xornal bbs
DESCRIPTION
Segundo numero do Xornal BBS publicado a 22 de marzo de 2013, coincidindo coa celebración no centro da Semana da Prensa. Na redacción alumnado de 1º,2º, 3º e 4º de Primaria.TRANSCRIPT
Nº 2
VENRES 22 DE MARZO DE 2013
XOSÉ MARÍA BREA SEGADE
Redacción 3º O venres 8 de marzo pola noite ardeu un garito en Fachán. O lume comezou polo tellado e estendeuse rapidamente por todo o edificio. Os donos do garito e os seus amigos, que estaban alí, apagaron o lume e evitaron unha desgraza maior.
Arde o tellado dun garito.
A casa fantástica.
Redacción 4º Un día pola tarde en Iñobre oíanse
voces e moito rebumbio na rúa. Os veciños saíron
todos ás ventás. Era unha casa con rodas, que
estaban intentado levar para unha horta, pero como
as pistas eran moi estreitas, a casa non viraba
nunha curva! Veciños e amigos foron axudarlles. A
casa era prefabricada, e, como dixemos antes, tiña
rodas.Era grande, e viña en dúas metades, que
despois foron unidas ao metela na horta. A casa xa
tiña camas, cortinas, baño, cociña …
O tempo. Redacción 2º O trece de marzo, pola mañá, no Castro estaba todo nevado. Que frío facía! Tamén polo Vilar estaba cuberto dunha espesa capa de neve, mais aínda se vía un pouco de verde, moi pouco.
Como irán vestidos os habitantes do Vilar? Trasladamos esta pregunta aos nosos lectores.
Unha pregunta máis. Se vas ao Vilar, patinarás?
Redacción 2º A miña cadela tivo os mellores cans da historia pero a noite do samaín... desapareceron. Nas casas habitan moitas cousas tenebrosas que veñen comer seres vivos. Entran polas portas atravesándoas, e iso significa que debedes ter moito coidado e poñer alarmas en todas as portas e nas ventás, pero sobre todo, coidade as vosas mascotas. Se as tendes na casa estarán sans e salvas pero aínda así, poñede unha serie de trampas para fantasmas para que non lles pase nada.
Os canciños máis bonitos
Gatiño perdido Gilber é un gato moi cariñoso. Fai unhas
semanas marchouse e parece que lle pasou algo.
É un gato que lle quedan 6 vidas. Penso que
marchou con outros gatos. Creo que lle pasou
algo!
Só queda Michi na casa. Pode que Michi tamén
marche? Estou moi preocupado...
Morrería? Con quen estará? Alguén sabe que lle
pasou?
Con Gilber era todo mellor. Éramos moi amigos.
Canto o boto de menos...
Vístedes a Gilber por algures? Axudádeme!
Búscase
Noticia medio ambiental do Araño.
Redacción 4º É unha vergoña que se estean
vertendo augas fecais ao río Te, habendo
“tanta vixilancia por parte do Seprona”.
Vaia herdanza nos deixan os que gobernan
e os maiores aos rapaces, ademais dos
animais que están matando!
A consecuencia de todo isto é que pouco a
pouco destruímos o ecosistema: xa non
podemos ver tantas troitas e lontras coma
antes!
As cartas Pokemon están de mo-da no Brea Segade
Redacción 3º As cartas Pokemon puxéronse
de moda este mes de marzo no colexio Brea
Segade. Os nenos e nenas de segundo
empezaron a traer as cartas e agora os
nenos de quinto a primeiro traen as súas
cartas para xogar nos recreos.
Se sabes algo dillo
a algún de primeiro.
Redacción 2º Unha vez, a miña cadela apareceu diante da miña avoa e seguiuna ata Campo de Pasos. Entón, a miña avoa preguntounos se era nosa e si que era! Despois, cando nos fomos a outro sitio perseguiunos e como non nos veu, esperounos ata que volvemos. Chámase Lila e Messi é o seu mozo.
Teño dous cans.
Redacción 2º O can de Ruth tivo cinco canciños moi bonitos: un de cor branco, outro de cor negro e tres de cor gris. Cando saen afora sempre xogan á pelota. Un morreume e só me quedaron catro. Pasou un día e morréronme outros dous.
Os dous que quedaron foron o branco e o negro. Chámanse Laki e Luna. Fixéronse grandes e despois de dous anos, morreu Luna porque tiña un vulto e meu pai foi ao veterinario e dixéronlle que tíñamolo que sacrificar... E foi moi triste.
O can que tivo cinco canciños.
Un mar de mulleres.
Redacción 4º O sábado, 16 de marzo, o
grupo de teatro AIRIÑOS representou
unha obra de teatro titulada MAR DE
MULLERES, que gustou moito ao
público asistente.
A obra ía sobre o que fan as mulleres no
mar. As mulleres no mar marisquean,
van á batea, van pescar, fan a poxa do
peixe, e despois os homes e mulleres
cociñan o peixe.
Ademais de iso, as mulleres vixían para
que non lles rouben o marisco nas
praias. Antes de haber coches as
mulleres ían vender o peixe andando con
cestas na cabeza as que chamaban
patelas.
Verdadeiramente, as mulleres fan “un
mar” de traballos relacionados co mar!
Furtivos rouban ás mariscadoras na praia da Torre.
Redacción 3º O xoves 14 de marzo uns furtivos
roubaron a unhas mariscadoras 1kg e medio
de ameixa fina e 5 kg de ameixa xapónica na
praia da Torre. Elas estaban distraídas
collendo máis marisco para xuntalo con aquel
que lles roubaron.
As mariscadoras quedaron moi mal despois
daquela catástrofe. Tiveron que ir ata un pouco
máis alá dos paus para apañar máis marisco.
Os vixiantes non viran o roubo pero si que
viron ás mariscadoras que pasaban dos paus e
berráronlles.
Algunhas mariscadoras que din que hai roubos
todos os días.
A miña aldea Taragoña.
Redacción 4º Na aldea de Taragoña, onde eu vivo, hai
un problema: os rapaces da miña idade non teñen
parques públicos para poder xogar cos seus amigos
un tranquilo venres pola tarde.
Por iso quería poñer esta denuncia, xa que o concello
non quere facer nada, nin sequera arranxar os
espazos que están en mal estado.
Penso que esta denuncia vai axudar a que por fin o
faga, e na aldea de Taragoña teñamos parques
públicos, paseos,…
Porque todas as aldeas deben telos, e por suposto a
nosa tamén!
Morre unha galiña en Cespón.
Redacción 3º O pasado sábado 9 de marzo
morreu en Cespón unha galiña que acababa de
poñer ovos de dúas xemas. Isabel, a dona da
galiña, dinos: Cando vin de traballar xa estaba
morta. Antes de morrer a galiña puxo dous
ovos de dúas xemas, que son moito máis
grandes ca un ovo corrente , dous cuartos máis
grandes. Os ovos están na casa de Noelia e
Irene Fernández Romero. Isabel está
convencida de que a galiña morreu polo
esforzo.
Imp
rim
e:
B
B
B
B B
B
B
B
SS SS e
dit
ora