cartas de inverno - vox.es · pdf file• esta é unha historia perfecta para ir...

8
Cartas de inverno Agustín Fernández Paz XERAIS

Upload: phambao

Post on 04-Feb-2018

230 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

Cartas de invernoAgustín Fernández Paz

XERAIS

Page 2: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

O AUTOR

2

Título: Cartas de invernoAutor: Agustín Fernández PazEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 128 / 13ª ediciónISBN: 84-7507-890-7PREMIO RAÑOLAS 1995

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarseun dos máximos expoñentes da literaturainfantil e xuvenil galega actual. Conta cunhaprodución ampla e variada, tanto en narracióncurta como en novela, e moitos dos seus librosestán traducidos a outras linguas. Acadou pre-mios de grande prestixio neste campo:

• Merlín 1989 por As flores radiactivas.• Edebé 1994 con Trece anos de Branca.• Lazarillo 1990 con Contos por palabras.• Premio Rañolas 1995 co libro que nos ocupa,Cartas de inverno.• Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire.• Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker.• Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis dunha ocasión.• Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil.

Nado na Terra Chá en 1947, traballa na comarca de Ferrol e, posteriormente, en Vigo, no campodo ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fronte de move-mentos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola Galega.Estudioso da literatura infantil e xuvenil galega, así coma do cómic, ten influído na divulgacióne prestixio destes campos.Tampouco debemos esquecer a súa achega na galeguización educativa.

FICHA TÉCNICA

Page 3: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

3

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor galego de sona Xabier Louzao volve a Galiciae atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunhaespiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e quelevan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán queenfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin sequera somos capaces de imaxinar.Vai de cartas. As que Tareixa Louzao recibe de seu irmán, Xabier, co encargo de que llas entregueao Inspector Soutullo se non ten novas del nun tempo determinado. E cartas, as que antes reci-bira Xabier do seu amigo Adrián.Finalmente será Tareixa quen, seguindo as claves que atopa nas cartas de Xabier e as súas propiasdecisións, rematará para sempre co que se agocha debaixo desa casa misteriosa.

ARGUMENTO

TAREIXA. Médica. Irmán de Xabier, moi unida a el. Adrián é o seu amor secreto dende sempre.Muller decidida que coida das lembranzas familiares e se enfrontará finalmente ao perigo que seagacha baixo terra.

XABIER. Escritor recoñecido. Algúns dos seus libros foron convertidos en guións cinematográfi-cos e a súa obra está traducida a varios idiomas. Parece un home optimista que cre no azar, naamizade, nos amores pasaxeiros e ri de cómo Tareixa garda os recordos familiares.

ADRIÁN. Pintor de éxito. Con estudios en varias cidades europeas, realiza exposicións nas salasmáis prestixiosas. Considera que os bos momentos de creación aparecen como rupturas do reali-zado anteriormente.

INSPECTOR SOUTULLO. Home pragmático ao que coñeceu Xabier preparando a ambientacióndunha das súas novelas. Non dubida en acudir na súa axuda cando llo pide Tareixa, pero volve aVigo renunciando a atopar unha explicación a tantas preguntas que quedaban sen resposta.

PERSONAXES

• Amizade. É a amizade a que une os tres personaxes principais desta historia. Unha amizade quevén de vello pero que se conserva no caso de Xabier e Adrián –pasando quince días xuntos cadaverán– ou acudindo Xabier á chamada do seu amigo sen pararse a pensalo sequera.

• Misterio. De vez en cando imos atopándonos con cousas que non entendemos, detalles quenunca poderemos explicar… é coma se a realidade se abrira a outra dimensión descoñecidapara nós que vai quedando aí, na marxe. Á parte dese misterio que sentimos de forma persoal,hai arcanos que parecen estar acompañándonos dende sempre: a incógnita dos petroglifos oudas marcas dos vellos canteiros; os castros, mámoas… agachados debaixo de montículos polosque pasamos cada día; as historias de mouros, tesouros e lendas que acompañan a determina-dos lugares; os contos de medo que se contaban a carón do lume nos que aparecían bruxas,enmeigados, esconxuros e defuntos dunha maneira absolutamente natural.

TEMAS E VALORES

Page 4: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

ANTES DA LECTURA:• ¿Que pensamos que se pode ocultar detrás deste título?• Este título, ¿recórdache algún outro?• Se miramos a portada, esa foto pode achegarnos algún dato que nos axude a adiviñar de qué vai

o libro. Se ademais lemos a contracapa, xa podemos ir adiantando unha historia.• Leamos a cita de Lovecraft que abre o libro e tentemos explicala.

DURANTE A LECTURA:• Localicemos os diferentes lugares que aparecen no texto.• Situemos temporalmente a novela.• Respondamos ás preguntas:

– ¿A que chamaba Xabier «o panteón das lembranzas familiares»?– ¿Que libros de Xabier aparecen citados na novela? ¿Que e onde estudiaron Xabier e Adrián?– ¿Que lugares relacionados coa arte aparecen citados na novela? ¿Onde tiña a súa residenciaAdrián?– ¿Que será o Pen Club? ¿Que é un axente editorial?– ¿A que pode ser debido que o bar de Doroña se chame Stutgart?– ¿Quen eran os Beatles?– ¿Que son fenómenos paranormais?– ¿Por que Xabier considera insólita a situación da casa mercada por Adrián?– ¿En que consiste a técnica do gravado? ¿Que famosos gravadores aparecen citados no texto?– ¿En que momentos pasastes medo?

• «Unha casa de indianos, colonial, inspirada nas construcións americanas. Con torreón cua-drangular, galería lateral e ampla terraza na parte de atrás cunha balaustrada orixinalísima.Pintada en branco e ocre. Conservada. Xardín dianteiro e horta rodeada cun muro de pedra.»Continúa ti a descrición da casa.

• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vaivir, facendo conxecturas, adiviñando qué pasará… e observando a diferencia coa maneira naque realmente se desenvolve a acción.

• Os protagonistas masculinos da novela son artistas: un escritor e un pintor famoso. Podemoselixir qué nos gustaría ser de cumprirse tódolos nosos obxectivos artísticos, tal e como pareceterlle pasado a eles. Faremos unha descrición desa situación ideal e, a continuación, colocaré-

ACTIVIDADES A REALIZAR

• Galicia. Hai unha serie de flashes nos que podemos ir recollendo unha idea de país. Unha terra naque están pasando cousas: os bosques autóctonos van sendo reemplazados polos foráneos, os res-tos históricos están feitos unha ruína coma todo o que se debe conservar, o misterio segue pre-sente, pois dise que baixo unha capa de modernidade continúan as vellas crenzas a pesar de quea luz eléctrica parecía ter rematado coa santa compaña. Hai escritores que asumen o idioma e sonconscientes de que o éxito ou o fracaso non vai estar ligado a que sexa unha lingua minorizada…

• O mundo das artes. Literatura e pintura. Aquí aparecen representadas dunha maneira exitosa quenon debería prestarse a enganos pois ser escritor é dedicar moito tempo a esa actividade solita-ria e de traballo duro, de oficio, e o mesmo pasaría coa pintura. Cando os rapaces e rapazas pen-san nun artista pódelles vir á mente a inauguración dunha grande exposición ou a recollida dunpremio; sen embargo, a vida desas persoas está moito máis chea de traballo que dun recoñece-mento que moitos deles non conseguirán en vida. Querer ser director de cine non é recoller oóscar senón intentar ser moi bo no oficio, contar cunha creatividade que lle permita facer ache-gas orixinais e… ¡que o azar lle bote unha man!

4

Page 5: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

5

monos por parellas, de maneira que cada un lerá o traballo do outro para saber de quen se tratae entrevistarao. Logo cambiaremos os papeis.

• Xabier di que o éxito non só llo debe á súa arte como escritor, senón tamén ao azar. ¿A que llechama «azar» no seu caso?

• Cita algún escritor galego que teña algún relato levado ao cine.• Xabier non está de acordo co que se lle dicía en relación ao idioma «…que publicando en gale-

go estaba pechándome fronteiras, que escribir nun idioma minoritario era un labor inútil». ¿Quepensades vós ao respecto?

• ¿Cal é o teu pintor ou pintora favorito/a? Fálanos del ou dela e preséntanos algunha das súas obras.• ¿E o escritor ou escritora que máis che gusta? Fai o mesmo.• Tareixa é médica. Nese campo resultará menos doada a fama, pero non todos queremos ser artistas.

Pensemos na profesión que nos gustaría e fagamos unha redacción co título «Eu de maior quero ser…»• A actitude fronte ao misterio. Xabier lía as novelas de Lovecraft pensando que aquilo que se

narraba non podía ser real; Tareixa non é quen de rematalas porque sente medo, tal vez por uncerto temor a que non sexa só ficción. ¿Que opinades vós ao respecto?

• Tareixa sente unha presencia escura que non sabería explicar preto dela; algo invisible… unhasensación de perigo… ¿Pasouche algunha vez?

• Adrián, cando confesa o seu medo, lembra os relatos que escoitaba de neno na casa de súa avoa,naquelas noites nas que se xuntaban ao redor da cociña, e non pode evitar un calafrío, quizais por-que aínda garda a lembranza do terror que lle invadía cando os maiores o mandaban á cama e tiñaque subir só as escaleiras que levaban ao sobrado… ¿En que ocasións pasaches medo? ¡Cóntaas!

• Misterios: ¿Onde estaba o coche de Adrián cando chega Xabier? ¿Como aparecen, logo, os douscoches? ¿Quen fai as obras na casa para que, cando chega Xabier, todo estea de novo no seu sitio?Seguro que hai máis…

• O anuncio no xornal da casa enmeigada é o comezo da historia. Iso tamén pasaba noutro librodeste autor. ¿Lembras cal era?

• Realmente nos xornais aparecen anuncios estraños. Buscádeos e ideade historias a partir deles.Tamén podedes redactalos vós.

• ¿Sabías que en Santiago había, ata hai ben pouco, unha «casa encantada»? Un lugar tomado por«okupas» que realizaban actividades culturais no barrio. ¿Seriades capaces de atopar informaciónsobre este feito real? ¿Onde e como?

• Ás veces as apostas tamén dan lugar a historias… Preguntade por algunha aposta que lles cha-mara a atención á xente que coñezades. De non atopala, sempre podedes inventala.

• Os escritores, por veces, introducen personaxes reais nas súas historias, por exemplo, AntónRisco; o profesor que o convida á Universidade canadiense é fillo dun escritor galego daXeración Nós. ¿Saberías dicir de quen?

• Fai os debuxos dos gravados que vai atopando Adrián no libro e que fotografa para demostrar asúa existencia. ¿Seriamos quen de adiviñar a que pintura famosa se parece o primeiro gravado?

• Di Xabier: «a curiosidade puido máis ca min e, coma a muller de Lot, volvín abrir o libro polapáxina fatídica». Lembremos esa historia bíblica.

• Xabier recorda os sacrificios con lume purificador coma o de Abraham e a silveira ardendo.Recordémolos nós tamén.

• «Síntome coma os mariñeiros do barco de Ulises ante os cantos das sereas. Pero eu esquecín acera para os meus oídos, e tampouco hai cordas que me aten a un mastro salvador». Vaiamos áOdisea a repasar esa aventura da viaxe de Ulises.

• Ao longo do relato, unha e outra vez aparece a dúbida de que haxa alguén que lles estea queren-do tomar o pelo, facerlles unha brincadeira… e isto retrasa a consciencia do que está pasando.¿Sucedeuche isto algunha vez? ¿Dubidaches de se o que estaba pasando era algo provocado ou arealidade non intervida? ¡Cóntanolo!

• Tareixa pasea pola zona das Croas, buscando os restos dun sepultado castro celta. É un lugar no queos veciños sitúan lendas, e algunha destas historias parecía gardar relación co lugar no que estiveraa casa… Seguro que sodes quen de recoller algunha lenda relacionada con lugares que coñecedes.

• Convertámonos en detectives privados cunha certa especialidade en fenómenos paranormais. Destamaneira poderemos adiantar conxecturas acerca dos segredos desa casa que parece enmeigada.

Page 6: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

6

Trátase de ir xuntando pistas e discutíndoas por grupos. Logo faremos unha posta en común parair chegando a descubrir os enigmas, ou simplemente achegándonos a certas explicacións.

• Adrián e Xabier xogan coa posibilidade de saír dese pesadelo que parecen vivir dentro da casa e vol-ver ao mundo real, pero ningún deles o fará. ¿Como abandonar a quen lle pide axuda aínda quesaiban que esa é a súa condena? ¿Que opinamos ao respecto? É coma se o «mal» soubese cómo tiñaque xogar con cada un deles e eles respondesen xustamente tal e como se esperaba, ¿ou non?

• Os primeiros vestixios de que algo pasa xorden a través do teléfono e o fax, logo… a aparición dolibro co gravado no que se representa a paisaxe que se ve dende a casa, ese gravado sen numerar eque vai cambiando ata o punto de chegar a ver o movemento nesa porta que se pecha. Este podeser un recurso interesante, unha ilustración en relación directa coa realidade. ¿Lembras outroslibros nos que atoparas este recurso? Tamén podedes inventar vós unha historia xogando con isto.

• «Se alguén está agora lendo estas páxinas…» É como comeza Xabier a explicación do aconteci-do. Pode ser unha boa maneira de empezar un relato. ¡Inténtao!

• Repítese a historia. Xabier volve cometer os erros de Adrián pero, de algunha maneira, cambiaalgo. ¿A que nos estariamos referindo? ¿Que lle puido pasar a Tareixa?

• Unha adolescente pide axuda a través do gravado, ¿quen lla vai negar?, pero Xabier confirma«cos seus ollos fixos en min, e cunha expresión que a primeira vista parecía suplicante, pero naque crin percibir un aquel de maldade». Nas películas de terror, en máis dunha ocasión se tenxogado con nenos e seres moi vulnerables para atraer ás víctimas. Revisemos se isto é así.

• «Algo que desafía as regras lóxicas e a mentalidade racional.» ¿Que sabemos disto? ¿Témonosenfrontado nalgunha ocasión a fenómenos deste tipo? ¡Expliquémonos!

• «O mar empezaba a ser só unha mancha no horizonte.» É unha bonita maneira de dicirnos quenos afastamos do mar. Xoguemos a crear frases así.

• «A casa é coma un imán que non me deixa marchar.» Unha forza que o chama e o empuxa aentrar na escura cripta sobre a que se asenta a casa. «Atraído coma un ferro dominado por unpotente imán.» O medo a algo que vai pasar e non sabemos qué é e, ao mesmo tempo, a inca-pacidade para fuxir. ¿Algunha vez sentiches este tipo de sensación?

• Prodúcese un incendio que supoñemos provocado por Xabier e quéimase a casa. ¿Vistes algunhavez unha casa queimada? ¿Que sensación vos produciu?

• A trapela de ferro encaixada no chan de cemento coa gravura do labirinto de Mogor. De aí, viñaun fedor acedo e nauseabundo que suxería a existencia de realidades inhumanas e espantosas.¡Inventémolas, xogando como fai o autor cos diferentes sentidos!

• Na última carta de Adrián, escrita nun cartón, avísao de que se vaia e fálalle de cómo el está perdi-do, convertido en algo que non pode explicar. Fala do que queda del… un vulto repulsivo, unsollos brillantes que parecían transmitir todo o horror que un humano é capaz de concibir: «teríasque ver o que eu vin, terías que saber o que hai aquí abaixo». ¿Que pode ser? ¡Sigamos a crear!

• Di Adrián que a Santa Compaña desapareceu coa chegada da luz eléctrica… ¿Por que se dirá iso?• Recóllese o debuxo das figuras que hai gravadas sobre as portas das habitacións e vemos que lem-

bran os petroglifos prehistóricos. Tamén se fala dos petroglifos da Pena Moura. Seguro que pretode onde vivides hai algún. Explicade canto saibades deles e traede algunha foto ou debuxo.

• Xunguir o misterio ou o terror a elementos autóctonos, que poden ter que ver con restosarqueolóxicos dos que sabemos pouco, con enterramentos antigos, con signos estraños… éunha moi boa opción por parte do autor. Desa maneira, é orixinal no tratamento e non estarácopiando elementos que teñen a súa orixe noutras culturas e que a nós non nos asustan por-que nos son alleos. ¿Ocórreseche algún outro co que ti xogarías nunha historia deste tipo?

• Gracias a Tareixa parece que a maldición que se agochaba na casa está definitivamente vencida,nunca máis ningunha persoa terá que enfrontarse a aquel horror. Xa ves que en ningúnmomento se nos aclara cál será ese espanto. ¿Que é para ti a ameaza máis terrible? Descríbea.

• O silencio dos veciños arredor da casa. Adrián só se atopa con evasivas… Calan e unha sombrade medo pásalles polos ollos. Só un borracho lle falou de misteriosas desaparicións, estrañosruídos nocturnos, algo sobre unha sombra negra… e adiantou que era «coma se tragara a terraaos habitantes da casa…» ¿Por que cre que non opinan os veciños? ¿Que pensarán? ¿Parécechenormal que isto sexa así?

Page 7: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

7

• Escribe Xabier: «Porque daquela morea de cartas, a maioría eran folletos publicitarios ou notificaciónsbancarias; vendo tal morea de papeis non era difícil adiviñar quen eran os verdadeiros responsablesda deforestación mundial». ¿Quen cres ti que o son? ¿Como contribuímos nós a esa traxedia?

• Por debaixo da modernidade segue vivo o sistema de crenzas deste pobo, confirman os amigos. ¿Quepensamos disto? ¿En que notamos que as antigas crenzas seguen vixentes? ¿Por que se nos relacio-na aos galegos co esconxuro da queimada e co dito de que «ver non as vemos pero bruxas hainas»?

• No texto fálase de que observando a beleza da paisaxe pódese entender o sentimento panteísta, queo home destas terras conserva. Explicádeo e vede se vós tamén o sentides dalgunha maneira.

• No último libro, Xabier tentaba contar a alarmante perda de identidade da xente deste país, enclave de humor. Pensade nalgunha anécdota, nalgún feito que observarades e realizade un relato.

• Contemos algo que podería ser un chiste: «—¿Sabes o que lle pasou a Fulano? ¡Anda negro!—E ¿logo?—Descubríronlle un castro na leira da Ínsua.—¡Que se lle vai facer… unha desgracia pásalle a calquera.»

En vista do lido, entenderemos a valoración que se fai dos restos arqueolóxicos ou dos obxec-tos artísticos. ¿Sabemos dalgún caso no que se destruíron castros sabendo que estaban aí? ¿Ouse perderon fontes, lavadoiros, cruceiros…?

• «O vello torreón dos Andrade estaba completamente desfeito, como a maior parte das cousasque pagaría a pena conservar neste país.» Facede un estudio, no voso medio, observando qué éo que debería ser conservado e non o está.

• A igrexa parroquial era unha excelente mostra do románico popular galego. Estudiemos as obrasde arte que teñamos máis próximas para facernos conscientes do seu valor.

• «Contemplou os montes do arredor, inzados de pinos e eucaliptos, malia que, de cada pouco,unha mancha dun verde máis claro indicaba a presencia dos restos de bosque autóctono queaínda resistían a invasión». Observemos o noso contorno e vexamos qué queda do bosqueautóctono, cál foi a razón do cambio de arborado.

DESPOIS DA LECTURA:• ¿Por que Cartas de inverno e non de verán ou de primavera? Se tiveras que traballar unha historia

de medo, ¿en que estación a situarías?; ¿en que momento do día?; ¿onde? Argumenta as eleccións.• Unha vez que rematamos a lectura, podemos facer ese chisco propio dos finais das películas de

misterio, de forma que quede aberta a posibilidade de que a intriga prosiga e a historia teñacontinuación. ¡Fagámolo e busquemos o título desa segunda entrega!

• Hai historias que aparecen coma fiestras entornadas: o amor de Tareixa por Adrián, as relaciónsde Adrián con Laura, o que sabe Bieito –o do bar– e que nunca di… ¿Atréveste a escribilas par-tindo dos datos que aquí se te achegan?

• Se nos agradou o libro, podemos buscar outros do mesmo autor nos que tamén traballa estexénero, como sucede en Aire negro, Noite de voraces sombras… así como en relatos curtos reco-llidos en Rapazas ou Historias para calquera lugar.

• Fagamos un monográfico sobre o autor, unha exposición coas obras que atopemos remexendo enbibliotecas escolares, públicas e persoais, nas librerías… Podemos repartirnos a súa lectura; logo ela-boraremos unha revista con traballos sobre esas obras, faremos presentacións das mesmas, etc.

• Literatura fantástica e de misterio. Aproximémonos a esta corrente ou xénero literario. Indaguemoscáles son as súas características, quén foron os autores e autoras que máis o traballaron…

• Lovecraft aparece citado varias veces no libro e pode ser unha boa ocasión para que leamos algo del.• Na literatura galega hai poucos exemplos desta corrente literaria; aínda así, podedes buscar algún

libro. ¡Seguro que dades con el!• Adrián atopa libros de Cunqueiro, Ánxel Fole… a colección de noveliñas Lar. Títulos que nos

poñen en contacto coa literatura galega deste século. Baixa para ler Merlín e familia e sentimos certapena de que non volva falarnos desta novela na que Cunqueiro trae vivir a Galicia varios persona-xes relacionados co Rei Artur. ¿Probamos a lela e comentala? De interesarnos o ciclo artúrico, tere-mos ocasión de atopar algún outro título coma Irmán, Rei Artur, nesta mesma colección. E máis…

Page 8: Cartas de inverno - vox.es · PDF file• Esta é unha historia perfecta para ir parando de vez en cando a lectura e adiantarse ao que vai vir, facendo conxecturas, adiviñando qué

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 1172-2003