xf n11 galego hr...mos poñer a disposición dos gandeiros algúns dos mellores fillos de goldwyn...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITOU XENÉTICA FONTAO
Nº11 Setembro 2011
CONAFE E O LABORATORIO
DE XENÉTICA MOLECULAR,
DA MAN NA SELECCIÓN
XENÓMICA
PROGRAMA DE MELLORA
XENÉTICA DE GALICIA
2011-2015
GOSPELL, NOVO SEMENTAL NÚMERO 1 DE ESPAÑA
GLPI 2.224
GTPI 2.045
Fiabilidade:
Fiabilidade:
ÍNDICE TIPO (IXT)EstaturaFortalezaProfund. corporalAngulosidadeAnchura grupaÁngulo grupa
I. PATAS E PÉS (IPP)Ángulo podalVista lateralVista posterior
ÍNDICE UBRE (ICU)Inserción anteriorAltura ubre posteriorAnchura ubre posteriorLigamento suspensorProfundidade ubreCol. tetos anter.Col. tetos post.Lonxitude tetos
ÍNDICE TIPO (IXT)
ÍNDICE UBRE (ICU)
I. PATAS E PÉS (IPP)
FORTALEZA LEITEIRA
GRUPA
AltoAltaForteMoi FondaMoi Ang.AnchaAltoDesexableAltoCurvasDesexables
DesexableForteAltaAnchaForteRecollidoDebaixoDebaixoLongos
Alto
Alto
Alto
Alta
Desexable
CONFORMACIÓN
CONFORMACIÓN
LEITE
GRAXA
PROTEÍNA
LEITE
GRAXA
PROTEÍNA
MERITO NETO
R.C.S.
Fiab. %
Qg.
Qg.
Qg.
Qg.
Qg.
Qg.
CARACTERES FUNCIONAIS
Fiabilidade:
Fiabilidade:
PRODUCIÓN
PRODUCIÓN
TOUROXENÓMICO
PROBA USA 08/2011
PROBA CAN 08/2011
www.xeneticafontao.com
DELETE
74 %
75 %
3,553,931,482,353,612,01
-0,75
2,89 3,350,352,72
3,214,014,333,923,173,131,371,681,03
16
15
12
11
3
2-00 365 d. 14.427 Qg. L. 4,10%G. 3,40%P.DELETE)
2-00 365 d. 12.877 Qg. L. 4,20%G. 3,30%P.DELETE)
422
23
11
990
61
35
390
2,70
$ 72
0,06
-0,02
0,23
0,02
77 %
77 %
LONXEVIDADE:
R.C.S.:
FACILIDADE DE PARTO:
TASA PREÑEZ FILLAS:
VITALIDADE TENREIROS FILLAS:
(Fiab. %)
(Fiab. %)
(Fiab. %)
(Fiab. %)
(Fiab. %)
2,10
2,80
8,00
-1,10
6,80
68
73
64
65
32
-600
-600
600
600
1200
1200
0
0
-20 20 400
-20 20 400
%
%
%
%
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 3EDITORIAL
XENÉTICA FONTAO
EDITA:
XENÉTICA FONTAO S.A.
Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno:�+34 982.284.391Fax:�+34 982.284.626E-mail:��[email protected]:��www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:
Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos:�982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: �[email protected]: �www.transmedia.es
Tirada :
7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:
LU 173-2008
ÍNDICE
TOUROS PROBADOS: GOSPELL.......
VISITA OFICIAL AO CENTRO............
MELLORA XENÉTICA.......................
LABORATORIO................................
4
8
10
15
Grupo de traballo de Xenética Fontao en Silleda
XENÉTICA FONTAO NA SEMANA VERDE 2011
Grupo de proxenie de Lautamic
Grupo de proxenie de Megamagic
4 XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011TOUROS PROBADOS
GOSPELL, O NOVO SEMENTAL Nº 1 POR ICOMario Xacobeo mantívose como o touro español nº 1 por ICO durante tres anos
seguidos e seis probas consecutivas desde a súa primeira valoración oficial, en xullo
do 2008, e ata esta última, de xuño do 2011, na que lle dá o relevo ao seu compañeiro
de establo, Gospell, que encabeza agora o ranking nacional cun ICO de 3.376. Non
é de estrañar, pois Gospell reúne todos os requisitos para ser un auténtico líder da
raza: correcta conformación pola liña paterna, altísimas producións de leite na súa
familia materna e a presenza de dous “cruzamentos de ouro” no seu pedigrí (Goldwyn
x BW Marshall x Rudolph).
Gospell nace na Finca Mouriscade (La-
lín, Pontevedra) o día 19 de marzo do ano
2006 froito dunha previa implantación de
4 embrións de alta calidade xenética im-
portados desde USA, dos que se conse-
gue soamente unha preñez que dá lugar
ao nacemento dun xato que aos seus 7
meses de idade ingresa nas instalacións
de Xenética Fontao. Naturalmente, trá-
tase de Gospell, que con pouco máis de
cinco anos é hoxe un touro de impresio-
nante presenza, cunha grande estatura
e un destacado terzo anterior que, xunto
coa fortaleza da liña dorsolumbar, o seu
costelar aberto e ben arqueado e unha
grupa ancha á vez que ben balanceada,
denotan unha grande estrutura leiteira,
unha grande aptitude para a produción
de leite, característica que transmite
con firmeza ás súas fillas e que fai que
poidamos consideralo como un fillo “di-
ferente” de Goldwyn e, sen dúbida, como
un dos mellores para produción de leite.
O SEU PAI, GOLDWYNBraedale Goldwyn BB-84 CAN, o pai de
Gospell, está xa recoñecido como un dos
máis grandes sementais da raza Hols-
tein de todos os tempos. Este fillo de
James e da vaca Braedale Baler Twine
ET MB-86 CAN (filla á súa vez da céle-
bre Braedale Gypsy Grand MB-88 CAN)
pasará á historia como un pai de vacas
de moderadas producións con boas ca-
lidades e, sobre todo, de morfoloxía moi
chamativa, pois son vacas moi altas, fi-
nas e angulosas, cuxo tremendo estilo
é admirado nas pistas dos concursos
de todo o mundo. Pero Goldwyn tamén
demostrou moi pronto ser un gran “pai
de sementais”, pois foi utilizado intensa-
mente como tal e a súa primeira fornada
de fillos (unha verdadeira ondada) desta-
ca xa en multitude de países.
Xenética Fontao apostou fortemente
pola utilización deste semental como
pai de touros (como no seu día fixo co
seu proxenitor James, naquel momento
pai de Chamoso) e foron 24 os fillos de
Goldwyn postos en testaxe. Hoxe en día,
con Gospell como flamante nº 1 por ICO,
Lautamic como un touro moi completo
(nº 4 dos mellores touros españois) con
alta produción de leite e moi correcta
Gospell é un touro de
impresionante presenza, cunha
grande estatura e un destacado
terzo anterior, que, xunto coa
fortaleza da liña dorsolumbar, o
seu costelar aberto e ben arqueado
e unha grupa ancha e ben
balanceada, denotan unha grande
aptitude para a produción de leite
Bos Goldwyn Gospell ET
5XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 TOUROS PROBADOS
naturais aínda mantén uns altos índices
xenómicos para produción, tipo e tamén
para caracteres secundarios.
Lorette (propiedade da granxa ameri-
cana Morningview) está precedida de 8
xeracións de vacas MB ou EX e é reco-
ñecida como vaca de cría co galardón
de Vaca Medalla de Ouro (GMD), ten
máis dunha decena de fillos en centros
de inseminación e xerou máis de 40.000
dólares en poxas de embrións en todo o
mundo.
En canto á súa descendencia vía femia,
destacan as fillas con Goldwyn, é dicir,
as irmás completas de Gospell: Mornin-
gview Gold Leann ET MB-88 CAN SM-EX
e Morningview Gldwn Lidia ET MB-87
SM-EX USA DOM e a súa filla con Oman,
Morningview Oman Lucky ET BB-83
USA. As tres teñen altos índices xenómi-
cos e son consideradas nais de semen-
tais, destacando claramente Lidia, con
dez fillos en centros de inseminación
americanos e con fillas sobresalientes
de distintos sementais como Otto, Bow-
morfoloxía, Gol como o especialista en
caracteres secundarios (nº 1 en lonxe-
vidade e nº 2 en R.C.S.) e Delete como
un destacadísimo touro xenómico, cre-
mos poñer a disposición dos gandeiros
algúns dos mellores fillos de Goldwyn
dispoñibles no mercado.
Hoxe sabemos que os mellores resul-
tados se obtiveron cando se usou Gold-
wyn sobre vacas de gran poderío e forta-
leza, anchas de peito e grupa e profun-
das de costela, que procedían á súa vez
de familias con altas producións, pero
que necesitaban máis calidade (de leite
e morfolóxica en xeral), mellores ubres
e corrixir determinadas características
ou factores como a lonxevidade e o re-
conto de células somáticas. Por iso, na
actualidade, as fillas de Goldwyn pro-
cedentes deste tipo de cruzamentos son
moi utilizadas como nais de sementais.
Unicamente o obrigado control da con-
sanguinidade na poboación lle pon freo á
utilización destas liñas xenéticas (fillos e
fillas de Goldwyn como proxenitores de
futuros sementais).
A SÚA NAI, MURANDA BWM LORETTE-ETMuranda BWM Lorette MB-88 USA SM-
EX GMD 3*, nai de Gospell, é unha filla
do semental Mara-Thon BW Marshall
ET e de Muranda Rudolf Lilly MB-88
USA GMD DOM, membro da prestixiosa
familia americana de vacas “LOU ETTA”.
Lorette, que procede do cruzamento
dourado BW Marshall x Rudolph (o
mesmo do que procede Xacobeo!), é
unha vaca que con dez anos de idade e
unha produción de máis de 53.000 qg
de leite rexistrados en tres lactacións
ser, Bogart, Planet ou Freddie. De feito,
a súa filla con Otto, Matcrest Otto Loopy-
ET, é a filla de Otto con máis alta xenó-
mica da raza (GTPI +2.240) e dela foron
adquiridos recentemente embrións para
o programa galego.
Na descendencia de Lorette vía macho,
ademais de Gospell, merece mención o
seu único irmán completo, Gorch Fock,
en testaxe en Alemaña e que, malia que
aínda non ten proba de descendencia, si
que ten unha proba xenómica realmente
alta para produción, calidades de leite,
ubre e patas. Lorette tamén ten fillos con
Outside, Shottle, Manager e Lancelot en
diversos centros de Europa e América.
O pai, Braedale Goldwyn BB-
84 CAN, pasará á historia como
un pai de vacas de moderadas
producións con boas calidades e
de morfoloxía moi chamativa, pero
tamén demostrou ser un gran “pai
de sementais”
Corral Gospell Cuca, unha das fillas de Gospell
Muranda BWM Lorette ET, nai de Gospell
6 XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011TOUROS PROBADOS
XENEALOXÍA
� HIGH-SIGHTS CLEITUS LULU ET MB-87 USA GMD DOM (BYS-MAY TRADITION CLEITUS)
�
�MURANDA DICTATION LILL ET MB-87 USA GMD DOM (GILTEX DICTATION ET)
�
�MURANDA RUDOLF LILY MB-88 USA GMD DOM (STARTMORE RUDOLPH)
�
� MURANDA BWM LORETTE ET MB-88 USA GMD 3* (MARA-THON BW MARSHALL ET)
�
���BOS GOLDWYN GOSPELL ET (BRAEDALE GOLDWYN)
A FAMILIA MATERNA, “LOU ETTA”A avoa materna de Gospell foi unha re-
coñecida vaca de cría, Muranda Rudolf
Lily MB-88 USA GMD DOM, que en cin-
co lactacións naturais produciu máis de
68.000 qg de leite ao 3,40% de proteína e
que ademais de Lorette tivo outra filla,
Muranda Mrshal Lizy CRI ET MB-88 USA
DOM (irmá completa de Lorette), que ta-
mén se converteu nunha nai de semen-
tais e ten fillos en diversos centros de
inseminación con O Man e Shottle.
A bisavoa materna de Gospell é outra
famosa vaca, Muranda Dictation Lill ET
MB-87 USA GMD DOM, con rexistros de
altas producións de leite e elevadas por-
centaxes de proteína (3,60), que á súa vez
é filla de High-Sight Cleitus Lulu ET MB-
87 USA GMD DOM, que procede direc-
tamente da fundadora da saga familiar:
Walkup Bell Lou Etta MB-88 USA GMD
DOM. Esta última, malia ser unha vaca
nacida no 1983, xa rexistrou lactacións
con porcentaxes de proteína do 3,70 e
está precedida doutras catro xeracións
de vacas MB ou EX, remontándose ata o
ano 1961 no libro xenealóxico da Asocia-
ción Holstein USA.
É dicir, que a familia “LOU ETTA” mos-
tra, polo menos, 50 anos de historia e 9
A avoa materna de Gospell foi
unha recoñecida vaca de cría,
Muranda Rudolf Lily MB-88
USA GMD DOM, que en cinco
lactacións naturais produciu
máis de 68.000 qg de leite ao
3,40% de proteína
Fiabilidade: 85% Fillas: 76 Rabaños: 67�������
LEITE 1.643 Qg. GRAXA 48 Qg. -0,10 % PROTEÍNA 47 Qg. -0,05 %
������ � ��� ���������
LONXEVIDADE 113 (Fiab. 35%) R.C.S. 104 (Fiab. 78%)
Morningview Gldwn Lidia ET, irmá completa de Gospell
7XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 TOUROS PROBADOS
o ranking de produción en España e que
reflicte a respectable cifra de +1.158 qg de
leite nas últimas probas oficiais de Cona-
fe (xuño 2011).
A PROBA DE GOSPELL. CONSELLOS DE APAREAMENTO
A proba de descendencia de Gospell re-
flicte unha perfecta combinación das li-
ñas xenéticas das que procede: as súas
fillas son vacas dunha alta corrección
morfolóxica con elevadísimas produ-
cións de leite. Gospell non soamente é o
semental nº 1 por ICO de España, senón
tamén o nº 2 para qg de leite e proteína,
o nº 3 para qg de graxa e o nº 4 para tipo.
As “Gospell” son vacas moi altas e an-
gulosas, de pel fina e brillante, con pes-
cozos longos e cabezas estilizadas. A an-
chura de peito é intermedia e o costelar
é aberto, arqueado e cunha profundidade
adecuada. As grupas son anchas e lixei-
ramente inclinadas; as patas son funcio-
nais e con boa mobilidade, gran calidade
de óso, bo ángulo podal e ideal vista late-
ral (nin rectas nin curvas), sendo lixeira-
mente converxentes ou pechadas en vista
posterior.
xeracións de vacas MB ou EX, varias delas
GMD DOM, cun patrón familiar moi claro
e contundente: altísimas producións de
leite con moi boas calidades de graxa e,
sobre todo, de proteína. Basta dicir que
High-Sight Cleitus Lulu (a tataravoa de
Gospell) é a nai da coñecidísima Muranda
Óscar Lucinda MB-86 USA GMD DOM, a
filla de Óscar que ostentou durante moi-
tos anos o récord mundial de produción
de leite: 26.522 qg de leite ao 3,30% de
proteína en 305 días na súa segunda lac-
tación. Lucinda tivo un fillo probado en
Xenética Fontao, ALH Convincer Content
ET, un touro que aínda hoxe, despois de 11
anos do seu nacemento, ten unha proba
para leite de +852 qg e cuxa irmá com-
pleta (M Lucinda 2) foi a nai de Lupino, o
touro probado de Xenética Fontao (fillo de
Dutch Boy) que liderou durante un tempo
Non obstante, a característica morfo-
lóxica máis destacada das fillas de Gos-
pell, xunto coa súa grande angulosidade,
é, sen dúbida, un sistema mamario de
moita calidade e moi ben inserido, sobre
todo o seu ubre posterior, alto e ancho,
con moi bo ligamento e escasa profun-
didade, trazo este moi chamativo para
un semental que transmite tal cantida-
de de leite; quizais sexa precisamente o
seu punto máis orixinal: a transmisión de
altas producións con ubres recollidos ao
mesmo tempo, tándem moi buscado pero
difícil de conseguir.
Boas calidades de graxa e proteína,
recontos celulares por baixo da media e
unha alta lonxevidade son o resto de fac-
tores a ter en conta á hora de utilizar Gos-
pell. O seu apareamento ideal sería sobre
vacas con potentes estruturas que nece-
siten mellorar a súa produción á vez que
a súa estatura, estilo e calidade leiteira e,
sobre todo, os seus ubres. Tamén corrixe
en boa medida as grupas estreitas e con
isquións altos, tan frecuentes na raza fri-
sona hoxe en día.
Con todo iso, as vacas máis apropiadas
sobre as que usar Gospell serían aquelas
sen sangue Goldwyn ou BW Marshall no
seu pedigrí e que descendan das seguin-
tes liñas xenéticas:
Liñas O Man: fillas de Once,
Ordes, Marcador e Tranquil.
Liñas Durham: fillas de Dancer,
Duplex, Damion, Model e
Megamagic.
Liñas Talent: fillas de Viduerio e
Magrebí.
Liñas Allen: fillas de Cid.
Liñas Prelude: fillas de Outside,
Mtoto e Shottle.
E tamén nas fillas de Tunno, Lucus,
Stio, Botafogo, Moes ou Elegant.
A característica morfolóxica
máis destacada das fillas de
Gospell, xunto coa súa grande
angulosidade, é, sen dúbida,
un sistema mamario de moita
calidade e moi ben inserido
G. Castro Gospell Xacoba, filla de Gospell
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 20118 CENTRO
O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITOU XENÉTICA FONTAO PARA COÑECER IN SITU O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DO CENTRO
O titular do Executivo autonó-
mico percorreu as distintas
estancias de Xenética Fon-
tao guiado por persoal do
centro e acompañado polo conselleiro do
Medio Rural, Samuel Juárez; o director
xeral de Produción Agropecuaria e pre-
sidente do Consello de Administración
de Xenética Fontao, José Álvarez Ro-
bledo; e a delegada territorial da Xunta
de Galicia en Lugo, Raquel Arias, entre
outras autoridades.
A comitiva oficial estivo no laboratorio
de xenética molecular, na sala de reco-
llida de seme, no laboratorio de análise
de seme, na área de xenómica, no labo-
ratorio de fecundación in vitro, na sala de
envasado de seme e nas naves do gando,
de xeito que realizou un seguimento de
todo o proceso que vai dende a toma de
mostras ata a elaboración de doses se-
minais. Ademais, tivo a oportunidade de
ver en directo unha extracción de seme,
así como aos seis mellores touros de
España, entre eles o famoso Mario Xa-
cobeo, que foi o número 1 durante tres
anos consecutivos.
No transcurso da visita, o presidente
da Xunta mostrouse especialmente inte-
resado pola evolución que experimentou
Xenética Fontao dende a súa creación, no
ano 1998, e pola demanda de seme que
recibe doutros países. Na comparecen-
cia posterior ante os medios de comu-
nicación, manifestou atoparse “ante un
A comitiva oficial, presidida por Alberto Núñez Feijóo e Samuel Juárez, co Consello de Administración de Xenética Fontao
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou no mes de maio as
instalacións de Xenética Fontao para coñecer in situ o traballo de mellora xenética do
gando que se leva a cabo no centro de inseminación artificial de vacún máis impor-
tante de España, situado en Lugo.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 9CENTRO
O presidente da Xunta interesouse polo funcionamento de todas as áreas de traballo de Xenética Fontao
referente a nivel mundial en investiga-
ción vinculada á gandería”, así como “o
orgullo como Goberno de ter este centro
de calidade contrastada a nivel nacional
e internacional, punteiro en xenética e
inseminación artificial”.
Feijóo destacou algúns datos que lle
sorprenderon, coma que no centro se fai
o maior número de análises de mostras
de ADN de España, que conta con máis de
450 sementais ou que exporta aos países
máis desenvolvidos en xenética de raza
frisona, coma Estados Unidos, Canadá,
Reino Unido, Francia, Italia, Austria,
Suecia, Suíza e Finlandia. Tamén valorou
que Fontao estea a piques de lograr o
total financiamento a través da súa pro-
dución, o que comporta un incremento
do aforro e garante o mantemento dunha
xenética propia, fronte ás importacións
sistemáticas doutras épocas. En Gali-
cia, subliñou, é necesario incrementar
o potencial xenético para incrementar a
produtividade e seguir apostando pola
cabana gandeira e a calidade do leite,
obxectivos que considera cumpridos coa
achega de Xenética Fontao.
Varios momentos da visita do titular do Goberno galego ás instalacións
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201110 XENÉTICA
MEDIO RURAL E XENÉTICA FONTAO
COLABORARÁN NA MELLORA DA
RAZA FRISONA GALEGA
ANTECEDENTES
Desde principios dos anos noventa, a Xunta de Galicia vén afrontando ambiciosos pro-
gramas de mellora xenética da cabana frisona galega. Neste contexto coordináronse
distintas actuacións en colaboración co sector leiteiro:
1. Control de rendemento leiteiro e estima do mérito xenético dos reprodutores.
2. Difusión da mellora vía femia en ganderías colaboradoras coa aplicación da técnica
de transferencia de embrións.
3. Difusión da mellora vía macho a través do seme producido por Xenética Fontao.
Desde 1992 celébranse de xeito continuado convenios de colaboración entre a Conse-
llería do Medio Rural e a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) para o mellor desenvol-
vemento do Programa. En particular, en 1996 constituíuse a Unidade de Doadoras de
Embrións de Bos e, paralelamente, a Unidade de Transferencia Embrionaria.
Con esta estrutura, a selección vía femia foi quen de achegar unha parte importante dos
machos que ano tras ano son testados en Fontao, e que configuran a principal ferramen-
ta de difusión da mellora xenética ao conxunto dos gandeiros de Galicia.
Logo de 20 anos de traballo, o éxito dos programas de mellora xenética é indiscutible: a
cabana frisona galega conta cun nivel xenético de primeira orde, medido tanto nas me-
dias produtivas e nos índices de mérito dos reprodutores rexistrados no Libro Xenealóxi-
co como na produción de sementais de recoñecido prestixio no mercado internacional ou
no mantemento de liñas maternas elite. Non obstante, a evolución científica e os cambios
socioeconómicos do sector leiteiro galego están a condicionar o seu futuro inmediato, de
tal forma que non se poden descoñecer.
Por unha parte, o desenvolvemento da tecnoloxía da estima do mérito xenético dos re-
produtores mediante análises xenómicas está a supoñer unha revolución nos esquemas
de selección e mellora das razas, que terá especial incidencia na incorporación de se-
mentais aos centros de testaxe e na selección das nais de futuros sementais.
Doutra, o sector leiteiro galego evoluciona cunha forte redución do número de explo-
tacións leiteiras que se profesionalizan e acadan ratios de produtividade e excelencia
sanitaria comparables cos mellores estándares europeos. Malia todo, a complexidade
do mercado global, caracterizado pola volatilidade de prezos, dificulta a viabilidade das
explotacións gandeiras, que precisan de vías alternativas de negocio que complementen
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, José Álvarez Robledo, rubricaron o pasado 29 de agosto un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia 2011-2015
PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA FRISONA EN GALICIA 2011-2015
Mediante o convenio asinado, Xenética Fontao comprométese a adquirir no mercado internacional un volume anual mínimo de 100-150 embrións de alto valor xenético, e á súa implantación nas ganderías elite de Galicia
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 11XENÉTICA
a súa rendibilidade. Os produtores de leite galegos son os destinatarios e os principais
interesados na mellora xenética da raza, polo que cómpre artellar mecanismos que facili-
ten a súa maior integración nos procesos de toma de decisións e na corresponsabilidade
económica do Programa, tanto no seu sostemento como na participación dos beneficios.
Con estas premisas, a Consellería do Medio Rural presenta unha evolución do Programa
de Mellora Xenética para o quinquenio 2011-2015, que resulta da revisión e actualiza-
ción do anterior, salvagardando os seus piares básicos e introducindo os axustes nece-
sarios para adaptarse ás novas variables de situación.
OBXECTIVOS
1. Mellora da eficiencia das explotacións leiteiras galegas, mediante a elevación do nivel
xenético da súa cabana.
1.1. Incorporación dun número de ganderías colaboradoras suficiente para o desenvol-
vemento do Programa de mellora xenética.
2. Creación dun novo nicho de negocio na produción de alta xenética para os criadores
de gando vacún leiteiro en Galicia.
2.1. Creación dun mercado virtual de venda de material xenético e animais galegos de
alto valor xenético.
2.2. Oferta anual ao mercado galego de xovencas de alto mérito xenético procedentes
de explotacións colaboradoras.
2.3. Oferta anual ao mercado galego de embrións e doses seminais de alto mérito
xenético.
AXENTES DO PROGRAMA
DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA
Segundo o decreto de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, correspóndelle
á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria a elaboración, proposta e desenvolvemento
das directrices de política agraria da Consellería en materia de ordenación, fomento e
mellora da produción agrogandeira.
XENÉTICA FONTAO S.A.
Xenética Fontao, S.A. é unha empresa pública creada en 1998, coa participación da
Xunta de Galicia, a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) e a Asociación Nacional de
Criadores de Ganado Vacún Selecto da Raza Rubia Galega (ACRUGA), que se encarga
da xestión do Centro de selección e reprodución animal de Galicia. No ano 1999 creou o
Laboratorio de Xenética Molecular como unha nova unidade para a prestación de servi-
zos mediante o emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da sanidade e produción
agropecuaria.
FEFRIGA/AFRICOR
A Federación Frisona Galega (FEFRIGA) é a federación das catro asociacións provinciais
de control leiteiro. Ten encomendada a xestión do Libro Xenealóxico da raza frisona en
Galicia, por delegación de CONAFE.
CENTRO GALEGO DE CONTROL LEITEIRO
O Centro Galego de Control Leiteiro (CEGACOL) é o órgano responsable en Galicia da
xestión do control leiteiro nos termos previstos polo Real Decreto 368/2005, do 8 de
abril, polo que se regula o control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética
nas especies bovina, ovina e caprina. Como centro galego encargarase de incardinar
a participación das asociacións provinciais de control leiteiro no Programa de mellora
xenética e de representalos na Mesa Técnica.
GANDERÍAS COLABORADORAS
Explotacións de vacún de leite galegas que se comprometen activa e particularmente
coa xestión do Programa de Mellora Xenética a través dun acordo de colaboración asi-
nado con Xenética Fontao S.A. As ganderías colaboradoras deberán estar integradas
nunha asociación provincial de control leiteiro, adscritas a unha ADSG recoñecida ou
reunir condicións sanitarias específicas. Como protagonistas do programa asumen de
xeito directo o mantemento da liña femia.
MESA DO PROGRAMA
Grupo de traballo presidido pola Consellería do Medio Rural e polo CEGACOL, FEFRIGA
e Xenética Fontao S.A. A Mesa será a encargada de definir os obxectivos de selección
da cabana leiteira galega, organizar a sistemática de valoración de novos sementais e
aprobar a incorporación de xenética de elite ao programa. A Mesa poderá contar con
diferentes comités técnicos e grupos de traballo especializados; en particular, contará
cun comité permanente de selección dedicado a valorar as diversas dispoñibilidades de
material xenético do mercado.
O Programa adquirirá no mercado internacional o volume anual necesario de embrións seleccionados de entre os mellores cruces
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201112 XENÉTICA
ESTRATEXIA OPERATIVA PROGRAMA EMBRIONARIO, SELECCIÓN DE REPRODUTORES
MELLORANTES E TESTAXE DOS SEMENTAIS
LIÑA MACHO
A clave da difusión xeral da mellora entre os gandeiros galegos descansa na oferta de
doses seminais de alto valor xenético. A tal fin cómpre incorporar anualmente no Centro
de selección e reprodución animal de Xenética Fontao un número determinado de novos
sementais para proba. A Mesa do Programa definirá o número anual de sementais a
incorporar e as claves da sistemática da proba, en particular o número mínimo necesario
de lactacións finalizadas en control e as condicións de realización, incluído o retorno
económico por lactación finalizada.
Para garantir a variabilidade xenética da oferta, unha porcentaxe suficiente dos novos
sementais deben proceder das mellores liñas maternas foráneas. A este fin, o Programa
adquirirá no mercado internacional o volume anual necesario de embrións escollidos
polo Comité de selección de entre os mellores cruces.
O sistema de compra e implantación de embrións requirirá da participación de gan-
derías colaboradoras, que asinarán un acordo con Xenética Fontao S.A., que regulará
as condicións funcionais e económicas da súa participación, segundo o modelo definido
no ANEXO II.
Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que retribuirá á gandería colaboradora, segundo os termos
pactados no acordo.
Os machos de segunda xeración, nados de femias obtidas de embrións implantados ao
amparo do programa, serán propiedade plena da gandería, mantendo Xenética Fontao
S.A. dereitos de compra en primeira opción a prezos previamente acordados polas par-
tes.
Xenética Fontao S.A. será a responsable de adquirir no mercado, preferentemente ga-
lego, os embrións e animais vivos necesarios, no marco das liñas xenéticas seleccio-
nadas pola mesa técnica, ata completar o número mínimo de sementais a ingresar cada
ano no Centro de selección e reprodución animal.
LIÑA FEMIA
As femias de primeira xeración obtidas da implantación de embrións adquiridos con pago
compartido serán propiedade da gandería, onde permanecerán, con carácter obrigato-
rio, ata o fin da primeira lactación. Xenética Fontao S.A. mantén o dereito á obtención
gratuíta de 6 embrións. Nestes casos, Xenética Fontao S.A. seleccionará e pagará
as doses seminais a utilizar na obtención dos embrións e os gastos de obtención dos
mesmos.
As femias de segunda xeración serán propiedade plena da gandería. Os seus embrións
e machos nacidos serán ofertados en primeira opción a Xenética Fontao S.A. en prezo e
número previamente acordado polas partes.
DIFUSIÓN DA MELLORA
Os resultados do Programa tradúcense na produción e distribución de doses seminais,
embrións e reprodutoras de alto valor xenético. A Consellería do Medio Rural habilitará
no marco da Oficina Agraria Virtual (OAV), para os gandeiros galegos, unha canle web
de oferta de material xenético.
Xenética Fontao S.A. porá a dispor dos gandeiros galegos, a través da súa rede comer-
cial, embrións excedentes e doses seminais dos touros do Programa.
AVALIACIÓN DE RESULTADOS
A Mesa do Programa supervisará a xestión do Programa avaliando os resultados e
estudando as medidas correctoras necesarias para o seu mellor desenvolvemento.
Anualmente aprobará unha memoria de resultados, a proposta da Dirección Xeral de
Produción Agropecuaria.
A evolución do Programa avaliarase sobre a análise dos feitos concretados e indicadores
obxectivos:
Ganderías colaboradoras no Programa embrionario.
Número de embrións adquiridos, implantados e número de animais incorporados ao
Programa.
Número de embrións de segunda xeración retornados ao Programa.
Número de xovencas de alto mérito xenético procedentes de explotacións colaborado-
ras co Programa ofertadas ao mercado galego.
Número de embrións de alto mérito xenético ofertados.
Número de machos incorporados a Xenética Fontao S.A.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 13XENÉTICA
ANEXO I.REQUISITOS E CRITERIOS DE PRELACIÓN APLICABLES NA SELECCIÓN DAS GANDERÍAS COLABORADORAS CO PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA FRISONA EN GALICIA 2011-2015
As ganderías en Control leiteiro de Galicia que se consideren colaboradoras nas acti-
vidades de transferencia embrionaria reunirán, con carácter preceptivo, os seguintes
requisitos sanitarios:
Requisitos da explotación
a) Oficialmente indemnes a Tuberculose, Brucelose e Leucose e estaren libres das en-
fermidades de declaración obrigatoria na UE.
b) Historial analítico e sanitario que permita descartar a presenza de virus IBR circulante.
c) Non presenza de positividade a nivel de antíxeno para BVD.
Requisitos das receptoras
a) Resultado negativo da receptora e da súa nai a Paratuberculose. (1)
b) Resultado negativo da receptora e da súa nai a Neospora. (1)
c) Resultado negativo da receptora a IBR.
(1) Sempre ten que constar analítica demostrativa da negatividade da nai.
As comprobacións de ausencia de Tricomonas e Campylobacter realizaranse directamente
sobre os machos candidatos a ingresar no Centro de sementais.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DE GANDERÍAS
A selección de ganderías farase en base a un sistema de puntuación que se describe a con-
tinuación, dando preferencia ás ganderías que acaden máis puntos. A Mesa do Programa de
Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia acordou que as explotacións colaboradoras sexan
seleccionadas entre tódalas ganderías de control leiteiro de Galicia. A tal fin, as AFRICOR pro-
vinciais efectuarán semestralmente unha avaliación de todas as ganderías en control leiteiro,
adxudicándolles a cadansúa unha puntuación en función dos seguintes parámetros:
Lonxevidade media. Número medio de partos das vacas dadas de baixa (só vacas paridas) no
período considerado, exceptuando as vendas para vida.
Porcentaxe de recría. Número de animais rexistrados menores de 24 meses respecto do nú-
mero de reses maiores de 24 meses.
Taxa de non retorno das xovencas. Taxa de non retorno a 56 días dos animais inseminados con
menos de 24 meses.
Nivel medio de produción. Media das lactacións válidas finalizadas no período de referencia.
Media de cualificación morfolóxica. Puntuación media das vacas cualificadas no mo-
mento do cálculo.
Idade ao primeiro parto. Idade media dos animais, expresada en meses, no momento
do primeiro parto.
Intervalo entre partos. Media do intervalo en días entre as datas do parto acaecido no
período de referencia e o parto inmediatamente anterior.
Media da puntuación lineal (PL) do RCS. Media dos valores de RCS de cada un dos
controis, expresados en PL.
Os puntos adxudicaranse do seguinte xeito:
Percentil >90.................................100 puntos.
Percentil 80 a 89........................... 90 puntos.
Percentil 70 a 79 .......................... 80 puntos.
E así sucesivamente, ata acadar un máximo global de 800 puntos.
Os percentís calcularanse a nivel de Galicia.
A pertenza a unha ADSG puntúa 100 puntos adicionais.
A experiencia demostrable na transferencia de embrións nos últimos 2 anos puntúa 100
puntos adicionais.
A suma total máxima dunha gandería é de 1.000 puntos.
CONDICIÓNS E OBRIGAS COMPLEMENTARIAS
O número máximo de embrións transferidos por gandería será de 4. Evitaranse en todo
momento futuras situacións de monopolio das ganderías colaboradoras respecto de li-
ñas xenéticas concretas mediante o espallamento destas polas distintas explotacións
do Programa.
As ganderías adquiren o compromiso de aportar o seguinte número mínimo de recepto-
ras, en función dos embrións a transferir, no momento da programación da actividade:
Se no proceso planificado de transferencia resultase que algúns embrións non puideran
ser transferidos por falla das condicións das receptoras sincronizadas, estes embrións
poderanse transferir noutras ganderías con receptoras preparadas para a transferencia
na mesma data, respectando sempre o máximo de catro embrións por gandería.
CONTRATOS COAS GANDERÍAS
Xenética Fontao realizará contratos coas ganderías colaboradoras, segundo o modelo
definido no Programa de Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia, referido a cada
receptora/s sobre a que se lle realice a transferencia embrionaria.
Nº EMBRIÓNS
1......................
2......................
3......................
4......................
Nº RECEPTORAS
3
4
5
6
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201114 XENÉTICA
ANEXO II.
ACORDO DE COLABORACIÓN CON GANDERÍAS
D. con D.N.I. en representación da Gandería
D. con D.N.I. en representación de Xenética Fontao
ACORDAN colaborar na produción de animais (machos e femias) de alto valor xenético
no marco do Programa da mellora xenética frisona de Galicia, coas seguintes cláusulas:
I. OBRIGAS E DEREITOS DA GANDERÍA
A) Obrigas
1. Poñer a disposición do Programa anualmente un rabaño mínimo de 8 xovencas vir-
xes, con idades comprendidas entre 14 e 18 meses, aptas para seren utilizadas como
receptoras de embrións.
2. Estar vinculada a unha ADSG ou cumprir cun programa sanitario equivalente. En
particular, as ganderías deberán ser oficialmente indemnes á Tuberculose, Brucelose e
Leucose e estaren libres das enfermidades de declaración obrigatoria na UE, de IBR e
de BVD. Ademais, as xovencas ofertadas ao Programa estarán libres de Paratuberculose
e Neospora.
3. Abonar a Xenética Fontao S.A. a parte de financiamento que lle corresponda pola
compra dos embrións incorporados nun prazo máximo de 15 días trala presentación da
copia da factura.
4. Comunicar a Xenética Fontao S.A. o nacemento dos animais nun prazo de 24 horas,
aloxalos en espazos individuais e subministrarlles os costros da nai durante un mínimo
de 24 horas. A partir dese momento, e ata que sexan retirados por Xenética Fontao S.A.,
os animais serán atendidos e alimentados en condicións óptimas.
5. Comunicar a Xenética Fontao S.A. nun prazo de 48 horas as incidencias sanitarias
que afecten aos animais incluídos no Programa.
6. Manter obrigatoriamente as femias de pago compartido ata o fin da primeira lactación.
7. Ofrecer en primeira opción a Xenética Fontao S.A. os embrións e os animais obtidos a
partir das femias de pago compartido.
B) Dereitos
1. Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que retribuirá á gandería colaboradora a razón do custo do em-
brión máis un plus do 25% no caso do primeiro macho, e do custo do embrión no caso
dos seguintes machos obtidos do mesmo cruce e na mesma gandería.
2.As femias de primeira xeración obtidas da implantación de embrións adquiridos con
pago compartido serán propiedade da gandería, onde permanecerán, con carácter
obrigatorio, ata o fin da primeira lactación. Xenética Fontao S.A. mantén o dereito á
obtención gratuíta de 6 embrións. Nestes casos, Xenética Fontao S.A. seleccionará e
pagará as doses seminais a utilizar na obtención dos embrións e os gastos de obtención
dos mesmos.
3. Os sementais levarán o nome xenérico da gandería de procedencia.
II. OBRIGAS E DEREITOS DE XENÉTICA FONTAO S.A.
A) Obrigas
1. Practicar sobre as xovencas os procesos técnicos e analíticos necesarios para a im-
plantación e obtención de embrións, asumindo integramente o seu custo.
2. Retirar os animais da gandería nos quince días posteriores ao seu nacemento, sempre
e cando as condicións sanitarias da explotación o permitan.
3. Retribuír ás ganderías colaboradoras as cantidades pactadas en concepto de pago
polos machos nacidos.
B) Dereitos
1. Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que deberá retribuír á gandería colaboradora.
2. Xenética Fontao S.A. conservará o dereito de adquisición en primeira opción dos
embrións e os animais nados de femias de pago compartido.
III. DURACIÓN DO ACORDO
O acordo celébrase con carácter indefinido ata o remate do Programa de Mellora Xe-
nética en decembro de 2015. Calquera das partes que desexe rescindir este acordo
deberá comunicalo con 3 meses de antelación. No caso de rescisión, ambas partes
comprométense a respectar as obrigas contraídas (xestacións en curso, devolución de
crías, compensacións económicas e embrións, etc.).
IV. CAUSAS DE RESCISIÓN
Serán causa de rescisión do presente acordo o incumprimento do establecido nas cláusu-
las do mesmo ou a aparición na explotación de calquera problema sanitario, reprodutivo
ou outro, que imposibilite ou dificulte gravemente o normal funcionamento do establecido.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 15XENÉTICA
CONAFE E XENÉTICA FONTAO ASINARON UN CONVENIO PARA MELLORAR A RAZA FRISONA POR SELECCIÓN XENÓMICA
Xenética Fontao e a Confe-
deración de Asociacións de
Frisona Española (Conafe)
subscribiron o 22 de xullo, en
Lugo, un convenio de colaboración para
a realización de análises de ADN en ani-
mais desta raza vacúa, ratificando así ao
Laboratorio de Xenética Molecular como
referente nacional neste labor.
O documento foi asinado, en presenza
do conselleiro do Medio Rural, Samuel
Juárez, polo director xeral de Produción
Agropecuaria e presidente do Consello
de Administración de Xenética Fontao,
José Álvarez Robledo, e polo presidente
de Conafe, Germán De La Vega, e a súa
directora xerente, Sofía Alday.
A colaboración nesta materia entre
Conafe e Xenética Fontao empezou no
2005, cando asinaron un primeiro conve-
nio para a realización de análises de ADN
para o control da filiación da poboación
bovina de raza frisona en España, pro-
rrogando este acordo ata a sinatura da
súa renovación, en decembro de 2009.
Agora, a Confederación e os centros
nacionais de testaxe de sementais, entre
os que se atopa Xenética Fontao, inician
unha nova traxectoria nos programas de
mellora xenética desta raza en España
coa introdución da selección xenómica.
Xenética Fontao xa incorporou ao seu la-
boratorio as ferramentas e a metodoloxía
necesarias para facer estas análises.
A selección xenómica consiste no em-
prego da información do ADN nos pro-
gramas de valoración xenética. Para iso
utilízase a información de marcadores
de ADN tipo SNPs (Polimorfismos dun
Só Nucleótido), que axudan a predicir o
mérito xenético dos animais e a selec-
cionar os mellores. Trátase dunha me-
todoloxía innovadora que está a revolu-
cionar os programas de mellora xenética
que se están levando a cabo actualmente
en todo o mundo.
Xenética Fontao analizou o ADN de
case mil touros da súa propiedade, que
entrarán a formar parte da poboación de
referencia do programa de selección xe-
nómica da raza frisona en España.
De esquerda a dereita, José Álvarez Robledo (presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao), Samuel Juárez (conselleiro do Medio Rural), Germán De La Vega (presidente de Conafe) e Sofía Alday (directora xerente de Conafe)