x e r a i s - vox.es · maría reimóndez nace en lugo en 1975. ... e o club da calceta, ... la que...

12
1 Usha X E R A I S

Upload: duongngoc

Post on 29-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Usha

X E R A I S

2

a autoraMaría ReimóndezNace en Lugo en 1975. De profesión, tradutora e intérprete.Traballa en proxectos de cooperación ao desenvolvemento.En 1998 fundou a organización Implicadas/os No Desenvolvemento.Como autora leva tres títulos publicados: Moda Galega, O Caderno de Bitácora (IVPremio de Novela Mulleres Progresistas 2003) e O club da calceta, finalista doPremio Xerais de Novela 2005.Este é o seu primeiro libro dedicado á infancia.Tamén é a autora dunha serie protagonizada por unha nena, un neno e un can(Uxía, Brais e Ulises) que van percorrendo as diferentes comarcas de Galicia aotempo que mostran aquilo que teñen de máis característico.Un dos seus relatos, O ventre do mal, forma parte do libro O son das buguinas.

o ilustradorIván SendeNace en Vedra en 1977.Estudou Ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso.Traballou facendo instrumentos tradicionais de barro, vendendo acuarelas na rúae, tamén, foi mestre na Academia de Arte Altaira.Este é o seu primeiro traballo publicado como ilustrador.

3

o libroUnha nena, Uxía, vainos contando o decorrer da súa vida na India ao decidir per-manecer alí durante un tempo, despois de pasar as vacacións nas que acompañouá súa nai, unha médica que realiza labores de cooperación nunha ONG.Usha, como tamén se chama, comparte con nós a experiencia do encontro coasnovas palabras e un mundo totalmente diferente. Lonxe de Galicia e da familia, arapaza atopará o apoio dunha veciña e amiga, Lakshmi, en quen descobre a madu-rez necesaria para sobrevivir.A pequena irá descubrindo as inxustizas, a maneira en que a nai se enfronta a elase os perigos que corren como consecuencia deses actos. Pero os problemas non seproducen só nos países exóticos ou do terceiro mundo; de repente, un barco soltaa súa carga de chapapote nas costas galegas e a dor chega ata elas…Esta novela resultou finalista do Premio Merlín 2005.

4

temas e valoresOutros países e outras culturas. InterculturalidadeA riqueza da diversidade. Diferentes costumes e lendas, diferentes reli-xións, idiomas e visións da vida.

A IndiaUn país para descubrir.

ONG. SolidariedadeA nai da protagonista traballa para unha organización non goberna-mental. A autora cede os dereitos de edición desta obra á organizaciónImplicadas/os No Desenvolvemento. A necesidade de posicionarseante as inxustizas.

Igualdade de homes e mulleresA nai de Usha… A solidariedade entre as mulleres.

Misterios sen resolverO pai de Usha. Un enigma para a nena e unha posibilidade de conti-nuación deste relato «(…) é unha historia difícil e longa que terei quecontarvos noutro caderno».

A amizadeOs lazos que unen as vidas de Usha e Lakshmi. O afecto, a solidarie-dade…

Educación medioambiental«Cando lle pasa algo á terra, ao lugar onde vivimos, pásanos a todos.»O Prestige afundíndose fronte á costa galega é parte do argumentodesta novela, unha «entrada» da realidade na ficción que sitúa o relatonun tempo histórico.

5

actividades* As actividades que se propoñen, a continuación, están pensadas para que o pro-fesorado elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado oupara a dinámica do grupo.

Antes da lectura

• Co libro na man anticiparemos o seu contido. Observando as capas imaxinare-mos de que pode tratar e o que imos atopar nel.• Comentaremos o que nos suxira o título e a ilustración da portada.• A lectura da contraportada axudaranos a adiantar o seu argumento. Deixamosque vaian xurdindo os coñecementos previos acerca deste tema e falamos doutroslibros que tamén o traten.• Identificamos á autora e comentamos o que saibamos acerca dela. Cómpre axu-dármonos da lectura da lapela na que aparecen os seus datos.• Realizamos unha busca na rede por se atopamos algo diferente co que comple-tar a biobibliografía de cada un dos creadores (autora e ilustrador).• Podemos falar da colección, doutros títulos que coñezamos e da opinión que nosmereceron.• Comentamos a dedicatoria. Falamos acerca da relacións entre as linguas e oentendemento entre diferentes mundos, o papel dos nenos… Unha vez lida anovela pensamos a quen lla dedicariamos nós e con que palabras.• Realizamos un punto de lectura co que marcar onde estamos lendo. Teremos pre-sente que este deberá ter relación coa historia.• Documentámonos acerca doutros libros que resultaran ganadores ou finalistasdo premio Merlín. Comentamos aqueles que lemos con anterioridade ou realiza-mos presentacións destes.• Adiantamos o tema e o argumento da novela en base ás ilustracións.

Ao longo da lectura

• Identificamos quen nos conta a historia.• Lendo este relato aprendemos que Usha é o mesmo nome que Uxía, e tamén,que significa luz do amencer. Tentemos averiguar como se di o noso nome nou-tras linguas e cal é o seu significado.• Tanto Usha como a súa nai son moi aforradoras cos nomes, ma e Ush, é a formaeconómica que usan para chamarse. Pensemos nos nomes que utilizamos entre nós.

6

actividades• Cada lugar ten uns perigos característicos; no lugar onde está a vivir Uxía son asserpes. Ben é certo que, tal e como explica, só atacan cando se senten ameazadas.Pensemos a que debemos temer no lugar onde vivimos. Se nos interesan as serpes,podemos aproveitar para realizar un traballo sobre elas.• Vaiamos localizando datos: a idade da protagonista, o clima en Devastana…• Expliquemos o noso acordo ou desacordo con esta frase da nai de Usha: «A con-fianza é algo que, se se perde, xa non se recupera».• Opinemos sobre esta outra, agora de Usha: «Hai moita xente que esquece o quequería cando era pequena e eu creo que iso é un erro enorme».• A protagonista explica que bota de menos a choiva e o mar. ¿Que botariades vósde menos se tiverades que marchar de Galicia?• O mar semella unha ausencia con peso, pois a pesar de non estar presente, fansemoitas referencias a el. Lembra algunha delas.• Realicemos unha pequena investigación sobre a India. Cada equipo pode cen-trarse nun aspecto ou nun estado determinado, de maneira que logo se poña todoen común e se poidan compartir os coñecementos.• Uxía fala varias linguas. No comezo do capítulo tres preséntasenos en catro. ¿Encantas poderiamos presentarnos cada un de nós?• Realicemos un listado cos nomes de animais que aparecen no relato.• Buscamos recursos literarios no texto.• Iremos realizando un glosario con aquelas palabras que nos resultan estrañas.• Describamos cada un dos personaxes.• Podemos resumir cada capítulo contándonolo os uns aos outros.• Poñémoslle título a cada un dos capítulos, unha vez rematada a súa lectura.• Escribímoslles pés de foto ás ilustracións. Observámolas ben e escollemos aque-la que máis nos guste. Argumentamos a nosa elección. A partir desa imaxe escri-bimos un conto diferente.• Ilustramos outros momentos do relato.• Seleccionamos aqueles fragmentos que nos chamaron a atención para podercompartilos cos compañeiros e compañeiras.• Eliximos o personaxe co que máis nos identificamos e explicamos a razón.• Contamos algunha anécdota, conto ou sucedido que teña relación con algo quese relata no texto.• Usha fala desas redaccións que sempre hai que facer na escola: «A miña casa»; «Amiña familia»… ¿Cales lembrades vos que se repitan?• Un dos slogans da nai de Usha é: «Non compartir o que se sabe é o maior ego-ísmo». Expliquemos cal pode ser a razón desa frase.• Hai mortes que sempre nos chaman a atención, como morrer electrocutada.Falemos acerca destas e doutras circunstancias.

7

actividades• Non só o que sucede preto de nós inflúe na nosa vida; di Usha que, cando nonhai auga suficiente no encoro, elas han bañarse en auga fría, pero podemos buscarmoitas outras situacións que inflúen en nós.• Para explicar a relación entre o primeiro e o terceiro mundo podemos ter enconta este fragmento entresacado da novela: «Pensar que alguén podía querer quea xente viva así (na pobreza do terceiro mundo) só por ter o cu cómodo… Esamaldade non cabía nin nos meus libros de contos nin no personaxe máis malvadodas películas». «E logo hai moita xente que non pensa e failles o xogo. Teñen catrocoches no canto de un, cinco teles, o que sexa, máis e máis. E aquí xa ves comoandamos. E todo é a mesma roda». Opinemos.• Dise que a India é un dos países con máis poboación do mundo. Busquemosdatos acerca dos países con máis e menos poboación. Comentemos aquilo que noschame a atención.• Podemos saber cando os demais están mal non só porque nolo digan, senónobservando o seu comportamento. Usha di que, cando é así, a súa nai quedamirando para as cousas sen se decatar. Tamén di que poñer a man na meixela é unsigno de tristeza. ¿Que observaches ti ao respecto?• Expliquemos as seguintes frases:— «(…) se a xente vive tan mal aquí (India) é porque a xente vive demasiado ben

noutros lugares.»— «É o resultado de reprimir. A xente acaba facendo o que quere pero ás aga-

chadas.»— «Di ma que non se debe chufar do que se ten porque fai que a outra xente se

sinta mal consigo mesma. E que ademais ter cousas non é tan importante.Miña nai nunca me deixa levar caramelos se non teño abondo para todos osnenos que están comigo.»

— «O amor é un sentimento humano. Intentar reprimilo é a maior infraccióndos dereitos humanos (…). Só está nas mans de quen ama renunciar, non podeimpoñerse esa renuncia ao amor, mesmo cando as circunstancias son moiadversas.»

— «Co que gasta en Galicia só en ducharse unha persoa podemos vivir nós aquíunha semana.»

— «Todas as relixións teñen cousas boas e cousas moi malas.»— «Ma intenta comprender a todo o mundo, pregúntome se non se cansa. Aínda

así ten as ideas claras e cando non está de acordo con algo tira para diante comosexa.»

— «(O galego) A miña lingua máis miña. O meu pequeno recuncho…»— «A vida fainos crecer de múltiples xeitos. E dunha cousa debes estar segura;

nunca, nunca te deixa desamparada. Teste a ti. E ti es capaz de facer calqueracousa que te propoñas…»

8

actividades— «Non te rendas que aínda non afundiron todos os barcos.»

• A nai de Usha cóntalle os contos en galego, creando un mundo propio que sóelas comparten. Lembrade quen e en que lingua volas contaba a vós. Falade davosa relación co galego.• No texto aparecen referencias culturais que, unha vez recollidas, podemos docu-mentar para os compañeiros e compañeiras, por exemplo, Plácido Domingo, etc.• Os «rangolis» son debuxos feitos con pos de arroz na India. Entre nós tamén haialfombras de flores, etc. Citamos outros materiais cos que debuxar e animémonosa realizar algún cos estas técnicas.• Expliquemos cada un de nós o que entende por saudade. Tamén podemos bus-car a de Usha.• Se entre nós hai algún afeccionado ás linguas, pode animarse a realizar un tra-ballo no que se poidan observar as grandes diferenzas entre unhas e outras. Ushaexplica que o canarés ten un alfabeto de máis de cincuenta letras…• A comunicación cos que están lonxe fainos caer na conta de que a vida continúaalí onde nós non estamos e que cando volvamos –se o facemos– atoparemos cam-bios. Relacionade isto co que lles ocorre aos emigrantes.• Usha e Lakshmi queren averiguar o que lle sucedeu ao sari da irmá desta últimaou a razón pola que Savitri veu vivir á súa casa. Elas son verdadeiras detectives quenon paran ata conseguir descifrar os misterios. Probemos a facer o mesmo conalgunha situación que nos estea a preocupar.• Nun momento determinado as dúas amigas din que xogan ás biblioteca. ¿Comoimaxinamos nós que pode ser este entretemento?• Tamén xogan ás médicas cando tentan descubrir a enfermidade en base aos sín-tomas. ¿Seriamos quen de ir realizando un listado de enfermidades cos seus sínto-mas correspondentes?• Indaguemos acerca do dote na nosa sociedade e noutras. Relacionémola coaigualdade entre os homes e as mulleres.• «Dunha maneira ou doutra imos darlle a volta a todo isto.» Ás cousas malas haique darlles a volta para que se tornen boas e, como mínimo, hai que aprender e,se é posible, sacar proveito das circunstancias adversas. ¿A que deberiamos darlle avolta? ¿Como facelo? ¿De que adversidades aprendemos nós?• A nai de Usha é unha muller valente que se enfronta ás inxustizas que atopa.Citemos algunha delas. Nun dos casos, outra muller faille a observación de que elaé estranxeira e polo tanto non entende certas cousas. ¿Cal é a nosa opinión ao res-pecto? ¿Temos ou non dereito a opinar ou actuar fronte ás inxustizas que se pro-ducen noutros países?• Unha médica non só pode receitar medicinas para sandar un enfermo; ás vecestamén ten que actuar socialmente para evitar mortes. Iso é o que fai a nai de Usha,¿en que casos podemos comprobalo?

9

actividades• Busquemos información sobre diferentes relixións, sobre os deuses duns eoutros.• Nun momento determinado Usha fala en galego coa súa nai diante dunha seño-ra que non o entende; desa maneira provoca o final dunha conversa incómoda einútil, pero a nai bérralle porque considera que é de mala educación. Opinemosao respecto.• Ás veces semella que os pais non tiveran historia antes de que nós naceramos. Poriso podemos facer un esforzo e preguntarlles como foi esa historia que sucedeuantes de aparecer nós, e mesmo facer o mesmo cos avós.• Cada civilización ten os seus costumes e, ás veces, sucede que o que está mal vistonunha pode ter unha boa consideración noutra. Busquemos un exemplo no textoe algún outro por diferentes medios.• Hai historias coma a de Rama e Savitri que semellan películas con final feliz.Contemos algunha da que teñamos noticia.• Na páxina 113 atopámonos co poder curativo da risa. Nos momentos máisduros, Lakshimi fai rir a Usha e todo semella distinto despois da gargallada. Comanunha sesión de risoterapia, podemos tentar buscar a maneira de reflexionar sobrea necesidade de rir e buscar a maneira de facelo entre todos.• O medo é un sentimento terrible, Usha comeza a sentilo despois de que a súanai fose atacada. ¿Cales serán os seus medos? ¿Cales os nosos? ¿Foron cambiandoao longo do tempo? ¿Con que lles facemos fronte?• A nai ensínalle a Usha a lavar para demostrarlle que pode ser autónoma, quepode valerse por si mesma. ¿Que sabemos facer cada un de nós? ¿Ata onde pode-riamos chegar se nos atoparamos sos?• O mundo de Usha estaba partido en dous coma unha laranxa: Galicia e India,o primeiro e o terceiro mundo. Ela quere escribir un libro para facer entender anecesidade de pegar esa laranxa e que alguén se animase a facelo con ela. Tal vezeste sexa ese libro que esperte en nós as ganas de colaborar nese proxecto e a con-ciencia de non permitir as inxustizas. Expliquemos como facelo e deseñemos unhacampaña, ou dúas ou tres.• É o 13 de novembro. «Porque algo acontece a miles de quilómetros de min. Perotamén nunha parte de min. O que acontece a miles de quilómetros pasa sempreaquí, no corazón. No de alguén.» Lembremos como foron eses días en Galicia,preguntemos aos que teñamos preto, busquemos documentación, leamos algúnlibro que tamén trate ese tema.• A escola tamén é o reflexo da sociedade. Os compañeiros de Usha atácana poloque fixo a súa nai, pero tamén por ser estranxeira. ¿Coñecemos algunha situaciónde violencia no centro? ¿En que se basea?• Cando pensa en volver a Galicia, a Usha acórdanlle as comidas de aquí. Talvez agastronomía sexa unha das manifestacións máis propias dun lugar. Realicemos untraballo sobre as comidas propias deste país. Se alguén quere animarse a recoller as

10

actividadesdoutros países ou civilizacións, contaremos cunha documentación máis completa.• ¿A quen lle diriades a frase que está a pensar Usha respecto a Lakshmi? «Nomundo non hai ninguén que me poida comprender mellor ca ti.»• «Se as cousas se calman, estupendo. E se non, seguiremos loitando, si?», diLakshmi. Talvez haxa que recoller esa valentía e facerlle fronte, tamén no nosomundo, a algunha que outra inxustiza.

Despois da lectura

• Contamos esta historia ao noso xeito.• Reflexionemos acerca do que nos ensina o libro. Por exemplo, podemos consi-derar un acerto a consideración que ten das linguas como códigos cos que xogar,saber e coñecer.• Busquemos, no texto, as situacións que consideremos discriminatorias para asmulleres.• Intentemos definir as historias que forman parte desta novela: a amizade entredúas rapazas, o encontro de dous mundos…• Comentemos as características de cada un dos personaxes, con cal deles nos iden-tificamos máis, cales son os que nos resultan máis interesantes…• Unha vez lida a novela poñémoslle un título que vaia máis alá do nome da pro-tagonista.• Escribimos unha dedicatoria para este libro e pensamos a quen llo regalariamos.• Podemos escribirlle unha carta á autora comentándolle a nosa opinión sobre estelibro e suxeríndolle outros temas que podería tratar.• Realizamos unha posta en común para comentar a nosa opinión sobre o texto.• Lemos outros textos desta mesma autora.• Intentamos identificar os valores que defende a autora.• Realizamos un debate acerca da discriminación da muller, da situación do ter-ceiro mundo…• Reflexionamos sobre o feito de que a fotografía que aparece da autora a retratecomo unha muller hindú. Isto tamén nos pode dar pé a analizar as relacións entrea novela e as experiencias da propia autora cooperante na India. Observar o queten, esta ficción, de autobiografía.• Observamos que na páxina de créditos se recolle: «A autora cede os dereitos deedición a Implicadas/os no Desenvolvemento». Comentamos o que isto significae que podemos facer nós para colaborar con esa ONG.• Hai outro libro no que participa esta autora; chámase O son das buguinas e apa-

11

actividadesrece o nome desta ONG na portada. Se o mercamos estaremos a colaborar conImplicadas/os no Desenvolvemento, e se o lemos conseguiremos informaciónsobre esta organización e sobre a forma de traballo que defende. O texto de MaríaReimóndez O ventre do mar, está baseado no que sucedeu cando o tsunami.

12

Pedidos a:

C o m e rcial Grupo AnayaPol í gon o d e B e rg o n d o1ª Tr avesía - Pa rcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA

X E R A I SDoutor Marañón, 1 2 . 36211 V i goA p a rtado Postal 1446. 36200 V i goTe l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: xe r a i s @ xe r a i s . e sh t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2007© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2007Depósito legal: VG 336-2007