSLG facía un chamamento a todasas organizacións sociais e á cida-danía para unir forzas de cara adefender que a auga siga a ser un

ben público e universal; o 23 defebreiro callaba a convocatoria coaconstitución da Plataforma contra aLei de Augas, que conta co apoioinicial, a nivel da Galiza, deSindicato Labrego Galego, Organi-zación Galega de Comunidades deMontes, Amarante, Marcha Mun-dial das Mulleres e Altermundo.

Neste acto de presentación, anun-ciábase tamén o inicio das mobi-lizacións cunha manifestación pro-gramada para o 20 de marzo, ás12:00 horas en Compostela, entorno ao Día Mundial da Auga. Oobxectivo fundamental da Plata-forma é un só e irrenunciable: a de-rrogación da lei. Páxs. 4 a 6

Periódico labrego de información técnica e sindicalNúmero de rexistro: 980635

O 23 de febreiro, presentábase en sociedade a Plataforma contra a Lei de Augas. Na rolda de prensa compareceron, de esquerda a dereita, Xosé

Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes; Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego; e

Manoel Santos, director de Altermundo. Neste acto, anunciábase unha manifestación pedindo a derrogación da lei para o 20 de marzo.

Page 2: 20 de marzo - Sindicato Labrego · torno ao Día Mundial da Auga. O obxectivo fundamental da Plata-forma é un só e irrenunciable: a de-rrogación da lei. Páxs. 4 a 6 Periódico

Na rolda de prensa do 11de febreiro, tanto ManuelDocampo, membro daExecutiva do SLG, comoCarme Freire, secretariaxeral, coincidiron en sinalarque a Lei de Augas é a máisgrande agresión sufrida porGaliza na era democrática.Mentres que Docampoadvertiu que “se privatiza unelemento indispensable paraa vida das persoas e dos ani-mais, e para a produción dealimentos”, Freire foi máisalá e afirmou que “se privati-za o noso dereito a vivir”.

Dende o punto de vistalegal, Manuel Docampoexplicou que as competenciassobre a auga foron transferi-das polo Estado Español áXunta no ano 1986, a travésdo Real Decreto 2.792. O feitode cederlle estas competen-cias a unha empresa comoAugas de Galicia que, dendeo punto de vista xurídico,funciona como unha socie-dade anónima (ao ser Augasde Galicia un organismo dedereito privado), fai que a leiimpulsada pola Xunta pode-ría estar raiando a inconstitu-cionalidade.

Parte desta campaña con-sistirá en pedirlle aos conce-llos que se manifesten en con-tra da lei negándose a colabo-rar no cobro do canon. Nestesenso, o SLG mantivo, nasúltimas semanas, encontroscos principais partidos políti-cos que se van presentar áseleccións municipais (PP,PSOE, BNG e EU).

A secretaria xeral do SLGtamén chamou a atención doConselleiro de Medio Am-biente, Territorio e Infra-estruturas, Agustín Hernán-dez, e pediulle que deixe de

tomarlle o pelo ao pobogalego, en referencia ás súasdeclaracións de que a Lei deAugas non se ía aplicar.Freire replicou dicíndolle que“se creou unha lei paradespois non aplicala, o me-llor que pode facer é derro-gala”.

Finalmente, Carme Freireadvertiu que “a auga é unrecurso público e natural quenon ten prezo e, polo tanto,non a imos pagar. Imos pararesta Lei de Augas, pese aquen pese, especialmente aaqueles que pretendíanespecular e facer negocio acosta deste recurso funda-mental para a vida. Se a augaé nosa, toda esta loita taménvai ser nosa, e o Goberno queaprobou esta lei lesiva e agre-siva para toda a cidadanía vaiter que derrogala porque nonlle imos dar tregua para que aaplique”.

4/Galiza nº 285Marzo de 2011

f

A Plataforma contra a Lei de Augasconvoca manifestación o 20 de marzoO 10 de febreiro, reuníase a DirecciónNacional do SLG e decidía facer unchamamento público a todas as orga-nizacións sociais de Galiza, sen incluírpartidos políticos, de cara a mobi-

lizarse para forzar a derrogación daLei de Augas. Ao día seguinte, o 11 defebreiro, Carme Freire e ManuelDocampo comparecían ante os mediosde comunicación para facer o chama-

do, que callou o 23 de febreiro, candofixo a súa presentación pública aPlataforma contra a Lei de Augas. Nocalendario, unha data, o 20 de marzo,para comezar as mobilizacións.

O SLG forma parte deste movemento cívico que quere forzar a derrogación desta lei tan lesiva para Galiza

Arriba, rolda de prensa na que se

presentou a Plataforma Galega con-

tra a Lei de Augas, celebrada o 23

de febreiro; abaixo, charla de

Manuel Docampo enmarcada nas

Xornadas de Agroecoloxía de

Ourense, o pasado 22 de febreiro.

Grazas ao regulamento de participacióncidadá do Concello de Ferrol, a secretariaxeral do Sindicato Labrego Galego, CarmeFreire, participou, o pasado 24 de febreiro, nopleno municipal ferrolán para defender aderrogación da Lei de Augas de Galiza poratentar contra o dereito básico da cidadanía abeber e, por extensión, a vivir. Cos votos dePSOE, BNG e EU, a moción presentada poresta última formación política saíu cara aadiante, polo que o Concello de Ferrol se con-verte no primeiro na Galiza en pronunciarsea favor da derrogación da Lei de Augas.

A cidade de Ferrol tamén contra a lei

Page 3: 20 de marzo - Sindicato Labrego · torno ao Día Mundial da Auga. O obxectivo fundamental da Plata-forma é un só e irrenunciable: a de-rrogación da lei. Páxs. 4 a 6 Periódico

Galiza /5nº 285Marzo de 2011

Carme Freire,secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego

“A auga debe ser un bengratuíto para a vida daspersoas, dos animais e dasociedade”

Manoel Santos,director de Altermundo

“A Lei de Augas de Galizaé unha aberración absoluta que vai contra osdereitos humanos”

Xosé Alfredo Pereira,presidente de ORGACCMM

“Imos concienciar e mobilizar á sociedade paraque a Lei de Augas nonvaia para adiante”

A secretaria xeral do SindicatoLabrego Galego, Carme Freire foi aencargada de adiantar a data de comezodas mobilizacións para forzar a derro-gación desta lei “lesiva para toda acidadanía”: o 20 de marzo, en Santiagode Compostela, Día Mundial da Auga.Freire xustificou a xestación da Platafor-ma e a convocatoria de mobilizaciónspor dous motivos fundamentais.

En primeiro lugar, porque “a auga éun ben público, un ben da natureza e,polo tanto, non pode ser obxecto denegocio para ningún tipo de empresa,calquera que sexa a súa natureza; ade-mais, a auga debe ser un ben gratuítopara a vida das persoas, dos animais eda sociedade”. En segundo lugar, por-que “non se pode privatizar un bencomo a auga, porque non se podedecidir por lei que sexa unha empresa dedereito privado, como Augas de Galiza,a que pase a xestionar un recurso básicopara a vida como é a auga”.

O director de Altermundo, ManoelSantos, explicou que “o gran cambioque supón esta lei non é que se privaticeun subministro, unha depuración ou unservizo; senón que se privatiza o ele-mento, é dicir, danse dereitos deexplotación e cobro sobre a utilizaciónda auga da choiva ou do mar. É ver-dadeiramente abraiante”.

Santos lembrou que en países comoFrancia se están a dar pasos, xusta-mente, no sentido contrario, coa re-municipalización do servizo de submi-nistro de augas en máis de corenta con-cellos no último ano, entre os que seinclúe París. Nembargante, “no nosopaís se lle deixa toda a xestión de augasa unha empresa, Augas de Galiza que épública, pero que coa nova lei se conver-teu ao dereito privado”, o que supón“unha aberración absoluta que vai con-tra os dereitos humanos, porque a augaé un dereito humano como así estable-ceu a ONU”.

O presidente da Organización Galegade Comunidades de Montes, XoséAlfredo Pereira, encadrou a Lei deAugas nun contexto xeral de “privati-zacións continuas por parte do Gobernodo Partido Popular que, dende quechegou á Xunta, está privatizando todosos servizos públicos. Se antes foron osservizos de dependencia e igualdade,agora é a auga, e mañá serán os montesveciñais e de mancomún”. Pereira afir-mou que “non imos pasar por aí e imosconcienciar e mobilizar á sociedade paraque isto non vaia para adiante”.

Respecto a si a plataforma estaba encontra dos controis de contaminación ecalidade da auga que pretende pro-mover a lei, Pereira contestou con trespreguntas: ¿Estamos de acordo en quehai que facer un consumo responsábelda auga? Si. ¿Estamos de acordo en quehai que tomar medidas contra a conta-minación? Si. ¿Iso obriga a privatizar aauga? Non.

Manifestación pola ddeerrogación

ddaa LLeeii de Augas de Galiza

SSaaííddaa ás 12:00 horas dende a Alameda

20 de marzo en Compostela