xornal "o disparate"
DESCRIPTION
Xornal creado por todo o alumnado do CEIP A Lama como actividade proposta polos equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca para conmemorar a Semana da Prensa na escola.TRANSCRIPT
O DISPARATE (xornal informal) Nº de xornal 0001 A Lama 7 de marzo de 2016
OS NENOS DA LAMA RECUPERAN
UN XORNAL Os alumnos e alumnas do CEIP A Lama recuperan un xornal que se editaba neste munici-
pio alá polo 1911.
Coa “casa” ás
costas
páx.2
O lobo na La-
ma
páx.3
Os ladróns en-
tran en ac-
ción
páx.4
Un zumba so-
lidario
páx.5
Entrevista a
María Teresa
Couto Paz
páx.8
XOGOS ARTESANAIS PARA TODOS!
corrector
Axente
comercial
fotógrafa director
distribuidor
impresora
redactora Deseñador
gráfico
periodista Xestor da web
ilustradora
Os nenos de 4 e 5 anos venden xogos de fabricación caseira e algo trapalleira como: barcos
e avións de papel, puzles, animais da granxa, etc.
50 € (Unidade)
591 423 659 chama xa, que se esgotan! (Estes obxectos carecen de garantía algunha)
A idea xurdeu co motivo da celebración da Semana da Prensa (7-11 de marzo) implicando a
todo o centro nesta iniciativa. O traballo reparteuse segundo as idades dos cativos, tendo en
conta que cada clase debería elaborar unha carilla.
Este xornal estará a disposición de todos cun exemplar dentro das mochilas viaxeiras e
tamén en formato dixital no recanto de Leo.
COA “CASA” ÁS COSTAS
O Papa Francisco, sinalado na
Arxentina pola súa distancia
con Macri.
O Papa Francisco converteuse nun personaxe controvertido na
Arxentina, o seu país natal.
Nos últimos días, medran as acusacións sobre a súa suposta in-
tromisión na política doméstica e a tensión pola distancia co
presidente Mauricio Macri.
Así as cousas, o presidente arxentino foi recibido en audiencia
no Vaticano. A frialdade do encontro –que tan só durou 22 minutos-
dá testemuña das diferencias existentes entre os dous mandata-
rios.
Obama presenta un
plan para cerrar
Guantánamo.
En maio do 2009, en plena campaña elec-
toral, Obama prometía pechar o cárcere de
Guantánamo (Cuba).
Despois de sete anos, o presidente de EE-
UU declarou o seu firme compromiso de
clausurar este cárcere. O plan consistiría
en transferir entre 30 e 60 dos 91 presos a
cárceres estadounidenses.
O documento pon 13 lugares diferentes,
pero non recomenda ningún. Algunhas son
novas instalacións en bases militares.
Obama subliñou que mantelo aberto re-
sulta “contraproduncente” para a loita an-
titerrorista e, ademais, moi caro de manter,
segundo informes do Pentágono.
Estas boas intencións poden quedar nun
simple intento pola oposición que soen
atopar no Congreso os plans de Obama. COMPRO ganas de estudar. Por
estes lares escasean. Se al-
guén ten un saco delas … que
non as tire!!!!
Cada vez son máis os refuxiados
que escapan do seu país a causa da
guerra.
A maioría deses refuxiados son
nenos e moitos deles acaban mo-
rrendo porque non saben nadar. Pe-
ro non só morren nenos; tamén mo-
rren adultos.
Moitos europeos axúdanlles; pero
outros, aproveitándose da súa si-
tuación, transpórtanos a cambio de
cartos que moitas veces non teñen.
Despois de atravesar o mar, al-
gúns non poden continuar porque
no seu camiño hai reixas de arame
ou redes.
Trae un libro á biblio
e dámosche dous.
Válido só o 30 de fe-
breiro.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 2
O LOBO NA LAMA
O lobo na Lama! Mozos e mozas da Lama, temos que ter coidado cos nosos rebaños, pois
temos convidados famentos que atemorizan aos nosos animais. Algún gandeiro da zona xa
padeceu un descenso de cabezas de gando a causa da aparición dunha manada de lobos.
Temos en exclusiva una entrevista:
-Nome?
-Alex (gandeiro).
-Como se sentíu cando se decatou de que había lobos?
-Moi furioso.
-Cando sucedeu?
-Luns 15 de febrero deste mesmo ano.
-Canto tempo había dende que non se notaba a presencia do lobo?
-Facía aproximadamente dous anos que non faltaba ningún animal no monte a causa do
lobo.
-Por que creen que o lobo atacou aos seus animais?
-Porque non hai máis no monte, entón matan potros e becerros para comer.
-Tomouse alguna medida ao respecto?
-Chamamos á Xunta para que viñera ver o becerro morto e tomaron as medidas necesarias.
-Foron moitos os animais atacados?
-Dende xulio que se empezaron a ver, entre potros e becerros, mataron sobre quince.
-Cantos lobos pensa que foron?
-Chegaronse a ver seis xuntos.
-Ten medo de que volva a ocurrir?
-Por suposto que si. Por ser un animal protexido non podemos facer nada.
Anuncios breves
Vendo un cabalo para
comprar a silla. Razón
nenos de 3º. Vendo Ferrari
para poder votar gasoli-
na, económico. Razón CEIP
A Lama. Cambio legón con
pegatinas por fauciño
de coloríns (o importante
e que sexa bonito) falar
cos nenos de 3º. Vendo
peixes para comprar
acuario. Preguntar no
CEIP.
Roubo en Abe-
laido
Vecinos da Lama, pechade
ben as portas, pois parece
ser que na parroquia de An-
tas, concretamente en Abelai-
do, entraron nunha casa. Fon-
tes de información revelaron
que non e a primeira vez
que pasa isto neste Concello.
Na seguinte entrevista fala-
mos coa dona da casa afecta-
da:
-Nome?
-Gloria.
-Como se decatou do roubo?
-Porque entraron pola porta.
-Había alguén na casa?
-Non.
-A que hora foi?
-Ás tres da tarde.
-Que foi o que lle roubaron?
-100€.
-Como se sinte agora que pa-
sou o susto?
-Non estou moi asustada, non
é a primeira vez.
-Tomou alguna medida pre-
ventiva despois do roubo?
-Puxen cámaras de vixiancia
e alarma.
Queridos lectores, como poden
ver, toda precaución é pouca.
A imaxe pode non corresponder cos feitos.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 3
OS LADRÓNS ENTRAN EN
ACCIÓN
Os ladróns roubaron no CEIP A Lama os ordenadores, os proxectores,
portátiles, un libro electrónico, romperon a tele e tiraron os libros ao
chan.
Os nenos ao chegar ao cole estaban preocupados, porque uns días antes ga-
ñaran un premio para comprar material para o cole e tiñan medo que o
roubaran.
Cando chegou a policía investigaron, investigaron e investigaron. Crían
que foran tres ladróns.
Un policía usou un material para ver as pegadas.
A pesar dos esforzos da policía non lograron dar cos ladróns.
Pero grazas aos reis magos volvemos ter todos os materiais.
AS GOTEIRAS INVADEN O NOSO COLEXIO
No colexio da Lama comezaron a caer goteiras. Xa non se pode pasar polos
corredores. Os rapaces teñen que dar a volta para ir ó comedor, ó patio de fora...Puxéronse
conos e periódicos para evitar accidentes graves. Polo de agora ninguén arranxou nada!!!
Fontes externas informan, que o concello di que o ten que arranxar o axuntamento e o
axuntamento di que o ten que arranxar o concello.
Encontradas dúas
cadeliñas brancas
con chaqueta rosa
con puntiños brancos.
Chamen ó 40391953.
Poranse moi contentas!!!
ATENCIÓN!!!!
Perdidos dous gatos de
15 e 5 anos cor negra un e outro
gris e negra. Por favor se encon-
trades unha gata durmiñona e un
gato trasno, ide a Gaxate, a un por-
tal de aceiro e chamade!!!
COMPRO!!!
Unha DS con xogos. Quen teña
unha e non a use que chame
ó 986768331.
Preguntar por Santi.
Estou disposto a pagar 10 Euros!!!
ENTROIDO NO C.E.I.P A
LAMA
No C.E.I.P A Lama celebrouse con gran pompa o En-
troido. Fíxose un desfile polas rúas con música,
cancións...
Os rapaces disfrazados de peixes, curuxas, coe-
llos e abellas pararon diante do concello, onde
os recibiu o Sr. Alcalde que os agasallou con ca-
ramelos. Logo continuaron o desfile ata a Praza
do Pobo, onde se fixeron moitas fotos.
Os país, que esperaban emocionados o desfile,
aplaudiron con ganas ó paso dos nenos e non pa-
raban de facer fotos cos móbiles.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 4
UN ZUMBA SOLIDARIO
O pasado domingo, 21 de febreiro, ás 17:00 horas, tivo lugar no pa-
villón de A Lama, unha “Máster Class” de Zumba para solidarizarse co
CEIP A Lama.
Esta iniciativa xurdiu a partir do roubo sufrido no colexio no mes de
novembro e o obxectivo desta actividade foi recadar fondos para recu-
perar parte do material perdido.
A clase de zumba foi guiada por seis monitores e participaron centos
de persoas que colaboraron comprando as entradas, excepto os menores
de 12 anos que entraron gratis.
O ANPA tamén colaborou vendendo comida e bebida.
XOGADORES DO PONTECALDELAS OPINAN
Consideras importante o apoio que che
brinda a afición ao teu equipo?
A LAMA PERDE CONTRA O ZACANDE
O ZACANDE F.C. SUPERA Á LAMA S.D. A DOMICILIO
E PÁSALLE POR RIBA NA CLASIFICACIÓN
A LAMA
S.D.: Chito, Chota, Roberto, Miguel, Adrián, Casano, Cho, Da-
vid Ludeiro, Diego, Esteban, Fran, Gabri, Javi Canda, Javi
Fraguas, Jeison, Junior, Manu, Marcos, Pablito, Pablo, Par-
do, Solla.
ZACANDE F.C.: Cristian, Eduardo, Juan , Juan José M, Fran,
Nicolás, Carlos, Javier, Juan, Pablo, Alejandro, Daniel,
Adrián Rial, Adrián Serantes, Juan R, Juan J.
Goles:Fran.
Árbitro: Hamza Aboufaris.
Incidencias: Campo Racelo. Terreo de xogo en perfectas
condicións.
Redacion: O partido comezou cunha primeira parte moi
igualada na que ningún dos dous equipos logrou marcar.
O gol chegou no minuto seis do segundo tempo, obra de
Fran.
A LAMA intentou porse firme en defensa e igualar o mar-
cador pero a falla de puntería impediu que chegara o
gol.
A LAMA S.D. 0
ZACANDE F.C. 1
ALÍ (medio)
Si, para min é
importante
porque nos
apoia e nos
da ánimos pa-
ra meter gol;
e se imos per-
dendo, axúda-
nos a remon-
tar.
XIÁN (Banda
dereita)
Para min non é
importante
porque xogo do
mesmo xeito
tanto se hai
afición ou
non. Pero
gústame que os
meus pais me
animen porque
non me sinto
so.
MARTÍN
(defensa)
Prefiro que
haxa afi-
ción porque
animan ao
equipo e
xogamos me-
llor.
Gústame que
a miña fami-
lia vexa co-
mo xogo.
SAIDOU
(dianteiro)
Pois si por-
que necesita-
mos do seu
apoio para
animarnos e
axudarnos no
partido. Iso
significa
que queren
que gañemos.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 5
lllll
CARTELEIRA DE CINE
Aula de
1º ED.Pr
imaria d
o CE-
CEIP A L
ama bus
ca nenos
para
a súa cl
ase
VENDO CACHORROS “PASTOR GALEGO” ACEPTO PAGO EN VARIOS PRAZOS
INFÓRMATE 696 325 750
Vendo camisetas que
me quedan pequenas en moi bo estado . Prezo 12€
Vendo tortas “de
la abuela” casei-
ras.
www.tortas.com
BUSCO GRELLA
PARA INSTALAR NO
BALCÓN
OFRÉCESE NEN@ PARA COIDAR
BEBÉS MENTRES NON ESTÁ NO
COLEXIO.
631 097 012
Ofrécese nen@ pa-
ra coidar cabalos
e vacas (luns e
mércores) despois
das clases.
www.animais.comm
Título Frozen: El reino del
hielo.
Director Chris Buck, Jenni-
fer Lee
Duración 102 min.
Xénero Animación
Idade Todos os públicos
Unha profecía caeu sobre un
reino, condenándoo a un in-
verno eterno. Para desfacer
dita profecía a xoven e op-
timista Anna, xunto ao teme-
rario montañeiro Kristoff e
o reno Sven, emprende unha
viaxe en busca da súa irmán
Elsa, a Raíña das Neves, pa-
ra pedirlle que poña fin ao
feitizo.
Título Zootrópolis
Director Byron Howard
Duración 97 min.
Xénero Animación. Comedia.
Fantástico.
Idade Todos os públicos
En Zootopia, un mundo no que
non existen os humanos, vive
Nick Wilde, un zorro acusado
dun delito que non cometeu.
Alguén descoñecido quere ve-
los a el e a tenente Judy
Hops, unha coella, na cadea.
Os animais, vítimas dunha
conspiración encuberta, uni-
rán as súas forzas para tra-
tar de destapar ao culpable
que lles está facendo a vida
imposible.
Título Del revés (Inside Out)
Director Pete Docter, Ronaldo
Del Carmen
Duración 94 min.
Xénero Animación.
Idade Todos os públicos.
Crecer pode ser un camiño
cheo de obstáculos e dificul-
tades. Tamén para Riley, que
debe deixar o seu fogar no
Medio Oeste cando o seu pai
consegue un traballo en San
Francisco. Como todos nós, Ri-
ley guíase polas emocións:
alegría, medo, ira, asco e tris-
teza. As emocións viven en
Cuarteis Xerais, o centro de
control situado dentro da ca-
beza de Riley, desde onde lle
axudan e aconsellan ao longo
do seu día a día.
Título El Rey León
Director Rob Minkoff, Roger
Allers
Duración 88 min.
Xénero Animación, Romance,
Comedia
Idade Todos os públicos
A sabana africana é o es-
cenario no que teñen lu-
gar as aventuras de Simba,
un pequeno león que é o
herdeiro do trono. Ao ser
inxustamente acusado polo
malvado Scar da morte do
seu pai, vese obrigado a
exiliarse. Durante o seu
desterro, fará boas amiza-
des e intentar regresar
para recuperar o que lexi-
timamente lle corresponde.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 6
X a sabedes que o tempo, andar… an-
da revolto!
A xornada de mañá
comezaremos cuns
espesos bancos de
néboa que pouco a
pouco se irán disi-
pando.
Cara o mediodía lu-
cirá o sol.
Pola tardiña os
ceos estarán anu-
brados, moi nubra-
dos ou nubradísi-
mos (hai que ver),
con alta probabili-
dade de choivas
intermitentes.
Non podemos des-
cartar a posibili-
dade de fortes apa-
ratos eléctricos.
Pouco despois de
que comece Gayoso
no Luar… una drás-
tica baixa de tem-
peratura dará paso
a una gran nevara-
da que xunto cun
vento tolo provoca-
rá unha sensación
térmica inferior
aos 15 graos baixo
cero.
No mar…
Lenda...
mm CALORCIÑO
RAIOS E CENTELLAS CHUZOS DE PUNTA
OVO FRITIDO VENTO TOLO COPOS COMA PUÑOS
INFORMACIÓN NON VERAZ FACILITADA
POLO PRIMO TERCEIRO DE “PMAN”
PARA MÁIS INFORMACIÓN PRÉGASE:
MIRAR CARA O CEO!
BUSCA AS 7 DIFERENZAS!
1 3 4
5 8
2 7 9
ATOPA O NÚMERO QUE FALTA!
UNE TÓDOLOS
PUNTOS E A
VER
QUE CHE SAE...
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
O TEMPO NA LAMA...
PASA O TEMPO… COS PASATEMPOS!
LENDA...
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 7
Estamos aquí con María Teresa Couto Paz, para todos
nos a "Profe Tere".
A Profe Tere é unha persoa moi polifacética, ademais de
ser mestra de 2º curso é Secretaria do Centro, Encargada
de comedor, costureira... Para saber un pouco máis dela
imos facerlle unhas preguntas.
- Porque decidiches ser mestra?
- Por que me gustaban moitísimo os nenos, entón decanteime
por esa opción, tiña outras pero escollín esa polo que me
gustan os nenos.
- De pequena xa querías selo?
- Si, de pequena estaba entre mestra e enfermeira, pero de
enfermeira sabía que traballando nun hospital ía ver
xente que sufre e iso non me gusta e os nenos sempre son
alegría e entón dixen “Os nenos para min”
- Estiveches noutros colexios antes de vir para este?
- Colexio, colexio non. Este é o meo primeiro colexio.
Antes traballei de mestra no cárcere, non se pode di-
cir que fora un colexio, non había nenos, evidentemen-
te, dáballe clase a adultos.
- Cal che gustou máis?
- Que Colexio? , este, sen dubida. Eu entendo que este é
o meu primeiro colexio, é o traballo que eu desexaba.
Aquí estou moi contenta e non penso marchar ata
que me boten a patadas.
- Levas moito tempo neste colexio?Cambiou moito?
- Uns catorce anos.
Si,cambiou, agora está máis bonito, máis dotado, fan-
se outras cousas máis dinámicas, non é coma antes
sempre na aula. Agora trabállase moi a gusto.
- Como fas para ter tanto humor cos nenos?
- Tanto, tanto non teño, as veces enfádome, ben o sabe-
des. Se unha persoa fai o que lle gusta está contenta,
e se ademais traballa con nenos está contenta e fai
bromas para que vos esteades contentos.
- Elixiches ti ser secretaria ?
- Non, foi un pouco a dedo, eu non quería selo, a min
gústame estar cos nenos. Pero pedíronmo e eu entendín
que tiña que colaborar e dixen que si.
- Que traballo tes que facer como secretaria deste
Centro?
- Papeleo e máis papeleo. Teño que facer actas, for-
malizar as matrículas, dar entrada e saída os docu-
mentos. Encárgome dos expedientes escolares. Papeleo
que non me gusta nada, estou desexando o relevo.
RECICLA!!!
A profe Tere cos alumnos de 5º na bibliotca
ENTREVISTA A MARÍA TERESA COUTO PAZ
- Tamén es a Encargada de comedor. Tes que facer algo
mais que atender os nenos mentres comemos?
-Si,algunhas cousas máis hai que facer. Facer os menús que
tanto vos gustan (leituga e máis leituga), atender os pro-
vedores, estar en contacto coas cociñeiras...
- Que é o que mais che gusta deste colexio?
- O que máis me gusta sodes vos, os nenos, traballar con vos
é o máis bonito que me puido pasar. Gústame o colexio, os
compañeiros... pero o que máis me gusta son os nenos.
- Que che gusta máis ser mestra ou costureira?
- Costureira é unha afición, gústame moito pero gústame
máis ser mestra.
- Tamén fas gardas de biblioteca. Que pensas do traballo
dos voluntarios?
- O traballo dos voluntarios é moi importante, axúdannos os
profesores e penso que para eles tamén e unha experiencia
bonita, Estades a facer un bo traballo.
- Gustaríache ser directora? Por que?
- Non, porque o director ten unha responsabilidade moi
grande. Fai tarefas, que a min non me gustan nada, eu prefi-
ro que me manden a mandar.
- Gustaríache darnos clase a nos o ano que ven?
- Si que me gustaría, porque teño oído que sodes moi traba-
lladores e pouco faladores. Non sei se vos soltaría a profe
Marta.
- Moitas grazas por prestarte a responder as nosas pre-
guntas.
- De nada, foi un pracer.
O DISPARATE (Xornal informal) A Lama, 7 de marzo do 2016 páx. 8
DALLE UNHA
SEGUNDA VIDA OS
PERIÓDICOS…