fichaarqueolÓxicados&castros&dacomarcade&deza(pontevedra...

10
1 FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA) Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca. 1. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 030 Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro 2. LOCALIZACIÓN Nome: CASTRO DE BARCIA Topónimo: O Castro Provincia: Pontevedra Concello: Lalín Parroquia: Barcia (San Esteban) Lugar: Barcia CARTOGRAFÍA Coordenadas (Datum ETRS89) UTM: Fuso 29 Coord. x: 566.451 Latitude: 42° 37' 50,692" N Coord. y: 4.720.130 Lonxitude: 8° 11' 22,442" O Nº MAPA Esc. 1/10.000: 153 - 14 Esc. 1/5.000: 0153A-0802 (malla anterior: 0153 2-8) ACCESOS Saíndo dende Lalín pola N-525 Ourense-Santiago, ao chegar a Prado, poucos metros despois do P.K. 298, collemos un desvío cara a esquerda (sur), para enlazar coa estrada PO-6004. Pouco antes de chegar ao desvío para o lugar de Barcia, a man dereita (oeste), está o cemiterio do lugar, uns 170 m. antes de chegar á igrexa. Detrás do cemiterio atopamos o castro. 3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO Altitude: 514 m.s.n.m. Emprazamento topográfico: Ladeira suave con caída ao leste. Utilización do entorno: Vivendas, cemiterio e prados.

Upload: truongque

Post on 19-Jul-2018

224 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

1

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  030  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro

2.  LOCALIZACIÓN    

Nome:   CASTRO DE BARCIA

Topónimo:   O Castro

Provincia:   Pontevedra

Concello:   Lalín

Parroquia:   Barcia (San Esteban)

Lugar:   Barcia

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)        

UTM:  Fuso  29  Coord.  x:     566.451 Latitude:   42° 37' 50,692" N

Coord.  y:     4.720.130 Lonxitude:   8° 11' 22,442" O

 

Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   153 - 14 Esc.  1/5.000:   0153A-0802 (malla anterior: 0153 2-8)

ACCESOS  

Saíndo dende Lalín pola N-525 Ourense-Santiago, ao chegar a Prado, poucos metros despois do P.K. 298, collemos un desvío cara a esquerda (sur), para enlazar coa estrada PO-6004. Pouco antes de chegar ao desvío para o lugar de Barcia, a man dereita (oeste), está o cemiterio do lugar, uns 170 m. antes de chegar á igrexa. Detrás do cemiterio atopamos o castro.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

Altitude:     514 m.s.n.m.

Emprazamento  topográfico:   Ladeira suave con caída ao leste.

Utilización  do  entorno:    

Vivendas, cemiterio e prados.

Page 2: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

2

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN  

Vexetación  

Árbores (castiñeiros e carballos) e algo de monte baixo.

Descrición  das  alteracións:  

Hai construcións ao sur e leste. O cemiterio afecta a base do terraplén sur. O camiño de acceso á croa, pola zona noroeste, ten marcas de rodeiras de tractores. O recinto utilízase para almacenar balas de compós.

Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:       Regular:    X   Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:      

Causas  de  alteración:  

Antrópicas (escavacións para construcións, rampla de acceso), e naturais (erosión).

Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:    

Protección  física:    

Intervención  arqueolóxica:    

Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X

5.  MATERIAIS  

Descrición:    

De acordo co apuntado por C. Buxán (1989:18): “Segundo datos do Museo de Pontevedra, apareceron unha culler de bronce, muíños, restos de murallas e cerámica fragmentada. Segundo un veciño, ao poñer unha leira a labradío, no lados do castro, apareceron restos de cerámica, pedras en forma de cuña e muíños de man redondos”. (BUXAN 1989: 18). A. Presas (2008:358-359) tamén apunta a aparición de materiais (cerámica e muíños fundamentalmente) durante as obras de construcción do cemiterio en 1959 e coa construcción dunha vivenda

Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:     X

Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:  

-­‐  Museo  ou  colección  privada:  

-­‐  Particular,  Nome(s)  e  dirección(s):

Page 3: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

3

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

Castro conformado por un recinto de planta oval e defensas no exterior. A croa mide no eixo N-S uns 75

m. no interior e 100 m. ó exterior: Se temos en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude sería de

110 m. O eixo O-E mide 55 m. no interior e 85 m. no exterior:

A croa está enteiramente rodeada por un parapeto, agás nunha zona do sector oeste e nun punto no leste

(quizais aquí se atope afectado polo acondicionamento do terreo para unha vivenda). O parapeto acada

unha altura máxima duns 3,5 m.

As defensas exteriores están formadas por un foxo polo lado norte e un pequeno parapeto no sector

noroeste, circundado polo foxo.

Apréciase a existencia dun antecastro polo sur, do que somentes se conservaría o sector occidental, xa que

as construción e as modificacións do terreo para o aproveitamento agrícola fixeron desaparecer o resto.

Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)  

Page 4: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

4

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

8.  CROQUIS  DO  XACEMENTO:  

Page 5: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

5

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

9.  FOLKLORE  

- “Por unhas covas que había no castro, ían dar de beber ás mulas ao río, no lugar chamado ‘Muíño do Rei’”. - “Nun cruceiro cerca do Muíño do Rei, un banqueiro escapado do cárcere atopou un home e contoulle que tiña enterrados no castro unha maleta chea de cartos e algunha outra cousa” (Buxán 1989: 18). - “A comezos do século XX, un cura vello de Barcia contoulles, durante a novena do Carme, aos fregueses da parroquia, un relato relativo a unha costume dos mouros, que foran os habitantes do castro cercano á igrexa parroquial: «Nunha ocasión, ao anoitecer, e seguindo unha costume ancestral, saíron do castro un pai e máis o seu fillo en dirección a un lugar afastado que tan só coñecería o primeiro deles. Camiñaban en silencio, o pai diante, cunha manta ao lombo, e o fillo detrás. Despois de ter camiñado durante bastante tempo e cando chegaron ao lado dunha pena, de pronto o pai detívose, colleu a manta, rachouna en dous anacos e rompendo o silencio, díxolle ao seu fillo: ¡Podes volverte!. Aquí, tamén eu deixei a meu pai pero, antes, colle a metade desta manta para cando che toque a ti. O fillo, entristecido polo que pasaba, vendo que seu pai era vello e quedaba desamparado nun lugar solitario opúxose á decisión de aquele respondeulle: Se aquí deixou a seu pai, sexa aquí , tamén, onde se acabe esta mala foda ¡Véñase comigo para a casa!. Desde ese día no sacaron máis vellos a morreren, en solitario, en lugares alonxados so poboado onde vivían. Esta costume, contraria as costumes dos cristiáns, desapareceu antes de que os mouros se marcharan dos castros» ” . Recollido por A. Presas en 1975, Presas 2008:356) . -“A xente das aldeas cre que so moradores dos castros foron so mouros e que debaixo deles, construiron túneles segredos polos que fuxir cando estaban en perigro. Nestes pasadizos fixeron canles, que permitían levar a auga do río ata o castro, para que, en caso de guerra, non tiveran que saír”. - “Din que situándose no centro do castro, ao golpear cos pés no cha no solo retumba cons e estivera oco por debaixo. Poñendo a orella pegada ao chan escóitase o murmullo da auga que circula polos supostos túneles subterráneos”. - “Ao pé da muralla vense algún ocos, a maioría deles recubertos pola vexetación, que , seguramente foran as portas polas que os ‘mouros’ baixaban ao campamento subterráneo que estaba debaixo do castro”. (Idem) - “No castro vivía unha muller fermosa e loira á que lle gustaba moito peitearse no río, que está un pouco máis abaixo do castro, a uns 65 metros. A súa misión era protexer ó tesouro que está oculto debaixo da terra. Ninguén a considera un espíritu malévolo, a pesares de que castiga coa morte repentina a quen a descubra”. - “Hai un tesouro agachado dentro dos túneles subterráneos do castro” - “Contábase que, antigamente, o castro tiña moitas entradas falsas, pero foron desaparecendo co paso do tempo e agora a maioría da xente nono recordaba. Hai moitos anos había uns muros que rodeaban o castro e levaban, a calquera que tentara penetrar no interior, as aforas. Estas entradas falsas fixéranas para dificulutar o acceso ao castro”. (Recollido por Mª Carmen Pampín 1978; Cristina Pichel 2005, tomado de Presas 2008: 357-358). - “Covas interiores que dan ó río polas que levaban a beber as mulas (Muíño do Rei)”. - “Canles subterráneas palas que levaban auga dende o río ata o castro e, así, en caso de guerra non ter que saír do castro”. -“ Pegando a orella ó chan da aurela escóitase o murmurio da auga que vai palas cantes subterráneas”. - “Túneles subterráneos polos que fuxir en caso de perigo”.

Page 6: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

6

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

- “Os mouros, xa de vellos, adoitaban ir morrer en soidade fóra do castro”. -“ Na muralla existen uns ocas que eran as portas palas que os mouros baixaban ó campamento subterráneo que estaba debaixo do castro”. - No castro vivía unha muller fermosa e loura á que lle gustaba moito peitearse no río. A súa misión era protexer o tesouro que estaba oculto debaixo da terra. Ninguén a considera un espírito malévolo, a pesar de que castiga coa morte a quen a descubra”. -Tesauro agachado dentro dos túneles subterráneos do castro (García Porral 2010:29-30).

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X   Non  axeitado:    

Estado  de  conservación  actual:  

Conserva en bo estado a croa cos seus terrapléns e parapetos, e polo exterior hai un foxo asociado puntualmente a un parapeto. No lado suroeste, consérvase parte dun antecastro.

Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Non se aprecia.

Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Ningunha resaltable.

Perceptibilidade  das  estructuras:  

Boa. A perceptibilidade do castro no entorno tamén é boa.

Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

En coche e en autobús boa, aínda que non se pode estacionar preto do xacemento (o mellor lugar sería o lugar de Barcia ou preto da igrexa). Ata o xacemento accedese ben dende ese punto –tárdase menos de 5 minutos-, e pódese circular con facilidade no seu interior.  

Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Ningunha en especial.

Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Limpeza de monte baixo. Retirada das balas de compós.

Page 7: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

7

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:    

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx.34-35. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-2 do PGOU de Lalín”. FILGUEIRA VALVERDE , J. e GARCÍA ALÉN, A. (1977): “Adiciones ala carta arqueológica de la provincia de Pontevedra. Inventario de Monumentos megalíticos”. El Museo de Pontevedra, XXXI: Páx. 47. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 29-30. MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PAMPÍN OTERO, Mª C. (1979): Os castros de Barcia e Gresande. Traballo inédito presentado no Departamento de Historia 1 da Unversidade de Santiago de Compostela. PICHEL, C.; BLANCO, J. e PRESAS, A. (2005). “Lendas dos nosos castros”. Kacharela (Revista escolar do I.E.S. Laxeiro de Lalín) PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín

Informante(s):  

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz

Lugar  e  data:    

Lalín, 22 de novembro de 2012  

Page 8: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

GA36024030. CASTRO DE BARCIA (Barcia, San Esteban de Barcia).

IMG_6100. Vistas do castro desde o SE.

IMG_6092. Interior da croa.

Page 9: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA:

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

IMG_6094. Interior da croa.

IMG_6099. Vista de terraplén y foso N.

Page 10: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Barcia.pdf · Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA: