centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · web viewdespois na...

204
C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos 1º Ciclo de Primaria Curso 2010/2011

Upload: others

Post on 02-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos

1º Ciclo de Primaria

Curso 2010/2011

Page 2: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

2/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 3: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

3/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 1

OBXECTIVOS

Integrarse no grupo e participar activamente na dinámica da aula. Escoitar e comprender un conto oral. Desenvolver a capacidade comunicativa e as habilidades de expresión oral. Activar os coñecementos previos. Discriminar auditiva e visualmente as vogais. Desenvolver a lectoescritura de vogais maiúsculas e minúsculas. Identificar vogais dentro de palabras. Ler e escribir palabras formadas, exclusivamente, por vogais. Mostrar interese por traballar coas primeiras letras.

CONTIDOS As vogais.

Escoita e comprensión dun conto oral. Comprensión da secuencia do conto. Desenvolvemento de habilidades para expresarse oralmente. Identificación dos personaxes do conto e explicación de detalles significativos. Asociación das vogais aos sons correspondentes. Discriminación auditiva e visual de vogais. Lectura e escritura de vogais. Lectura e escritura de palabras formadas con vogais exclusivamente.

Integración no grupo de compañeiros. Interese pola aprendizaxe da lectura e da escritura.

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Aprender a aprender

Competencia social e cidadá

Autonomía e iniciativa persoal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 4: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

4/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

METODOLOXÍA

Proceso de ensinanza e aprendizaxe:

O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 1 o proceso comeza coa análise de varias viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que lle permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué viron e escoitaron.

As seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das vogais: a, o, u, e, i. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación das devanditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A continuación, na tarefa chamada Xogamos coas vogais propóñense actividades máis lúdicas en que os alumnos repasan os contidos tratados na unidade: deben identificar as vogais minúsculas correspondentes ás maiúsculas nunha imaxe ou escribir palabras coas vogais estudadas.

Suxestión de temporalización:

1.ª quincena de outubro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema da vogal e. -Poema da vogal o.Caderno de Lingua 1: Primeiro trimestre. Dicionario da Lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto convén que os alumnos boten unha primeira ollada á lámina e que comenten, de forma moi xeral, o que ven nas dúas secuencias. Centrar a súa atención nos números que marcan cada unha e dicirlles que son dous momentos do conto. Preguntar qué personaxe aparece nos dous (a nena) e en qué lugares (o cuarto e a escola).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 5: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

5/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

A continuación, poñer a gravación ou lerlles o conto. Mentres o escoiten, os nenos observarán a ilustración.

Pedirlles despois que expliquen, coa información do que estiveron escoitando, o momento do conto que reflicte cada secuencia.

Preguntar na secuencia 1: Como se chama a nena? Que lle pasa e por que? Que xoguetes son os que falan con ela? Onde están? Que van facer? Que lle ensinan? Na secuencia 2: Onde está a nena? Que día é? Como se sente? Con quen vai falar a nena?

Unha vez escoitado o conto, analizada e interpretada a secuencia, fomentar o diálogo sobre a historia. Pedir a súa opinión sobre o conto, os personaxes, as súas actitudes e accións, por exemplo: Parécevos lóxica a preocupación de Antía? Que lle diriades vós para que non se preocupase? Gustouvos este conto? Que vos gustou máis?

As actividades de comprensión propostas están relacionadas cos elementos narrativos seguintes:

Detalles. Na actividade aparecen tres xoguetes do andel do cuarto. Os alumnos deben identificar o avión como o que emprega o indio para chegar ata a nena.

Personaxes. Discriminar, entre os tres personaxes que saen no conto, o elefante como o que lle ensina a canción á nena protagonista.

Estados. Cómpre deterse a analizar a expresión faciais da nena nas dúas imaxes para recoñecer o seu estado de ánimo ao final da historia (contenta).

A canción. Os alumnos poden escoitar varias veces a canción final do conto e memorizala. Propoñerlles que a entoen, primeiro todos xuntos, despois por grupos (un grupo para cada letra) de xeito que cada un reproduza a estrofa dunha vogal.

Un debuxo das vacacións. Suxerir aos alumnos que pensen e realicen un debuxo relacionado coas vacacións. Debe ser un día especial das vacacións que recorden como moi divertido, no que o pasaran moi ben.

Despois deberán mostrarllo aos compañeiros, explicar o contido e por que ese foi un día especial das súas vacacións.

Xeralmente os nenos e nenas traballan as vogais en Educación Infantil e chegan a primeiro coñecéndoas sen dificultade. Con todo é importante asegurar que as discriminan correctamente, visual e auditivamente, e afianzar coñecementos adquiridos. Nas cabeceiras de cada vogal, chamar a atención sobre os elementos presentados. En primeiro lugar, na grafía maiúscula e minúscula da letra ligada (azul) e composta (vermella). En segundo, as ilustracións relacionadas coa vogal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 6: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

6/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

estudada: xa porque está incluída no nome do personaxe (extraído do conto inicial) xa porque aparece no nome do obxecto ilustrado.

Cabeceira da vogal a: Antía, armario. Cabeceira da vogal e: estoxo, elefante.Cabeceira da vogal o: ovella, caderno.Cabeceira da vogal u: Uxío, uvas.Cabeceira da vogal i: indio, Iria.

Escribir os nomes dos personaxes do conto no encerado (Antía, Iria, Uxío) e pedir que localicen neles cada vogal e observen se hai vogais que se repiten.

Cómpre salientar que os nomes das letras, vogais e consoantes, teñen xénero masculino (as vogais noméanse así: o a, o e, o u, o o, o i). Salientar, en todo momento, cómo se nomea cada unha delas.

As cinco páxinas dedicadas ás vogais serven para revisar estas grafías e detectar os coñecementos dos alumnos. Cando pronuncien os nomes das imaxes, comprobar se articulan coa correspondente apertura a vogal tónica dos termos (Pechada en: abella, pera, gorro, espello, lentes, ponte, folla. Aberta en: estrela, reloxo, coche, serra, castelo, rosa, botas, corda, nora, culler). Marcar especialmente este vocalismo e incidir na correcta pronuncia.

A discriminación auditiva constitúe a primeira actividade de cada unha destas páxinas. Primeiro, os alumnos deben identificar os elementos ilustrados. Para iso terán que dicir os nomes en voz alta e determinar a presenza e a posición de cada unha das vogais (nuns casos está en posición inicial, noutros en posición medial).

A discriminación visual constitúe a base da segunda actividade que traballa sempre a localización visual da vogal solicitada. Deben atopala e arrodeala na palabra escrita. Advertirlles que, nalgún caso, pode aparecer máis dunha vez.

A escritura avanza de forma progresiva: desde a escrita de vogais soltas ou integradas en palabras, pasando por agrupacións de vogais frecuentes na lingua, ata palabras formadas, exclusivamente, por vogais (eu, aia, ioió e as onomatopeas do apartado final Xogo coas vogais).

Traballar no encerado a posición das vogais nunha pauta de catro liñas. Mostrar cómo se traza cada letra e salientar que deben realizalo sen levantar o lapis do papel. Reforzar ademais a situación de cada unha na pauta e chamar a atención sobre o lugar que ocupan as formas maiúsculas e as minúsculas: as minúsculas só ocupan a franxa central mentres que as maiúsculas son máis altas e chegan á parte superior.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 7: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

7/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Comparar a forma e direccionalidade do trazo en cada par de vogais traballadas, fundamentalmente a oposición das vogais a/e e o/u. No caso da vogal i, lembrarlles que non deben esquecer poñer o punto na parte superior.

Se o mestre/a o considera necesario, traballar a discriminación auditiva e a pronuncia de vogais abertas e pechadas. Preparar fichas con fotos ou debuxos de elementos, recoñecibles, con vogais abertas (porta, bota, rosa, foca, corda, roda...) e pechadas (pera, mesa, careta, torre, oso, once, boca...). Tamén se pode debuxar no encerado un exemplo representativo: unha pera/unha serra, no caso de traballar a vogal e pechada ou aberta; unha copa/unha roda (no caso de traballar co o pechado ou aberto). Repartir a fichas, ou mostralas. Pedir que os alumnos nomeen o elemento representado e que digan a que o ou e, segundo os modelos dados, se corresponde.

Pódense aproveitar os seguintes textos para traballar de forma implícita a realización das vogais abertas e pechadas.

Recitar un poema para traballar a vogal e:

Que hai naquela cancela?Unha linda bubela.Que hai naquela pontella?Unha pequena ovella.E como fai?Berra: Mee, mee!

Recitar unha canción de arrolo para traballar coa vogal o.

O meu meniño é unha rosa,heille de dar un biquiñoporque caladiño dorme,porque dorme caladiño.

Non te troco, meu meniño.Non te troco, meu amor,nin pola prata da Lúa,nin polo ouro do Sol.

Propoñer aos alumnos realizar traballos de plástica que teñan como base as grafías das vogais. Os alumnos poden realizar as letras en plastilina ou calquera outro tipo de material como corda, fíos, las... (tanto nas formas maiúsculas coma nas minúsculas). Despois facer un gran mural das vogais cos traballos realizados.

Estas propostas de traballos manuais coas vogais pódense formular como suxestións e animar os nenos a que leven a cabo as súas propias ideas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 8: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

8/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Escribir de un e un os nomes dos alumnos e alumnas no encerado. Animalos a que cada alumno localice o seu nome e que contabilice o número de vogais que contén e, se se dá o caso, cántas veces aparece repetida esa vogal. Aproveitar para que observen cántos nomes hai que conteñan un i, un a... etc.

Se algún nome dos escritos comeza por vogal pedirlles que identifiquen a forma maiúscula e aproveitar para adiantar unha norma ortográfica: os nomes propios escríbense sempre coa primeira letra en maiúscula.

Propoñerlles aos alumnos que coa axuda dun membro da familia (pai, nai, avó, avoa…) busquen nos titulares de revistas, de xornais, folletos publicitarios, etc., palabras que aparezan escritas con diferentes tipografías.

Deberán recortar soamente aquelas letras que corresponden ás vogais desas palabras. A continuación, nunha cartolina de tamaño folio e dividida en cinco partes (unha para cada vogal) deberán apegar as letras recortadas no lugar que lle corresponda.

Finalmente pode facerse na aula unha exposición cos traballos.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Aprender a aprenderÉ importante que os alumnos desenvolvan a capacidade de atención e concentración. Antes de lerlles ou poñerlles a gravación do conto, convén explicarlles que é moi importante que se manteñan atentos ao conto, e en silencio, para que poidan entendelo ben.

Nestas primeiras unidades convén indicarlles claramente aos alumnos o que teñen que facer en cada actividade. Explicarlles o importante que é saber o que teñen que facer en cada caso para que o resultado sexa correcto e bo.

A partir da proposta suxerida no apartado En familia, facerlles ver aos alumnos que o traballo coa axuda dos familiares tamén lles permite aprender cousas importantes e pode resultar moi divertido.

Competencia social e cidadáO inicio do novo curso e o encontro con novos compañeiros e compañeiras debe ser aproveitado para valorar da importancia de facer amigos e amigas novos.

Autonomía e iniciativa persoal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 9: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

9/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Aproveitar o comentario sobre o conto inicial, para que os nenos falen sobre a súa experiencia persoal a véspera e o primeiro día de escola: se tamén estaban preocupados e temerosos, e como superaron esa situación.

Na actividade de escritura de vogais (sobre punteado e de forma independente) que se propón ao final de cada páxina, comprobar que os alumnos mostran cada vez maior confianza en si mesmos na realización destes exercicios.

Propoñerlles aos alumnos que revisen o traballo realizado ao longo da unidade e que valoren se o trazado das súas grafías se axusta ás marxes das pautas. Trátase de que sexan autocríticos e de que, se detectan erros, se propoñan superalos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Intégrase no grupo e participa activamente na dinámica da aula. Escoita e comprende un conto oral. Desenvolve a capacidade comunicativa e as habilidades de expresión oral. Activa os coñecementos previos. Discrimina auditiva e visualmente as vogais. Desenvolve a lectoescritura de vogais maiúsculas e minúsculas. Identifica vogais dentro de palabras. Le e escribe palabras formadas, exclusivamente, por vogais. Mostra interese por traballar coas primeiras letras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 10: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

10/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 2

OBXECTIVOS Escoitar e comprender un conto oral. Recoñecer e comentar a secuencia do conto Desenvolver habilidades para expresarse oralmente. Asociar as grafías p, m e l aos sons correspondentes. Recoñecer e trazar as grafías das letras p, m e l. Discriminar auditiva e visualmente sílabas abertas e pechadas con l. Formar e escribir palabras coas vogais e as consoantes p, m e l. Ler e escribir enunciados coas vogais e as consoantes p, m e l. Escribir oracións moi sinxelas coas letras estudadas. Ler e comprender un texto poético sinxelo.

CONTIDOS Grafías p, m e l.. O artigo o, a. A conxunción e.

Escoita e comprensión dun conto oral. Recoñecemento e interpretación da secuencia do conto. Identificación de detalles do conto e accións dos personaxes. Desenvolvemento da expresión oral. Discriminación auditiva e visual das grafías p, m e l. Lectura e escritura de palabras e enunciados coas vogais e consoantes p, m

e l. Discriminación auditiva e visual de sílabas abertas e pechadas con l. Escritura de oracións sinxelas. Lectura dun texto poético.

Participación activa nas situacións colectivas de comunicación. Interese pola aprendizaxe da lectura e da escritura.

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Aprender a aprender

Interacción co mundo físico

Tratamento da información

Autonomía e iniciativa persoal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 11: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

11/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 2 o proceso comeza coa análise de varias viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué viron e escoitaron.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras p e m. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación das devanditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra l. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación da devandita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un breve e sinxelo poema de estrutura dialogada onde aparecen as letras que os alumnos acaban de estudar, co obxectivo de que lean.

Finalmente, na última páxina da unidade, chamada Repasamos propóñense actividades para que os alumnos repasen os contidos tratados na unidade.

Suxestión de temporalización:2.ª quincena de outubro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 1 de reforzo.Ficha 1 de ampliación.Ficha 1 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto.-Poema do son p.-Poema do son t.Caderno de Lingua 1: Primeiro trimestre. Dicionario escolar.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, pedirlles aos alumnos que boten unha primeira ollada ás tres imaxes secuenciadas. Preguntar qué animal aparece nas tres escenas (se o confunden cun león, aclararlles que é un puma) e centrar, especialmente, a atención sobre onde está situada a Lúa en cada escena: pedir que a localicen en cada caso.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 12: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

12/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Despois os alumnos escoitarán o conto e, posteriormente, comentarano centrando a atención nas tres viñetas ilustradas. Destacar que, explicando o que ven en cada un dos tres momentos ilustrados, eles mesmos poden ir contando o conto. A secuencia temporal, na primeira viñeta, corresponde ao momento do paseo de Pupo coa súa nai e o descubrimento da Lúa. Na segunda, Pupo atopa a Lúa reflectida na auga e, para collela, ponse a beber a auga. A terceira, corresponde ao desenlace, cando Pupo coa súa barriga inchada descobre que a Lúa segue no ceo.

Facer preguntas para que os nenos se animen a expresar opinións e impresións persoais sobre o conto. Comprobar se infiren un dato que no conto non se explicita, pero é evidente e fundamental na historia: a Lúa non caeu na auga; o que el ve é só o seu reflexo. Animalos a falar sobre a actitude do pequeno puma e a que reflexionen sobre a imposibilidade do seu desexo: Pódese coller a Lúa? Parécevos que Pupo é caprichoso? Por que? Finalmente poden dar a súa opinión sobre o conto: se lles gustou ou non e por que, se lles pareceu divertido e por que, etc.

Ademais das actividades de comprensión oral propostas no libro do alumno, pódense realizar outras preguntas que axuden a recoñecer correctamente a historia, por exemplo:

A onde ían Pupo e súa nai?Para que quería coller a Lúa o pequeno puma?Que lle dixo a súa nai sobre a Lúa?Que pasou cando quixo quitar a Lúa da auga cun pau?Por que a barriga de Pupo se puxo tan inchada?Por que a Lúa estaba no ceo outra vez, ao final?

Tras a identificación da expresión chiscar un ollo, aproveitar para analizar outra expresión do texto “Pupo mirou de esguello á Lúa”.

Propoñerlles aos alumnos que expliquen outros acenos frecuentes e que eles mesmos os imiten. Por exemplo: Aceno de silencio (dedo índice nos beizos); de adeus (brazo erguido e palma da man estendida e oscilando); de sono (cabeza apoiada nas mans palma contra palma), aceno de sorpresa, etc.

Traballar a cabeceira da letra p no seu conxunto. Presentar a letra co seu nome (o pe) esaxerando a articulación para que perciban claramente a súa realización. Dicir en voz alta a palabra clave e acompañar con palmadas a súa división silábica. Comparar a palabra escrita en letra ligada e en composta. Lerlles a estrutura coordinada que acompaña a ilustración e a serie de sílabas. Despois pedir que as lean os alumnos.

Realizar as actividades de discriminación auditiva. Pedir que digan en alto os nomes dos elementos para recoñecer cáles teñen p inicial, antes de colorealos, e

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 13: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

13/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

comprobar se hai erros articulatorios ou interferencia lingüística co termo papaventos.

Na actividade de discriminación visual, os alumnos lerán as palabras e arrodearán nelas a letra p. Só teñen apoio gráfico as da primeira liña, polo que convén asegurarse de que é correcta a lectura mecánica das restantes.

Antes de faceren a actividade de escritura da grafía do libro, escribir no encerado as grafías e salientar a direccionalidade.

Comeza a introducirse na páxina 17 a escrita de substantivos conxuntamente co artigo. Facerlles ver que son palabras distintas e deben escribilas separadas coma no modelo.

Antes de copiar a oración da páxina 17, pedir que a lean e a expliquen co apoio da imaxe.

Pedirlles que fagan máis exercicios de escritura da letra p minúscula e maiúscula. Escribir no encerado algunhas sílabas en minúscula e maiúscula e solicitar que as copien no caderno.

Escoitar un poema para traballar o son p:

Unha mañá, pitiño pispín saíu pasear. Díxolle a nube:

Pin-pirin-pín, pitiño pispín,coas miñas pingas heite mollar.

Díxolle o pito:

Teño paraugas para as túas pingas; ¡pan-parán-pan! (Gloria Sánchez).Aprender un trabalinguas

Papá pon pan para Pepín.Pepín pon pan para papá.

Presentar a letra m. Dicir en alto o nome da letra (o eme), e traballar a cabeceira coma de costume.

Realizar as actividades de discriminación auditiva da páxina 18: o son m aparece en distintas posicións. Pedir que soletreen en sílabas os elementos para axudar á localización. Comprobar que non confunden a articulación do m co b (que está en vaso e cabalo).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 14: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

14/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ao realizar as actividades de lectura e discriminación visual comprobar que é correcta a lectura daquelas palabras sen o apoio gráfico.

Na actividade de escritura da páxina 19 observar, ao escribiren na pauta, se se axustan ao espazo e trazan de forma correcta a letra.

Na actividade de asociación de maiúsculas e minúsculas da páxina 19, os nenos deben relacionar os grupos nominais en maiúscula e minúscula e copialos. Chamar a atención sobre a separación entre cada palabra (o artigo e o substantivo).

Previamente traballar o uso da conxunción e na penúltima actividade da páxina 19. Escoller dous obxectos da aula e mencionalos (o lapis e a goma, por exemplo). Pedir que eles fagan o mesmo con outras parellas de obxectos e empregando o enlace. Na actividade do libro, primeiro, deben ler as dúas estruturas, despois observar a ilustración e, finalmente, escoller a opción.

Na actividade de escritura dunha oración da páxina 19, pedir que copien tamén os acentos gráficos, para que se acostumen a ver que forman parte da palabra e da escrita.

Propoñer que practiquen a escrita da letra m en maiúscula e en minúscula. Pedir que libremente escriban no seu caderno sílabas con esta letra.

Recitar un poema para traballar o son m.

Unha mañá, o mono Amelio tomou melón e melocotón.Tomou mazás con mazapán.Moitas manteigadas,moitas larpeiradas.Ai, ai, ai,mono Amelio,mira cómo estás!Dóeche todo,sénteste mal.

Propoñer outras actividades de discriminación auditiva. Ofrecer parellas de palabras moi similares para que os nenos as escoiten e repitan só a que contén o son m.

lapa-lama pasa-masa ponte-monte lupe-lumepeto-meto capa-cama maleta-paleta amea-apea

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 15: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

15/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Presentar da letra l. Traballar a cabeceira no seu conxunto. Dicir o nome da letra en voz alta (o ele). Pronunciar a palabra clave e acompañar con palmadas a súa división silábica. Comparar a palabra clave en letra ligada e composta e ler a serie de sílabas. Despois pedir que os nenos lean a oración que aparece debaixo da ilustración. Explicar que a palabra Lúa aparece escrita en maiúscula porque é o nome propio do noso satélite.

Realizar unha actividade de discriminación auditiva previa á primeira actividade da páxina 20 do libro. Enumerar serie de palabras con ou sen son l. Os alumnos deberán levantar a man cada vez que escoiten unha palabra con l.

Na primeira actividade da páxina 20, de lectura e discriminación visual, os alumnos lerán as palabras propostas e arrodearán nelas a letra l. Comprobar que é correcta la lectura mecánica das palabras das liñas sen apoio gráfico.

Presentar das sílabas pechadas. Escribir no encerado, en dúas columnas, as sílabas abertas e pechadas con l e lerllas para que perciban claramente a diferenza articulatoria. Solicitar que, aleatoriamente, lean eles despois varias sílabas. A continuación, lerán os grupos nominais que se acompañan con apoio gráfico no libro. Nesta ocasión as palabras van co artigo para que os alumnos de maneira implícita empreguen o determinante.

Na actividade de escritura da páxina 21, traballar a direccionalidade do l.

Durante a realización da actividade de discriminación visual de sílabas abertas e pechadas da páxina 21, pedir que digan en voz alta as sílabas do cadro antes de arrodear as que correspondan segundo a clave dada.

Nesta unidade fóronse introducindo os artigos para que os nenos comecen a tomar consciencia do vínculo que existe entre estes e o nome. Na penúltima actividade da páxina 21, os alumnos copiarán substantivos masculinos e femininos co artigo correspondente. Chamar a súa atención sobre a separación entre as dúas palabras que forman cada estrutura.

Na última actividade da páxina practícase a escritura dunha oración: co apoio da imaxe deberán determinar o sentido total da oración, completala e copiala.

Facer un ditado de sílabas abertas e pechadas con l.

Recitar un poema para o son l.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 16: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

16/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ailalelo, ailalelo! Ole o meu pelo.Ailalelo, ailalí! Ole a alelí. Na páxina 22 os nenos lerán un breve texto rimado e dialogado que contén as letras estudadas ata agora. Antes da lectura, pedir que comenten, de forma colectiva, a ilustración: Preguntar que personaxes aparecen, cal é a onomatopea propia de cada un e animalos a analizar a expresión do rapaz (ten cara de lamentarse). Lerlles o texto e explicarlles a función dos signos que para eles son novos (o guión que se usa para introducir o que din os personaxes; o signo de exclamación, usado para dar ton de alegría ou de pena ao que din). Facerlles suxestións para a entoación das exclamativas. Finalmente deixar que lean para si o poema e despois en voz alta.

Os nenos observarán as imaxes e identificarán os personaxes no poema. Explicar que os nomes propios dos animais, igual ca os nomes propios das persoas, se escriben con maiúscula.

Realizar prácticas de pronuncia. A dificultade desta actividade radica na pronuncia da vogal tónica en dous termos semellantes na forma escrita. Nomear os elementos ilustrados ao chou e pedir que os alumnos vaian identificando cada un. Chamar a atención sobre as palabras inferiores e pedir que as lean atendendo ao que representan. Ofrecerlles o modelo de pronuncia (e aberto en pé, o aberto en póla; e pechado en pe, o pechado en pola).

Propoñerlles aos alumnos que pensen en dous elementos que lles gusten especialmente o seu olor, é dicir, que olen ben (alimentos, flores...) e que os anoten no caderno. Advertirlles que para escribir os nomes van ter que empregar letras que aínda non se presentaron este curso. Para iso necesitarán axuda dalgún familiar. Dicirlles que poden acompañar o nome deses produtos cun debuxo.

Propoñerlles aos alumnos que fagan un debuxo do conto O puma e a Lúa. Deberán escribir unha oración para a escena que ilustren e que sirva de título. Poden pedir axuda a un maior para que lle escriba o enunciado.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Aprender a aprenderNa actividade de lectura comprensiva, os alumnos deben seleccionar a estrutura coordinada que corresponde coa imaxe. Pedir á hora de afrontar este tipo de actividades, que fagan unha análise da ilustración no conxunto e no detalle para que realicen unha correcta selección das opcións propostas.

Interacción co mundo físico

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 17: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

17/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

A partir da experiencia vivida polo protagonista do conto coa Lúa, propoñerlles aos alumnos que conten o que saben sobre a Lúa: se se teñen parado a observala pola noite, cando foi e onde estaban; se sempre lles parece que ten a mesma forma… Aproveitar para explicar conceptos básicos sobre o satélite da Terra.

Centrar de novo a atención dos alumnos na ilustración da cabeceira do l e na oración que a acompaña (A Lúa alumea a Pipo). Aproveitar o significado de alumear (tamén alumar ou iluminar), é dicir, do concepto de luz para que comentar con eles a importancia da luz natural do Sol e tamén a dos aparellos que dan luz artificial na vida cotiá. Poden falar, ademais, dalgunha experiencia vivida durante un apagamento nocturno. Aproveitar para fomentar un uso axeitado de lámpadas, e por extensión, doutros que funcionen con electricidade. Convén desenvolver hábitos de prevención cos aparellos que desprendan calor, ou eléctricos, e salientar a importancia de aforrar enerxía e non deixar as luces acesas sen necesidade.

Tratamento da informaciónSe é posible, leve á aula algún dicionario visual de animais onde aparezan fotos de pumas e achéguelles algunha información básica sobre este felino tamén coñecido como león de montaña.

Por outra banda, pódese aproveitar para lerlles aos alumnos algún outro conto ou poema que teña como protagonista á Lúa ou propoñerlles que eles mesmos busquen, entre os libros da biblioteca de aula, algún que no seu título apareza a palabra Lúa.

Autonomía e iniciativa persoalAconsellar aos alumnos que repasen cada unha das grafías presentadas en tamaño grande coas frechas de direccionalidade por enriba, primeiro co dedo despois co lapis. Centrar tamén a súa atención na observación do lugar que ocupa cada letra na pauta e que, na medida do posible, eles expliquen cara a onde vai o trazo de cada unha na pauta (a minúscula baixa cara a última liña da pauta, e a maiúscula comeza a escribirse na primeira liña).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende un conto oral. Recoñece e comenta a secuencia do conto Desenvolve habilidades para expresarse oralmente. Asocia as grafías p, m e l aos sons correspondentes. Recoñece e traza as grafías das letras p, m e l. Discrimina auditiva e visualmente sílabas abertas e pechadas con l. Forma e escribe palabras coas vogais e as consoantes p, m e l. Le e escribe enunciados coas vogais e as consoantes p, m e l. Escribe oracións moi sinxelas coas letras estudadas. Le e comprende un texto poético sinxelo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 18: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

18/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 3

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender un conto oral. Recoñecer e comentar a secuencia do conto. Desenvolver habilidades para expresarse oralmente.

Asociar as grafías s, t e d aos sons correspondentes.

Recoñecer e trazar as grafías das letras s, t e d. Discriminar sílabas abertas e pechadas con s. Ler palabras e oracións coas letras vistas ata agora e mais as consoantes s, t

e d.

Formar e escribir palabras coas letras vistas ata agora e mais as consoantes s, t e d.

Escribir oracións sinxelas coas letras estudadas. Ler e recitar un texto poético sinxelo.

CONTIDOSGrafías s, t e d

O artigo plural (os, as).

Contracción do, da, dos, das.

Escoita e comprensión dun conto oral.Interpretación da secuencia do conto.Desenvolvemento de habilidades para expresarse oralmente.

Identificación de detalles e desenlace do conto.

Discriminación auditiva e visual das grafías s, t e d.

Lectura de palabras e enunciados coas consoantes vistas e mais s, t e d.

Discriminación auditiva e visual de sílabas abertas e pechadas con s.

Escritura de palabras e oracións sinxelas.Lectura e recitado dun texto poético.

Participación activa en actividades colectivas.

Interese pola aprendizaxe da lectura e a escritura.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 19: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

19/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Aprender a aprender,

Interacción co mundo físico

Autonomía e iniciativa persoal.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 3 o proceso comeza coa análise de tres viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra s. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras t e d. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:1.ª quincena de novembro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 2 de reforzo.Ficha 3 de ampliación.Ficha 3 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema do son t. Caderno de Lingua 1: Primeiro trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 20: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

20/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, pedirlles aos alumnos que boten unha primeira ollada ás tres imaxes secuenciadas. Preguntar qué personaxes aparecen (a nena e o ogro) e centrar, especialmente, a atención sobre a relación que haberá entre os dous (Será boa ou mala?). Pedir que fagan tamén unha descrición física do ogro.

Despois escoitarán o conto e, posteriormente, comentarano centrándose nas tres viñetas. Pedir que expliquen que parte do conto recolle cada unha: A primeira viñeta, é o momento en que o ogro, morto de fame, tenta facerse cos alimentos do carro. A segunda, o ogro disponse a comer o que preparou a nena. A terceira, pertence ao desenlace, a nena e o ogro montan un mesón de éxito.

Animar os nenos a que expresen opinións e impresións persoais sobre o conto. Centrar esa conversa sobre todo na actitude e o comportamento dos personaxes: as reaccións dos veciños, os sentimentos do ogro, a acción de Elsa. Facerlles ver que o ogro deste conto non é un ogro malo, senón incomprendido pola xente e que nena é quen de poñerse no lugar do ogro, tenta axudalo e buscar unha solución ao seu problema.

As actividades de comprensión oral do libro do alumno céntranse en detalles e accións da historia. Na última actividade desta páxina, pedir aos alumnos que describan o que ven en cada imaxe e que digan qué lugares ilustra cada unha (un posto de venda do mercado e o comedor do restaurante).

Realizar estoutras preguntas sobre o conto:

Como se chama a nena? E o ogro? Onde vivían?A que quería ir o ogro á vila?Que facía a xente da vila cando vía ao ogro? O ogro quería comer a Elsa?

Formularlles aos alumnos un xogo para adiviñar unha froita. O xogo desenvolverase de forma semellante á do vexo-vexo, pero seguindo este modelo:

Comín-comín!Que comiches!Unha froitiña! É de cor vermella?... É moi doce?... etc. Trátase de que pregunten pola cor, o sabor, a forma... Un alumno pensará unha froita. Os demais preguntaranlle e el só responderá si ou non. O que adiviñe primeiro de que froita se trata, continuará con outra.

Presentar da letra s. Traballar a cabeceira da forma habitual presentando a letra co seu nome (o ese). Dramatizar e explicar cómo se reproduce o son s. Facer notar como pasa o aire a través dos dentes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 21: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

21/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Escribir no encerado a letra varias veces e, levando o dedo índice aos labios, reproducir o son prolongando a onomatopea de silencio (Ssssss...). Pedirlles que todos repitan o son. Lerlles a oración que acompaña a ilustración e mais a serie de sílabas. Despois pedir que as lean tamén os alumnos.

Antes de realizar a discriminación visual e auditiva propostas na primeira actividade, traballar a discriminación auditiva do s. Pronunciar diferentes sons e pedir que os alumnos levanten o brazo cada vez que escoiten o son s. Por exemplo: x – ch – f – x – s – r – x – s – f – z – s.

Presentar das sílabas pechadas. Prestar especial atención á discriminación visual e auditiva destas sílabas. Pedirlles aos alumnos que lean detidamente primeiro as sílabas pechadas do recadro e, despois, as abertas da cabeceira. Escribir no encerado, de unha en unha, sílabas abertas e pechadas con s e solicitar que os alumnos digan en cál dos dous recadros do libro está cada unha das que se van escribindo.

Se o mestre/a o cre preciso escribir nunha marxe do encerado unha columna de palabras (masa, asma, ispo, piso...). Na outra marxe de forma desordenada escribir as sílabas directas e inversas que pertenzan a esas palabras, incluídas algunhas intrusas. Despois pedir que unan esas sílabas coas palabras que as conteñen.

As tres últimas actividades céntrase na lectura de palabras e imaxes. Ademais de afianzar o traballo coas sílabas pechadas serve para dar entrada, de forma implícita, ao artigo plural (os, as). Se se considera necesario aclarar previamente o significado dos elementos ilustrados, sobre todo aspas e pesos.

Pedir aos alumnos que fagan máis exercicios de escritura da letra s minúscula e maiúscula. Escribir no encerado algunhas sílabas en minúscula e maiúscula e pedir que as copien no caderno.

Recitar o poema do son s:Os días de Sol, paseo eu.Soa paseo....Oio os sapos.Soa paseo...Oio os meus pasos.

Presentar a letra t. Traballar a cabeceira da páxina no seu conxunto. Dicir en alto o nome da letra (o te, con abertura pechada do e). Dramatizar e explicar cómo se reproduce este son, esaxerando a oclusión e a posición dos órganos articularios, para que os nenos o perciban claramente. Propoñerlles que digan onomatopeas referidas a estes obxectos ou accións: Son do reloxo (tic-tac, tic-tac); alguén peta á porta (toc-toc-toc); tintineo de chaves (tin-tin-tin); son dunha trompeta (ta-ta-tá).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 22: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

22/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Escribir sílabas no encerado e pedirlles que digan libremente palabras que empecen por elas (to: tomate, tose, torrada... te: tella, terra, tempo... ta: tapa, tarro, taxi...).

Nas imaxes da primeira actividade, de discriminación auditiva, na páxina 28, o son t aparece en diferentes posicións. solicitar que soletreen en sílabas o nome dos elementos para favorecer a súa localización. Comprobar que non confunden a articulación do son t co son d (presente en caldeiro). Corrixir ademais, de darse o caso, erros por interferencia lingüística coa palabra lentes.

Comprobar na actividade de lectura e discriminación visual da grafía t, páxina 28, que a localizan cando aparece varias veces nunha mesma palabra.

Na penúltima actividade da páxina 29 preséntanse tres palabras que gardan unha grande semellanza entre si, salientarlles especialmente este aspecto.

Pedir aos nenos que practiquen a escrita das grafías t e l tanto en maiúscula coma en minúscula no seu caderno.

Recitar un poema para traballar o son t. O tío Timoteo,titiritairo - titiriteiro,ten un bote tolo, titiritairo - titiritolo.O bote ten un temón,titiritairo - titiritón.O temón ten un tarabelo,titiritairo -titiribelo.E así remata este conto,titiritairo - titiritonto. (Gloria Sánchez)

Dicir palabras que comecen por distintas letras, entre elas haberá algunha que comece por t. Os nenos deberán dar unha palmada cando iso ocorra:

mesa pesa tesamono tomo pomopiso liso tipopapa tapa lapa

Presentar a letra d. Traballar a cabeceira como de costume. Dicir o nome da letra en voz alta (o de). Dramatizar e esaxerar a posición da lingua ao articular este son: facer notar cómo se sitúa entre os dentes e cómo volve cara atrás rapidamente. Pedir que imiten o sons das campás ao tempo que abanean o corpo cara a un lado e cara ao outro seguindo o ritmo (din-don, din-don).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 23: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

23/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Pronunciar a palabra clave e acompañar con palmadas a súa división silábica. (Nesta ocasión a palabra aparece en plural; opóñaa coa forma en singular.) Ler a oración e a serie de sílabas. Despois pedir que os nenos realicen a lectura destes elementos.

A actividade de discriminación auditiva da páxina 28 céntrase na discriminación dos sons d e t. Previamente cumprirá realizar algún exercicio de discriminación de ambos os dous sons. Repartirlle a cada neno unha tarxeta coa grafía d. Explicarlles que deberán levantar a tarxeta, cada vez que escoiten ese son. Nomear, a modo, series de sons, por exemplo: p – t – d – d – p – m... / m – t – d – p – d – m...

Convén aclarar as dúbidas que poidan xurdir canto á interpretación do significado de palabras nas actividades. Se se considera oportuno, explicar o significado das palabras medusa, molete e muleta.

Ditarlles aos alumnos unha parella de palabras en que a única diferenza sexa o feito de teren un t ou un d. Por exemplo:

moto – modo té – dedoma – toma día – tíameto – medo pita – pidati – di teito – deito

As palabras anteriores poden servir para realizar unha actividade de pronuncia destes sons. Seleccionar algunhas desas parellas de palabras e pedirlles que repitan só o termo que ten o son d.

Pedirlles que practiquen a escrita das grafías d e p tanto en maiúscula coma en minúscula no seu caderno.

Ler un poema para traballar o son d. Din-don, din-dan,Badaladas, que dirán?Nada din. Nada dan.Din-don, din-dan. Na dobre páxina dedicada á escritura (páxinas 32 e 33), explicar aos alumnos o que teñen que facer en cada actividade e, ao facelo, centrar a súa atención no que expresa o enunciado, para que pouco e pouco poidan ir descodificando ordes aínda que non se presentasen as letras que inclúen. Explicar que as pautas iniciais deben copiar as sílabas da liña superior.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 24: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

24/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Antes de que escriban os grupos en singular ou plural, pedirlles que expliquen o que ven lean o modelo e que o lean. Despois observarán a imaxe de cada elemento ou grupo de elementos para comprobar que nun caso expresa a singularidade e noutro, a pluralidade. Cómpre que interpreten ben as imaxes; pois os nenos non teñen modelo escrito das palabras (se ben son termos que saíron en páxinas anteriores). Antes de escribiren, pedir que digan en voz alta os nomes das imaxes para comprobar que non confunden ningún elemento.

Na primeira actividade da páxina 32 trabállase outro aspecto gramatical: a contracción co artigo. Previamente á súa realización, escribir no encerado estruturas que poidan ler os alumnos e coas formas contractas (exemplo: A mesa da aula. O peto das moedas). Na actividade deben completar cada estrutura coa contracción axeitada. O recoñecemento implícito do xénero é o que determinará a súa escolla. Poñer moita énfase en que se trata dunha soa palabra en cada caso.

As palabras que deben formar na segunda actividade da páxina 32, xa as leron na unidade e son palabras que comparten unha mesma sílaba. Comprobar a correcta disposición de cada palabra na súa pauta. Pedir que as lean en alto unha vez ao final.

Realizar un ditado. Escribir, na pauta do encerado, esta oración: Suso tomou toda a sopa. Facer observar a disposición das letras que considere oportuno e a separación entre as palabras. Despois, ditar, palabra a palabra a oración.

Practicar outras formas contractas do artigo, xa que é moi frecuente o uso de formas contractas co artigo na nosa lingua. Traballar cos alumnos estruturas sinxelas en que aparezan para que se vaian afacendo á súa lectura e escritura. A estas alturas é posible traballar tamén a contracción do artigo coa preposición a (ao, á, aos, ás), no último exercicio da páxina 29 xa apareceu un exemplo; propoñer oracións coma as seguintes:

A toupa asustou ao oso. (coas variantes: ...á osa, aos osos, ás osas)

Débese insistir aos alumnos en que a contracción ao, hai que lela coma un único o (aberto).

O texto rimado da páxina 34 permite achegar os alumnos ao xogo coa rima. Cada un dos versos repite, a modo de eco, a terminación desa rima. Ademais esas sílabas repetidas son palabras usuais (pronome ela e interxección ou). Antes da lectura pedir que comenten a ilustración (qué animal é, qué lle pasará e por qué: unha toupa arrodeada de pasteis, enlarafuzada, empachada de tanto comer). Lembrarlles a función do signo de exclamación. Lerlles o texto e facer especial fincapé nos versos pares (os que van marcando o eco). Se se considera axeitado, recitar o texto acompañado de xestos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 25: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

25/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Recitar o primeiro verso do poema e despois pedir que o repitan. Así con cada verso. Solicitar que intenten recitar de memoria o poema completo e coa entoación axeitada.

Realizar unha actividade de palabras encadeadas. Previamente, deben dicir os nomes de cada elemento. Pedir que repitan a sílaba final de cada un (mesa-sa) e, despois, o seguinte elemento (sapo) para que se decaten do encadeamento das sílabas.

Facer prácticas de pronuncia. Nomear os elementos ilustrados de forma aleatoria (o aberto en óso; o pechado en oso) e pedir que os identifiquen. Facerlles ver que a diferenza nestas palabras está na pronuncia. Propoñer que digan oralmente unha oración para con cada unha, pronunciando da forma correcta e apoiándose na ilustración.

Propoñer aos alumnos que, na casa, fagan un debuxo dun prato de comida que lles guste. Despois escribirán unha frase que exprese cál é o nome dese prato. Se teñen dificultades en escribilo dicirlles que lles pidan a un membro da familia que llelo escriba e eles tenten despois copialo na súa folla. Xa na aula cada alumno mostrará o seu debuxo aos demais compañeiros e explicará de qué prato de comida se trata. Despois lerá a frase que leva escrita. Escribirlles eses enunciados no encerado e, a continuación, realizar cos alumnos un traballo de identificación de grafías, que digan cales xa coñecen e cales non. Finalmente realizarase unha lectura da frase.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Interacción co mundo físico

Ao fío do conto e a referencia á comidas, explicar que o que comemos proporciónanos o necesario para crecer, estar sans, facer deporte e aprender. Cando non comemos ou non tomamos alimentos axeitados, a nosa saúde reséntese e a vida diaria tamén. Realizar unha pequena enquisa para valorar o que saben os alumnos sobre os alimentos saudables e os que non o son tanto. Preguntar qué comidas son as que máis lles gustan e anóteas no encerado nun listado. Posteriormente, preguntar o que opinan de cada alimento. Perante valoracións erróneas aclarar o valor real dese alimento na dieta e risque os que non o son xustificándoo.

Centrar a atención dos alumnos na ilustración da cabeceira (O ogro tapa a pota) e aproveitar para lembrar un uso responsable dos utensilios domésticos, sobre todo os que poden resultar máis perigosos.

Autonomía e iniciativa persoal.Aproveitar para lembrarlles aos alumnos as normas de comportamento e hixiene á hora de comer.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 26: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

26/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Centrar de novo a atención dos nenos na ilustración da cabeceira (Ismel limpa os dedos) e propoñer que enumeren todas aquelas normas e hábitos de hixiene persoal e de comportamento que deben seguir e seguen á hora de comer (lavar as mans antes de comer, lavar os dentes despois, utilizar os cubertos axeitadamente...). Motivalos para que sexan conscientes das súas capacidades e se propoñan obxectivos neste eido.

Aprender a aprenderCentrar a atención dos alumnos nas letras modelo (conteñen unhas frechiñas de direccionalidade do trazo tanto da letra maiúscula coma da minúscula na pauta). Aconsellar que repasen cada letra por enriba, primeiro co dedo despois co lapis. Lembrarlles que cando escriban as letras e palabras na pauta, se fixen nos modelos que teñen na actividade e no lugar que ocupa cada letra na pauta e ata onde chega.

Escribir nunha pauta, no encerado, cómo se realiza o trazado da letra t e opoñela co trazado do l, para reforzar a lectoescritura de ambas as dúas letras. Explicar a dirección do trazo percorrendo as letras co dedo. Os nenos tamén sairán ao encerado e repasarán co dedo ambas as dúas grafías antes de escribir nas pautas do libro

Escribir na pauta do encerado as letras d e p, para traballar e confrontar a direccionalidade de ambas as dúas. Solicitar que os propios alumnos expliquen as diferenzas entre elas.

Pedir aos alumnos que revisen algúns dos exercicios, unha vez realizados, e que se fixen se esqueceron escribir a raíña horizontal do t. Recordarlles que non deben esquecer facelo no seu momento.

A actividade de escritura ao ditado é un exercicio ao que os alumnos deben irse afacendo pouco e pouco. Solicitar que estean atentos e concentrados nos minutos que dure este tipo de actividades. Salientarlles que ese é un factor moi importante para a correcta realización do traballo. Destacar que entre palabra e palabra non esquezan deixar un espazo en branco. Fomentar a confianza neles mesmos asegurándolles que cada vez o irán facendo con máis soltura.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende un conto oral. Recoñece e comenta a secuencia do conto. Desenvolve habilidades para expresarse oralmente. Asocia as grafías s, t e d.aos sons correspondentes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 27: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

27/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Recoñece e traza as grafías das letras s, t e d. Discrimina sílabas abertas e pechadas con s. Le palabras e oracións coas letras vistas ata agora e mais as consoantes s, t

e d. Forma e escribe palabras coas letras vistas ata agora e mais as consoantes

s, t e d. Escribe oracións sinxelas coas letras estudadas. Le e recita un texto poético sinxelo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 28: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

28/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 4

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender un conto oral. Recoñecer e comentar a secuencia do conto. Madurar habilidades para expresarse oralmente. Asociar as grafías n, h, nh, r e rr cos sons correspondentes. Desenvolver a lectoescritura de n, h, nh, r e rr. Discriminar auditiva e visualmente sílabas abertas e pechadas con n. Escribir palabras e oracións coas letras estudadas. Practicar a escrita ao ditado de oracións sinxelas. Ler, memorizar e recitar un texto poético sinxelo.

CONTIDOSGrafías n, h, nh e r/rr.

O indefinido: unha, unhas.

Contraccións: no, na, nos, nas.

Escoita e comprensión dun conto oral.

Interpretación da secuencia do conto.

Desenvolvemento da expresión oral.

Identificación de detalles e personaxes do conto.

Discriminación auditiva e visual de n, h, nh, r e rr.

Lectura de palabras e enunciados coas consoantes vistas e mais n, h, nh, r e rr.

Discriminación auditiva e visual de sílabas abertas e pechadas con n.

Escritura ao ditado de oracións sinxelas.

Lectura e recitado dun texto poético.

Participación activa en actividades colectivas.

Interese e esforzo por escribir con letra clara.

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Interacción co mundo físico.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 29: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

29/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa persoal.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 4 o proceso comeza coa análise de catro viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra n. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras h e nh. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2.ª quincena de novembro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Fichas 3 e 4 de reforzo.Ficha 3 de ampliación.Ficha 3 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema do son n, poema do son nh.Caderno de Lingua 1: Primeiro trimestre. Dicionario escolar.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, pedirlles aos alumnos boten unha primeira ollada ás imaxes. Pregunte que personaxes aparecen (os ratiños pequenos coa nai, un rato doutor, unha rata sucia). Deteña, especialmente, a súa atención no aspecto

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 30: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

30/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

pouco aseado dos pequenos ratiños, na primeira imaxe, e que o comparen co aspecto que teñen na última.

Despois escoitarán o conto e, posteriormente, contarano apoiándose nas catro viñetas. (Na primeira viñeta, a nai dos ratiños mostra xesto de enfado pola sucidade dos seus fillos. Na segunda, a nai consulta co rato doutor. Na terceira, a rata de sumidoiro fai que confunde os ratiños cos seus fillos. Na cuarta, pertencente ao desenlace, os ratiños aprenderon a lección e modifican o seu comportamento: agora son uns ratos limpos.)

As actividades de comprensión do libro do alumno céntranse nos personaxes e en detalles concretos da historia. Na segunda actividade comprobar que non teñen problemas para determinar quen é cada un dos tres personaxes: a nai, o rato doutor e o ratiño de río (personaxe que realmente dá a solución: acudir á rata de sumidoiro). Na terceira actividade, pedirlles que describan a imaxe e, a partir da expresión dos ratiños, comprobar se determinan o seu estado de ánimo (asustados). Preguntar ademais a que momento corresponde a escena: ao principio ou ao final do conto.

Realizar outras preguntas que axuden a comprobar a comprensión do conto: Por que a mamá dos ratiños foi falar co rato doutor? Que é unha rata de sumidoiro? Por que a rata de sumidoiro dicía que os ratiños eran os seus fillos?

Propoñer unha dramatización libre do conto en que varios alumnos representen os papeis dos diferentes personaxes: a nai, o rato doutor, o rato de río, a rata de sumidoiro, os ratiños. Para isto convirá que escoiten o conto de novo.

Aos alumnos que representen a historia explicarlles que non teñen que repetir exactamente as palabras que din os personaxes; o importante é que fagan entender o que ocorre no conto a través do que falan eses personaxes, dos seus movementos e xestos. Trátase de que constrúan o sentido xeral da narración facendo achegas libres, persoais e creativas.

Presentar a letra co seu nome (o ene). Dramatizar e explicar como se reproduce o son. Débese ter en conta que o n en posición inicial ten unha realización alveolar (beizos entreabertos, dentes case xuntos, punta da lingua detrás dos dentes superiores, nos alvéolos, e o aire sae polo nariz), mentres que en posición final ten unha realización velar (a parte de atrás da lingua sobe e toca o veo do padal). Convén practicar de forma implícita cos alumnos as dúas pronuncias co n en posición explosiva e implosiva. Para iso pódense empregar, por exemplo, as onomatopeas seguintes: ni-nó, ni-nó (son dunha sirena) e oing-oing-oing (voz do porco).

Antes de realizar as actividades da primeira actividade da páxina 38, traballar no encerado a discriminación visual do n en oposición á grafía m.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 31: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

31/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Convén prestar especial atención á discriminación visual e auditiva destas sílabas. Lerlles detidamente as sílabas pechadas do recadro, salientando a realización do n velar. Despois, lerlles as sílabas abertas da cabeceira (con realización alveolar). Pódense escribir no encerado, unha e unha, as diferentes sílabas abertas e pechadas con n e solicitar que as lean e que vaian sinalando cada unha segundo o n soe antes ou despois da vogal.

Se o considera necesario, reforzar especialmente as realizacións fonéticas do n (alveolar e velar). Pronunciar moi amodo enunciados coma os do exemplo e pedirlles aos alumnos que os repitan:

un anano un mantel un anel

un angazo un mono un melón

Lectura comprensiva. As dúas últimas actividades céntranse na lectura de oracións e imaxes. A partir da análise da ilustración e da interpretación das frases, deben determinar a solución. Ademais de afianzar a pronuncia das sílabas pechadas con n, serven tamén para traballar, implicitamente, o indefinido un e a contracción na.

Recitar o poema titulado Poema para o n

Polo corredor do ceo,

pasea a nube o seu don.

Leva pendentes de auga

e camisa de algodón:

–A onde vas, nube amiga?

–Vouche dar a volta ao mundo

que o vento a correr me obriga.

Polo corredor do ceo,

escapa a nube redonda;

no fondo dos ollos leva

augas das pozas máis fondas. (Ana Mª Fernández)

Traballar a escritura da letra n minúscula e maiúscula. Escribir no encerado algunhas sílabas en minúscula e maiúscula e pedir que as realicen no caderno.

Presentar a letra co seu nome (o hache). Explicar que esta letra non ten son, pero que hai palabras que sempre a levan, por iso non se nos debe esquecer escribila. Comentar que pouco a pouco irán coñecendo algunhas desas palabras que se escriben con h.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 32: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

32/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Traballar a cabeceira da páxina 40. Copiar a palabra clave hospital no encerado; dicila en voz alta, apoiando a pronuncia con palmadas para marcar as sílabas. Despois tapar a letra h e pedir unha nova lectura do termo. Preguntar se notan algunha diferenza. Escribir tamén as sílabas con h no encerado e realizar o mesmo proceso para facerlles notar que a letra non ten son en ningunha.

Presentar o dígrafo nh co seu nome (o ene hache). Chamar a atención sobre o feito de que está formado por dúas letras que xa coñecen, o n e o h, e que se pronuncia coma un único son. Salientar esa pronuncia (Trátase dun n velar: beizos e dentes algo separados, a parte de atrás da lingua toca o veo do padal e o aire sae polo nariz). Se o mestre o considera preciso, comentar que este dígrafo aparece en poucas palabras, pero que as utilizamos moitas veces cando falamos e escribimos (unha, ningunha, algunha e as correspondentes contraccións); non deben pois esquecerse de escribir o n xunto co h nesas palabras.

Convén, ademais da discriminación visual proposta nas actividades do libro, que os alumnos realicen unha lectura en voz alta das palabras e dos textos, e que comproben por si mesmos que o hache é unha letra muda mentres que o ene hache se articula como un son próximo ao n, pero diferente.

Se o mestre o considera necesario, realizar algunha actividade de discriminación auditiva complementaria. Dicir varias parellas de palabras; os alumnos deberán indicar en que caso se pronuncia o son do nh fronte a outras nasais:

dunha-puma tuna-unha

nunha-suma algunha- escuma

Recitado para o dígrafo nh

Nunha montaña unha árbore,

na árbore, unha ponla,

na ponla, unha flor,

na flor, unha abella,

unha abella e un abellón.

Cóntocho outra vez?

Si ou non?

Presentar a letra r e o dígrafo rr indicando os seus nomes (o erre, o erre dobre). Dramatizar e explicar como se reproduce este son. Se o mestre o considera oportuno, propoñerlles aos alumnos que imiten o son do motor dunha moto (rrrrr).

Escribir no encerado as dúas palabras xeradoras (rúa e torrada), resaltando r e rr. Lelas con énfase para que detecten que se trata do mesmo son. Intentar que

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 33: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

33/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

descubran por eles mesmos a diferente forma de escribir o mesmo son nas dúas palabras. Explicar que o r forte, cando vai entre dúas vogais, escríbese con dobre r. Na cabeceira do erre dobre chamar ademais a atención sobre o feito de que non aparece escrita con maiúsculas porque, a comezo de palabra, só se escribe un r, nunca rr. Escribir sílabas con r forte no encerado e pedirlles que digan palabras que comecen por elas.

A primeira actividade sobre cada unha das grafías (páx. 42) céntrase na identificación visual e auditiva do son. Chamar a atención dos alumnos sobre o feito de que o erre dobre vai sempre entre vogais.

Unha vez lido o trabalinguas da páxina 43, propoñerlles que o memoricen e que intenten recitalo aumentando progresivamente a velocidade. Destacar a maiúscula inicial nos nomes propios Ramón e Rosana.

Debuxar non encerado dous conxuntos con cadansúa grafía, r e rr. A continuación, pronunciar palabras con r inicial ou intervocálico. Os alumnos terán que indicar en que conxunto deberá ser escrita cada palabra. Convén empregar palabras que eles poidan ler; é dicir, con grafías coñecidas polos alumnos. Por exemplo: arrolo, resta, tarro, rosmón, remo, rolo, rede, derretido, parra, roda, radio, torrente, hórreo, marrón... Copiar as palabras no lugar que eles indiquen. Despois pedir que as lean e que comproben que nun grupo están as palabras co son r forte en posición inicial e, no outro, están todas as palabras con r forte en posición intervocálica.

Ris-ras.

Ris-ras.

Os ratiños pequeniños

roen-roen,

rillan-rillan

sen parar.

Ris-ras. Ris-ras.

(Gloria Sánchez)

Pedirlles que practiquen a escrita da grafía r tanto en maiúscula coma en minúscula no seu caderno.

Nas páxinas 44 e 45 de escritura, os alumnos traballan con todas as grafías vistas ata agora.

Nas pautas iniciais deben copiar as grafías superiores. Realizar exercicios previos para afianzar o trazado e a direccionalidade de cada letra presentada na unidade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 34: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

34/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

O coñecemento das grafías n e nh permite que os alumnos traballen co indefinido e certas contraccións da preposición en. Ademais a representación escrita do r forte inicia aos alumnos na aplicación dunha norma ortográfica de especial dificultade.

Antes de que completen os grupos co indefinido en singular ou plural, pedirlles que expliquen o que ven na ilustración e que lean a palabra da pauta. Preguntar o que diferencia os dous grupos: nun preséntase un único elemento; noutro, varios. Esta actividade céntrase nas formas femininas do indefinido co fin de afianzar o traballo do dígrafo nh. Antes de que completen cada pauta, pedir que digan en voz alta con cal das dúas formas do indefinido nomean esa imaxe para comprobar que identifican correctamente o número e que pronuncian ben o dígrafo.

Antes de que completen as palabras, solicitar que se fixen na posición do son r en cada un dos casos: inicial ou intervocálica.

Ademais das oracións da actividade da páxina 45, escribir no encerado outras sinxelas en que aparezan as contraccións no, na, nos e nas para que se afagan a identificalas. Por exemplo: Estamos na aula. Pintamos nos papeis. Ana ten uns lapis nas man

Comprobar que realizan unha correcta disposición de cada palabra na súa pauta. Unha vez escritas, pedir que as lean en alto.

Escribir no encerado a oración: Antía ten unha radio. Pedir que conten as palabras, que observen a separación entre elas e a disposición das letras. Despois, ditar a oración palabra a palabra.

Se o mestre o considera necesario reforzar o traballo cos indefinidos.

–Pedir que enumeren material que gardan no estoxo ou no caderno (unha goma, un lapis, un afialapis, unha pintura, unhas ceras...). Dicirlles que en todos os casos deberán empregar as formas un, unha, uns, unhas.

–Repartirlle a cada neno un papel cunha palabra que poidan ler (lapis, repolo...). Escribir no encerado oracións incompletas cos nomes dos nenos da aula (Iria ten... Roi ten...). Un neno de cada vez completará cada oración; para iso terá que preguntarlle ao rapaz que corresponda (Que tes?) e despois completar a oración.

Propoñerlles aos alumnos que escriban no seu caderno algunhas das oracións que se escribisen no encerado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 35: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

35/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

O texto poético da páxina 46, proposto para que os alumnos lean, memoricen e reciten ten unha estrutura sinxela e enumerativa. Lerlles o texto en voz alta para que perciban a pronuncia e entoación correctas. Pedir que observen a ilustración e que expliquen de que fala.

Pedir aos nenos que lean a primeira estrofa e que a repitan. Despois, que fagan o mesmo coa segunda. Animalos a recitar de memoria o poema completo e coa entoación axeitada.

Facer preguntas para comprobar a comprensión do texto: Quen pasa pola ponte? Como van? Quen vai enriba de quen? Como se chama a ponte?

Na última actividade da páxina 46 os alumnos deben recoñecer cales das palabras escritas en letra de imprenta aparecen no texto escrito en letra ligada.

Primeiro solicitar que lean o texto e expliquen de que fala. A continuación, pedir que lean as palabras escritas en letra de imprenta e discriminen as que corresponda. Centrar a súa atención sobre a semellanza entre as dúas parellas: torre-terra; monte-manta; e sobre cal é a única diferenza entre ambas. Aproveitar para facerlles observar os efectos que se producen na palabra ao substituír unha letra por outra, formando novas palabras con sentido (por exemplo: manta/monte/mente/lente...).

As actividades que se propoñen na páxina 49 permitirán comprobar que os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Formar e escribir os plurais duns substantivos precedidos de indefinidos concordados.

Ler comprensivamente oracións e escribir a que corresponde á ilustración dada.

Completar uns carteis informativos con palabras suxeridas e coas grafías axeitadas.

Propoñer aos alumnos que pregunten na casa por algún trabalinguas tradicional ou recitado que coñezan os pais, avós ou outros membros da familia. Aprenderán ese trabalinguas para logo recitárllelo na aula aos compañeiros.

A partir do poema Na ponte da páxina 46, pódese aproveitar para que os alumnos recollan nomes de pontes que haxa no seu contorno. Coa axuda dun maior deberán escribir o nome desa ponte no caderno e facer un debuxo da mesma.

Tamén pode resultar moi motivador para os alumnos aprender a identificar e escribir o nome da súa rúa. Pódeselles pedir que, coa axuda dun familiar, localicen o cartel indicador da rúa en que viven, que o lean e que o aprendan.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 36: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

36/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Interacción co mundo físico

A conduta dos ratiños do conto pode tomarse como punto de partida para dialogar cos alumnos sobre a importancia da hixiene persoal.

Salientar que é un aspecto fundamental para unha vida saudable e a prevención de enfermidades. Aproveitar para que os propios nenos expresen as normas básicas de hixiene persoal que eles seguen. Animalos a que argumenten racionalmente as consecuencias de comportamentos pouco axeitados a este respecto e comprobar que relacionan a práctica destes hábitos correctos co benestar persoal e a saúde.

As ilustracións de cada cabeceira (hospital, posto de lambetadas) poden servir como punto de partida para falar das diferentes actividades e traballos que desempeñan os adultos e valorar a importancia de todos eles na sociedade.

Centrar de novo a atención dos nenos na ilustración da cabeceira (a rata que está na rúa) e aproveitar para que enumeren elementos propios deste medio facendo fincapé na súa funcionalidade (as beirarrúas, os sinais de tráfico e outros elementos propios destes espazos). Aproveitar ademais para lembrar formas de comportamento nun espazo público como é a rúa.

Autonomía e iniciativa persoal.Pedirlles aos nenos que pechen o libro e que intenten lembrar varias das palabras que se escriben con h e que leron nesta páxina. Así mesmo, propoñer que busquen, na páxina dun conto da biblioteca de aula, palabras co dígrafo nh.

Aprender a aprenderEscribir no encerado, nunha pauta, as letras n e m nas formas minúscula e maiúscula. Pedirlles aos nenos que observen semellanzas e diferenzas entre ambas as dúas. Trátase de que se deteñan no feito de que a letra n ten unha onda menos ca a letra m.

Se o mestre o considera oportuno, para completar o traballo sobre o n en posición implosiva, traballar tamén a lectura de palabras en plural (para practicar a pronuncia velar do n no grupo -ns).

Escribir no encerado palabras en plural coas letras coñecidas: limóns, pans, mans, saltóns para que os nenos as lean e formen oralmente oracións en que as integren.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 37: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

37/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Explicar, nunha pauta no encerado, o trazado da letra h e opoñelo ao do n. Salientar a direccionalidade do trazo e pedir que os nenos repasen co dedo ambas as grafías.

Coma noutras ocasións, explicar nunha pauta, no encerado, o trazado da letra r, nas formas maiúscula e minúscula.

Lémbrelles aos alumnos que deben esforzarse en ser limpos e ordenados na realización das actividades. Pedir que revisen os exercicios feitos ata agora e que comproben se teñen limpos e ordenados os seus traballos e se se esforzaron en realizalo así.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende un conto oral. Recoñece e comenta a secuencia do conto. Madura habilidades para expresarse oralmente. Asocia as grafías n, h, nh, r e rr cos sons correspondentes. Desenvolve a lectoescritura de n, h, nh, r e rr. Discrimina auditiva e visualmente sílabas abertas e pechadas con n. Escribe palabras e oracións coas letras estudadas. Practica a escrita ao ditado de oracións sinxelas. Le, memoriza e recita un texto poético sinxelo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 38: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

38/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 5

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender un conto oral. Recoñecer e comentar a secuencia do conto. Identificar personaxes e detalles do conto. Madurar habilidades para expresarse oralmente. Asociar as grafías f, g-gu e c-qu cos sons correspondentes. Desenvolver a lectoescritura das grafías f, g-gu e c-qu. Escribir palabras, grupos nominais e oracións sinxelas coas letras coñecidas. Escribir ao ditado unha oración. Ler, memorizar e recitar un texto poético sinxelo.

CONTIDOSGrafías f, g-gu e c-qu.

O indefinido: un, uns.

Escoita e comprensión dun conto oral.

Interpretación da secuencia do conto.

Desenvolvemento da expresión oral.

Identificación de detalles e personaxes do conto.

Discriminación auditiva e visual de f, g-gu e c-qu.

Lectura de palabras e enunciados coas consoantes vistas e mais f, g-gu e c-qu.

Escritura de indefinidos concordados.

Escolla e escritura dun menú.

Escritura ao ditado de oracións sinxelas.

Lectura e recitado dun texto poético.

Participación activa en actividades colectivas.

Interese e esforzo por escribir con letra clara.

Iniciativa e interese pola lectura de textos diversos.

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 39: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

39/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Interacción co mundo físico.

Competencia social e cidadá.

Aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa persoal.

Tratamento da información.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 5 o proceso comeza coa análise de catro viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra f. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras c e qu e g e gu. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:1.ª quincena de decembro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Fichas 6, 7 e 8 de reforzo.Ficha 4 de ampliación.Ficha 4 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema do son k.-Poema: Arrolo para o neno. Panxoliña: Vinde, pastores. Caderno de Lingua 1: Primeiro trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 40: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

40/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Antes de escoitar o conto e comentalo, centrar a atención dos nenos no título. Establecer unha conversa sobre o que lles suxire. Despois, pedir que boten unha primeira ollada ás catro secuencias ilustradas; que nomeen os personaxes que aparecen (galo, coello, ovella, oso) e que digan se lles parecen amigos. Solicitar que se deteñan en explicar o que fan en cada viñeta. Non se trata de que fagan conxecturas senón de que interpreten literalmente o que reflicte cada escena. (1: Os animais camiñan xuntos polo bosque. 2: O oso constrúe unha cabana. 3: A ovella ten cara de frío e fala co oso fóra da cabana. 4: Todos celebran unha festa.)

Tras a audición do conto, animalos a que o conten eles mesmos co apoio das viñetas. Agora, cos datos coñecidos do conto, deben explicar para que e por que realizan esas accións. (Na primeira viñeta van xuntos na busca dun lugar para protexérense no inverno. Na segunda, o oso constrúe a cabana só porque os outros non quixeron axudalo. Na terceira, un dos personaxes pide acubillo ao oso porque está a pasar moito frío; despois acudirán os demais. Na cuarta, o final, celebran todos xuntos a festa de Nadal no interior da cabana.)

Animalos a expresar opinións sobre as actitudes e comportamentos dos personaxes.

As actividades de comprensión do libro do alumno (páx. 49) céntranse nos personaxes e en detalles concretos da historia. Na primeira actividade deben determinar cal é o personaxe que constrúe a cabana. Ao fío da segunda actividade, pedir que expliquen as características propias de cada celebración. Na terceira actividade solicitar que localicen cada elemento na cuarta escena da lámina e que digan onde está situado.

Realizar outras preguntas para comprobar a comprensión global do conto: Onde ocorre a historia? En que época do ano? Por que o coello, o galo e a ovella foron pedir acubillo ao oso?, etc.

Pedirlles aos alumnos que conten como celebran o Nadal na súa casa, con quen adoitan celebralo, que fan eses días, que comidas e doces adoitan tomar, como adoitan estar adornadas as rúas e casas, se lles gusta ou non celebrar o Nadal ou se prefiren outras festas.

Á vez que os alumnos falan de distintos aspectos do Nadal, pódense escribir no encerado algunhas palabras relativas a esta festa que vaian xurdindo na conversa. Despois pódense seleccionar algúns termos e pedir que formen oracións en que os contextualicen.

Presentar a letra co seu nome (o efe) e realizar o traballo da cabeceira como de costume. Dramatizar especialmente como se articula o son f. Invitar os alumnos a

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 41: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

41/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

que exerciten a realización deste son reproducindo unha onomatopea, por exemplo o son do vento cando sopra ou o do aire que escapa do interior dun globo (fiuuuu! fiuuu!).

Antes de realizar as actividades das páxinas 50 e 51 do libro, traballar cos alumnos no encerado a discriminación visual do f, explicando a direccionalidade do seu trazado e opoñéndoa, se o mestre o considera oportuno, a outras grafías coas que poida darse confusión.

Afianzar tamén a discriminación auditiva do son f. O mestre pode dicirlles aos alumnos que vai pronunciar moi amodo varios sons entre os que se inclúe algún f. Eles deberán estar ben atentos e levantar a man cando escoiten ese son. O mestre pode empregar series coma a seguinte: s - f - r - f - s - z - d - z - z - s - f - r - d - s - f.

Outra actividade previa de discriminación pode ser nomear tres palabras: dúas conteñen o son f e unha, non. Os alumnos deberán detectar a intrusa. Por exemplo:

feo - fero - cero rafia - cofa - moza

golfiño - canción - fouciño foco - zoco - foso

caza - fama - Rafa fume - zume - funil

Na segunda actividade da páxina 50, chamar a atención dos nenos sobre a ilustración que apoia o texto (a fada enfadada) e aclarar a funcionalidade do globo de pensamento. Pedir que expresen unha oración que puidese estar escrita dentro do globo, por exemplo: Onde estará a miña almofada?

Na primeira actividade da páxina 51, comprobar que comprenden o significado de todas as palabras. Antes de realizar o traballo individual, pedirlles a diferentes nenos que lean en voz alta as palabras e oracións propostas. Facer especial fincapé sobre o feito de que entre algunhas destas parellas de palabras só varía unha letra.

Recitado para o son f

O afiador: fi-fi-fi,

afía que afía: fi-fi-fi.

Afía todo o día.

Afía coitelos.

Afía tesoiras.

Afía que afía, o afiador.

Solicitar que practiquen a escritura da letra f no caderno.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 42: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

42/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

As grafías c e qu aparecen nas páxinas confrontadas 52 e 53. Presentar cada unha co seu nome (o ce e o que u). Destacar o feito de que, en cada cabeceira, só aparecen as sílabas propias para cada grafía. Respecto disto, salientar que a grafía c só aparece coas vogais a, o, u, mentres que qu vai sempre coas vogais e, i. Advertir tamén que o q e o u forman un dígrafo, representa un único son e que o u non soa.

Despois de ler as oracións e sílabas de cada cabeceira, copiar as sílabas ca, co, cu nunha marxe do encerado e na outra marxe as sílabas que, qui. Pedir que observen qué vogais van con cada unha das grafías e pedir que as lean. Lerllas tamén con énfase para que aprecien que se trata do mesmo son.

Dividir os alumnos en dous grupos: un imitará a onomatopea do son que emiten as galiñas (cococó) e outro o canto do galo (quiquiriqui). Preguntar como se escribirá o co e o qui en cada caso.

Na realización de cada actividade das páxinas 52 e 53, destacarlles aos alumnos que deben arrodear as sílabas, non só a grafía ou dígrafo.

Na lectura dos breves textos das mesmas páxinas, facer fincapé nas pausas que deben facer os alumnos en cada punto.

Poema para o son k

Que haberá, que haberá

na cova de Alí Babá?

Bichocas de ouro,

piquiños de estrela,

elefante anano

de pel de canela.

Que haberá, que haberá

na cova de Alí Babá?

Coroas de raios,

alfombras de cores,

ricos caramelos

de moitos sabores.

Que haberá, que haberá

na cova de Alí Babá?

Ábrete Sésamo

e aparecerá!

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 43: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

43/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

(Ana Mª Fernández, adaptación)

Presentar as grafías das páxinas 54 e 55 indicando o seu nome (o gue e o gue u). Dramatizar e explicar como se reproduce o son. Traballar as palabras cabeceira como de costume. Se o mestre o considera oportuno, propoñerlles aos alumnos que imiten o son dos ladros do can (guau-guau).

Escribir no encerado as dúas palabras xeradoras (galo e guinda), resaltando con trazo máis forte g e gu. Lelas con énfase para que os alumnos detecten que se trata do mesmo son. Escribir as sílabas co son g no encerado e pronuncialas moi amodo; preguntar se se trata do mesmo son. Facer notar que o g leva o u cando vai seguido das vogais e, i e que cando vai seguido de a, o, u, non o leva. Facer especial fincapé en que o u do dígrafo gu non se pronuncia. Lembrarlles que é o mesmo caso que ocorría coas grafías para representar o son k.

Aclarar aos alumnos que deben arrodear as sílabas con g ou gu en cada caso.

Deixar os nenos uns minutos para que lean o texto da última actividade de forma individual. Despois lerllo para que atendan á entoación correcta. Pedirlles a algúns deles que o lean en voz alta para todos e salientar, especialmente, a necesidade de facer pausas nos puntos e salientar as onomatopeas.

Recitado para o g

Gustavo ten un gato

que se chama Maragato.

Tamén ten unha galiña

de nome Gumilda.

E ten un galo

que se chama Tiago

Tamén ten un gabián

que se chama Guindán.

E con tanta compaña,

Gustavo moi ben o pasa.

Pronunciar parellas de palabras moi semellantes entre si, para que discriminen a que ten o son g: cana-gana, manco-mango, gando-cando, gorro-corro.

Pedirlles que practiquen a escrita da grafía g tanto en maiúscula coma en minúscula no seu caderno.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 44: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

44/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Nas pautas iniciais da dobre páxina 56 e 57 de escritura, os alumnos deben copiar as grafías superiores. Facer exercicios previos para afianzar o trazado e a direccionalidade de cada unha. O mestre pode solicitar tamén que realicen a copia de distintas sílabas coas grafías estudadas nunha pauta no encerado.

Nestas páxinas de escritura inclúese unha actividade en que os alumnos deben completar palabras coas sílabas correspondentes ao son g e ao son k, co fin de ir fixando a correcta ortografía das grafías correspondentes.

Antes de que completen as palabras coa sílaba que corresponde, pedirlles que lean cada unha das sílabas e insista en que se trata do mesmo son en cada grupo. Solicitar tamén que nomeen cada un dos elementos ilustrados para ir adiantando a correcta distribución de cada unha das sílabas.

Escritura de indefinidos. Nesta ocasión os alumnos non contan con apoios gráficos que acompañen ás palabras que teñen que determinar co indefinido. Deben acordar o emprego dunha forma en singular ou plural en función do número do substantivo. Prestar especial atención á pronuncia do n velar na forma uns.

Escritura do menú. Explicar que deben escoller un prato de cada menú e escribilo nunha pauta.

Na pauta 1, escribirán un menú da primeira carta, na 2, un da segunda carta. Antes de resolver a actividade, pedir que lean cada menú e que comenten entre todos cada prato. Unha vez que cada neno resolva individualmente a actividade, pódense ler en voz alta algunhas escollas para comparar as eleccións.

Escribir nunha pauta do encerado a oración: O meu amigo Miguel toca a gaita. Pedir que conten o número de palabras, que observen a separación entre elas e a disposición das letras. Chamar tamén a atención sobre o feito de que Miguel se escribe con maiúscula. Despois, ditar a oración palabra a palabra.

A presentación da grafía c nesta unidade permite traballar na escrita a preposición con, e tamén as súas contraccións co artigo (co, coa, cos, coas). Se o mestre o considera oportuno, propoñer unha serie de palabras para que os alumnos as relacionen co enlace seguindo a estrutura: substantivo + con + substantivo. Por exemplo:

bisté patacas

leite cacao

turrón con mel

espaguetes tomate

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 45: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

45/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

torradas manteiga

Propoñer aos alumnos que escriban no seu caderno algunhas das palabras co son g ou co son k que traballaron na páxina 56.

Primeiro centrar a atención dos alumnos na ilustración do poema da páxina 58 e pedir que a describan. Antes de que realicen a lectura, comprobar que interpretan correctamente o pictograma e que o substitúen pola palabra estrela. Preguntar se lles parece un poema relacionado co Nadal e por que. Pedirlles, a continuación, que lean o poema de forma individual e en silencio.

Realizar despois unha lectura en voz alta por parte do mestre para que perciban a pronuncia e entoación correcta. Propoñer a varios nenos que realicen unha lectura en voz alta.

Facer preguntas para comprobar a comprensión do texto: Con quen está o neno? Quen lle canta? Como lle canta? Que lle ocorre ao neno ao oíla cantar? Que significa caer co sono?

Finalmente proceder a que realicen o proceso de memorización. Coma noutras ocasións, poden ir lendo e repetindo cada un dos versos da estrofa.

Na última actividade da páxina 58 propónselles que descubran a palabra oculta na adiviña. Pedir que lean o texto e chamar a atención sobre a palabra que se forma lendo en vertical as letras vermellas. Solicitar que localicen esas letras nas palabras que se dan como exemplo no texto. Finalmente, escribirán a palabra gato na pauta e debuxarán un gato no recadro.

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 59) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Escribir substantivos en singular e plural precedidos dos indefinidos correctamente concordados.

Interpretar palabras escritas en letra de imprenta para o que deben discriminar e copiar a palabra correspondente á imaxe.

Identificar letras coñecidas e non coñecidas e decodificar a mensaxe do cartel.

Propoñerlles aos alumnos que pregunten na casa por panxoliñas e cántigas relacionadas co Nadal. Poden aprender unha para cantala na clase. É posible que algúns nenos coincidan na panxoliña que aprendan en familia; de darse o caso, propoñer que a canten a coro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 46: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

46/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Tamén se lles pode ofrecer a letra da panxoliña que se inclúe no CD1 Poemas e cancións para que llela aprendan aos seus.

Pastores, vinde correndo. O neno é moi fermoso Noite, Noiteboa:

Pastores, vinde cantar. a súa nai a bicalo está. noite familiar,

Cantar ao neno pequeno Pastores, vinde correndo. noite de ledicia,

que naceu nun portal. Pastores, vinde cantar. noite de Nadal.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Interacción co mundo físico

A referencia no conto do principio da unidade ao tempo de inverno ofrece a oportunidade para falar sobre esta e outras estacións do ano. Aproveitar para que os alumnos expliquen os cambios que se producen no contorno durante esta estación.

Competencia social e cidadá.As relacións e comportamentos dos personaxes do conto poden tomarse como punto de partida para falar de valores fundamentais para a convivencia cos demais: a solidariedade, a cooperación e a xenerosidade.

Axuizar o comportamento do galo, o coello e a ovella cando non lle axudan a construír a cabana ao oso, valorar a capacidade para recoñeceren o seu erro e o seu arrepentimento así coma a capacidade de perdón do oso.

Aproveitar a presenza do paquete de regalo da cabeceira para sensibilizalos sobre o feito de que moitos nenos non poden gozar de regalos nestas festas. Animalos a colaborar en campañas solidarias.

Fomentar o respecto polas realizacións lingüísticas propias da nosa lingua, como a gheada. Rexeitar prexuízos que poidan darse entre os alumnos neste eido, valorando de forma positiva a variedade na lingua coma unha parte da súa riqueza.

Aprender a aprenderEscribir a letra f no encerado nunha pauta. Opoñer o trazado desta letra co da letra l nas formas minúscula e maiúscula. Facer observar as diferenzas entre ambas. Trátase de que se deteñan no feito de que o l ten un bucle cara arriba, mentres que o f ten dous bucles: un cara arriba outro cara abaixo. Realizar tamén unha actividade semellante para a discriminación visual do F maiúsculo contrapoñéndoo co E e co L maiúsculo; pedir que contabilicen o número de raias horizontais que ten cada unha.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 47: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

47/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Explicar no encerado o trazado de c e q. Facer fincapé no espazo que ocupa o c minúsculo e o C maiúsculo; facer observar que as dúas letras teñen a mesma forma pero varían no tamaño.

Pedirlles aos alumnos que pechen o libro e que intenten lembrar palabras que se escriben con c e qu.

Escribir no encerado as grafías g, q, p e d e opoñer as características de trazado e direccionalidade de cada unha. Escribir varias palabras con estas grafías e solicitar que os alumnos arrodeen a letra g (por exemplo: longa, papel, quinto, dique, espuma, rego...).

Pedir aos alumnos que revisen os exercicios feitos ata agora e que comproben se foron limpos e ordenados e que indiquen se se esforzaron en realizalo así.

Autonomía e iniciativa persoal.

Lembrarlles aos alumnos que na realización da actividade de coloreado deben pintar ben para que quede presentable no libro.

Animar os alumnos a preguntar sempre as súas dubidas e pedir que expresen as que teñan verbo da ortografía das letras estudadas.

Tratamento da información.Ao fío dos menús da actividade da páxina 57, establecer un diálogo sobre a utilidade deste tipo de textos. Pedirlles que expliquen onde os poden atopar e para que serven. Achegar algúns modelos sinxelos de menús para observar, localizar e comentar elementos textuais, iconográficos e topográficos como axuda á comprensión da información.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende un conto oral. Recoñece e comenta a secuencia do conto. Identifica personaxes e detalles do conto. Madura habilidades para expresarse oralmente. Asocia as grafías f, g-gu e c-qu cos sons correspondentes. Desenvolve a lectoescritura das grafías f, g-gu e c-qu. Escribe palabras, grupos nominais e oracións sinxelas coas letras

coñecidas. Escribe ao ditado unha oración. Le, memoriza e recita un texto poético sinxelo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 48: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

48/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 6

OBXECTIVOS

Escoitar, ler e comprender unha narración. Recoñecer diversos detalles e a secuencia da narración. Desenvolver habilidades para expresarse oralmente. Dramatizar un texto dialogado. Asociar as grafías -r-, z-c, b e v cos sons correspondentes. Desenvolver a lectoescritura das grafías -r-, z-c, b e v. Ler palabras, oracións e textos sinxelos coas letras coñecidas. Escribir palabras e oracións coas letras coñecidas. Aplicar e escribir adxectivos concordados. Escribir ao ditado oracións sinxelas. Ler e memorizar adiviñas.

CONTIDOSGrafías -r-, c-z, b e v.

O adxectivo cualificativo.

Escoita dunha narración.

Lectura comprensiva dunha narración.

Recoñecemento de detalles do conto, a secuencia e o estado dun personaxe.

Desenvolvemento da expresión oral.

Dramatización dun texto dialogado.

Discriminación auditiva e visual das grafías -r-, c-z, b e v.

Lectura de palabras e oracións coas consoantes vistas e mais -r-, c-z, b e v.

Escritura de adxectivos.

Escritura de palabras e oracións coas grafías coñecidas.

Lectura e memorización de adiviñas.

Participación activa en actividades colectivas.

Interese e esforzo por escribir con letra clara.

Interese pola lectura de textos diversos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 49: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

49/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ademais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Aprender a aprender.

Competencia cultural e artística.

Interacción co mundo físico.

Competencia social e cidadá.

Autonomía persoal.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 6 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra r. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras b ,v ,z e c. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2ª e 3ª semanas de xaneiro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Fichas 10, 11 e 12 de reforzo.Ficha 6 de ampliación.Ficha 6 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema do son b. Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 50: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

50/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Animar os nenos a intentar ler o título do conto (malia conter grafías aínda non presentadas) e a explicar o que lles suxire. Antes de escoitar a gravación, deixarlles uns minutos para que observen a ilustración libremente.

Pedirlles que expliquen quen aparece na escena da páxina 60, onde está e o que parece que está facendo. Solicitar que enumeren obxectos que ven nese lugar (un moble, libros, un candeeiro, unha vasoira, frascos...). Preguntar se este pode ser o laboratorio dun mago e por que o saben.

Centrar a atención sobre a vasoira e pedirlles que expliquen o que ven de especial nela (trátase dunha vasoira humanizada; no mango obsérvase a forma da boca, do nariz e os ollos. Ademais ten brazos e carga con dous caldeiros de auga). Preguntar polo que cren que fai a vasoira e por que.

Reproducir a gravación do conto enteiro, ou se se prefire lerlles a versión completa que aparece nesta guía.

Unha vez rematada a audición, preguntar que momento recolle a escena da lámina que estiveron comentando antes. (É o momento en que a vasoira comeza a carretar auga ata a bañeira). Preguntar polo que ocorreu despois dese momento e como rematou a historia.

O texto contén varios pictogramas que os alumnos poden interpretar sen problema. (Os que corresponden a palabras con grafías que van ser presentadas na unidade van acompañados da palabra en cor vermella.) Chamar a atención sobre estes pictogramas e comprobar a correcta interpretación por parte dos alumnos. Antes de leren o texto, facerlles unha lectura en voz alta. Despois darlles uns minutos para que realicen primeiro unha lectura individual e en silencio e, posteriormente, unha lectura en voz alta. Como o texto ten certa extensión, o mestre pode pedirlles a varios alumnos que o lean en cadea, de punto a punto.

Animar os nenos a que lembren as palabras máxicas con que o rapaz do conto enmeigou a vasoira e lle transmitiu unha orde. Se non se lembran, dicírllelas (Bubalí, bubalá, zapatí, zapatá. Vasoira, trae auga para a bañeira, xa!). Propoñerlles que as digan con forza e expresividade.

Explicar que, nos contos de magos e bruxas, estes adoitan empregar palabras máxicas para producir un efecto extraordinario. Propoñerlles lembrar palabras máxicas que coñezan doutros contos (por exemplo: Abracadabra... Alacazam... Expectro patronum...) ou inventar eles mesmos conxuros xogando con palabras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 51: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

51/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

As actividades de comprensión que se propoñen nas páxinas 62 e 63 apuntan a ambos os textos traballados previamente, tanto o conto oral que recolle a versión longa e completa da narración, coma o texto escrito que recolle a versión abreviada. Favorecer un diálogo sobre o conto na aula. Pedir que conten a historia e conducir as diversas intervencións durante a conversa para encontrar a secuencia máis simple que permita recordar globalmente o conto. Para iso ir formulando preguntas xeneralizadoras como: Quen son os protagonistas do conto? Que lle mandou facer o mago ao rapaz? Que fixo o rapaz? Que pasou coa vasoira? Como se resolveu a situación?

Convén buscar a máxima participación dos alumnos; procurar que manteñan certa orde nas súas intervencións e que non se interrompan.

As actividades de comprensión para traballar a lectura abranguen os aspectos seguintes:

Detalles. Recoñecer que o libro en que o rapaz protagonista atopou as palabras máxicas estaba aberto. Preguntar, segundo o conto, como adoitaba deixar o mago o seu libro (pechado cun cadeado) e por que.

Espazo. Localizar a parte da casa onde está o laboratorio en que ocorren os feitos. Propoñer que os nenos enumeren a funcionalidade dos espazos dunha casa.

Secuencia. Identificar a orde de dous momentos da historia. O mestre pode pedirlles aos alumnos que digan cal é o suceso que virá despois da secuencia 2 (o desenlace).

Estados. Recoñecer un estado anímico. Ademais de lembrar a reacción do mago no desenlace do conto, deben interpretar a imaxe: pedir que se fixen na expresión da cara e que a describan (moi serio, co cello pregado).

Pequeno teatro. Antes de proceder á lectura dramatizada, explicar aos nenos que van ler unha conversa entre os dous personaxes do conto. Chamar a súa atención sobre as pequenas ilustracións dos rostros que dan entrada a cada parte do diálogo e que identifiquen de quen se trata en cada caso (o mago ou o rapaz). Convén que observen os xestos e expresións dos personaxes debuxados (a expresión pensativa, o sorriso de satisfacción).

Realizar unha lectura do diálogo en voz alta para que poidan percibir o modelo de entoación. Despois organizar os nenos por parellas e darlles uns minutos para que poidan preparar entre eles a lectura. Indicarlles que o personaxe que representan comezará a falar cando termine a intervención do anterior.

Educación en valores. Algunhas das preguntas formuladas inclúen grafías aínda non presentadas, o mestre pode formularllas.

Presentar a letra r marcando a súa pronuncia suave. Explicar que a letra r pode pronunciarse de dúas maneiras, unha xa a estudaron na unidade 4 (o r forte); facer que lembren cando tiña esta realización (a principio de palabra cun r só, e entre

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 52: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

52/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

vogais con dobre erre) e que dean algún exemplo. Indicar que agora van aprender a outra forma de pronunciar o r (con son suave) e en que posicións aparece. Escribir no encerado unha palabra con r forte (carro) e outra con r suave (caro); salientar a pronuncia de cada son, para que observen a diferenza de vibración. Se o mestre o considera conveniente, volver sobre as páxinas 42 e 43 do libro do alumno para contrastar os dous sons. Destacar que na cabeceira do r suave non se inclúe a forma maiúscula, xa que este son non aparece nunca a inicio de palabra.

Poema para o son r suave

María, Maruxiña,

foi pasear

descalza pola area,

pola beira do mar.

O mar mariñeiro

quíxoa namorar.

As ondas mareiras

quixérona arrolar.

E María Maruxiña,

púxose a cantar

–Namorar, namoreime,

na beiriña do mar.

Presentación das grafías b e v. Presentar as dúas grafías que se traballan na dobre páxina 66 e 67 cos seus nomes (o be, o uve). Comentar que estas dúas grafías soan exactamente igual e salientar a súa realización. Para reforzar a articulación do son o mestre pode animar os alumnos a reproducir algunhas onomatopeas, coma o canto do bufo (bu-bu-bu) ou un bufido (buf! buf!)

Chamar a atención sobre as sílabas de cada cabeceira e facerlles observar que tanto a grafía b coma a grafía v aparecen con todas as vogais. Aclarar que deberán ir memorizando como se escriben algunhas palabras, se con v ou con b.

Comprobar se coñecen o significado da palabra buguina; preguntar por que se escribe con gu e non con g e comprobar se todos recordan a regra de uso da grafía g (retomarase en unidades posteriores).

Se o mestre o considera necesario, traballar a discriminación auditiva de sons cos que poidan darse confusións de articulación co b (fundamentalmente con: p, m). Escribir algunhas palabras no encerado, pronunciar amodo cada unha e pedir que os alumnos determinen en cal delas soa o b. O mestre pode empregar as palabras:

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 53: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

53/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

bico-pico bote-pote mata-bata

vida-pedir capa-cava lama-lava

Tras a lectura do texto da páxina 66 os alumnos deben determinar cal das dúas bailarinas ilustradas é a que se describe no texto. Como nesta unidade tamén se traballa o adxectivo, pode ser este un bo momento para iniciar os alumnos na produción de adxectivos e traballar a descrición da bailarina. Facer preguntas para que describan a bailarina: Como é o seu pelo? (longo, louro); Como é o vestido? (curto, rosa).

A lectura que se propón na páxina 67, aparece en forma de cómic. Explicar a función dos globos. Pódese aproveitar tamén para traballar as palabras ventá e boneco que aparecen ilustradas nas escenas.

Poema para o son b.

O señor Bieito vai ao baile,

e baila, baila, sen parar.

Baila moito, baila ben.

Baila e baila; ben se ve.

Baila rumba

e cha-cha-chá.

Baila samba

e moito máis.

Propoñer que practiquen a escrita das grafías b e v tanto en maiúscula coma en minúscula no seu caderno.

Presentar as grafías das páxinas 68 e 69 indicando o seu nome (o zeta e o ce). Chamar a atención dos alumnos sobre o feito de que a grafía c xa a viron cando aprenderon a escribir palabras con son k e poña algúns exemplos: casa, colo, cume. Explicar que agora van aprender que esta grafía tamén se emprega para representar o son z. Explicar como se articula este son e salientalo, simular o son dun zunido e pedir aos alumnos que o imiten.

Escribir no encerado as dúas palabras xeradoras (pozo e cinto), salientando con trazo máis forte as sílabas zo e ci. Lelas con énfase para que os alumnos perciban que se trata do mesmo son.

Escribir as sílabas co son z no encerado, pronuncialas moi amodo e preguntar se se trata do mesmo son. Facer notar que a grafía z só aparece coas vogais a, o, u mentres que, cando ese son vai coas vogais e, i, hai que escribir un c. Practicar no

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 54: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

54/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

encerado a identificación das diferentes grafías para un mesmo son (cinto, zume) e a oposición dunha mesma grafía para diferentes sons (cana, ceo).

Completar a actividade do texto da páxina 68, pedindo aos alumnos que enumeren os trazos dos outros dous ourizos que non corresponden ao descrito

Explicar que o z tamén pode aparecer a final de palabra, lembrarlles a posición desta grafía no termo presentar no título do conto da unidade: rapaz. Escribir unha serie de palabras no encerado. Pedir que localicen o z e que as lean: paz, nariz, dez, raíz, arroz, noz...

Se o mestre o considera oportuno, realizar un exercicio de discriminación auditiva e visual da grafía z e da grafía s a final de palabra. Escribir no encerado palabras con z final mesturadas con outras con s final (campás, pés, lapis, mes, papas...) para que os alumnos localicen cada grafía e o son correspondente.

Recitado para o z

Co ci-pi-cí, co zape-zape, o zapateiro bate, bate.

Co zape-zape, co ci-pi-cí, esta historia remata aquí.

Nas pautas iniciais desta dobre páxina de escritura (70-71), os alumnos practican a escrita das grafías novas presentadas nesta unidade. Convén que realicen ademais a escrita de sílabas con estas grafías no seu caderno.

Como parte da iniciación gramatical, inclúese unha actividade para traballar o adxectivo e de forma implícita a concordacia en xénero e número co elemento ao que acompaña. Os adxectivos que os alumnos teñen que copiar expresan calidades dos obxectos ilustrados e inclúen grafías vistas nesta unidade. Ademais practícase a escritura de palabras e oracións.

Antes de relacionar cada sílaba co debuxo, recomendar aos nenos que digan o nome do obxecto ilustrado e busquen a sílaba que contén o termo. Despois escribirán a palabra. Comprobar que realizan unha escrita correcta de cada palabra, sobre todo no caso de zume e cenoria.

Os nenos deben ordenar e formar unha palabra trisílaba. Comprobar que discriminaron as sílabas abertas e pechadas co r.

Comprobar que os nenos decodifican correctamente os adxectivos escritos en letra composta e comprenden o seu significado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 55: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

55/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Se o mestre o considera oportuno, ampliar a actividade propoñendo que formen, oralmente, outros enunciados en que apliquen os adxectivos, por exemplo: un pantalón sucio...

Ditado. Como noutras ocasións escribir a oración do ditado no encerado: Lucía mercou uns zapatos novos. Pedirlles aos alumnos que se deteñan nalgúns aspectos como a separación entre palabras, a maiúscula inicial, as grafías c, z e v. Despois ditarlles a oración amodo e palabra por palabra. O mestre tamén pode considerar a posibilidade de borrar a oración do encerado e ditárllela, unha vez observados todos os detalles da oración.

Escribir no encerado e en columna un adxectivo con variación de xénero e número. Por exemplo: alto, alta, altos, altas.

Despois pedir que os nenos digan cousas, persoas ou animais (é dicir, substantivos) aos que eses adxectivos poidan acompañar. Por exemplo: un neno alto, unha árbore alta, uns edificios altos, unhas lámpadas altas. Escribir en fronte cada unha as súas achegas.

Máis ditados.

A ventá da casa é verde.

Iria pintou unha cidade no papel.

No zoo vin un cisne moi bonito.

Propoñer que escriban no seu caderno as grafías das sílabas za, zo, zu, ce, ci.

Os textos que se lles propoñen aos nenos para ler na páxina 72 son adiviñas. Deste xeito, ademais da práctica da lectura en si, deberán desenvolver a capacidade de interpretación do texto para determinar cal é a solución da adiviña. Para axudalos na actividade serán tamén de moita axuda as ilustracións que acompañan cada texto. Convén que relacionen os datos ofrecidos na adiviña cos datos que se poden extraer da observación da imaxe. É dicir, no caso da primeira adiviña (a solución é un ovo) deberán explicar as características descritas no texto (ovalada, encalada, sen portas, sen ventás... ) na propia ilustración do ovo.

Realizar unha primeira lectura en voz alta da primeira adiviña para que perciban a pronuncia e entoación correcta. Chamar a atención sobre o título que acompaña o texto (trátase dunha pregunta), facer que observen o signo de interrogación e lembrarlles a súa funcionalidade. Aclararlles o significado dos adxectivos con que se describe a casa do personaxe, ovalada e encalada, que quizais sexan as de maior dificultade para eles. Preguntar ademais: Quen credes que será Cucurico? (un pito).

Na segunda adiviña, facer que xustifiquen a súa elección de forma razoada e a partir dos datos do texto.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 56: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

56/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

As actividades que se propoñen nesta páxina final permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Identificar palabras con r suave.

Interpretar oracións descritivas.

Completar a mensaxe dun panel indicador.

Propoñerlles aos alumnos que pidan na casa a pais, irmáns máis vellos, avós ou outros familiares que lles ensinen algunha adiviña que eles coñezan. Os nenos e nenas deberán aprender algunha desas adiviñas. Despois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa aos demais, que intentarán resolvela.

Solicitar aos alumnos que fagan na casa unha actividade de recollida de palabras coas sílabas za, zo, zu e ce, ci. Pode ser unha lista de alimentos e obxectos que hai, por exemplo, na cociña.

Animalos a realizar un cartel de benvida á súa aldea, vila ou cidade. Escribirán o enunciado coma o do modelo da páxina 73 e acompañarán o texto cun debuxo dalgún elemento representativo do lugar.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Aprender a aprenderExplicar aos alumnos que cando realicen unha lectura silenciosa deben intentar non mover os beizos, e ler para eles, sen que se lles escoite balbucir palabras. Convén incidir de forma especial na interpretación de determinados signos de puntuación (exclamacións e interrogacións) para axudar a unha axeitada entoación na lectura.

Centrar a atención dos alumnos nestes signos presentes no texto do Pequeno teatro e salientar a entoación das oracións en que aparecen. Reforzar este traballo propoñendo que os propios alumnos expresen oracións en que fagan unha pregunta ou expresen un estado de ánimo (alegría, sorpresa, medo...)

Se o mestre o considera oportuno, propoñer un exercicio oral de discriminación de sons para que os alumnos practiquen as realizacións do r en palabras en que a presenza dun ou outro son teña un valor distintivo. Poden empregarse palabras coma as seguintes:

carro/caro

ferro/fero

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 57: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

57/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

parra/para

corro/coro

porro/poro

A partir de aquí favorecer unha reflexión sobre a importancia de utilizar a lingua con corrección para evitar malentendidos.

Para ir fixando a ortografía de palabras con b ou v, e debido á ausencia dunha regra que poida ser de axuda para os alumnos deste nivel, pode ser útil chamar a súa atención sobre as familias de palabras con b ou v.

Escoller algunhas palabras das que aparecen nas páxinas do libro do alumno e escribilas no encerado a carón dunha ou dúas palabras comúns da mesma familia (por exemplo: cabalo: cabaleiro; neva: neve, nevada...). Pedir aos alumnos que observen que se escriben con b ou v e na relación que hai entre as palabras.

Para evitar confusións de identificación visual e de escritura, traballar cos alumnos no encerado o trazado da letra z en oposición á letra s. Facerlles observar a direccionalidade do trazo en cada caso. Despois propoñer que escriban todas as sílabas posibles con z e todas as sílabas con s.

Convén reforzar o traballo sobre o trazado e direccionalidade das grafías que poidan requirir un maior esforzo para os alumnos ou que poidan dar problemas de confusións con outras semellantes. Por exemplo será ben opoñer, ademais das grafías z/s que se propuxeron na páxina 69, o trazado de v/u e b/p/d.

Competencia cultural e artísticaSe existe a posibilidade, e para familiarizar os alumnos coas diversas formas de expresión e comunicación, sobre todo coa artística, sería interesante que os alumnos visen a versión cinematográfica animada do Aprendiz de bruxo que está incluída no filme Fantasía 2000. Despois pódeselles pedir que comenten as diferenzas entre o conto do seu libro e a historia que conta o filme.

Competencia social e cidadáAproveitar o estudo deste son z para fomentar o respecto a realizacións propias da lingua como é o seseo.

Interacción co mundo físicoA propósito da auga presentar no conto, aproveitar para fomentar hábitos de consumo responsable. Insistir en que eles poden e deben aforrar auga e suxerir a persoas do seu contorno que non malgasten este recurso tan prezado e importante.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 58: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

58/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Autonomía e iniciativa persoal.Valorar a actitude positiva dos alumnos á hora de realizar aquelas actividades de carácter creativo, como é o caso de completar o debuxo da páxina 69.

Competencia matemáticaAs grafías presentadas nesta unidade permiten traballar cos alumnos a escritura de numerais: cinco, nove, dez, once, doce, quince, dezaseis... Pódese realizar cos alumnos algunha actividade de reconto de elementos ou suma que teñan como resultado a formación destes números e despois escribir as cifras no encerado.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita, le e comprende unha narración. Recoñece detalles, a secuencia e estados dos personaxes. Desenvolve habilidades para expresarse oralmente. Dramatiza un texto dialogado. Asocia as grafías -r-, z-c, b e v cos sons correspondentes. Desenvolve a lectoescritura das grafías -r-, z-c, b e v. Le palabras, oracións e textos sinxelos coas letras coñecidas. Escribe palabras e oracións coas letras coñecidas. Aplica e escribe adxectivos concordados. Escribe ao ditado oracións sinxelas. Le e memoriza adiviñas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 59: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

59/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 7

OBXECTIVOS

Escoitar, ler e comprender unha narración. Recoñecer detalles, secuencias e personaxes da narración. Desenvolver habilidades para expresarse oralmente. Dramatizar un texto dialogado. Asociar as grafías x, ñ e ll cos sons correspondentes. Desenvolver a lectoescritura das grafías x, ñ e ll. Ler palabras, oracións e textos sinxelos coas letras coñecidas. Escribir palabras e oracións coas letras coñecidas. Escribir ao ditado oracións sinxelas. Ler e memorizar un poema.

CONTIDOSGrafías x, ñ e ll.

O diminutivo -iño.

Escoita dunha narración.

Lectura e comprensión dunha narración.

Recoñecemento de detalles, secuencias e personaxes dun conto.

Desenvolvemento da expresión oral.

Dramatización dun texto dialogado.

Discriminación auditiva e visual de grafías x, ñ e ll.

Lectura de palabras e oracións coas consoantes vistas e mais x, ñ e ll.

Escritura de diminutivos en -iño.

Escritura de palabras e oracións.

Lectura e memorización dun poema.

Participación activa en actividades colectivas.

Preocupación por escribir con limpeza e corrección.

Interese pola lectura de textos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 60: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

60/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ademais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa persoal.

Interacción co mundo físico.

Tratamento da información.

Competencia cultural e artística.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 7 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra s. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo das letras x, ñ, e ll. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:4ª semana de xaneiro e 1ª de febreiro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 12, 14 e 15 de reforzo.Ficha 6 de ampliación.Ficha 6 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto. -Poema do son ll.Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 61: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

61/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Animar os nenos a intentar ler o título do conto da páxina 75 (ter en conta que contén unha grafía aínda non presentada: o x). Preguntar o que lles suxire e que propiedades cren que poderá ter unha auga máxica.

Antes de escoitar a gravación, deixar uns minutos para que observen a ilustración libremente. Preguntar quen serán eses personaxes e sobre a diferenza de idade que hai entre eles (un rapaz e unha velliña). Solicitar tamén que describan o espazo da escena (un bosque) e que expliquen se se parece a algún bosque que eles coñezan. Pedirlles que imaxinen o que estarán falando os personaxes da imaxe. Centrar a atención no que ten nas mans a velliña (unha folla e un ramalliño dunha planta). Animalos a explicar se a conversa dos dous personaxes pode ter relación con eses dous elementos vexetais. Pedir que imaxinen o que poden facer con iso. Poden crear incluso un moi breve diálogo improvisado entre os dous personaxes.

Reproducir a gravación do conto completo. Se o mestre o considera oportuno, facer unha interrupción durante a audición para ir comentando o que vai sucedendo na historia ata ese momento. Unha vez rematada a audición, preguntar que momento recolle a escena da lámina que estiveron comentando antes (É o momento en que o irmán pequeno se atopa coa velliña, e despois de axudarlle a recoller as piñas, ela entrégalle a rama de xesta e a folla de carballo). Preguntar o que ocorreu despois dese momento e como rematou a historia.

O texto contén dous pictogramas que os nenos deben interpretar en relación ao que escoitaron na audición, corresponden a palabras con grafías que van ser presentadas na unidade. Comprobar a súa correcta interpretación. Lerlles en voz alta o texto para que atendan á correcta entoación e ás pausas. Despois suxerir que realicen unha lectura individual, en silencio e, posteriormente, en voz alta e de punto a punto.

Solicitar que observen con atención a lámina e preguntar onde están algúns elementos:

–Onde está o moucho? (No alto dunha árbore.)

–Onde está o morcego? (Colgado dunha póla.)

–Onde hai unha ra? (No peto do vestido da velliña.)

–Onde están as piñas? (No cesto a carón da árbore.)

–Onde están os cogomelos? (Ao pé da árbore.)

Poderes máxicos. O feito de que un elemento máxico resolva a acción é frecuente en moitos contos. Pedir que lembren contos en que haxa un obxecto con poderes máxicos e que expliquen o que é, de quen é e que poderes ten (por exemplo, as variñas dos magos).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 62: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

62/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

As actividades de comprensión (páxs. 76 e 77) que se propoñen apuntan aos dous textos traballados previamente, tanto o conto oral que recolle a versión longa e completa da narración, coma o texto escrito que recolle a versión abreviada.

Establecer un diálogo sobre o conto na aula para lembralo de forma global; para iso ir formulando preguntas xeneralizadoras como: Que lle pasaba á muller do conto? Cantos fillos tiña a muller enferma? Que fixo o primeiro dos fillos? E o segundo?

As actividades de comprensión para traballar a lectura abranguen os aspectos seguintes:

Detalles. Recoñecer tres detalles esenciais na historia: o que ían buscar no bosque, a quen atoparon alí os rapaces e o que lle entregou a vella do bosque ao segundo rapaz.

Secuencia. Identificar a orde de dous momentos da historia. Convén que os alumnos observen detidamente cada escena, que a describan e que se fixen en qué personaxes aparecen en cada unha. É importante que se decaten de que o personaxe que cae polo barranco é o irmán que saíu buscar a auga no primeiro momento (o irmán máis vello) e que ese foi o castigo que lle impuxo a velliña meiga do bosque por non ser amable.

Personaxes. Lembrar cal dos dous personaxes foi o que atopou a auga máxica e completar a oración.

Pequeno teatro. Centrar a atención sobre as ilustracións dos rostros que dan entrada a cada intervención. Pedir que identifiquen de quen se trata en cada caso (a vella e o rapaz). Realizar unha lectura do diálogo en voz alta para que poidan percibir o modelo de entoación. Despois organizar os nenos por parellas e darlles uns minutos para que preparen a lectura.

Educación en valores. A partir das respostas dadas polos alumnos convén valorar a importancia de atender as necesidades dos demais e evitar actitudes egoístas.

Explicar aos nenos que tanto a xesta coma o carballo teñen un carácter mitolóxico na nosa terra. Xa os antigos druídas os consideraban máxicos.

A xesta é un arbusto de cor verde con moitas pólas delgadas, follas pequenas e abundantes flores amarelas. Era moi utilizada para facer vasoiras. O lugar onde hai moitas xestas chámase xesteira.

O carballo é unha árbore moi corpulenta de raíces moi profundas e follas lobuladas. Pode vivir máis de cincocentos anos. A súa madeira é moi resistente e valiosa. O froito do carballo é a landra e o lugar onde hai moitos carballos chámase carballeira.

Presentar o xe salientando a súa pronuncia (páx. 78). Escribir a letra x no encerado varias veces reproducindo o son que lle corresponde. O mestre pode propoñerlles aos alumnos que realicen a interxección que se emprega para mandar deter un cabalo (xooo!).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 63: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

63/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Traballar a cabeceira coma de costume e, antes de que os alumnos fagan as actividades das páxinas 78 e 79 do libro, se o mestre o considera oportuno, practicar con eles algúns exercicios de discriminación auditiva do son x. Dicirlles que deberán levantar a man ou dar unha palmada cada vez que escoiten este son. Pode utilizar series con sons como os seguintes: s - x - z - f - s - f - x - ch - s...

Escribir no encerado unha serie de palabras omitindo o son inicial. Todas terán en común que comezan por x. Solicitar que as completen escribindo a letra que falta. O mestre pode empregar palabras coma as seguintes: (x)urelo, (x)ampú, (x)iro, (x)enio, (x)ornal, (x)ardín, (x)abaril, (x)eada, (x)uño, (x)esto...

Poema para o son x

Anda, Maruxiña,

remenda a camisa

que a levas rota

por baixo e por riba.

Por riba e por baixo,

por baixo e por riba.

Anda, Maruxiña,

arranxa a camisiña.

Para introducir a letra ñ (páx. 80), presentala co seu nome (o eñe). Salientar a articulación do son. Para reforzar e salientar a súa articulación o mestre pode animar os alumnos a reproducir a onomatopea ñam, ñam! facendo coma se estivesen mastigando. Primeiro poden facelo uns alumnos e o resto escoitar, despois á inversa. Facerlles notar que ao realizar este son a lingua se apega ao padal.

Traballar a cabeceira coma de costume. Chamar a atención dos nenos sobre a oración que apoia a imaxe da cabeceira: nela aparecen dúas palabras con ñ (piña e apaña). Realizar a letra no encerado e facer observar as características do seu trazado.

Para desenvolver a fuidez articulatoria dos alumnos, propoñerlles que memoricen a formuliña para falar coas xoaniñas e que a repitan varias veces.

No caso da adiviña sobre a araña (primeira actividade da páxina 81), solicitar que antes de marcar o globo coa solución xustifiquen a súa elección e comprobar que interpretan correctamente a frase do texto (fai unha tea moi lixeiriña) como a tearaña que adoitan fabricar eses bichiños.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 64: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

64/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Comprobar que os alumnos interpretan correctamente o que teñen que debuxar na derradeira actividade desta páxina antes de realizáreno.

Pódese ampliar, se se considera apropiado, o estudo das palabras con n ou con ñ. Coa finalidade de evitar interferencias lingüísticas e ir fixando algúns termos de uso frecuente, á vez a que se traballa a discriminación visual da grafía ñ fronte ao n, pódense realizar actividades de lectura e formación de oracións de xeito oral con algunhas das palabras seguintes:

Palabras con n Palabras con ñpano rabaño

sono soño

outono mariño

cabana coñecer

pestana liña

Poema para o son ñ. Nunha nogueira

daquel outeiriño

un paxariño

fixo o seu niño.

Non era moño,

nin era liño,

que era o niño

do paxariño.

(Gloria Sánchez)

Presentar o dígrafo ll (páx. 82) facendo especial fincapé no seu nome (o ele dobre). Traballar a cabeceira coma de costume e chamar especialmente a atención sobre a oración de apoio á ilustración que contén tres palabras con ll (folla, deulla e vella). Pedir que localicen o dígrafo en todos os casos en que aparece.

Tras ler e localizar o dígrafo nas palabras da primeira actividade d páxina 82 e co fin de reforzar o significado dalgunhas delas, o mestre pode propoñerlles aos alumnos unha actividade complementaria. Dar unha definición e dicirlles que atopen, entre as palabras da primeira actividade, aquela que corresponde ao que o mestre quere dicir:

–Está na cara e serve para ver. (ollo)

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 65: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

65/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

–Utilizámola para tomar a sopa. (culler)

–Vemos a nosa cara nel. (espello)

–É a parte máis alta da casa. (tellado)

Na primeira actividade da páxina 83, pedirlles aos alumnos que digan en voz alta os nomes dos elementos antes de colorear e comprobar que non se produce ningunha interferencia lingüística cos nomes deses elementos (coello, chaves e espello).

Centrar especialmente a atención na segunda actividade da páxina 83, que presenta un grupo de palabras moi semellantes entre elas en canto á forma.

Para ampliar o estudo das palabras con ll ou con ñ, Explicar que se vai dicir unha serie de parellas de palabras que se parecen moito, deberán repetir soamente as que teñan ll. Despois escribir no encerado a palabra.

tella-leña maio-mallo vello-veño

rolla-roña palla-apaña año-allo

Trabalinguas para o ll

As miñas guedellas

están enguedelladas

e enguedelladas

non deben estar.

Desenguedelládemas,

desenguedelládemas,

se mas podedes

desenguedellar.

Nas pautas iniciais desta dobre páxina de escritura (páxs. 84 e 85), os alumnos afianzan a escrita das grafías presentadas na unidade. Convén que realicen ademais a escrita de sílabas con estas grafías no seu caderno e no encerado. Como parte do traballo de aproximación gramatical, inclúese unha actividade para traballar de forma intuitiva a formación de diminutivos a partir da escritura de palabras co sufixo -iño. Ademais da escritura de palabras coas grafías presentadas na unidade, practican a escritura de oracións relacionando sintagmas distintos cun mesmo verbo e para formar mensaxes con sentido completo.

O traballo ortográfico céntrase no recoñecemento e escritura de palabras con s ou x.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 66: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

66/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Antes de que realicen a escritura das palabras, traballar cos alumnos a interpretación do significado máis xeral que achega a terminación -iño (sufixo): indica que o que se menciona é pequeno. Comprobar que realizan unha escrita correcta de cada palabra; sobre todo no caso de arañiña, facerlles observar que contén dous eñes. O mestre pode propoñerlles que formen outros diminutivos a partir de elementos presentes na aula, por exemplo: estoxiño, lapisiño, caderniño, cadeiriña...

Formación de oracións. Os nenos formarán tres oracións que teñen en común un mesmo verbo.

Antes de completar as palabras con x ou con s da páxina 85 aconsellarlles aos alumnos que digan en alto o nome do obxecto ilustrado. Chamar a atención sobre a palabra xarope e aclarar que esta é a única forma correcta para refererirse a este tipo de medicamento.

Antes de lerlles o poema O arco da vella da páxina 86 aos alumnos, centrar a súa atención sobre o título e preguntar o que lles suxire. Aproveitar para falar con eles sobre este fenómeno meteorolóxico. Preguntar se viron algunha vez un arco da vella, onde foi, como era de grande, se lles pareceu bonito e por que... Despois pedir que observen a ilustración e que describan o que ven nela (as nubes con caras moi ledas andan a brincar polo arco). Realizar unha primeira lectura ou audición do poema para que os alumnos collan unha idea da entoación e do contido. Deixarlles uns minutos aos nenos para que preparen a lectura. Despois lerán en voz alta e de forma colectiva.

Facer preguntas para axudar a interpretar o texto: Que di o poema que é o arco da vella? (un tobogán) Parécevos que ten parecido a un tobogán? Cal? Que fan as nubes no arco da vella?

Antes de realizar a actividade proposta na páxina 86, pedir que se deteñan a observar o arco ilustrado e que conten as cores que ten para confirmar se se trata de sete cores (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, anil e violeta). Despois de realizar a actividade, solicitar que enumeren cantas das cores que ten en total o arco da vella non aparecen reflectidas na actividade (faltan tres: o verde, o azul e o violeta).

As actividades que se propoñen na páxina final de repaso (páx. 87) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Interpretar a letra composta coas letras estudadas e escribir as palabras que se forman cunhas sílabas dadas.

Escribir palabras coas grafías x, ll, ñ.

Completar unha frase escribindo libremente o sabor dun xeado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 67: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

67/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Propoñerlles aos nenos que reciten o poema Arco da vella na casa aos seus parentes. O mestre pode aproveitar tamén para animalos a que lles pregunten á súa vez a eses familiares por algún outro poema ou recitado que fale tamén do arco da vella.

Pedirlles aos alumnos que fagan un debuxo dunha paisaxe da súa aldea, vila ou cidade cun arco da vella e que reflictan nel todas as cores.

Tamén o mestre pode animar os nenos a elaborar, coa axuda dos membros da familia, unha lista con palabras que conteñan x, ll ou ñ.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Autonomía e iniciativa persoal.A lectura do libro do alumno é unha versión reducida do conto máis amplo que escoitaron na gravación. Unha vez que a lesen, animar os alumnos a exercitar a súa memoria e pedirlles que digan detalles do conto oral que non aparecen reflectidos na versión escrita da páxina do seu libro: por exemplo cal foi o comportamento do primeiro irmán coa vella do bosque.

Na realización das actividades orais convén buscar a máxima participación dos alumnos e procurar que se desenvolvan nun clima de respecto. Animalos a valorar as respostas dos demais compañeiros e destacar o positivo das súas achegas.

Interacción co mundo físicoNo conto A auga máxica, a nai enferma toma unha auga curativa e sanda. Relacionar esta circunstancia co feito de tomar menciñas cando un está enfermo. Explicar que estas só deben tomarse cando o recomenda o médico e sempre baixo a supervisión dun adulto. Tentar que os propios alumnos xustifiquen as razóns destas dúas normas.

Se é posible levar á aula algunhas follas de carballo, pólas, xestas e piñas. Ofrecerlles aos nenos e nenas a posibilidade de tocalos e describilos. Pode ser interesante que comparen as follas da xesta e as do carballo canto á súa forma, ademais de que expresen os seus coñecementos sobre árbores e arbustos que coñecen.

A partir das oracións da páxina 85 desta unidade en que os alumnos forman oracións que mencionan árbores froiteiras e o seu froito, o mestre pode aproveitar para falar cos nenos e nenas deste tipo de árbores e dos seus froitos e, á vez, ir fixando termos correctos. Así ademais das mencionadas na actividade poden formar

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 68: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

68/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

outras oracións semellantes: A maceira dá... mazás. A cerdeira dá... cereixas. A pereira dá... peras. A nogueira dá... noces. O limoeiro dá... limóns.

Aprender a aprenderSe o mestre o considera oportuno, pode propoñer un exercicio oral de discriminación de sons para que os alumnos reforcen a articulación do son x fronte ao son s. Escribir no encerado parellas de palabras para que as lean eles, por exemplo:

coxo-coso

caixa-casa

xoves-sobes

xerra-serra

lixo-liso

xoia-soa

xesta-sesta

paxe-pase

Animar tamén os alumnos a pensar e dicir en alto todas as palabras que se lles ocorran coa letra x. Realizar con elas unha listaxe no encerado. Pedir que elixan dúas e que as escriban no caderno.

Cómpre que os alumnos se afagan a reflexionar sobre a forma de cada letra e analizar os seus trazados. Nesta ocasión centrar a súa atención sobre as diferenzas entre ñ e n. Destacar o feito de que a única diferenza na escrita e o sombreiriño enriba do ñ. Salientar a importancia de non esquecer poñer esa marquiña xa que a pronuncia dunha e outra letra é moi distinta. Escribir no encerado unha palabra que conteña as dúas letras, para opoñer este aspecto (por exemplo, niño).

Mostrar no encerado como se realiza o dígrafo ll e comprobar se os alumnos recoñecen que se trata de dous eles. Destacar que no trazo da grafía maiúscula só se lle aplica esta ao primeiro ele.

Tratamento da información.O texto do globo da segunda actividade da páxina 81 baséase nunha coñecida fórmula infantil para falar coas xoaniñas e pedirlles un desexo. Ensinarlles algunha versión popular completa:

Xoaniña, voa, voa,

que teu pai vai en Lisboa;

túa nai vai coas vacas

e traerache unhas papas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 69: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

69/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Competencia cultural e artística.Aproveitar a escena da derradeira actividade da páxina 83, para falar cos alumnos sobre a profesión artística do pallaso. Comentar aspectos relacionados coa indumentaria típica dos pallasos (vestimenta extravagante, moita maquillaxe e perrucas rechamantes) e coa súa función artística (facer rir e divertir á xente con bromas e trucos enxeñosos).

Ter en conta que, malia as súas connotacións divertidas e alegres, a moitos nenos póñenlles medo os pallasos, aproveitar para desdramatizar estes sentimentos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita, le e comprende unha narración. Recoñece detalles, secuencias e personaxes. Desenvolve habilidades para expresarse oralmente. Dramatiza un texto dialogado. Asocia as grafías x, ñ e ll cos sons correspondentes. Desenvolve a lectoescritura das grafías x, ñ e ll. Le palabras, oracións e textos sinxelos coas letras coñecidas. Escribe palabras e oracións coas letras coñecidas. Escribe ao ditado oracións sinxelas. Le e memoriza un poema.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 70: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

70/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 8

OBXECTIVOS

Escoitar, ler e comprender unha narración. Recoñecer personaxes, detalles e causas de feitos na historia. Desenvolver habilidades para expresarse oralmente. Dramatizar un texto dialogado. Asociar o dígrafo ch e a grafía x cos sons correspondentes. Desenvolver a lectoescritura de ch e x (son ks). Coñecer as grafías k e w. Ler palabras, oracións e textos sinxelos con todas as letras. Escribir palabras e oracións con todas as letras. Escribir ao ditado oracións sinxelas. Ler con fluidez un texto poético.

CONTIDOSO dígrafo ch e a grafía x (son ks).

Palabras con xe e con ex.

A concordancia do adxectivo.

Escoita dunha narración.

Lectura e comprensión dunha narración.

Recoñecemento de personaxes, detalles e causas das accións dos personaxes.

Desenvolvemento da expresión oral.

Dramatización dun texto dialogado.

Discriminación auditiva e visual de ch e x (son ks).

Lectura de palabras e oracións coas consoantes vistas e mais ch e x (son ks).

Escritura de palabras e oracións.

Aplicación de adxectivos.

Lectura e interpretación dun poema.

Participación activa en actividades colectivas.

Preocupación por escribir con limpeza e corrección.

Interese pola lectura dun texto poético con entoación e fluidez.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 71: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

71/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais de desenvolver a Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das seguintes competencias:

Tratamento da información.

Interacción co mundo físico.

Autonomía e iniciativa persoal.

Competencia matemática.

Competencia social e cidadá.

Aprender a aprender.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 8 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo da letra ch. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de dita letra escrita en sílabas abertas e pechadas e o comezo da escritura da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo da letra x. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditas letras escritas e o comezo da escritura das mesmas. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2.ª e 3ª semana de febreiro.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 16 e 17 de reforzo.Ficha 7 de ampliación.Ficha 7 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto. -Poema do son ch.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 72: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

72/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Pedirlles aos nenos que lean o título do conto da páxina 88 (contén grafías xa coñecidas) e que expliquen o que lles suxire, é dicir, o que entenden eles por un cambio de patas. Centrar a súa atención na lámina do conto, comprobar se recoñecen os tres animais que aparecen ilustrados e se interpretan as expresións e xestos. Preguntar por exemplo: Que animais aparecen na imaxe? (cervo, raposa e moucho); Que xesto fai o moucho? (Fai un xesto coa punta da ala que vén a indicar que están tolos, que o que fan non é normal); Para onde están mirando o cervo e a raposa? (Miran para as patas); Hai algo raro no seu corpo? (Si, o cervo é moi baixo, a raposa moi alta, as patas que teñen non son as que lle corresponden). Trate de que os alumnos relacionen o expresado no título co que observan na ilustración.

Traballar coa narración. Poñer a gravación do conto completo e interromper a audición cando lle pareza oportuno ao mestre; un bo momento sería xusto cando o cervo intenta coller follas das ramas altas. Chegado ese momento o mestre pode preguntar polo que lle ocorreu previamente á raposa (coas patas que non eran súas non foi quen de atrapar unha galiña), preguntar se cren que o cervo logrará o seu obxectivo, que é coller follas das árbores e arbustos altos, e por que o cren.

Rematada a audición, solicitar que os alumnos comenten o conto e expresen a súa opinión sobre a acción realizada polos personaxes da historia: se cren que foi unha boa idea esa de intercambiar as patas e por que.

Lectura do conto. Deixar uns minutos para que os alumnos fagan unha lectura individual e en silencio do texto. Posteriormente, realizarán unha lectura en voz alta en cadea, de punto a punto.

Tras esa lectura solicitar que expliquen a que momento do relato pertence a escena que aparece representada na lámina; animalos a que conten o que ocorreu antes e despois dese momento.

Se o mestre o considera oportuno, pódelles dar máis información sobre a raposa e o cervo. A raposa é un mamífero carnívoro de menos dun metro de longo, incluído o rabo. Ten o fociño alongado e orellas pequenas e dereitas. A súa pelame é cor castaño-arrubiada e moi mesta. Caza con grande astucia toda clase de animais, sobre todo aves. Adoita saír ás tardiñas e pola noite a cazar.

O cervo é un mamífero ruminante: aliméntanse de ramiñas, follas, abrochos, herbas... As súas patas son longas e áxiles: pode correr a grande velocidade. As

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 73: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

73/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

femias carecen de cornos, mentres que os machos teñen unha poderosa cornamenta ramificada.

Para traballar a comprensión lectora, establecer un diálogo sobre o conto na aula para lembralo de forma global e comprobar que os nenos reteñen detalles básicos: Que preocupaba á raposa e ao cervo? Que decidiron facer? Que lles dixo o moucho? Que lles ocorreu despois?

As actividades de comprensión (páxs. 90 e 91) que se propoñen para traballar a lectura abranguen os aspectos seguintes:

Personaxes. Identificar, de entre os tres personaxes que aparecen no conto, cales son os que intercambian as patas entre si: os dous personaxes principais.

Detalles. Lembrar un detalle significativo que determina a acción dos personaxes: a diferenza de estatura.

Causas. Determinar a causa de dous feitos fundamentais na historia: por que a raposa, coas patas do cervo, non pode cazar e por que o cervo, coas patas da raposa, non pode comer. Esta actividade inclúe dúas preguntas que os alumnos deben ler e das que teñen que marcar a resposta correcta. Facer especial fincapé na importancia de entender o que se pregunta. Suxerirlles que tras ler a pregunta repitan para si o que esta lles pide; este exercicio de verbalización axudaraos a tomar consciencia de se entenden ou non o que se cuestiona.

Sinonimia. Recoñecer os dous substantivos sinónimos de estorbo.

Pequeno teatro. Pedir que identifiquen os personaxes que falan no texto dramático. Realizar unha lectura previa para ofrecerlles un modelo de entoación. Antes de realizaren eles a súa lectura dramatizada, suxerir que a preparen coma noutras ocasións. Unha vez realizada, comprobar que interpretan o seu contido: De que falan o cervo e a raposa?

Educación en valores. Nesta ocasión os nenos falarán dos amigos, compañeiros e veciños e sobre as actividades que realizan xuntos (xogos, paseos...). Animalos a verbalizar sentimentos e a ofrecer valoracións positivas para apreciar o benestar que se sente cos amigos.

Aproveitando o contido do pequeno teatro, en que os animais deciden organizar unha festa de máscaras, o mestre pode propoñerlles aos alumnos que xoguen coa imaxinación a disfrazarse de animais. O xogo consiste na dramatización e desciframento de cada personaxe. Entregarlle a cada alumno un papel co nome do animal que lle tocará representar e que resulte coñecido para todos (oso, cabalo, león, galo, parrulo, bolboreta...) Cada alumno, por orde, representará o animal que lle fose asignado, axudándose de xestos e de onomatopeas. Os demais compañeiros deberán adiviñar de que animal se trata.

Presentar o dígrafo ch. Presentar o dígrafo co seu nome (o ce hache) e salientando a pronuncia. Escribir ch no encerado varias veces reproducindo o son que lle corresponde. Para reforzar a articulación deste son pódese suxerir que os alumnos

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 74: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

74/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

reproduzan onomatopeas que o inclúan, por exemplo: o son dos pratiños de música (chi-chin), a marcha do tren (chucu-chucu...), un espirro (achís!), o son do chapoteo na auga (chof-chof), etc.

Traballar a cabeceira coma de costume e explicar o trazado do dígrafo no encerado. Escribir sílabas con ch no encerado e solicitar que libremente os alumnos digan palabras que conteñan esas sílabas. Escribir esas palabras a carón das sílabas correspondentes e pedir que lean as palabras.

Chamar tamén a atención sobre a oración da cabeceira e pedir que localicen a outra palabra, ademais de moucho, que contén ch. Despois preguntar que xesto reflicte a expresión chiscar un ollo (expresión coa que traballaron os alumnos na segunda unidade do libro).

Ademais das actividades propostas das páxinas 92 e 93, se o mestre o considera oportuno, escribir no encerado palabras con este dígrafo mesturadas con outras intrusas en que conflúan dúas consoantes: focha, cacto, cunha, canle, hindú, hache, pintor, cacho, ponte...

Poema para o ch Dentro desa choza,

haiche un moucho durmido.

Chisss, chisss...!

non lle fagas ruído.

Traballou toda a noite,

vixiando o camiño.

Chegou de mañá cedo.

Chegouche moi cansiño.

Puxo as chinelas

e pechou os olliños.

Chisss, chisss...!

Estache durmidiño,

o moucho mouchiño

Se o mestre o considera oportuno, pedirlles aos alumnos que copien no caderno unha palabra con cada unha das sílabas con ch.

Presentación a letra x (son ks). Preguntar polo nome da letra (o xe). Explicar que esta grafía xa a coñecen pero en palabras en que se pronuncia dunha maneira distinta, por exemplo: xamón, Xulia, xoves... Escribir non encerado a palabra éxito e

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 75: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

75/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

a palabra axiña e pronuncialas salientando os sons do x. Despois arrodear as sílabas de cada unha.

O x, con son ks, adoita ter na fala dunha pronuncia moi relaxada e moitos falantes realízana dun xeito próximo a un s; se o mestre o considera preciso, facer outras actividades de discriminación auditiva para reforzar a identificación do son. Pronunciar grupos de palabras das que os alumnos deberán indicar en que caso se pronuncia un s e en cal se pronuncia un ks.

escuro-excursión xilófono-sinal

exame-escada auxilio-asilo

boxeo-bolsa sexto-sesta

Os textos que se propoñen na páxina 95 inclúen palabras que conteñen o x coas dúas realizacións (Máximo, saxofón, excelente, exposición, exóticos, sexto fronte a xente, salvaxes). Por competencia os alumnos deberían saber en cales desas palabras se pronuncia o x dun xeito ou doutro. Se se observa que teñen dúbidas, verbalizarlles a pronuncia correcta en cada caso. Atenda ademais á comprensión dos termos que descoñezan.

Letras especiais k e w. Dado o reducido número de termos en que aparecen, trabállanse estas letras nunha única actividade e non se presentan na cabeceira de lectoescritura como adoita ser común coas demais grafías do alfabeto. Cómpre explicarlles aos alumnos que as letras k (o ka) e w (o uve dobre) non son letras galegas, só aparecen en palabras que se toman prestadas doutras linguas e son moi poucos os termos que se escriben con elas. Destacar que a grafía k ten unha pronuncia igual á do qu e o w, unha pronuncia coma a do b.

Poema para o son x

Rex o marciano

anda de excursión.

Pola súa galaxia

vai tocando o saxofón.

Na dobre páxina dedicada á escritura (páxs. 96 e 97) desta unidade, os alumnos reforzan a lectoescritura das grafías x e ch, traballando a súa escrita en diferentes palabras e oracións. Como elementos gramaticais implícitos, trabállanse dous aspectos: por unha banda, a estrutura silábica das palabras e, por outra, a concordancia do adxectivo. Ademais refórzase a ortografía da escrita de palabras con x, traballando palabras con ex e xe.

Os alumnos xa realizaron en unidades anteriores algunha que outra actividade de formación de palabras a partir de sílabas, fundamentalmente, palabras bisílabas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 76: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

76/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Nesta ocasión traballan con palabras trisílabas. Convén que digan en voz alta o nome do elemento ilustrado (chourizos, chícharos, macheta). Recomendarlles unha pronunciación lenta para que sexa máis fácil a percepción silábica. Despois pedir que localicen cada unha das sílabas deses elementos ilustrados e que as vaian escribindo por orde para formar a palabra.

Facer especial fincapé na pronuncia do x en cada sílaba. Copiar no encerado a palabra exquisito e preguntar por outras maneiras de expresar que algo está exquisito (moi rico, delicioso). Propoñer que digan alimentos que poden estar exquisitos (un pastel, unha froita...). Animalos tamén a explicar que é un extintor e a localizar no seu propio corpo o xeonllo.

Os nenos deben completar cada oración co adxectivo que sexa pertinente e atender á concordancia de xénero e número. Se o mestre o considera oportuno ampliar a actividade, suxeríndolles aos alumnos que apliquen os adxectivos desta actividade (lambón, rico, rápido, listo) a outros termos.

Realizar un ditado. Escribir no encerado a oración O chocolate con churros está exquisito e traballar como o fai habitualmente antes de ditar, palabra a palabra, a oración.

Sempre que o mestre o estime oportuno, realizar exercicios de separación de palabras en sílabas e de ordenación de sílabas de palabras. Ademais de marcar cada sílaba cunha palmada, pode realizar outro tipo de traballos coma encrucillados silábicos. Comezar ofrecendo parellas de palabras que se poidan cruzar silabicamente (por exemplo: cheminea-camiño) e aumentar a dificultade a tres ou máis palabras.

Máis ditados

Pola cheminea sae un fume tóxico.

As chaves da casa están no peto da chaqueta.

A modo de repaso, escribir no encerado tres grafías coñecidas en letra composta. Como os alumnos xa viron todas as letras do abecedario, seleccionar as máis complexas ou aquelas coas que o mestre advertise que teñan maior dificultade. Sacar os alumnos de tres en tres para que escriban cada unha desas letras en maiúscula e minúscula.

Antes de que os alumnos lean o poema da páxina 98, centrar a súa atención sobre o título (Sapococho) e preguntar se coñecen esta palabra. Explicar que un sapoconcho é o mesmo ca unha tartaruga. Pedir que o localicen na ilustración e que tenten explicar cal é o outro animal (unha cegoña) e que están facendo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 77: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

77/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Animar os nenos a facer unha primeira lectura en silencio. Realizar por parte do mestre unha lectura en voz alta que lles sirva de modelo ou poñerlles a gravación do CD. A continuación, pedir que sexan eles os que o lean en voz alta. É probable que lles chamar a atención a palabra rock. Destacar que inclúe unha grafía que non pertence ao noso alfabeto (o k que viron nesta unidade) e comentarlles que este é un vocábulo que tomamos prestado do inglés para referirnos a un tipo de música que se denomina así (poñerlles algún fragmento musical deste estilo).

Pedirlles que resolvan as preguntas que se propoñen sobre o contido do texto (páx. 98). Recomendarlles que eles mesmos lean os enunciados de cada actividade e que interpreten o que deben facer en cada unha. Completar a actividade primeira solicitando que localicen as palabras chapeu e chaleco no texto do poema (versos tres e catro) e, na segunda, que completen a oración correcta dicindo a que bailou Sapoconcho (un rock).

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 99) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Recoñecer e clasificar palabras coas diferentes pronuncias do x.

Ler comprensivamente oracións que conteñen as grafías aprendidas.

Recoñecer e completar as letras dos nomes de dous animais.

Propoñerlles aos nenos que conten na súa casa o conto con que se iniciaba esta unidade. Ao fío da presenza da raposa como personaxe protagonista do conto, o mestre pode suxerirlles que pregunten aos seus familiares se coñecen algún outro conto popular que teña como protagonista a raposa. Aprenderán o conto e contaranllo na clase ao resto dos compañeiros.

Contarlles aos alumnos que, coas desta unidade, terminan de coñecer todas as letras que constitúen o noso alfabeto. Indicarlles que nas páxinas finais aparece o abecedario con todas as letras que eles xa coñecen. Propoñerlles que leven o libro á casa e que lle mostren á súa familia que xa saben todas as letras do galego. Co apoio desas páxinas do libro, diranlle cal é o nome de cada unha e lerán as palabras que acompañan cada imaxe. Despois poden copiar, por orde, o abecedario.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Tratamento da información.

Se é posible, pódese aproveitar a presenza da raposa, o cervo e o moucho no conto para que os alumnos vexan algún documental sobre estes animais ou, baixo a súa supervisión localicen na rede de Internet, imaxes deles.

Interacción co mundo físico.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 78: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

78/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ao fío do conto pódese falar cos alumnos sobre as características dos animais bravos fronte aos animais domésticos. Ao mesmo tempo, explicar que animais coma o raposo non son bos nin malos. Eles tamén necesitan alimentarse, por iso cando o alimento no seu ámbito escasea, achéganse ás aldeas na procura de comida nas granxas.

É este bo momento tamén para falar sobre os problemas da caza exterminadora de especies e implicar os alumnos no respecto polos animais e o seu hábitat.

Autonomía e iniciativa persoal.Animar os alumnos máis tímidos a participar xunto cos compañeiros nas actividades orais e nas dramatizacións.Unha vez resoltas as actividades da dobre páxina 96 e 97, propoñerlles aos alumnos que avalíen o seu propio traballo e que expliquen en que actividades lles saíu mellor a letra e se hai algún caso en que cometesen erros.

Competencia social e cidadá.Pódese extrapolar o tema do conto sobre as diferenzas entre os animais ao mundo das persoas. Facerlles ver aos alumnos que entre as persoas atopamos tamén diferenzas físicas (de estatura, de cor de pel...) e de carácter.

Trátase de que se asuma que as diferenzas entre as persoas son boas para o enriquecemento persoal, xa que cada unha delas nos achegan distintas experiencias e puntos de vista que poden facernos mellorar en todos os aspectos.

Aprender a aprender.Explicar no encerado como se realiza o trazado do dígrafo ch e preguntar aos alumnos por que letras está formado: un c e un h. Contar que do mesmo xeito que ocorría no caso do ll (dígrafo que xa estudaron) sempre van xuntas as dúas letras para representar ese son. Escribir a forma maiúscula, Ch, e salientar que só se aplica a letra maiúscula á primeira letra.

Reforzar, traballando no encerado a direccionalidade do trazo, a discriminación visual entre k, x e w.

Competencia matemática.No texto do cartel da sala de exposición (páx. 95) aparece a referencia a un sexto piso. Aproveitar para traballar cos alumnos o concepto de ordinal e comprobar se son capaces de explicar a posición que corresponde ao sexto. Para iso o mestre pode debuxar no encerado, de forma esquemática, un edificio (un bloque de dez pisos) e en cada un dos laterais escribir os números ordinais correspondentes. Pedirlles aos alumnos que localicen o sexto piso explicando a posición entre o quinto e o sétimo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 79: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

79/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita, le e comprende unha narración. Recoñece personaxes, detalles e causas de feitos na historia. Desenvolve habilidades para expresarse oralmente. Dramatiza un texto dialogado. Asocia o dígrafo ch e a grafía x cos sons correspondentes. Desenvolve a lectoescritura de ch e x. Coñece as grafías k e w. Le palabras, oracións e textos sinxelos con todas as letras. Escribe palabras e oracións con todas as letras. Escribe ao ditado oracións sinxelas. Le con fluidez un texto poético.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 80: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

80/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 9

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender unha narración. Ler e comprender un texto narrativo que resume a narración. Ler e dramatizar un texto dialogado. Asociar os grupos pr e pl, br e bl cos sons correspondentes. Discriminar auditiva e graficamente sílabas abertas (pra, pla,... bra, bla...) e

pechadas (par, pal... bar, bal...). Identificar palabras que constitúen a oración. Fixar a ortografía natural do r. Escribir palabras con sílabas abertas (pra, pla,... bra, bla...) e pechadas (par,

pal... bar, bal...). Ampliar e fixar vocabulario relacionado cos animais domésticos. Ler e comprender un texto narrativo.

CONTIDOSGrupos consonánticos pr, pl, br e bl.

As palabras e as oracións.

Palabras con r (son forte e son suave).

Vocabulario: os animais domésticos.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de detalles, personaxes e secuencias do texto narrativo.

Dramatización do diálogo.

Localización auditiva e visual de grupos consonánticos.

Lectura de palabras e textos con sílabas abertas e pechadas.

Escritura de palabras con grupos consonánticos

Separación das palabras da oración.

Aplicación de vocabulario sobre animais domésticos.

Lectura e comprensión dun texto narrativo informativo.

Participación activa en actividades colectivas.

Gusto e interese por ler diferentes tipos de textos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 81: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

81/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ademais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Tratamento da información.

Interacción co mundo físico.

Aprender a aprender.

Competencia social e cidadá.

Competencia matemática.

Autonomía e iniciativa persoal.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 9 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo dos grupos pr e pl. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos en palabras. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo dos grupos br e bl. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos escritos e o comezo da escritura dos mesmos. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:4.ª semana de febreiro e 1ª de marzo.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 18 e 19 de reforzo.Ficha 8 de ampliación.Ficha 8 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto. -Poema dos grupos pr e pl.Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 82: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

82/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Antes de ler o conto da páxina 100, axudar aos nenos a ler o título do conto. Preguntar que é unha cabuxa (cría da cabra que xa non mama) e que é un labrego (persoa que traballa o campo e vive do seu cultivo). Despois solicitar que observen a escena que recolle a lámina, que localicen nela estes dous personaxes (a cabuxa e o labrego) e que identifiquen os demais animais que aparecen ilustrados (un can, un porco, unha vaca). A continuación, facer varias preguntas para que, na medida do posible, anticipen a historia do conto. Pódense guiar as súas observacións e comentarios mediante preguntas coma estas: Onde está a cabuxa? Que está facendo? Onde está o labrego? E os outros animais? Parécevos que están contentos? Por que estarán chorando?

Poñer a gravación do conto completo e interromper a audición cando ao mestre lle pareza oportuno; un bo instante sería xusto despois da intervención do porco, porque é o momento que reflicte a lámina e aínda non apareceu a abella. Contrastar a razón pola que todos os personaxes están chorando coas predicións iniciais dos alumnos. Formular novas preguntas para que fagan conxecturas sobre a posible resolución do problema: Que pasará agora? Que outro animal podería acudir e resolver o problema?

Rematada a audición, solicitar que os alumnos comenten o conto e opinen sobre a actitude da cabuxa, a reacción dos personaxes perante a oferta da abella e a propia acción desta. Comprobar que entenden a ameaza do aguillón da abella e aclarar o significado de palabras e expresións no seu contexto como: «unha cabuxa moi rebuldeira», «o pobre porco acabou esgotado», «a cabuxa nun abrir e pechar de ollos abandonou a horta».

Deixar uns minutos para que os alumnos fagan a lectura individual e en silencio do texto. Despois, realizarán a lectura en voz alta, en cadea e de punto a punto.

O mestre pode ofrecer máis información sobre as abellas. Achegar algunha información interesante sobre este personaxe que resolve a situación do conto. As abellas son insectos voadores. Viven en colonias formadas por moitos individuos e as súas casas chámanse colmeas. Teñen unha lingua longa coa que obteñen néctar das flores e as súas patas están adaptadas para coller pole das flores. Fabrican mel e cera e teñen unha importante función na natureza, xa que favorecen a polinización das flores. No apéndice do abdome, as obreiras teñen un aguillón que usan para se defenderen, pero no momento en que pican perden o aguillón, o que lles ocasiona a morte.

Antes de realizar as actividades do libro (páx. 102), animar os alumnos a que conten de forma resumida o argumento do conto. Se o mestre o considera oportuno, suxerir

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 83: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

83/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

que comecen un neno ou nena a contar e que outros compañeiros lle axuden a ir completando a historia.

As actividades de comprensión para traballar a lectura abranguen os aspectos seguintes:

Detalles. Identificar a acción desencadeante da historia: que a cabuxa comía as leitugas.

Causas. Explicar por que o labrego está a chorar.

Personaxes. Localizar o personaxe que resolve a situación. Todos os personaxes mencionados nesta actividade teñen un papel na historia, pero só a abella é a que consegue solucionar o problema.

Secuencia. Ordenar tres momentos da historia. Antes de resolver a actividade é preciso que aos alumnos analicen cada unha das escenas detidamente.

Sinonimia. Identificar o termo sinónimo para o adxectivo lista.

Ademais das actividades do libro do alumno, pódense formular outras preguntas: Onde estaban plantadas as leitugas? Onde tiña que estar a cabuxa? Por que se riron todos da proposta da abella? Chegou a abella a picar a cabuxa? Por que?

Pequeno teatro. Antes ler o texto, pedir que identifiquen os personaxes que interveñen. Facer unha lectura modelo previa salientando a entoación das exclamacións. Preguntar sobre o contido do diálogo: De que están a falar os animais? (Os animais reproban o comportamento da cabuxa e esta recoñece que foi inadecuado). Pedir que indiquen se esta conversa é anterior ou posterior á historia do conto. Seleccionar catro alumnos para que preparen a lectura e que a realicen perante aos compañeiros.

Educación en valores. Trátase de que os alumnos reflexionen sobre as normas e regras de comportamento e relación persoal, como pedir permiso.

Os animais do conto. Propoñerlles aos alumnos que, de forma colectiva, conten todo o que saben sobre os animais domésticos do conto (o can, a vaca, a cabuxa e o porco), onde viven, de que se alimentan, que nos proporcionan...

Lembrarlles, tamén, como intentaron os animais botar a cabuxa fóra da horta e os sons que emitían ao facelo: a vaca bruaba (muuu); o can ladraba (guau); o porco berraba (oing, oing); a abella zoaba (zuuummm). Propoñerlles que escollan un deles e que fagan un debuxo del cun globo en que inclúan o son que emite.

Presentación dos grupos pr e pl. Nesta unidade iníciase a presentación dos grupos consonánticos da nosa lingua que se prolongará nas dúas unidades seguintes.

Traballar a palabra xeradora da cabeceira como se adoitaba facer nas unidades anteriores. atender especialmente á pronuncia dos grupos consonánticos con cada

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 84: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

84/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

unha das vogais: lea en voz alta, salientando, as sílabas e realizar os exercicios de pronuncia que sexan precisos cos alumnos.

Antes de realizaren as actividades das páxinas 104 e 105, escribir no encerado sílabas abertas (pra, pre, pri...) e pechadas (par, per, pir....) varias veces e mesturadas. Sacar alumnos ao encerado de dous en dous, dicirlle a cada un unha sílaba que deberá buscar no encerado e arrodeala. Despois de presentar o grupo pl, pódese realizar a mesma actividade, mesturando sílabas abertas e pechadas dos dous grupos.

Na primeira actividade da páxina 104, mestúranse palabras que conteñen as sílabas abertas con br con outras que conteñen sílabas pechadas, trabadas por r. Prestar especial atención á realización desta actividade e pedir unha lectura en voz alta para que os alumnos perciban a correcta pronunciación.

Asegurarse de que os alumnos coñecen os significados de todas as palabras.

Poema para os grupos pr e plEspreguiza o galo,

ao sentir o día,

a capa de plumas

e logo asubía.

Senten a chamada

do galo e mais do sol

a presumida xoaniña

e o preguiceiro caracol.

Esperta o paxaro

alá no seu niño

á procura dos vermes

que van polo camiño.

(Ana Mª Fernández)

Presentación dos grupos br e bl. Realizar exercicios de pronuncia do grupo br cos alumnos; propoñer que imiten a onomatopea para expresar que teñen frío (brrr!). Escribir no encerado as sílabas con br, lelas en voz alta salientando a pronuncia do grupo e pedir que sexan eles os que a continuación as lean.

Propoñer que os alumnos digan libremente palabras con estes grupos e escribilas no encerado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 85: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

85/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Prestar especial atención a aquelas palabras coas que poidan darse interferencias co castelán para corrixir e fixar as formas correctas: por exemplo branco, brando... Propoñer que formen oracións en que inclúan esas palabras, escribilas no encerado e solicitar que arrodeen o grupo traballado.

Atenda especialmente á discriminación de sílabas abertas e pechadas por parte dos alumnos.

Lembrarlles que non esquezan observar os apoios gráficos de cada unha das oracións e textos que len. Na derradeira actividade da páxina 107, atender especialmente á súa resolución; nela os alumnos teñen que realizar varias actividades: ler o texto, observar a ilustración e marcar a resposta que corresponde atendendo á información da ilustración.

Poema para o son brA bruxa que abrasou en brasas

a braña da Baña

abrasou no braseiro os seus brazos

e agora anda abrazada a un acivro

para que abroche abrochos

que abrochen a braña da Baña

e que endexamais outra bruxa

a volver abrasar en brasas.

(Xoán Babarro)

Baixo o título Descubrimos a lingua, preséntase un programa específico de iniciación gramatical e ortográfica. A primeira páxina dedícase á Gramática, nela os alumnos enfróntanse a conceptos gramaticais de forma intuitiva; nesta ocasión o concepto de oración e de palabra como constituínte de oracións. Previamente á realización das actividades, escribir unha palabra no encerado, por exemplo: casa. Despois pedir que distintos nenos formen oracións con ela. Escribilas todas no encerado e destacar que relacionando esa palabra con outras formaron mensaxes con sentido. Explicar que, cando falamos e escribimos, empregamos palabras.

Na primeira actividade da páxina 108 agrupáronse as palabras por sintagmas que os alumnos deben ordenar para formar a oración correcta. Chamar previamente a atención dos alumnos sobre o feito de que en cada recadro aparecen dúas palabras. Destacar o branco existente entre cada unha. Lembrarlles que ao escribir a oración ordenada deben manter os espazos entre as palabras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 86: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

86/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Antes de escribir a oración con cada palabra ben espaciada, pedir que lean e identifiquen oralmente cada palabra de cada oración. Chamar a atención sobre a importancia de separar as palabras entre si, para facilitar a comprensión.

Ortografía. Na páxina 109, dedicada á ortografía natural, repásase a representación gráfica dos sons r suave e r forte. Convén recordarlles que o erre dobre (-rr-) só aparece entre vogais e para representar o son r forte.

Identificación do son. Pedir que lean en alto as palabras propostas antes de clasificalas para comprobar que son realizan en cada caso.

Palabras con r ou rr. Antes de escribir as grafías pedir que atendan á posición e realización do son.

Escritura de oracións. Os alumnos deben substituír as imaxes por palabras, coma nos casos anteriores, solicitar que xustifiquen o uso de r ou rr en cada palabra.

Máis exercicios con oracións. Entregar a cada alumno unha tira de papel cunha oración escrita. (A cada un unha oración distinta cun número de palabras diferente.) Solicitar que conten as palabras da súa oración e que escriban, ao carón, o número. Despois cada alumno lerá en alto a súa oración moi amodo e os compañeiros deberán dicir cantas palabras ten.

Máis ditados

María colocou unha rosa no xerro.

Vin unha rula no alto do hórreo.

Tes a cara manchada de terra.

Escribir no encerado unha serie de palabras en que faltan os erres, tanto con son suave coma con son forte. Os nenos terán que descubrir de que palabra se trata e escribir no encerado a grafía

que falte. Por exemplo:

ca_ei_a a_edo_

_a_ísimo ho_o_oso

a_anxa_ fe_ei_o

A páxina de escritura (110 -111) ten como finalidade reforzar a escrita dos grupos consonánticos traballados na unidade así coma as sílabas abertas e pechadas trabadas por l e r.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 87: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

87/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Se o mestre o considera conveniente, antes de realizar as actividades do libro, traballar as oposicións de sílabas abertas e pechadas, que os nenos xa coñecen do traballo realizado nas páxinas de lectura do libro. Poden empregarse estas parellas de palabras:

barba/brava prezo/perto

broma/borna plano/palmo

branco/barco prado/pardo

Pedirlles aos alumnos que lean as sílabas de cada parella de recadros. Tras observar as ilustracións, dirán en voz alta as palabras que nomean eses elementos, despois completarán por escrito cada palabra na pauta.

Os alumnos deben completar o texto colocando cada unha das palabras no lugar que lle corresponda, atendendo ao sentido. Pedir que lean primeiro as palabras dos recadros, despois que vaian lendo o texto e escollendo a palabra que acaia. Finalmente completarán o texto escribindo cada palabra na súa pauta.

Comeza na páxina 111 un apartado dedicado á aprendizaxe de vocabulario. Nesta ocasión, baixo o título Os animais domésticos, os alumnos aprenderán e fixarán termos relacionados cos animais da granxa: as dependencias e as súas crías. Ademais, á vez, refórzase a práctica da escrita naquelas actividades en que teñen que completar as oracións.

Dependencias para os animais. Pedirlles aos alumnos que observen a lámina inicial, que lean as palabras e comprobar se hai algunha que non entenden.

As familias de animais. Pedir aos alumnos que identifiquen en cada caso a femia, o macho e a cría.

Propoñer un xogo. Organizar un xogo para que os alumnos reforcen o traballo cos grupos consoánticos. Escribir no encerado os grupos desta unidade. Cada neno elixirá un e escribirao nun papel. Despois todos deixarán ese papel na mesa do profesor. Cada alumno collerá un deses papeis ao chou e deberá dicir ou escribir todas as palabras que se lle ocorran con ese grupo.

Máis ditados

Branca comprou un abrigo e unha blusa.

O sombreiro de Brais está sobre o moble.

Alberte é un rapaz moi amable.

Estivemos na praia e despois no parque.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 88: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

88/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Propoñerlles aos alumnos realizar unha copia ao ditado dunha oración no caderno. Escoller unha que inclúa palabras con grupos consonánticos. (Pódese seleccionar algunha do Banco de oracións, nas páxinas de lectoescritura desta guía). Dicirlles que nesta ocasión non a vai escribir no encerado.

Lérllela primeiro unha vez, e despois ditárllela palabra a palabra.

Para introducir a lectura do texto da páxina 112, dirixir a atención dos alumnos sobre a ilustración do texto e pedir que describan o que ven. Animalos a facer unha primeira lectura en silencio. Realizar por parte do mestre unha lectura en voz alta que lles sirva de modelo e, a continuación, que o lean eles en voz alta. Chamar de novo a atención sobre o título e pedir que o expliquen a partir do contido do texto: Quen é Perla? Cal foi a sorpresa de Perla? A quen lle deu esa sorpresa?

Propoñerlles que inventen outro título para o texto. Anotar as achegas dos alumnos no encerado e animalos a que, entre todos, seleccionen aquel que máis se axusta ao contido do texto.

As dúas actividades propostas no apartado Lemos da páxina 112 céntranse na interpretación de dous detalles fundamentais para a comprensión do texto. Pedirlles que as resolvan primeiro de forma individual. Recomendarlles que eles mesmos lean os enunciados e que interpreten o que deben facer en cada caso

Convén que expliquen o significado da palabra a partir do contexto; relerlles a oración en que aparece aleitar («sobre a palla aleitaba cinco preciosos gatiños, e como mamaban!»).

Comprobar se os alumnos entenden o xogo humorístico que fai o rapaz ao dicir «pensei que perdera unha gata e atopei seis».

As actividades que se propoñen nesta páxina final de repaso (páx. 113) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Completar palabras con sílabas abertas ou pechadas.

Ordenar palabras e formar oracións

Escribir nomes de animais.

Pedirlles aos alumnos que conten na casa o conto desta unidade A cabuxa do labrego. Poden facer un debuxo do conto para levar á aula.

Propoñerlles aos alumnos que elaboren coa axuda dun familiar unha lista de nomes de animais que conteñen r (son forte) e r (son suave). Deben escribir unha columna

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 89: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

89/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

con cada serie. Despois levarán o seu traballo á aula e, coas achegas de todos, elaborarase no encerado unha gran lista de nomes de animais que teñen r.

Se o mestre o considera oportuno, suxerirlles aos alumnos que busquen, en revistas vellas que teñan na casa, imaxes de animais domésticos. Recortaranos e apegarán sobre un papel todas as figuras formando unha colaxe. Despois reuniranse todos os traballos e exporanse na aula.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Tratamento da información.Se é posible, ofrecerlles aos alumnos algunha foto, libro ou documental sobre as abellas. Ter en conta que algúns nenos poden mostrar medo a estes insectos. Falarlles da súa función na natureza e das precaucións que se debe ter con elas. Animar os demais nenos a non rirse nin ridiculizar os medos dos compañeiros e axudalos a atopar unha solución a eses medos e gañar confianza en si mesmos.

A propósito da primeira actividade da páxina 105, e o enunciado unha placa na porta, aproveitar para preguntarlles aos alumnos se adoitan fixarse nos carteis que hai en lugares públicos. Animalos a contar qué carteis lembran e o que indican. Recomendarlles que se afagan a ler letreiros en lugares públicos. Salientar que son moi importantes xa que ofrecen informacións, recomendacións ou prohibicións que os cidadáns necesitan e deben coñecer.

Interacción co mundo físicoAproveitar para falar cos alumnos sobre o traballo dos labregos e, por extensión, dos granxeiros e gandeiros que cultivan produtos vexetais e crían animais cos que nos alimentamos. No conto faise mención tamén da horta e do prado. Explicarlles aos alumnos a función destes dous tipos de terreo.

A partir do contido do programa de Vocabulario, facerlles ver aos alumnos que os animais, igual ca as persoas, necesitan un espazo axeitado para vivir. Trasladar esta reflexión ás necesidades que teñen tamén os animais de compañía. Comentar que, se non podemos ofrecerlles unhas boas condicións de vida, é mellor non pedir nin ter animais na casa, pois pode ser prexudicial para eles.

Aprender a aprenderComentarlles aos alumnos que, se teñen problema para resolver unha actividade, o mellor é preguntarlle ao mestre ou mestra. Facerlles ver que é normal ter dúbidas e que resolvelas é a mellor maneira para aprender. Lembrarlles que para formular unha pregunta deben levantar a man e agardar a vez de palabra.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 90: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

90/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Escribir no encerado as sílabas pra, pre, pla, ple... e pedir a varios alumnos que saian a repasalas con xiz de cor. Axudalos a lelas en alto pronunciando claramente o son. Traballar tamén o trazo da ligadura do p co r e o l.

Preparar un xogo de tarxetas que recollan todas as vogais e mais as consoantes p, b, r, l (unha letra por tarxeta).

Con esas tarxetas os alumnos formarán sílabas abertas e sílabas pechadas, colocando alternativamente a vogal entre as consoantes ou en posición final. (Esta baralla irase ampliando nas seguintes unidades coas novas consoantes que correspondan aos outros grupos consonánticos.)

Competencia social e cidadáAo fío do tema do conto, explicarlles aos alumnos que o que crece nos campos é froito do traballo diario do campesiño e ese traballo debe ser respectado; non se pode destruír, pisar, ou coller sen permiso como facía a cabuxa.

Ampliar esta idea a calquera outra realidade próxima aos alumnos; por exemplo o caso de respectar os traballos ou materiais dos compañeiros, non estragárllelos nin collérllelos sen permiso...

Competencia matemáticaAproveitar a referencia ao xogo dos birlos, na terceira actividade da páxina 106, para falar deste xogo e, se é posible, practicalo por exemplo nun recreo. Este xogo, ademais de ser unha boa actividade para afianzar a puntería e traballar a concentración, favorece a exercitación da suma (por exemplo, os alumnos poden contar cantos birlos son derrubados por cada tirador e sumar as puntuacións).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende unha narración. Le e comprende un texto narrativo que resume a narración. Le e dramatiza un texto dialogado. Asocia os grupos pr e pl, e br e bl cos sons correspondentes. Discrimina auditiva e graficamente sílabas abertas (pra, pla... bra,

bla...) e pechadas (par, pal... bar, bal...). Identifica palabras que constitúen a oración. Fixa a ortografía natural do r. Escribe palabras con sílabas abertas (pra, pla... bra, bla...) e pechadas

(par, pal... bar, bal...). Amplía e fixa vocabulario relacionado cos animais domésticos. Le e comprende un texto narrativo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 91: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

91/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 10

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender unha narración. Ler e comprender un texto narrativo que resume a narración. Ler e dramatizar un texto dialogado. Asociar os grupos cr e cl, gr e gl cos sons correspondentes. Discriminar auditiva e graficamente sílabas abertas (cra, cla... gra, gla...) e

pechadas (car, cal... gar, gal...). Iniciarse na identificación de accións verbais. Afianzar a ortografía natural do son k. Escribir palabras con sílabas abertas (cra, cla,... gra, gla...) e pechadas (car,

cal... gar, gal...). Ampliar e fixar vocabulario relacionado con utensilios da granxa. Ler e comprender un texto poético.

CONTIDOSGrupos cr, cl, gr e gl.

O verbo.

Palabras con ca, co, cu, qui, que.

Vocabulario: utensilios da granxa.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de detalles, personaxes e secuencias do texto narrativo.

Desenvolvemento da expresión oral.

Dramatización dun diálogo.

Localización auditiva e visual de grupos consonánticos.

Lectura de palabras e textos con sílabas abertas e pechadas.

Escritura de palabras con grupos consonánticos.

Identificación e expresión de accións verbais.

Escritura de palabras coas sílabas ca, co, cu, que, qui.

Aplicación de termos sobre utensilios de granxa.

Lectura dun poema.

Interese por expresarse con entoación axeitada.

Interese pola aprendizaxe de novas palabras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 92: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

92/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Tratamento da información.

Competencia social e cidadá.

Autonomía e iniciativa persoal.

Aprender a aprender.

Competencia artística e musical.

Interacción co mundo físico.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 10 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo dos grupos cr e cl. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos escritos e o comezo da escritura dos mesmos. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes dobres páxinas están dedicadas ao estudo dos grupos gr e gl. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos escritos e o comezo da escritura dos mesmos. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2.ª e 3ª semana de marzo.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 21, 22 e 23 de reforzo.Ficha 9 de ampliación.Ficha 9 de control.CD Contos e rimas: -Audición do conto.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 93: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

93/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

-Poema dos grupos cl e cr. Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, axudar os nenos a ler o título do conto. Preguntar que é un gran de millo e comprobar que o relacionan con cada unha das sementes que forman a mazaroca de millo. Adiantarlles que este é o sobrenome que lle dan, no conto, ao rapaciño que poden ver na lámina sentado nunha folla. Solicitar que xustifiquen este alcume para ese personaxe (trátase de que expliquen que o nome lle ten que vir do seu tamaño diminuto, tal como se observa na ilustración). Solicitar que analicen polo miúdo a escena da lámina e que describan o que ven (un home que recolle verdura e un animal, o boi, que mira fixamente para o neno). Facer preguntas para que poidan anticipar detalles da historia: Onde está sentado o neno? Que está facendo? Por que o boi mirará fixamente cara a onde está o neno? Fará algo o boi co neno? O que?

Poñer a versión gravada do conto. Pódese interromper esta audición da versión completa no momento en que o boi come a planta e a Gran de millo con ela. Preguntar, antes de continuar, o que cren que vai pasar a continuación e como poderá saír o neno de dentro do boi sen facerlle ningún dano ao animal. Despois continúe coa audición e, unha vez rematada, comprobar se aos nenos lles gustou o conto e se lles pareceu enxeñosa a maneira en que Gran de millo saíu do boi. Estimular os nenos para que expresen impresións persoais sobre a historia: Fixo ben Gran de millo en esperar alí na árbore a que os pais o atopasen? Que vos parece o final do conto?

Deixar uns minutos para que os alumnos fagan a lectura individual e en silencio do texto. Aclarar o significado das palabras que descoñezan. Despois, realizarán a lectura en voz alta e en cadea. Preguntar a partir da lectura desta versión sintetizada: Cal era o nome real de Gran de millo? Como era o neno? Como conseguiu saír do boi? A onde foi parar? Que fixo alí? Por que o ladrón se asustou tanto?

O mestre pode propoñer outras actividades, por exemplo, de escoller verdadeiro ou falso. Enumerar unha serie de oracións relacionadas co conto. Os nenos deberán decidir en cada caso se se trata dun dato falso ou verdadeiro. Por exemplo:

–Gran de millo escondeuse dentro da barriga do boi.

–O boi levou a Gran de millo ata o carballo e deixouno no alto dunha ponla.

–As voces que escoitou o ladrón eran pantasmas de verdade.

–Gran de millo devolveu o diñeiro que o ladrón deixou ao pé do carballo.

Antes de realizar as actividades das páxinas 116 e 117 do libro, animar os alumnos a que recorden de forma colectiva o conto. Se o mestre o considera oportuno,

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 94: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

94/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

suxerir que comezar un neno ou nena a contar, interrompelo en certo momento e pedir que outro compañeiro ou compañeira continúe. Despois solicitar que realicen as actividades de comprensión do libro, que abranguen estes aspectos:

Calidades do personaxe. Identificar dúas calidades de carácter que configuran o personaxe principal. Aproveitar para opoñer os adxectivos medoso/valente e babeco/listo. Tras a corrección da actividade destacar que, ademais da valentía e a intelixencia, hai outro trazo que caracteriza (moralmente) a Gran de millo: a honradez; pois devolve aos seus donos o diñeiro que o ladrón deixa atrás.

Acción. Explicar unha acción realizada polo personaxe principal. Aproveitar para que os alumnos lembren como facía Gran de millo para subir deica a orella do boi.

Secuencia. Ordenar tres momentos da historia. Lembrarlles que, antes de marcar a secuencia, deben analizar cada escena con detemento para determinar a orde (Susiño tocando o clarinete antes de que o boi o engula; cando vai polo aire tras saír expulsado da boca do boi e, no momento do desenlace da historia, cando observa o botín abandonado polo ladrón).

Detalle final do desenlace. Lembrar e escribir un detalle que corresponde ao desenlace do conto. Pedir que antes de escribila na pauta, digan a frase e despois que atendan a escribir cada palabra separada da outra.

Explicar o significado dunha palabra. Identificar a imaxe que expresa o significado de anicado. Aproveitar para presentar sinónimos do termo: encrequenado, anesgado, aniñado.

Facer un pequeno teatro. Aclarar a función dos puntos suspensivos e facer fincapé nesas pausas. Seleccionar tres alumnos para facer a lectura.

Educación en valores. Crear un clima de confianza para que falen con naturalidade dos seus medos.

Lembrarlles aos nenos as dúas comparacións que se fan no texto para caracterizar o personaxe (pequeno coma un grilo ou coma un gran de millo) e salientar o seu carácter hiperbólico. Propoñerlles que digan comparacións parecidas, coñecidas ou inventadas por eles, para expresar outras calidades:

alto: coma unha xirafa, coma unha torre...

lento: coma un caracol, coma unha tartaruga...

rápido: coma unha lebre, coma unha gacela...

forte: coma unha rocha, coma unha montaña...

Para presentar os grupos cr e c, traballar as palabras xeradoras da cabeceira coma de costume (páxs. 118 e 119) e atender especialmente á pronuncia dos grupos consonánticos con cada vogal: ler en voz alta, salientando, as sílabas e realizar os exercicios de corrección da pronuncia que sexan precisos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 95: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

95/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Antes de realizaren as actividades das páxinas mencionadas, escribir no encerado sílabas abertas (cra, cre, cri, cro, cru) e pechadas (car, cer, cir, cor, cur), varias veces e mesturadas. Sacar alumnos ao encerado de dous en dous, dicirlle a cada un unha sílaba que deberá buscar no encerado e arrodeala. Facer especial fincapé en que a letra c coas vogais e, i ten unha pronuncia diferente, como xa estudaron. Despois de presentar o grupo cl, pode realizar a mesma actividade, mesturando sílabas abertas e pechadas.

Entre as actividades de lectura, na páxina 119, inclúese unha oración longa en letra composta (a definición dunha froita): pedir que a lean en alto e comprobar que a decodifican correctamente.

Poema para o grupo cr O crocodilo

non gañaba

para cepillos de dentes

e puxo unha farmacia.

A que ten graza?

Coa bata de cor branca

e lentes de intelixente

véndelles crema

aos clientes.

Que disparate!

Un día que tiña fame

comeu un cervo criticón

que ía por un calmante.

Boticario maleante!

(Gloria Sánchez, Adaptación)

Para presentar os grupos gr e gl (páxs. 120 e 121), traballar a cabeceira de cada grupo coma de costume.

Prestar especial atención ás palabras en que poidan darse interferencias co castelán; por exemplo, facer fincapé en que as formas correctas son regra, igrexa e grilanda. Pódese propoñer que formen oracións en que inclúan esas palabras, escribilas no encerado e solicitar que arrodeen o grupo traballado en cada unha.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 96: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

96/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Atender especialmente á discriminación de sílabas abertas e pechadas por parte dos alumnos. Se o mestre o considera oportuno, escribir no encerado algunhas das palabras da primeira actividade de cada páxina e arrodear as sílabas abertas e pechadas, para que os alumnos comproben en cales está o grupo consonántico gr ou gl.

Pedir que os nenos lean os textos en voz alta para asegurarse de que non lles presentan dificultades. Despois realizarán as actividades de forma individual. Na segunda actividade da páxina 120, o mestre pode solicitar que localicen ademais as palabras grosellas e granadas no texto.

Comprobar tamén se cómpre aclarar dúbidas de significado, é posible que descoñezan algúns termos dos textos da páxina 121: glorieta, galgo, xungla ou iglú.

Practicar o exercicio de atopar a sílaba. Escribir no encerado dúas sílabas (gor e gro, por exemplo) e palabras que as conteñan (grosa, groxa, ogro, gordo, agromar, engordar). Pedir que atopen e rodeen cada sílaba na palabra de cor distinta.

Poema para o son gr. Un grilo e un ogro

atopáronse nunha gruta.

O ogro, gritou:

–Grrr! Grrr!

E o grilo cantou:

–Cri, cri, cri!

E non se asustou.

Nesta unidade o concepto gramatical que se presenta é o verbo como palabra que expresa acción. O obxectivo é que os alumnos identifiquen accións e xeren oracións que as expresen. Antes de realizaren as actividades, preguntar que cousas fan na escola, por exemplo: ler, escribir, pintar, xogar... Anotar esas palabras, verbos, no encerado e explicar que con palabras coma esas expresamos as cousas que facemos.

Pedirlles aos alumnos que observen cada unha das imaxes da páxina 122 que representan accións realizadas por diferentes personaxes e preguntar: Que fai cada un? A continuación solicitar que localicen a palabra que expresa esa acción no recadro. Despois deberán colocar o número desa palabra en cada viñeta. O mestre pode aproveitar para formar oracións concretas co verbo conxugado: O neno cruza a rúa. A nena pesca á beira do mar. A nena lanza a pelota con forza, etc.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 97: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

97/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Os alumnos deben ler en voz alta a pregunta Que fan? e observar a ilustración atentamente para determinar as accións. Lembrarlles que ao rematar de escribir a oración deben poñer un punto.

Por competencia, os alumnos determinarán cal é a forma verbal que corresponde a cada oración segundo a concordancia de número.

Para introducir o programa de Ortografía, antes de que realicen as actividades da páxina 123, escribir no encerado as sílabas con c ou qu. Compare as diferenzas de grafías para transcribir o son k e destacar a vogal que acompaña cada grafía.

Pedir que lean en alto as sílabas antes de completar as palabras propostas.

Facerlles observar que a única sílaba que falta ten o son k e deben determinar se se escribe con c ou qu.

Os nenos deben substituír as imaxes polas palabras correspondentes. Solicitar que xustifiquen o uso de c ou qu en cada caso.

Propoñer que os alumnos representen con mímica accións que correspondan a verbos con grupos consonánticos vistos (soprar, aplaudir, plantar, brincar...). Dicirlle a acción ao oído a un neno. Este representaraa e os demais deberán adiviñar e dicir o que fai verbalizando unha oración en que o suxeito sexa a nena ou neno que a realiza (por exemplo: Aldara sopra.)

Ditados

Catarina comeu unhas rosquillas.

Carme vive nun quinto piso.

O camión aparcou a carón da miña casa.

Se o mestre o considera oportuno, pedir aos alumnos que escriban no seu caderno tres palabras con cada unha das sílabas que corresponden ao son k

(ca, co, cu, que, qui)

A continuación, preséntase a dobre páxina dedicada á escritura (páxs. 124 e 125). As actividades desta páxina de escritura van dirixidas a reforzar a escrita dos grupos consonánticos traballados na unidade así como a traballar con sílabas abertas e pechadas.

Pedirlles aos alumnos que lean as sílabas de cada parella de recadros. Tras observar as ilustracións da páxina 124, dirán en voz alta as palabras que nomean eses elementos, despois completarán por escrito cada palabra na pauta. Comprobar

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 98: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

98/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

que comprenden todos os termos que se presentan nesta actividade. Darlles un contexto para que escollan a palabra que acae a cada un, por exemplo:

–Para colgar un cadro na parede, necesito un ______

–Para comer, emprego un _____

–Para escribir no ordenador, premo as letras do ____

Tamén o mestre pode pedirlles aos alumnos que sexan eles os que formen oracións en que se inclúan as palabras desta actividade.

Practicar a formación de oracións. Os alumnos deben relacionar cada parte da oración (o suxeito e o predicado) atendendo ao sentido e a acción realizada por cada suxeito. Pedir que lean primeiro as palabras dos recadros e que localicen despois cada personaxe. Finalmente escribirán cada oración na pauta correspondente.

O vocabulario desta unidade (páx. 125) vén ampliar o iniciado na unidade anterior xa que se enmarca no ámbito da granxa. Agora os nenos aprenden nomes de utensilios e tamén de produtos vexetais cultivados.

Solicitar que observen a lámina inicial da mesma páxina con detemento e que lean as palabras. Preguntar se coñecían eses instrumentos e cales resultan novos para eles. Despois, atendendo ás accións que realiza cada personaxe, deben completar a primeira actividade.

Se descoñecen este tipo de xogo, explicar en que consiste unha sopa de letras e o método para atopar e marcar as palabras localizadas.

Aproveitar a presenza de vocabulario sobre cultivos para que os alumnos traballen a clasificación de palabras en dous campos semánticos. O mestre pode ofrecerlles unha serie de nomes de produtos agrícolas (laranxa, mazá, pera, berenxena, tomate, cenoria) para que os alumnos as clasifiquen en froitas e hortalizas.

Suxerirlles aos alumnos que fagan un debuxo dalgunhas das ferramentas, verduras e hortalizas presentadas nesta unidade e escriban a carón unha oración relacionada.

Para presentar a páxina 126, centrar a atención dos alumnos na ilustración que acompaña o poema e pedir que describan o que ven. Lerlles o título A garza, preguntar se coñecen esta ave e ofreza información sobre ela (patas longas moi finas, plumaxe branca, pescozo longo con forma de s, viven onde haxa auga, nas beiras de lagos e pantanos). Despois pedirlles que realicen unha primeira lectura silenciosa e que expliquen o que entenderon. Realizar por parte do mestre unha lectura en voz alta ou poñerlles a gravación do poema. Preguntar como é a garza da que fala o texto: A que se parece o seu corpo (plumaxe)? E as súas patas? A que se parece toda ela?

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 99: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

99/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Os alumnos teñen que completar cada poemiña da páxina 126 cun termo comparativo axeitado. Aconsellar que lean primeiro con atención o texto e despois que seleccionen a palabra axeitada. As palabras que deben completar manteñen a rima asoante do poema o que facilita tamén o xogo poético. Pedirlles que expliquen e xustifiquen esas comparacións. (A forma da bolboreta é moi parecida á forma dun abano: as súas ás son de cores e móvense como se desen aire igual ca o abano. A forma das follas do piñeiro é moi parecida á forma das agullas de coser: son finas e aguzadas, pican igual ca as agullas.)

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 127) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Completar palabras con sílabas abertas ou pechadas.

Completar oracións con accións verbais en plural.

Expresar por escrito e libremente un gusto persoal.

Facer fotocopias do texto Gran de millo completo e proporcione unha a cada alumno para que a leven á casa. O obxectivo é que algún familiar lles lea o conto de novo. Pedir que fagan un debuxo do momento do conto que máis lles gustase e que o leven á aula. Poden escribir unha oración indicando o que reflicte ese momento.

Aproveitar para que os alumnos repasen a ortografía do son k. Pedir que coa axuda de alguén fagan unha lista de palabras con ca, que, qui, co e cu.

Os nenos poden pedirlle a un membro da familia que lle axude a buscar información sobre as garzas (tema do poema desta unidade); pode ser en Internet ou nunha enciclopedia. Despois escribirán unhas oracións sobre estes animais e farán un debuxo alusivo.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Tratamento da información.É moi posible que os alumnos coñezan outras versións do conto, como a coñecida co título de Garavanciño. Confronte o sobrenome con que é denominado o personaxe nas dúas versións (Garavanciño fronte a Gran de millo) para que observen que nos dous casos o título ten como fin salientar o reducido tamaño do personaxe.

Chamar a atención sobre o símbolo kg que aparece no peso do primeiro encrucillado. Explicar que se escribe con k nesa forma abreviada, pero a palabra completa en galego escríbese con qu.

Competencia social e cidadá.Aproveitar as características físicas de Gran de millo para salientar que esa peculiaridade non lle impide facer moitas e importantes cousas. Aproveitar para

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 100: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

100/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

inculcar respecto ás diferenzas físicas e rexeitar actitudes discriminatorias polo aspecto físico.

Cómpre ter en conta que o alcume de Susiño é cariñoso e afectivo no conto. Advertir que se deben rexeitar sempre os alcumes ofensivos.

Durante a conversa sobre os medos de cada un, impedir que os nenos se burlen das experiencias que conten os seus compañeiros ou que se fagan comentarios ou valoracións que reflictan prexuízos sexistas como pretender que as nenas son máis medosas. Lembrarlles que todos sentimos medo algunha vez.

Fomentar o respecto polas realizacións lingüísticas que poidan presentarse entre os alumnos coma no caso da pronuncia con gheada dos grupos gr e gl.

Autonomía e iniciativa persoal.Chamar a atención dos alumnos sobre a actitude do protagonista do conto perante as situacións complicadas e a súa capacidade para afrontar os problemas e buscar solucións. Animalos a que expresen situacións en que se sentiron preocupados por un problema e como o resolveron.

Aprender a aprender.Escribir no encerado algunhas sílabas abertas e pechadas (cra, cre, cla, cle...). Pedir que os alumnos as lean en alto e traballar tamén o trazo da ligadura do c co l e co r.

Por outra banda prestar especial atención a aquelas palabras coas que poidan darse interferencias co castelán, para corrixir e fixar as formas correctas, por exemplo cravo e azucre. Escribir esas palabras no encerado e pedir que formen oracións diversas con elas.

Ampliar o xogo de tarxetas que se propuxo realizar na unidade anterior con dúas tarxetas máis: unha con c e outra con g. Con esas tarxetas os alumnos formarán as novas sílabas abertas e sílabas pechadas, coas que se traballou na lectoescritura desta unidade. Formaranas alternando a posición da vogal entre as consoantes c, g e r, l, ou colocándoa despois do grupo.

Escribir no encerado a palabra queixo. Salientar a importancia que ten aprender a escribir correctamente as palabras con qu, porque, se nos equivocamos e escribimos un c no lugar de qu, xa non estamos nomeando a palabra queixo e ninguén entenderá o que escribimos

Competencia cultural e artística.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 101: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

101/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ao fío da palabra xeradora clarinete, aproveitar para que os alumnos falen de instrumentos musicais: animalos a dicir nomes de diferentes instrumentos, que os describan, que conten se saben tocar algún e se lles gustaría saber tocalo, etc.

Interacción co mundo físico.A partir do contido do Vocabulario, pódense desenvolver aspectos diversos relacionados coa tecnoloxía, o consumo e a saúde. Falar cos alumnos das funcións das ferramentas e da súa importancia no desenvolvemento do traballo para o que foron creadas. Lembrarlles ademais que non deben coller nin xogar con utensilios perigosos e que o perigo non só está nos obxectos cos que poden cortarse, senón tamén nos que funcionan con corrente eléctrica (trades, segadoras...) Aproveitar tamén para valorar o traballo dos agricultores e recoñecer o seu papel na obtención dos alimentos.

Falar ademais da importancia de comer verduras: os vexetais son moi bos para a saúde; é preciso afacerse a tomalos a diario, xa que favorecen o crecemento san do organismo e axudan a previr enfermidades.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende unha narración. Le e comprende un texto narrativo que resume a narración. Le e dramatiza un texto dialogado. Asocia os grupos cr e cl, gr e gl cos sons correspondentes. Discrimina auditiva e graficamente sílabas abertas (cra, cla... gra,

gla...) e pechadas (car, cal... gar, gal...). Iníciase na identificación de accións verbais. Afianza a ortografía natural do son k. Escribe palabras con sílabas abertas (cra, cla,... gra, gla...) e pechadas

(car, cal, gar, gal...). Amplía e fixa vocabulario relacionado con utensilios da granxa. Le e comprende un texto poético.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 102: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

102/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 11

OBXECTIVOS

Escoitar e comprender unha narración. Ler e comprender un texto narrativo que resume a narración. Ler e dramatizar un texto dialogado. Asociar os grupos fr e fl, tr e dr cos sons correspondentes. Discriminar auditiva e graficamente sílabas abertas (fra, fla... dra, tra...) e

pechadas (far, fal... tar, dar...). Empregar intuitivamente os pronomes persoais tónicos. Afianzar a ortografía natural do son z. Escribir palabras con sílabas abertas (fra, fla... dra, tra...) e pechadas (far,

fal... tar, dar...). Ampliar e fixar vocabulario relacionado co mar e a praia. Ler e comprender un texto informativo.

CONTIDOSGrupos fr, fl, tr e dr.

O pronome persoal tónico.

Palabras con za, zo, zu, ci, ce.

Vocabulario: o mar e a praia.

Escoita, lectura e comprensión dunha narración.

Recoñecemento de detalles, personaxes e a secuencia do texto narrativo.

Desenvolvemento da expresión oral.

Dramatización dun diálogo.

Localización auditiva e visual de grupos consonánticos.

Lectura de palabras e textos con sílabas abertas e pechadas.

Escritura de palabras con grupos consonánticos.

Emprego de pronomes persoais.

Escritura de palabras coas sílabas za, ce, ci, zo, zu.

Aplicación de vocabulario sobre o mar e a praia.

Lectura dun texto informativo.

Preocupación por escribir con limpeza e corrección.

Interese pola lectura como fonte de información, de entretemento e pracer.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 103: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

103/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese ao desenvolvemento das competencias:

Interacción co mundo físico.

Autonomía e iniciativa persoal.

Aprender a aprender.

Competencia matemática.

Educación cultural e artística.

Competencia social e cidadá.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 11 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada ao estudo dos grupos fr e fl. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos escritos e o comezo da escritura dos mesmos. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As dúas seguintes páxinas están dedicadas ao estudo dos grupos tr e dr. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación de ditos grupos escritos e o comezo da escritura dos mesmos. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:1.ª quincena de abril.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 24 e 25 de reforzo.Ficha 10 de ampliación.Ficha 10 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 104: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

104/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

-Poema do grupo fr. Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, centrar a atención dos alumnos na lámina da páxina 128 e formular preguntas que axuden a describir a escena: Onde sucede a historia? Que elementos hai no ceo? Que elementos hai na terra? Como é a montaña? Onde está situado o rato? Con quen credes que está falando?

Pedir despois que lean o título do texto e que expresen o que lles suxire indicando que é para eles un ser forte ou poderoso. Deixar que libremente expresen as súas ideas e anotar nunha marxe do encerado as suxestións. A continuación, volver a centrar a súa atención na lámina e preguntar sobre cal será o elemento da natureza máis forte: o Sol, a nube, a montaña ou o rato. Animalos a xustificar en todo momento as súas percepcións.

Reproducir a gravación do conto e interrompelo cando o mestre o considere oportuno. Por exemplo, un bo momento pode ser cando o rato se dirixe á montaña. Preguntar nese momento: Que credes que responderá a montaña? Haberá alguén máis forte ca unha montaña? Unha vez concluída a audición do conto, animalos a que relacionen a escena da lámina cun momento do conto e que expliquen onde está a casa da ratiña.

Finalmente pedir a opinión dos nenos sobre o relato: se lles gustou ou non e por que.

A continuación, facer a lectura do conto (páx. 128). Deixar un tempo prudencial para que os alumnos fagan unha primeira lectura individual e en silencio do resumo. Preguntar se este texto recolle o máis importante da historia que escoitaron anteriormente ou se falta algo. Despois, pedir que realicen unha lectura en voz alta e en cadea. Posto que hai varios enunciados que van encadeando os diálogos entre os personaxes, en estilo indirecto, pode ser moi favorecedor para o ritmo da lectura que a realicen distintos alumnos e de punto a punto. Finalmente comprobar se os alumnos interpretan ben o porqué de que o ratiño agora comprenda que el é un ser máis forte do que pensaba.

Se o mestre o considera axeitado, pode ofrecerlles aos alumnos información sobre o protagonista do conto: o rato de campo. Estes mamíferos roedores son moi abundantes nos nosos montes e campos. Ten un tamaño pequeno e moi pouco peso. Adoita ser de hábitos nocturnos e aliméntase de froitos secos, sementes, piñas, caracois... Constrúe tobeiras, galerías e niños que contan cunha entrada ou dúas que desembocan nunha cámara niño que está cuberta de follas e herba secas

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 105: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

105/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

e que pode estar situada a máis de un metro de profundidade. Algúns ratos tamén se poden afacer a vivir nas cavidades das árbores.

Débese ter en conta que no texto os adxectivos forte e poderoso son empregados como termos sinónimos para salientar esa idea de ‘capacidade para facer algo importante’ e deste xeito intensificar a calidade deses elementos da natureza personificados. Pedirlles aos alumnos que, de xeito sintético, valoren esas calidades; preguntar por que é forte cada un dos personaxes: o río, a neve, o Sol, a nube, o vento e a montaña.

As actividades de comprensión para traballar a lectura (páxinas 130 e 131) abranguen os aspectos seguintes:

Detalles. Recoñecer cal era a preocupación do rato e a causa da súa busca incansable.

Calidades dos personaxes. Recoñecer as calidades de cada personaxe. En todos os casos os alumnos deben completar as oracións comparativas tras observar os dous personaxes que se comparan (a fada fronte á auga do río; a auga fronte á neve; a neve fronte ao Sol...).

Acción. Pedir aos alumnos que expliquen o significado dos dous termos antes de completar a oración co que corresponde ao contexto do conto (gabear: subir a un sitio usando as mans, os pés ou patas; escavar: facer buratos na terra). O mestre pode aproveitar para presentar tamén termos sinónimos de cada verbo: agatuñar e rubir; cavar e escarvar, respectivamente.

Explicar o significado dunha expresión. Chamar a atención sobre a oposición de significado entre as dúas opcións que os alumnos teñen que elixir. Aclarar que o cume de algo é a parte máis alta.

Facer un pequeno teatro. Preguntar aos alumnos que personaxes interveñen. Solicitar que realicen unha lectura en silencio e, despois, que expliquen coas súas palabras o contido. Realizarlles unha lectura modelo salientando as exclamativas e interrogativas. Por último, seleccionar dous alumnos para facer a lectura dramatizada.

Educación en valores. Facerlles ver que aprender cousas novas a todos nos require un esforzo.

O conto desta unidade ten unha gran variedade de personaxes e pode resultar moi motivador que os alumnos realicen unha representación da historia. Necesítanse dez nenos e nenas para os personaxes (o ratiño, a fada, o río, a neve, o Sol, a nube, o vento, a montaña e a ratiña) e un narrador. Para que a caracterización sexa máis marcada, os personaxes de rato e fada poden levar algún elemento sinxelo (unhas orellas de cartón e un rabo de tea, un gorro e unha variña). Para os demais elementos naturais, pode elaborar nunha cartolina grande un debuxo representativo de cada un e que cada neno levar esa cartolina colgada.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 106: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

106/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Para presentar os grupos fr e fl (páxs. 132 e 133), despois de traballar a cabeceira de cada grupo coma de costume, escribir no encerado parellas de sílabas opostas do tipo (fra/far, fre/fer... fla/fal, flo/fol...). Sacar os alumnos ao encerado de dous en dous e ditar dúas palabras para que as escriban debaixo da sílaba que contén. O mestre pode empregar palabras das que se inclúen nas actividades do libro.

A primeira actividade da páxina 132 céntrase na identificación de cada un dos grupos nas palabras en que aparecen. Convén solicitar unha lectura en voz alta para comprobar se pronuncian correctamente o grupo, se o discriminan visualmente ou se o confunden con outras sílabas pechadas con r ou l.

Na segunda actividade da páxina 132, os alumnos teñen que relacionar cada un dos elementos da primeira columna co recipiente axeitado que aparece escrito na segunda columna. Aclararlles o significado do termo friame.

Na segunda actividade da páxina 133, a partir da observación de cada un dos personaxes, os alumnos deben determinar a cal deles pertence o texto do globo. Pedir que xustifiquen as relacións.

Practicar palabras dunha mesma familia. Escribir no encerado unha serie de palabras relacionadas con flor, entre as que se mesturen outras que non gardan ningunha relación. Os alumnos deberán indicar cales son as intrusas (floreiro, floreado, flanela, florecer, reflexo, inflado, florista) e explicar significados.

Poema para o grupo fr Á formiga colleuna o frío

está moi arrefriada.

Entrou no seu formigueiro

e meteuse na cama.

A súa mamá deulle

xarope de framboesa

e, á mañá seguinte,

ergueuse tan fresca.

Para presentar os grupos dr e tr (páxs. 134 e 135), traballar as cabeceiras coma de costume.

Entre as palabras das actividades, prestar especial atención a aquelas coas que poidan darse interferencias co castelán. Corrixir e fixar as formas correctas de termos como trevo, estrada, mestra, troita, poldro. Pódese propoñer que formen

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 107: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

107/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

oracións en que inclúan esas palabras, escribilas no encerado e solicitar que arrodeen o grupo traballado.

Atender especialmente á discriminación de sílabas abertas e pechadas. Se o mestre o considera oportuno, escribir no encerado algunhas das palabras da primeira actividade de cada páxina. Mandar saír un alumno ao encerado para que arrodear as sílabas abertas e pechadas que o mestre lle indique. Solicitar que os demais compañeiros participen valorando se a resposta dada é correcta ou non.

Os nenos lerán os textos en voz alta e realizarán as actividades das páxinas 134 e 135 de forma individual. O texto da terceira actividade da páxina 134 é axeitado para realizar exercicios de fluidez verbal; pedir que o lean varias veces aumentando progresivamente a velocidade. Comprobar nos restantes textos que pronuncien ben e non confunden entre si grupos próximos.

Poema

O oso pequeno

mira as estrelas.

A sopa de letras

non quere comelas.

–Non fagas o oso

–dille a mamá–

ou non medrarás!

(Gloria Sánchez)

Trabalinguas

Un tigre, dous tigres, tres tigres, comían trigo no trigal.

Adiviña

Un prato de abelás

que se erguen pola noite

e dormen pola mañá. (As estrelas)

O traballo co pronome persoal tónico (páx. 136) realizarase de forma implícita sen entrar en conceptos abstractos que os alumnos non poden comprender. Baséase fundamentalmente na produción e aplicación de formas dos pronomes tónicos a formas verbais, de acordo coa concordancia e para que vaian tomando consciencia da existencia destas palabras. Chamar a atención sobre o que din as formiguiñas; pedir que lean os globos. Despois escribir no encerado as formas do pronome (eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas) e animalos a crear oracións que empecen por esas formas (por exemplo: Eu estou na aula. Eu teño un lapis. Ti estás na aula...).

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 108: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

108/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Os nenos deberán ler as dúas formas que se propoñen en cada cadro para escoller. Despois completarán a oración coa que corresponde. Ademais contan cun apoio gráfico para determinar, no caso da terceira persoa, se é masculina ou feminina; e no caso das formas de primeira e segunda persoa, se é singular ou plural. Lerán as oracións en alto para comprobar o sentido.

Nesta ocasión, cunha sinxela segunda actividade, os alumnos poden observar que unhas formas persoais se empregan cunhas formas concretas do verbo e que o verbo ten varias formas.

Para traballar a ortografía, Lembrarlles a norma de uso de z/c para representar o son z e escríballela no encerado: Escribimos z diante de a, u, o, escribimos c diante de i, e.

Practicar a escritura de palabras. Pedir que digan en alto a sílaba que escollen antes de completar cada palabra.

O z en posición final. Convén dedicar especial atención a esta actividade da páxina 137. Facerlles ver que hai un cambio de número na palabra (pasa de indicar un só elemento a indicar varios) e ao engadirlle o -es de plural, como o son z diante de e se escribe con c, por iso escribimos -ces.

Escritura dunha oración. Antes de escribir a oración, pedir que a lean en voz alta indicando cada imaxe.

Se o mestre o considera oportuno, escribir todas as formas tónicas nunha columna no encerado (eu ti, el, ela, nós, vós, eles, elas) e, noutra columna, o paradigma de presentar dunha forma verbal, por exemplo beber. Despois pedir aos alumnos que relacionen cunha frecha cada pronome cunha forma verbal.

Ditados

Cecilia cea todos os días ás oito.

Hoxe levo uns zapatos azuis e os calcetíns rosas.

No cesto da compra hai cinco cenorias e dez mazás.

Se o mestre o considera oportuno, pedir aos alumnos que escriban no seu caderno tres palabras con cada unha das sílabas za, zo, zu, ce, ci.

Na páxina dedicada á escritura (páx. 137), do mesmo xeito ca en unidades anteriores, as actividades van dirixidas a reforzar a escrita dos grupos consonánticos traballados na unidade así como as sílabas abertas e pechadas. Se o mestre o

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 109: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

109/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

considera preciso, facer unha revisión de conxunto con todos os grupos coñecidos e un traballo de discriminación visual e auditiva con parellas de palabras moi semellantes.

trono/torno trade/tarde

truco/turco graza/garza

termo/tremo clamo/calmo

branco/barco prado/pardo

Pedir aos alumnos que lean as sílabas de cada parella de recadros da primeira actividade. Tras observar as ilustracións, dirán en voz alta as palabras que nomean eses elementos, comprobarán que grupo empregaron e completarán por escrito cada palabra na pauta. Comprobar se cómpre aclarar o significado dalgunha.

Para completar o segundo exercicio, antes de escribir cada palabra no seu lugar, pedir que lean os termos dos recadros. Despois solicitar que vaian lendo o texto e, a medida que avanzan, que vaian escollendo a palabra que acae no contexto. Finalmente unha vez completado, realizarán unha lectura expresiva.

Traballar o vocabulario do mar e da praia. Este tema permite traballar elementos propios da paisaxe así coma obxectos relacionados con actividades que se realizan no mar e a praia.

Pedir que observen a lámina inicial da páxina 139, que lean cada unha das palabras que aparece rotulada, que expliquen para que serve unha barca e un faro e o que son as ondas e as rochas. Despois completarán as dúas oracións que describen a escena.

Animalos a completar a última actividade da mesma páxina elaborando unha lista de obxectos que levan á praia: gorra, sombreiro ou viseira, crema protectora, toalla, parasol, esteira, táboas...

Aproveitar para ensinarlles aos alumnos esta canción popular relacionada co traballo dos mariñeiros:

Catro vellos mariñeiros,

todos metidos nun bote,

voga, voga, mariñeiro,

imos pra Viveiro,

xa se ve san Roque.

Os mariñeiros traballan

de noite coa luz da lúa.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 110: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

110/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Dá gusto velos chegar

pola mañá cedo

cheirando a frescura.

Facer un breve ditado de palabras que conteñan os grupos traballados para que os nenos as copien no seu caderno.

O texto da páxina 140, malia ter un carácter informativo, preséntase como o relato dunha anécdota para facilitar a comprensión e interpretación por parte dos alumnos. Antes de que o lean, centrar a atención dos alumnos no título: No río. Animalos a que falen das súas experiencias e coñecementos sobre este medio: se lles gusta pasear pola beira dos ríos; se adoitan facelo, con quen van; se lles gusta parar a escoitar o rumor da auga; se van no verán bañarse a algún río, con quen van e que fan; que plantas ou animais coñecen dese medio... Chamar despois a súa atención sobre a ilustración que acompaña o texto e preguntar se saben como se chaman eses animaliños que están a observar os dous personaxes. Explicarlles que o texto que van ler infórmaos sobre eses pequenos insectos. Lea en voz alta o texto. Despois deixar uns minutos para que o lean en silencio, antes de faceren unha lectura en voz alta e en cadea. Comprobar se teñen dificultades de pronuncia coas palabras que conteñen grupos consonánticos.

Os alumnos deberán responder unha pregunta sobre a información do texto: o nome dos insectos. Aproveitar para analizar o xogo de palabras que fai o personaxe cando di «como son zapateiros, deben facer zapatos con flotador».

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 141) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Completar palabras con sílabas abertas ou pechadas.

Escribir pronomes persoais tónicos.

Escribir z ou c segundo corresponda.

Escribir libremente nomes de obxectos relacionados coa praia.

Aproveitar que o conto inicial desta unidade ten como protagonista un rato para que os alumnos realicen un labor de investigación sobre outros contos que tamén teñen como protagonistas estes pequenos roedores. Pedirlles que pregunten na casa, a membros da familia, por contos tradicionais, fábulas ou contos de autor en que aparecen (Rato de campo e rato de cidade. O león e o rato. O frautista de Hamelín. O rato Pérez. Os ratos que lle querían pór o cascabel ao gato...). Ademais, se teñen nas súas casas algún libro de contos con estes protagonistas, poden seleccionar, coa axuda dun familiar, algún pequeno fragmento, para lelo primeiro o alumno e, despois, levalo á escola e lérllelo aos compañeiros da aula.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 111: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

111/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Interacción co mundo físicoAproveitar a lámina do conto da páxina 129 para que os alumnos describan elementos desa paisaxe e identifiquen formas de relevo, facendo ademais unha comparación coas formas propias do seu contorno. Insistir ademais na necesidade de coidar o contorno e ser respectuosos co medio nas saídas ao campo e o monte.

Autonomía e iniciativa persoal.Ao fío do contido do Pequeno teatro da páxina 131, facerlles ver aos alumnos que o protagonista logrou descubrir o que buscaba porque non se botou atrás e foi perseverante. Aproveitar para salientar a perseveranza como un factor que axuda na consecución de logros. Pedirlles que expliquen algún aspecto de traballo na escritura que lles custase máis traballo e como o superaron.

Animar os alumnos a revisaren os seus traballos escritos e valorar se foron limpos e ordenados na súa realización.

Aprender a aprenderLembrarlles aos alumnos que, para resolver ben as actividades, deben ler con atención os enunciados e fixarse tamén nas imaxes que acompañan os textos.

Ampliar o xogo de tarxetas que se propuxo realizar en unidades anteriores con tres tarxetas máis, unha para cada letra: f, d e t. Con esas tarxetas os alumnos formarán as novas sílabas abertas e pechadas, coas que se traballou na lectoescritura desta unidade (fl, fr, tr, dr). Formaranas alternando a posición da vogal entre as consoantes f, t, d e r, l, ou colocándoas despois do grupo.

Interacción co mundo físico.Ao fío da oración da cabeceira da páxina 132 (A fraga é un bosque) explicar que as fragas son os bosques autóctonos galegos: con moitas árbores, arbustos e vexetación. Se hai algunha fraga próxima á súa localidade, preguntarlles se a coñecen e aproveitar para traballar a identificación de árbores e os seus nomes (castiñeiros, carballos, salgueiros, etc.)

Salientar ademais a importancia dos bosques no ecosistema e os impactos negativos da súa desaparición.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 112: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

112/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

A partir do contido do programa de Vocabulario (páx. 139) falar cos alumnos sobre as precaucións que se deben manter cando imos á praia: ter coidado co Sol e protexerse ben, non se tirar á auga en zonas perigosas... Reflexionar ademais sobre outros comportamentos axeitados e respectuosos co medio: non tirar papeis, botes... etc. na area nin á auga.

Competencia matemática. Aproveitar a presentación do grupo tr para traballar cos alumnos as formas léxicas dos numerais cardinais. Pódense escribir en letra os numerais no encerado ata trinta. Solicitar que arrodeen aqueles termos que conteñen o grupo tr (tres, catro, trece, catorce, vinte e tres, vinte e catro, trinta) e que os lean e escriban, en número, a cifra correspondente.

Competencia social e cidadá.Fomentar o respecto das formas dialectais do pronome persoal tónico tu e il.

Educación cultural e artísticaSe o mestre o considera oportuno, propoñerlles aos alumnos realizar algún traballo artístico en que teñan que empregar area ou cunchas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e comprende unha narración. Le e comprende un texto narrativo que resume a narración. Le e dramatiza un texto dialogado. Asocia os grupos fr e fl, tr e dr cos sons correspondentes. Discrimina auditiva e graficamente sílabas abertas (fra, fla... dra, tra...)

e pechadas (far, fal... tar, dar...). Emprega intuitivamente os pronomes persoais tónicos. Afianza a ortografía natural do son z. Escribe palabras con sílabas abertas (fra, fla... dra, tra...) e pechadas

(far, fal... tar, dar...). Amplía e fixa vocabulario relacionado co mar e a praia. Le e comprende un texto informativo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 113: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

113/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 12

OBXECTIVOS

Escoitar e ler de forma comprensiva unha narración. Recoñecer detalles, a secuencia e as accións dos personaxes no relato. Facer unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolver a expresión oral expresando experiencias persoais. Iniciarse na identificación dos tempos verbais. Afianzar a ortografía natural do son g. Ampliar e fixar vocabulario relacionado cos oficios. Coñecer a funcionalidade do sufixo -eiro, -eira. Escribir unha secuencia. Ler e comprender un texto poético.

CONTIDOSO tempo verbal: presentar, pasado e futuro.

Palabras con ga, go, gu, gui, gue.

Vocabulario: oficios e profesións.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de detalles, as accións e a secuencia do texto narrativo.

Expresión oral de experiencias persoais.

Lectura dramatizada dun diálogo.

Identificación de oficios.

Aplicación do sufixo -eiro, -eira.

Identificación de tempos verbais.

Escritura de palabras coas sílabas ga, go, gu, gue, gui.

Escritura dun texto que explica unha secuencia.

Escritura dunha receita.

Lectura dun poema.

Interpretación do poema.

Interese por expresarse con entoación axeitada.

Interese pola aprendizaxe de novas palabras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 114: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

114/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Aprender a aprender.

Interacción co mundo físico.

Tratamento da información.

Autonomía e iniciativa persoal.

Competencia social e cidadá.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 12 o proceso comeza coa análise dunha viñetas e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte páxina está dedicada ao estudo no apartado de Gramática faise unha aproximación ao concepto de tempo verbal, dunha forma xenérica, a partir da identificación de accións en presentar, pasado e futuro;.

A seguinte páxina está dedicada ao estudo do uso ortográfico de grafías para representar o son g. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación do son e o comezo da escritura das súas distintas grafías. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2.ª quincena de abril.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 27 de reforzo.Ficha 11 de ampliación.Ficha 11 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto. -Poema O soñador. Caderno de Lingua 1: Segundo trimestre. Dicionario escolar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 115: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

115/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto da páxina 142 e comentalo, centrar a atención dos nenos na ilustración. Pedirlles que falen dos personaxes que aparecen, que describan o lugar en que están e o que fan. Pode realizar preguntas, para animalos a falar e para que formulen hipóteses. Por exemplo: Onde están os personaxes? Que fan? Por que o sabedes? Que relación pensades que haberá entre eles? Que hai escrito na barca? De quen será esa barca? Quen credes que pescará máis?

Poñer a versión gravada do conto. Se durante a audición algúns nenos se distraen, detela e facer preguntas para que retomen o fío do relato. Pode resultar interesante parar a audición xusto no momento en que Pedro atopa a barca vella e preguntar: Que credes que fará Pedro? Quedará coa barca? Arranxaraa? E tamén no momento en que o rapaz protagonista sente remordementos porque está facendo algo ás agochadas dos pais e decide comunicarllo. Preguntar aos alumnos: Como credes que reaccionarán os pais de Pedro? Enfadaranse? Unha vez rematada a audición, pedirlles que digan a que momento do conto pensan que pode pertencer a escena que recolle a lámina. Se o mestre o considera necesario, comprobar se entenden algunhas palabras no seu contexto como embarcadoiro e aprendiz.

Deixar uns minutos para que os alumnos fagan a lectura individual e en silencio do texto. Convén ter en conta que esta é a primeira vez que o texto do libro do alumno aparece integramente escrito en letra composta e ademais é máis extenso. Comprobar que non teñen dificultades na decodificación da letra nin na comprensión. Solicitar unha lectura en voz alta e en cadea. Corrixir a entoación e a pronunciación se é preciso.

Finalmente, pedir que os alumnos valoren o comportamento dos personaxes e animalos tamén a contar o que saben sobre o oficio de mariñeiro e outros traballos relacionados co mar.

Se o mestre o considera oportuno, poñerlles de novo o fragmento en que o narrador canta o tema que reinventaba Sebastián (versión moi particular da Rianxeira); pescudar se o relacionan con esa canción popular e se coñecen a letra orixinal (Ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, non te vaias Rianxeira, que te vas marear). Dicirlles que cando Sebastián reinventa as cancións o que fai é cambiarlles a letra e manter a melodía.

Propoñerlles que fagan o mesmo eles coa letra dalgunha canción popular coñecida, por exemplo: Polo río abaixo vai, A saia da Carolina, Apaga o candil...

Antes de realizar as actividades da comprensión lectora das páxinas 144 e 145 o mestre pode traballar cos alumnos outros detalles do conto. Por exemplo, lembrarlles o momento en que se di «Pedro escachaba coa risa cando escoitaba as cancións que Sebastián reinventaba». Pedir que expliquen a expresión e que digan situacións que a eles lles fan escachar coa risa (un chiste, unha película, as

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 116: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

116/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

cóxegas...). Animalos a interpretar a reacción dos pais cando lle din «é mellor que sexas un bo mariñeiro ca un mal tendeiro» e explicar se lles parece esa unha boa razón e por que.

Despois realizarán as actividades de comprensión do libro, que abranguen estes aspectos:

Lugar. Identificar o marco da historia.

Detalles. Recoñecer os desexos dos personaxes canto ao futuro profesional de Pedro e explicar o que lle ensina un personaxe a outro.

Significado de palabras. Coñecer a definición de acugulado. Pedir que observen que o peixe sae da cesta da imaxe para identificar o significado exacto. Ofrecer expresións sinónimas: cheo por completo, atestado, abarrotado.

Secuencia. Ordenar tres momentos da historia. Lembrarlles que, antes de marcar a secuencia, deben analizar cada escena con atención para fixar a orde. As escenas corresponden a tres momentos: cando Pedro atopa a barca vella; cando sae ao mar unha vez arranxada (as diferenzas no estado da barca son determinantes para seleccionar a orde de cada unha); e o desenlace, cando os pais acordan con Sebastián que el lle ensine o oficio.

Facer un pequeno teatro. Despois de escoitar a lectura modelo e practicala en silencio, o mestre pode suxerirlles a tres alumnos que saian a realizar a lectura de pé, desde o encerado, para todos os compañeiros.

Educación en valores. Facerlles ver que todos podemos cometer erros e equivocarnos, pero se pedimos desculpas e nos arrepentimos, seguro que contamos coa comprensión dos demais.

Se o mestre o considera oportuno, pedirlles aos alumnos que libremente continúen a historia de Pedro, mariñeiro. Suxerirlles que imaxinen situacións curiosas, experiencias que Pedro pode descubrir nalgunhas das sesións de aprendizaxe co seu mestre Sebastián.

O mestre pode animalos, dándolles a situación de partida: Un día Pedro saíu ao mar con Sebastián, coma de costume. Era un día tranquilo. Non había unha nube no ceo nin sopraba o vento. Pero a súa barca comezou a bambear para un lado e para o outro. Que raro! Que estaría a pasar?... Os alumnos libremente deberán imaxinar e narrar os feitos posteriores.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 117: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

117/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Para introducir o traballo gramatical desta unidade (páx. 146), convirá revisar o concepto de verbo como palabra que expresa acción. Pódese escribir unha oración no encerado (Sebastián pesca) e sinalar a forma verbal (pesca) explicando que esa palabra é un verbo e indica o que fai Sebastián. Nesta unidade continúase traballando co verbo, pero agora co concepto de tempo pasado, presentar e futuro. Para facilitar o uso de cada un dos tempos, procurarase que o transfiran á lingua oral e escrita de forma espontánea e asociando cada un dos tempos con certos indicadores ou marcadores temporais (onte, antes, agora, hoxe, mañá, despois...). Para aproximarse de forma intuitiva ao concepto de tempo verbal, o mestre pode formular algunhas preguntas sobre experiencias propias: Que fixeches onte ao saír do colexio? Que vas facer mañá? Que facemos agora na clase?

As actividades poden resolverse de forma individual e corrixilas colectivamente, lendo as oracións en voz alta.

Na primeira actividade, pedirlles aos alumnos que observen a ilustración e lean o texto dos globos. Comentar que a nena está contando a que xogou onte, a que xoga agora e a que xogará mañá. Siga o mesmo proceso na segunda actividade verbalizando o que fixo antes o neno, o que fai agora e o que fará despois de comer.

Para traballar a ortografía, escribir no encerado as sílabas con g e gu, comparar as diferenzas de grafías para transcribir o son g e destacar a vogal que acompaña cada grafía.

Practicar a escritura de palabras. Pedir que lean en alto as sílabas antes de completar as palabras e tamén as palabras unha vez resolta a actividade.

Para explicar a segunda actividade da páxina 147. centrar a atención nas dúas primeiras palabras que os nenos só teñen que repasar, salientar que ao seguirlle ao son g a vogal i de -iño, a grafía que se ten que empregar é gu.

Escritura de oracións. Comprobar que completan primeiro coas grafías e despois copian sen erros.

Para reforzar o aprendido sobre os tempos verbais, pode pedir que clasifiquen formas en presentar, pasado e futuro. Escribir as formas no encerado (fun, irei, escribirei...) Despois facer tres columnas con onte, hoxe e mañá. Pedir aos nenos que escollan os termos para clasificar en cada columna.

Ditados

Guillerme rega o xardín coa mangueira.

Olga gardou os xoguetes nunha caixa.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 118: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

118/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

A figueira está cargada de figos.

No alto do salgueiro oín cantar un xílgaro.

O programa de vocabulario (páx. 148) pasa a ter unha maior presenza coa ampliación da cantidade e o tipo de actividades. O tema tratado nesta unidade permite traballar cos alumnos, de forma implícita, aspectos gramaticais como o xénero e a sufixación. Así propónselles que formen palabras derivadas co sufixo -eiro (co significado de profesión) e produzan as formas en xénero masculino e feminino.

Pedirlles aos alumnos que, de forma colectiva, comenten a escena da lámina da páxina 148, lean as palabras que acompañan a cada persoa e expliquen o que están facendo. Despois completarán a primeira actividade da páxina 148. As formas que se lles dan aos alumnos corresponden a distintos xéneros. Cada oración iníciase co artigo correspondente para forzar e fixar a concordancia. Pedir aos alumnos que formen a oración co xénero contrario por exemplo, se en vez dun señor mecánico, fose unha señora, sería unha... mecánica.

Pedir que xustifiquen a escoller na solución do exercicio da adiviña. Comprobar se todos coinciden. De non ser así, solicitar que razoen por que a resposta é pallaso e non, zapateiro. (Trátase de que expliquen cada profesión.)

Na primeira actividade da páxina 149 proponse que os alumnos clasifiquen instrumental propio de cada profesión. Previamente a que o clasifiquen, solicitar que comenten cada un dos elementos. Despois de clasificalos, corrixir a actividade colectivamente.

Os alumnos xa realizaron algunha que outra actividade de aplicación de sufixos (por exemplo co sufixo -iño). Dicirlles que ao engadirlle a partícula -eiro/a ás palabras dos recadros formarán outras palabras que indican profesión. Facérllelo ver cando, unha vez completadas, lean cada termo e expliquen cada profesión.

Escritura de oracións. Deben observar cada ilustración para escoller a forma correcta masculina ou feminina, segundo corresponda a un personaxe ou a outro.

Pedirlles aos alumnos que xoguen a representar e adiviñar un oficio empregando soamente a mímica. Poden facer que usan ferramentas ou fan accións propias dese oficio. Os demais deben adiviñar de que se trata. Unha vez adiviñado, escribir no encerado a acción ou accións que correspondan, por exemplo, se o termo é barbeiro, escribirase: peitear, cortar o pelo, etc.

O programa de escritura das páxinas 150 e 151 tamén evoluciona na cantidade e nas características. Os alumnos escribirán de forma moi guiada breves textos

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 119: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

119/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

seguindo un mecanismo ou técnica básica, segundo o tipo de texto. Nesta ocasión, van escribir dous textos que narran unha secuencia ou proceso, o primeiro dunha forma máis guiada; o segundo, con maior implicación por parte dos alumnos.

Escritura da secuencia. Se o mestre o considera oportuno, antes de realizar a actividade, pescudar os coñecementos previos dos alumnos sobre proceso de elaboración do pan. Despois comentar que o texto que van completar por escrito fala sobre isto. Convén deterse na interpretación da secuencia de imaxes que representa o proceso completo que segue o protagonista. Os alumnos contan co apoio da identificación de dúas das secuencias (1 e 3). Pedirlles que observen cada viñeta e numeren as que faltan na orde correspondente e de acordo, exclusivamente, á interpretación da imaxe. Unha vez completada a numeración das viñetas, solicitar que lean os marcadores superiores (primeiro, despois, a continuación, por último) e os enunciados inferiores (a masa, as bolas, no forno, na panadaría); animalos a que o fagan explicando, despois de nomear cada marcador, o que ven na viñeta e empregando as palabras inferiores. Xa estarán en disposición de completar o texto inferior coas palabras que correspondan (Todas as que escribirán aparecen nas viñetas). Dicirlles que ese texto resume toda a secuencia anterior. Unha vez completado, pedir que fagan unha primeira lectura individual para comprobar se ten sentido. Finalmente, solicitar que un neno lea en voz alta o texto.

Finalmente van escribir un texto en que se explica a secuencia para elaborar unha macedonia. O sistema é semellante ao da actividade anterior, pero agora, nalgúns casos, só contan co apoio gráfico das palabras que deben escribir.

Propoñer, se se considera adecuado, as seguintes actividades:

Dar instrucións. Propoñer aos alumnos que dean instrucións orais dunha acción que realicen na vida cotiá (por exemplo: lavar os dentes). Recomendar que empreguen as palabras que marcan a orde do proceso. Os compañeiros escoitarán con atención e, se advirten algunha incorrección, deberán corrixilo.

Ordenar unha secuencia. Escribir no encerado, desordenadas, oracións breves que formen unha secuencia. Pedirlles que as ordenen e que despois lean o texto íntegro. Por exemplo; 1. Marta foi ao parque cos amigos. 2. Primeiro xogaron á pita. 3. Despois merendaron. 4. Ao final regresaron á casa.

Lerlles aos alumnos o poema da páxina 152 en voz alta, ou poñer a gravación, para que perciban a entoación, o ritmo e as pausas. Despois solicitar que observen as ilustracións da mesma páxina con atención e axudalos a identificar os elementos debuxados (foguetes; ferramentas: ferradura, coitelo, sacho; barca con redes; pazo cun pombal xigante). Solicitar que relacionen eses elementos con cada oficio mencionado en cada estrofa (ferreiro, mariñeiro, fogueteiro, canteiro). Facer preguntas sobre estes oficios para comprobar se teñen unha idea clara deles. Pedir que realicen, finalmente, unha lectura silenciosa e, despois, colectiva en voz alta:

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 120: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

120/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

cada alumno lerá unha estrofa do poema. A continuación solicitar que realicen as actividades individualmente e facer a corrección colectiva.

Os alumnos teñen unha imaxe representativa de dous oficios mencionados no poema. Poden resultarlles moi semellantes entre si, porque os dous personaxes están a realizar accións semellantes (golpean sobre algo); pedir que se fixen no material sobre o que golpean: nun caso é unha pedra; no outro, un metal.

Os alumnos escribirán libremente unha profesión ou oficio que lles guste seguindo o esquema paralelístico do poema O soñador. Observe se se axustan ao modelo e se as oracións son lóxicas.

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 153) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Escribir correctamente palabras con g ou gu.

Relacionar accións en tempos verbais diferentes.

Expresar por escrito unha secuencia.

Recoñecer profesións e escribir o termo correspondente.

Pedirlles aos alumnos que leven o libro á casa e practiquen a lectura do poema O soñador con algún familiar. Despois poden ensinarlle as actividades que realizaron sobre os oficios e, finalmente, facer un debuxo que sirva de apoio ao que completou na segunda actividade da páxina 152 sobre o que lle gustaría ser de maior.

Pedir que coa axuda de alguén busquen nunha revista, xornal ou folleto publicitario palabras que conteñan as sílabas ga, gue, gui, go e gu.

Animar os alumnos a que lles fagan preguntas aos seus familiares sobre as súas profesións e oficios. Ademais de preguntar sobre as súas actividades, poden pescudar se esa era a profesión que querían de pequenos. Despois farase unha posta en común na aula.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Tratamento da información

Centrar a atención sobre a barca ilustrada e o nome que ten no lateral (páx. 142). Explicar que os barcos igual ca os coches deben levar un nome ou número para identificalos.

Aproveitar para falar cos alumnos dun tipo de textos: as receitas. Levar á aula algún libro que recolla receitas pensadas para elaborar nenos e facer que observen nos textos como se dispón a información

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 121: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

121/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Autonomía e iniciativa persoal.Antes de leren o texto, chamar a atención dos nenos sobre o tipo de letra e a extensión do relato. Valorar esta circunstancia para que a poidan considerar coma un grande avance na súa autonomía como lectores.

Competencia social e cidadá.O conto pode servir de punto de partida para destacar o valor do traballo, a importancia social de todas as profesións e o servizo que prestan aos demais. Formular preguntas como: Que pasaría se non houbese tendeiros? E se non houbese mariñeiros?

Volver salientar a importancia de todas as profesións e traballos na sociedade, inculcando respecto cara a calquera deles así coma ás persoas que os realizan. Poden falar sobre profesións e oficios do seu medio máis próximo (no colexio, no barrio...) e destacar que todos son importantes para o desenvolvemento da vida cotiá. Ademais convén rexeitar e corrixir apreciacións sexistas como que existen traballos que son exclusivos ou axeitados para que os realicen homes e outros que só os poden e deben realizar mulleres. Salientar que os dous sexos poden desempeñar calquera profesión.

Aprender a aprenderAntes de que os alumnos resolvan por escrito as actividades da páxina de comprensión (páxs. 144 e 145), centrar a súa atención sobre as pautas en que van escribir (as pautas de dúas liñas van ser as que empreguen a partir desta unidade). Comprobar se advirten a diferenza con relación ás pautas que empregaban deica agora e se se adaptan ben á escritura no novo formato, sen ter as liñas inferior e superior de referencia.

Dedicar especial atención á norma ortográfica que se traballa na actividade segunda da páxina 147. Escribir a palabra xogo no encerado, despois preguntar como escribirán xoguiño. dar un tempo para que os alumnos escriban no seu caderno.

A continuación escribir a palabra xoguiño no encerado e preguntar se todos a escribiron así. Procurar quitar importancia aos erros que puidesen ter os alumnos. Facerlles ver que equivocarse tamén é unha maneira de aprender. Explicar que revisando e razoando a regra poden decatarse dos erros e corrixilos.

Escribir no encerado algunhas profesións da páxina para que recoñezan e formen o termo masculino e feminino (varredor-varredora, mecánico-mecánica, albanel-albanela, pintor-pintora...)

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 122: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

122/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Facer ver que as palabras que axudan a ordenar a secuencia do que se conta aparecen nun determinado lugar. Ao principio do texto ou da oración. Chamar a súa atención sobre a localización dos marcadores temporais (Primeiro, despois, a continuación, ao final, no primeiro texto; e Primeiro, despois, logo, ao final, no segundo).

Explicarlles tamén aos alumnos que sempre que completen un texto, unha vez rematado ese primeiro paso, deben lelo todo seguido. Así revisarán o escrito e ademais poderán corrixir os erros que atopen.

Interacción co mundo físico.Aproveitar a primeira actividade da páxina de comprensión (144) para falar cos alumnos sobre as características e diferenzas das paisaxes de montaña e das mariñeiras.

Centrar a atención dos alumnos sobre as tres secuencias da actividade 2, páxina 146, e facer reflexionar os alumnos sobre as normas de hixiene e comportamento á hora de comer.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e le de forma comprensiva unha narración. Recoñece detalles, a secuencia e as accións dos personaxes no relato. Fai unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolve a expresión oral expresando experiencias persoais. Iníciase na identificación dos tempos verbais. Afianza a ortografía natural do son g. Amplía e fixa vocabulario relacionado cos oficios. Coñece a funcionalidade do sufixo -eiro, -eira. Escribe unha secuencia. Le e comprende un texto poético.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 123: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

123/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 13

OBXECTIVOS

Escoitar e ler de forma comprensiva unha narración. Recoñecer calidades do personaxe e a secuencia de accións no relato. Facer unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolver a expresión oral reflexionando sobre hábitos e comportamentos

persoais. Completar oracións co suxeito e co predicado. Utilizar as maiúsculas en nomes propios de persoa, animais e lugar. Ampliar e fixar vocabulario relacionado coa rúa e os transportes. Completar por escrito o texto dunha noticia. Ler e comprender un texto informativo.

CONTIDOSA oración: suxeito e predicado.

Uso de maiúsculas cos nomes propios.

Vocabulario: os transportes e a rúa.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de calidades do personaxe e da secuencia do texto narrativo.

Expresión oral de experiencias e comportamentos persoais.

Lectura dramatizada dun diálogo.

Escritura de oracións completando suxeitos e predicados.

Escritura de palabras en maiúscula.

Aplicación de vocabulario sobre os transportes e a rúa.

Composición dunha noticia.

Lectura comprensiva dun texto informativo.

Interpretación de sinais de tráfico.

Interese pola lectura como fonte de información e pracer.

Interese polo uso de normas ortográficas aprendidas.

COMPETENCIAS BÁSICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 124: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

124/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ademais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Aprender a aprender.

Competencia social e cidadá.

Tratamento da información.

Competencia cultural e artística.

Autonomía e iniciativa persoal.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 13 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

Na seguinte dobre páxina, na Gramática os alumnos achéganse intuitivamente á estrutura da oración (suxeito e predicado) mentres que na Ortografía aprenden a norma de uso das maiúsculas nos nomes propios, tanto de persoas e animais coma nos nomes de lugar. Na seguinte dobre páxina, aprenden vocabulario relacionado cos medios de transporte e a educación viaria. As actividades que acompañan os contidos teóricos sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:1.ª quincena de maio.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Fichas 28 e 29 de reforzo.Ficha 12 de ampliación.Ficha 12 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto. Caderno de Lingua 1: Terceiro trimestre. Dicionario escolar.Lecturas de aquí e acolá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 125: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

125/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto da páxina 154 e comentalo, pedir que os alumnos lean o título do conto e preguntar se lles resulta familiar (É posible que o coñezan como O xastriño valente). Se o recoñecen, animalos a que conten de forma resumida de que trata. O mestre pode dicirlles que a historia que van oír e ler está baseada nese personaxe.

Centrar a atención dos alumnos na lámina da páxina 154 e pedirlles que describan a escena, os personaxes e os seus xestos. Solicitar que expliquen cal dos dous personaxes será o xastre e quen é o outro (o xigante). Preguntar: Onde están? Por que o saben? Que se ve ao fondo? Que actitude mostran o xigante e o xastre?

Reproducir a gravación e interrompela en dúas ou tres ocasións para que comenten o que oíron e fagan predicións do que pode pasar a continuación. Algúns deses momentos poden ser cando o xigante lle propón as probas ao xastre. Por exemplo, na primeira en que desfai unha pedra en area, deter a gravación e preguntar se cren que o xastre poderá superala e que cren que fará. Facer o mesmo nas outras dúas probas. Unha vez rematada a audición, preguntar se lles parece enxeñosa a maneira en que o xastre consegue superar cada proba e se lles gustou o conto. Se o mestre o considera necesario, aclarar o significado dalgunhas expresións no seu contexto: O xastre orgulloso da súa fazaña... O xigante díxolle con cara de poucos amigos..., quedou pampo..., quedou enleado...

Deixarlles un tempo prudencial para que fagan a lectura individual e en silencio. Despois solicitar unha lectura en voz alta e en cadea. Corrixir a entoación e atender ás dificultades de pronuncia.

Preguntar se lles parece axeitado o título do conto e por que, despois centrar de novo a súa atención sobre a lámina da páxina 154 para que expliquen a que momento pertence (o momento en que se encontran os dous personaxes á entrada da vila).

Para ampliar, explicar aos alumnos que en moitos contos adoitan aparecer xigantes: unhas criaturas de forma humana, pero cun corpo descomunal e unha forza prodixiosa. Algúns xigantes adoitan ser seres violentos pero, malia a súa fortaleza, son algo parvos e babecos.

Pedirlles que recorden contos en que aparezan xigantes e outros seres monstruosos como os ogros. Pode nomearlles algúns contos clásicos en que aparezan xigantes e ogros: As fabas máxicas, O gato con botas, Polgariño... e propoñerlles que conten as accións deses personaxes e as características dos heroes que os vencen.

Antes de realizar as actividades da comprensión lectora das páxinas 156 e 157, o mestre pode traballar cos alumnos outros detalles do conto. Por exemplo, pode preguntarlles: Onde vivía o xastre? (nunha vila) É a mesma onde está o xigante?

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 126: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

126/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

(Non) Porque marchou da súa vila o xastre? Que quería facer? Para que gardou o anaco de queixo no peto? Por que levaba un paxaro no peto tamén?

Despois realizarán as actividades de comprensión do libro, que abranguen estes aspectos:

Personaxe. Definir a profesión do personaxe protagonista (Lembrarlles aos alumnos o falado sobre esta profesión na unidade anterior).

Detalles. Recoñecer o significado da expresión que bordou o xastre no seu cinto.

Secuencia. Ordenar tres momentos da historia que corresponden ás tres probas en que o xigante e o xastre mediron as súas forzas. Explicarlles que, antes de marcar a secuencia, deben ler cada oración e buscar a escena que lle corresponde a cada unha.

Significado dunha palabra. Coñecer a definición de heroe. Insistir sobre a tonicidade grave da palabra para que os alumnos fixen a correcta pronuncia. Pedir que observen as escenas e que describan as actitudes dos personaxes en cada unha.

Realizar un pequeno teatro. Chamar a atención sobre as ilustracións do diálogo xa que aparecen personaxes que non falan directamente no conto (o alcalde e os veciños) (páx. 157). Pedir unha primeira lectura silenciosa para que descubran quen son eses novos personaxes que falan. Despois prepararán a lectura para dramatizala. Para a derradeira intervención, en que falan varios personaxes á vez, escoller tres nenos e dicirlles que deben falar a coro.

Educación en valores. Explicar que cando alguén nos fai un regalo, independentemente do seu valor, estanos a mostrar o seu aprecio e cariño e é importante facerlle ver que llo agradecemos.

Se o mestre o considera oportuno, preparar os alumnos para que realicen unha dramatización do conto. Nela participarán os personaxes que aparecen no conto: a vendedora de marmelada, o xastre, o xigante e o alcalde. Ademais co fin de que participen todos, o resto da clase fará o papel dos cidadáns. O mestre pode suxerirlles que integren, na parte final da súa dramatización, o contido do diálogo que se traballou no apartado Pequeno teatro.

Suxerir ademais que os propios alumnos se encarguen libremente de traer da casa o vestiario que consideren axeitado ao seu personaxe.

Nesta unidade (páx. 158) os nenos achéganse de forma intuitiva á estrutura oracional simple: a formada por un suxeito (para o que se incide sobre a pregunta: quen o fai?) e un predicado (para o que se incide sobre a cuestión: que fai ou fan?). Ao tempo refórzase a concordancia entre suxeito e predicado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 127: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

127/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Para que os alumnos se acheguen á idea de suxeito como aquel que realiza a acción do verbo, o mestre pode escribir no encerado unha oración; por exemplo, O xastre cose e preguntar: Quen cose? Explicar que o xastre é o que realiza a acción. Seguir o mesmo proceso para identificar o predicado con outra oración; por exemplo, O xigante berra. Preguntar: Que fai o xigante? e explicar que berra é a acción que realiza o xigante.

Suxeito. A primeira columna recolle oracións con suxeito singular, a segunda, con suxeito en plural. Centrar a atención dos alumnos nas ilustracións e preguntar: Quen voa? Quen brilla? Quen ri?... Os alumnos irán dicindo quen realiza cada acción (é dicir, o suxeito). Despois completarán por escrito a actividade.

Predicado. Neste caso aplicarase o mesmo proceso pero para producir as accións (predicados). Observarán as accións realizadas polos personaxes, lerán as palabras dos recadros e verbalizarán o predicado.

O traballo de ortografía desta unidade desenvólvese na páxina 159. Ao longo do curso foise insistindo na norma de escribir con primeira letra maiúscula os nomes de persoa. Porén é posible que non identifiquen como tales os de lugar que se traballan tamén aquí; incida na súa identificación. Convén recordarlles ademais que, ao inicio de oración e despois de punto, tamén se escribe maiúscula.

Chamar a atención sobre a regra ortográfica presentada no inicio da páxina 159, pedir que a lean e que tenten dicila sen mirar polo libro.

Escritura de nomes propios. As dúas primeiras actividades da mesma páxina traballan a identificación de nomes propios, a derradeira é de creación.

Propoñer aos alumnos que formen oracións con sentido seguindo diversos procesos:

–Inventar frases con nomes e verbos facéndoos concordar (nena-xogar, coche-correr, ra-saltar...).

–Crear frases a partir de debuxos ou imaxes que conteñen un suxeito realizando unha acción.

–Escoller entre varios suxeitos o que lle acaia a un predicado (a araña/o peixe/o neno... xoga á pelota).

Ditados

O avó Xosé vive en Lugo. A tía María vive en Ourense.

Xoán ten un can que se chama Tantán.

Preténdese, na dobre páxina 160-161, que os alumnos coñezan e empreguen correctamente termos relacionados cos transportes e elementos da vía urbana. Agás a primeira actividade que require unha primeira análise colectiva da lámina sobre o

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 128: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

128/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

autobús, propoñer que os alumnos fagan as demais de forma individual e realizar, posteriormente, unha corrección colectiva.

Significados. Pedirlles que comenten a escena da lámina da páxina 160 e que lean as palabras que aparecen nela. Preguntar como é e para que serve a marquesiña (é unha cuberta para protexer do Sol e da chuvia ás persoas que esperan) e cal é a función do sinal de parada (indica que nese lugar se detén o autobús para recoller e deixar pasaxeiros). Despois completarán esta primeira actividade da páxina 160, que describe a lámina, coas palabras que correspondan.

Na segunda actividade da páxina 160 e a primeira da páxina 161, atender especialmente ás formas beirarrúa, garda e peóns.

Antes de buscar os termos na sopa de letras, pedir que digan os nomes dos medios de transporte ilustrados.

No último exercicio da páxina 160, deben copiar as oracións substituíndo as imaxes polas palabras.

Se o mestre o considera oportuno, pode ofrecerlles aos alumnos algunhas adiviñas sobre elementos que se poden atopar na rúa.

Son alto e delgado

teño a cabeza brillante

alumeo pola noite

a calquera camiñante.

(o farol)

Como o plástico e o papel,

e o lixo que ninguén quere

danmo a min tamén.

(a papeleira)

Tres bonitas cores teño

para o tráfico ordenar

tamén lles digo aos peóns

cando teñen que cruzar.

(o semáforo)

Normas do bo peón. Pódese aproveitar para elaborar un decálogo de normas de comportamento como peón. Anotar algunhas normas no encerado:

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 129: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

129/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

–Non xogar na beirarrúa.

–Non ir camiñando polos bordos da beirarrúa.

–Non interromper o paso dos demais peóns.

–Non saír á calzada bruscamente.

–Estar atentos á saída de garaxes...

Para motivar os nenos ante os exercicios da dobre páxina de escritura (162-163), preguntarlles que é para eles unha noticia, se adoitan escoitar as noticias na radio ou na televisión cando o fai a familia ou se algunha vez se interesaron por algunha noticia concreta do xornal ou dunha revista. Explicar que as noticias informan sobre feitos que son recentes e dinnos que ocorreu, onde, cando, quen participou... Pedirlles que digan sucesos que poderían ser motivo dunha noticia no seu contorno máis próximo (a inauguración dun novo centro cultural na vila, a celebración do aniversario do colexio...).

Os alumnos van completar dúas noticias sobre dous feitos diferentes; un relacionado co conto inicial da unidade e outro, cunha festa popular propia desta época do ano.

Explicarlles aos alumnos que o texto que van completar é unha noticia que puido saír no xornal da vila á que o xastre librou do xigante. Solicitar que se deteñan no título (Premio ao heroe) e na imaxe que o ilustra antes de completar o texto. Preguntar que idea reflicten. Despois propoñer que comecen a ler o texto e que, segundo avancen, vaian escollendo o termo que mellor acae ao contexto de entre os superiores. Finalmente volverán ler para si mesmos o texto ao tempo que escriben as palabras. A continuación, responderán unhas preguntas de comprensión literal da noticia que recollen as catro informacións básicas.

Na última actividade da páxina 163 os alumnos realizan o traballo inverso: deben relacionar os datos da noticia establecendo unha conexión entre cada unha das preguntas e as respostas axeitadas. Comentar con eles que todas estas preguntas fan mención a datos básicos da noticia que van escribir despois: qué ocorre, cando, onde... Despois deberán completar o texto da noticia sobre o concurso de maios. Lembrarlles que teñen que empregar estes datos e non outros.

Para completar o traballo sobre as noticias, facer unha selección de titulares e noticias relacionadas co medio máis próximo aos alumnos e outras de carácter menos localista, pero que poidan resultar atractivas para eles canto ao contido. O mestre pode repartirlles ese material para extraer e comentar os datos básicos desa información.

Animar os alumnos a elaborar entre todos unha noticia para a revista do colexio. O mestre pode propoñerlles que esa noticia teña relación con algunha actividade ou saída que fixesen neste curso, por exemplo unha visita a un museo, a asistencia a unha representación, etc.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 130: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

130/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Para introducir a lectura da páxina 164, preguntar aos alumnos se teñen feito algunha viaxe longa, se lles gusta facer viaxes, se cando van a un lugar que queda lonxe se lles fai aburrida a viaxe, como se entreteñen no coche ou outros medios durante viaxes longas... Animalos a falar tamén sobre os sinais de tráfico, que sinais coñecen e que significan. Explicar que van ler un texto que fala dun neno e unha nena que fan unha viaxe longa e se entreteñen dunha forma moi curiosa (identificando sinais de tráfico e interpretando o seu significado). Lerlles en voz alta o texto, despois deixar uns minutos para que o lean en silencio. A continuación, farán eles unha lectura en voz alta. Corrixirlles a pronuncia e entoación sempre que sexa preciso. Unha vez rematada a lectura preguntar: Que facían Paulo e Uxía durante a viaxe? Que pensou Paulo que significaba o sinal co cervo? Por que se riu o pai?

Os nenos deben relacionar cada unha das descricións co sinal correspondente. Pódese chamar a atención sobre as formas dos sinais (triangulares e circulares) e o seu significado (perigo e obrigatoriedade). Animalos a explicar se coñecían xa estes sinais, se os teñen visto pola rúa e estradas...

Aproveitar para lembrarlles aos alumnos a importancia de respectar os sinais de tráfico.

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 165) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Escribir nomes propios con maiúscula.

Completar oracións atendendo ao sentido.

Escribir unha noticia breve a partir dunha imaxe.

Propoñer que coa axuda dun maior seleccionen o titular dunha noticia breve relacionada coa súa localidade. Despois contarana na aula.

O mestre pode suxerirlles aos alumnos que escollan algún sinal de tráfico que haxa na súa rúa ou no camiño á súa casa e fagan un debuxo del. Despois coa axuda dalgún familiar, que lles explique a interpretación correcta do sinal, escribirán debaixo o que indica ese sinal debuxado. Levarán todos os seus sinais á aula e farase un gran mural con eles.

Animar os alumnos a realizar un debuxo sobre o motivo que queiran. O debuxo será un regalo para facerllo a un compañeiro. Despois deberá escribir nun sobre o nome da persoa a quen llo vai entregar coa primeira letra maiúscula como corresponde aos nomes propios.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Aprender a aprender

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 131: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

131/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Cómpre que os alumnos vaian mellorando a súa dicción en palabras polisílabas e con aquelas que poidan preverse dúbidas canto á tonicidade. O mestre pode escoller algunhas palabras do texto e escribilas no encerado para practicar con eles a pronuncia. Neste senso pode seleccionar as palabras: marmelada, sorprendido, contarlles, cortoulle, paxaro, demostrarmo, propúxolle, recompensa, tratárono, heroe. Despois de ler estes vocábulos, pedir que formen oralmente oracións en que as integren e que teñan relación co conto.

Ao fío da frase ambigua que bordou o xastre valente no cinto, promover que os alumnos reflexionen e xustifiquen por que o xigante non podía saber exactamente a que se refería esa frase. Preguntar que dato importante lle faltaba. Animar os alumnos a reflexionar sobre o importante que é formar oracións con sentido completo, tanto por escrito coma oralmente, para que os demais as comprendan ben.

O mestre pode propoñerlles que se entenda algunhas oracións relacionadas co conto para que se entenda o seu sentido: O xastre marchou... O xigante enleouse... O alcalde felicitou..., etc.

Traballar a identificación da concordancia en número entre o suxeito e predicado; escribir unha oración no encerado en singular e despois solicitar que completen outra semellante en plural. O mestre pode empregar algunha das da primeira actividade: Os cans ladran na rúa. Escribir debaixo estoutro predicado:

___ ladra na rúa.

Preguntar: Quen o fai? para que completen a oración co suxeito en singular.

Competencia social e cidadáO conto pode servir de punto de partida para destacar o valor do xastre e o labor que realizou liberando a vila da opresión do xigante.

Tratamento da informaciónMostrar un mapa de Galicia e pedir que busquen nel tres nomes de lugares. Despois copiarano no seu caderno.

Competencia social e cidadá. Falar cos alumnos sobre as normas de comportamento viaria e incida na necesidade de respectalas pola seguridade de todos. Propoñer situacións para que expliquen as súas experiencias e formulen as formas de actuación máis correctas: Como temos que cruzar por un paso de peóns? E onde hai un semáforo? Como faremos para cruzar a rúa se non hai paso de peóns nin semáforo? Como debemos comportarnos no autobús? Podemos molestar ao condutor? Por que? Por que é importante usar o cinto de seguridade?...

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 132: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

132/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Competencia cultural e artísticaPedir aos alumnos que debuxen dous semáforos: un dirixido a vehículos marcando da cor correspondente se poden pasar ou non e outro dirixido a peóns, indicando da cor correspondente, se poden pasar ou non.

Aproveitar para que os alumnos aprendan algunhas coplas populares dedicadas aos maios, por exemplo:

Levántate, maio,

que tanto durmiches.

Pasou o inverno

e non o sentiches.

Autonomía e iniciativa persoal.Unha vez rematado o traballo da dobre páxina de escritura (páxs. 162 e 163), propoñer aos nenos que avalíen o seu propio traballo comparando a evolución na composición. Preguntar cal dos dous textos lles custou máis traballo e en cal lles saíu unha letra máis coidada, cometeron menos erros...

Comprobar ademais que mostran interese por aprender cousas novas: como saber escribir unha breve noticia. E se cando se lles presentan actividades novas, coma as do programa de composición, as afrontan con interese ou ganas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e le de forma comprensiva unha narración. Recoñece calidades do personaxe e a secuencia de accións no relato. Fai unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolve a expresión oral reflexionando sobre hábitos e

comportamentos persoais. Completa oracións co suxeito e co predicado. Utiliza as maiúsculas en nomes propios de persoa, animais e lugar. Amplía e fixa vocabulario relacionado coa rúa e os transportes. Completa por escrito o texto dunha noticia. Le e comprende un texto informativo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 133: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

133/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 14

OBXECTIVOS

Escoitar e ler de forma comprensiva unha narración. Recoñecer detalles e accións dos personaxes no relato. Facer unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolver a expresión oral reflexionando sobre hábitos e comportamentos

persoais. Saber ampliar o predicado das oracións. Escribir m antes de b. Ampliar e fixar vocabulario relacionado coa artesanía. Recoñecer significados contrarios. Escribir un diálogo. Ler e comprender un poema.

CONTIDOSA oración: complemento do predicado.

Palabras con m antes de b.

Vocabulario: materiais e artigos de artesanía.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de detalles e accións dos personaxes do texto narrativo.

Expresión oral de experiencias e comportamentos persoais.

Lectura dramatizada dun diálogo.

Ampliación de oracións completando predicados.

Escritura de palabras con mb.

Aplicación de termos relacionados cos materiais e a artesanía.

Asociación de contrarios.

Escritura de diálogos.

Lectura dun texto poético.

Formación de rimas.

Interese pola aprendizaxe de novas palabras.

Interese polo xogo lingüístico e a creación persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 134: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

134/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

COMPETENCIAS BÁSICASAdemais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Competencia social e cidadá.

Competencia matemática.

Aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa persoal.

Interacción co mundo físico.

Tratamento da información.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na unidade 14 o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada a aprender que diante de b escríbese m, non n. As actividades de cada páxina teñen como obxectivo a identificación da regra e o comezo de aplicación da mesma. Estas actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

As seguinte páxina está dedicada á ampliación de vocabulario, neste caso, vocabulario relacionado coa artesanía. As actividades propostas sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:2.ª quincena de maio.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 30 de reforzo.Ficha 13 de ampliación.Ficha 13 de control.CD2 Contos e poemas: -Audición do conto. -Poema Xiz de cor. Caderno de Lingua 1: Terceiro trimestre.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 135: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

135/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Dicionario escolar.Lecturas de aquí e acolá.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto da páxina 166 e comentalo, pedirlles aos alumnos que lean o título do conto e pescudar se saben o que é a prata (metal de cor branca brillante que se emprega na xoiaría e tamén en moedas). Se algún alumno ou alumna ten algún adorno de prata (pendente, pulseira, cadea...) poden mostrala e observar todos como é ese metal. Dirixir a atención sobre a escena que se recolle na lámina e preguntar se ven as moedas de prata por algún lugar. Propoñer que fagan conxecturas sobre onde poderán estar (dentro da bolsiña que un dos personaxes agocha debaixo dunha pedra). Unha vez chegado a este punto, preguntar por que agochará aí as moedas ese personaxe e chamar a atención sobre a presenza doutro individuo axexando desde detrás dunha sebe.

Preguntar por outros elementos da escena: De quen serán esas casas? Están separadas? Que as separa? Vivirán aí os personaxes? Serán veciños?

Poñer a gravación e interrompela só no momento en que o carpinteiro vai falar co veciño e este lle dá o consello de gardar todas as moedas xuntas, para axudar á interpretación das intencións de cada personaxe preguntar: Por que o veciño lle aconsella gardar as moedas de ouro coas de prata? Realmente tiña o carpinteiro tamén moedas de ouro?

Unha vez rematada a audición, preguntar se lles pareceu enxeñosa a maneira en que confirmou as súas dúbidas. Pedir tamén que opinen sobre o comportamento do veciño e o incorrecto da súa maneira de proceder.

Antes de que os alumnos comecen a ler o conto, salientar a presenza de diálogo no texto. Explicarlles que a raia que aparece ao principio dalgunhas oracións indica que vai falar un personaxe en concreto. Facer o mestre unha lectura en voz alta que lles sirva de modelo. Despois propoñerlles que realicen unha lectura silenciosa e, finalmente, outra en voz alta: un alumno será narrador e outros, os personaxes.

Aproveitar para falar cos alumnos sobre a forma e a función das moedas. Explicar que antigamente as moedas non eran coma as que usamos agora; adoitaban facerse de metais preciosos como o ouro e a prata. Contar que o ouro e a prata son metais preciosos, chámanse así porque son moi escasos e difíciles de atopar. Están na natureza, na terra, en minas e xacementos e hai que remover moito para atopar unha pequena cantidade. Aclarar que as moedas actuais están feitas con outros metais e teñen un valor determinado polo Estado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 136: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

136/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Antes de realizar as actividades das páxinas 168 e 169 o mestre pode solicitar que os alumnos recorden de forma colectiva a historia e comprobar a partir das súas explicacións se algún detalle da mesma non quedou ben interpretado.

As actividades de comprensión propostas no libro abranguen estes aspectos:

Detalles e accións. Recordar detalles esenciais do conto: cantas moedas tiña o carpinteiro, onde as agochou e por que desapareceron do seu agocho.

Accións verdadeiras. Cos enunciados que se ofrecen nesta actividade, os alumnos deben discriminar accións e detalles que si ocorren na historia. Sería bo pedirlles que corrixan os enunciados incorrectos explicando cal é o correcto.

Diálogo. Recoñecer que personaxe é o que expresa a súa alegría por atopar as moedas. Lembrar que o personaxe di que as perdera, cando en realidade é que llas roubara o veciño.

Significado dunha expresión. Coñecer o significado da expresión coas orellas gachas. Ofrecerlles unha expresión sinónima a esta: Ir co rabo entre as pernas.

Facer un pequeno teatro. Antes de que os alumnos lean o texto dramático, pedir que identifiquen os dous personaxes que interveñen (o carpinteiro e o veciño). Despois de que realicen a lectura individual, preguntar sobre o contido da conversa que manteñen os dous: Que lle pasa ao veciño? Que lle pide ao carpinteiro? Solicitar que preparen a lectura para dramatizala coma noutras ocasións. Observar especialmente se os alumnos poñen énfase na lectura das oracións interrogativas e da exclamativa.

Educación en valores. Fomentar o diálogo entre os alumnos para que conten experiencias persoais. O mestre pode contarlles que todos temos predileccións sobre certas cousas e desexamos que os demais tamén as coiden. Trátase de que sexan conscientes de que se deben tratar as cousas dos demais coma se fosen propias.

Organizar os nenos en parellas e propoñerlles debuxar e pintar nunha cartolina os personaxes do conto. Despois recortaranos e pegaranlle por detrás un paíño: eses serán os monicreques. Con eles, cada parella fará a dramatización libre do conto.

Compartir. Propoñer aos alumnos que cada un levar un libro (de contos, de poemas, de animais...) á aula para intercambialo cun compañeiro ou compañeira. Explicarlles que emprestarse libros é unha boa forma de ler libros novos, sen ter que compralos. Advertir de que deben tratalos ben para non estragalos e devolvelos na data fixada.

Continúase na gramática desta unidade (páx. 170) traballando coa estrutura oracional, nesta ocasión a partir da produción de complementos para ampliar e transmitir mensaxes máis completas. Para fomentar unha aproximación intuitiva ao concepto de complemento e o procedemento de ampliación de oracións, escribir

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 137: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

137/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

unha oración no encerado; por exemplo: Xoán pasea, e despois preguntar: Por onde pasea Xoán? (polo campo, polo parque, pola rúa...). Pedir que digan varias opcións; escoller unha e completar a oración (por exemplo: Xoán pasea polo parque). Despois preguntar: Xoán pasea polo parque, con quen? Os alumnos deberán dar novas opcións (co pai, coa nai, co amigo, con Pedro...) De novo pedir que escollan unha opción e completar tamén a oración (por exemplo: Xoán pasea polo parque co avó). Facerlles ver canto se alongou a oración desde a primeira ata a última.

Na primeira actividade da páxina 170 os alumnos completan as oracións con complementos que indiquen que ou que cousa realiza o suxeito da acción verbal. No segundo completan as oracións indicando a acción verbal e o lugar en que se realiza esa acción verbal. É posible que nalgunha propoñan ampliacións maiores, de ser así solicitar que a escriban no encerado.

Na páxina 171 continúase traballando con algunhas das regras ortográficas básicas do galego a través da observación e o uso.

Solicitar que lean a regra, no inicio da páxina 171, e que tenten dicila sen mirar polo libro.

Para completar o exercicio de escritura de palabras da mesma páxina, primeiro deben repasar as grafías punteadas e despois copiar as palabras.

Pedir que lean o texto da páxina 171 e que subliñen as palabras con mb que atopen antes de copialas na pauta.

Comprobar que os alumnos escriben en todos os casos mb.

Propoñer aos alumnos que vaian alongando unha oración entre todos. Comezarán por unha palabra e cada neno irá completando a oración de cada vez: Por exemplo: O paxaro / O paxaro canta / O paxaro canta pola mañá / O paxaro canta pola mañá nun piñeiro.

Ditados

María deitouse enriba da alfombra.

Xoán deu un golpe no lombo.

O gato lambía a espiña do peixe.

O home chamou ao timbre. Traía unha bombona de butano.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 138: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

138/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Co tema de vocabulario proposto no apartado Descubrimos palabras da páxina 172 preténdese que os alumnos traballen termos relacionados cos tipos de materiais e que se acheguen intuitivamente a un tipo de relación semántica: a antonimia.

Antes de completar as oracións da primeira actividade da páxina 172 convén que os alumnos analicen e comenten a lámina inicial. Primeiro pedirlles que lean o título da lámina (Na feira de artesanía) e animalos a contar experiencias e coñecementos que teñan sobre as feiras e a artesanía. Despois pedir que conten o número de postos e que expliquen o que se mostra en cada un (obxectos feitos con vimbio no primeiro; pezas de roupa feitas con la, no segundo; xoguetes de madeira, no terceiro; e obxectos de coiro, no cuarto).

A segunda actividade da páxina 172 ten como fin que aprendan algúns termos colectivos como madeixa e feixe.

Os adxectivos propostos nesta unidade están relacionados cos sentidos.

Comprobar se os alumnos entenden o procedemento para resolver a adiviña: trátase dun xogo en que a solución aparece oculta no texto.

Comprobar se o obxecto que escriben e debuxan se axusta ao que se solicita.

Explicarlles aos alumnos que a artesanía comprende basicamente traballos e obras que se fan manualmente e con pouca intervención de maquinaria. A persoa que fai obxectos de artesanía chámase artesán-artesá e o lugar ou taller onde traballa recibe o nome de obradoiro. Segundo o tipo de materiais con que traballan e os obxectos que realizan existe unha gran variedade de artesáns. Aproveitar para falar cos alumnos sobre algúns tipos de artesáns: oleiros (fan obxectos de barro), ourives (fan adornos con metais preciosos e xoias), ferreiros (traballan e fan obxectos de ferro), cesteiros (fan cestos, baúis... con vimbios), cristaleiros (fan obxectos de cristal), teceláns (tecen alfombras, mantas), etc.

Para introducir os nenos no tema do texto dialogado, lembrarlles que os textos do apartado Pequeno teatro son textos dialogados, porque reproducen o que din os personaxes. Lembrarlles incluso o texto narrativo con que se inicia esta unidade e que contén partes dialogadas, das que xa se lle explicou a función da raia. Contar que, cando falamos uns cos outros, estamos dialogando e que, na escrita, o diálogo se representa con ese signo chamado raia. Insistir en que a raia se escribe cada vez que comeza a falar un personaxe, ao principio das súas palabras. Nas actividades propostas na páxina 174, os alumnos traballan a alternancia de intervencións no diálogo a partir de preguntas e respostas (actividade 2) e, despois, a introdución do texto dialogado nunha narración que recolle a conversa dos personaxes dunha breve historieta.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 139: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

139/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Os nenos deben asociar a pregunta que realiza un personaxe coa resposta e copiala na orde correspondente. Chamar a atención sobre o signo de interrogación, que xa coñecen, para que non esquezan colocalo.

Primeiro lerán a primeira parte do texto dialogado. Chamar a atención sobre cando se fai a pregunta e cando se dá a resposta, e como se recolle o que di cada interlocutor cunha raia antes. Despois dicirlles que van completar un diálogo semellante coas preguntas ou respostas que falten. Deben atender que seguir a mesma estrutura ca a primeira parte.

Na actividade da páxina 175 o traballo de escritura é máis complexo. Na primeira parte deben ler e recoñecer a forma gráfica de representar o diálogo nas viñetas dun cómic e dar unha conclusión ao mesmo. Despois completarán o texto cos verbos declarativos e coas intervencións correspondentes a cada un dos personaxes que falan na historieta. Lembrarlles que deben poñer a raia cada vez que escriban o que di cada personaxe.

Escoller imaxes sinxelas e diversas (fotografías, viñetas de cómic, debuxos...), en que apareza un personaxe en actitude dialogante, para que os alumnos inventen diálogos. Poden ser personaxes humanos ou animais.

Mostrarlles a imaxe e pedir que imaxinen e inventen o que está a dicir o personaxe. Escribir esa oración no encerado dentro dun globo. Despois escribir as mesmas palabras empregando a raia, para que os alumnos observen as dúas maneiras de representar o diálogo directo.

Poñerlles a gravación do poema da páxina 176 ou realizar por parte do mestre unha lectura en voz alta do poema. Confirmar que os alumnos coñecen o significado do termo xiz. Pedir que realicen unha lectura silenciosa do poema e que despois un alumno explicar o que entendeu. Os demais deberán dicir se están de acordo ou non coa súa interpretación e ofrecer as propias. Pode resultar complexo, polo nivel de abstracción, o verso «de laraxa os desexos e as ansias»; para axudar á interpretación, pedir que verbalicen desexos propios. Destacar que o poema ofrece unha visión colorista do mundo. Preguntar cales desas ideas coloristas lles gustan máis. Animalos a expresar como pintarían eles outros elementos da natureza e sentimentos; por exemplo de que cores pintarían as árbores, as montañas, os coches; e tamén conceptos abstractos como a alegría, a tristeza... Finalmente suxerir unha lectura en voz alta en que cada un lea unha parella de versos.

Coa segunda actividade da páxina 176 preténdese que os nenos xoguen coas formas das letras e os significados das palabras.

Proponse na terceira actividade que perciban e formen a rima polo oído. Pronunciarlles as sílabas acentuadas para que aprecien con claridade os sons finais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 140: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

140/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páx. 177) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Escribir palabras con mb.

Ampliar oracións con sentido.

Escribir oracións interrogativas directas e empregar a raia de diálogo.

Propoñer aos alumnos que, coa axuda dun familiar, fagan algunha actividade manual sinxela para unha especial feira de artesanía que se fará na aula. Despois presentarán os seus traballos, explicarán de que material están feitos e como os fixeron.

Tamén pode ser interesante que os nenos e nenas xoguen cos seus familiares a formar parellas de rimas. Darlles a cada un unha folla cunha palabra. Coa axuda dun maior, inventarán dúas ou tres rimas posibles (empregue palabras coas que sexa doado formar pareados: casa, camión, mar...)

Os alumnos escribirán un diálogo inventado coa axuda dun familiar. Lembrarlles que deben lembrar escribir a raia de diálogo e os signos de interrogación e exclamación se hai algunha oración dese tipo.

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Competencia social e cidadá.Cómpre analizar e reflexionar cos alumnos sobre as actitudes e comportamentos de cada un dos personaxes e explicar cales son positivos e cales son negativos. O veciño ten un comportamento negativo: é envexoso, falso e mentireiro co seu veciño. Porén o carpinteiro ten comportamentos positivos: malia desconfiar do veciño, non o acusa sen probas, e unha vez que confirma a súas sospeitas tampouco o fai e dálle deste xeito unha lección.

Competencia matemática. O veciño calcula e fai a suma do total de moedas que tería se xuntase as dez de prata e as dez de ouro: vinte moedas. Aproveitar para traballar cos alumnos sumas. Para facelo máis atractivo, o mestre pode entregarlles moedas de céntimo e propoñer que calculen sumas diferentes de moedas.

Aprender a aprender.Convén acostumar os nenos a dar respostas concretas ás preguntas que se lles formulen.

Pode ser conveniente introducir aos alumnos na técnica de alongar oracións empregando a enumeración e a conxunción e. Por exemplo, a partir da terceira

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 141: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

141/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

oración da primeira actividade da páxina 170, propoñer que enumeren todos os elementos da ilustración que reflicten o que almorza o neno: Héitor almorza leite, galletas e zume. Pedirlles que amplíen outras oracións seguindo o mesmo procedemento; por exemplo: Na mochila teño un lapis, ____ e ____.

Practicar a entoación de oracións interrogativas. Para traballar a entoación nas preguntas e respostas, o mestre pode pedirlles que, distribuídos en parellas, manteñan breves diálogos: –Queres xogar comigo á corda? –Quero, estupendo!

Autonomía e iniciativa persoal.Propoñer aos nenos que revisen as actividades de comprensión feitas nestas páxinas, e que reflexionen sobre as dificultades que tiveron e como as superaron.

Preguntar que actividades das páxinas 174 e 175 lles resultaron máis difíciles de resolver. Explicar que é normal que haxa cousas que custen traballo. Fomentar a cooperación entre os alumnos para axudárense uns a outros cando o precisen.

Interacción co mundo físicoAo fío do tema do apartado Educación en valores: coidar as cousas alleas, pódese aplicar este precepto ao coidado da natureza e tamén do espazo onde viven. Explicar que as plantas, as árbores e tamén o mobiliario urbano son un ben de todos e para o gozo de todos; debemos ser coidadosos con eles e non estragalos.

Explicar cal é a orixe ou procedencia de cada un dos materias: o vimbio é unha vara fina, longa e moi flexible que forma parte dun arbusto; a la estráese do pelo das ovellas; a madeira das árbores, e o coiro da pel de animais. Se é posible levar á aula, algúns obxectos elaborados con estes materiais para que os alumnos poidan tocar e coñecer as características básicas.

Competencia cultural e artística.Propoñerlles aos alumnos realizar algún obxecto como se fosen artesáns. Pode resultar motivador facer un animal de barro. Propoñerlles a todos elaborar o mesmo animal (unha tartaruga, un gato...) e colorealo ao seu gusto co fin que os alumnos poidan decatarse da variedade que provoca a creatividade de cada un.

Tratamento da información.Convén que os alumnos se habitúen á lectura de cómic. Aproveitar a representación do conto A raposa e a merla (páx. 175) en viñetas, para falar con eles sobre este tipo de textos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 142: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

142/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e le de forma comprensiva unha narración. Recoñece detalles e accións dos personaxes no relato. Fai unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolve a expresión oral reflexionando sobre hábitos e

comportamentos persoais. Sabe ampliar o predicado das oracións. Escribe m antes de b. Amplía e fixa vocabulario relacionado coa artesanía. Recoñece significados contrarios. Escribe un diálogo. Le e comprende un poema.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 143: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

143/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

LINGUA 1.o CURSOUNIDADE 15

OBXECTIVOS

Escoitar e ler de forma comprensiva unha narración. Recoñecer accións, causas e detalles da historia. Facer unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolver a expresión oral reflexionando e explicando opinións persoais. Empregar de forma intuitiva predicados nominais. Escribir m antes de p. Ampliar e fixar vocabulario relacionado coa artesanía. Recoñecer significados sinónimos. Escribir unha descrición. Ler e comprender un texto informativo.

CONTIDOSA oración: predicado nominal.

Palabras con m antes de p.

Vocabulario: o campo da festa.

Escoita, lectura e comprensión da narración.

Recoñecemento de detalles e accións dos personaxes do texto narrativo.

Expresión oral de experiencias e comportamentos persoais.

Lectura dramatizada dun diálogo.

Escritura de oracións con predicado nominal.

Escritura de palabras con mp.

Aplicación de termos relacionados coa festa.

Aplicación de sinónimos.

Completar e escribir descricións.

Lectura dun texto informativo.

Recoñecemento de información básica do texto.

Preocupación pola correcta presentación dos escritos.

Aprecio pola lectura como fonte de pracer e información.

COMPETENCIAS BÁSICAS

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 144: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

144/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ademais da Competencia en comunicación lingüística, nesta unidade contribúese a desenvolver as competencias:

Aprender a aprender.

Tratamento da información.

Interacción co mundo físico.

Autonomía e iniciativa persoal.

Competencia cultural e artística.

Competencia social e cidadá.

METODOLOXÍAProceso de ensinanza e aprendizaxe:O proceso de ensinanza-aprendizaxe constrúese mediante o traballo con diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades individuais e colectivas, tanto de forma oral coma escrita.

Na última unidade o proceso comeza coa análise dunha viñeta e a audición dun relato. Propóñense actividades que permitirán ao profesor comprobar se os alumnos comprenden qué leron e escoitaron.

A seguinte dobre páxina está dedicada á coñecer e aplicar a regra de escribir antes de p a letra m, nunca a n. As actividades sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

Na seguinte páxina trabállase o vocabulario das festas. As actividades propostas no libro sérvenlle ao profesor para avaliar a comprensión.

A páxina titulada Lemos presenta un pequeno poema onde aparecen as letras que os alumnos xa estudaron neste curso, co obxectivo de practiquen a lectura.

Suxestión de temporalización:1.ª quincena de xuño.

Recursos:Lingua 1. Guía didáctica de Lingua 1.Ficha 31 de reforzo.Ficha 14 de ampliación.Ficha 14 de control.CD Contos e poemas: -Audición do conto. Caderno de Lingua 1: Terceiro trimestre. Dicionario escolar.Lecturas de aquí e acolá 1.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 145: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

145/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICASAntes de escoitar o conto e comentalo, pedirlles aos alumnos que lean o título do conto da páxina 178 e dirixir a súa atención cara á escena da lámina. Solicitar que describan o que ven e como é a fonte, que expliquen quen será a moura e o que saben sobre as mouras ou encantadas. Se cómpre, darlles información sobre este personaxe propio da nosa mitoloxía (ver apartado Máis recursos).

Centrar a atención dos alumnos sobre os dous personaxes: a moza (moura) e o home; solicitar que os describan, que digan aspectos xerais do físico, da roupa e enfeites da moza. Formular algunhas preguntas para que fagan predicións sobre o contido da historia: Quen será o mozo? Que leva nas mans? Que credes que haberá dentro dese paquete? Será para a moura? Estas predicións poden ser moi variadas xa que os alumnos non contan con ningún elemento explícito que axude a interpretar este feito (agás o que saiban sobre a forma de desencantar mouras); trátase simplemente de que desenvolvan a súa imaxinación. Despois de que coñezan o contido real da historia, poderán contrastar esas predicións e ver se alguén se aproximou ao contido da lenda.

Poñer a gravación completa do conto. Una vez rematada, preguntar se lles gustou e se lles parece que ten un final alegre ou triste. Será ben comprobar se os alumnos recoñecen que quen conta a lenda é un personaxe dun tempo recente e os personaxes da lenda relatada pertencen a un tempo afastado, pero a fonte aínda existe. Preguntar: Quen comeza a contar a historia? (un rapaz) Quen lla contou a el? (o seu avó) A fonte é real? (si está na aldea do rapaz). Cómpre explicarlles aos nenos que esta é unha lenda e darlles unha pequena información sobre este tipo de relatos.

Propoñer que realicen unha lectura silenciosa e, a continuación, que fagan outra en voz alta e en cadea. Seleccionar varios nenos para que lean a parte do narrador e dos personaxes respectivamente.

Explicarlles aos alumnos o que son as mouras. Son mulleres imaxinarias moi fermosas que viven nas fontes, ríos, castros e outros lugares máxicos de Galicia. Teñen cabelos roxos máis ca louros e a pel branca. Gardan tesouros e visten marabillosamente. Segundo a tradición foron construtoras dos edificios e estruturas en que viven (castros, penedos, castelos, mámoas). Ás veces aparécenselles ás persoas que pasan por onde elas viven. Fanlles preguntas ou póñenlles probas e, se acertan, entréganlles parte do seu tesouro.

Centrar a atención sobre o parágrafo final da lenda en que o neno narrador di que lle pareceu ver no fondo da auga á moura e preguntar se o cren posible.

Antes de realizar as actividades propostas nas páxinas 180 e 181, o mestre pode pedirlles aos alumnos que expliquen algúns adxectivos empregados no texto: unhas augas cristalinas, un home misterioso, unha moza maxestosa. Tamén será ben facer

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 146: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

146/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

fincapé na diferenza entre mouro-moura (substantivo: ser imaxinario que ten poderes e garda tesouros.) e mouro-moura (adxectivo: que é de cor escura, tirando a negro).

As actividades de comprensión propostas no libro abranguen estes aspectos:

Nome do lugar. Explicar a orixe mitolóxica do nome da fonte.

Detalles. Lembrar e escribir dous detalles do conto: o que lle debía entregar Xacinto á moura e o que recibiría a cambio.

Secuencia. Recoñecer a secuencia da historia. Lembrarlles aos alumnos que antes de numerar cada parte analicen a escena ilustrada.

Opinión. Os alumnos deben opinar sobre a historia e dicir se lles parecen certos ou non os feitos narrados. Cómpre que razoen as respostas.

Significado dunha palabra. Poden determinar o significado do verbo recender a partir do xesto de sensación agradable no personaxe ilustrado.

Facer un pequeno teatro. Antes de que lean o texto, pedir que identifiquen os dous personaxes que interveñen (o neno e o avó, que non son personaxes da lenda, senón o narrador e o avó que lla contou a el). Despois de que realicen a lectura individual, preguntar sobre o contido da conversa que manteñen os dous personaxes. Solicitar que preparen a lectura para dramatizala coma noutras ocasións. Observar especialmente se os alumnos poñen énfase na lectura das oracións interrogativas.

Educación en valores. Fomentar o respecto e cariño cara aos anciáns. Explicar que os maiores fixeron moitas cousas ao longo da súa vida e saben moitísimo.

Solicitar que os alumnos lembren unha das condicións que lle explicou o home misterioso a Xacinto: entregar o queixo completo. Pedir que recorden e expliquen por qué era importante que cumprise esa condición (O queixo tiña un poder sobrenatural: transformaríase nun cabalo que podería sacar a moura do seu encantamento). Animalos a inventar poderes máxicos para obxectos que son normais a simple vista, pero que poidan esconder no seu interior un ser extraordinario. Dicirlles que imaxinen e expliquen eses poderes máxicos. Pódese motivalos lembrándolles un caso famoso: o xenio da lámpada máxica de Aladino.

Ao longo do curso, os alumnos foron adquirindo destreza no uso de elementos gramaticais; por exemplo, traballaron con adxectivos e con grupos nominais que contiñan adxectivos e aplicaron a concordancia entre suxeito e predicado.

Para que xeren oracións copulativas (páxina 182), formularlles unha serie de preguntas que provoquen a contestación cunha oración dese tipo; por exemplo: Como é o noso colexio? Como é o encerado? Como é o meu pelo? Escribir no encerado as respostas que dean os alumnos; por exemplo: O colexio é grande. O

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 147: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

147/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

encerado é verde. O meu pelo é ... Explicar que para contestar estas preguntas empregaron adxectivos, que son as palabras que indican calidades das cousas, das persoas...

Na primeira actividade da páxina 182 os alumnos deben completar as oracións copulativas co adxectivo que lle corresponde atendendo á concordancia co suxeito. Contrastar, nas ilustracións que van con cada oración, a presenza dun só obxecto ou de máis de un. Na segunda actividade, as oracións contan cun predicado nominal dobre, co que se pode salientar que a un mesmo nome se lle pode aplicar máis de unha calidade, é dicir, máis de un adxectivo. Ademais refórzase a escrita da estrutura: suxeito, verbo copulativo e atributo.

Para traballar a ortografía desta última unidade (páx. 183), anticiparlles aos alumnos que, igual que na unidade anterior viron que antes de b se escribía m, agora verán que antes de p, tamén se escribe m.

Solicitar que lean a regra, no inicio da páxina, e que tenten dicila sen mirar polo libro.

Para facer o exercicio da escritura de palabras da mesma páxina, primeiro deben repasar as grafías punteadas e despois copiar as palabras.

Para completar o exercicio de localización de palabras da páxina 183, os alumnos deben ler primeiro o texto e ir subliñando as palabras con mp que atopen antes de copialas na pauta.

Comprobar que os alumnos escriben en todos os casos mp.

Ofrecer algunhas oracións para que as completen libremente e despois comparen.

O sofá é ___. O Sol é ___.

A mochila é ___. As flores son ___.

Os meus ollos son ___. A miña casa é ___.

Os bombóns son ___. As cadeiras son ___.

Ditados

María toca a trompeta e Xoán toca a campá.

Sempre limpo o pelo con xampú.

Comprei unha cantimplora.

Os meus compañeiros son moi simpáticos.

Cando vai bo tempo, Amparo pasea polo campo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 148: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

148/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

O tema proposto no vocabulario da última unidade (páx. 184) resulta moi motivador para os alumnos. Animalos a falar das súas experiencias verbo das celebracións festivas. Preguntarlles: Gústanvos as festas? En que época do ano hai máis festas? Con quen ides á festa? Cal é a festa principal na nosa localidade? Cando se celebra? Que cousas facedes na festa?

Antes de completar as oracións da primeira actividade da páxina 184 convén que analicen e comenten a lámina inicial. Primeiro pedirlles que lean o título da lámina (No campo da festa) e que expliquen a que se refire cada unha das palabras que se recollen na lámina.

Na segunda actividade da páxina 184 os alumnos van descubrir dous termos sinónimos despois de ordenar as sílabas de cada palabra. Preguntar cal é a forma que máis empregan eles.

Recomendar que lean primeiro cada oración e despois que seleccionen o termo que expresa a mesma idea ca a palabra destacada.

Despois de corrixir a actividade, o mestre pode pedir que expliquen en que consiste cada atracción.

Os alumnos escribirán libremente os seus gustos e preferencias. Animalos a que expliquen o porqué das súas seleccións.

Propoñer aos alumnos que fagan un cartel para anunciar unha festa (a festa da vila, a festa de fin de curso do colexio...). Primeiro deberán pensar o que van escribir no cartel (Benvidos á festa de...; Festa de...; Festa popular en...). Poden incluír tamén a data. Animar os nenos a que interveñan facendo suxestións que se irán anotando no encerado. Distribuír os alumnos en grupos de traballo e repartirlles unha cartolina grande. Cada grupo deberá escoller unha frase para o seu cartel. Recomendarlles que a escriban nun papel primeiro, a modo de borrador. Comentar que inclúan adornos e debuxos nos seus carteis.

Introducir os nenos no tema sobre o que xirará a escritura nas páxinas 186 e 187. Explicar que van aprender a describir personaxes, é dicir, a explicar como son. Contarlles que describir é explicar como son as persoas, pero tamén os animais, os lugares e as cousas.

A descrición dun personaxe céntrase tanto no aspecto xeral coma nos trazos característicos e forma de vestir. O punto de partida son dous textos modelos, o primeiro á descrición dun personaxe que os alumnos xa coñecen (a moura do conto inicial), o segundo é outro personaxe fantástico (un trasno) do que os alumnos só contan coa ilustración. Preténdese deste xeito centrar a súa atención sobre os

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 149: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

149/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

adxectivos, tanto na súa aplicación (no primeiro texto) coma na produción (no segundo) e que se decaten sobre a importancia deste tipo de palabras.

Explicarlles que antes de se poñer a escribir un texto, é necesario que pensen o que van dicir e seguir unha orde para que non se lles esqueza nada importante. Así por exemplo, no caso das descricións, poden dicir como é esa persoa, despois nomear algunhas características: o cabelo, a cara, os ollos; a continuación, dicir como vai vestida e se leva algo especial e, finalmente, poden explicar a súa forma de ser.

Tras ler a descrición da moura, preguntarlles se recoñecen o personaxe. Despois pedir que lean as palabras dos cadros e relacionen cada parte do corpo ou elemento coa calidade que lle corresponde. Facer a actividade de xeito colectivo para ir comentando con eles se a relación que fan é correcta ou non. Unha vez relacionados os substantivos cos adxectivos pasarán a completar o texto.

Comentar que deben fixarse ben na imaxe da páxina 187 para completar correctamente o texto da descrición dun trasno.

Na última actividade da páxina 187 os alumnos teñen que aplicar a técnica de descrición practicada nos textos anteriores.

O mestre pode ampliar o tema das descricións cos seguintes exercicios:

Descubrir un compañeiro. Realizar o seguinte xogo de descrición cos alumnos. Teñen que pensar nun compañeiro da aula e deben explicar como é sen dicir o seu nome. Cada neno fará as descricións por quendas e os compañeiros deben adiviñar de quen se trata. Só darán características físicas.

Trazos de carácter. Pedirlles aos nenos que intenten representar xestos ou actitudes que adoitan ir asociados a un determinado tipo de carácter. Escribir a palabra que deben dramatizar no encerado. Poden representar modos de ser coma estes: tímido, alegre, estudoso, traveso, distraído, cariñoso...

Antes de realizar a lectura do texto da páxina 188, pedirlles aos nenos que observen a ilustración e que lean o título (Xa vén San Xoán). Despois preguntarlles cal cren que será o tema de que fala. Explicarlles que van ler un texto que fala da festa de San Xoán. Preguntar se coñecen esta celebración. Falarlles da tradición de San Xoán facendo fincapé no seu significado: dar benvida ao verán. Se algúns nenos acudiron ás cacharelas, animalos a contar onde foi, que fixeron e como o pasaron.

Lerlles o texto en voz alta. Despois, lerano eles en silencio e, por último, en voz alta e en cadea. Aclarar o significado de palabras pía e ramallos.

Os alumnos deben seleccionar o nome do mes que corresponde á celebración de San Xoán. Pedirlles que localicen este dato no texto.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 150: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

150/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Comprobar se os alumnos identifican os dous participios (regular: acendido e irregular: aceso) e discriminan o de significado contrario. Aproveitar para que formen os verbos de que proceden estes participios: acender e apagar e para que formen oracións en que os integren. Convén, ao fío disto, recordarlles aos alumnos que deben ser moi precavidos co lume. Dicirlles que non deben achegarse ao lume das fogueiras, e explicar que só poden ser controladas por adultos.

As actividades que se propoñen nesta páxina final (páxina 189) permitirán comprobar se os alumnos alcanzaron os seguintes obxectivos:

Escribir palabras con mp.

Completar o predicado nominal dunhas oracións.

Describirse por escrito.

Pedir aos nenos que pregunten a algunha persoa maior da súa familia por algunha lenda que eles coñezan e por algunha tradición relacionada co san Xoán. Despois na aula poderán contarlla ao resto dos compañeiros.

Repartirlles aos alumnos estas estrofas do poema de Manuel María que ten como tema de fondo a festa para que o lean na casa:

A festa do patrón

É a festa do patrón

agardada o ano enteiro.

Se a banda está tocando,

está calado o gaiteiro.

Son as festas do patrón

As campás a repicar!

Foguetes de sete estalos

polo ceo a retumbar!

Actividades específicas para desenvolver outras competencias básicas:Aprender a aprenderNa lectura en voz alta e en cadea, recomendar que estean atentos para intervir non momento que lles corresponde e sen cortar ao compañeiro que estea lendo.

Pode escribir no encerado unha nova regra que integre as vistas nestas dúas últimas unidades: antes de b e p, escríbese m, nunca n.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 151: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

151/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Tratamento da informaciónExplicar que todos os pobos adoitan ter lendas que tentan explicar, dunha forma imaxinativa, elementos da natureza. Contar tamén que en Galicia existen moitas lendas que foron transmitidas de boca en boca pola xente desde tempos remotos. Sería interesante contarlles algunha lenda do seu contorno.

Pedirlles aos nenos que debuxen un personaxe dun dos contos que leron durante o curso neste libro. Despois escribirán debaixo algunhas das súas características físicas e de carácter. Unha vez rematados os debuxos ensinaránllelos aos compañeiros explicando as calidades do personaxe. Os debuxos quedarán na aula como decoración.

Interacción co mundo físicoAnimar os alumnos a falar das fontes naturais que coñecen e explicar onde están, como son e se teñen un nome tamén. Sensibilizalos sobre a necesidade de coidar estes lugares.

Tendo en conta que o verán é un período en que se celebran moitas festas populares, establecer un diálogo cos alumnos sobre as festas ás que van no período estival: explicarán as súas experiencias sobre esas festividades lembrando actividades que realizaron outros anos. Pódese ademais localizar nun calendario o día en que se celebrarán as festas populares da súa comarca.

Autonomía e iniciativa persoalObservarse os alumnos, na realización da actividade de ordenar unha secuencia, comproban se a orde marcada corresponde á da historia.

Falar cos alumnos sobre todo o que aprenderon ao longo deste curso e destacar sobre todo que aprenderon a ler e escribir cada vez mellor. Animalos a que comparen a súa situación actual coa de principio de curso.

Competencia social e cidadáComentar, ao fío do Pequeno teatro da páxina 181, que o neno valora e recoñece os relatos do avó; propoñer que os alumnos lembren diferentes situacións, por exemplo cando un amigo ou amiga lles propón un xogo ou lles deu unha idea que lles parecese boa, e que digan con que palabras llo recoñeceron.

Competencia cultural e artística.Propoñerlles aos alumnos que debuxen a escena da lámina en que aparece a moura e Xacinto e que a coloreen co material que prefiran: acuarela, ceras, pinturas...

CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Page 152: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web viewDespois na aula pódese celebrar un concurso de adiviñas: cada alumno e alumna exporalles a súa

152/152

Programación de lengua galega 1º Ciclo

Ao fío do adxectivo antigo, con que se traballa na primeira actividade da páxina 182, aproveitar para falar cos alumnos sobre os monumentos antigos e a súa importancia. Poden falar daqueles que haxa no seu contorno, dos que coñezan das súas viaxes ou dalgúns que observen en postais e fotografías levadas á aula

Aproveitar para traballar cos alumnos aspectos relacionados co ritmo e o son: camiñar a ritmo de pandeiro e quedar coma estatuas cando cese o son, botar unha pelota ou dar zapatazos; saltar a ritmo de pratiños, etc. Tamén se poden facer actividades de distinción de sons producidos con instrumentos diferentes (triángulo, pratos, maracas, pandeiro, clave...).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Escoita e le de forma comprensiva unha narración. Recoñece accións, causas e detalles da historia. Fai unha lectura dramatizada dun texto dialogado. Desenvolve a expresión oral reflexionando e explicando opinións persoais. Emprega de forma intuitiva predicados nominais. Escribe m antes de p. Amplía e fixa vocabulario relacionado coa artesanía. Recoñece significados sinónimos. Escribe unha descrición. Le e comprende un texto informativo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos