xornadas tic
DESCRIPTION
Xornadas TIC para docentes desenvolvidas no Pazo da Cultura en Pontevedra o 1 de decembro de 2012TRANSCRIPT
Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica
O 1 de decembro celebraronse no Pazo da Cultura en Pontevedra as Xornadas
Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas, estas Xornadas estaban inmersas na Feira das
Industrias Culturais CULTURGAL que se desenvolveu durante toda a fin de semana.
Nas Xornadas tiven o pracer de coñecer a Manuel Area Moreira, nado en Pontevedra e
profesor na Universidade da Laguna dende 1982. Escoitei a súa ponencia con interese,
dicía que é moito máis
importante centrarse no
cambio de pedagoxía que
na tecnoloxía en si
mesma, de feito o Moodle
en mans de moitos
profesores pasa a ser
unicamente unha
ferramenta para fabricar
apuntes. Falou tamén da
morte dos libros de texto,
afirmación que estou
certa, doulle a máis dun
un lixeiro comezón. A
medida que o escoitaba parecíame que xa o coñecía de algo, e por fin caín na conta de
que o seguía en twitter e en Google+, aproveitei o descanso para desvirtualizarme e falar
con el. Diante dun café, unhas pastas e en compañía de Luz Castro a que tamén coñecía
por twitter falamos de novo das TIC e de como deixou Galicia alá polo ano 1982 ao rematar
Filosofía en Compostela. Manuel fixo unha analoxía entre a introdución das TICs no ensino
e o libro impreso nas universidades. Dende que se instalou a primeira imprenta en España,
en Segovia alá polo ano 1472 pasaron varios séculos ata que as universidades os
admitiron como unha ferramente común de estudo. Unha das causas era que os
estudantes estaban obrigados a coller os apuntes do profesor e que só había unhas
poucas copias revisadas por el, feitas a man e autorizadas para poder ser alugadas polos
estudantes. Nas bibliotecas antes da invención da imprenta, habia libros encadeados aos
pupitres que non se podían levar a casa, caramba!, como me lembra esto aos ordenadores
do proxecto ABALAR!, nos séculos XVI e XVII a censura era tremenda, en 1502
1/ 3
Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica
establécese a obriga de someter os libros a censura civil e eclesiástica, aparecen listas de
libros prohibidos. No reinado de Felipe II prohíbese a venda de libros censurados baixo
pena de morte, as obras prohibidas queimábanse na fogueira. Estas regras non se relaxan
ata o século XVIII cos reinados de Fernando VI e Carlos III, no que se permite ao autor dun
libro impreso expoñer persoalmente a súa opinión ante o tribunal que o tivese censurado e
só se podían censurar libros relixiosos.
Outra ponencia que me gustou foi a de Manuel González do IES Concepción Arenal en
Ferrol, decía, temos un sistema educativo do século XIX, nós somos do século XX e, o
alumnado é do
século XXI. Na
páxina web do seu
centro hai recollidas
máis de 200 videos
dirixidos polos seus
alumnos do curso
pasado, cada un
deles facía 8 ou 9
videos por curso,
semella que tan
inmensa producción
debería repercutir
negativamente na
calidade dos filmes, non obstante, Manuel sinalaba que o importante é o proceso non o
“aposto porque as pelis que fan os alumnos sexan imperfectas, iso fainas interesantes”.
Manuel tamén coordina o canle de youtube C liphistoria “canle de recursos audiovisuais
para o ensino da Historia de España a través de clips de filmes e ao tempo unha
reivindicación do cinema español e latinoamericano”
Xa polo serán pareceume interesante achegarmos ao ensino dende o mundo dos
videoxogos con imaxin. Aínda queda moito por percorrer ata que dispoñamos da
diversidade necesaria de videoxogos educativos para poder levalos a aula de forma
2/ 3
Ferramentas TIC e M ultimedia nas A ulas, unha visión práctica
normalizada, pero estou certa que é unha das posibles futuras vias no ensino. A posta en
escea do obradoiro foi a simulación dun concurso televisivo, nós formabamos parte do
público e tamén dos participantes fixemos así un paseo virtual dende as orixes dos
videoxogos con Atari nos anos 70 ata os nosos dias.
E por último Tati Mancebo mostrounos un amplo abano de aplicacións disponibles para que
os docentes podamos facer uso delas.
3/ 3