xose mª álvarez cáccamo

9
XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 15 de enero de 2013

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

203 views

Category:

Documents


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xose mª álvarez cáccamo

XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

martes 15 de enero de 2013

Page 2: Xose mª álvarez cáccamo

Aquel Vigo dos anos 50 e 60 é a cidade da miña nenez e da miña adolescencia. É un dos ámbitos referenciais da miña escrita poética, fundamentada en gran parte na memoria. Outro espazo decisivo, as praias de Coruxo, onde pasabamos o verán, constitúe tamén un referente, unha clave da miña vida e da miña literatura. A inestabilidade, a miseria, a grisalla ambiental daquela época reflicten tanto nos meus poemas de liña intimista como na obra poética de suxeito colectivo e intención política e na miña escrita narrativa e teatral.

Xose Mª Álvarez Cáccamo

1. Que pegadas deixou en Vostede aquel Vigo dos anos 50-60? Como lembra aqueles tempos de inestabilidade social nunha cidade marcada desde anos atrás por unha economía emerxente?

2. Nacer nunha familia ligada de sempre á cultura galega significou para Vostede un vieiro a seguir desde novo ou foi máis ben a realidade social e cultural da época o que guiou o seu futuro persoal e literario?

A tradición cultural da familia e a dedicación ao estudo e á literatura dos meus devanceiros desde mediados do século XIX crea un ambiente moi propicio para a aprendizaxe do oficio, que no noso caso pode ser considerado un oficio familiar. Pero eu non teño conciencia de ter recibido nunca unha encomenda de continuidade no exercicio dese labor. Comecei a escribir de xeito moi natural, talvez por contaxio ou por imitación do traballo do meu pai. Incorporeime ao sistema literario galego cando xa publicara, en 1977, un libro de poemas en castelán. Pouco tempo despois funme facendo consciente da fundamental aportación do meu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, ao desenvolvemento e consolidación do sistema cultural galego e da miña propia responsabilidade nese proceso colectivo. Así que tamén a realidade social e cultural da época tivo un peso importante –teno aínda hoxe- na miña toma de posición en relación coa nosa cultura e a nosa nación.

3. Que supuxo para Vostede a súa estadía na Compostela de fins dos anos 60? Que nos podería sinalar daquel fervor literario e político daqueles anos? Bebeu a súa futura literatura daquelas tendencias, daqueles movementos culturais?

A miña experiencia de estudante universitario en Santiago representou un dos fundamentos da miña sensibilidade e das miñas convicións ideolóxicas. Foi o tempo en que se alicerzaron as miñas certezas políticas no rumbo da esquerda como “compañeiro de viaxe” do Partido Comunista. A miña incorporación ás causas do nacionalismo chegou máis tarde. Máis que dos movementos culturais, pouco activos na Compostela de fins dos sesenta, a miña literatura foise alimentando, como é natural, de lecturas de aleatoria ou voluntaria selección, da experiencia humana e emocional e daquela urxente vontade de intervención contra a ditadura fascista e contra a grisalla dominante.

martes 15 de enero de 2013

Page 3: Xose mª álvarez cáccamo

A contemplación da paisaxe apenas actúa como motor inmediato da miña escrita poética. A experiencia da natureza, o meu contacto constante co mundo natural, vai conformando un sustrato de sentido, un significado latente que se manifesta ás veces como figura do primeiro plano (o mar, a praia, a illa, o bosque ... como suxeitos centrais) e noutras ocasións constitúe un simple referente espacial, o ámbito onde se desenvolve a escena evocada. En calquera caso, creo que eu non son poeta da paisaxe. Prefiro considerar que a natureza actúa no poema, integrada e non como obxecto de contemplación.

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

4. A paisaxe ten un peso moi específico na súa poesía. Unha posta de sol na praia de Coruxo ou ben unha vista continua da illa de San Simón xa é suficiente motivo para que o seu espírito lírico tome vida?

5. Chama a atención que a súa primeira obra publicada fose en castelán na editorial familiar de Castrelos. Que foi o que de súpeto condicionou a súa escrita cara ao noso idioma? O de non volver a publicar en castelán foi un compromiso co noso idioma ou máis ben que a súa pluma se expresaba mellor nel?

Na miña escolla do galego como lingua única e definitiva para a escrita literaria –e para a comunicación pública e privada- incidiron razóns estéticas e políticas, talvez a razón estética dunha concreta opción política. Optei polo galego desde o compromiso coa causa dunha cultura ameazada e agredida e tamén desde o entusiasmo na participación nun proceso colectivo de longa e fermosa tradición. O mundo visto desde Galiza, pensado, interpretado, expresado en galego, amplía decisivamente o seu horizonte. Tamén o horizonte estético persoal alonga as súas dimensións cando o poeta recupera como idioma propio a lingua do seu país.

6. Por que, a pesar de tocar todos os xéneros literarios, o lírico sexa no que se asentou a súa literatura? Imos recuperar unha pregunta que no noso centro nos contan en Literatura Galega que lle fixo unha alumna dunha vez a Bernardino Graña: que sente un poeta cando remata ou dá á luz un poema?

Eu descubrinme a min mesmo como poeta en tempos de adolescencia. A condición do poeta asenta na ollada, na maneira de ollar, no xeito de sentir e interpretar a experiencia. Usamos instrumentos de síntese perceptiva e de concentración expresiva de natureza musical. Ese é oficio que quixen aprender desde a miña mocidade e ao que entreguei intensas horas de lectura e escrita, o labor co que sempre me sentín máis identificado. Unha prolongación natural da miña dedicación á escrita poética é a da análise crítica e o ensaismo literario, onde tamén me sinto cómodo. A progresiva diversificación xenérica do meu traballo de escritor –narrativa, teatro, literatura para crianzas, autobiografía- é consecuencia dunha pulsión de hiperactividade expresiva que non son quen de desobedecer. O pracer provocado pola experiencia do poema concluído ou editado adopta matices moi diversos segundo circunstancias e tempos tamén diversos. Hoxe, cincuenta anos despois dos primeiros poemas, aínda sinto a satisfacción do poema que considero ben resolto.

martes 15 de enero de 2013

Page 4: Xose mª álvarez cáccamo

A función divulgadora e pedagóxica dos suplementos literarios resulta imprescindíbel en calquera sistema literario. Tal obxectivo intensifica a súa necesidade no caso das culturas non normalizadas. Eu participei na creación e colaborei con reseñas críticas de poesía durante varios anos no Faro das Letras. Na etapa actual deste suplemento observo certo desequilibrio entre os textos de reflexión teórica ou de análise xeral, de dimensión excesiva para o medio através do que se difunden, e as reseñas críticas, de carácter case exclusivamente informativo.

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

7. Vostede sempre andou inmiscido en suplementos literarios de diferentes xornais. Cal cre vostede que é a función primordial dun suplemento literario? Serían tamén necesarios nunha literatura normalizada? Que nos podería comentar do suplemento “O Faro das Letras”?

8. Vostede pertenceu ao Consello de Redacción da relevante revista “Grial”. Que supuxo esta revista para a nosa cultura e para as nosas letras? Cre que se debería potenciar a publicación de máis revistas deste tipo?

“Grial”, revista cultural e de pensamento de moi longa e constante andaina desde hai varias décadas, representa un referente decisivo para Galiza, nunha liña diferente da que se manifesta, por exemplo, através de “A trabe de ouro”. Sen dúbida, cómpre multiplicar e diversificar o abano das plataformas de comunicación pública no eido da reflexión arredor da cultura, desde distintas perspectivas ideolóxicas.

Xose Mª Álvarez Cáccamo nun recital da

Coruña

Xosé Mª Álvarez Cáccamo (esquerda)

Invitación Tréveris 1999

martes 15 de enero de 2013

Page 5: Xose mª álvarez cáccamo

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

10. A maioría da súa vida estivo adicada á docencia; a conexión diaria cos mozos e mozas galeg@s axudoulle a seguir aumentando a súa obra literaria? Que lle transmitían os estudantes?

A experiencia docente non topou espazo na miña obra, a non ser como motivo secundario. Pero, sen dúbida, representa un dos eixos fundamentais da miña vida. A comunicación diaria con xente moza durante case corenta anos é unha experiencia moi enriquecedora, malia a tensión que o exercicio pedagóxico produce. O labor docente axuda a vencer a visión hipercrítica instalada na sociedade contra as xeracións novas, a ollada tópica e simplificadora que envellece a quen a practica. Nunca me sentín –nin me sinto aínda hoxe- vello na miña relación coa mocidade.

11. Que lembranzas lle quedan de “Burla negra” e a súa participación en “Hai que botalos”? Cre Vostede que aínda non se superaron certas realidades da década pasada?

Está moi viva aínda a emoción política daqueles días. Foi un proceso de namoro colectivo e de enerxía cívica que cómpre recuperar. Hoxe, máis que nunca, hai motivos para loitar contra a burla negra do poder, representada na linguaxe mentireira e na acción esmagante do capitalismo. O lema “Hai que botalos” non só non perdeu vixencia senón que afortala cada día máis o seu sentido, a súa urxencia. Non teño dúbida: ¡Hai que botalos!

Eu concedo aos premios literarios que recibín –que non foron tantos como sinalades- o valor da puntual e sempre ben recibida gratificación económica, unha interesante compensación ao labor de escrita e publicación, de moi pobres resultados en termos monetarios para o escritor. Agradezo ademais o aprezo dos xurados que escolleron nalgunha ocasión obras miñas. Pero é a comunidade receptora e crítica quen outorga valor máis ou menos consistente, co auxilio do tempo, ás obras literarias e non o historial de galardóns recibidos, tantas veces consecuencia dunha complexa combinación de azarosas circunstancias. Hai grandes escritores que nunca presentan os seus libros a concursos e premios literarios e obras importantes que pasan desapercibidas na lectura dos xurados. Pola contra, resultan premiados con frecuencia, en parte por falta de contraste, por ausencia de textos de calidade no concurso, libros de moi discutíbel entidade estética, ou de indiscutíbel deficiencia.Entre os premios que recibín, lembro con especial aprezo o que me concedeu a Asociación de Escritores en Lingua Galega, unha gratificante declaración de amizade.

9. Ao longo da súa vida recibiu un grande número de premios; imaxinamos que todos e cada un deles son especiais para vostede, pero houbo algún co que se sentise máis identificado ou valorado? Por que?

martes 15 de enero de 2013

Page 6: Xose mª álvarez cáccamo

14. E por último, gustaríanos coñecer a súa opinión sobre a situación actual da lingua galega no noso país e qué futuro coida que a agarda.

O futuro da nosa lingua, gravemente ameazada, non só pola acción corrosiva do secular proceso colonizador senón tamén pola vontade de demolición dos nosos sinais de identidade colectiva por parte do goberno que preside Núñéz Feijóo, depende de nós como falantes e como cidadáns. A defensa activa do noso idioma realízase no seu uso como instrumento de comunicación natural e permanente, en calquera ámbito e situación, como fan os falantes das linguas normalizadas sen provocar a extrañeza de ninguén. Pero ademais, cómpre intensificar a resposta pública contra as estratexias desgaleguizadoras do Poder con todos os instrumentos democráticos dos que aínda dispomos.

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

13. Poderiamos falar de “Xeración dos 80” ou ben inmiscir esta xeracion nunha xenérica xeración poética finisecular?

Teño moi claros os sinais de identidade da Xeración dos 80, que, sen dúbida, forma parte dun movemento artístico e literario finisecular de máis amplos lindes cronolóxicos.

Xosé Mª Álvarez

Cáccamo

A verdade é que non abandonei o teatro, xénero ao que me dedico de xeito esporádico. Mesmo así, ao longo do tempo escribín e publiquei catro ou cinco obras dramáticas breves, a última, escrita o ano pasado, pendente de publicación nun volume colectivo de saída prevista para o ano 2013.

12. Como pode xustificar o seu abandono tan prematuro do teatro? Ou ben é que quedan nos seus baúis algunhas pezas sen ver a luz?

martes 15 de enero de 2013

Page 7: Xose mª álvarez cáccamo

CUESTIONARIO

martes 15 de enero de 2013

Page 8: Xose mª álvarez cáccamo

A catedral de Santiago de

Compostela.

Un monumento

salientábel?

Álvaro Cunqueiro e

Herba aquí e acolá.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Luces de bohemiaUnha obra teatral?

Xosé Manuel Beiras. Charles

Darwin.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Kafka. O proceso.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

Simpatizo con moitos personaxes

literarios pero non me identifico de

cheo con ningún.

Un personaxe literario co que se

identifique?

Cidadán KaneUnha película de cine

A vida

Cal é a súa fonte de inspiración?

martes 15 de enero de 2013

Page 9: Xose mª álvarez cáccamo

Escribir unha novela.

Un anceio por realizar?

A poesía visual e obxectual. A fotografía. O cuidado do xardín.

Outro entretemento ademais da literatura?

Para vivir, ámbito rural.

Entre praia e m

ontaña

non sei escoller.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Noruega. A hospedería do mosteiro de Samos.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A revolución cubana.

Un feito histórico?

Igualdade,

liberdade,

fraternidade.

Unha utopía?

A miña casa.

Un lugar axeitado para a lectura?

Música clásica. “Grándola”

Un tipo de música? Unha canción?

Xavier Rodríguez Baixeras

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

martes 15 de enero de 2013