06. manual uso pentax r326 - inicio - páxinas...

29
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO. 1 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326 MANUAL RESUMIDO DE TRABALLO COA ESTACIÓN TOTAL PENTAX R315NX E R326

Upload: trinhkhue

Post on 07-Oct-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

1 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

MANUAL RESUMIDO DE TRABALLO COA

ESTACIÓN TOTAL PENTAX R315NX E R326

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

2 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

0. ELEMENTO XERAIS.

1. Mando autofocus.

2. Mandos enfoque eléctrico.

3. Mando manual de enfoque.

4. Tornillos de presión.

5. Tornillos de coincidencia.

6. Batería e bloqueo.

7. Conector cable carga/descarga

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

3 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

1. PANTALLA E TECLADO.

(1) Para encender/apagar a Estación Total. Unha vez posta en marcha, realiza un test de estado e “colócase” na pantalla de niveis dixitais que se ve na imaxe.

(2) Cada Función activa o comando que aparece sombreado na parte inferior da pantalla.

(3) Botón para iluminar a pantalla. Si se pulsa simultáneamente con ESC entra na Axuda e no listado de parámetros a configurar que se relaciona no punto 4.

(4) Botón Escape: Para apagra plomada laser, para salir dunha función ou dunha pantalla.

(5) Botón laser para activar/desactivar a plomada laser dende calquera lugar da pantalla.

(6) Botón de confirmación ou de execución de operacións.

(1) Botón de encendido

(2) Botóns de funcións

(3) Botón de iluminación

(4) Botón de Escape

(5) Botón laser

(6) Botón confirmación

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

4 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

2. ENCENDIDO/APAGADO.

Botón de encendido. Pulsando este botón ponse en marcha e aparecen os niveis dixitais de precisión e os comando que se poden ver na pantalla anterior.

Para activar a plomada laser de centrado, pulsar o botón laser ou F3 (PLOMADA). A función F3 activa o laser e permite fixar a intensidade do mesmo. Para confirmar o centrado e o nivelado, unha vez feita a posta en estación física, pulsar o botón ENT, o botón laser ou ESC. Pulsando a F2 (PUNTERO), actívase o puntero laser visible do distanciómetro, para medir sobre lámina reflectante. Pulsando F5 (SENS.) modificamos a sensibilidade do nivel dixital.

3. SELECCIÓN DE MODO.

Pulsando F5 (MODO) cambia entre Modo A e Modo B. Na esquina superior esquerda da pantalla pode verse o modo en que se está e na liña inferior da pantalla aparecen os comandos de cada modo.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

5 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

• Modo A:

i. MEDIR (F1). Activa o distanciómetro e presenta a distancia en pantalla. Nesta función non se graban os datos.

ii. PUNTERÍA (F2). Cambia a selección de blanco para medir e a constante de prisma (pódese comprobar o seu valor na esquina superior dereita da pantalla: P –30 para prisma, S 0 para lámina). Con prisma poñer sempre P –30.

iii. H=0 (F3). Pon o ángulo horizontal en valor 0.0000. iv. DISP (F4). Cambia o formato de texto na pantalla e permite que

aparezan mais liñas informativas con texto mais pequeño. No mínimo tamaño visualízase: Angul. H, Angul. V, Dis. H, Dis. G, inc. V.

v. MODO (F5). Para cambiar de modo.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

6 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

• Modo B:

i. F. ESPC. (F1). Para seleccionar Funcións especiais. Para activar os programas do PowerTopolite hai que entrar sempre en Funcións especiais (F1). Función importante que require un desenvolvemento específico.

ii. SELC. ANG (F2). Con este botón entra nunha pantalla na que se poden seleccionar tres opcións:

1. Cambiar modo ángulo vertical de ángulo a % de pendiente. 2. INTRO ANG. H. Introducir manualmente un ángulo horizontal

determinado. 3. R/L. Seleccionar modo medición angular: DRCH-IZQU.

iii. FIJA ANG (F3). Fixa o ángulo horizontal que se está a visualizar na pantalla, si pulsamos dúas veces mentras soa un pitido. Permite “arrastrar” ese ángulo á dirección que nos interese.

iv. CORR (F4). Permite seleccionar a constante de prisma, a constante de lámina, a temperatura, a presión e as correccións en ppm dos efectos da refracción. Os tres últimos parámetros son automáticos por defecto. A máquina mide automáticamente a temperatura e a presión atmosférica e calcula o valor das ppm. Os tres valores “rotan” pola liña informativa superior da pantalla (centro).

v. MODO (F5). Para cambiar de modo.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

7 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

4. CONFIGURACIÓN.

Pulsando simultáneamente os botóns de iluminación + ESC (HELP) ábrese un listado de axuda que sirve para configurar os parámetros da máquina:

1. AYUD. Explicación breve de funcións. 2. CTE. PRISMA. Seleccionar constante de prisma. 3. CORR. ATM. Establecer corrección manual ou automática de

presión e temperatura. 4. MED. MIN PANT. Fina ou grosa. 5. DISP. COUNT. Número disparos do distanciómetro 6. CRV. /REF CORR. Corrección tipo por curvatura. 7. MIN. UNID. ANG. Salto mínimo en segundos. 8. ESTILO ANG. V. Ángulo ou %. 9. DIST. SON. Son no disparo mentras mide. 10. QUAD. SON. Son o cruzar cuadrantes. 11. AUTO OFF. Autoapagado. Desactivado ou fixar tempo. Por

defecto 10 minutos. 12. EDM OFF. Tempo de apagado do distanciómetro. 13. ILLU OFF. Tempo de apagado da iluminación de pantalla. 14. MEDIR SEÑAL. 15. SELECC. PRIORID. Orden de visualización de datos na

pantalla. 16. COMP.EJES. Activar/desactivar os compensadores. 17. PLOMADA&N. DIGIT. Activar/desactivar plomada laser. 18. ATM UNID. Para fixar o tipo de unidades para a temperatura e

a presión. Agora está en ºC e en mmHg. 19. UNI.DISTA. Cambia unidades de metros a pés, 20. UNI. ANGU. Cambia unidades angulares de sistema

centesimal a sexaxesimal.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

8 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

21. CONFG. COM. Configura tódolos parámetros para a comunicación co ordenador.

5. CENTRADO E NIVELADO.

Unha vez encendida a máquina aparece a pantalla dos niveis dixitais. Para activar a plomada laser podemos pulsar o botón co símbolo laser ou F5 (PLOMADA). Para apagar o laser pulsamos de novo o botón laser ou ESC. A nivelación cos niveis dixitais realízase despois da nivelación de aproximación coas patas do trípode e co nivel esférico, colocando o nivel dixital inferior (horizontal) en liña con dous tornillos nivelantes. A disposición dos dous niveis dixitais, que semellan un tórico de aire, perperdicular un ó outro, permiten nivelar o instrumento sen xirar a alidada.

6. SELECCIÓN DE MODO.

Pulsando F5, como xa queda dito na descrición dos comandos. A Estación Total apunta por defecto ó Modo A. Para activar calquera comando da lista do Modo B hai que pulsar F5 para pasar a esa pantalla.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

9 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

7. SELECCIÓN DE FORMATO DE PANTALLA.

Pulsando F4 (DISP) no Modo A, como xa queda dito antes, modifícase o tamaño do texto e, por elo, o número de liñas que se poden ver na pantalla. O formato preferido será o de cinco liñas, que presenta toda a información dunha medición.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

10 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

8. MEDICIÓN BÁSICA.

A que se realiza sin entrar nas Funcións Especiais, utilizando os comandos que aparecen no modo A: A Función F3 pon o ángulo horizontal a cero, si se pulsa dúas veces seguidas. A Función F2 modifica o blanco permutando entre o prisma (P –30) e a lámina reflectante ( S 0). A Función F1 dispara o distanciómetro para medir distancias. Neste modo de traballo non se grava nada na memoria interna. 9. SELECCIÓN DE PROGRAMAS. ( Modo B – F1 )

Cambiamos a Modo B e pulsamos F1 para entrar nas Funcións Especiais. Unha vez dentro desa pantalla a Función F5 (PAG) selecciona entre un Menú e cambia entre as diferentes Funcións Especiais, presentando unha pantalla diferente para cada grupo. PANTALLA 1:

F1: ARCHI. Con esta Función creamos o arquivo para gradar os datos de campo resultantes de cada medición. Podemos facer as seguintes operacións:

• INFORMACIÓN. • CREAR. • SELECC. • BORRAR

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

11 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

F2: MEDIR. Inicializa o procedimento para unha medición e permite seleccionar o tipo de datos que queremos gardar:

• COORD. RECTANGULARES (X, Y, Z). • COORD. POLARES (Observacións, ángulos e distancias).

F3: VER. Función para Ver/Editar.

• CROQUIS. Para ver croquis da medición. • CREAR PTO. RECTANGULAR. Para crear manualmente un punto con

coordenadas cartesianas. • EDITA DATOS RECTANG. Ver coordenadas de puntos. • EDITA DATOS POLARES. Ver observacións de puntos.

F4: E. LIBRE. Activa programa para calcular unha Base Libre. PANTALLA 2:

F1: REPLAN. Activa programa de replanteo e permite seleccionar entre a función de replanteo por coordenadas cartesianas ou replateo tos pertenecentes a unha alineación definida por dous puntos. F2: CALC. Activa un menú de ferramentas de cálculo xeométrico moi variado. Podemos seleccionar:

• COGO. o AZIMUT. o PUNTOS COORDENADAS. o RADIO CÍRCULO. o INTERSEC. ARCO-LINEA. o INTERSEC. LINEAS.

o INTERSEC. ARCO-ARCO. o ETC.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

12 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

• SUPERFICIE. • VOLÚMENES. • REM. (Altura Remota)

F3: VPM. Medición de puntos en un plano virtual vertical. F4: RDM. Medición de distancias entre puntos remotos. PANTALLA 3:

F1: TRAV. Activa unha completa función de medición e cálculo dunha poligonal e dos puntos radiados. Ten as seguintes opcións:

• MEDIR PUNTOS POLIGONAL. • MEDIR PUNTOS RADIALES. • DATOS POLIGONAL. • CÁLCULO POLIGONAL CERRADA. • CÁLCULO POLIGONAL ABERTA.

F3: COMUNIC. Activa o sistema de transferencia de datos entre a Estación Total e o PC. Necesita que no PC esté activado un Programa de comunicacións que, no noso caso será o DATA LINK.

• RECIBE DATOS RECT. Recibe datos de coordenadas cartesianas dende o PC. • ENVIA DATOS RECT. Envía datos de coordenadas cartesianas ó PC. • ENVIA DATOS POLAR. Envía datos de observacións ó PC. • COMUNICACIONS SETUP. Configura os parámetros de comunicacións para que

funcione correctamnente a transferencia. F4: PREF.Permite establecer preferencias de visualización e usos das diferentes funcións da Estación Total.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

13 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

10. MEDICIÓN DE COORDENADAS POLARES. (MODO B - F1)

• F1 ARCHI. • Crear arquivo.

i. Introducir Nome con Teclado Alfanumérico. ii. Avanzar/retroceder cursor con F1/F2, para cada carácter, ou pulsar

novo carácter. iii. Borrar ultimo carácter con F3. iv. Borrar todo con F4. v. Cambiar Texto/Números con F5. vi. Confirmar con ENT.

• F2 MEDIR. i. COORD. POLARES.

1. CREAR PUNTO DE ESTACIÓN: (1) Introducir os datos do punto de estación que pide para

as coordenadas polares: Co cursor sobre NP pulsamos ENT para que abra o campo NP e nos deixe escribir o número de punto de estación. Confrimamos con ENT e ábrese IH. Escribimos altura de instrumento, en metros sempre e pulsamos ENT. Escribimos código en PC ou deixamos en blanco con ENT. A Temperatura e a Presión non se poden variar cando está en modo automático a medición destes valores. Para cerrar o campo que IMPOSIBLE CAMBIO, pulsar ESC. PULSAR F1 SALVA para que quede o punto de estación gravado. Para este tipo de medición non se requiren obligatoriamente as coordenadas cartesianas na base, por elo, a Estación Total, pide o número de punto, a altura de instrumento e o código (optativo). As coordenadas da base inicial pódense fixar logo no programa de cálculo, no ordenador, donde necesariamente procesaremos as coordenadas polares para convertilas en rectangulares ou cartesianas.

(2) Orientación “manual”: Si o itinerario vai ser pechado, na primeira base podemos fixar libremente o CERO horizontal, por elo, a orientación nesas condicións podemos facela coa tecla F3 ( H=0). Tamén é posible introducir un valo angular fixo co botón F2 (INPUT). Co botón F4 (FIJAR) pulsado dúas veces seguidas fíxase a lectura angular que se lea nese momento na pantalla. Pode buscarse logo, xirando o instrumento e fixalo co botón F4, facer a puntería de orientación e liberar voltando a presionar F4 unha vez.

(3) Orientación “calculada”: NECESARIA CANDO A ORIENTACIÓN É OBRIGADA PORQUE TEMOS BASES CON COORDENADAS CARTESINAS COÑECIDAS (Itinerario aberto encadrado ou radiación dende bases xa calculadas), OU PARA AS ORIENTACIÓN POSTERIORES Á PRIMEIRA EN CALQUERA ITINERARIO. Utilizaremos a Función F5 (INVERS), que calcula un acimut a partir de dous puntos con coordenadas planas coñecidas.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

14 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

Os puntos coñecidos poderán estar introducidos na memoria interna da máquina, manualmente coa opción VER (Func. Espec. F3), ou transferidos dende o PC como xa se explicará. Seleccionando a función F5 INVERS aparce unha pantalla con dúas opcións (1 – SP -> Start Point ou Punto inicial para o cálculo. Neste caso a Base donde estamos estacionados.) ( 2 – EP -> End Point ou punto final para o cálculo, que será o punto que imos visar para a orientación.) Seleccionamos SP e buscamos o punto na LIST ou tecleamos tódolos seus valores do mesmo xeito que se fixo para operacións similares. O punto seleccionado na lista aceptase con ENT e confírmase con F5. O Programa xa pasa para o EP, que nos permite seleccionar igual que o anterior. O Programa calcula distancias e ángulo horizontal (Cálculo inverso de transformación de coordenadas cartesianas en polares). Pulsamos F5 (ENT) e queda aceptado o ángulo de orientación que será presentado na pantalla de orientación inicial. Pulsamos ENT e queda a orientación fixada. Xa podemos medir.

2. INICIAR MEDICIÓN.

(1) Fixar número de punto a medir (por exemplo 2), altura de prisma e Código (o código non é obrigatorio) con F4:EDIT. Cada valor confírmase con ENT.

(2) Seleccionar o procedimento para Medir e Gravar: F1:MEDIR, mide e visualiza datos. F2: SALV, salva os datos medidos. F3: ME/SALV, mide e grava datos.

3. CAMBIAR DE ESTACIÓN: (1) Arrancar de novo a máquina e avanzar ata MEDIR en

Funcións Especiais. (2) Seleccionar COORD. POLARES. Aceptar con ENT. (3) Introducir os datos do punto de estación que pide para

as coordenadas polares ( NP, IH, PC) e F1 SALV para que quede o punto de estación gravado. No modo de coordenadas polares non se gravan as coordenadas dos puntos medidos polo que non é posible fixar a orientación das visuales de espaldas polo procedimento de INVERS visto antes, agas que as bases xa teñan coordenadas calculadas anteriormente.

A MEDICIÓN PARA UN ITINERARIO HAI QUE FACELA COA OPCIÓN TRAV QUE DESCRIBIREMOS NO PUNTO 12. É evidente que este método de medición está previsto para ejecutar unha radiación dende bases que xa teñen coordenadas, ben sexa datadas con GPS ou polo método Itinerario, ou para facer radiación dende unha única base illada.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

15 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

11. MEDICIÓN DE COORDENADAS RECTANGULARES ( MODO B - F1 ).

• F1 ARCHI. • Crear arquivo.

i. Introducir Nome con Teclado Alfanumérico. ii. Avanzar/retroceder cursor con F1/F2, para cada carácter. iii. Borrar ultimo carácter con F3. iv. Borrar todo con F4. v. Cambiar Texto/Números con F5. vi. Confirmar con ENT.

• F2 MEDIR. i. COORD. RECTANGULARES.

1. CREAR PUNTO DE ESTACIÓN: (1) Si hai un punto con coordenadas no arquivo,

seleccionar LIST con F2 e buscalo. (2) Si non hai punto pulsar ENT para INICIAR a creación

dun punto. Abrese un campo NP vacío. Indicamos Num Punto NP (por exemplo 1) e aceptamos con ENT. Baixamos o cursor con F4 e pulsamos ENT para que nos deixe escribir no campo da X. Aceptamos con ENT e baixa para a Y, a Z, a ALTURA INSTRUMENTO (IH) e o CP (Código Punto). Pulsamos sempre ENT para aceptar. Si xa están tódolos datos o programa pasa á pantalla de Orientación.

(3) Orientación: Pode ser: Introducindo valor de ángulo unha vez feita a puntería (F2: INPUT). Fixando o Horizontal a 0 (F3 H=0, pulsar dúas veces). Bloqueando un ángulo que apareza en pantalla con F4 (FIJAR). Calculando un ángulo de orientación a partir das coordenadas do punto de referencia, con F5: BSP (Back Sight Point) (Punto atrás).

2. INICIAR MEDICIÓN. (1) Fixar número de punto a medir (por exemplo 2), altura

de prisma e Código (o código non é obrigatorio) con F4:EDIT. Cada valor confírmase con ENT.

(2) Seleccionar o procedimento para Medir e Gravar: F1:MEDIR, mide e visualiza datos. F2: SALV, salva os datos medidos. F3; ME/SALV, mide e grava datos.

3. CAMBIAR DE ESTACIÓN: (1) Arrancar de novo a máquina e avanzar ata MEDIR en

Funcións Especiais. (2) Seleccionar COORD. RECTANGULARES. Aceptar

con ENT. (3) Con F2 Activar LIST. De novo con F2 seleccionar

BUSCAR NP. Teclear número de punto da nova Base (neste caso 2) e aceptar con ENT (dúas veces ata chegar a pantalla en aparece ACEPTAR en F5.)

(4) Baixar o Cursor ata a liña de Altura de Instrumento IH, pulsar ENT e introducir a altura correcta. Pulsar ENT ( o campo de código pode quedar en blanco. Pulsar F5:ACEPTAR e a base queda establecida.

(5) Orientación. Como é un cambio de base podemos orientar por cálculo de acimut a punto conocido. (Neste caso o número 1) Seleccionamos BSP con F5 , LIST

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

16 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

con F2 e buscamos o punto número 1. Aceptamos con F5. Apuntamos á referencia (base 1) e pulsamos F5:ENT para confirmar a orientación. A máquina xa pasa á pantalla de medición. O proceso é similar ó apartado 2 anterior. Si estamos a facer un itinerario sin usar a Función TRAV antes descrita, non esquecer que a medición primeira despois de orientar faise á base de procedencia, a mesma á que se fai orientación, por eso nos vai aparecer un aviso de que o punto xa existe. Sobreescribilo.

(6) Si queremos medir puntos radiados, somente temos que cambiar a numeración dos puntos para poder identificalos ben.

NOTA: NA PANTALLA DE MEDICIÓN ESTÁ ACTIVA A FUNCIÓN F5:PAG. PARA CAMBIAR ENTRE DIFERENTES FUNCIÓNS, COMO SON: REMOTO – DESPLA – STACION – H. ANGUL. A MEDICIÓN PARA UN ITINERARIO HAI QUE FACELA COA OPCIÓN TRAV QUE DESCRIBIREMOS NO PUNTO 12. É evidente que este método de medición está previsto para ejecutar unha radiación dende bases que xa teñen coordenadas, ben sexa datadas con GPS ou polo método Itinerario, ou para facer radiación dende unha única base illada.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

17 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

MEDICIÓN DE ITINERARIO. (F1 TRAV PANTALLA 3) • F1 ARCHI. • Crear arquivo.

i. Introducir Nome con Teclado Alfanumérico. ii. Avanzar/retroceder cursor con F1/F2, para cada carácter. iii. Borrar ultimo carácter con F3. iv. Borrar todo con F4. v. Cambiar Texto/Números con F5. vi. Confirmar con ENT.

• F5 PAG. Pulsar F5 ata chegar á pantalla na que aparece TRAV en F1. • Pulsar F1 TRAV para seleccionar o programa de medición de Itinerario ou

Poligonal 3D. i. Seleccionar 1. MEDIR PUNTOS POLIGONAL. Pulsar ENT. ii. Introducir datos Punto de Estación:

1. NP: ENT – Nº de punto – ENT 2. IH: ENT – Altura inst. – ENT 3. PC: ENT – Código punto (opcional) – ENT. 4. ESC para desseleccionar Presión e Temperatura. 5. F5 ACCEPT

iii. Orientar. Si é itinerario pechado, podemos orientar H = 0, con F3. Confirmar con ENT.

iv. Medir, indicando datos pto.a medir con F4 EDIT: 1. NP: ENT – Nº de punto – ENT 2. IH: ENT – Altura inst. – ENT 3. PC: ENT – Código punto (opcional) – ENT. 4. ESC para desseleccionar Presión e Temperatura. 5. F5 ACCEPT

12. TRANSFERENCIA DE DATOS.

Para a descarga de datos utilizaremos o programa DataLink, que estará instalado no ordenador. A Estación Total ten que estar encendida e conectada ó PC por medio do cable de carga/descarga. No PC o COM1 é o porto superior.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

18 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

Pulsando Edit ábrese un desplegable e seleccionamos settings para establecer os parámetros de comunicacións. Unha vez fixados sempre quedan por defecto. É indispensable que ditos parámetros coincidan cos da Estación Total. Normalmente son os seguintes:

Para localizar os parámetros na Estación Total hai que entrar por Funcións Especiais (F1 no Modo B), pasar de páxina ata chegar á Pantalla 3 COMUNIC (F3). Unha vez fixados os que queremos utilizar tamén quedan grabados para outras veces. Confirmamos a configuración no DataLink pulsando o botón OK e na ET con ENT. DESCARGA DE COORDENADAS POLARES (OBSERVACIÓNS):

• Na Estación Total: o Seleccionar o arquivo que se quere descargar, entrando en ARCH (F1) da

Pantalla 1 de FUNC ESPEC. (Sempre se descarga o arquivo que está activo).

o Ir á función de comunicacións, como se indicóu antes para fixar os parámetros e seleccionar a operación que se quere facer: ENVIAR RECT (enviar coordenadas cartesianas si foi ese o modo de medición), ENVIAR POLARES (enviar observacións si foi ese o modo de medición) , RECIBIR RECT. (recibir coordenadas cartesianas si se queren cargar bases e puntos para replanteo).

o Seleccionar Modo DC1. o Confirmar con ENT.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

19 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

• No Ordenador:

o Activar o DataLink co icono do escritorio. o Pulsar o botón que indica o sentido de fluxo de datos ET � PC (botón

central). o Establecer a ruta de gardado do arquivo e o seu nome, con extensión ptx

(somente para recoñecer que é de Pentax) e pulsar Gardar.

o Seleccionar Modo de descarga que coincidirá co establecido na Estación, neste caso DC1-Z e pulsar OK.

o Pulsar o botón de inicio de recepción (Start receiving).

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

20 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

o Pulsar ENT na Estación para que se inicie a descarga. Si todo vai ben aparece un contador numérico que indica o proceso de liñas descargadas.

o O formato do arquivo descargado é como sigue:

DATOS (UN DATO POR LINEA) EQUIVALENCIAS STL:POLARES Nome do arquivo STA: Punto de Estación STS:1 Número de Estación STC: Código de punto INH:00001.470 Altura de instrumento TMP:024.1 Temperatura PRS:0730.7 Presión atmosférica PPM:0019 Corrección refracción PSM:-30 Constante de prisma PPT: Punto visado PPD:2 Número de punto visado PPC: Código de punto PPH:00001.500 Altura de prisma RTH:399.9998 Ángulo Horizontal RTV:098.8208 Ángulo Vertical RTD:0003.8550 Distancia gemétrica PPT: Punto visado PPD:3 Número de punto visado PPC: Código de punto PPH:00001.500 Altura de prisma RTH:399.9998 Ángulo Horizontal RTV:098.8208 Ángulo Vertical RTD:0003.8550 Distancia gemétrica

PREPARACIÓN DOS DATOS PARA O CÁLCULO:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

21 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

Este formato de datos ten que ser modificado para convertilo a columnas. De momento, este proceso somente se pode facer cun programiña chamado CONVERTA.EXE, que ten que estar na mesma carpeta que o arquivo ptx a convertir. Activase o programa facendo doble clik no seu nome, pulsamos ENTER e seleccionamos “ Cambio a columnas de Topcal” ou pulsamos F4. Aparece o listado de arquivos que hai na carpeta de traballo donde está o Convert. Seleccionamos o arquivo a convertir, movéndonos coas teclas de flecha e pulsamos ENTER. O Programa crea un arquivo co mesmo nome e coa extensión .TXT que pode editarse co Bloc de Notas.

O formato encolumnado resultante queda na disposición propia de Topcal: STS,PPD,RTH,RTV,RTD,PPH,INH,PPC 1,2,399.9998,098.8208,0003.8550,00001.500,00001.470 1,3,399.9998,098.8208,0003.8550,00001.500,00001.470 1,4,000.0000,098.8208,0003.8560,00001.500,00001.470 5,501,320.4834,098.8210,0003.8550,00001.500,00001.470 5,502,320.4834,098.8210,0003.8550,00001.500,00001.470 5,503,320.4834,098.8208,0003.8560,00001.500,00001.470 Esta ordenación de columnas STS (Estación), PPD (Punto visado), RTH (Áng. Hz.), RTV

(Áng. Vert.), RTD (Dist. Seom.), PPH (Alt. Prisma), INH (Alt. Instr.), PPC (Código) coincide co formato TOPCAL e pode ser importado directamente tanto a Topcal como a Protopo.

¡¡¡¡ ATENCIÓN: ANTES DE IMPORTAR ELIMINAR DO FICHEIRO DE OBSERVACIÓNS A LIÑA DE ENCABEZAMENTO, DE XEITO QUE O ARQUIVO RESULTANTE TEÑA COMO PRIMEIRA LIÑA A DOS DATOS DA PRIMEIRA OBSERVACIÓN!!!!!!

O PROCESO SEGUINTE NON SERÍA NECESARIO CO NOVO CONVERTA. Hai moitas formas de facelo:

• Abrindo o arquivo *.COL con MS Word, convertindo o texto a tablas (Opción Tabla, Convertir), reordenando as columnas (somente hai que seleccionar a columna que se quere mover e arrastrala ó lugar desexado) e voltando a convertir a tabla a texto separado por comas. ELIMINAR O ENCABEZADO ANTES DE IMPORTAR A TOPCAL. Este procedemento é rápido, fácil e seguro.

• Importando o arquivo COL a unha Folla de Excel, reordenado as columnas e voltando a expotar a texto. Tamén é fácil si se manexa ben Excel.

• Utilizando un programa de transformación de formatos denominado Topolink.

o ELIMINAR ANTES O ENCABEZADO DO FICHEIRO *.COL.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

22 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

Seleccionamos Arquivo, Exportar. Abrese a seguinte pantalla:

En Configuracion, Directorio activo, indicamos a carpeta donde está o arquivo que queremos convertir para que o programa encontre os arquivos que segundo o formato de procedencia estará coa extension axeitada. No noso caso é a extensión COL.

Picando en observacións ábrese un listado de formatos que poden ser convertidos. Seleccionamos “Pentax R325 a Topcal” aparece o listado de ficheiros con extensión COL que hai no Directorio Activo. Si seleccionamos un deles vemos os seus contidos na ventá da dereita

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

23 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

ó mesmo tempo que se presentan as opcións de conversión. No noso caso seleccionaremos Fichero en formato Topcal e pulsamos o boton de flecha para que se inicie a conversión.

Como se ve, a parece unha ventá para darlle nome o ficheiro de saida e fixala ruta de gardado. Pulsamos Guardar e o arquivo convertido queda gardado encolumnado para Topcal. Resultado: 1 2 399.9998 98.8208 3.855 1.470 1.500 1 3 399.9998 98.8208 3.855 1.470 1.500 1 4 0.0000 98.8208 3.856 1.470 1.500 5 501 320.4834 98.8210 3.855 1.470 1.500 5 502 320.4834 98.8210 3.855 1.470 1.500 5 503 320.4834 98.8208 3.856 1.470 1.500 que xa vale para ser importado a Topcal ou a Protopo, sen mais cambios. Como pode verse o Topolink escribe o ficheiro transformado con extensión *.topcal.

DESCARGA DE COORDENADAS RECTANGULARES (CARTESIANAS):

A preparación e os pasos a dar ata seleccionar o tipo de arquivo a ENVIAR dende a ET son os mismos. Na Estación Total foron gardadas Coordenadas Cartesianas, porque no proceso de MEDIR decidimos medir COOR TECTANGULARES.

• Na Estación Total: o Seleccionar o arquivo que se quere descargar, entrando en ARCH (F1) da

Pantalla 1 de FUNC ESPEC. (Sempre se descarga o arquivo que está activo).

o Ir á función de comunicacións, como se indicóu antes para fixar os parámetros e seleccionar a operación que se quere facer: ENVIAR RECT (enviar coordenadas cartesianas si foi ese o modo de medición), ENVIAR POLARES (enviar observacións si foi ese o modo de medición) , RECIBIR

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

24 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

RECT. (recibir coordenadas cartesianas si se queren cargar bases e puntos para replanteo).

o Seleccionar Modo CSV. o SEÑAL CONTROL � OFF o XON/XOFF � OFF o PROTOCOLO � OFF o Confirmar con ENT.

• No Ordenador: o Activar o DataLink co icono do escritorio. o Pulsar o botón que indica o sentido de fluxo de datos ET � PC (botón

central). o Establecer a ruta de gardado do arquivo e o seu nome, con extensión xyz

(somente para recoñecer que é de coordenadas) e pulsar Gardar.

o Seleccionar Modo de descarga que coincidirá co establecido na Estación, neste caso Non-protocol e pulsar OK.

o Pulsar o botón de inicio de recepción (Start receiving).

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

25 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

o Pulsar ENT na Estación para que se inicie a descarga. Si todo vai ben aparece un contador numérico que indica o proceso de liñas descargadas.

o O formato do arquivo descargado é como sigue:

1,+00001000.000,+00005000.001,+00000498.694,EST, 4,+00000997.203,+00005002.610,+00000498.566,EST, 5,+00001000.008,+00005004.263,+00000498.562,EST, 2,+00001000.008,+00005004.264,+00000498.562,EST, 201,+00001000.000,+00005000.000,+00000498.694,EST, 202,+00001000.000,+00005000.000,+00000498.694,EST, 203,+00001000.000,+00005000.001,+00000498.694,EST, 204,+00001000.000,+00005000.001,+00000498.694,EST, que xa pode ser importado a Protopo para debuxar directamente ou convertido a DXF co propio Datalink. En File, Convert, seleccionamos o ficheiro que queremos abrir, no exemplo Aula.xyz, pulsamos abrir e pasa o formato en que queremos gardar. Dámoslle o mesmo nome e seleecionamos o tipo de arquivo dxf. Gardamos e xa esta convertido a DFX para abrir en AutoCad.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

26 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

27 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

CARGA DE DATOS PARA REPLANTEO.

Esta operación requiere a transferencia de datos dende o ordenador á Estación Total. Os datos necesarios para o replanteo por coordenadas cartesianas rectangulares son as coordenadas rectangulares das bases de replanteo e dos puntos xenerados no proyecto, para o replanteo da obra a executar. A transferencia é moi doada:

• O arquivo de coordenadas ten que estar en formato de texto plano, con extensión asc, txt ou calqueira outra, e poden proceder da exportación directa en formato ASCII de texto dende un PTS de Topcal ou dun crd do editor de coordenadas de Protopo, por exemplo:

230, 618045.120, 4763890.390, 411.170, 231, 618047.990, 4763894.830, 411.120, 232, 618052.110, 4763898.540, 411.030, 233, 618057.730, 4763901.880, 410.970, 11, 618065.204, 4763777.600, 423.270, 77, 617986.857, 4763836.361, 423.365, 53, 618205.260, 4763818.750, 419.480, 54, 617954.060, 4763974.350, 413.170, IMPORTANTE: A COLUMNA DAS Z TEN QUE REMATAR EN COMA. • Na Estación creamos un arquivo no que entrarán os datos, polo mesmo

procedemento que creamos un arquivo para unha medición. • Buscamos a Función COMUNIC e comprobamos a configuracion para recibir

rectangulares por medio da opción COMUNICACIONES SETUP � RECIBE DATOS RECT � ENT � BAUDIOS (Somente hai dúas velocidades para recibir: 1200 ou 2400). Pulsar ENT e seleccionar 2400. Pulsar ENT e F5 ACCEP.

• Unha vez configurada a transferencia seleccionamos no listado de opción RECIBE DATOS RECT. � ENT. En SELECC. FORMATO elexir CSV � ENT.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

28 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

• No PC executamos DataLink e configuramos a velocidade en Edit � Settings a 2400 para que coincida coa seleccionada na máquina. LEMBRAR QUE A VELOCIDADE DE TRANSFERENCIA TEN QUE COINCIDIR NO DATA LINK E NA ESTACIÓN, POR ELO O MELLO E DEIXAR OS DOUS EN 2400 BAUDIOS.

• Pinchamos o botón que indica o fluxo de datos dende PC a ET. E buscamos o arquivo queremos transferir. Pulsamos Abrir e seleccionamos Non protocol (para o formato CSV) confirmando con OK.

• Na Estación Total pulsamos ENT (como xa indicara a pantalla) e no DataLink Start Sending para arrancar a transferencia. Tanto no datalink como na ET vaise vendo o proceso de envío de datos.

13. REPLANTEO.

Para replantear buscamos a PAG donde está o comando REPLAN e seleccionamos REPLANTEO.

A Estación Total pide o Punto de Estación, que será un dos puntos base que están trasnferidos á memoria do instrumento. Con F2 (LIST) abrimos un listado de puntos polo que podemos movernos ou utilizar o comando BUSCAR NP (F2) para ir ó punto fixo. Na pantalla aparecen as coordenadas do punto de estación para que sexan confirmadas con ENT. Na seguinte pantalla introducimos a altura de instrumento, no campo IH e o código si se quere. Aceptamos con F5 (ACCEPT).

A Estación Total pide a orientación. Para o replanteo por coordenadas rectangulares é obrigada a orientación ó Norte do Sistema, polo que seleccionaremos BSP (Backshig Point) con F5. Igualmente o¡por medio de LIST (F2) poderemos seleccionar un punto de coordenadas coñecidas ó que facer a orientación, que confirmaremos con ENT e con F5 (ACCEPT).

Apuntar á referencia de orientación e pulsar ENT na máquina SEMPRE DESPOIS DE FACER A COLIMACIÓN PERFECTA DO PUNTO DE REFERENCIA.

A Máquina pasa á pantalla de selección de puntos a replantear. Por medio de

LIST seleccionamos o punto que queremos replantear que confirmamos con ENT. Na pantalla correspondente poñemos a altura de prisma entrando no campo PH e confirmamos con ENT e con F5 (ACCEPT) igual que nos pasos anteriores.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

29 MANUAL DE USO DA ET PENTAX R315NX e R326

Aparece unha pantalla que contén os seguintes datos:

• PN: Número de punto a replantear. • PH: Altura de prisma. • D H angul: Valor de ángulo horizontal de dirección � xirar a máquina ata que o

valor sexa 0.0000. • D V angul: ángulo vertical � será o que mida o eclímetro en cada posición do

prisma. Necesario para a comprobación da distancia reducida do replanteo e a cota.

• D H dist. Distancia que deberá desplazarse o prisma unha vez feita a primera medición.

• D X: Diferencial de x, para lograr a posición correcta. • D Y: Diferencial de y, para lograr a posición correcta. • D Z: Diferencial de Z, para o replanteo de cotas: � DZ positivo indica subir con

respecto á cota que se está a medir (terreo ou cabeza de estaca).

Para facer a medición de comprobación hai que activar o comarndo MEDIR, con F1. Para cambiar de punto a replantear, pulsamos F4 (SIGUIENT). O programa busca o seguinte punto da lista ou permite a busca no LISTADO (F2).