na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · tempo exterior...

15
Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 139 Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento Emilio M. Martínez Rivas Do dito ao feito… Estamos no comezo dunha nova lexislatura en Galicia e si repasamos a últi- ma década no que se refire ao que se ten feito neste país a prol da cooperación para o desenvolvemento calquera persoa interesada non pode menos que sentir un certo desasosego. E non porque non existan avances, que existen, e dos que daremos conta brevemente, pero estes avances semellan, por comparanza con outras comunidades autónomas, ou o mesmo Estado, tan paseniños que poden chegar a desesperar. Non nos retrotraeremos nesta análise aos tempos nos que, alá polos comezos dos anos 1990, a cooperación ao desenvolvemento era case inexistente se nos referi- mos ao que se facía dende a administración autonómica. A nosa mirada conténtase con fixarse nos comezos da lexislatura pasada, verán do ano 2005, no que o acordo de goberno entre o PSdG-PSOE e o BNG fixaban como obxectivo o acadar ao fin da lexislatura un 0,4% dos orzamentos, cifra máxica xurdida da media aritmética entre o prometido polo PSOE, 0,3%, e o BNG, 0,5%, nos seus respectivos programas electorais. A evolución orzamentaria non foi a prometida, nin se lle acercou de lonxe. En 2006, os orzamentos aprobados polo goberno bipartito adicaban á dirección xeral de Cooperación Exterior apenas 7 millóns de euros, que si ben era un 10% máis, aproximadamente, do que se adicara no orzamento anterior, era, en termos relati- vos, case a mesma cifra dos orzamentos totais da Xunta de Galicia: 0,074% sobre o 0,073% precedente. O labor de acadar o 0,4% prometido semellaba mais propia de Cíclope que dos dirixentes políticos e económicos galegos. (1) Para sorpresa de non poucos, os orzamentos do 2007 significaron un incre- mento moito máis importante: un 38% sobre o 2006, o que viña a significar máis de 9,8 millóns de euros, un 0,094% dos orzamentos. A sorpresa durou o que dura un exercicio orzamentario. Se ben no 2008 o orzamento subía case o dobre que o incre- mento dos orzamentos xerais (algo máis dun 13%) este era non xa insuficiente para que ao final da lexislatura se acadara non xa o 0,4% senón sequera o 0,2%. E así, no 2009, os orzamentos aínda subindo, por riba do incremento xeral (4,7%), quedaban ancorados no 0,1% do orzamento. (1) O obxectivo de acadar un 0,4% dos orzamentos da Xunta de Galicia adicados a cooperación ao desenvolvemento no ano 2009 necesitaría, presupoñendo que os orzamentos estiveran conxelados durante toda a lexislatura, e partido do 0,072% do ano 2005, que nos seguintes catro anos os incrementos foran algo superiores ao 50% anual.

Upload: others

Post on 31-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 139

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvementoEmilio M. Martínez Rivas

Do dito ao feito…

Estamos no comezo dunha nova lexislatura en Galicia e si repasamos a últi-ma década no que se refire ao que se ten feito neste país a prol da cooperación para o desenvolvemento calquera persoa interesada non pode menos que sentir un certo desasosego. E non porque non existan avances, que existen, e dos que daremos conta brevemente, pero estes avances semellan, por comparanza con outras comunidades autónomas, ou o mesmo Estado, tan paseniños que poden chegar a desesperar.

Non nos retrotraeremos nesta análise aos tempos nos que, alá polos comezos dos anos 1990, a cooperación ao desenvolvemento era case inexistente se nos referi-mos ao que se facía dende a administración autonómica. A nosa mirada conténtase con fixarse nos comezos da lexislatura pasada, verán do ano 2005, no que o acordo de goberno entre o PSdG-PSOE e o BNG fixaban como obxectivo o acadar ao fin da lexislatura un 0,4% dos orzamentos, cifra máxica xurdida da media aritmética entre o prometido polo PSOE, 0,3%, e o BNG, 0,5%, nos seus respectivos programas electorais.

A evolución orzamentaria non foi a prometida, nin se lle acercou de lonxe. En 2006, os orzamentos aprobados polo goberno bipartito adicaban á dirección xeral de Cooperación Exterior apenas 7 millóns de euros, que si ben era un 10% máis, aproximadamente, do que se adicara no orzamento anterior, era, en termos relati-vos, case a mesma cifra dos orzamentos totais da Xunta de Galicia: 0,074% sobre o 0,073% precedente. O labor de acadar o 0,4% prometido semellaba mais propia de Cíclope que dos dirixentes políticos e económicos galegos.(1)

Para sorpresa de non poucos, os orzamentos do 2007 significaron un incre-mento moito máis importante: un 38% sobre o 2006, o que viña a significar máis de 9,8 millóns de euros, un 0,094% dos orzamentos. A sorpresa durou o que dura un exercicio orzamentario. Se ben no 2008 o orzamento subía case o dobre que o incre-mento dos orzamentos xerais (algo máis dun 13%) este era non xa insuficiente para que ao final da lexislatura se acadara non xa o 0,4% senón sequera o 0,2%. E así, no 2009, os orzamentos aínda subindo, por riba do incremento xeral (4,7%), quedaban ancorados no 0,1% do orzamento.

(1) O obxectivo de acadar un 0,4% dos orzamentos da Xunta de Galicia adicados a cooperación ao desenvolvemento no ano 2009 necesitaría, presupoñendo que os orzamentos estiveran conxelados durante toda a lexislatura, e partido do 0,072% do ano 2005, que nos seguintes catro anos os incrementos foran algo superiores ao 50% anual.

Page 2: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009140

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

CADRO

ANO

ORZAMEN-TOS COOPERA-CIÓN

ORZAMENTO TOTAL

INCRE-MENTO ORZA-MENTOS COOPE-RACIÓN

INCREMEN-TO ORZAMEN-TOS TOTAIS

PORCEN-TAXE COOP. SOBRE TOTAL

2005 6.400.000 8.824.321.891 0,073

2006 7.095.168 9.620.664.287 10,86 9,02 0,074

2007 9.855.329 10.467.815.583 38,90 8,81 0,094

2008 11.205.851 11.224.465.979 13,70 7,23 0,100

2009 11.663.819 11.417.385.495 4,09 1,72 0,102

(Fonte: Orzamentos da Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Facenda. Elaboración propia)

Algo no que coinciden todos os investigadores que se adican ao estudo da cooperación para o desenvolvemento é que os fondos non o son todo. É necesario que os mesmos sexan administrados con eficacia e eficiencia, que a súa xestión sexa a correcta, velar porque se acaden os obxectivos predefinidos, actuar planificada-mente, facer coherentes todas as políticas na consecución das metas da axuda ao desenvolvemento… Pero non nos enganemos, un 0,1% do orzamento investido en axuda para o desenvolvemento con tódalas garantías, cunhas avaliacións positivas, cos mellores resultados, segue sendo un 0,1% do orzamento. Sempre será mellor un 0,1% do orzamento gastado correctamente, non hai dúbida, pero é un 0,1%. Dende o punto de vista da solidariedade cos pobos en vías de desenvolvemento, demasiado pouco.

Se a evolución orzamentaria foi a que acabamos de comentar, noutras áreas si se deron pasos notables de cara a dotar á administración galega de mellores fe-rramentas de xestión, unha vez que se tiña un marco xeral de actuación: a Lei Galega de Cooperación ao Desenvolvemento. Un primeiro paso simbólico, pero importante, foi a elevación do rango, a dirección xeral, do departamento encargado da xestión da cooperación internacional. Aprobouse, no 2006, o Plan Director e, ano a ano, os sucesivos plans anuais, melloraron as actuacións de avaliación de proxectos, ex -ante e ex -post, e elaboráronse un total de nove plans de actuación en diversos países.

Neste último apartado, ata case poderíase dicir que se pecou máis por ex-ceso que por defecto, xa que, como se apuntou no Consello Galego de Cooperación, facer plans para países nos que os recursos investidos eran cando menos escasos non semellaba ter ningún tipo de interese práctico concreto. Os datos son palma-rios: en dous dos países para os que se elaboraron plans de actuación, Mauritania e Territorios Saharauís, o importe anual das axudas destinadas aos mesmos era de 32 e 29 mil euros respectivamente. Segundo os datos aportados polos propios

Page 3: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 141

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

documentos no período 1998-2005, Mauritania foi o destino de 257.855 euros da cooperación autonómica galega, e os Territorios saharauís recibiron, pola súa ban-da, 231.512 euros no período 1999-2006. Pola contra, os países con maior presenza na cooperación autonómica galega, Bolivia e Perú recibiron 512 e 657 mil euros anuais.

Hai outros aspectos nos que non semella que as melloras foran importantes ou quedaron incompletas. Por unha banda, con respecto aos medios humanos e técnicos propios da administración autonómica, tendo que recorrer para a xestión dos maiores orzamentos a persoal temporal: bolsas, contratos de obra e servizo, asistencias técnicas ou persoal de gabinete. Quedou pendente a creación dun or-ganismo autónomo, a Axencia Galega de Cooperación ao Desenvolvemento, que puidera encargarse da xestión dos fondos.

Un segundo punto no que tampouco semella que se avanzara moito é o da coordinación de políticas entre os diferentes departamentos do goberno autonómi-co que, segundo os intereses dos seus responsables, se involucraban en temas de cooperación ao desenvolvemento con máis ou menos acerto. Por último, en moitos casos, as relacións coas ONGD non foron, por momentos, todo o fluídas que se tiña agardado. Aínda que, neste último aspecto, as responsabilidades son difíciles de dilucidar.

E agora?

Os resultados electorais do pasado 1 de marzo conduciron ao Partido Popu-lar de Galicia a retomar o goberno galego. A xestión da cooperación ao desenvolve-mento voltou a ser responsabilidade dunha estrutura semellante á que a xestionou durante a última lexislatura presidida por Manuel Fraga. O quinto cambio en 10 anos. Aínda que agora, a deferencia do período 2002-2005, é unha subdirección dunha dirección xeral e antes o era dunha secretaría xeral (con maior autonomía e capacidade orzamentaria propia que unha dirección xeral).

A meta orzamentaria é exactamente a mesma que a fixada polo goberno do PSOE e o BNG hai catro anos. O programa electoral do PP de Galicia fálanos “dun compromiso presupostario que garanta o incremento progresivo dos recursos. Acadar o 0,4% do presuposto da Xunta ao longo da próxima lexislatura poder ser un obxectivo razoable, dende a actual situación”. O tempo dirá cal é a opinión da Consellería de Facenda, que terá moito máis peso ca calquera programa electoral. Salvo unha implicación política decidida. A afirmación da necesidade de impli-cación desde a presidencia do goberno galego para contrarrestar a tendencia dos departamentos de Economía a axustar orzamentos vale tanto para o PPdG como para o PSOE ou o BNG. E a falta de compromiso dos partidos políticos galegos coa cooperación ao desenvolvemento é mais que evidente, e niso, na última década, os avances foron acompasados co exiguo dos orzamentos.

Page 4: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009142

Novos tempos. Os mesmos retos

A nova administración, como as anteriores, atópase ante moitos retos pen-dentes. Lograr un maior compromiso orzamentario só é un deles. Aínda que posible-mente dos máis importantes debido ás baixas cifras nas que nos movemos: ano a ano, Galicia é a comunidade con menores recursos en termos de porcentaxe do orzamento.

Durante os próximos meses tense que encarar a redacción do novo plan di-rector (2009-2012) no que se deberá aproveitar a experiencia da xestión do primeiro para mellorar tanto os obxectivos, como os medios e as ferramentas de traballo. Todo isto, sería desexable, cun método de traballo liderado pola administración autonómica pero participativo, para que tódolos axentes implicados (nomeadamente as ONG para o Desenvolvemento e os concellos galegos, por medio do Fondo Galego de Coopera-ción e Solidariedade, así como as universidades públicas) se poidan sentir parte do resultado final que aprobe o Parlamento Galego.

Un plan director pensado dende Galicia e pensado para unha cooperación como a galega (12 millóns de euros na actualidade e cun horizonte no que a duras penas se chegará, sendo optimistas pero non fantasiosos, aos 20 millóns de euros ao fin da actual lexislatura), unha cooperación que debe contar con instrumentos á súa propia escala, e coas súas propias metas.

Como dicíamos anteriormente, a financiación ou, mellor dito, a falta de finan-ciación, da cooperación ao desenvolvemento en Galicia é só un dos múltiples proble-mas que aqueixan ao noso sistema.

Non é ata hai moi poucos anos que comezan a existir algúns documentos de reflexión sobre a cooperación en Galicia: ben froito de traballos académicos nas universidades galegas; os libros e estudos promovidos polo Instituto Galego de Docu-mentación e Análise Internacional (IGADI), así como os artigos recollidos na revista deste instituto “Tempo Exterior”; as publicacións editadas pola Coordinadora Galega de ONGD, os documentos de conclusións das xornadas anuais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e pouco máis se non temos en conta os documentos elaborados a petición, ou pola propia administración autonómica (memorias anuais, plans anuais, plans de actuación, avaliacións…).

E, sen embargo, existen algúns temas sobre os que é necesario debater porque deses debates sairá unha cooperación galega cun perfil propio ou unha cooperación galega que sexa o que non debe ser: unha transferencia acrítica de fondos financeiros, sen que a sociedade galega se vexa verdadeiramente implicada.

Poñer en valor as diferenzas

A necesidade, ou a idoneidade, de formas diferenciadas de cooperación é algunhas veces negada de xeito xeral aducindo que si a cooperación con outros países o que pretende é, como di por exemplo o artigo 1º da Lei Galega de Cooperación para

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 5: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 143

o Desenvolvemento de 2003, “propicia-lo seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes e aliviar e corrixi-las situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e un reparto máis xusto dos froitos do crecemento econó-mico”. Se o que se pretende é iso, a cooperación debe ser igual ou cando menos moi semellante, sexa de Galicia ou sexa de Cataluña ou sexa do Estado ou de Suecia ou da FAO ou do PNUD…

Pero a realidade é terca, e as formas de cooperación con terceiros países ou terceiras entidades difire amplamente: sexa por parte das administracións públicas (locais, autonómicas ou estatais), por organismos multilaterais ou mesmo, e moi evi-dentemente, por ONGDs. A pesares de que todas comparten, nos seus estatutos, leis ou plans estratéxicos, iguais ou semellantes obxectivos, de erradicación da pobreza, combate ao sofremento, mellora da calidade de vida…

Os datos dos diferentes países que forman o Comité de Axuda ao Desenvol-vemento ofrecen unha mostra desa diversidade: os países nórdicos multiplican por tres ou por máis, o esforzo orzamentario de, por exemplo Estados Unidos ou Xapón. As prioridades territoriais dos países europeos están condicionadas pola súa historia e, en boa medida, polo seu pasado colonial. É evidente o peso que América Latina tivo sempre na xoven cooperación española e a absoluta preponderancia dos países lusófonos na cooperación portuguesa. É igualmente chamativo o diferente grado de financiación a organismos multilaterais, nomeadamente axencias da ONU ou organis-mos financeiros internacionais (BM, FMI ou bancos rexionais…).

A influencia dos intereses nacionais, sexan intereses políticos ou económi-cos, nas políticas de cooperación ao desenvolvemento é variada entre os mesmos paí-ses do CAD, máxima durante a administración Bush en Estados Unidos, en compa-ranza cos, novamente, países nórdicos. E tamén os países difiren en canto á madurez das súas estratexias de cooperación e as capacidades dos departamentos encargados de aplicalas: non é o mesmo NORAD (o departamento noruego), que ODI (o depar-tamento do Reino Unido) que a AECID, a axencia española, aínda pendente dunha reestruturación en profundidade que a capacite para xestionar de xeito áxil e eficaz o incremento de fondos prometido, e esta vez si realizado, polo goberno do Estado. E é evidente a influencia da ideoloxía dos gobernos no tipo de accións que se desenvolven.

Moitas destas diferencias non significan, per se, nin unha mellor nin unha menor calidade na cooperación. Podes ser un donante tan responsable e eficiente cen-trándote en países de África como facéndoo en países do sueste asiático, por poñer un só exemplo.

A orixinalidade española

O Estado español conta, ademais, cun trazo orixinal no referente á orixe da Axuda Oficial ao Desenvolvemento: a cooperación descentralizada. Revisando os

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 6: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009144

datos do Plans Anuais de Cooperación Internacional dos anos 2004 a 2007 vemos que as previsións para o ano 2007 situábanse en que esta significara un total de 586 millóns de euros do total da AOD española, un 13,68%. Porcentaxe que se elevaba case ao 25% do total da AOD bilateral non reembolsable prevista para ese ano. Do total da AOD descentralizada, son as CCAA as que aportan case o 80% dos fondos. No cadro 2 podemos observar a evolución dos fondos nos últimos anos. Así como os fondos aportados durante este período por parte dos concellos mantéñense case cons-tantes (en valores absolutos), os aportados polos gobernos autonómicos duplícanse.

CADRO 2

AXUDA OFICIAL AO DESENVOLVEMENTO FACI 2004, 2005, 2006, 2007

CONCEPTO 2004 2005 2006 2007

AXE 1.995.931.698 2.212.240.615 2.784.308.490 3.702.994.307

CCAA 223.131.808 280.754.082 343.180.147 467.766.984

AALL 101.391.496 107.474.987 107.474.987 118.862.523

TOTAL AOD 2.330.455.002 2.600.469.684 3.234.963.624 4.289.623.814

TOTAL AOD Descentrali-zada

334.523.304 388.229.069 450.655.134 586.629.507

% AOD desc. sobre total AOD

14,35 14,93 13,93 13,68

% CCAA sobre AOD desc.

69,69 72,32 76,15 79,74

(Fonte: Plans Anuais de Cooperación Internacional. AECID. Elaboración propia)

Un dos trazos da cooperación descentralizada española é a xestión da mes-ma mediante o financiamento de proxectos e programas de terceiras entidades, sobre todo ONGDs con presenza nas respectivas comunidades autónomas. Tamén, en me-nor medida, por medio da cofinanciación de proxectos doutras entidades públicas: AECID…ou universidades, colectivos no exterior ou empresas.

O cadro 3 recolle a orixe dos fondos executados polas ONGD que forman parte da Coordinadora Estatal de ONGD, unhas 90, entre as que están as máis impor-tantes polo nivel de financiamento (MSF, Intermón-Oxfam, Axuda en Acción, Cruz Vermella, Cáritas, Mans Unidas...). Como se pode observar, os fondos que teñen a súa orixe na cooperación descentralizada son superiores en tódolos anos ao 20% do

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 7: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 145

total, acercándose no 2007 ao 25%. Os fondos procedentes de CCAA e entidades locais supoñen case o 50% dos fondos que as ONGD xestionan e que teñen a súa orixe na AOD.

CADRO 3

FINANCIAMENTO DAS ONGDSGastos executados por anualidades

2004 2005 2006 2007

Fondos Públicos totais 203,43 234,18 262,56 333,15

Cooperación descentralizada 98,82 117,81 120,94 157,27

Ingresos privados totais 252,02 267,88 270,38 296,12

Outros ingresos 11,64 16,36 15,45

Total fondos 455,45 513,70 549,30 644,72

% Coop. desc. sobre total 21,7 22,93 22,02 24,39

% Coop. desc. sobre pública 48,58 50,31 46,06 47,21

(Fonte: Directorio de ONGD. Coordinadora de ONGD-España. Elaboración propia)

O heteroxéneo mundo das ONGDs

Nas ONG para o Desenvolvemento, as diferenzas entre elas son, se cabe, aínda maiores. Outra vez, a realidade atopa fendas ben amplas para colarse polos resquicios das proclamas. Non cooperan do mesmo xeito, por exemplo OXFAM, na escala internacional, que World Vision. A primeira na esfera progresista, cun forte compoñente de presión política (advocacy) sobre as políticas que inciden negativa-mente nos países en vías de desenvolvemento e a outra nidiamente conservadora nos seus plantexamentos e acrítica con respecto aos gobernos dos países donantes: Lembremos o seu solitario apoio, en EUA, á invasión de Iraq.

Igualmente, non traballan do mesmo xeito Médicos Sen Fronteiras que a Cruz Vermella: a primeira conxuga a denuncia, un dos seus principais activos, coa acción sobre o terreo; a segunda fai da “discreción” a súa virtude. Pero as diferen-zas son moitas máis: tipo de colectivos cos que se traballa, tipo de orientación dos proxectos (meramente de ladrillo ou creador de capacidades endóxenas…), fontes de financiación, tamaño, compromiso dos seus socios nos países en vías de desen-volvemento, realización ou non de políticas de sensibilización (non de captación de fondos) así como de presión política nos seus países de orixe. A ideoloxía tamén está

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 8: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009146

presente, aínda que se trate de ocultar baixo as afirmacións de “apoliticismo”, nas ONGD. Por acción ou por omisión.

Partimos dunha afirmación: a cooperación ao desenvolvemento é unha for-ma de solidariedade entre os pobos e debe ser algo máis que unha mera transferencia de fondos. A cooperación como solidariedade debe estar enchida de compromiso persoal e colectivo, debe buscar un mellor coñecemento mutuo, debe ser un inter-cambio… Un breve texto do xesuíta Jon Sobrino o resume ben: “Se a solidariedade só fora axuda non pasaría de ser unha esmola magnificada, pola que o doador daría algo do que ten, pero sen verse el mesmo comprometido no máis profundo del mes-mo, nin urxido a manter a axuda. E a axuda así entendida seríao só nunha direc-ción, de quen a dá a quen a recibe. Deste xeito perderíanse os elementos esenciais da solidariedade: o compromiso persoal, non só o material; a decisión duradeira de axudar, non só o alivio conxuntural e a apertura a recibir, non só para dar.”…..

Qué podemos aportar?

Dende esta premisa semella convinte que exista unha forma galega de facer cooperación. É non só nos referimos ás ONGD. Dende un punto de vista meramente técnico é obvio que a cooperación dende unha comunidade autónoma non poderá utilizar os mesmos instrumentos que a cooperación dun Estado.

Os fondos que os orzamentos españois destinan á cooperación internacional no ano 2009 acadan os 4.331,23 millóns de euros, dos cales unha parte importante son os 2.817 millóns do programa 143ª “Cooperación ao Desenvolvemento” do Mi-nisterio de Asuntos Exteriores e Cooperación. O tamaño si importa. Non tería moito sentido, nin apenas repercusión, que unha comunidade como Galicia fixera apoio orzamentario, salvo que fora cun micropaís e puxera todo o seu orzamento nunha única acción.

Por outra banda, o Estado é o que ten atribuídas a capacidade para a relación bilateral con outros estados e a pertenencia aos organismos multilaterais, e nestas áreas as comunidades autónomas deben acompasar as súas accións, de habelas, aos intereses do Estado e ás políticas que este dicte.

En que se basea logo a capacidade para xerar unha “forma galega de co-operación”. Non é a primeira vez que se repite esta argumentación. Galicia é unha formación social de seu, cunha historia colectiva propia, cuns saberes sociais acumu-lados tanto nas diversas administracións como nas entidades que compoñen o seu ser social. Esa é a base da “forma galega de cooperación”: o noso saber facer.

Os fondos que se administran dende o goberno galego, e en xeral dende as distintas administración galegas, son limitados. E así o serán aínda que se acaden os compromisos. Se queremos que o compromiso coa cooperación ao desenvolvemento enraíce de verdade en Galicia, un dos esforzos prioritarios dos distintos axentes é o de facer partícipes na mesma ao maior número de colectivos posibles. Non é só cap-

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 9: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 147

tar fondo e envialos ao exterior para que con eles se financien proxectos. É a necesi-dade de que as persoas se sintan partícipes deses proxectos. Somos unha comunidade que forma parte da Unión Europea, certo, pero hai poucas décadas a nosa poboación activa empregada no agro era superior ao 25%, e aínda agora está moi por riba das porcentaxes na UE 15.

As melloras en canto a infraestruturas, educación, sanidade, administra-ción, benestar social, nos últimos anos, sendo mellorables, son incuestionables. E alí pode estar a nosa fortaleza na cooperación con outros pobos: a maior cercanía. Temos unhas capacidades en desenvolvemento rural, en descentralización, en promoción social… que poden ser a base dunha relación fructífera con outras comunidades. Pero hai que crelo. Necesitamos crear instrumentos á nosa medida e non quedar engaiolados polas formas de facer de quen teñen unhas capacidades e unha historia moi diferente á nosa propia. A solidariedade é iso: compartir. Tamén experiencias. Poñelas a disposición de quen se poda aproveitar dos nosos acertos e dos nosos erros. Algo se ten feito. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten con Cabo Verde unha frutífera e fermosa relación de cooperación e verdadeira solidariedade. Continuemos por ese camiño. E iso apesares do case nulo compromiso orzamentario dos concellos galegos, reflexo, por outra banda do xa mentado escaso compromiso dos partidos políticos galegos. (2)

Un dos aspectos nos que é evidente que non se ten avanzado o suficiente para valorizar as vantaxes comparativas de Galicia no mundo da cooperación é o fortale-cemento das accións de apoio aos países de fala portuguesa da África subsahariana. Aínda que tal compromiso aparece nos diferentes documentos das estratexias oficiais galegas ten faltado unha aposta decisiva e continuada.

A realidade das ONGDs

E se desde a administración queda moito por facer, moito máis queda por facer desde as ONG para o Desenvolvemento. Un sector diverso, desde logo, que no último decenio ten mudado: incremento do número de ONGD (arredor de 140 no Rexistro Ga-lego de ONGD, case 50 na Coordinadora Galega de ONGD), máis dotado de estruturas profesionalizadas, máis presenza social... Pero que é un sector dependente do exterior.

A argumentación que relativiza a eiva que significa a dependencia das ONGD que actúan en Galicia de sedes centrais de fóra da comunidade, argumentación da que podemos atopar unha mostra no artigo publicado no número 16 desta mesma revista polo director territorial de Galicia-León-Asturias da Fundación Intermón Oxfam, no que afirma “a tendencia nesas grandes organizacións non é que a capacidade de ac-

(2) O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta cunha capacidade financeira moi limitada. A convocatoria de axudas para o ano 2009 adxudicou un total de 653.005,5 €, dos cales 150.326,5 € foron destinados a cofinanciar proxectos de distintas ONGD e 502.679 € a proxectos de cooperación directa con institucións ou organización dos países en vías de desenvolvemento.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 10: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009148

ción derivada da achega económica que obteñen en Galicia se vaia para outra parte de España, senón que se espalla directamente cara ás sedes que esas mesmas organi-zacións teñen nos diferentes países onde actúan”.

Afirmacións como esta só se poden soster no descoñecemento do que se ven a chamar a “cadea da solidariedade”, ese camiño, pouco simple na verdade, que une aos donantes do Norte cos colectivos receptores do Sur. Nada máis lonxe da realidade que esa pretendida sinxela relación directa. Realidade máis afastada aínda se falamos dos fondos xestionados polas grandes ONGD internacionais ou estatais, con procedemen-tos formalizados non exentos de complexidade.(3)

Si ben os fondos captados polas ONGD concorrendo ás diversas convoca-torias de entidades públicas galegas deben cumprir unha serie de requisitos formais, cos que se pretende garantir, ou cando menos promocionar, a apropiación dos pro-cedementos de xestión por parte das delegacións en Galicia das ONGD (cando son “sucursais” de ONGD estatais), tamén é certo que as actividades mais importantes da relación de solidariedade, como poden ser a relación coas entidades socias dos países do Sur, a redacción dos proxectos, os procedementos de avaliación, a busca de socios, a construción de redes internacionais, é atribución exclusiva, ou case exclusiva das sedes centrais (ubicadas en Madrid, Barcelona…), e é alí onde se acumula o “know-how” e onde tamén se crean os postos de traballo con maior nivel de cualificación.

E se na xestión de fondos procedentes das administración públicas galegas as ONGD, sexa a súa orixe a que sexa, deben cumprir uns requisitos formais, non é así nos fondos que teñen a súa orixe nos socios ou donantes.

A contribución privada da sociedade galega ás ONGD é un tema sobre o que existen moi poucos datos. Os diversos intentos que se teñen feito de recadar informa-ción téñense topado ou ben coa súa inexistencia (nas mesmas ONGD) ou co “oculta-mento” dos mesmos en cifras a nivel español sen disgregación, nin de socios nin de fondos recibidos, por comunidade autónoma. A realidade percibida é que son as gran-des ONGD estatais ou internacionais as que recollen a inmensa maioría das achegas privadas, sendo así mesmo as referentes no relacionado coa cooperación ao desenvol-vemento ou a axuda humanitaria.

Para tentar facernos unha idea de cal pode ser un importe aproximado dos fondos privados adicados ás ONGDs, e tendo moi en conta a falta de datos directos, imos facer unha estimación baseada nos ingresos recoñecidos polas ONGD que con-forman a Coordinadora Estatal de ONGD. Extraendo os datos do cadro 3 referentes aos ingresos privados das ONGDs da Coordinadora, vemos que no período 2004-2007 estas recibiron unha media anual de 270 millóns de euros. Se a orixe destes fondos se repartira de forma proporcional á poboación de cada comunidade autónoma teríamos

(3) Kees Biekart, profesor do Institute of Social Studies, da Erasmus University de Rotterdam ten desenvolto diferentes modelos de articulación da cadea da solidariedade. Unha elaboración sobre as mesmas pode atopala o lector interesado en: RODRÍGUEZ-CARDONA, Antonio (2002): "Las restricciones derivadas del actual sistema de cooperación internacional”, en RAMIREZ HARO et al. (2002): Desarrollo y cooperacion en zonas rurales de América Latina y África. Para adentrarse en el bosque. La Catarata, Madrid. O modelo referente ás ONG para o desenvolvemento mais avanzadas contén un total de 10 axentes diferentes intervintes na cadea de cooperación

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 11: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 149

que a sociedade galega (aproximadamente o 6% da poboación española) estaría apor-tando a estas ONGDs un monto anual de 16,2 millóns de euros(4). E este sería un cálcu-lo mínimo do que a sociedade galega doa xa que entre as ONGD que aportan os seus datos ao informe anual da Coordinadora Estatal de ONGD non se atopan algunhas das que contan con maiores ingresos.

Tal é o caso de ANESVAD, que na súa memoria de 2007 reportaba máis de 25,63 millóns de euros en ingresos, dos cales 17,7 proviñan de socios e colaboradores. Ou o caso de INTERVIDA, que no ano 2008, segundo os datos da propia ONGD xes-tionaba 51,46 millóns de euros dos cales 46,06 tiñan a súa orixe en apadriñamentos, legados e donativos. INTERVIDA contaba no 2008 con 172 mil “padriños” e “ma-driñas”, dos cales o 3,8%, 6.564, tiñan a súa residencia en Galicia. Esto significaría uns ingresos por apadriñamentos en Galicia, superiores a 1,73 millóns de euros. Estes datos poden indicarnos que a aportación ás ONGD por parte da cidadanía galega pode situarse entre os 18 e os 20 millóns de euros anuais. A maior parte doado, como xa dixemos, a ONGD estatais.

Aportaremos algúns datos que ilustran a grande diferencia entre a presenza social das ONGD con sede en Galicia, e a súa capacidade financeira, e as ONGD esta-tais con delegacións en Galicia: unha das ONGD galegas máis activas, AMARANTE, tiña, segundo a súa memoria do ano 2008, un total de 229 socios/as e colaboradores e uns ingresos totais de 295 mil euros. Dos cales, case as dúas terceiras partes, 191 mil era financiamento público e 58,7 mil vendas nas súas tendas de comercio xusto. Outra ONG como “Implicadas/os no Desenvolvemento” tiña no ano 2008 uns ingresos que non chegaban a 200 mil euros e menos de 200 asociados e asociadas. Outra ONG con xa certa andaina, “Ecos do Sur”, no ano 2008 xestionaba, segundo datos da súa memo-ria, 301 mil euros, dos cales o 98% tiña a súa orixe en subvencións públicas. Mais que unha ONG, unha entidade prestadora de servizos sociais.

Aínda que a presenza das ONGD estatais e internacionais é abrumadora en todas as comunidades autónomas, en canto a fondos xestionados, en canto a número de socios, o País Vasco e Cataluña si contan con referentes sociais con solvencia. No País Vasco, a Fundación Mundubat (antes Paz y Tercer Mundo) xestionaba un orzamento, en 2008, de case 10 millóns de euros, cunha especialización do traballo nos Territorios Saharauís (3 millóns de euros) e en América Central (3,4 millóns de euros). Arredor dun tercio dos seus fondos tiñan a súa orixe en entidades públicas vascas. En Cataluña, Cooperacio tiña en 2007 un orzamento total de 1,96 millóns de euros dos cales arredor dun 60% tiña a súa orixe na Generalitat, o Fons Catalá e os concellos cataláns. Tamén é Cataluña a sede da ONGD SSIM -Servei Solidari i Missioner- dos monxes capuchinos de Cataluña e Baleares, cun orzamento, ano 2007, de 1,5 millóns de euros.

(4) Somos conscientes de que o cálculo que facemos é absolutamente estimativo, sen rigor científico. A hipótese de que os fondos recibidos polas ONGD se distribúen en relación directa coa poboación de cada comunidade autónoma non ten en conta dous factores dos que descoñecemos a súa influencia: a distribución dos propios socios da ONGD e se as aportacións financeiras son, como media, iguais entre comunidades.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 12: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009150

E quen ten a culpa?

Non sería dende logo intelixente culpar ás grandes ONGD do raquitismo que afecta ás ONGD galegas. A situación ten sen dúbida que ver coa incapacidade das propias ONGD para converterse en referentes sociais, a súa visión exclusivamente local e moitas veces localista, os personalismos, a hiperideoloxización, a falta de interese en medrar ou a falta de reflexión sobre a cooperación como unha tarefa co-lectiva, unha tarefa de país.

Pero a situación ten tamén moito que ver coa propia escaseza de apoio dende as institucións públicas, que como vimos nos exemplos de ONGD vascas e catalás teñen nas súas respectivas administracións un respaldo financeiro importante. E o raquitismo tamén está relacionado coa cortedade de miras no nacionalismo político galego, cuxas relacións coas ONG para o Desenvolvemento, e a propia cooperación para o desenvolvemento, bascula, salvo períodos electorais e algunhas excepcións persoais, entre o profundo descoñecemento, o desinterese, e a desconfianza cando non a hostilidade.

O único nacionalismo existente en Galicia, o progresista, semella aínda ancorado en reflexións sobre o contexto internacional mais propias da década dos sesenta ou setenta do século XX ca dos fins do primeiro decenio do século XXI. O internacionalismo só semella que se pode manifestar baixo a boina con estrela do Che Guevara, as cancións de Carlos Puebla ou a queima de bandeiras estadouni-denses, ou a visita anual ao Foro Social Mundial. A loita cotiá a prol de mellorar as condicións de vida dos desherdados semella carecer de importancia. É este un trazo característico do nacionalismo galego, xa que o vasco, por exemplo, fixo sempre gala dun importante compromiso nesta área da que son mostra os aproximadamente 30 millóns de euros anuais adicados a cooperación (do orde do 0,4% do orzamento) polos gobernos do PNV, os 8,6 millóns en 2006 da Deputación de Biscaia ou os 2 millóns do concello de Bilbao, tamén gobernados polos nacionalistas vascos.

A falta de compromiso das institucións públicas galegas, que ten a súa orixe non na falta de recursos senón no desinterese dos partidos políticos, e a falta dunha rede de ONGD propiamente galega, conxúgase para mermar a presenza de Galicia no exterior e deixa orfo un campo de relacións nas que se podería actuar autonomamen-te, aportando aos países en vías de desenvolvemento as súas experiencias colectivas, á vez que, co contacto cos colectivos sociais dos países en vías de desenvolvemento, enriquecerse coas súas propias experiencias sociais. Nunha palabra: compartir.

É inxenuo pensar que esta tarefa social se poda facer desde as ONGDs es-tatais ou internacionais. Para esta tarefa é necesario ter a cabeza, e o corazón, na sociedade galega, para crear e articular os medios para implicar a toda ela na solida-riedade, para promover as alianzas e redes necesarias... Só desde entidades pensando en clave galega será posible converter en realidade a transformación das ONG de Desenvolvemento de meras intermediarias financeiras en intermediarias e dinami-zadoras sociais.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 13: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 151

E tamén semella evidente que a falta de centros directivos en Galicia é unha eiva de cara a crear a súa propia axenda de cooperación. Tamén nas ONGD que actúan en Galicia é estruendoso o mimetismo acrítico con respecto ás rutinas estatais. AS ONGD galegas tampouco aproveitan a súa vantaxe comparativa a nivel europeo para actuar nos países africanos de lingua portuguesa, nin para crear redes de cooperación cos país veciños(5).

Para finalizar

Non é doado pensar que nos próximos anos o panorama da cooperación ao desenvolvemento vai mudar dun xeito radical en Galicia. Un sistema de coopera-ción non se improvisa e en Galicia, aínda que se teñen dado pasos nos últimos anos, estes son, a todas luces, claramente insuficientes.

O labor dos “activistas” da cooperación ao desenvolvemento preséntase longa, porque moito é o que hai que mudar: a indiferencia dos políticos, a falta de compromiso económico das institucións, as rifas entre as ONGD, os personalis-mos...

As conclusións da última xornada do Fondo Galego de Cooperación e So-lidariedade, celebrada en Ourense a mediados do 2009, recollen unha prensada de suxerencias que deberían ser recollidas no novo plan director e polos propios axentes: redución de países, maior constancia e claridade nos programas de apoio ás ONGD, mellorar a coordinación entre os diferentes axentes do sistema, compro-misos serios coa financiación, promover a investigación sobre o sector, mellorar a oferta formativa nas universidades sobre cooperación..

Ás ONG para o Desenvolvemento galegas tamén lle queda unha ingrata tarefa que non semellan dispostas a encetar: abrir a reflexión honesta sobre o papel que xogan na cooperación ao desenvolvemento, cuestionarse a propia existencia para atreverse a explorar fórmulas de traballo conxunto... o que está en xogo é que Galicia poda aportar as súas experiencias ao servizo dos pobos ou meramente financiar accións de desenvolvemento sen a súa intervención real. Non facelo é privar a Galicia dun xeito de solidariedade.

A administración autonómica galega deberá sumar ao reto de incrementar os orzamentos adicados a cooperación a non menos difícil tarefa de crear as estru-turas de xestión que podan garantir o uso correcto dos fondos. E sería desexable que aínda que a organización da administración é unha iniciativa que debe liderar o goberno tal e como se ten feito coa Lei Galega de Cooperación ao Desenvolve-

(5) O desenvolvemento das ONGD en Portugal é menor que o das ONGD españolas. A Plataforma Portuguesa de ONGD conta con case medio cento de entidades asociadas. Unha das ONGD laicas máis importantes é OIKOS, que no ano 2007 xestionaba un orzamento de 3,2 millóns de euros. Outras ONGD que se poden citar son INDE, o CIDAC ou ACEP. Todas elas con presenza nos PALOP (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa). O menor tamaño das ONGD portuguesas lonxe de ser un déficit pode facilitar a relación coas ONGD galegas de cara a emprender proxectos conxuntos ou coordinados.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 14: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009152

mento ou o Plan Director se chegara a un consenso parlamentario que “protexera” a cooperación galega de pugnas partidarias que non a beneficiarían en nada.

Santiago de Compostela, agosto de 2009

Emilio M. Martínez Rivas é economista pola USC e foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento entre 1998 e 2005.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas

Page 15: Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao … · 2012. 4. 25. · Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 139-153 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 153

BIBLIOGRAFIA

CIDADANIA, SCG: Informe Cero do sector das ONGDs en Galicia, Coordinadora Galega de ONGDs, Santiago de Compostela, 2007.

INTERMON OXFAM: La Realidad de la Ayuda 2007-2008, Intermón Oxfam Ediciones, Barcelona, 2007.

QUINTELA, José Luis: “A cooperación para o desenvolvemento en Galicia: no camiño dun salto cualitativo?”, Tempo Exterior, 16, xaneiro-xuño 2008, páx. 127-132.

RIDELL, Roger C.: Does foreing aid really work?, Oxford University Press, Oxford, 2007.

RÍOS, Xulio e TEIJO, Carlos (eds.): Galicia solidaria. O sistema galego de cooperación ao desenvolvemento, Xerais, Vigo, 2009.

UNCETA, Koldo: As ONGs de desenvolvemento: de intermediarios financeiros a intermediarios sociais, Coordinadora Galega de ONGD, Santiago de Compostela, 2002.

Na difícil procura dun sistema galego de cooperación ao desenvolvemento / Emilio M. Martínez Rivas