centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · web view–...

168
C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos 2º Ciclo de Primaria Curso 2010/2011

Upload: others

Post on 02-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos

2º Ciclo de Primaria

Curso 2010/2011

Page 2: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

2 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 3: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

3 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

COMPETENCIAS BÁSICAS

As competencias básicas, desde o proceso de ensinanza, son aqueles coñecementos, destrezas e actitudes necesarios para que unha persoa acade o seu desenvolvemento persoal, escolar e social. Estas competencias acádanse a través do currículo formal, das actividades non formais e das distintas situacións ás que nos enfrontamos no día a día, tanto na escola coma na casa ou na vida social. A competencia demóstraa o alumnado cando é capaz de actuar, de resolver, de producir ou de transformar a realidade a través das tarefas que se lle propoñen.

-Competencia en comunicación lingüísticaAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Expresarse e comunicarse oralmente dunha forma clara e coherente, cun vocabulario de acordo coa súa idade, para levar a cabo diferentes intencións comunicativas (pedir axuda, informar sobre algún feito, participar en conversas de grupo).

• Describir, narrar, explicar… obxectos, persoas, situacións, debuxos diversos, carteis, fotografías, pictogramas…

• Mostrar unha actitude positiva cara ás diferentes linguas e culturas que conviven na nosa sociedade respectando os usos lingüísticos particulares de cada persoa.

• Utilizar a linguaxe para establecer e manter relacións sociais, resolver conflitos ou planificar actividades.

• Participar e mostrar unha escoita activa en situacións habituais de comunicación.

• Utilizar progresivamente as estratexias básicas para a comprensión: escoitar atentamente, coñecer as relacións de causa-efecto e conectar o que se escoita coas experiencias persoais.

• Mostrar interese por falar e pensar co fin de ler e escribir dominando progresivamente o sistema de escritura.

• Utilizar as competencias lectoescritoras básicas (direccionalidade, linearidade, orientación esquerda-dereita, distribución do texto, posición ao escribir) desde os primeiros momentos do proceso de construción do escrito.

• Escoitar e comprender mensaxes, relatos, producións literarias, descricións… que lle permitan na vida da aula.

• Expresar en voz alta opinións persoais, estados de ánimo e compartilos cos demais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 4: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

4 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Experimentar as posibilidades expresivas do movemento, do xesto da voz, da cor, da textura e dos sons…

• Saber dialogar sobre os diferentes temas e formar progresivamente xuízos críticos.

• Utilizar textos diferentes con intencións comunicativas diversas: contos, revistas, fotografías, carteis…

• Interpretar imaxes en voz alta.

• Coñecer e utilizar as regras básicas do funcionamento da lingua.

• Ser progresivamente competentes na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións de comunicación diversas.

• Coñecer as estratexias necesarias para interactuar lingüisticamente dunha maneira adecuada.

• Saber expresar ideas, sentimentos, emocións, necesidades, vivencias e opinións e aceptar e realizar críticas con sentido construtivo.

• Situarse no lugar dos outros, de escoitar e ter en conta opinións, desexos, necesidades e intereses diferentes aos propios con sensibilidade e sentido crítico.

• Comprender a información dun conto, de fotografías, de sinais de tráfico…

• Ler e escribir palabras e frases relevantes relativas ao seu medio e vivencias.

• Utilizar de forma progresivamente activa e efectiva os códigos e habilidades lingüísticas e non lingüísticas e as regras que propician o intercambio comunicativo en diversas situacións.

• Utilizar estratexias diversas para comprender o que os demais din: atender ao ton da voz, á entoación, ás pausas…

• Aprender a xerar ideas e a darlle coherencia e cohesión ao discurso.

• Memorizar e recitar poesías, refráns e cancións na propia lingua e na estranxeira.

• Compartir cos demais as experiencias estéticas e comunicativas.

• Establecer vínculos e relacións construtivas cos demais e co medio a través da comunicación e da conversa.

• Ser capaces de convivir e de resolver os conflitos establecendo vínculos comunicativos.

• Utilizar as competencias e coñecementos da primeira lingua como base para construír e adquirir a segunda.

• Empezar a regular a expresión de emocións e sentimentos que provoca a propia dinámica dos xogos.

• Expresar diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, coraxe, entusiasmo, pracer…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 5: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

5 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

-Competencia matemáticaAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Establecer relacións cualitativas e cuantitativas entre elementos e coleccións.

• Utilizar a linguaxe matemática en situacións da vida cotiá.

• Utilizar as matemáticas para comprender e interpretar o medio desenvolvendo unha opinión sobre este.

• Comezar a aplicar operacións matemáticas para resolver problemas cotiáns mostrando seguridade e confianza nas capacidades propias.

• Utilizar os números sabendo o seu significado.

• Ser capaz de coñecer o proceso que se seguiu e as solucións que se obtiveron na resolución de problemas.

• Analizar, razoar e comunicar progresivamente as súas ideas de forma adaptada á idade.

• Desenvolver a curiosidade, a confianza en si mesmo/a, o sentido do que é o importante e o desexo de comprender e de facer ben as cousas.

• Utilizar progresivamente o coñecemento que posúe para xerar novos coñecementos.

• Realizar, progresivamente, estimacións dalgunhas magnitudes.

• Realizar diferentes agrupacións e establecer relacións entre obxectos e situacións.

• Utilizar de forma progresiva diferentes procedementos para solucionar situacións concretas.

• Aprender a actuar, a reaccionar e a tomar decisións en situacións diversas.

• Utilizar a linguaxe matemática para expresar ideas.

• Utilizar métodos elementais para calcular distancias.

• Empregar o coñecemento das formas e figuras xeométricas para describir e resolver situacións cotiás que o requiran.

• Comezar a identificar e utilizar os cuantificadores básicos de cantidade, tamaño, espaciais, temporais…, os números.

-Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físicoAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Empezar a establecer relacións entre o medio físico e social, identificando os cambios naturais que lle afectan á vida cotiá das persoas.

• Situarse no tempo (onte, hoxe, mañá, un día, unha semana) e localizar acontecementos relevantes.

• Comprender a relación de utilidade que se establece entre os homes e as mulleres e o resto dos seres vivos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 6: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

6 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Coñecer os cambios que a actividade humana pode producir no medio.

• Observar a natureza e interactuar con ela.

• Iniciarse na comprensión dos sucesos que acontecen no medio e ser capaces de predicir progresivamente algunhas consecuencias.

• Observar e coidar o medio físico e natural.

• Percibir e coñecer o espazo físico onde desenvolve a súa actividade cotiá.

• Desenvolve a capacidade para lograr unha vida saudable nun medio saudable.

• Ser capaces de comprender e interpretar progresivamente a vida e o mundo físico.

• Desenvolverse adecuadamente con autonomía progresiva e iniciativa persoal nos diferentes ámbitos da vida.

• Interactuar co medio próximo resolvendo problemas.

• Desenvolver actitudes de responsabilidade e respecto cara aos demais e cara a un mesmo/a.

• Utilizar responsablemente os recursos naturais dun xeito adecuado para a súa idade.

• Desenvolver hábitos de consumo racional e responsable.

• Coñecer a influencia que teñen os avances científicos e tecnolóxicos sobre o medio, a saúde e a calidade de vida.

• Comezar a desenvolver o pensamento científico-técnico.

• Formular preguntas, razoar sobre os fenómenos que se producen no medio.

• Localizar e orientarse en espazos cotiáns e no tempo.

• Identificar e definir pola súa utilidade os elementos representativos da realidade máis próxima: grupos sociais, profesionais, elementos urbanos e naturais, animais, medios de comunicación e transporte, manifestacións culturais e artísticas.

• Desenvolver estratexias que lle permitan protexer a saúde individual e colectiva.

-Tratamento da información e competencia dixitalAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Empezar a utilizar o equipamento informático dispoñible na aula, no centro ou no fogar (acendido e apagado do ordenador, manexo do rato…).

• Utilizar os recursos audiovisuais e tecnolóxicos para dar respostas orixinais.

• Buscar, procesar e comunicar información transformándoa en coñecemento.

• Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas previos de coñecemento.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 7: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

7 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando diversos recursos, soportes e técnicas.

• Saber aproveitar a información que facilita as novas tecnoloxías, aprendendo con elas.

• Adquirir progresivamente habilidades que lle permitan razoar, organizar, relacionar, analizar e sintetizar dunha maneira adaptada á súa idade.

• Empezar a comunicar a información e os coñecementos que vaia adquirindo utilizando diferentes linguaxes.

• Apreciar as posibilidades que lle ofrecen as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

• Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes.

-Competencia social e cidadáAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Contribuír á aprendizaxe do grupo con actitudes e estratexias apropiadas.

• Escoitar os compañeiros, as compañeiras e os adultos, buscando sempre o diálogo e a negociación como medios para resolver os conflitos que se lle presenten.

• Relacionarse querendo ampliar o círculo de amizades e de coñecidos.

• Convivir cos demais e desexos de vivir nunha sociedade plural e diversa.

• Comprender progresivamente a realidade social do mundo en que vive.

• Empezar a tolerar a frustración en diferentes situacións de xogos e da vida cotiá.

• Coñecerse a si mesmo/a mostrando unha actitude positiva ante a vida e intentado previr os pequenos problemas da vida cotiá.

• Aceptar as diferenzas, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos demais.

• Exercitar a cidadanía democrática nunha sociedade plural.

• Desenvolver as habilidades necesarias para traballar en equipo mostrándose sempre tolerante coas opinións dos seus compañeiros e das súas compañeiras, aceptando que os demais teñen os seus propios puntos de vista.

• Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos diversos contextos sociais en que se desenvolve.

• Empezar a responsabilizarse ante as consecuencias das propias decisións.

• Iniciarse na comprensión da achega das diferentes culturas no progreso da humanidade.

• Aceptar as normas de convivencia dos diferentes grupos cos que se relaciona.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 8: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

8 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Tomar decisións con progresiva autonomía.

• Coñecerse, valorarse e desenvolverse nos diferentes contextos.

• Desenvolver progresivamente habilidades que lle permitan participar activa e plenamente na vida social.

• Comezar a asumir os valores democráticos, os deberes, as obrigas e os dereitos.

• Convivir nunha sociedade cada vez máis plural compartindo, participando, colaborando, tolerando e aceptando as diferenzas individuais debidas a diversos motivos.

• Rexeitar a desigualdade valorando, pouco a pouco, a diversidade como medio para o enriquecemento persoal e social.

• Manifestar afecto cara aos demais e asumir o das persoas que os rodean.

• Controlar e tolerar a frustración de non obter o que queres.

• Interesarse polos problemas dos seus compañeiros e compañeiras.

• Contribuír, desde o respecto, a unha convivencia adecuada en situacións de xogo.

• Adaptarse á rutina da vida escolar.

• Desenvolver habilidades sociais conducentes a fomentar a sociabilidade e a convivencia: compartir, cooperar, participar, axudar, respectar, tolerar, aceptar…

-Competencia cultural e artísticaAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Valorar as producións plásticas dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

• Coñecer o patrimonio artístico e cultural do lugar ao que pertence, aprendendo a valoralo e a respectalo.

• Desenvolver habilidades de cooperación, apoio e aprecio polas iniciativas e contribucións dos seus compañeiros e compañeiras.

• Utilizar diferentes medios de expresión (música, artes visuais, artes escénicas, a linguaxe verbal, a linguaxe corporal…) para expresar ideas, sentimentos, necesidades, emocións e intereses.

• Desenvolver a imaxinación, a creatividade e a iniciativa persoal como medios para desenvolverse de maneira cada vez máis autónoma no medio próximo.

• Desenvolver a sensibilidade e o sentido estético para o gozo persoal.

• Emocionarse e sentir ante as manifestacións e producións culturais.

• Desenvolver progresivamente o sentido e a sensibilidade artística que lle permitan comprender e valorar as diferentes manifestacións culturais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 9: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

9 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Apreciar, comprender e valorar criticamente diversas manifestacións culturais e artísticas.

• Coñecer diversas manifestacións artísticas e culturais do pasado e do presente e do lugar onde viven.

• Utilizar as manifestacións culturais como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.

• Iniciarse no coñecemento das técnicas, dos recursos e dos materiais das diferentes linguaxes artísticas.

• Iniciarse na valoración da liberdade de expresión, do dereito á diversidade cultural, da importancia do diálogo intercultural e da realización de experiencias artísticas compartidas.

• Comezar a desenvolver destrezas e habilidades para percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura.

• Nas actividades plásticas realizadas en grupo, tomar conciencia da responsabilidade individual para a consecución dun resultado final e da importancia de apoiar e apreciar as contribucións dos demais membros do equipo da súa mesa.

• Utilizar o ocio de forma activa desenvolvendo valores de esforzo persoal solidarios.

-Competencia para aprender a aprenderAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Empezar a ser conscientes das súas posibilidades físicas, intelectuais e físicas para aprender cousas novas.

• Elixir en cada momento a forma máis adecuada de realizar unha actividade.

• Utilizar a observación, a manipulación e a exploración para coñecer mellor o mundo que os rodea.

• Organizar a información que lles chega.

• Empezar a resolver os pequenos problemas que se lles presentan na súa vida cotiá, desenvolvéndose de maneira cada vez máis autónoma.

• Iniciarse na aprendizaxe de diferentes destrezas e coñecemento e ser capaces de continuala de maneira progresivamente autónoma.

• Coñecer diversas formas para resolver un determinado problema escollendo o medio máis adecuado.

• Desenvolver progresivamente habilidades para recoller información e transformala en coñecemento.

• Aplicar os novos coñecementos que adquiren en diferentes situacións.

• Desenvolver progresivamente hábitos de constancia e de esforzo persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 10: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

10 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Desenvolverse ante as incertezas buscando respostas adecuadas para a súa idade.

• Sentir o desexo e a curiosidade por aprender.

• Coñecer e valorar, progresivamente, as posibilidades e as limitacións persoais, aceptando os erros e equivocacións e aprendendo a superarse.

• Ter confianza nas propias posibilidades.

• Aumentar progresivamente a seguridade para afrontar novos retos.

• Coñecer as cousas que poden facer por si mesmos/as e as que poden facer coa axuda dos demais.

• Pedir axuda cando non poidan realizar determinadas accións por eles/as mesmos/as.

• Basearse no que xa aprenderon para poder adquirir novos coñecementos.

• Aplicar o que aprenderon en diferentes contextos e situacións.

• Adquirir estratexias que favorezan o desenvolvemento da atención, da concentración, da memorización e da resolución de problemas.

• Desenvolver progresivamente formas persoais de aprender.

• Organizar a información de acordo coas súas calidades e categorías.

• Establecer relacións sinxelas de causa e efecto en función das consecuencias.

-Competencia en autonomía e iniciativa persoalAo rematar a etapa, os nenos e as nenas deberán ser capaces de:

• Comunicar verbalmente as súas necesidades, desexos e emocións.

• Emprender accións novas mostrando confianza en si mesmos/as.

• Desenvolver actitudes de axuda e cooperación para xerar un ambiente de benestar.

• Concluír as rutinas persoais de alimentación, vestido, aseo e descanso.

• Ter iniciativa e criterio propio para desenvolverse de maneira cada vez máis autónoma na vida cotiá.

• Controlar o ton, a postura, o equilibrio e a respiración.

• Coordinar os seus movementos nos seus desprazamentos, marcha, carreira, saltos, nas actividades manipulativas de motricidade fina.

• Ser responsables ante as decisións persoais e consecuentes con elas.

• Desenvolver valores persoais: dignidade, liberdade, autoestima, seguridade nun/nunha mesmo/a, capacidade para enfrontarse aos problemas, perseveranza, responsabilidade, autocrítica, iniciativa, creatividade…

• Empezar a ter criterio para elixir.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 11: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

11 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Desenvolver habilidades sociais que lles permitan relacionarse, cooperar e traballar en equipo: respecto polas ideas dos demais, capacidade de diálogo e traballo cooperativo, poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos demais…

• Adquirir as destrezas necesarias para detectar necesidades e buscar solucións con creatividade.

• Mostrarse seguros da súa propia eficacia á hora de manexar útiles, de contribuír nas rutinas cotiás de alimentación, aseo, descanso e vestido e de abordar novas tarefas, asumindo pequenos riscos que poidan controlar.

• Desenvolver valores persoais como a autoestima.

• Desenvolver progresivamente o autoconcepto mediante relacións positivas e comprometidas cos demais.

• Empezar a construír confianza en si mesmos.

• Identificar e recoñecer as emocións propias e ser capaces de comprender as dos demais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 12: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

12 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

OBXECTIVOS DO 2º CICLO DE EDUCACION INFANTIL

A etapa da Educación Infantil constitúe unha unidade curricular. Por iso, a formulación de obxectivos, tanto xerais coma de área, non debe supoñer un desenvolvemento parcelado do currículo. Cada un dos obxectivos de área poderá relacionarse cun ou varios obxectivos xerais e viceversa, o que permite a planificación do traballo educativo dunha maneira integrada.

Os obxectivos xerais do segundo ciclo da Educación Infantil deberán adecuarse ás distintas idades e aos ritmos de aprendizaxes dos alumnos e das alumnas.

a. Descubrir e construír, a través da acción, o coñecemento do seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción, adquirindo a coordinación e o control dinámico xeral necesarios, actuando con seguridade e confianza, e aprender a respectar as diferenzas.

b. Construír a súa propia identidade e ir formándose unha imaxe positiva e axustada de si mesmo/a e desenvolver as súas capacidades afectivas tomando gradualmente conciencia das súas emocións e sentimentos a través do coñecemento e valoración das características propias, das súas posibilidades e límites.

c. Adquirir progresivamente autonomía na realización das súas actividades habituais, na organización das secuencias temporais e espaciais cotiás e na práctica de hábitos básicos de saúde e benestar e promover a súa capacidade de iniciativa.

d. Adquirir hábitos de hixiene, alimentación, vestido, descanso e protección.

e. Observar e explorar o seu medio físico, social e cultural, xerando interpretacións dalgúns fenómenos e feitos significativos para coñecer e comprender a realidade e participar nela de forma activa.

f. Observar e explorar o mundo que os rodea a través do xogo e da acción e desenvolver actitudes de curiosidade e observación.

g. Establecer relacións positivas e satisfactorias cos seus iguais e cos adultos, tendo en conta as emocións, sentimentos e puntos de vista dos demais, adquirindo as pautas elementais de convivencia e relación social, respectando a diversidade e exercitándose na resolución pacífica dos conflitos.

h. Iniciarse no coñecemento das ciencias.

i. Desenvolver habilidades comunicativas a través de diferentes linguaxes, incluída a lingua estranxeira, e formas de expresión a través do movemento, do xesto e do ritmo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 13: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

13 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

l. Utilizar a linguaxe oral de forma cada vez máis adecuada ás diferentes situacións de comunicación para comprender e ser comprendidos polos outros.

m Iniciarse no manexo das ferramentas lóxico-matemáticas, nas tecnoloxías da información e da comunicación e no desenvolvemento de estratexias cognitivas.

n. Aproximarse á lectura e á escritura en situacións da vida cotiá a través de textos de uso social, valorando a linguaxe escrita como instrumento de comunicación, representación e gozo.

o. Descubrir o pracer da lectura a través dos contos e relatos.

p. Iniciarse no uso educativo e recreativo da biblioteca escolar como espazo idóneo para o coñecemento, a información e o entretemento.

q. Coñecer e participar nalgunhas manifestacións culturais e artísticas do seu medio ou da súa comunidade, tendo en conta a súa diversidade e desenvolvendo actitudes de interese, aprecio e respecto cara á cultura e a pluralidade cultural.

OBXECTIVOS DA ÁREA

a-Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal.

1. Formarse unha imaxe axustada e positiva de si mesmo/a a través da interacción cos outros e da identificación gradual das propias características, posibilidades e limitacións, desenvolvendo sentimentos de autoestima e autonomía persoal.

2. Vivir con pracer a actividade sensomotriz de forma que lle permita coñecer e representar o seu corpo, os seus elementos e algunhas das súas funcións básicas, comezando a descubrir as posibilidades de acción e de expresión e coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos.

3. Afianzar as nocións básicas de orientación no espazo e no tempo e a propia lateralidade.

4. Ter unha actitude de respecto cara ás características e calidades dos demais e valoralas sen actitudes de discriminación en relación con calquera trazo diferenciador e ir aceptando a diversidade como unha realidade enriquecedora.

5. Progresar na coordinación e no control do seu corpo, descubrindo e desenvolvendo, cada vez con máis precisión, a súa percepción sensorial, habilidades manipulativas, estruturas fonadoras e coordinación visual, orientándose e adaptándose ás características do contexto.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 14: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

14 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

6. Iniciarse na identificación dos propios sentimentos, emocións, necesidades ou preferencias para, progresivamente, ser capaces de denominalos, expresalos e comunicárllelos aos demais, identificando e respectando, tamén, os dos outros.

7. Desenvolver estratexias para satisfacer autonomamente as súas necesidades básicas de afecto, de individualización, físicas, de xogo, de exploración e de relación, manifestando satisfacción polos logros alcanzados.

8. Realizar, de maneira progresivamente autónoma, actividades habituais e tarefas sinxelas para resolver problemas da vida cotiá, aumentando o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa.

9. Iniciarse na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, coa hixiene, coa alimentación e co fortalecemento da saúde, apreciando e gozando das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional.

10.Desenvolver actitudes e hábitos sociais para a convivencia como o respecto, o diálogo, a axuda, a negociación e a colaboración.

11.Participar en xogos colectivos respectando as regras establecidas e valorándoos como medios de relación social e recursos de lecer e tempo libre.

12.Mostrar interese polas diferentes actividades escolares e actuar con atención e responsabilidade.

b-Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural).

1. Observar e explorar o seu medio familiar, social e natural, para a planificación e a ordenación da súa acción en función da información recibida ou percibida.

2. Relacionarse cos compañeiros, compañeiras e cos adultos do seu medio próximo, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas, e ser capaces de respectar a diversidade e desenvolver actitudes de axuda e colaboración.

3. Iniciarse no coñecemento de distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida, xerando actitudes de amizade, confianza, respecto e aprecio e valorando a importancia da vida en grupo.

4. Coñecer os roles e responsabilidades dos membros máis significativos dos seus grupos sociais de referencia.

5. Coñecer algúns animais e plantas, as súas características, hábitat e ciclo vital, e valorar os beneficios que lle proporcionan á saúde e ao benestar humano e ao medio.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 15: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

15 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

6. Ampliar a curiosidade e o afán por aprender, adquirir fundamentos de pensamento e ampliar o campo de coñecemento para comprender mellor o mundo que o rodea.

7. Iniciarse nas habilidades matemáticas e na súa linguaxe a partir de situacións significativas, manipulando funcionalmente elementos e coleccións, identificando atributos e calidades e establecendo relacións de agrupamento, clasificación, comparación, seriación, secuenciación, orde, medición e cuantificación.

8. Iniciarse no concepto de cantidade, na expresión matemática e nas operacións aritméticas (adición e subtracción).

9. Iniciarse na estimación e medida do tempo. Coñecer e utilizar os diferentes instrumentos de medida do tempo.

10.Coñecer, representar e nomear a partir da observación, descrición, manipulación e xogo, os obxectos da vida cotiá con formas xeométricas planas e algunhas de volume.

11.Adquirir nocións de xeografía a través da paisaxe.

12.Utilizar adecuadamente instrumentos e utensilios para realizar actividades sinxelas e resolver problemas prácticos no marco técnico da súa cultura.

13.Mostrar interese e curiosidade polos cambios aos que están sometidos os elementos do medio, para identificar algúns factores que inciden neles.

14.Coñecer e valorar algúns dos compoñentes básicos do medio natural, físico, social e cultural e algunhas das súas reaccións, cambios e transformacións desenvolvendo, progresivamente, actitudes de coidado, respecto e responsabilidade na súa conservación: consumo racional, aforro enerxético e de auga, reciclaxe, reutilización…

15.Coñecer e participar en festas, tradicións e costumes da súa comunidade gozando deles e valorándoos como manifestacións culturais.

16.Participar en manifestacións culturais asociadas aos países onde se fala a lingua estranxeira.

c-Linguaxes: comunicación e representación.

1. Comezar a utilizar a lingua como instrumento de comunicación, de representación, aprendizaxe e gozo, de expresión de ideas e sentimentos e valorar a lingua oral como un medio de relación cos demais e de regulación da convivencia.

2. Expresar emocións, sentimentos, desexos e ideas mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes, elixindo a que mellor se axuste á intención e á situación.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 16: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

16 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

3. Comezar a comprender as intencións e mensaxes doutros nenos, nenas e adultos, adoptando unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia como estranxeira.

4. Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para regular a conduta persoal, a convivencia e os procesos de pensamento dos alumnos.

5. Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades dentro da aula e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos.

6. Expresarse cun léxico preciso e adecuado aos ámbitos da súa experiencia, con pronuncia clara e entoación correcta.

7. Coñecer e utilizar as distintas normas que rexen as conversas.

8. Comprender, reproducir e recrear algúns textos literarios e de tradición cultural mostrando actitudes de valoración, interese e gozo cara a eles.

9. Iniciarse nos usos sociais da lectura e da escritura explorando o seu funcionamento e valorándoa como instrumento de comunicación, información e gozo.

10.Iniciarse na escritura de palabras e frases significativas aplicando unha correcta dirección no trazo e unha posición adecuada ao escribir.

11.Iniciarse na lectura comprensiva de palabras e textos sinxelos e motivadores.

12.Identificar palabras dentro dunha frase e discriminar auditiva e visualmente os fonemas dunha palabra, en maiúscula e en minúscula.

13.Escoitar, preguntar, pedir explicacións e aclaracións e aceptar as orientacións dadas polo docente.

14.Iniciarse na lectura de imaxes mediante a manipulación de debuxos, carteis, gravados, fotografías…, que acompañan os textos escritos, comezando a atribuírlles un significado.

15.Iniciarse na exploración e na utilización de materiais, instrumentos e soportes propios da linguaxe escrita.

16.Achegarse ao coñecemento de obras artísticas do seu medio expresadas en distintas linguaxes e realizar actividades de representación e expresión artística mediante o emprego de diversas técnicas.

17.Representar, por medio da expresión corporal, contos sinxelos.

18.Coñecer as técnicas básicas de expresión plástica.

19.Aplicar hábitos de hixiene e rutinas no uso do material para o desenvolvemento da expresión plástica que faciliten a consecución da autonomía persoal e a colaboración co grupo social ao que pertencen.

20.Cantar, escoitar, bailar, interpretar e aprender cancións, bailes e danzas.

21.Escoitar con pracer e recoñecer fragmentos musicais de diversos estilos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 17: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

17 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

22.Descubrir e identificar as calidades sonoras da voz, do corpo, dos obxectos de uso cotián e dalgúns instrumentos musicais.

23.Participar en xogos sonoros, reproducindo grupos de sons con significado, palabras ou textos orais breves na lingua estranxeira.

24.Iniciarse no uso de instrumentos tecnolóxicos e valorar a súa capacidade comunicativa, para utilizalos progresivamente como fonte de información e aprendizaxe.

25.Utilizar o ordenador para acceder ao uso da linguaxe multimedia para mellorar ou reforzar habilidades e coñecementos.

ORGANIZACIÓN DOS CONTIDOS

a-Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal.

Bloques :

1. O corpo e a propia imaxe.2. Xogo e movemento.3. A actividade cotiá.4. O coidado persoal e a saúde.

1. O corpo e a propia imaxe.

– Imaxe global do corpo humano.

– O esquema corporal e a identidade sexual. A súa representación gráfica.

– Segmentos e elementos constitutivos do corpo.

– Partes internas e externas do corpo.

– Cambios físicos que experimenta o corpo: talle, trazos físicos, estatura, forza.

– A satisfacción das necesidades básicas e o inicio dos primeiros hábitos.

– Características diferenciais do propio corpo respecto do dos demais.

– Os sentidos: o seu uso e función.

– Regulación dos ritmos do sono e vixilia, actividade e descanso.

– Sentimentos e emocións propios e dos demais e a súa expresión corporal.

– As referencias espaciais en relación co propio corpo.

– Exploración das características globais e segmentarias do propio corpo.

– Descubrimento do corpo como fonte de sensacións, accións, relacións e experiencias.

– Identificación e aceptación progresiva das características propias.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 18: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

18 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Percepción dos cambios físicos propios e dos demais, relacionándoos co paso do tempo.

– Identificación das diferentes etapas da vida.

– Identificación, manifestación, regulación e control das necesidades corporais básicas en situacións habituais e ocasionais.

– Desenvolvemento dunha actitude crítica ante os estereotipos ofertados a través da publicidade e outros medios.

– Utilización dos sentidos como medio de exploración do corpo e da realidade exterior.

– Identificación e percepción das sensacións que se obteñen do propio corpo.

– Regulación e control progresivo de sentimentos e emocións.

– Aceptación e valoración axustada e positiva de si mesmo/a, das posibilidades e limitacións propias.

– Valoración positiva de si mesmo/a aceptando as propias posibilidades e limitacións.

– Actitude de aceptación das características e diferenzas entre as persoas evitando comportamentos discriminatorios.

– Actitude positiva ante as manifestacións de afecto dos demais.

– Confianza na propia capacidade para realizar actividades.

2. Xogo e movemento

– Posibilidades e limitacións motrices do corpo e dos seus segmentos.

– O corpo en movemento. A conquista do espazo.

– Movementos combinados.

– Habilidades motrices de carácter fino.

– Posturas e contrastes posturais.

– O control dinámico e estático do propio corpo e dos obxectos.

– Posturas adecuadas.

– Xogo simbólico e xogo regrado.

– O desenvolvemento do xogo protagonizado como medio para coñecer a realidade.

– Nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.

– Descubrimento e desenvolvemento das posibilidades motrices do seu corpo en situacións e actividades cotiás.

– Exploración das posibilidades e limitacións perceptivas, motrices e expresivas propias e dos demais.

– Progresivo control do ton, do equilibrio e da respiración.

– Situación e desprazamentos no espazo real.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 19: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

19 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Adaptación tónico-postural ás diversas accións, xogos e situacións.

– Esforzo persoal nos xogos e no exercicio físico.

– Comprensión e aceptación das regras dos xogos.

– Reprodución de posturas co corpo.

– Coordinación e control do movemento do corpo e das súas partes, e adquisición de habilidades motrices novas.

– Utilización correcta de pequenos aparatos e obxectos: punzóns, tesoiras, lapis…

– Coordinación e control de habilidades manipulativas de carácter fino.

– Confianza nas súas posibilidades motrices.

– Iniciación na representación teatral.

– Satisfacción polo crecente dominio corporal.

– Interese e iniciativa pola adquisición de novas habilidades.

– Actitude de axuda e colaboración cos outros nenos e nenas.

– Gusto pola actividade física e a precisión de movementos.

3. A actividade cotiá.– As distintas actividades cotiás: de xogo, domésticas, de cumprimento de

rutinas, de colaboración e os seus requirimentos.

– Adaptación progresiva ás características do centro: espazos, horarios, ritmos que marcan as rutinas, etc.

– Adaptación progresiva a compartir espazos, obxectos e atencións.

– Desenvolvemento de actitudes de paciencia e de espera.

– Primeiros vínculos no centro escolar.

– Nocións básicas de orientación temporal, secuencias e rutinas temporais nas actividades na aula.

– Habilidades sociais nas relacións cos iguais.

– Acordos e normas para a convivencia.

– Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

– Habilidades para a interacción e a colaboración.

– Planificación de accións secuenciadas para resolver situacións lúdicas ou cotiás.

– Adecuación do comportamento ás distintas situacións da actividade cotiá.

– Conciencia da propia competencia na resolución das diferentes tarefas da vida cotiá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 20: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

20 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Aceptación das propias posibilidades e limitacións na realización das actividades da vida cotiá.

– Coordinación e colaboración cos outros, ofrecendo e solicitando axuda deles nos diversos momentos de actividade.

– Percepción das pautas de comportamento e das normas básicas dos diversos contextos cos que se relaciona.

– Colaboración no establecemento dalgunhas normas no ámbito familiar e escolar.

– Recoñecemento dos erros e aceptación das correccións para mellorar as súas accións.

– Participación na resolución dos conflitos que se presentan no ámbito escolar, utilizando o diálogo como forma de resolvelos.

– Iniciativa e autonomía nas distintas actividades cotiás.

– Satisfacción pola realización de tarefas.

– Gusto polo traballo ben feito por un mesmo/a e polos demais.

– Valoración e aceptación das normas establecidas nos diferentes contextos.

– Actitude de compartir, escoitar, esperar, atender…

– Actitude positiva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e cos iguais.

– Actitude de colaboración e solidariedade descentrándose do propio punto de vista, tendo en conta o dos demais.

4. O coidado persoal e a saúde

– Hábitos saudables: hixiene corporal, alimentación e descanso.

– Accións que favorecen a saúde e xeran benestar propio e dos demais.

– A dor corporal e a enfermidade: prevención.

– Aceptación dos coidados necesarios para superar situacións de enfermidade.

– Seguridade persoal.

– Coidado e orde no medio próximo.

– Limpeza das distintas partes do corpo, utilizando adecuadamente os espazos e materiais.

– Aplicación dos hábitos de hixiene corporal.

– Colaboración no mantemento da orde e da limpeza do medio onde se desenvolven as actividades cotiás.

– Colaboración nas actividades relacionadas coa alimentación ou co descanso.

– Petición e aceptación de axuda nas situacións que o requiran.

– Utilización adecuada dos útiles necesarios para comer.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 21: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

21 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Incorporación ás actividades cotiás de rutinas saudables: horas de sono, exercicio físico, descanso, comidas ás súas horas…

– Aceptación das normas establecidas durante as comidas, os desprazamentos, o descanso e a hixiene.

– Adopción de comportamentos de prevención e seguridade en situacións habituais.

– Coidado e precaución ante obxectos e situacións que poden resultar perigosos.

– Identificación e valoración crítica ante factores e prácticas sociais cotiás que favorecen ou non a saúde.

– Gusto e gozo co aspecto persoal pulcro e coidado.

– Gusto por desenvolver actividades en ambientes limpos e ordenados.

– Actitude de tranquilidade e colaboración en situacións de enfermidade e accidentes.

b-Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural).

Bloques :

1. Medio físico: elementos, relacións e medida.2. Achegamento á natureza.3. Cultura e vida en sociedade

1. Medio físico: elementos, relacións e medida

1.1. Obxectos, accións e relacións

– Obxectos presentes no medio natural e social: pedra, produtos, algunhas ferramentas…

– Obxectos de uso cotián relacionados co aseo, co vestido e coa alimentación. O seu uso adecuado e convencional.

– Accións sobre os obxectos: desprazar, transformar, quentar, arrefriar…

– Relacións causa-efecto das accións.

– Obxectos tecnolóxicos habituais que se utilizan nas actividades cotiás: ordenador, reprodutores musicais, televisión, DVD, videoxogos, encerado dixital, cámara fotográfica…

– Algúns obxectos pouco frecuentes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 22: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

22 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Propiedades dos obxectos: cor, forma, tamaño, grosor, textura, semellanzas, diferenzas, son, sabor, plasticidade, dureza.

– Exploración de obxectos: percepción, manipulación e experimentación.

– Identificación das sensacións que produce a actividade con obxectos.

– Produción de cambios e transformacións sobre os obxectos, observando os resultados.

– Clasificación e agrupación de obxectos segundo as súas características, usos e funcións.

– Discriminación de formas, tamaños, cantidades, situacións espaciais, cores… mediante a realización de xogos interactivos no ordenador.

– Utilización correcta dalgúns obxectos en relación co uso que teñen.

– Exploración das calidades sensoriais dos obxectos.

– Comparación e agrupación de obxectos, atendendo a atributos diversos.

– Aproximación á cuantificación de coleccións.

– Ordenación de obxectos atendendo ao grao de posesión dunha determinada calidade.

– Estimación intuitiva da duración de certas rutinas da vida cotiá en relación coa medida de tempo.

– Interese pola exploración e experimentación cos obxectos.

– Actitude de compartir xoguetes e obxectos do seu medio familiar e escolar.

– Respecto e coidado polos obxectos de uso individual e colectivo.

– Curiosidade por coñecer algúns obxectos tecnolóxicos habituais nas actividades cotiás.

– Actitude de coidado cara a algúns obxectos que poden resultar perigosos.

– Gusto pola exploración e comparación de obxectos.

– Interese pola utilización e reciclaxe de obxectos e materiais.

1.2 Elementos e relacións. A representación matemática

– Relacións entre obxectos e coleccións.

– Cuantificadores: todo-nada, moito-pouco, máis ca-menos ca, ningún-varios, cheo-baleiro, igual ca…

– A serie numérica: os 10 primeiros números.

– O número cardinal e o ordinal.

– Nocións básicas de medida: grande-mediano-pequeno, longo-curto, alto-baixo e pesado-lixeiro.

– Unidades de medida naturais e arbitrarias: man, pé, paso, táboas pequenas e algúns obxectos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 23: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

23 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Medidas temporais: moito tempo-pouco tempo, agora, logo, antes, despois, rápido-lento, día e semana, periodicidade, frecuencia, ciclo, intervalo.

– Formas planas: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo.

– Nocións básicas de orientación e situación no espazo: arriba-abaixo, enriba-debaixo, dentro-fóra, diante-detrás, preto-lonxe, pechado-aberto, xunto-separado, esquerda-dereita…

– Uso contextualizado dos primeiros números ordinais.

– Utilización do conteo como estratexia de estimación e uso dos números cardinais referidos a cantidades manexables.

– Verbalización do criterio de pertenza ou non pertenza a unha colección.

– Utilización adecuada dos cuantificadores.

– Utilización da serie numérica para contar elementos.

– Representación gráfica dos cardinais.

– Exploración dalgúns corpos xeométricos.

– Enumeración verbal dos ordinais.

– Resolución de problemas da vida cotiá que impliquen engadir, quitar, repartir, realizar estimacións e localizar un dato.

– Recoñecemento dalgunhas moedas e iniciación no seu uso.

– Identificación de formas planas e tridimensionais en elementos do medio.– Exploración dalgúns corpos xeométricos elementais.

– Interpretación do espazo empregando a imaxinación en debuxos, planos, fotografías, mapas…

– Situación e localización de si mesmo/a e dos obxectos no espazo segundo as nocións básicas.

– Realización de desprazamentos orientados.

– Uso axeitado das nocións espaciais.

– Apreciación da utilidade dos números para resolver os problemas da vida cotiá.

– Curiosidade por descubrir a medida dos obxectos.

– Medicións con diferentes unidades de lonxitude, capacidade e tempo.

– O reloxo.

2. Achegamento á natureza.– Realización de experimentos sinxelos.

– Actitude de interese e observación ante a organización do espazo.

– Utilización de xogos de mesa como actividades lúdicas que unen o razoamento, a reflexión e o divertimento en grupo.

– Iniciación no traballo científico: anticipación, formulación de hipóteses e comprobación e comunicación dos resultados das actividades realizadas.

– Elementos da natureza: auga, terra, aire e luz.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 24: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

24 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Características xerais dos seres vivos.

– Distintos tipos de seres vivos: semellanzas e diferenzas.

– Materia inerte: sol, rochas, nubes, ríos…

– O Universo. O sistema solar. O Sol e os planetas. O xiro dos planetas arredor do Sol. Os ciclos lunares.

– A Terra e a Lúa. As viaxes espaciais.

– Animais e plantas do medio.

– Termos e expresións propias do medio natural: carnívoro, herbívoro, ovíparo, vivíparo.

– Cambios que se producen nos animais e plantas no curso do seu desenvolvemento.

– Animais e plantas en distintos medios.

– Utilidade e interdependencia entre animais, plantas e persoas.

– A paisaxe e o medio físico.

– As estacións.

– Algúns elementos do relevo xeográfico.

– Fenómenos atmosféricos do medio natural: chuvia, vento…

– Papel do home como conservador e repoboador do medio natural e a súa acción, en ocasións, depredadora deste medio.

– Produtos elaborados polo home a partir de materias primas procedentes de animais e plantas.

– Observación directa e sistemática dos elementos do medio natural.

– Observación das características e costumes dalgúns animais e plantas do seu medio.

– Observación e seguimento do ciclo vital dalgunha planta e dalgún animal, establecendo relacións co paso do tempo.

– Coidado de animais e plantas na aula.

– Clasificación de animais segundo as súas características: bico, plumas, pelo…

– Clasificación de animais: domésticos/salvaxes.

– Clasificación de animais segundo o medio onde viven.

– Comparación das características que presentan os seres vivos.

– Observación dos cambios producidos no desenvolvemento das plantas: crecemento…

– Formulación de hipóteses, contrastándoas coas das outras persoas, buscando respostas e explicacións sobre as causas e consecuencias de fenómenos do medio natural (calor, chuvia, vento, día, noite, erosión) e dos producidos pola acción humana (pontes, encoros, muíños de auga, autoxeradores…).

– Identificación das relacións entre animais e plantas e dos produtos que nos proporcionan.

– Observación das modificacións que se producen no medio natural co paso do tempo, co clima e coa intervención humana.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 25: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

25 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Contribución á conservación e ao mantemento de ambientes limpos, saudables e non contaminados.

– Interese por coñecer as características e funcións dos seres vivos.

– Valoración da importancia das plantas e dos animais para a vida das persoas.

– Respecto e coidado polos elementos do medio natural.

– A reciclaxe dos seus produtos.

– Uso racional da enerxía e dos recursos.

– Gusto e gozo polas actividades realizadas en contacto coa natureza.

– Valoración da importancia da natureza para a saúde e o benestar.

3. Cultura e vida en sociedade

– A escola: como é, as súas dependencias, uso e funcións.

– Membros persoais: as súas funcións e ocupacións.

– A clase: distribución e emprego dos seus espazos, obxectos e mobiliario.

– A casa: distintos tipos de vivendas.

– A nosa casa: como é, onde está.

– Obxectos, dependencias, mobiliario: o seu uso e función.

– Tarefas cotiás do fogar.

– Observación de sucesos significativos na vida diaria: aniversarios, nacementos próximos.

– A familia: os seus membros, relacións de parentesco, funcións e ocupacións.

– Distintos tipos de estrutura familiar.

– Lugar que ocupa na súa familia.

– Medio do neno e da nena: a rúa, o barrio.

– Elementos que forman o medio urbano e as súas características.

– Diferentes medios: paisaxe rural e paisaxe urbana.

– Elementos naturais do medio urbano e elementos construídos polo home.

– A actividade humana no medio: funcións, tarefas e oficios máis habituais.

– Presenza na vida actual das novas tecnoloxías: ordenador, internet, correo electrónico, teléfono móbil, radio, prensa dixital, TV…

– Iniciación á historia. A prehistoria. O home prehistórico: vida cotiá, vivenda, traballo, animais e ritos.

– Sucesos e persoas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do mundo.

– Pobos do mundo. Pobos do xeo, do deserto e da selva. Trazos físicos, vivenda, alimentación, indumentaria, costumes.

– Máquinas e aparatos. Utilidade, funcionamento, inventores. Contribución á mellora da vida cotiá: electrodomésticos, medicinas.

- Servizos relacionados co consumo: produtos e establecementos.

– Distintos medios de transporte.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 26: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

26 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Normas elementais de seguridade viaria.

– Algúns medios de comunicación: televisión, radio, prensa e teléfono.

– Lugares para divertirse e aprender: teatro, circo, museo… As súas posibilidades.

– Tradicións, folclore e costumes da súa localidade.

– Formas sociais do tempo: días da semana, días laborais e festivos, onte, hoxe, mañá, as estacións…

– Actuación autónoma e adaptada aos diferentes grupos.

– Toma de conciencia da necesidade da existencia dos diferentes grupos sociais e valoración da súa importancia para a vida.

– Valoración das relacións afectivas que se establecen nos distintos grupos.

– Uso contextualizado das normas elementais de convivencia.

– Participación autónoma e responsable nas diferentes tarefas da vida cotiá tanto familiar coma escolar.

– A casa: distintos tipos de vivendas.

– A nosa casa: como é, onde está.

– Obxectos, dependencias, mobiliario: o seu uso e función.

– Tarefas cotiás do fogar.

– Observación de sucesos significativos na vida diaria: aniversarios, nacementos próximos.

– A familia: os seus membros, relacións de parentesco, funcións e ocupacións.

– Distintos tipos de estrutura familiar.

– Lugar que ocupa na súa familia.

– Medio do neno e da nena: a rúa, o barrio.

– Elementos que forman o medio urbano e as súas características.

– Diferentes medios: paisaxe rural e paisaxe urbana.

– Elementos naturais do medio urbano e elementos construídos polo home.

– A actividade humana no medio: funcións, tarefas e oficios máis habituais.

– Presenza na vida actual das novas tecnoloxías: ordenador, internet, correo electrónico, teléfono móbil, radio, prensa dixital, TV…

– Iniciación á historia. A prehistoria. O home prehistórico: vida cotiá, vivenda, traballo, animais e ritos.

– Sucesos e persoas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do mundo.

– Pobos do mundo. Pobos do xeo, do deserto e da selva. Trazos físicos, vivenda, alimentación, indumentaria, costumes.

– Máquinas e aparatos. Utilidade, funcionamento, inventores. Contribución á mellora da vida cotiá: electrodomésticos, medicinas…

– Servizos relacionados co consumo: produtos e establecementos.

– Distintos medios de transporte.

– Normas elementais de seguridade viaria.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 27: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

27 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Algúns medios de comunicación: televisión, radio, prensa e teléfono.

– Lugares para divertirse e aprender: teatro, circo, museo… As súas posibilidades.

– Tradicións, folclore e costumes da súa localidade.

– Formas sociais do tempo: días da semana, días laborais e festivos, onte, hoxe, mañá, as estacións…

– Actuación autónoma e adaptada aos diferentes grupos.

– Toma de conciencia da necesidade da existencia dos diferentes grupos sociais e valoración da súa importancia para a vida.

– Valoración das relacións afectivas que se establecen nos distintos grupos.

– Uso contextualizado das normas elementais de convivencia.

– Participación autónoma e responsable nas diferentes tarefas da vida cotiá tanto familiar coma escolar.

– Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento, disposición para compartir e para resolver conflitos cotiáns mediante o diálogo.

– Observación dos medios rural e urbano, dos seus elementos, das súas funcións e da súa utilidade.

– Descubrimento dos cambios producidos no medio pola actuación humana.

– Coidado do medio e colaboración no seu mantemento e conservación.

– Recoñecemento das profesións máis habituais e próximas ao neno e á nena e a súa relación cos distintos servizos públicos.

– Observación dos diferentes establecementos de consumo.

– Coñecemento dos distintos tipos de transporte e das súas características.

– Coñecemento e respecto das normas elementais de seguridade viaria.

– Atención aos coñecementos que nos transmiten os medios de comunicación.

– Percepción das formas sociais do tempo.

– Aproximación aos costumes e ao folclore característicos da súa localidade.

– Recoñecemento dalgúns sinais de identidade cultural do medio.

– Aceptación da propia situación familiar.

– Interese por participar na vida familiar e escolar.

– Interese e disposición favorable para establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas.

– Valoración e aceptación das normas que rexen os grupos familiar e escolar.

– Respecto pola diversidade de sexos, roles, profesións, idades…

– Respecto e coidado polos espazos en que se desenvolven e polos obxectos presentes neles.

– Interese por coñecer as características do propio medio.

– Valoración e respecto cara a todos os traballos desempeñados polas persoas.

– Valoración dos distintos servizos que nos ofrece a sociedade.

– Interese por coñecer os distintos medios de transporte e de comunicación.

– Aceptación das normas elementais de seguridade viaria.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 28: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

28 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desexos de participar en actividades sociais e culturais.

c-Linguaxes: comunicación e representación

Bloques:1. Linguaxe verbal.

2. Linguaxes artísticas: plástica , musical e corporal.

3. Linguaxe audiovisual e das tecnoloxías da información e da comunicación.

1. Linguaxe verbal

1.1. Escoitar, falar e conversar

– A linguaxe oral como medio de comunicación e información.– Vocabulario rico e acorde cos distintos contextos e coas diferentes situacións de

comunicación.– Normas que rexen o intercambio lingüístico.– Valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos, para explorar

coñecementos e para expresar e comunicar ideas e sentimentos e como axuda para regular a propia conduta e a dos demais.

– Produción de mensaxes orais referidas a necesidades, emocións, desexos, intencións, propostas e opinións.

– Comprensión das intencións comunicativas dos demais nas diferentes situacións de intercambio oral.

– Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado e con crecente precisión.– Utilización cada vez máis correcta e convencional de determinantes, pronomes,

preposicións, verbos, concordancias…– Gozo do emprego de palabras amables e rexeitamento de insultos e termos

malsoantes.– Pronuncia adecuada dos sons da lingua.– Construción e utilización oral de distintos tipos de frases, empregando as variedades

morfolóxicas de xénero, número, persoa, tempo…– Participación e escoita activa en situacións habituais de comunicación, nos diálogos

colectivos, libres ou dirixidos, respectando as normas que rexen os intercambios lingüísticos.

– Utilización axeitada das normas socialmente establecidas para solicitar, despedirse e saudar.

– Relatos de feitos, situacións, vivencias e contos ben ordenados temporalmente.– Utilización de sinais extralingüísticos (entoación, xesticulación…) para reforzar o

significado das mensaxes transmitidas.– Aquelas palabras e expresións dunha lingua estranxeira que, estando relacionadas

cos contidos das unidades didácticas, se poidan introducir:– Cores.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 29: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

29 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Membros da familia.– Números.– Festas e celebracións.– Saúdos.– Elementos do corpo.– Animais.– Días da semana.– Expresións e frases moi sinxelas.

– A lingua estranxeira como medio de comunicación oral.

– Interese por participar en situacións de interaccións orais en lingua estranxeira en rutinas e situacións habituais de comunicación.

– Comprensión de textos sinxelos en lingua estranxeira transmitidos oralmente.

– Expresión oral en lingua estranxeira con boa entoación e pronuncia.

– Adquisición dun vocabulario básico en lingua estranxeira.

– Uso de normas socialmente establecidas en lingua estranxeira para iniciar, manter e rematar unha conversa: saudar, despedirse, dar as grazas…

– Comprensión, reprodución de poesías sinxelas e de cancións en lingua estranxeira.

– Diferenciación dos esquemas tonais e rítmicos máis evidentes da lingua estranxeira.

– Produción de mensaxes orais en lingua estranxeira utilizando debuxos, obxectos, xestos, mímica, xogos, danzas… para facilitar a comunicación.

– Asimilación do sistema fonético das outras linguas do currículo.

– Comprensión da idea global de textos orais en lingua estranxeira, en situacións habituais da aula e cando se fale de temas coñecidos e predicibles.

– Interese por participar en interaccións orais en lingua estranxeira en rutinas e situacións habituais de comunicación.

– Actitude positiva cara á lingua estranxeira.

– Recoñecemento e valoración da linguaxe oral como medio de transmisión de sentimentos, ideas, intereses e desexos de coñecer os dos demais.

– Interese e iniciativa por participar nas situacións de intercambio oral.

– Respecto e aceptación das normas sociais que regulan o intercambio oral.

– Actitude de escoita cara aos demais nas súas interpretacións orais.

– Interese polo enriquecemento e mellora das súas producións lingüísticas.

1.2. Aproximación á lingua escrita– A lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo.

– Formas escritas e formas de expresión gráfica.

– Instrumentos da lingua escrita: libros, revistas, etiquetas, carteis, medios audiovisuais e informáticos.…

– Descubrimento da linguaxe escrita como medio de comunicación, información e gozo.

– Produción e interpretación de códigos de simbolización gráfica.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 30: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

30 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Diferenciación entre formas escritas e outras formas de expresión gráfica.

– Comprensión e produción de imaxes de forma secuenciada.

– Iniciación ao coñecemento do código escrito a través de palabras e frases significativas.

– Utilización de esquemas gráficos para a transmisión de mensaxes sinxelas.

– Destreza na utilización das habilidades grafomotrices.

– Desenvolvemento perceptivomotriz: orientación espazo-temporal, esquema corporal, discriminación de figuras, memoria visual.

– Adestramento no trazo: direccionalidade, linealidade, orientación esquerda-dereita, distribución e posición ao escribir.

– Estrutura fonémica da fala: segmentación en palabras, sílabas e fonemas. Correspondencia fonema-grafía.

– Escritura do propio nome.

– Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica.

– Asociación do nome dos obxectos coa súa fotografía ou debuxo correspondente.

– Identificación de palabras que comezan por un son, que acaban en… ou que conteñen tal son…

– Percepción de semellanzas e diferenzas sinxelas en palabras escritas.

– Identificación dalgunhas palabras e frases escritas moi significativas e usuais para o neno e para a nena.

– Iniciación no uso da escritura para cumprir finalidades reais.

– Valoración e interese pola linguaxe escrita como medio de información, diversión e comunicación.

– Gusto por oír e follear contos e narracións.

– Interese e atención na escoita de narracións, explicacións, instrucións ou descricións lidas por outras persoas.

– Interese e disposición para o uso dalgunhas convencións do sistema da lingua escrita: linearidade, orientación e organización do espazo.

– Gusto por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos e lexibles.

1.3. Achegamento á literatura

– Textos de tradición oral: contos, cancións, poesías, adiviñas e trabalinguas.

– Algúns autores universais.

– Textos literarios contemporáneos.

– Xogos lingüísticos.

– O xogo dramático. Monicreques, marionetas, teatro de sombras, teatro de personaxes, mimo…

– Comprensión e reprodución oral dalgúns textos da tradición cultural contados ou lidos polos adultos.

– Recitado dalgúns textos poéticos gozando das sensacións que o ritmo, a rima e a beleza das palabras producen.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 31: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

31 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Participación en xogos lingüísticos.

– Dramatización de textos literarios.

– Utilización da biblioteca da aula con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo, de entretemento e de gozo.

– Interese e respecto cara ás manifestacións orais da súa tradición cultural.

– Actitude de orde e coidado no recuncho da biblioteca: coidado dos contos e libros e manexo autónomo deles.

– Interese por compartir as sensacións e emocións provocadas polas producións literarias.

– Gusto polas dramatizacións literarias.

– Interese pola lectura.

2. Linguaxes artísticas: plástica , musical e corporal

– A expresión plástica como medio de comunicación e representación.

– Materiais específicos e inespecíficos para a expresión plástica.

– Técnicas básicas da expresión plástica: debuxar, pintar, modelar, pinzar, colaxe…

– Útiles e instrumentos da expresión plástica.

– Iniciación á arte: pintura, escultura e arquitectura. Principais elementos. Autores universais representativos. Ámbitos de exposición: o museo.

– Gama de cores primarias, a súa mestura e os contrastes claro-escuro.

– Exploración dos materiais e útiles da linguaxe plástica.

– Experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a linguaxe plástica: liña, forma, cor, espazo…

– Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos das unidades.

– Expresión e comunicación de feitos, sentimentos, emocións, vivencias, fantasías, a través do debuxo e doutras producións plásticas.

– Representación da figura humana no seu conxunto, diferenciando as distintas partes e segmentos corporais.

– Control do xesto gráfico e do instrumento nas elaboracións plásticas.

– Identificación das cores primarias e das secundarias a partir das primarias.

– Identificación do contraste claro-escuro nas cores.

– Elementos que configuran a linguaxe plástica: liña, forma, cor, textura e espazo.

– Realización de formas sinxelas a través do modelado.

– Atribución ou identificación do tema dalgunha obra plástica.

– Interese pola produción artística.

– Gusto e gozo polas propias elaboracións plásticas e coas dos demais.

– Actitude de respecto cara a todas as producións plásticas.

– Coidado e uso adecuado dos diversos materiais e útiles.

– Interese por coñecer as técnicas plásticas.

– Coñecemento de obras artísticas presentes no medio.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 32: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

32 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Ruído, silencio e música.

– Propiedades sonoras do propio corpo e dos obxectos.

– Calidades do son: intensidade, duración, ton e ritmo.

– Instrumentos musicais.

– Autores musicais universais.

– A canción como elemento expresivo. Cancións do seu medio e do mundo.

– Exploración sensorial dos elementos presentes no medio integrando actividades de tocar, olor, oír e ver.

– Exploración das propiedades sonoras da voz, do corpo, dos obxectos e dalgúns instrumentos musicais.

– Discriminación dos contrastes básicos: forte-suave, longo-curto, agudo-grave e subida-baixada.

– Produción e reprodución de sons.

– Audición activa dalgunhas obras musicais de diferentes xéneros e estilos.

– Memorización e interpretación de cancións seguindo o ritmo e a melodía.

– Utilización de instrumentos musicais de percusión acompañando as cancións e marcando un ritmo.

– Audición atenta de obras musicais presentes no medio.

– Participación activa en bailes e danzas sinxelas.

– Gusto e pracer coa música, co canto e co baile.

– Valoración das cancións e danzas propias do folclore da comunidade á que se pertence.

– Posibilidades expresivas do corpo para expresar e comunicar sentimentos e emocións.

– Control do corpo: actividade, movemento, respiración, equilibrio e relaxación.

– Experimentación das posibilidades expresivas do propio corpo a través de xestos e movementos.

– Expresión de sentimentos e emocións co propio corpo.

– Interpretación das mensaxes transmitidas polos outros a través do corpo.

– Automatización e realización de nocións de direccionalidade co propio corpo.

– Dramatizacións sinxelas.

– Desprazamento polo espazo adecuando o propio movemento ao espazo e ao movemento dos outros.

– Mantemento do equilibrio en diversas situacións de actividade.

– Automatización das técnicas de relaxación global e segmentaria.

– Control da respiración nas diferentes actividades tanto de movemento coma de relaxación.

– Imitación e representación espontánea de persoas, situacións e historias sinxelas, reais ou imaxinarias en xogos simbólicos, individuais e compartidos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 33: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

33 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Participación en actividades de dramatización, danzas, xogos simbólicos e outros xogos de expresión corporal.

– Interese e iniciativa por participar nas representacións.

– Desexos de comunicarse e expresarse mediante a linguaxe corporal.

– Atención e gozo nas representacións dramáticas.

– Espontaneidade nas dramatizacións, danzas, bailes…

– Esforzo por transmitir sentimentos e emocións a través da expresión corporal.

– Gusto polo labor persoal e orixinal nas actividades de expresión corporal.

3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación

– Xogos e actividades interactivas.

– Algúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, reprodutores de imaxe e son, DVD, TV, encerado dixital, escáner, cámara de fotos, canón proxector…

– A linguaxe audiovisual.

– Iniciación no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos.

– Achegamento a diferentes producións audiovisuais: películas, debuxos animados, videoxogos…

– Escoita e comprensión de historias, contos, narracións proxectadas por medios tecnolóxicos.

– Exploración do teclado e do rato do ordenador e experimentación do seu uso para realizar actividades apropiadas como debuxar, transformar imaxes ou xogar, escribir o seu nome, mensaxes e aprender a usar programas educativos.

– Iniciación ao coñecemento da internet como medio para atopar información e comunicarse co resto do planeta.

– Valoración crítica do contido dalgunhas producións audiovisuais.

– Discriminación progresiva entre a realidade e a representación audiovisual.

– Uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Reforzo de diferentes contidos traballados na clase mediante a realización de xogos interactivos no ordenador.

– Curiosidade polos instrumentos tecnolóxicos.

– Gozo cos xogos interactivos.

-Actitude de coidado cos instrumentos tecnolóxicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA ETAPA

a-Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal

• Coñecer de forma progresiva o seu esquema corporal, identificando as partes do corpo en si mesmo/a, noutro neno/a e nun debuxo mantendo unha

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 34: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

34 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

adecuada coordinación e control corporal e manifestando confianza nas súas posibilidades.

• Distinguir os sentidos e identificar sensacións a través deles.

• Desenvolver unha imaxe persoal axustada e positiva e ir progresivamente adquirindo maior empatía e amosar actitude de respecto ante as diferenzas e a diversidade cultural. Intervir de maneira adecuada na resolución de conflitos.

• Expresar sentimentos e emocións, comprender e interpretar os dos outros e contribuír á convivencia.

• Participar en xogos en contextos habituais, mostrando destrezas motoras e habilidades manipulativas.

• Realizar autonomamente e con iniciativa actividades habituais para satisfacer necesidades básicas, consolidando progresivamente hábitos de coidado persoal, hixiene, saúde e benestar.

b-Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural)

• Dar mostras de interesarse polo medio natural, polo da Comunidade autónoma, identificar e nomear algúns dos seus compoñentes; establecer relacións sinxelas de interdependencia, manifestar actitudes de respecto e coidado cara á natureza e participar de forma activa en actividades para conservala.

• Discriminar obxectos e elementos do medio inmediato e actuar sobre eles. Agrupar, clasificar e ordenar elementos e coleccións segundo semellanzas e diferenzas ostensibles, discriminar e comparar algunhas magnitudes e cuantificar coleccións mediante o uso da serie numérica.

• Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativos do seu medio, algunhas características da súa organización e os principais servizos comunitarios que ofrecen. Poñer exemplos das súas características e manifestacións culturais e valorar a súa importancia. Dar mostras de progreso na autonomía persoal, na interiorización de pautas de comportamento adecuadas a unha convivencia positiva e das normas sociais propias do ambiente escolar. Adoptar actitudes de respecto cara a manifestacións étnicas e culturais diferentes á súa.

c-Linguaxes: comunicación e representación

• Utilizar a lingua oral propia e estranxeira do modo máis conveniente para unha comunicación positiva cos seus iguais e coas persoas adultas, segundo as intencións comunicativas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 35: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

35 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Comprender mensaxes e textos diversos transmitidos de forma oral, mostrando unha actitude de escoita e comunicación atenta, respectuosa, activa e positiva en situacións de interacción.

• Mostrar interese polos textos escritos presentes na aula e no medio próximo, iniciándose no seu uso, na comprensión das súas finalidades e no coñecemento dalgunhas características do código escrito. Iniciarse nos usos orais da lectura e da escritura, segundo o nivel madurativo. Interesarse e participar nas situacións de lectura e escritura que se producen na aula.

• Relacionar o significado de palabras en lingua estranxeira con imaxes. Captar o sentido global de sinxelas mensaxes orais, mostrando interese por participar en situacións de comunicación oral, cancións, poesías…

• Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais, mostrando interese por explorar as súas posibilidades, por gozar coas súas producións e por compartir cos demais as experiencias estéticas e comunicativas.

• Utilizar o ordenador como vehículo de expresión e comunicación

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 36: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

36 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

PROGRAMACIÓN POR NIVEIS

NIVEL DE 3 ANOS1. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal

1.1- Obxectivos– Coñecer progresivamente o seu corpo e algúns dos seus segmentos e

iniciarse no control das súas propias accións.

– Iniciarse na identificación dos propios sentimentos, emocións, necesidades, preferencias…, aprendendo a expresárllelos e comunicárllelos aos demais.

– Desenvolver a noción física de si mesmo/a e o seu esquema corporal.

– Desenvolver progresivamente a súa percepción sensorial, as súas habilidades manipulativas, as súas estruturas fonadoras e a coordinación visual.

– Coñecer e identificar a existencia doutras persoas dentro do noso medio e fóra del pertencentes a outras razas que posúen trazos físicos diferentes e que teñen distintas formas de vida, hábitos e algúns costumes diferentes aos nosos.

– Explorar as posibilidades e limitacións do seu propio corpo, desenvolvendo unha imaxe axustada e positiva de si mesmo/a.

– Desenvolver un control e unha coordinación progresiva do seu corpo, adaptando as súas posibilidades motrices e posturais ás diversas situacións da actividade cotiá.

– Adquirir hábitos relacionados coa hixiene e coa alimentación, de xeito que sexa gradualmente autónomo nos ambientes onde desenvolve a súa actividade.

– Aumentar o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa na resolución de problemas da vida cotiá e desenvolver estratexias para satisfacer de forma progresivamente autónoma as súas necesidades básicas.

– Identificar as sensacións e percepcións do propio corpo de forma que lle permitan controlar as súas necesidades básicas, utilizando os sentidos como medio para explorar o seu corpo e o seu medio próximo.

– Mostrar interese cara ás actividades escolares.

– Participar, propoñer e iniciar xogos libres e dirixidos cos seus compañeiros e compañeiras e coas persoas adultas.

– Identificar necesidades básicas de saúde e benestar evitando situacións de perigo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 37: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

37 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desenvolver actitudes e hábitos de colaboración e de axuda evitando comportamentos de submisión ou dominio, adecuando o seu comportamento ás necesidades e demandas dos outros.

– Adquirir progresivamente hábitos de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

1.2- ContidosBloque 1.- O corpo e a propia imaxe– Algúns elementos do corpo: cara, mans, pés.

– Imaxe global do propio corpo.

– Características diferenciais do corpo.

– Aceptación das propias características corporais.

– Identificación das características fundamentais do seu propio corpo.

– Identificación dalgúns elementos do corpo en si mesmo/a e no seu compañeiro ou compañeira.

– Distinción dalgunhas semellanzas e diferenzas entre o seu corpo e o dos demais.

– Tolerancia coas características corporais dos seus compañeiros e compañeiras.

– Respecto polas diferenzas entre as persoas.

– Características físicas de persoas de diferentes etnias e culturas.

– Actitude de aceptación, comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas pertencentes a diferentes razas e formas de vida.

– Os sentidos: sensacións e percepcións.

– Sensacións do corpo: frío-calor.

– Utilización dos sentidos para descubrir calidades dos obxectos.

– Recoñecemento e aceptación da súa propia imaxe.

– Aceptación das características e identidade dos demais.

– Manifestación de sentimentos e emocións.

– Control progresivo dos propios sentimentos e emocións.

– Confianza nas súas propias posibilidades de acción.

– Confianza nas capacidades propias para satisfacer as necesidades básicas.

– Aceptación da propia identidade e das súas posibilidades e limitacións.

– Nocións de orientación temporal: a noite– Iniciación no uso do calendario.

Bloque 2.- Xogo e movemento– Movementos e posturas do corpo.

– Reprodución de diferentes posturas co corpo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 38: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

38 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Referencias espaciais en relación co propio corpo.

– Exploración e experimentación das posibilidades e limitacións do seu corpo en diferentes actividades.

– Nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.

– Satisfacción polo crecente dominio corporal.

– Adquisición de habilidades motrices novas.

– Progresivo control do ton, do equilibrio e da respiración.

– Coordinación e control progresivo de movementos en actividades manipulativas de carácter fino.

– Mellora progresiva na prensión do útil gráfico.

– Interese por mellorar a precisión dos seus movementos.

– Gusto polo xogo.

– Comprensión e aceptación das regras para xogar.

– Pracer coas actividades lúdicas.

Bloque 3.- A actividade cotiá– Emocións: enfado-rabia, afecto, medo, celos, alegría-tristeza, cooperación,

amizade, regras.

– Desenvolvemento de actitudes como a atención, a observación, a memoria…

– Resolución pacífica de conflitos mediante o diálogo.

– Actividades cotiás: de xogo, de obrigas e de rutinas.

– Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

– A diversidade e a tolerancia.

– Iniciación na percepción temporal das rutinas cotiás.

– Actitude positiva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e cos iguais.

– Gusto polo traballo ben feito por un mesmo.

– Satisfacción pola realización de tarefas da vida cotiá.

Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde– Necesidades básicas.

– Identificación e control progresivo das súas necesidades básicas.

– Hábitos e rutinas relacionados coa alimentación, coa hixiene e co descanso.

– Obxectos relacionados coa alimentación, coa hixiene e co descanso.

– Alimentos saudables.

– Utilidade dalgúns obxectos relacionados coas rutinas cotiás e accións relacionadas con eles.

– Obxectos que non deben meterse na boca.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 39: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

39 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coidado do corpo e seguridade persoal.

– Adquisición de hábitos relacionados coa seguridade persoal.

– Progresiva adopción de comportamentos de prevención e seguridade en situacións habituais.

– Discriminación de situacións que lle poidan ocasionar perigo.

– Vixilancia en situacións que poidan resultar perigosas.

– Actitude de tranquilidade e colaboración en situacións de enfermidade e de pequenos accidentes.

– A caixa de primeiros auxilios.

– Coidado da saúde.

– O deporte.

– Limpeza e orde do medio.

– Colaboración e contribución ao mantemento da limpeza e orde nos medios habituais.

– Gusto e gozo coa práctica de hábitos de hixiene.

– Desexos de manter un aspecto persoal limpo e coidado.

– Apreciación da orde e da limpeza nos espazos nos que se realizan as actividades cotiás.

1.3- Competencias básicas Competencia en comunicación lingüística– Empezar a dialogar sobre acontecementos relacionados coa vida cotiá.– Expresar en voz alta desexos, gustos, intereses e necesidades.– Recrear na aula situacións da vida cotiá.– Expresar diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, coraxe, entusiasmo,

pracer…

Competencia matemática– Comezar a aplicar operacións matemáticas para resolver problemas cotiáns

mostrando seguridade e confianza nas capacidades propias.– Comezar a situarse espacial e temporalmente.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Controlar o corpo en repouso e movemento.– Utilizar os hábitos de hixiene, alimentación, vestido e descanso.– Realizar as tarefas con seguridade e confianza.– Previr riscos e perigos.– Desenvolver a capacidade para lograr unha vida saudable nun medio limpo e

coidado.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 40: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

40 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Participar nos procesos colectivos que busquen manter a aula e os materiais limpos e ordenados, igual ca os corredores e recreos do centro, da casa, da rúa…

Tratamento da información e competencia dixital– Respectar o tempo de uso das novas tecnoloxías.

– Tomar conciencia da necesidade do uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Competencia social e cidadá– Empezar a relacionarse.– Compartir, colaborar, escoitar, prestar axuda, pedir axuda, participar, tolerar e

aceptar as diferenzas progresivamente.– Aceptar que non sempre pode ter ou facer o que quere.

Competencia cultural e artística– Comezar a utilizar diferentes medios de expresión musical, plástica, corporal,

visual… para expresar ideas, sentimentos, desexos, preferencias, necesidades, emocións e intereses.

Competencia para aprender a aprender– Resolver con progresiva autonomía os pequenos problemas que se lle

presentan na súa vida cotiá.– Sentir o desexo e a curiosidade por aprender.– Empezar a coñecer as súas posibilidades e limitacións aprendendo a

esforzarse e a superarse.– Saber pedirlles axuda aos seus compañeiros e compañeiras e aos adultos

sempre que o necesite.– Desenvolver estratexias para favorecer o desenvolvemento da atención, da

concentración, da memorización e da resolución de problemas.– Comezar a respectar normas básicas sobre o traballo.– Identificar as emocións propias e ser capaz de comprender as dos demais.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Ser responsable coas pequenas decisións que toma.– Ser cada vez máis responsable, perseverante, autocrítico, con iniciativa

persoal, creativo…– Ser quen de comezar a procurar solucións para os pequenos problemas que

se lle presentan na súa vida cotiá.– Ir coñecéndose progresivamente a si mesmo/a.– Empezar a mostrar seguridade na realización de actividades.– Prestar e manter a atención.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 41: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

41 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Mostrarse seguro da súa propia eficacia á hora de manexar útiles, de contribuír nas rutinas cotiás de alimentación, aseo, descanso e vestido e de abordar novas tarefas, asumindo pequenos riscos que poida controlar.

– Aprender a esforzarse máis cando non conseguiu algo que podería lograr cun pouco máis de empeño.

– Desenvolver valores persoais como a autoestima.– Confiar en si mesmo/a.1.4- Criterios de avaliación– Coñecer as partes principais que forman o corpo.

– Identificar algunhas características persoais.

– Desenvolver progresivamente a súa autoestima e a confianza en si mesmo/a.

– Adquirir unha adecuada coordinación motriz e control postural nas actividades lúdicas e da vida cotiá.

– Adquirir hábitos relacionados coa hixiene, coa alimentación, co descanso e co coidado da saúde.

– Mellorar na coordinación óculo-manual.

– Participar en xogos utilizando as posibilidades expresivas do corpo para comunicar sentimentos, emocións, necesidades e desexos.

– Ampliar as súas relacións de afecto e apego.

– Manifestar confianza nas súas posibilidades e actitudes positivas cara á súa propia actividade.

– Utilizar nocións básicas de orientación espacial e temporal.

– Controlar as necesidades básicas do corpo.

– Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

– Distinguir sensacións do corpo.

– Discriminar algunhas propiedades dos obxectos por medio dos sentidos.

– Participar en actividades cotiás.

– Adquirir hábitos elementais de respecto, axuda, colaboración organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

– Ser cada vez máis autónomo/a.

2. Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural)

2.1- Obxectivos– Observar e explorar o medio no que se desenvolve a súa vida cotiá cos

medios ao seu alcance, ampliando o campo de coñecemento para comprender mellor o mundo que o rodea.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 42: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

42 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Identificar os medios en que se desenvolve e en función das actividades que se realizan neles.

– Identificar, diferenciar e manipular os obxectos de uso nas diferentes estacións.

– Empezar a coñecer os cardinais 1, 2 e 3, relacionando a cantidade coa súa grafía.

– Iniciarse no coñecemento lóxico-matemático e na súa linguaxe a través da manipulación e observación dos obxectos, descubrindo algunhas das súas propiedades.

– Identificar e recoñecer a forma circular, cadrada e triangular, describindo, manipulando e xogando con obxectos da vida cotiá con esas formas.

– Adquirir nocións cuantitativas básicas.

– Adquirir nocións básicas de orientación espacial e temporal.

– Empezar a establecer relacións, seriacións, agrupacións, clasificacións e comparacións entre coleccións de obxectos atendendo a distintas nocións cuantitativas.

– Descubrir, a través da observación e da experimentación, os atributos físicos dos obxectos, aprendendo a coidalos e a usalos correcta e adecuadamente.

– Identificar algúns obxectos e recursos tecnolóxicos habituais utilizados nas actividades cotiás: ordenador, reprodutores musicais, televisión, DVD, videoxogos…

– Observar o medio natural e descubrir os cambios climatolóxicos e atmosféricos, naturais-vexetais, na alimentación e no vestido e no medio social que se producen co paso do tempo.

– Interpretar situacións e feitos significativos do seu medio mostrando interese polo seu coñecemento.

– Inicialos no coñecemento do Universo.

– Adquirir nocións básicas de Xeografía e Historia.

– Coñecer e aceptar a súa familia, descubrindo as relacións de parentesco que nela se establecen e sentíndose un membro desta. Coñecer e tolerar as situacións familiares dos seus compañeiros e compañeiras.

– Coñecer as características da súa casa e da escola: espazos e obxectos presentes nelas, sendo capaz de orientarse e desenvolverse de forma progresivamente autónoma.

– Asimilar as normas que rexen os grupos en que se desenvolve, sendo capaz de adecuar o comportamento de forma gradual ás necesidades e demandas dos demais e de valorar os beneficios que achega a vida en sociedade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 43: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

43 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida, xerando actitudes de confianza, respecto e aprecio.

– Coñecer e valorar algunhas profesións próximas a eles: médico/a, policía, bombeiro/a, xardineiro/a, agricultor/a, panadeiro/a…

– Observar animais e plantas próximos a el, descubrindo algunhas características e cambios que se producen nos seus ciclos vitais. Valorar os beneficios que nos achegan e desenvolver actitudes de respecto e coidado cara a estes seres vivos.

– Iniciarse na adquisición de actitudes de coidado, respecto e responsabilidade na conservación do medio: consumo racional, aforro enerxético e de auga, reciclaxe, reutilización…

– Coñecer algúns medios de transporte e ser capaces de relacionalos co medio polo que se desprazan.

– Iniciarse no coñecemento dalgunhas normas de seguridade viaria.

– Coñecer e respectar outros pobos do mundo.

– Coñecer diferentes formas de acceso á cultura mostrando interese por coñecer distintos costumes, tradicións, formas de vida…, utilizando diversos medios de comunicación e información para iso.

– Participar en manifestacións culturais asociadas aos países nos que se fala a lingua estranxeira.

– Aprender a respectar a diversidade e a desenvolver actitudes de axuda e colaboración, empezando a valorar a vida en grupo.

2.2- ContidosBloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida– Cardinais 1, 2 e 3; a súa direccionalidade e representación gráfica.

– Asociación dos cardinais 1, 2 e 3 coas cantidades correspondentes e coa súa grafía.

– Uso dos tres primeiros cardinais para contar obxectos.

– Gusto por coñecer os números e a utilidade que teñen.

– Propiedades dos obxectos: o tamaño (grande-mediano-pequeno), a medida (longo-curto, alto-baixo) e a forma.

– Agrupación e comparación de obxectos segundo o seu tamaño, forma e medida.

– Discriminación de formas, tamaños, cantidades, situacións espaciais, cores…, mediante a realización de xogos interactivos no ordenador.

– Formas planas: o círculo, o cadrado e o triángulo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 44: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

44 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Identificación e distinción das seguintes formas planas: o cadrado, o círculo e o triángulo.

– Cuantificadores básicos: máis ca-menos ca, moitos-poucos, moitos-un e cheo-baleiro.

– Nocións básicas de orientación espacial: dentro-fóra, arriba-abaixo, diante-detrás, un lado-outro lado e aberto-pechado.

– Nocións básicas de orientación temporal: día-noite.

– Adquisición de nocións básicas de orientación espacial e temporal.

– Relacións entre obxectos e coleccións: correspondencias e series.

– Iniciación no establecemento de relacións causa-efecto.

– Gama de cores primarias: vermello, amarelo, azul e verde.

– Propiedades dos obxectos: cor vermella, azul e amarela.

– Diferentes tipos de obxectos: os relacionados coa alimentación e co vestido, os xoguetes…

– Observación das calidades dos obxectos.

– Manipulación de obxectos.

– Uso adecuado dalgúns cuantificadores.

– Iniciación na resolución de problemas matemáticos sinxelos.

– Identificación das consecuencias da nosa actuación sobre os obxectos.

– Exploración de obxectos establecendo relacións entre eles.

– Observación, manipulación e comparación de diferentes tipos de obxectos.

– Interese por coñecer algunhas propiedades dos obxectos.

– Desexos de coñecer algúns obxectos e recursos tecnolóxicos habituais nas actividades cotiás.

– Curiosidade pola exploración e manipulación de obxectos, por contalos e por comparalos.

– Curiosidade por observar e manipular obxectos.

Bloque 2.- Achegamento á natureza– Universo e astros do ceo: sol, lúa e estrelas.

– Algúns fenómenos atmosféricos propios das diferentes estacións.

– Observación dos cambios naturais que se producen no medio co paso do tempo e identificación dalgúns fenómenos atmosféricos.

– Observación de fenómenos do medio natural (chuvia, vento, día, noite…).

– Formulación de conxecturas sobre as causas e consecuencias dalgúns fenómenos atmosféricos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 45: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

45 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Identificación de seres vivos e materia inerte como o sol, a lúa, as estrelas, os animais, as plantas, as nubes… Valoración da súa importancia para a vida.

– Recoñecemento de semellanzas e diferenzas entre algúns animais e observación destes seres vivos nos seus medios naturais.

– Observación directa e indirecta das transformacións do medio natural e animal.

– Valoración da importancia da realización de actividades en contacto coa natureza para a saúde e o benestar.

– Algunhas características morfolóxicas e funcionais dos animais.

– Algúns alimentos de orixe animal e vexetal.

– Rexeitamento de actitudes negativas cara aos animais e ás plantas.

– Paisaxes naturais: mar e campo.

– Coidado da auga como ben escaso.

– Nocións básicas de Xeografía e Historia.

– Coidado do medio: reciclado.

– Utilización adecuada do medio e colaboración no mantemento de ambientes limpos e non contaminados.

– Actitude de colaboración no mantemento da orde e limpeza do medio.

– Respecto e coidado do medio.

– Algúns inventos.

Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade– Pezas de vestir características das diferentes estacións.

– A familia: membros e funcións.

– Recoñecemento dos membros da súa familia e identificación de relacións de parentesco.

– A casa e a escola: espazos, características e obxectos presentes.

– Orientación de forma progresivamente autónoma na casa e na escola.

– Descrición sinxela da súa casa e da súa clase.

– Normas elementais de relación e convivencia.

– Algunhas profesións: médico/a, policía, bombeiro/a, xardineiro/a, agricultor/a, panadeiro/a…

– Identificación de profesións próximas ao neno e á nena.

– Valoración do traballo e das profesións dos adultos do seu medio próximo.

– A rúa.

– Comportamentos adecuados e inadecuados na rúa.

– Algunhas normas elementais de seguridade viaria.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 46: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

46 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Algúns medios de transporte: coche, autobús, bicicleta, avión, tren, barco, etcétera.

– Identificación de diversos medios de transporte e a súa relación co medio polo que se desprazan.

– Entusiasmo co coñecemento das características dos distintos medios de transporte.

– Algúns medios de comunicación e información.

– Iniciación na discriminación de comportamentos adecuados e inadecuados nos distintos ámbitos nos que se desenvolve.

– Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento.

– Desenvolvemento de actitudes de boa cidadanía.

– Disposición para compartir e para resolver conflitos cotiáns mediante o diálogo de forma progresivamente autónoma.

– Descubrimento dalgúns dos servizos que achega a vida en sociedade.

– Xogos e xoguetes.

– Rexeitamento de xogos e xoguetes que inciten a violencia.

– Coñecemento dalgúns lugares de lecer e consumo.

– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido.

– Participación activa en celebracións e festas propias da súa localidade.

– Achegamento a manifestacións culturais doutros países.

– Recoñecemento dalgúns sinais de identidade cultural do medio.

– Asimilación das normas que rexen os diversos grupos sociais en que se desenvolve.

– Interese por establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e con nenas doutras culturas.

– Interese por participar en actividades sociais e culturais.

2.3- Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística– Describir persoas, obxectos e situacións.– Interpretar imaxes en voz alta.

Competencia matemática– Empregar o coñecemento das formas e das figuras xeométricas para

describir e resolver situacións cotiás que o requiran.– Manipular obxectos e descubrir as súas calidades.– Establecer relacións sinxelas entre os obxectos.– Discriminar algunhas cores.– Realizar pequenas clasificacións.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 47: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

47 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Recoñecer algunhas parcelas temporais.– Coñecer algúns elementos da serie numérica.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Observar o seu medio próximo e interactuar con el.– Percibir o seu medio físico, algúns dos cambios que nel se producen.– Resolver problemas, na medida das súas posibilidades, interactuando co

medio próximo.– Coñecer algúns dos efectos que produce a súa actuación no medio.– Respectar plantas, animais, obxectos…– Orientarse nos espazos onde desenvolve a súa actividade cotiá.– Empezar a situarse no tempo.– Identificar e definir algúns membros dos primeiros grupos sociais, algúns

profesionais, algúns elementos urbanos e naturais, algúns medios de comunicación e transporte e algunhas manifestacións culturais.

Tratamento da información e competencia dixital– Utilizar, de maneira guiada, algúns xogos educativos de ordenador.– Empezar a aproveitar a información facilitada polas novas tecnoloxías.

Competencia social e cidadá– Aprender a convivir e a respectar os demais.– Comezar a desenvolver as habilidades necesarias para traballar en grupo.– Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos

diferentes contextos en que se desenvolve.– Empezar a aceptar normas de convivencia.– Compartir actividades con persoas doutras culturas.– Manifestar afecto cara aos demais e aceptar as manifestacións de cariño das

persoas que o rodean.– Interesarse polos pequenos problemas que se lle presentan aos seus

compañeiros e compañeiras.– Contribuír, desde o respecto, a unha convivencia adecuada en situacións de

xogo.– Adaptarse á rutina da vida escolar.– Desenvolver habilidades sociais conducentes a fomentar a sociabilidade e a

convivencia: compartir, cooperar, participar, axudar, respectar, tolerar, aceptar…

Competencia cultural e artística– Empezar a apreciar e a valorar as producións plásticas dos seus

compañeiros e compañeiras.– Desenvolver a imaxinación, a creatividade, a iniciativa persoal, a

sensibilidade e o sentido estético.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 48: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

48 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer algunhas manifestacións culturais e artísticas do seu medio.– Representar graficamente o medio.

Competencia para aprender a aprender– Saber aplicar o que aprende para desenvolverse na vida cotiá.– Observar, explorar e manipular obxectos.– Traballar en grupo.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Desenvolver habilidades sociais: respecto polas opinións e necesidades dos

demais, capacidade de diálogo e de traballo cooperativo, tolerancia.– Identificar as propias emocións e as dos demais.

2.4- Criterios de avaliación– Identificar cambios que se producen no medio relacionados co clima.

– Descubrir algunhas características e calidades dos obxectos máis habituais do seu medio.

– Coñecer algúns inventos.

– Iniciarse no coñecemento do Universo.

– Adquirir algunhas nocións básicas de Xeografía e Historia.

– Coñecer algunhas características da súa casa, da súa familia, da escola e do medio natural.

– Aprender a comportarse adecuadamente nos diferentes espazos nos que se desenvolve: clase, casa, recreo, biblioteca, lugares de diversión e lecer, medios de transporte…

– Coñecer profesións e medios de transportes do seu medio.

– Resolver as situacións conflitivas que se formulan na vida cotiá.

– Coñecer algúns sinais de identidade doutras culturas presentes no seu medio.

– Coñecer tradicións e festas populares da súa Comunidade manifestando interese e respecto.

– Distinguir características de animais e de plantas.

– Clasificar e ordenar elementos segundo semellanzas e diferenzas sinxelas.

– Coñecer os tres primeiros cardinais.

– Identificar o círculo, o triángulo e o cadrado.

– Adquirir nocións cuantitativas básicas.

– Iniciarse na formación de series.

– Utilizar a serie numérica para contar.

– Coñecer a gama de cores primarias.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 49: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

49 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

3. Linguaxes: comunicación e representación

3.1- Obxectivos– Empregar a linguaxe oral como medio de comunicación cos demais,

pronunciando, articulando e expresándose de forma cada vez máis clara.

– Expresar emocións, necesidades, desexos, intereses, sentimentos… mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes.

– Mostrar unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia coma estranxeira.

– Aumentar progresivamente o vocabulario.

– Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, mostrando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles.

– Participar de forma cada vez máis activa nas situacións de transmisión oral, respectando as normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Iniciarse nos usos sociais da lectura e da escritura valorándoas como instrumentos de comunicación, información e gozo.

– Iniciarse na lectoescritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas.

– Achegarse ao libro e coñecer algúns autores literarios universais e as súas obras.

– Iniciarse na escritura de letras aplicando unha correcta dirección no trazo, collendo adecuadamente o útil gráfico e adoptando unha posición adecuada ao escribir.

– Utilizar as normas elementais de cortesía para saudar e despedirse.

– Ler e interpretar imaxes, descubrindo as súas calidades e posibilidades.

– Mostrar interese cara aos instrumentos da linguaxe escrita, valorándoa como medio de comunicación e información.

– Iniciarse na produción e interpretación de textos sinxelos.

– Iniciarse na comprensión de contos seguindo a secuencia temporal.

– Concienciarse progresivamente da relación da linguaxe oral coa representación gráfica por medio de imaxes e pictogramas.

– Iniciarse no coñecemento e uso dalgunhas palabras básicas en lingua estranxeira relacionadas coas rutinas da vida cotiá e coas actividades que se realizan dentro da aula.

– Participar en xogos sonoros, reproducindo palabras ou textos orais breves na lingua estranxeira.

– Utilizar algunhas técnicas e recursos da expresión plástica, corporal, musical e dramática para ampliar as súas posibilidades comunicativas e desenvolver a creatividade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 50: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

50 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Descubrir progresivamente as posibilidades expresivas do seu corpo para manifestar sentimentos e emocións.

– Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades relacionadas coas rutinas cotiás dentro da aula.

– Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente.

– Utilizar outras linguaxes non verbais: xestual, corporal, musical, plástica…

– Coñecer o ruído que producen algúns obxectos ao manipulalos, diferenciando entre ruído e música.

– Discriminar algúns sons do medio próximo e imitar o son dalgúns animais.

– Coñecer algunhas cancións infantís e participar en representacións musicais.

– Coñecer e manipular algúns instrumentos musicais.

– Inicialos no coñecemento dalgúns compositores musicais clásicos.

– Empregar e coñecer adecuadamente os útiles da actividade plástica.

– Utilizar as posibilidades expresivas do corpo e inicialos no control do movemento e da relaxación.

– Representar, por medio da expresión corporal, contos sinxelos.

– Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes.

3.2- ContidosBloque 1.- Linguaxe verbal*Escoitar, falar e conversar– Linguaxe oral e necesidades de comunicación.

– Vocabulario adaptado a cada unidade.

– Ampliación do vocabulario.

– Produción de mensaxes sinxelas dirixidas aos seus compañeiros e compañeiras, ao seu profesor ou profesora e demais adultos do seu medio próximo que se refiran ás súas necesidades, emocións, sentimentos e desexos.

– Valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos e como axuda para regular a propia conduta e a dos demais.

– Discriminación simple das intencións comunicativas dos demais.

– Articulación e pronuncia, de forma progresivamente correcta, das palabras do vocabulario.

– Construción oral de frases cunha articulación correcta.

– Observación, interpretación e descrición de imaxes gráficas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 51: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

51 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Utilización progresiva das normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Normas socialmente establecidas para solicitar algo, para saudar, para despedirse e para dar as grazas.

– Uso correcto de formas socialmente establecidas para saudar e despedirse, para pedir algo, dar as grazas…

– Participación en diálogos e en diferentes situacións comunicativas nas que interveñan varias persoas.

– Respecto polas producións orais dos seus compañeiros e compañeiras.

– Desexos de participar en situacións de diálogo e escoita.

– Actitude positiva cara á lingua estranxeira.

– Posibilidade de utilización dalgunhas palabras básicas aprendidas en lingua estranxeira nas actividades que se realizan na aula.

– Aquelas palabras e expresións dunha lingua estranxeira que, estando relacionadas cos contidos das unidades didácticas, se poidan introducir.

*Aproximación á lingua escrita– Instrumentos da lingua escrita: ilustracións, carteis, imaxes, fotografías…

– Iniciación á lingua escrita a través da observación de textos escritos no medio.

– Trazo vertical, horizontal, curvo, oblicuo, ondulado e circular.

– Mellora progresiva do trazo mediante a aplicación de habilidades motrices.

– Interese por mellorar progresivamente o trazo.

– Iniciación no uso da escritura para cumprir finalidades reais.

– Reprodución de textos sinxelos.

– Esforzo na produción de palabras e textos sinxelos.

*Achegamento á literatura– Textos de tradición cultural: contos, poemas, adiviñas, cancións e series.

– Atención, comprensión e interpretación de contos e outros textos lidos polo adulto.

– Actitude de atención e escoita nas narracións de contos.

– Iniciación no recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que

transmiten.

– Utilización da biblioteca con respecto e coidado.

– Valoración da biblioteca como recurso informativo de entretemento e gozo.

– Gusto e gozo na utilización da biblioteca.– Participación creativa en xogos lingüísticos para divertirse e para aprender.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 52: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

52 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Grandes autores e artistas universais.

Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal– Técnicas, materiais e instrumentos útiles e necesarios para a expresión

plástica: estampado, esborranchado, picado, silueteado, coloreo e punteo.

– Emprego adecuado dos utensilios e materiais útiles para a expresión plástica.

– Experimentación coas diferentes técnicas da expresión plástica.

– Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos das unidades a través das actividades plásticas.

– Gusto e gozo coas actividades plásticas, valorando as producións propias e as dos demais.

– Ruído-silencio-música.

– Recoñecemento de sons e ruídos da vida cotiá.

– Cancións infantís.

– Instrumentos musicais.

– Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre.

– Identificación de sons do propio corpo, dalgúns animais e do medio próximo.

– Interpretación de cancións sinxelas axustándose á melodía.

– Desexos de participar en cantos e bailes.– Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e a cancións sinxelas.

– As posibilidades expresivas do corpo.

– Sentimentos e emocións e a súa expresión corporal.

– Equilibrio: iniciación.

– Control do corpo: movemento e relaxación.

– Dramatización de textos literarios.

– Expresión de diferentes sentimentos e emocións.

– Experimentación de acenos e de movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación.

– Progresiva coordinación de movementos nos desprazamentos.

– Iniciación ao control do corpo e da respiración en actividades de movemento e de relaxación.

– Utilización, con intención comunicativa e expresiva, das posibilidades motrices do propio corpo en relación co espazo e co tempo.

– Imitación e representación de persoas e animais.

– Esforzo por mellorar a precisión dos seus desprazamentos polo espazo.Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 53: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

53 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Achegamento a diferentes producións audiovisuais (películas, debuxos animados, videoxogos…).

– Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais.

– Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Interese por expresarse e comunicarse coa axuda de recursos extralingüísticos.

– Curiosidade polos medios audiovisuais e tecnolóxicos.

– Algúns obxectos e recursos tecnolóxicos: ordenador, reprodutores musicais, televisión, DVD, videoxogos…

3.3- Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística– Expresar e comprender mensaxes orais.– Expresarse de forma clara e coherente cun vocabulario axeitado para a súa

idade.– Practicar a escoita activa.– Observar e describir debuxos, láminas, fotografías, carteis, pictogramas…– Comprender a información dos contos lidos polos adultos.– Iniciarse na comprensión da información visual de viñetas, ilustracións dos

contos, fotografías, pictogramas, imaxes de arquivos informáticos, diapositivas…

– Comprender as gravacións en soporte audiovisual.– Empezar a coñecer e a utilizar as regras básicas do funcionamento da lingua.– Utilizar estratexias diversas para comprender o que os demais din: atender o

ton da voz, a entoación, as pausas, os xestos…– Memorizar e recitar pequenas poesías, refráns e cancións.Competencia matemática– Iniciarse na utilización da linguaxe matemática para expresar ideas.

Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico– Iniciarse na comprensión dos sucesos que acontecen no medio sendo capaces de

predicir progresivamente algunhas consecuencias.

Tratamento da información e competencia dixital– Adquirir as habilidades e destrezas básicas para manexar o ordenador:

manexo do rato.– Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas de

coñecementos previos.– Comunicar a información e os coñecementos adquiridos mediante diferentes

recursos e técnicas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 54: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

54 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes.

Competencia social e cidadá– Saber escoitar os seus compañeiros e compañeiras e os adultos.– Resolver os pequenos problemas que se lles presentan na súa vida cotiá

utilizando o “diálogo”.

Competencia cultural e artística– Comezar a desenvolver destrezas e habilidades para saber percibir e

comprender producións artísticas e culturais.– Comprender e representar imaxes con diferentes materiais plásticos.– Seguir diferentes ritmos.– Participar en movementos e danzas.– Escoitar obras musicais.– Aprender a utilizar o corpo como un elemento expresivo máis.

Competencia para aprender a aprender– Basearse no que xa sabe para aprender cousas novas.– Aprender a aprender gozando.– Utilizar os recursos e materiais de forma axeitada.Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Expresar as propias emocións e as dos outros.

3.4- Criterios de avaliación – Describir obxectos.

– Utilizar a linguaxe oral de maneira axustada para favorecer a comunicación co grupo de iguais e coas persoas adultas.

– Comprender as mensaxes orais mostrando unha actitude positiva ante as situacións de interacción e de comunicación.

– Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos… mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes.

– Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

– Utilizar as normas establecidas para saudar e despedirse.

– Ler e interpretar imaxes.

– Coñecer algúns instrumentos da lingua escrita.

– Identificar algunhas letras e a súa grafía.

– Mostrar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas… lidos na clase.

– Iniciarse no uso dos textos escritos nas situacións de lectura que se producen na aula.

– Iniciarse no manexo dos libros.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 55: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

55 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer algúns autores e artistas universais.

– Iniciarse na lectoescritura: estruturas gramaticais simples.

– Mostrar unha actitude positiva cara á lingua estranxeira.

– Coñecer algunhas palabras e expresións moi sinxelas en lingua estranxeira.

– Iniciarse en trazos libres e dirixidos.

– Iniciarse na comprensión e interpretación de textos.

– Utilizar diferentes linguaxes para expresarse e comunicarse.

– Utilizar recursos e técnicas da expresión plástica.

– Discriminar sons.

– Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos.

– Expresarse e comunicarse utilizando medios e técnicas propios da linguaxe audiovisual e das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

– Participar na interpretación e representación de cancións.

– Cantar cancións sinxelas en lingua estranxeira.

4. Metodoloxía pedagóxica– Observación da lámina motivadora da unidade para introducir o centro de

interese e algúns contidos que se van traballar.

– Formulación de preguntas para os nenos e as nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver.

– Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos.

– Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plásticas, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…).

– Audición, dramatización e aprendizaxe da canción da unidade.

– Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto.

– Utilización do CD de novas tecnoloxías para reforzar os contidos traballados.

– Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia mediante diferentes medios: titorías, fichas para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia…

– Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula.

– Discriminación das cores aprendidas en obxectos e elementos da clase a través de xogos.

– Identificación dalgúns segmentos e elementos do corpo en si mesmo/a e no mural do corpo e mediante xogos do material de aula.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 56: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

56 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Aplicación dos hábitos de hixiene, alimentación, descanso, coidado da saúde e seguridade persoal aprendidos en situacións da vida real.

– Audición e interpretación de cancións en grupo.

– Exploración e utilización de materiais e útiles da expresión plástica.

– Creación de situacións na aula que potencien o desenvolvemento da linguaxe oral (preguntas do docente, adorno da clase, canto de panxoliñas, asembleas, actividades en grupo, relato de vivencias…).

– Iniciación no desenvolvemento de actitudes de respecto e tolerancia cara ás persoas do seu medio próximo mediante explicacións e diálogos.

– Ambientación da aula co mural da árbore e cos traballos realizados polos nenos e polas nenas nas plásticas relacionados coa diferentes estacións e festas da súa Comunidade.

– Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos e dos cambios producidos no medio coa chegada das diferentes estacións mediante saídas ao exterior, visualización de documentais, de revistas, fotografías…

– Utilización do mural dos números do material da aula para identificar e aprender os números traballados.

– Exercitación da memoria mediante pequenas rimas.

– Manipulación progresivamente autónoma dos libros do recuncho da linguaxe oral.

– Mellora na coordinación dinámica xeral e óculo-manual a través da realización das actividades psicomotrices e plásticas da unidade.

– Identificación de diferentes accións utilizando os pictogramas e os rótulos de accións do material de aula.

– Relato da idea global do conto coas propias palabras do neno e da nena.

– Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma, á cor, á situación espacial, ao tamaño, ás propiedades e aos cuantificadores.

– Realización de xogos do ordenador para potenciar a observación, a memoria, a atención e a concentración.

– Desenvolvemento do razoamento lóxico mediante a realización de series sinxelas e outras actividades co material do alumno e co material de aula.

– Realización de debuxos como medio de expresión e aprendizaxe.

– Emprego das palabras e expresións aprendidas en inglés nas actividades cotiás.

– Ampliación do vocabulario e mellora da expresión oral mediante o uso das tarxetas de accións e lugares, pictogramas, fotografías, cartolinas de imaxes e tarxetas de vocabulario.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 57: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

57 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desenvolvemento da coordinación visomanual a través dos xogos do material de aula: encaixables do corpo, de xoguetes, roupa e animais, ensartados e quebracabezas.

– Realización de pequenos experimentos para introducilos no mundo científico e comprobar algunhas das explicacións dadas polo docente.

– Planificación de saídas con diferentes finalidades.

_______________________________________________

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 58: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

58 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

NIVEL DE 4 ANOS

1. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal

1.1- Obxectivos– Vivir con pracer a actividade sensomotriz de forma que lle permita coñecer e

representar o seu corpo, os seus elementos e algunhas das súas funcións básicas, coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos.

– Identificar as características, calidades, posibilidades e limitacións persoais, tomando conciencia das diferenzas físicas entre o seu corpo e o dos demais, valorándoas sen actitudes de discriminación en relación con calquera trazo diferenciador.

– Aceptar a diversidade como unha realidade enriquecedora identificando a existencia doutras persoas dentro do noso medio pertencentes a outras razas que posúen diversos trazos físicos e que teñen formas de vida, hábitos e algúns costumes diferentes aos nosos.

– Descubrir as posibilidades motrices e posturais do seu corpo, progresando na coordinación e no control, desenvolvendo a súa percepción sensorial, as habilidades manipulativas, as estruturas fonadoras e a coordinación visual.

– Aumentar o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa na resolución de problemas da vida cotiá e desenvolver estratexias para satisfacer e controlar de forma progresivamente autónoma as súas necesidades básicas.

– Afianzar a coordinación óculo-manual necesaria para as habilidades motrices de carácter fino.

– Desenvolver progresivamente a lateralidade, sendo quen de interpretar nocións direccionais co propio corpo.

– Continuar a adquisición de hábitos relacionados coa hixiene, coa alimentación, coa seguridade e co coidado, tanto persoal coma do ambiente escolar.

– Adquirir progresivamente hábitos de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo e desenvolver actitudes e hábitos sociais para a convivencia, como o respecto, o diálogo, a axuda, a negociación e a colaboración.

– Identificar e localizar os sentidos, utilizándoos para percibir as distintas sensacións corporais e descubrir as calidades e propiedades dos obxectos.

– Identificar os sentimentos, emocións, desexos e necesidades propias e os dos demais, sendo progresivamente capaces de denominalos, expresalos e comunicalos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 59: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

59 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Adquirir nocións básicas de orientación temporal e espacial, sendo quen de aplicar estas nocións nas súas vivencias habituais.

– Ser quen de planificar e secuenciar a propia acción para resolver problemas da vida cotiá, desenvolvendo actitudes de colaboración e axuda con nenos, nenas e adultos, e adecuando o seu comportamento ás necesidades e demandas dos outros.

1.2- ContidosBloque 1.- O corpo e a propia imaxe

– O corpo: algúns segmentos e elementos.

– Características diferenciais do corpo.

– O lado dereito do corpo.

– Imaxe global do corpo.

– Exploración e identificación do propio corpo e dos segmentos corporais.

– Comparación do propio corpo co dos demais, establecendo semellanzas e diferenzas.

– Os sentidos e a súa función na percepción: o oído, o olfacto, o gusto, a vista e o tacto.

– Utilización dos sentidos na percepción da realidade exterior e na exploración de obxectos.

– Algúns órganos internos: corazón…

– Educación emocional: sentimentos e emocións.

– Identificación das necesidades e sensacións do propio corpo.

– Identificación e expresión de sentimentos, necesidades, desexos propios e dos demais.

– Actitude non discriminatoria ante as peculiaridades e características persoais dos seus compañeiros e compañeiras.

– Actitude de aceptación, comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas pertencentes a diferentes razas e formas de vida.

Bloque 2.- Xogo e movemento

– Movementos e posturas do corpo e os seus segmentos.

– Movemento e relaxación.

– Gozo co descubrimento das posibilidades motrices e posturais do seu corpo.

– Nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.

– Descubrimento e afianzamento da propia lateralidade, libre desenvolvemento desta.

– Reprodución de diferentes posturas co corpo e adaptación do ton ás diversas situacións e actividades.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 60: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

60 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Control do movemento en actividades motrices e manipulativas.

– Adquisición de novas habilidades motrices.

– Control da direccionalidade nas actividades gráficas.

– Gusto polo xogo.

Bloque 3.- A actividade cotiá

– Actividades da vida cotiá: de xogo, domésticas, cumprimento de rutinas e os seus requirimentos.

– Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

– Aceptación das características e identidade dos demais.

– Adecuación do comportamento a distintas situacións de actividade, tanto na casa coma na escola.

– Desenvolvemento de hábitos elementais de organización, atención, observación, constancia, iniciativa e esforzo nas distintas actividades.

– Desenvolvemento de hábitos de traballo en equipo.

– Pracer por ser progresivamente autónomo.

Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde– Hábitos que favorecen a saúde: hixiene, alimentación saudable, exercicio

físico e deporte.

– Interese por adquirir hábitos novos de alimentación, hixiene e seguridade persoal.

– Colaboración no mantemento da orde e limpeza na casa, na clase, na veciñanza e no medio.

– Progresiva adopción de comportamentos de prevención e seguridade en situacións habituais.

– Confianza nas capacidades propias para satisfacer as necesidades básicas.

– Constancia da importancia de contribuír a manterse san.

1.3- Competencias Competencia en comunicación lingüística– Utilizar as catro destrezas da linguaxe (escoitar, falar, ler e escribir) para

construír o pensamento e regular a conduta.

– Escoitar e respectar as opinións dos compañeiros e compañeiras.

– Dialogar sobre acontecementos relacionados coa vida cotiá e formar progresivamente xuízos críticos.

– Expresar diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, coraxe, entusiasmo, pracer…

Competencia matemática

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 61: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

61 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Comezar a situarse espacial e temporalmente.

– Situar no tempo as actividades cotiás.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Desenvolver a capacidade para lograr unha vida saudable nun medio limpo e

coidado.

– Construír hábitos básicos de supervivencia e saúde.

– Participar nos procesos colectivos que busquen manter a aula e os materiais limpos e ordenados, igual ca os corredores e recreos do centro, da casa, da rúa…

Tratamento da información e competencia dixital– Respectar o tempo de uso das novas tecnoloxías.

– Dominar sinxelos xogos interactivos de ordenador.

– Tomar conciencia da necesidade do uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Competencia social e cidadá– Saber relacionarse.

– Coidar a saúde.

– Desenvolver actitudes de responsabilidade e de respecto cara aos compañeiros e ás compañeiras e cara a si mesmo/a.

– Coñecerse a si mesmo/a amosando unha actitude positiva ante a vida e intentado previr os pequenos problemas da vida cotiá.

– Rexeitar a desigualdade valorando, pouco a pouco, a diversidade como medio para o enriquecemento persoal e social.

– Comezar a compartir, colaborar, escoitar, prestar axuda, pedir axuda, participar, tolerar e aceptar as diferenzas.

– Aceptar que non sempre pode ter ou facer o que quere.

Competencia cultural e artística– Comezar a utilizar diferentes medios de expresión musical, plástica, corporal,

visual…, para expresar ideas, sentimentos, desexos, preferencias, necesidades, emocións e intereses.

– Utilizar o lecer de forma activa desenvolvendo valores de esforzo persoal e solidario.

Competencia para aprender a aprender– Resolver con progresiva autonomía os pequenos problemas que se lle

presentan na súa vida cotiá.

– Sentir o desexo e a curiosidade por aprender.

– Empezar a coñecer as súas posibilidades e limitacións aprendendo a esforzarse e a superarse.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 62: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

62 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Saber pedirlles axuda aos seus compañeiros e compañeiras e aos adultos sempre que o necesite.

– Desenvolver estratexias para favorecer o desenvolvemento da atención, da concentración, da memorización e da resolución de problemas.

– Comezar a respectar normas básicas sobre o traballo.

– Identificar as emocións propias e ser quen de comprender as dos demais.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Ser responsables coas pequenas decisións que toma.

– Ser cada vez máis responsable, perseverante, autocrítico, con iniciativa persoal, creativo…

– Ser quen de comezar a buscar solucións para os pequenos problemas que se lle presentan na súa vida cotiá.

– Utilizar, de forma cada vez máis eficaz, o propio corpo no desenvolvemento das rutinas, no cálculo de riscos e na responsabilidade por concluír as actividades.

– Desenvolverse adecuadamente con autonomía progresiva e iniciativa persoal nos diferentes ámbitos da vida.

– Empezar a amosar seguridade na realización de actividades.

– Prestar e manter a atención.

– Ir coñecéndose progresivamente a si mesmo/a.

– Continuar desenvolvendo a autoestima e a confianza en si mesmo/a.

– Amosarse seguro da súa propia eficacia á hora de manexar útiles, de contribuír nas rutinas cotiás de alimentación, aseo, descanso e vestido e de abordar novas tarefas, asumindo pequenos riscos que poida controlar.

– Aprender a esforzarse máis cando non conseguiu algo que podería lograr cun pouco máis de empeño.

– Desenvolver valores persoais como a autoestima.

– Confiar en si mesmo/a.

1.4- Criterios de avaliación – Identificar segmentos e elementos do propio corpo.

– Identificar as diferenzas físicas entre o seu propio corpo e o dos demais.

– Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

– Adquirir hábitos de hixiene, alimentación, descanso e coidado da saúde.

– Interpretar nocións direccionais co corpo.

– Utilizar os sentidos para descubrir propiedades.

– Coñecer e nomear algúns órganos internos.

– Identificar sensacións e necesidades do propio corpo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 63: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

63 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desenvolver estratexias para satisfacer as súas necesidades básicas.

– Mellorar a coordinación óculo-manual.

– Adquirir unha imaxe axustada de si mesmo/a.

– Confiar nas súas propias posibilidades.

– Desenvolver habilidades para traballar en equipo.

– Distinguir entre o día e a noite.

– Utilizar nocións básicas de orientación espacial.

– Empregar de maneira autónoma os útiles necesarios para a alimentación e a hixiene.

2. Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural)

2.1- Obxectivos– Valorar, respectar e coidar o medio natural, intervindo na medida das súas

posibilidades e desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e responsabilidade na súa conservación: consumo racional, aforro enerxético e de auga, reciclaxe, reutilización…

– Ser progresivamente autónomo no ámbito escolar, establecendo relacións afectivas cos seus compañeiros e compañeiras e co profesor ou profesora, respectando a diversidade, asimilando e respectando as normas de comportamento e organización da súa clase.

– Aceptar a súa propia situación familiar, desenvolvendo actitudes de afecto e cariño cara aos membros da súa familia, coñecendo e valorando as súas normas de convivencia. Contribuír, na medida das súa posibilidades, no mantemento da orde e limpeza da súa casa.

– Coñecer as características da súa vivenda, as súas dependencias e as funcións de cada unha, observando os obxectos presentes nelas e aprendendo a utilizalos axeitadamente. Coñecer vivendas doutros pobos do mundo e doutras épocas.

– Iniciarse na adquisición de nocións de xeografía e historia.

– Observar e explorar o medio natural, descubrindo os cambios (vexetais, climáticos, vestido…) que se producen nel coa chegada das diferentes estacións.

– Asimilar as normas que rexen os grupos nos que se desenvolve, sendo capaz de adecuar o comportamento ás necesidades e demandas dos demais.

– Observar o medio inmediato: a rúa, a veciñanza, identificando algúns dos seus elementos, as súas funcións e as súas utilidades adquirindo, progresivamente, actitudes de coidado cara a eles.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 64: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

64 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer as características físicas, os ciclos vitais, hábitats e a alimentación dalgúns animais próximos a eles, diferenciando entre animais domésticos e salvaxes, valorando a importancia que teñen para a vida e para a conservación do medio.

– Avanzar no coñecemento de novas profesións, valorando a importancia que ten o traballo das persoas para o desenvolvemento e organización do medio social.

– Iniciarse no coñecemento do Universo e dalgún astros do ceo.

– Xerar actitudes de amizade, confianza, respecto e aprecio valorando a importancia da vida en grupo.

– Valorar a importancia que teñen para a sociedade os diversos servizos que ofrece a vida en comunidade: sanidade, educación, bombeiros…

– Coñecer algúns lugares de lecer e diversión e algúns establecementos de consumo aprendendo a comportarse adecuadamente neles.

– Descubrir a relación existente entre algúns medios de transporte e as características do medio físico polo que se desprazan.

– Coñecer algúns inventos e a importancia que teñen para o progreso da humanidade.

– Iniciarse no coñecemento dalgúns medios de comunicación e información.

– Identificar algúns obxectos e recursos tecnolóxicos habituais utilizados nas actividades cotiás: ordenador, reprodutores musicais, encerado dixital, canón proxector, cámara fotográfica, impresora, escáner, televisión, DVD, videoxogos…, iniciándose no seu uso.

– Interesarse por coñecer diferentes culturas, comportamentos, costumes, tradicións, formas de vida..., participando en manifestacións culturais asociadas aos países onde se fala a lingua estranxeira. Recorrer aos medios de comunicación e información, coñecendo as vantaxes que lle ofrecen as novas tecnoloxías para este achegamento.

– Adquirir novas nocións de orientación espacial, aplicando estas nocións e as xa aprendidas no seu propio corpo e nos obxectos.

– Adquirir nocións básicas de orientación temporal, iniciándose na estimación e medida do tempo, sendo capaz de aplicar estas nocións nas súas vivencias habituais.

– Observar, explorar e manipular obxectos e coleccións de obxectos, iniciándose nas habilidades matemáticas e na súa linguaxe a partir de situacións significativas.

– Identificar os atributos e calidades dos obxectos establecendo relacións de agrupamento, clasificación, comparación, seriación, secuenciación, orde, medición e cuantificación.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 65: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

65 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Avanzar no coñecemento da serie numérica e na realización das súas grafías, iniciándose no concepto de cantidade, na expresión matemática e en operacións aritméticas.

– Identificar e recoñecer algunhas formas xeométricas planas, discriminando estas formas entre outras figuras.

2.2- ContidosBloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida

– Propiedades dos obxectos: a cor, a forma, a textura, a medida, a dureza e a temperatura.

– As cores primarias e secundarias.

– Descubrimento das cores secundarias a partir das primarias.

– Nocións básicas de medida: grande-mediano-pequeno, o máis grande-o máis pequeno, longo-curto, alto-baixo, o máis alto-o máis baixo, groso-delgado, lixeiro-pesado…

– Nocións de orientación espacial: dentro-fóra, arriba-abaixo, diante-detrás, preto-lonxe, dereita, arredor, sobre-baixo, entre, un lado-outro lado…

– Formas planas: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo e rombo.

– Cuantificadores básicos: moitos-poucos, máis ca-menos ca, cheo-baleiro, metade, enteiro, un, varios, ningún, tantos coma…

– Uso axeitado dos cuantificadores aprendidos.

– Nocións básicas de medida: peso.

– Serie numérica: cardinais 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

– Ordinais do 1º ao 6º.

– Uso da serie numérica para contar elementos.

– Control da direccionalidade das grafías dos seis primeiros cardinais.

– Series crecentes e decrecentes de números.

– Composición e descomposición de números.

– Os signos matemáticos.

– Construción da serie numérica por adición da unidade.

– Iniciación na comprensión da operación suma.

– Observación, comparación e agrupación de obxectos pola súa forma, cor ou tamaño.

– Comparación de coleccións de obxectos segundo diferentes criterios cuantitativos.

– Identificación do atributo que define unha colección.

– Resolución de problemas matemáticos sinxelos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 66: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

66 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Situación e colocación de si mesmo/a e dos obxectos segundo diversas nocións espaciais.

– Situación e desprazamentos polo espazo segundo diferentes nocións espaciais.

– Estimación intuitiva da duración dalgunhas rutinas cotiás.

– Identificación dalgunhas figuras planas.

– Discriminación de formas, tamaños, cantidades, situacións espaciais, cores…, mediante a realización de xogos interactivos no ordenador.

– Observación, exploración e manipulación de diferentes obxectos.

– Valoración da importancia das formas de representación matemática na resolución de problemas da vida cotiá.

– Desexos de coñecer algúns obxectos e recursos tecnolóxicos habituais nas actividades cotiás.

Bloque 2.- Achegamento á natureza

– Estacións do ano.

– Plantas, froitas, fenómenos atmosféricos e obxectos de uso específico relacionados co clima.

– Experiencias e inventos.

– Universo: astros do ceo.

– Algunhas características físicas e funcionais dos animais.

– Algúns animais domésticos e salvaxes.

– Identificación e diferenciación dos animais segundo o medio no que se desenvolven.

– Relación de utilidade entre os seres vivos e o home.

– A vida das plantas.

– Identificación dalgunhas plantas do medio e a súa utilidade.

– Observación da relación de utilidade entre o home e os animais e plantas.

– Identificación dos coidados que necesitan as plantas.

– Coidado e respecto polos animais e plantas.

– Outros elementos do medio natural: terra, auga, aire.

– Alimentos e produtos de orixe animal e vexetal.

– A reciclaxe.

– A contaminación atmosférica.

– Formulación de conxecturas sobre as causas e consecuencias dalgúns fenómenos atmosféricos.

– Valoración da importancia da realización de actividades en contacto coa natureza para a saúde e o benestar.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 67: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

67 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desexos de manter un medio limpo, coidado e protexido.

– Coidado da auga como ben escaso.

– Nocións básicas de orientación temporal: día-noite, antes-despois, fin de semana…

Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade– A clase: dependencias, obxectos e elementos persoais.

– A familia: membros, parentesco, funcións e ocupacións.

– Tipos de estrutura familiar.

– Descrición da súa familia e identificación do parentesco entre os seus membros.

– Observación dirixida de diferentes tipos de vivendas.

– A vivenda: dependencias, características e obxectos. Tipos.

– Vivendas doutras épocas.

– Algunhas normas de comportamento na casa e na clase.

– Alimentos doutros países do mundo.

– Ámbitos inmediatos do medio: a rúa e a veciñanza.

– Elementos e obxectos da paisaxe urbana: prazas, edificios, xardíns, calzadas, beirarrúas, semáforos…

– Algunhas normas de seguridade viaria.

– Profesións: policía de tráfico, profesor/a, carteiro/a, vendedor/a, agricultor/a, xardineiro/a, albanel, piloto, pescador/a, bombeiro/a, médico/a, oculista, dentista, pintor/a, artista…

– Observación, exploración e manipulación de obxectos relacionados coas diferentes profesións.

– Xogos e xoguetes.

– Algúns obxectos e recursos tecnolóxicos: ordenador, reprodutores musicais, cámara fotográfica, encerado dixital, canón proxector, televisión, DVD, videoxogos…

– Algúns medios de comunicación e información.

– Medios de transporte e medios físicos.

– Identificación e recoñecemento da utilidade dos servizos que nos proporcionan os medios de transporte.

– Lugares relacionados co consumo, coa diversión e co lecer.

– Mercados doutros lugares do mundo.

– Paisaxes e lugares do mundo.

– Nocións básicas de xeografía e historia.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 68: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

68 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Festas e celebracións do ano.

– Outros pobos, outras culturas.

– Observación dos cambios que se producen no medio e na forma de organización da vida das persoas en relación co clima.

– Discriminación e rexeitamento daqueles xogos e xoguetes que impliquen loita, violencia e perigo.

– Coñecemento e cumprimento das normas elementais de educación viaria.

– Percepción das formas sociais do tempo.

– Observación guiada dos elementos da paisaxe urbana, das súas funcións e da súa utilidade.

– Coñecemento dos diversos servizos relacionados co consumo, coa diversión e co lecer que hai no medio próximo.

– Interese por desenvolverse de forma progresivamente autónoma na casa e na clase.

– Interese por establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenos e con nenas doutras culturas.

– Actitude de colaboración, axuda e tolerancia cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

2.3- Competencias Competencia en comunicación lingüística– Describir persoas, obxectos e situacións.

– Interpretar imaxes en voz alta.

– Utilizar e valorar a lingua oral para relatar feitos, para explorar coñecementos e aprender, para expresar e comunicar ideas e sentimentos, para establecer relacións cos demais e para regular a propia conduta e a dos demais.

Competencia matemática– Iniciarse na construción do pensamento lóxico e utilizalo para resolver

problemas sinxelos que na aula se lle presenten de maneira guiada e na sociedade de forma natural.

– Construír de forma coherente as habilidades matemáticas e empregalas de forma automática.

– Empregar o coñecemento das formas e das figuras xeométricas para describir e resolver situacións cotiás que o requiran.

– Manipular obxectos e descubrir as súas calidades.

– Discriminar algunhas cores.

– Establecer relacións sinxelas entre os obxectos.

– Realizar pequenas clasificacións atendendo a criterios sinxelos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 69: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

69 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer os seis primeiros elementos da serie numérica.

– Contar obxectos.

– Ordenar obxectos e numeralos.

– Iniciarse en operacións básicas da suma como adición.

Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico– Ampliar o coñecemento do mundo que o rodea a través da interacción coas

persoas, da manipulación dos obxectos e da exploración.

– Coñecer o nome e as calidades de persoas, obxectos, medios naturais e sociais para utilizalos en novas aprendizaxes e para interpretar a realidade.

– Percibir o seu medio físico, algúns dos cambios que nel se producen coa chegada das diferentes estacións.

– Comezar a empregar a observación, a manipulación e a exploración para coñecer mellor os seres vivos do medio que o rodea.

– Resolver problemas, na medida das súas posibilidades, interactuando co medio próximo.

– Coñecer algúns dos efectos que produce a súa actuación no medio.

– Actuar con respecto cara ás plantas, animais, obxectos…

– Orientarse nos espazos onde desenvolve a súa actividade cotiá na escola e no fogar.

– Identificar e definir algúns membros dos primeiros grupos sociais, algúns profesionais, algúns elementos urbanos e naturais, algúns medios de comunicación e transporte e algunhas manifestacións culturais.

Tratamento da información e competencia dixital– Utilizar, de maneira guiada, algúns xogos educativos de ordenador.

– Realizar tarefas en grupo co ordenador.

– Empezar a aproveitar a información facilitada polas novas tecnoloxías.

Competencia social e cidadá– Establecer vínculos e relacións construtivas cos compañeiros e coas

compañeiras.

– Saber convivir e respectar os demais.

– Participar na elaboración do xogo e respectar as normas.

– Compartir actividades con persoas doutras culturas.

– Tolerar as opinións dos seus compañeiros e das súas compañeiras, aceptando que os demais teñen os seus propios puntos de vista.

– Comezar a desenvolver as habilidades necesarias para traballar en grupo.

– Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos diferentes contextos nos que se desenvolve.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 70: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

70 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Aceptar normas de convivencia.

– Ser quen de aceptar as diferenzas, as culturas, as crenzas, as características persoais… dos seus compañeiros e compañeiras.

– Manifestar afecto polos demais e aceptar as manifestacións de cariño das persoas que o rodean.

– Relacionarse dunha forma positiva e comprometida cos outros e actuar de maneira natural e sen inhibicións.

– Interesarse polos pequenos problemas que se lles presentan aos seus compañeiros e compañeiras.

– Contribuír, desde o respecto, a unha convivencia axeitada en situacións de xogo.

– Adaptarse á rutina da vida escolar.

– Desenvolver habilidades sociais que lle permitan relacionarse, convivir cos demais, cooperar e traballar en equipo: respecto polas ideas dos outros, capacidade de diálogo e traballo cooperativo, poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos outros…

Competencia cultural e artística– Saber apreciar e valorar as producións plásticas dos seus compañeiros e

compañeiras.

– Nas actividades plásticas realizadas en grupo, tomar conciencia da responsabilidade individual para a consecución dun resultado final e da importancia de apoiar e apreciar as contribucións dos outros membros do equipo da súa mesa.

– Coñecer algunhas manifestacións culturais e artísticas do seu medio.

– Representar graficamente o medio.

Competencia para aprender a aprender– Traballar en grupo.

– Saber aplicar o que aprende para desenvolverse na vida cotiá.

– Establecer sinxelas relacións causa-efecto en función das consecuencias.

– Utilizar a observación, a exploración e a manipulación para comprender mellor o mundo que o rodea.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Desenvolver habilidades sociais: respecto polas opinións e necesidades dos

demais, capacidade de diálogo e de traballo cooperativo, tolerancia…

2.4- Criterios de avaliación – Identificar algúns cambios que se producen no medio e que están

relacionados co clima.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 71: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

71 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Ser progresivamente autónomos no ámbito escolar e familiar.

– Coñecer a súa vivenda.

– Coñecer algunhas características de animais próximos a eles.

– Coñecer algúns inventos.

– Identificar profesións do seu medio próximo.

– Iniciarse no coñecemento dalgúns medios de transporte e dalgúns medios de comunicación e información.

– Descubrir lugares de lecer e diversión.

– Coñecer algúns sinais de identidade doutras culturas presentes no seu medio e doutros tempos.

– Coñecer algunhas normas de seguridade viaria.

– Coñecer aspectos básicos do Universo.

– Comportarse adecuadamente nos diferentes contextos nos que se desenvolve: colexio, familia, veciñanza, lugares de lecer e diversión, medios de transporte…

– Resolver as situacións conflitivas que se presentan mediante o diálogo.

– Coñecer tradicións e festas populares da súa localidade.

– Observar, explorar e manipular diferentes obxectos.

– Avanzar no coñecemento da serie numérica.

– Controlar a direccionalidade das grafías dos números.

– Adquirir nocións temporais e espaciais básicas.

– Coñecer algunhas propiedades dos obxectos.

– Recoñecer e distinguir o círculo, o cadrado, o triángulo, o rectángulo e o rombo.

– Utilizar cuantificadores básicos.

– Comparar e agrupar obxectos pola súa forma, cor, tamaño e textura.

– Utilizar a serie numérica para contar elementos.

– Realizar sumas sinxelas.

– Compoñer e descompoñer números.

– Coñecer as cores primarias e a gama de cores secundarias.

3. Linguaxes: comunicación e representación

3.1- Obxectivos– Utilizar a lingua como instrumento de comunicación, de representación,

aprendizaxe e gozo, de expresión de ideas e sentimentos, e valorar a lingua oral como un medio de relación cos demais e de regulación da convivencia.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 72: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

72 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Comprender as intencións e as mensaxes doutros nenos e dos adultos e amosar unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia coma estranxeira.

– Expresarse cun léxico preciso e axeitado con pronuncia clara e entoación correcta, respectando as normas que rexen o intercambio lingüístico e adaptando a linguaxe ás diversas situacións para comprender e ser comprendido.

– Reforzar o significado das súas mensaxes mediante o uso de sinais extralingüísticos con significación para o neno e para a nena.

– Amosar interese pola linguaxe escrita, explorando o seu funcionamento, valorándoo como instrumento de comunicación, información e gozo.

– Iniciarse na escritura de palabras e frases significativas aplicando unha correcta dirección no trazo, collendo adecuadamente o útil gráfico e adoptando unha posición correcta.

– Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles.

– Coñecer algúns autores literarios e as súas obras.

– Iniciarse no coñecemento e uso dalgunhas palabras básicas en lingua estranxeira relacionadas coas rutinas da vida cotiá e coas actividades que se realizan dentro da aula.

– Mellorar a súa expresión oral aumentando progresivamente o seu vocabulario e construíndo frases cunha estruturación gradualmente correcta.

– Iniciarse nos usos sociais da lectura e da escritura valorándoas como instrumentos de comunicación, información e gozo.

– Iniciarse na lectura interpretando, reconstruíndo e ordenando imaxes e os demais instrumentos da lingua escrita.

– Favorecer a habilidade lectora, recoñecendo progresivamente as letras como compoñentes das palabras máis significativas do seu medio.

– Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algún instrumento tecnolóxico (ordenador, televisión, cámara fotográfica, DVD, reprodutores musicais, videoxogos…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente.

– Utilizar o ordenador para acceder ao uso da linguaxe multimedia para mellorar ou reforzar habilidades e coñecementos.

– Utilizar as técnicas e os recursos básicos das formas de representación e expresión plástica, musical e corporal para aumentar as súas posibilidades comunicativas e desenvolver a creatividade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 73: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

73 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Iniciarse en novas técnicas da expresión plástica, como a mestura de cores, lembrando as cores aprendidas no nivel anterior, obtendo a partir delas a gama de cores secundarias.

– Aplicar hábitos de hixiene e rutinas no uso do material para o desenvolvemento da expresión plástica que faciliten a consecución da autonomía persoal e a colaboración co grupo social ao que pertencen.

– Achegarse ao coñecemento de obras artísticas de autores universais expresadas en distintas linguaxes.

– Avanzar no coñecemento das posibilidades comunicativas e expresivas que a música lles ofrece, aprendendo a discriminar sons e fragmentos musicais e coñecendo novos instrumentos.

– Comprender que, por medio do corpo, pode expresar as súas emocións, necesidades, sentimentos e desexos, realizando diversos desprazamentos polo espazo experimentando as súas posibilidades expresivas.

– Utilizar instrumentos e técnicas propias da linguaxe musical.

– Participar e entusiasmarse coas audicións de cancións e coas dramatizacións que realizan na clase, sendo progresivamente creativos e mostrando iniciativa.

3.2- ContidosBloque 1.- Linguaxe verbal*Escoitar, falar e conversar– Vocabulario relacionado coas distintas unidades.

– Necesidade da comunicación.

– A linguaxe oral como medio de comunicación e expresión cos outros.

– Situacións de comunicación e expresión.

– Descricións.

– Os diminutivos.

– Familia de palabras.

– Algunhas normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Algunhas normas socialmente establecidas para solicitar e para saudar e despedirse.

– Uso correcto das formas socialmente establecidas para solicitar, saudar e despedirse.

– Produción de mensaxes sinxelas cunha pronuncia e estruturación progresivamente máis clara.

– Relato de situacións cotiás procurando seguir unha orde temporal.

– Respecto cara ás opinións e ideas que expresan os seus compañeiros e compañeiras.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 74: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

74 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Comprensión das intencións comunicativas dos demais en diferentes situacións e actividades.

– Elaboración de frases afirmativas, negativas e interrogativas.

– Reprodución de textos sinxelos.

– Primeiros usos do número, do xénero e do verbo.

– Audición, comprensión e interpretación dos contos e narracións lidos polo profesor ou pola profesora.

– Aquelas palabras e expresións dunha lingua estranxeira que, estando relacionadas cos contidos da unidade, se poidan introducir.

– Posibilidade de utilización dalgunhas palabras básicas aprendidas en lingua estranxeira nas actividades que se realizan na aula.

– Actitude positiva cara á lingua estranxeira.

*Aproximación á lingua escrita

– Lectura de pictogramas.

– A lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo.

– Instrumentos e elementos da lingua escrita: imaxes, etiquetas, fotografías, símbolos, carteis, anuncios…

– Trazos rectos e as súas combinacións.

– Trazos curvos e as súas combinacións.

– Trazos espirais e bucles.

– Iniciación ao ditado.

– Iniciación á lectura.

– Desenvolvemento das habilidades grafomotrices na linguaxe escrita: direccionalidade.

– Iniciación no uso da escritura para cumprir finalidades reais.

– Valoración da importancia do respecto ás normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Interese por interpretar os diversos instrumentos e elementos da lingua escrita.

*Achegamento á literatura

– Contos das unidades.

– Memorización e recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten.

– Utilización da biblioteca con respecto e coidado e como recurso informativo, de entretemento e gozo.

– Participación creativa en xogos lingüísticos para divertirse e para aprender.

– Gozo nas audicións de contos, poesías, cancións…

Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 75: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

75 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Técnicas da expresión plástica.

– Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas.

– Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica.

– Desexos de aprender técnicas plásticas novas.

– Os materiais da expresión plástica: ceras, plastilina…

– Diferenciación, percepción e utilización das diferentes cores nas súas elaboracións plásticas.

– Visualización dalgunhas obras de arte.

– Esforzo por comprender as mensaxes que lle comunican os demais.

– Esforzo por empregar os materiais da expresión plástica correctamente.

– Cancións da unidade. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e á letra das cancións.

– Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos.

– Ritmo e música.

– Ruído-silencio-música.

– Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria: os sons do corpo, dos xoguetes, dos instrumentos musicais, dos fenómenos atmosféricos, dalgúns obxectos…

– Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre.

– Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos.

– Pracer coa audición e interpretación de cancións.

– Danzas sinxelas.

– Dramatizacións sinxelas.

– Posibilidades expresivas do corpo.

– A expresión corporal de sentimentos e emocións.

– Relaxación global e segmentaria.

– Iniciación ao control do corpo na relaxación.

– Interpretación das mensaxes corporais expresadas polos seus compañeiros e compañeiras.

– Actitude participativa nas interpretacións dramáticas que realizan na clase.

– Interpretación e dramatización xestual de cancións.

– Artistas universais.

– Produción de obras plásticas, musicais e dramáticas que desenvolvan a creatividade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 76: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

76 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación– Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos.

– Achegamento a diferentes producións audiovisuais (películas, debuxos animados, videoxogos…).

– Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais.

– Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.

3.3- Competencias Competencia en comunicación lingüística– Utilizar de acordo coa idade unha estruturación gramatical correcta, unha

entoación adecuada, unha pronuncia clara e un vocabulario cada vez máis amplo.

– Achegarse ao código escrito e á literatura infantil a través dos contos e relatos.

– Apoiarse no xesto e no movemento mediante a linguaxe corporal para desenvolver a comprensión e a expresión.

– Observar e describir debuxos, láminas, fotografías, carteis, pictogramas…

– Utilizar a nivel oral, en situacións cotiás, as formas xenuínas da lingua: sons de vogais abertas e pechadas, formas do plural, preposicións, adverbios…

– Comprender a información dos contos lidos polos adultos.

– Iniciarse na comprensión da información visual de viñetas, ilustracións dos contos, fotografías, pictogramas, imaxes de arquivos informáticos, diapositivas…

– Empezar a coñecer e a utilizar as regras básicas do funcionamento da lingua.

– Utilizar as destrezas necesarias para iniciarse na escritura e na lectura.

– Identificar letras, sílabas e fonemas.

– Utilizar estratexias diversas para comprender o que os demais din: atender ao ton da voz, á entoación, ás pausas, aos xestos…

– Memorizar e recitar pequenas poesías, refráns, trabalinguas e cancións.

Competencia matemática– Iniciarse na utilización da linguaxe matemática para expresar ideas.

Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico– Iniciarse na comprensión dos sucesos que acontecen no medio sendo capaces de

predicir progresivamente algunhas consecuencias.

Tratamento da información e competencia dixital– Adquirir os coñecementos, as habilidades e as destrezas básicas necesarios

para a utilización do ordenador dispoñible na aula, no centro ou na casa.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 77: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

77 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Empezar a interpretar mensaxes, textos e relatos orais producidos polos medios audiovisuais.

– Manexar os diferentes movementos do rato: mover, arrastrar, facer clic, dobre clic, uso do botón dereito, roda…

– Coñecer os elementos e periféricos do ordenador: monitor, teclado, rato…

– Abrir e pechar programas.

– Utilizar mecanismos de acceso ao ordenador como acender e apagar, imprimir…

– Distinguir progresivamente a realidade e a representación audiovisual.

– Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas de coñecementos previos.

– Comunicar a información e os coñecementos adquiridos mediante diferentes recursos e técnicas.

– Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes.

Competencia social e cidadá– Saber escoitar os seus compañeiros e compañeiras e os adultos.

– Resolver os pequenos problemas que se lle presentan na súa vida cotiá utilizando o diálogo.

Competencia cultural e artística– Comprender e representar imaxes con distintos materiais plásticos.

– Utilizar o corpo como un elemento expresivo máis.

– Coñecer algunhas obras artísticas e culturais do seu medio.

– Utilizar o canto asociado ou non ao movemento.

– Desenvolver a imaxinación, a creatividade, a iniciativa persoal, a sensibilidade e o sentido estético.

– Seguir diferentes ritmos.

– Participar en movementos e danzas.

– Escoitar obras musicais.

– Utilizar o son e o silencio como formas de expresión.

– Comezar a desenvolver destrezas e habilidades para saber percibir e comprender producións artísticas e culturais.

– Comprender e representar imaxes con diferentes materiais plásticos.

Competencia para aprender a aprender– Basearse no que xa sabe para aprender cousas novas.

– Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas previos de coñecemento.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 78: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

78 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Ser quen de analizar, razoar e comunicar progresivamente as súas ideas de forma adaptada á idade.

– Aprender a aprender gozando.

– Utilizar os recursos e materiais de forma axeitada.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Expresar as propias emocións e as dos outros.

3.4- Criterios de avaliación – Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos…, mediante a lingua

oral e a través doutras linguaxes.

– Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

– Amosar actitude positiva cara á lingua estranxeira.

– Ler e interpretar imaxes.

– Coñecer algúns elementos e instrumentos da lingua escrita.

– Utilizar correctamente as normas socialmente establecidas para saudar e despedirse.

– Elaborar frases afirmativas, negativas e interrogativas.

– Realizar trazos correctamente.

– Iniciarse no ditado.

– Mellorar a direccionalidade na linguaxe escrita.

– Amosar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas…, lidos na clase.

– Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos.

– Expresarse e comunicarse utilizando medios e técnicas propios da linguaxe audiovisual e das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

– Utilizar as técnicas e recursos da expresión plástica, corporal e musical.

– Iniciarse en novas técnicas de expresión plástica.

– Coñecer algúns autores e artistas universais.

– Discriminar diferentes sons.

– Coñecer algúns instrumentos musicais.

– Expresar co seu corpo emocións, necesidades e sentimentos.

– Interpretar cancións en lingua propia e estranxeira.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 79: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

79 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Iniciarsenarelaxación.

4. Metodoloxía pedagóxica– Observación das láminas motivadoras das unidades para introducir os centros

de interese e algúns contidos que se van traballar.

– Formulación de preguntas aos nenos e ás nenas para coñecer os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver.

– Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos.

– Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…).

– Audición, dramatización e aprendizaxe das cancións das unidades.

– Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto.

– Utilización das unidades “Para traballar un pouco máis” e do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar os contidos traballados.

– Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia mediante diferentes recursos: titorías, fichas para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia…

– Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os gorros do tempo do material da aula.

– Discriminación das cores aprendidas en obxectos e elementos da clase a través de xogos.

– Identificación dalgúns segmentos e elementos do corpo en si mesmo/a e no mural do corpo e mediante xogos do material da aula.

– Aplicación dos hábitos de hixiene, alimentación, descanso, coidado da saúde e seguridade persoal aprendidos en situacións da vida real.

– Exploración e utilización de materiais e útiles da expresión plástica.

– Creación de situacións na aula que potencien o desenvolvemento da linguaxe oral (preguntas do docente, adorno da clase, asembleas, actividades en grupo, relato de vivencias…).

– Iniciación no desenvolvemento de actitudes de respecto e tolerancia cara ás persoas do seu medio próximo mediante explicacións e diálogos.

– Ambientación da aula co mural da árbore e cos traballos realizados polos nenos e polas nenas nas plásticas relacionados coas diferentes estacións e festas da súa comunidade.

– Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos e dos cambios producidos no medio coa chegada das diferentes estacións mediante saídas ao exterior, visualización de documentais, de revistas, fotografías…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 80: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

80 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Utilización do despregable dos números do material da aula para identificar e aprender os números traballados.

– Exercitación da memoria mediante pequenas rimas.

– Manipulación progresivamente autónoma dos libros do recuncho da linguaxe oral.

– Mellora na coordinación dinámica xeral e óculo-manual a través da realización das actividades psicomotrices e plásticas das unidades.

– Identificación de diferentes accións utilizando os pictogramas e os rótulos de accións do material da aula.

– Relato da idea global dos contos coas propias palabras do neno e da nena.

– Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma, á cor, á situación espacial, ao tamaño, ás propiedades e aos cuantificadores.

– Realización de xogos de ordenador para potenciar a observación, a memoria, a atención e a concentración.

– Desenvolvemento do razoamento lóxico mediante a realización de series sinxelas e outras actividades co material do alumno e co material de aula.

– Realización de debuxos como medio de expresión e aprendizaxe.

– Emprego das palabras e expresións aprendidas en inglés nas actividades cotiás.

– Ampliación do vocabulario e mellora da expresión oral mediante o uso das tarxetas de accións e lugares, pictogramas, nexos, fotografías, cartolinas de imaxes e tarxetas de vocabulario.

– Desenvolvemento da coordinación viso-manual a través dos xogos do material da aula: quebracabezas, parellas de opostos, encaixables de figuras e números…

– Realización de pequenos experimentos para introducilos no mundo científico e comprobar algunhas das explicacións dadas polo docente.

– Planificación de saídas con diferentes finalidades.

___________________________________________

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 81: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

81 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

NIVEL DE 5 ANOS

1. Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal

1.1- Obxectivos– Construír a súa propia identidade e ir formándose unha imaxe positiva e

axustada de si mesmo/a coñecendo e explorando o seu corpo, identificando os seus segmentos e elementos, sendo capaz de valorar as súas capacidades e aceptar as súas limitacións.

– Descubrir e utilizar as propias posibilidades motrices, sensitivas e expresivas, adoptando posturas e actitudes axeitadas ás diversas actividades que desenvolve na súa vida cotiá, nas súas actividades lúdicas e de expresión.

– Distinguir semellanzas e diferenzas entre as características e calidades do seu propio corpo e o dos demais, aceptándoas, valorándoas e evitando calquera actitude discriminatoria por razón destas diferenzas.

– Coñecer e identificar a existencia doutras persoas dentro do noso medio e fóra del pertencentes a outras razas que posúen diversos trazos físicos e que teñen distintas formas de vida, hábitos e algúns costumes diferentes aos nosos, respectando a diversidade e exercitándose na resolución pacífica dos conflitos.

– Aumentar o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa na resolución de problemas da vida cotiá sendo capaz de planificar e secuenciar a propia acción para resolvelos.

– Desenvolver progresivamente a lateralidade do seu propio corpo, sendo capaz de interpretar nocións direccionais con el.

– Desenvolver actitudes e hábitos sociais para a convivencia como o respecto, o diálogo, a axuda, a negociación e a colaboración.

– Desenvolver estratexias para satisfacer autonomamente as súas necesidades básicas de afecto, de individualización, físicas, de xogo, de exploración e de relación, manifestando satisfacción polos logros acadados.

– Continuar a adquisición de hábitos relacionados coa hixiene, coa alimentación, co coidado da saúde, co benestar persoal, coa organización, coa constancia, coa atención, coa iniciativa e co esforzo.

– Descubrir as posibilidades motrices e posturais do seu corpo, progresando na coordinación e no control, desenvolvendo a súa percepción sensorial, as habilidades manipulativas, as estruturas fonadoras e a coordinación visual.

– Adquirir coordinación e control dinámico no xogo, na execución de tarefas da vida cotiá e nas actividades nas que teña que utilizar obxectos con precisión, de acordo co seu desenvolvemento evolutivo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 82: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

82 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer os sentidos, a súa localización e a súa función na percepción, sendo capaz de identificar as diversas sensacións corporais.

– Identificar os sentimentos, emocións, desexos e necesidades propias e os dos demais, desenvolvendo unha actitude comunicativa.

– Controlar a situación espacial de si mesmo/a e dos obxectos respecto a diferentes nocións espaciais.

– Afianzar nocións de orientación temporal mediante a identificación de vivencias persoais da actividade cotiá.

– Participar e contribuír, dentro das súas posibilidades, no mantemento da orde e da limpeza da súa clase, da súa casa, do medio próximo, etc., colaborando e buscando axuda se fose necesario.

1.2- ContidosBloque 1.- O corpo e a propia imaxe– Segmentos e elementos do corpo.

– Características diferenciais.

– Articulacións do corpo.

– Partes internas do corpo: corazón, pulmóns, ósos, estómago, cerebro…

– Lado esquerdo e lado dereito do corpo.

– Sentidos do tacto, do gusto, do olfacto, do oído e da vista. Funcións.

– Utilización dos sentidos para percibir propiedades e sensacións que producen os obxectos.

– Sensacións e percepcións.

– Sentimentos e emocións propios e dos demais.

– Algunhas emocións: tolerancia, vergonza, decepción, amizade, xenerosidade, respecto, alegría, envexa, enfado…

– Identificación, expresión e manifestación de sentimentos, necesidades, desexos propios e dos demais.

– Nocións básicas de orientación espacial: dereita-esquerda.

– Nocións básicas de orientación temporal: pola mañá-pola noite, onte, hoxe, mañá, antes, despois, fin de semana, a hora do bocadillo…

– Identificación global e segmentaria das características e calidades do propio corpo, así como as semellanzas e diferenzas cos outros.

– Aceptación das características e identidade dos demais.

– Identificación e control das necesidades básicas.

– Desenvolvemento da discriminación auditiva.

– Desexos de afondar no coñecemento das súas características persoais e dos segmentos corporais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 83: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

83 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Bloque 2.- Xogo e movemento– Coordinación viso-manual.

– Nocións de direccionalidade con respecto ao corpo.

– Movementos e posturas do corpo e a súa relación cos segmentos corporais.

– Posibilidades motrices e posturais.

– Relaxación.

– Movementos combinados e movementos bilaterais asimétricos e alternos.

– Reprodución de posturas co corpo.

– Control e precisión no uso de utensilios e obxectos.

– Exploración das posibilidades e limitacións posturais e motrices do propio corpo.

– Experimentación da noción dereita e esquerda en relación co propio corpo.

– Descrición da situación espacial dos obxectos e do propio corpo respecto a diferentes nocións.

– Esforzo por realizar movementos máis complicados co seu corpo.

– Coordinación e control corporal nas actividades lúdicas que impliquen movemento global ou segmentario e adquisición de habilidades motrices novas.

– Gusto polo xogo.

Bloque 3.- A actividade cotiá– Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo.

– Desenvolvemento de hábitos elementais de organización, atención, constancia, iniciativa e esforzo nas distintas actividades.

– As distintas actividades cotiás: de xogo, tarefas, rutinas… Requirimentos.

– O traballo en equipo.

– Adecuación do comportamento ás diversas situacións da actividade cotiá, ás necesidades e demandas dos demais.

– Percepción temporal das rutinas cotiás.

– Orientación espacial e temporal nos lugares coñecidos.

– Actitude non discriminatoria ante os seus compañeiros e compañeiras.

– Aceptar, comprender, tolerar e respectar as persoas pertencentes a diferentes razas e formas de vida.

– Interese por coñecer os sentimentos e emocións dos demais.

Bloque 4.- O coidado persoal e a saúde– Limpeza e orde na clase, no colexio, no medio…

– Hábitos de hixiene e de alimentación, e a súa relación coa saúde e co benestar persoal.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 84: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

84 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Adquisición e desenvolvemento de hábitos de hixiene, alimentación e seguridade persoal.

– Utilización correcta dos útiles relacionados coa alimentación e coa hixiene.

– Progresiva adopción de comportamentos de prevención e seguridade en situacións habituais.

– Coidado e precaución ante situacións que poidan resultar perigosas.

– Gusto por manter a súa clase e a súa casa limpas e coidadas.

– Alegría polo progreso na súa autonomía persoal.

– Accións que favorecen a saúde: actividade física e deporte.

1.3- Competencias

Competencia en comunicación lingüística– Escoitar e respectar as opinións dos compañeiros e das compañeiras.

– Dialogar sobre acontecementos relacionados coa vida cotiá.

– Expresar en voz alta desexos, gustos, intereses, preferencias e necesidades.

– Recrear na aula situacións da vida cotiá.

– Expresar diferentes emocións: alegría, tristeza, enfado, coraxe, entusiasmo, pracer…

Competencia matemática– Comezar a aplicar operacións matemáticas para resolver problemas cotiáns

amosando seguridade e confianza nas capacidades propias.

– Comezar a situarse espacial e temporalmente.

– Situar no tempo as actividades cotiás.

– Situarse e seguir itinerarios na acción e no plano.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Realizar as tarefas con seguridade e confianza.

– Previr riscos e perigos.

– Desenvolver a capacidade para lograr unha vida saudable nun medio limpo e coidado.

– Participar nos procesos colectivos que busquen manter a aula e os materiais limpos e ordenados, igual ca os corredores e recreos do centro, a casa, a rúa…

Tratamento da información e competencia dixital– Respectar o tempo de uso das novas tecnoloxías.

– Dominar sinxelos xogos interactivos de ordenador.

– Utilizar as tecnoloxías de maneira responsable e segura.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 85: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

85 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Competencia social e cidadá– Saber relacionarse.

– Coidar a saúde.

– Desenvolver actitudes de responsabilidade e de respecto cara aos compañeiros e compañeiras e cara a si mesmo/a.

– Coñecerse a si mesmo/a amosando unha actitude positiva ante a vida e intentado previr os pequenos problemas da vida cotiá.

– Rexeitar a desigualdade valorando, pouco a pouco, a diversidade como medio para o enriquecemento persoal e social.

– Comezar a compartir, colaborar, escoitar, prestar axuda, pedir axuda, participar, tolerar e aceptar as diferenzas.

– Aceptar que non sempre pode ter ou facer o que quere.

Competencia cultural e artística– Comezar a utilizar diferentes medios de expresión musical, plástica, corporal,

visual…, para expresar ideas, sentimentos, desexos, preferencias, necesidades, emocións e intereses.

Competencia para aprender a aprender– Resolver con progresiva autonomía os pequenos problemas que se lle

presentan na súa vida cotiá.

– Sentir o desexo e a curiosidade por aprender.

– Empezar a coñecer as súas posibilidades e limitacións aprendendo a esforzarse e a superarse.

– Saberlles pedir axuda aos seus compañeiros e compañeiras e aos adultos sempre que o necesite.

– Desenvolver estratexias para favorecer o desenvolvemento da atención, da concentración, da memorización e da resolución de problemas.

– Comezar a respectar normas básicas sobre o traballo.

– Superar as súas propias limitacións.

– Identificar as emocións propias e ser quen de comprender as dos demais.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Ser responsables coas pequenas decisións que toma.

– Ser cada vez máis responsable, perseverante, autocrítico, con iniciativa persoal, creativo…

– Empezar a buscar solucións para os pequenos problemas que se lle presentan na súa vida cotiá.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 86: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

86 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Desenvolverse adecuadamente con autonomía progresiva e iniciativa persoal nos diferentes ámbitos da vida.

– Concluír as rutinas persoais de alimentación, vestido, aseo e descanso con maior eficacia e “sós”.

– Ir coñecéndose progresivamente a si mesmo/a.

– Continuar desenvolvendo a autoestima e a confianza en si mesmo/a.

– Mostrarse seguro da súa propia eficacia á hora de manexar útiles.

– Mostrar seguridade na realización de actividades.

– Prestar e manter a atención.

– Abordar novas tarefas e iniciativas asumindo certos riscos que é capaz de controlar.

– Aprender a esforzarse máis cando non conseguiu algo que podería lograr cun pouco máis de empeño.

– Desenvolver valores persoais como a autoestima.

– Confiar en si mesmo/a.

1.4- Criterios de avaliación– Coñecer as características diferenciais do seu propio corpo.

– Coñecer as articulacións e algunhas partes internas do seu corpo.

– Valorar, respectar e aceptar as diferenzas.

– Identificar o lado dereito e esquerdo do seu corpo.

– Discriminar as funcións dos sentidos do gusto, do tacto, do oído, da vista e do olfacto.

– Desenvolver estratexias para satisfacer as súas necesidades básicas.

– Contribuír no mantemento da orde e limpeza da clase e do colexio.

– Progresar nas súas habilidades motrices de carácter fino.

– Afianzar as nocións espazo-temporais aprendidas.

– Desenvolver hábitos de alimentación, saúde, hixiene e coidado persoal adecuados.

– Realizar con autonomía adecuada á idade as actividades relacionadas coa hixiene, coa alimentación e co vestido.

– Adquirir unha imaxe axustada e positiva de si mesmo/a.

– Identificar e controlar de maneira adecuada á idade sentimentos e emocións.

– Comprender a importancia dunha correcta alimentación, do exercicio ao aire libre e do deporte para o coidado da saúde.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 87: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

87 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

2. Coñecemento do medio (Medio físico, natural, social e cultural)

2.1- Obxectivos– Adquirir, a través da relación cos demais, unha progresiva autonomía persoal

actuando de forma cada vez máis autónoma nas súas actividades habituais, adquirindo seguridade afectiva e emocional para desenvolver as súas capacidades de iniciativa e autoconfianza.

– Relacionarse cos demais e aprender pautas elementais de convivencia respectando a diversidade e desenvolvendo actitudes de amizade, respecto, aprecio, axuda e colaboración e valorando a importancia da vida en grupo.

– Observar os cambios que se producen no medio natural coa chegada das diferentes estacións, constatando a influencia do tempo atmosférico na forma de organizar a vida das persoas, e observando e manipulando os diversos obxectos relacionados co vestido propios de cada estación.

– Valorar, respectar e coidar o medio natural, intervindo na medida das súas posibilidades no coidado, respecto e responsabilidade na súa conservación: consumo racional, aforro enerxético e de auga, reciclaxe, reutilización…

– Orientarse autonomamente no ámbito escolar e coñecer a organización do colexio, establecendo relacións máis amplas coas persoas que nel están, respectando e valorando o traballo que realizan e as normas de comportamento e organización.

– Aceptar a propia situación familiar, desenvolvendo actitudes de afecto e respecto cara aos membros da súa familia, valorando e asimilando as súas normas de convivencia.

– Coñecer as características da súa vivenda, os seus espazos e funcións, diferenciando os diversos materiais que se empregan para construír unha casa.

– Coñecer e valorar as profesións relacionadas co colexio, coa construción, coa saúde, cos servizos sociais á comunidade, cos medios de transporte, co lecer e co coidado do medio natural, preguntando, interpretando e opinando sobre elas.

– Coñecer as relacións de interdependencia, equilibrio e utilidade que existen entre os seres vivos, valorando a importancia que teñen para a vida e para a conservación do medio.

– Identificar as características morfolóxicas e funcionais dalgúns animais próximos ao seu medio e doutros medios afastados, establecendo relacións entre as características do medio físico e as diferentes formas de vida.

– Adquirir nocións elementais de xeografía e de historia.

– Coñecer outros pobos, outras razas, outras culturas do mundo actuais e doutros tempos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 88: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

88 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Iniciarse no coñecemento do Universo.

– Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, cámara fotográfica, videoxogos, escáner, impresora, encerado dixital, canón proxector…

– Observar e explorar o seu medio inmediato: a rúa, a veciñanza. Os elementos presentes nel, mostrando interese e curiosidade cara aos acontecementos relevantes deste preguntando e opinando sobre eles co fin de desenvolver a súa espontaneidade e orixinalidade.

– Coñecer algunhas das formas máis habituais da organización humana: os medios de transporte e os medios de comunicación e información, valorándoos positivamente.

– Fomentar nos nenos e nas nenas a actitude de compartir os seus xoguetes e xogos, e a aceptación das normas implícitas, desenvolvendo hábitos de convivencia e amizade, e de rexeitamento polos xogos violentos.

– Achegarse a diferentes culturas, valorando e apreciando a pluralidade cultural, coñecendo diferentes formas de vida, distintos costumes, tradicións, festas, linguas…, e participar en manifestacións culturais asociadas aos países nos que se fala a lingua estranxeira.

– Adquirir progresivamente un coñecemento lóxico-matemático, describindo obxectos e situacións, as súas propiedades, as relacións que entre eles se establecen a través da experimentación activa e iniciándose na súa linguaxe.

– Identificar e recoñecer os cardinais desde o 0 ata o 10, controlando a direccionalidade das súas grafías e asociando o número coa cantidade.

– Situarse espacialmente respecto a nocións básicas, identificando estas nocións en si mesmo/a e nos obxectos. Iniciarse na estimación e medida do tempo.

– Utilizar adecuadamente cuantificadores e nocións básicas de medida.

– Identificar as cores primarias e a gama de cores secundarias.

– Coñecer, representar e nomear a partir da observación, descrición, manipulación e xogo, os obxectos da vida cotiá con formas xeométricas planas e de volume.

– Iniciarse no concepto de cantidade, na expresión matemática e nas operacións aritméticas de adición e subtracción.

– Agrupar obxectos polas súas calidades e propiedades e determinar o seu aspecto cuantitativo aplicando o cardinal correspondente.

– Utilizar as formas de representación matemática para resolver problemas da vida cotiá.

– Describir diversas situacións espaciais e as accións que podemos realizar sobre elas, prestando atención ao proceso e aos resultados obtidos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 89: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

89 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

2.2- ContidosBloque 1.- Medio físico: elementos, relacións e medida– Nocións básicas de medida: longo-curto, grande-mediano-pequeno, ancho-

estreito, groso-delgado, pesado-lixeiro, alto-baixo.

– Cuantificadores básicos: cheo-baleiro, case cheo-case baleiro, máis ca-menos ca, tantos coma, un-varios-ningún, enteiro-metade, en medio, dentro-fóra….

– Uso axeitado dos cuantificadores.

– Os corpos no espazo: arredor, entre, diante-detrás, un lado-outro lado, esquerda-dereita, preto-lonxe, xunto-separado…

– Formas planas: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, rombo e óvalo.

– Corpos xeométricos: a esfera e o cubo.

– Identificación dalgunhas formas planas e dalgúns corpos xeométricos.

– Observación, manipulación e comparación de figuras.

– Nocións básicas de orientación temporal.

– Ordinais do 1º ao 10º.

– A serie numérica: os cardinais ata o 10.

– Resolución de problemas da vida cotiá que impliquen repartir.

– Utilización do cardinal para determinar cantidades.

– Composición e descomposición de números.

– Identificación dos números controlando a direccionalidade das súas grafías.

– Construción da serie numérica por adición da unidade.

– Identificación do cardinal anterior a cada un dos xa coñecidos.

– Esforzo e interese por resolver situacións mediante as operacións e os números.

– Iniciación á suma e á resta.

– Relacións entre coleccións de obxectos: correspondencias e series.

– Propiedades dos obxectos: recto-curvo-lineal, suave-áspero, simetría, brando-duro, liso-rugoso, frío-quente, doce-salgado, rápido-lento, aberto-pechado, gama das cores…

– Ordenación, comparación e clasificación de obxectos atendendo ás súas características e propiedades.

– Expresión da situación espacial dos obxectos e de si mesmo/a.

– Establecemento de relacións entre coleccións.

– Ordenación de obxectos segundo diversas leis de seriación.

– Reforzo dalgúns contidos traballados mediante a realización das actividades do CD de xogos dixitais interactivos.

– Gusto por comparar e contar obxectos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 90: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

90 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Interese por descubrir as propiedades dos obxectos.

– Interese por descubrir a medida dos obxectos.

Bloque 2.- Achegamento á natureza– As estacións.

– Fenómenos atmosféricos, plantas características, froitas, vestidos… relacionados co clima.

– Interese por apreciar os cambios que se producen no medio relacionados co clima.

– Animais de diferentes hábitats e de diversos medios. Características morfolóxicas e funcionais.

– Seres vivos e inertes.

– Desenvolvemento da vida das plantas.

– Identificación do coidado que necesitan animais e plantas.

– Recoñecemento das características dalgúns animais e do medio no que viven.

– Observación directa de plantas.

– O papel das persoas na conservación do medio.

– Paisaxes saudables.

– A contaminación.

– A reciclaxe.

– Contribución ao mantemento de ambientes limpos, saudables e non contaminados.

– O Universo e o espazo.

– O sistema solar.

– As fases lunares.

– Os satélites.

– Experimentos sinxelos.

Bloque 3.- Cultura e vida en sociedade– A clase e o colexio: espazos, obxectos e normas de comportamento.

– Familia: membros, parentesco, situación familiar e normas de convivencia.

– Recoñecemento de si mesmo/a como membro da súa familia. Identificación do lugar que ocupa nela.

– Descrición de datos relacionados coa súa propia familia.

– A casa: características internas e externas, espazos, obxectos. Tipos de vivenda.

– Adaptación aos hábitos horarios establecidos na casa.

– Vivendas doutros pobos do mundo e doutras épocas.

– O seu enderezo e teléfono.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 91: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

91 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Participación na elaboración das normas e pautas de comportamento na clase e na casa.

– Utilización adecuada dos obxectos e espazos da casa.

– Normas de seguridade viaria.

– Asimilación das normas de seguridade viaria.

– Elementos do medio e da paisaxe urbana.

– Observación do medio urbano descubrindo os seus elementos e características.

– Lugares, obxectos e accións relacionadas co consumo, coa diversión e co lecer.

– Observación de diversos servizos relacionados co consumo, co lecer e coa diversión.

– Profesións: relacionadas co colexio (profesor/a, director/a, limpador/a, xardineiro/a), co medio (carteiro/a, garda, vendedor/a, varredor/a), cos medios de transportes (piloto, condutor/a, azafato/a, capitán/a de barco, astronauta…), coa diversión e co lecer, cos medios de comunicación (actor/actriz, presentador/a) e cos servizos públicos (enfermeiro/a, padioleiro/a…).

– Coñecemento e valoración das diferentes profesións.

– Valoración e respecto polas diferentes profesións.

– Medios de transporte públicos e privados.

– Outros medios de transporte: globo, ambulancia, nave espacial.

– Discriminación de comportamentos adecuados e inadecuados na utilización dos medios de transporte.

– Os xoguetes. Xogos en compañía.

– Algúns medios de comunicación e información.

– Algúns inventos importantes para o progreso da humanidade.

– Algúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, televisión, DVD, cámara fotográfica, reprodutores musicais, videoxogos, escáner, impresora, encerado dixital, canón proxector…

– Outros pobos do mundo: pobos do deserto, pobos dos polos, pobos de África…

– Algunhas nocións de historia: a Prehistoria, pinturas rupestres, a Idade Media…

– Festas e celebracións do ano.

– Discriminación de comportamentos adecuados e inadecuados nos diferentes contextos.

– Identificación de sensacións asociadas ás calidades dalgúns obxectos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 92: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

92 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Discriminación e rexeitamento de xogos e xoguetes que impliquen violencia ou perigo.

– Actitude de colaboración e axuda cos seus compañeiros/as e cos adultos.

2.3- Competencias

Competencia en comunicación lingüística– Utilizar a lingua oral para evocar e relatar feitos, para explorar coñecementos e

aprender.

– Describir persoas, obxectos e situacións.

– Interpretar imaxes en voz alta.

– Participar en debates destinados a favorecer a convivencia.

– Saber dialogar sobre os diferentes temas relacionados cos seus intereses e formar progresivamente xuízos críticos.

– Describir acontecementos coas súas propias palabras respectando progresivamente a orde cronolóxica.

Competencia matemática– Empregar o coñecemento das formas e das figuras xeométricas para describir

e resolver situacións cotiás que o requiran.

– Manipular obxectos e descubrir as súas calidades.

– Establecer relacións sinxelas entre os obxectos.

– Discriminar as diferentes cores.

– Ordenar obxectos, números, formas e cores atendendo a dous ou máis criterios.

– Resolver problemas xuntando e quitando.

– Identificar e utilizar os números de polo menos un só díxito e asocialos á cantidade.

– Identificar e utilizar os cuantificadores básicos de cantidade, tamaño, espaciais e temporais.

– Recoñecer diferentes signos matemáticos.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Observar o seu medio próximo e interactuar con el.

– Localizar e orientarse en espazos cotiáns.

– Situarse no tempo (onte, hoxe, mañá, un día, unha semana, as estacións) e localizar acontecementos relevantes.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 93: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

93 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Identificar e definir pola súa utilidade os elementos representativos da realidade máis próxima: profesionais, elementos urbanos e naturais, medios de comunicación, animais, transportes, manifestacións culturais…

– Percibir o seu medio físico, algúns dos cambios que nel se producen coa chegada das diferentes estacións.

– Comezar a utilizar a observación, a manipulación e a exploración para coñecer mellor os seres vivos do medio que o rodea.

– Resolver problemas, na medida das súas posibilidades, interactuando co medio próximo.

– Coñecer algúns dos efectos que produce a súa actuación no medio.

– Respectar plantas, animais, obxectos…

Tratamento da información e competencia dixital– Realizar tarefas en grupo co ordenador.

– Utilizar, de maneira guiada, algúns xogos educativos de ordenador.

– Empezar a aproveitar a información facilitada polas novas tecnoloxías.

Competencia social e cidadá– Establecer vínculos e relacións construtivas cos compañeiros e compañeiras.

– Saber convivir e respectar os demais.

– Tolerar as opinións dos seus compañeiros e das súas compañeiras, aceptando que os demais teñen os seus propios puntos de vista.

– Compartir actividades con persoas doutras culturas.

– Comezar a desenvolver as habilidades necesarias para traballar en grupo.

– Desenvolver hábitos de comportamento adecuados e adaptados aos diferentes contextos nos que se desenvolve.

– Aceptar normas de convivencia.

– Ser quen de aceptar as diferenzas, as culturas, as crenzas, as características persoais…, dos seus compañeiros e compañeiras.

– Manifestar afecto polos demais e aceptar as manifestacións de cariño das persoas que o rodean.

– Interesarse polos pequenos problemas que se lles presentan aos seus compañeiros e compañeiras.

– Contribuír, desde o respecto, a unha convivencia adecuada en situacións de xogo.

– Adaptarse á rutina da vida escolar.

– Desenvolver habilidades sociais que lle permitan relacionarse, convivir cos demais, cooperar e traballar en equipo: respecto polas ideas dos outros,

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 94: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

94 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

capacidade de diálogo e traballo cooperativo, poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos demais…

– Desenvolver habilidades sociais conducentes a fomentar a sociabilidade e a convivencia: compartir, cooperar, participar, axudar, respectar, tolerar, aceptar…

Competencia cultural e artística– Saber apreciar e valorar as producións plásticas dos seus compañeiros e

compañeiras.

– Nas actividades plásticas realizadas en grupo, tomar conciencia da responsabilidade individual para a consecución dun resultado final e da importancia de apoiar e de apreciar as contribucións dos demais membros do equipo da súa mesa.

– Coñecer algunhas manifestacións culturais e artísticas do seu medio.

– Representar graficamente o medio.

Competencia para aprender a aprender– Saber aplicar o que aprende para desenvolverse na vida cotiá.

– Observar, explorar e manipular obxectos.

– Traballar cooperativamente.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Desenvolver habilidades sociais: respecto polas opinións e necesidades dos

demais, capacidade de diálogo e de traballo cooperativo, tolerancia.

2.4- Criterios de avaliación– Utilizar adecuadamente os cuantificadores básicos aprendidos.

– Coñecer a serie numérica ata o cardinal 10.

– Asociar correctamente as grafías dos dez primeiros números coas cantidades correspondentes.

– Recoñecer as formas xeométricas planas.

– Realizar clasificacións e seriacións sinxelas.

– Coñecer algúns ordinais.

– Iniciarse na suma e na resta.

– Coñecer os cambios que se producen no medio relacionados co clima.

– Desenvolver actitudes de coidado e respecto cara ao medio.

– Afianzar a súa autonomía no ámbito escolar e familiar.

– Valorar todas as profesións do seu medio próximo.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 95: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

95 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Coñecer as características morfolóxicas e funcionais de animais e plantas de medio afastados.

– Clasificar obxectos atendendo aos atributos aprendidos.

– Coñecer algúns sinais de identidade doutras culturas presentes no seu medio.

– Asimilar e aplicar as normas de seguridade viaria.

– Comportarse adecuadamente nos lugares destinados á diversión e ao lecer.

– Coñecer algúns medios de comunicación e información.

– Adquirir nocións básicas de xeografía e historia.

– Coñecer aspectos básicos do Universo: planetas, fases lunares…

– Comprender a importancia dalgúns inventos para o progreso da humanidade.

3. Linguaxes: comunicación e representación

3.1- Obxectivos– Descubrir a través das diferentes linguaxes o seu propio corpo e as súas

posibilidades de expresión e comunicación aplicando técnicas para desenvolver a imaxinación e a creatividade.

– Utilizar a linguaxe oral de forma cada vez máis correcta como medio de comunicación e aprendizaxe, expresando ideas, sentimentos e desexos en conversas colectivas, adaptándose ás distintas situacións de comunicación e respectando as normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Expresar emocións, sentimentos, desexos e ideas mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes, elixindo a que mellor se axuste á intención e á situación.

– Expresarse cun léxico preciso e adecuado aos ámbitos da súa experiencia, cunha estruturación gramatical axeitada, cunha pronuncia clara e cunha entoación correcta, introducindo nas súas producións variacións morfolóxicas e utilizando as palabras do vocabulario.

– Utilizar e valorar a lingua oral para regular a conduta persoal, a convivencia e os procesos de pensamento dos alumnos e alumnas.

– Progresar na linguaxe oral producindo sons, sílabas e palabras con soltura, para así poder acometer a linguaxe escrita con éxito.

– Valorar a linguaxe escrita como medio de información e comunicación, descubrindo e identificando os seus instrumentos e elementos básicos.

– Iniciarse na escritura de palabras e frases significativas aplicando unha correcta dirección no trazo, unha prensión adecuada do útil gráfico e unha posición correcta ao escribir.

– Identificar palabras dentro dunha frase e discriminar auditiva e visualmente os fonemas dunha palabra.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 96: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

96 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Ler, interpretar, ordenar e producir imaxes seguindo unha secuencia temporal, adestrándose así para a lectura, cunha actitude de interese e gozo.

– Achegarse á literatura infantil comprendendo, reproducindo e recreando textos sinxelos de contos clásicos e de poemas literarios, amosando actitudes de valoración, gozo e interese cara a eles.

– Iniciarse nos usos sociais da lectura e da escritura valorándoas como instrumentos de comunicación, información e gozo.

– Iniciarse na lecto-escritura favorecendo a formación de estruturas gramaticais simples e a realización de descricións sinxelas.

– Utilizar a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo de adestramento e gozo.

– Iniciarse no coñecemento e uso dalgunhas palabras básicas en lingua estranxeira relacionadas coas rutinas da vida cotiá e coas actividades que se realizan dentro da aula.

– Participar en xogos sonoros, reproducindo grupos de sons con significado, palabras ou textos orais breves en lingua estranxeira.

– Comprender as intencións e mensaxes doutros nenos, nenas e adultos, adoptando unha actitude positiva cara á lingua, tanto propia coma estranxeira.

– Utilizar as posibilidades da expresión plástica, musical e corporal para representar obxectos, situacións, ideas, ampliando as súas posibilidades comunicativas e desenvolvendo a creatividade.

– Comprender as mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, cámara fotográfica, videoxogos, encerado dixital, canón proxector…), entendendo a importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente.

– Utilizar o ordenador para acceder ao uso da linguaxe multimedia para mellorar ou reforzar habilidades e coñecementos.

– Manifestar interese cara ás audicións de sons producidos por obxectos, instrumentos ou a voz, identificando algunhas calidades.

– Escoitar con pracer e recoñecer fragmentos musicais de diversos estilos.

– Cantar, escoitar, bailar, interpretar e aprender cancións, bailes e danzas.

– Coñecer algúns autores e artistas universais e as súas obras.

– Mellorar no control da respiración nas actividades de movemento e relaxación.

– Representar obxectos, situacións e persoas a través das distintas técnicas da expresión plástica.

– Aplicar hábitos de hixiene e rutinas no uso do material para o desenvolvemento da expresión plástica que faciliten a consecución da autonomía persoal e a colaboración co grupo social ao que pertence.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 97: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

97 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Respectar as creacións artísticas dos seus compañeiros e compañeiras e do medio cultural ao que pertencen.

– Recoñecer e identificar os sons do propio corpo e os do medio.

3.2- ContidosBloque 1.- Linguaxe verbal*Escoitar, falar e conversar– Vocabulario relativo ás unidades.

– A linguaxe oral como medio de comunicación e expresión de distintos contidos e intencións.

– Situacións de comunicación oral.

– Normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Formas socialmente establecidas para solicitar, agradecer e despedirse.

– O xénero, o número, os tempos verbais, o ritmo silábico, os nomes colectivos, o son das palabras…

– Achegamento aos textos da súa tradición cultural, comprendéndoos e reproducíndoos.

– Recitado de poesías, descubrindo o ritmo, a rima e a mensaxe que transmiten.

– Participación en conversas colectivas respectando as normas que rexen o intercambio lingüístico.

– Produción de mensaxes progresivamente máis complexas, combinando o xesto, a palabra, a ollada e a entoación.

– Uso adecuado das formas socialmente establecidas para solicitar, saudar e despedirse.

– Participación creativa en xogos lingüísticos para divertirse e para aprender.

– Construción de frases orais afirmativas, negativas, interrogativas e exclamativas coas palabras do vocabulario, respectando a concordancia de xénero e número.

– Produción de frases en futuro utilizando as variedades morfolóxicas do tempo verbal.

– Esforzo por aumentar progresivamente o seu vocabulario e producir frases correctamente estruturadas.

– Palabras e expresións dunha lingua estranxeira relacionadas cos contidos da unidade e coas actividades cotiás.

– Posibilidade de utilización dalgunhas palabras básicas aprendidas en lingua estranxeira nas actividades que se realizan na aula.

– Comprensión da idea global de textos orais en lingua estranxeira, en situacións habituais da aula e cando se fala de temas coñecidos e predicibles.

– Actitude positiva cara á lingua estranxeira.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 98: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

98 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

*Aproximación á lingua escrita– A linguaxe escrita como medio de comunicación.

– Iniciación á lecto-escritura.

– Instrumentos que vehiculan a lingua escrita: imaxes, etiquetas, carteis, libros, revistas…

– Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica.

– Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais percibindo semellanzas e diferenzas entre elas.

– Utilización axustada da información que proporcionan os diferentes soportes da lingua escrita: libros, revistas, carteis…

– Comparación de imaxes establecendo semellanzas e diferenzas entre elas.

– Trazos.

– Control da direccionalidade nas actividades gráficas.

*Achegamento á literatura– Contos das unidades.

– Secuencias e partes do conto.

– Textos de tradición oral: contos, poesías, refráns, cancións, adiviñas, trabalinguas…

– Atención, asimilación e reprodución de textos lidos polo/a profesor/a.

– Utilización da biblioteca con respecto e coidado.

– Valoración da biblioteca como recurso informativo de entretemento e gozo.

Bloque 2.- Linguaxes artísticas: plástica-música-corporal– Materiais e técnicas da expresión plástica.

– Contrastes claro-escuro nas diferentes cores.

– Produción de materiais decorativos relacionados cos contidos da unidade a través das actividades plásticas.

– Iniciación na observación e no coñecemento de obras artísticas mediante a realización das fichas de plástica.

– Produción de obras plásticas, musicais e dramáticas e utilización de materiais e técnicas que desenvolvan a creatividade.

– Recoñecemento das cores necesarias para obter outra cor.

– Respecto cara ás obras plásticas dos demais.

– Os sons do corpo e do medio.

– Cancións das unidades. Expresións corporais asociadas ao ritmo, á melodía e ás letras das cancións.

– Ritmo e música.

– Ruído-silencio-música.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 99: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

99 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Recoñecemento de sons e ruídos da vida diaria: os sons do corpo, dos xoguetes e dos instrumentos musicais.

– Propiedades do son: intensidade, altura, duración e timbre.

– O pentagrama e as notas musicais.

– A orquestra.

– Danzas sinxelas.

– Audición dalgunhas obras musicais de autores clásicos.

– Artistas universais.

– Interese por coñecer e manexar instrumentos musicais.

– Actitude de curiosidade polos sons do medio.

– Dramatizacións sinxelas.

– Control do corpo, actividade, movemento e respiración.

– Posibilidades expresivas do corpo.

– Relaxación e equilibrio.

– Uso das posibilidades expresivas do corpo para manifestar sentimentos e emocións.

– Control da respiración en actividades de movemento e relaxación.

– Representación individual e colectiva de obras inventadas ou coñecidas.

– Interpretación de mensaxes corporais expresadas por outros.

– Actitude de escoita nas interpretacións musicais e dramáticas.

Bloque 3.- Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación– A linguaxe audiovisual.

– Xogos e actividades interactivas.

– Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos.

– Achegamento a diferentes producións audiovisuais (películas, documentais, debuxos animados, videoxogos…).

– Distinción progresiva entre a realidade e a representación virtual.

– Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais.

– Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.

3.3- Competencias

Competencia en comunicación lingüística– Expresar e comprender mensaxes orais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 100: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

100 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Expresarse de forma clara e coherente cun vocabulario adecuado á súa idade, cunha estruturación correcta, cunha entoación e cunha pronuncia clara.

– Observar e describir debuxos, viñetas, láminas, fotografías, carteis, pictogramas…

– Comprender as explicacións e as informacións dos contos lidos polos adultos.

– Comprender globalmente, sen necesidade de comprender as partes.

– Iniciarse na comprensión da información visual de viñetas, ilustracións dos contos, fotografías, pictogramas, imaxes de arquivos informáticos, diapositivas…

– Respectar a quenda de palabra.

– Relatar e inventar pequenas historias a partir das súas vivencias, contos ou imaxes.

– Participar de maneira creativa en xogos lingüísticos para divertirse e aprender.

– Empezar a coñecer e a utilizar as regras básicas do funcionamento da lingua.

– Utilizar un vocabulario organizado verbo das rutinas de comprensión e comunicación en lingua estranxeira.

– Utilizar as destrezas necesarias para iniciarse na escritura e na lectura.

– Utilizar a biblioteca.

– Ler e escribir palabras e frases relevantes relativas ao seu medio e vivencias.

– Utilizar estratexias diversas para comprender o que os demais din: atender ao ton da voz, á entoación, ás pausas, aos xestos…

– Memorizar e recitar pequenas poesías, refráns, trabalinguas e cancións en lingua propia e estranxeira.

– Dramatizar textos literarios coa axuda doutros recursos lingüísticos diferentes á linguaxe verbal.

– Utilizar recursos e fontes de información escrita e das tecnoloxías da información e da comunicación como medios de información e de aprendizaxe.

– Utilizar as competencias e coñecementos da primeira lingua como base para construír e adquirir a segunda.

Competencia matemática– Iniciarse na utilización da linguaxe matemática para expresar ideas.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico– Iniciarse na comprensión dos sucesos que acontecen no medio sendo

capaces de predicir progresivamente algunhas consecuencias.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 101: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

101 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Tratamento da información e competencia dixital– Adquirir os coñecementos, as habilidades, e as destrezas básicas necesarias

para a utilización do ordenador dispoñible na aula, no centro ou na casa.

– Manexar os diferentes movementos do rato: mover, arrastrar, facer clic, dobre clic, uso do rato dereito, roda…

– Coñecer os elementos e periféricos do ordenador: monitor, teclado, rato…

– Acender e apagar o ordenador.

– Abrir e pechar programas.

– Coñecer o vocabulario básico do ordenador adecuado á idade.

– Comprender a información integrándoa progresivamente nos esquemas de coñecementos previos.

– Comunicar a información e os coñecementos adquiridos mediante diferentes recursos e técnicas.

– Comezar a coñecer diferentes tipos de información e de linguaxes.

– Coidar os equipos.

Competencia social e cidadá– Saber escoitar os seus compañeiros e compañeiras e os adultos.

– Resolver os pequenos problemas que se lle presentan na súa vida cotiá utilizando o “diálogo”.

Competencia cultural e artística– Desenvolver a imaxinación, a creatividade, a iniciativa persoal, a sensibilidade

e o sentido estético.

– Comezar a desenvolver destrezas e habilidades para saber percibir e comprender producións artísticas e culturais.

– Comprender e representar imaxes con diferentes materiais plásticos.

– Utilizar o corpo como un elemento expresivo máis.

– Seguir diferentes ritmos.

– Participar en movementos e danzas.

– Escoitar obras musicais.

– Utilizar o son e o silencio como forma de expresión.

Competencia para aprender a aprender– Basearse no que xa sabe para aprender cousas novas.

– Comprender a información integrándoa, progresivamente, nos esquemas previos de coñecemento.

– Ser capaces de analizar, razoar e comunicar progresivamente as súas ideas de forma adaptada á idade.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 102: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

102 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Aprender a aprender gozando.

– Utilizar os recursos e materiais de forma adecuada.

Competencia para a autonomía e iniciativa persoal– Expresar as propias emocións e as dos outros.

3.4- Criterios de avaliación– Saber solicitar, agradecer e despedirse seguindo as pautas que establece o

intercambio lingüístico.

– Producir mensaxes máis complexas.

– Expresar sentimentos, necesidades, intereses, desexos… mediante a lingua oral e a través doutras linguaxes.

– Aumentar progresivamente o seu vocabulario.

– Mostrar actitude positiva cara á lingua estranxeira.

– Memorizar pequenos textos.

– Amosar interese polos textos de literatura infantil: contos clásicos, poemas, adiviñas… lidos na clase.

– Utilizar a biblioteca con respecto e coidado.

– Construír frases afirmativas, negativas, interrogativas e exclamativas cunha estruturación correcta para a súa idade.

– Comprender, interpretar e producir imaxes.

– Ampliar o seu vocabulario.

– Iniciarse na lecto-escritura.

– Iniciarse no coñecemento do código escrito a través de palabras e frases moi significativas e usuais.

– Relatar feitos ben ordenados temporalmente.

– Coñecer autores e autoras literarios.

– Empregar adecuadamente as técnicas, útiles e materiais da expresión plástica.

– Coñecer cores primarias, secundarias e as gamas da cor.

– Coñecer algunhas obras artísticas do seu medio.

– Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos.

– Expresarse e comunicarse utilizando medios e técnicas propios da linguaxe audiovisual e das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

– Distinguir entre a realidade e a representación virtual.

– Avanzar no coñecemento das súas posibilidades corporais expresivas.

– Controlar o seu corpo en actividades de movemento, equilibrio e relaxación.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 103: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

103 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Identificar algunhas calidades do son.

– Discriminar o son producido por algúns instrumentos musicais.

– Gozar coa audición de composicións musicais de diferentes estilos.

– Aprender as letras das cancións das unidades.

– Participar amosando iniciativa nas representacións dramáticas realizadas na clase.

– Experimentar con xestos e movementos como recursos corporais para expresarse e comunicarse.

4. Metodoloxía pedagóxica– Observación das láminas motivadoras das unidades para introducir o centro

de interese e algúns contidos que se van traballar.

– Formulación de preguntas para os nenos e nenas para saber os seus coñecementos previos sobre os contidos que se van desenvolver.

– Manipulación, observación, descrición, ordenación temporal… das láminas secuenciadas dos contos.

– Utilización dos diferentes materiais e recursos dispoñibles na aula (material da aula, material do alumno, fichas de plástica, actividades musicais e psicomotrices, contos clásicos, contos de emocións, contos locutados…).

– Audición, dramatización e aprendizaxe das cancións das unidades.

– Presentación de diferentes situacións nas que os nenos e as nenas teñan que resolver sinxelos problemas establecendo relacións causa-efecto.

– Utilización do CD de xogos dixitais interactivos para reforzar os contidos traballados.

– Establecemento de pautas homoxéneas de actuación coa familia mediante diferentes recursos: titorías, fichas para traballar na casa, boletíns, comunicacións recíprocas a través do Libro para a familia…

– Iniciación na orientación temporal e na observación do tempo mediante os calendarios e os pictogramas do tempo atmosféricos do material da aula.

– Discriminación das cores aprendidas en obxectos e elementos da clase a través de xogos.

– Identificación dalgúns segmentos e elementos do corpo en si mesmo/a, no mural do corpo e en xogos do material de aula.

– Aplicación dos hábitos de hixiene, alimentación, descanso, coidado da saúde e seguridade persoal aprendidos en situacións da vida real.

– Audición e interpretación de cancións en grupo.

– Exploración e utilización de materiais e útiles da expresión plástica.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 104: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

104 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

– Creación de situacións na aula que potencien o desenvolvemento da linguaxe oral (preguntas do docente, adorno da clase, cantos, asembleas, actividades en grupo, relato de vivencias…).

– Iniciación no desenvolvemento de actitudes de respecto e tolerancia cara ás persoas do seu medio próximo mediante explicacións e diálogos.

– Ambientación da aula co mural da árbore e cos traballos realizados polos nenos e nenas nas plásticas relacionados coas diferentes estacións e festas da súa Comunidade.

– Observación directa e indirecta dos fenómenos atmosféricos e dos cambios producidos no medio coa chegada das diferentes estacións mediante saídas ao exterior, e mediante a visualización de documentais, de revistas, fotografías…

– Utilización do despregable de números do material da aula para identificar e aprender os números traballados.

– Exercitación da memoria mediante pequenas rimas.

– Manipulación progresivamente autónoma dos libros do recuncho da linguaxe oral.

– Mellora na coordinación dinámica xeral e óculo-manual a través da realización das actividades psicomotrices e plásticas da unidade.

– Identificación de diferentes accións utilizando os pictogramas e os rótulos de accións do material de aula.

– Relato da idea global dos contos coas propias palabras do neno e da nena.

– Comparación, manipulación, observación e agrupación de obxectos atendendo á forma, á cor, á situación espacial, ao tamaño, ás propiedades e aos cuantificadores.

– Realización de xogos de ordenador para potenciar a observación, a memoria, a atención e a concentración.

– Desenvolvemento do razoamento lóxico mediante a realización de series sinxelas e outras actividades co material do alumno e co material de aula.

– Realización de debuxos como medio de expresión e aprendizaxe.

– Emprego das palabras e expresións aprendidas en inglés nas actividades cotiás.

– Ampliación do vocabulario e mellora da expresión oral mediante o uso dos recursos do material da aula de iniciación á lecto-escritura.

– Desenvolvemento da coordinación viso-manual a través dos xogos do material de aula: encaixables de figuras, quebracabezas...

– Realización de pequenos experimentos para introducilos no mundo científico e para comprobar algunhas das explicacións dadas polo docente.

– Planificación de saídas con diferentes finalidades.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 105: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

105 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

TEMPORALIZACIÓN

Os contidos organizanse en diferentes unidades didácticas ,tendo enconta os intereses do neno/a ,e dicir, FLEXIBILIDADE na organización das mesmas.

As UD son as seguintes:

-3 ANOS

1º trimestre

Unidade 1. Papeliño e Papelote

Unidade 2. Na casa de Chun

Unidade 3. Marionetas na praza

2º trimestre

Unidad 4. Folerpa, a boneca de neveUnidade 5. Lea na panadaría

Unidade de disfraces. Disfrázome de indio

Unidade 6. Pallasos no parque

3º trimestre

Unidade 7. Onde está a galiña?

Unidade 8. Papelote na Praia

-4 ANOS

1º trimestre

Unidade 1. A ra Pascuala

Unidade 2. Unha casa nun cogomelo

Unidade 3. Carta aos Reis Magos

2º trimestre

Unidade 4. Unha pantasma con lentes

Unidade 5. Gústame o guacamole

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 106: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

106 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Unidade de disfraces. Disfrázome de pirata

Unidade 6. Un museo no xardín

3º trimestre

Unidade 7. Voando á selva

Unidade 8. Aventura no mar

-5 ANOS

1º trimestre

Unidade 1. A abella Pepa

Unidade 2. Un castelo na montaña

Unidade 3. Mercado de Nadal

2º trimestre

Unidade 4. Esquiando nas nubes

Unidade 5. Aventura no centro comercial

Unidade de disfraces. Disfrázome de faraón

Unidade 6. Un contacontos no xardín botánico

3º trimestre

Unidade 7. O deserto e o dinosaurio

Unidade 8. Que hai no espazo?

A educación en valores e para a convivencia (temas transversais)A Educación Infantil configúrase como un período decisivo para a formación da persoa xa que nesta etapa se asentan os fundamentos non só para unha sólida aprendizaxe das habilidades básicas, senón que tamén se adquiren, para o resto da vida, hábitos de traballo, convivencia ordenada e respecto cara ós demais.

Xunto á formación dun autoconcepto positivo e a construción da súa propia identidade, debe estimularse a adquisición dos valores que se xeran na relación cos outros e co medio no proceso educativo, tales como respecta-los demais e os seus traballos, acepta-las normas, amosar interese por convivir e colaborar cos compañeiros e coas compañeiras e co adulto, respecta-lo medio e, en suma, autorregula-la conduta no

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 107: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

107 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

xogo, na convivencia, no traballo e en relación coa saúde; así responderán progresivamente dun xeito cada vez máis adecuado ás situacións que se presentan.

A Lei 27/2005, do 30 de setembro de fomento da educación e da cultura da paz propón que en tódolos niveis do sistema educativo se impartan as ensinanzas de acordo cos valores propios da paz e que se potencie unha educación integral ó elimina-la intolerancia e promove-lo diálogo e a non-violencia como práctica que cómpre xeneralizar na xestión e na transformación de conflitos.

A través da educación exercitaranse estes valores que fan posible a vida en sociedade, adquírense hábitos de convivencia democrática e de respecto, é dicir, prepáranse os nenos e as nenas para a participación responsable nas distintas actividades e instancias sociais.

Fomenta-la aprendizaxe ó longo de toda a vida implica, ante todo, proporcionarlle ó alumnado unha educación completa que abranga os coñecementos e as competencias básicas que resultan necesarias na sociedade actual, que lles permita desenvolve-los valores que sustentan a práctica da cidadanía democrática, a vida en común e a cohesión social, e que estimule neles e nelas o desexo de seguir aprendendo e a capacidade de aprender por si mesmos.

Un dos obxectivos básicos da ensinanza é o de formar conciencias críticas, persoas capaces de pensar por si mesmas. Esta tarefa debe comezar a levarse a cabo desde as idades máis temperás, pois sabemos que unha correcta actuación pedagóxica nestes niveis permitirá contarlles ós alumnos e ás alumnas co fundamento principal para a súa posterior aprendizaxe e desenvolvemento funcional na sociedade.

Para logra-lo obxectivo citado, o noso proxecto concedeulles grande importancia ás actividades de grupo:

• Diálogos en asemblea, de tal xeito que cada neno ou nena expoña libremente a súa opinión sobre un tema, partindo dun conto ou de calquera tipo de información subministrada polo profesor ou pola profesora, que coidará de que se respecten as quendas de palabra entre compañeiros e compañeiras.

• Realización de actividades plásticas en pequenos grupos de traballo. Este tipo de actividades axúdanlle ó neno e á nena a aprecia-la importancia do traballo cooperativo para lograr un fin común.

Optouse en todo momento por un modelo de ensinanza activa; tanto é así que se considerou a aula como un foro de construción de coñecemento no que o alumnado é protagonista da súa aprendizaxe, e o mestre ou a mestra un orientador ou unha orientadora nesta tarefa.

Nestas idades, o neno e a nena comezan a formarse unha visión do mundo. A formación integral do individuo, que persegue a educación na actualidade, leva implícita a formación en valores democráticos fundamentais como son o exercicio da liberdade, a tolerancia, a solidariedade e a igualdade.

Desta forma, a educación contribúe a avanzar na loita contra a desigualdade e a discriminación por razóns socioeconómicas, de raza, sexo ou relixión. Esta discriminación, xa sexa de orixe familiar ou social, arrastrada tradicionalmente ou que aparecera recentemente como consecuencia dos cambios sociais, dificulta a convivencia pacífica nunha sociedade cada vez máis complexa.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 108: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

108 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

O avance dos medios de comunicación contribuíu a achega-las fronteiras. A sociedade occidental do presente e do futuro é eminentemente multiétnica e a coexistencia nun mesmo contexto de persoas de diferentes razas e culturas é xa unha realidade para a que debemos prepara-lo noso alumnado nunha escola onde se potencie a diversidade e a solidariedade.

Neste sentido, cremos conveniente incluír nenos e nenas de distintas razas cuxa incorporación ós colexios europeos é cada día máis cotiá. Trátase de aprender, a partir do coñecemento das características e dos costumes doutros pobos, que o respecto pola diferenza entre culturas non contribúe a facer a uns cidadáns mellores ca outros, senón ó enriquecemento de todos.

Hay uns contidos relacionados co currículo que deben estar inmersos no quefacer cotián.

Para conseguir que o alumno e a alumna os interioricen e sexan capaces de facelos operativos nas súas condutas, extrapolándoos a calquera situación que se lle presente, cómpre preciso desenvolver unha serie de estratexias e ter moi claro que, entre outros medios, se aprende por imitación do comportamento dos adultos.

O educador ou a educadora deberá ter presente que estes contidos son a manifestación dun sentimento e unha expresión de valores asumidos como positivos pola comunidade. Por isto, teraos en conta en todo momento, e mesmo creará situacións que propicien a súa posta en práctica.

Así, por exemplo, o alumno ou a alumna aprenderá máis fácil e rapidamente a ter comportamentos non sexistas se na aula ou no centro impera unha relación non discriminatoria por razóns de sexo que se realiza longas charlas sobre o tema.

Desenvolveremos continuamente actitudes de compañeirismo, de respecto e de axuda ós demais, de orde e limpeza, de uso do diálogo, de rexeitamento da violencia e da agresividade, de coidado dos bens naturais, e fomentaremos un estilo de vida e comportamento cotián como aceptación deses valores que a sociedade necesita e establece como positivos para o seu bo funcionamento.

Propónse un conxunto de contidos de ensinanzas, principalmente actitudinais, que deben entrar a formar parte das actividades presentadas en tódalas áreas. Son os seguintes:

1. Dialoguemos e respectémo-los demaisSupón educar para a convivencia pacífica da cidadanía democrática. Foméntase a solidariedade, a cooperación, a liberdade, a responsabilidade, o respecto e o rexeitamento de todo tipo de discriminación e intolerancia.

Para isto o noso proxecto propón:

• Establecer normas de convivencia na aula e no centro.

• Crear un clima de confianza no que os nenos e as nenas se expresen libremente.

• Fomenta-la tolerancia e o respecto polos demais.

• Resolver situacións conflitivas a través do diálogo.

• Outorgarlles responsabilidades ós nenos e ás nenas.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 109: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

109 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Rexeita-los xogos, os xoguetes e as situacións que inciten á violencia.

• Promover actividades en grupo nas que se coopere, se respecte e se comparta.

2. Todos somos iguaisA sociedade na que vivimos asígnalles ós nenos e ás nenas desde pequenos roles diferentes en función do seu sexo.

Os mestres e as mestras poden e deben corrixir estas desigualdades. Nas súas mans está facer que os nenos e as nenas se formen como persoas que son, en igualdade de condicións e cos mesmos dereitos e obrigas.

Para isto, o noso proxecto:

• Presenta unha distribución equitativa de personaxes masculinos e femininos.

• Propón unha distribución equitativa dos diferentes roles desempeñados por ámbolos dous sexos no ámbito familiar, escolar e profesional.

• Reflicte unha distribución equitativa dos trazos positivos e negativos entre ámbolos dous sexos.

• Rexeita todo tipo de discriminación por razón de sexo.

• Analiza e denuncia a situación de marxinación e de desigualdade que historicamente sufriu e segue a sufri-la muller.

• Non fai distinción entre xogos masculinos e xogos femininos.

• Utiliza unha linguaxe non sexista.

• Asigna responsabilidades na aula indistintamente a nenos e nenas.

• Comenta con eles a necesidade de que tanto os nenos como as nenas deben colaborar nas tarefas domésticas.

• Procura que os espazos ou os recunchos da aula sexan utilizados indistintamente polos nenos e polas nenas.

• Narra contos cambiando os papeis que tradicionalmente se lles asignaban ós homes e ás mulleres.

3. Protexámo-lo medioSupón achega-los nenos e as nenas ó medio natural para que aprendan a valora-la importancia que este ten para a vida das persoas e para desenvolver actitudes de respecto e coidado cara a el.

Para isto, o noso proxecto propón:

• Propiciar saídas fóra da escola para observa-lo medio natural.

• Ensinarlles a usar de forma responsable os recursos naturais.

• Observar directamente o crecemento dalgunha planta ou o ciclo vital dalgún animal que levaremos á clase.

• Inicialos no coñecemento de materiais reciclables.

• Facerlles observar, directamente ou a través de imaxes, as repercusións que ten a actuación humana sobre o medio natural.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 110: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

110 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Explicárlle-la procedencia natural dalgúns obxectos e alimentos.

• Realizar actividades plásticas utilizando materiais de refugallo.

4. Consumamos responsablementeAínda que nestas idades os nenos e as nenas non teñen aínda autonomía como consumidores, están constantemente recibindo mensaxes dos medios de comunicación: publicidade sobre lambonadas, pasteliños, xoguetes, material escolar... O que se pretende é que os nenos e as nenas vaian adquirindo unha actitude crítica e responsable cara ó consumo.

Para isto o noso proxecto propón:

• Ensinarlles ós nenos e ás nenas a coida-los materiais individuais e os comúns.

• Procurar un máximo aproveitamento do material escolar.

• Realizar con eles xogos que non necesiten xoguetes.

• Utiliza-los obxectos da clase que non nos serven para outras actividades.

• Procurar arranxa-los xoguetes estragados.

• Utilizar materiais de refugallo para construír xogos e xoguetes.

• Inventar, coa participación dos nenos e das nenas, anuncios que non se refiran a obxectos de consumo.

• Fomenta-lo consumo de alimentos sans no almorzo e na merenda no canto de pastelaría industrial.

5. Vaiamos segurosO obxectivo fundamental da educación viaria é a prevención de accidentes.

Nestas idades, os nenos e as nenas aínda non son autónomos nos seus desprazamentos polos espazos urbanos, pero si que utilizan os transportes públicos –algúns desde os tres anos usan o transporte escolar– e os privados no medio familiar.

Por iso cómpre inicialos no coñecemento dunhas normas establecidas, fundamentais para a súa futura participación no ambiente urbano como peóns, viaxeiros ou usuarios de vehículos.

Para isto o noso proxecto propón:

• Realizar saídas curtas polo medio próximo e establecer normas: camiñar polas beirarrúas, non correr, deterse ó chegar a un cruzamento…

• Proporlles xogos nos que sexa necesaria a intervención de figuras como o policía de tráfico, os peóns, os coches…

• Ensinárlle-lo significado dos principais sinais de tráfico.

• Realizar xogos coas cores do semáforo.

• Ensinarlles normas sobre o uso dos transportes: ir sentados correctamente, non distrae-lo condutor, abrocha-lo cinto de seguridade…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 111: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

111 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

6. Sexamos bos cidadáns e boas cidadásSupón prepara-los nenos e as nenas para o exercicio da cidadanía e para a participación na vida social e cultural, con actitude crítica e responsable.

Para isto o noso proxecto propón:

• Ensinarlles a respecta-las normas de convivencia que rexen a vida na aula.

• Responsabilizalos do coidado dos materiais e espazos comúns.

• Proporlles xogos nos que teñan que discriminar comportamentos adecuados e inadecuados en diferentes situacións.

• Fomenta-lo respecto cara ás persoas maiores.

• Desenvolver actitudes para ser bos cidadáns (respecto, tolerancia, solidariedade, convivencia…).

7. Coidémo-la nosa saúdeO obxectivo fundamental é fomentar nos nenos e nas nenas a adquisición de hábitos de saúde: alimentación sa, descanso, coidado e hixiene corporal, prevención de accidentes…

Para isto o noso proxecto propón:

• Fomenta-lo consumo de alimentos sans: froita, leite, verduras…

• Rexeita-lo consumo abusivo de lambonadas e explicárlle-la súa repercusión sobre a saúde dental.

• Establecer normas de aseo persoal: lava-las mans antes e despois de comer, te-lo nariz limpo…

• Realizar xogos simbólicos relacionados co aseo para que o vexan como un feito agradable.

• Darlle importancia ó descanso.

• Realizar actividades ó aire libre.

• Informalos e previlos sobre as situacións de perigo no recreo, na aula, na casa…

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 112: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

112 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

METODOLOXÍA

Prodúcese unha aprendizaxe cando o neno ou a nena establece relacións significativas entre a súa experiencia previa e a nova información que se lle presenta, de forma que se produza unha modificación dos esquemas de coñecementos preexistentes e estes evolucionen cara a estruturas cada vez máis elaboradas e complexas. Isto implica unha metodoloxía baseada no principio de aprendizaxe significativa que parta dos coñecementos previos dos nenos e das nenas, que conecte cos seus intereses e coas súas necesidades e que lles propoña actividades atractivas dabondo para que aprecien de maneira sinxela e clara a finalidade e a utilidade dos novos contidos que van desenvolvendo. Daquela, aplicar unha metodoloxía baseada neste principio didáctico esixe ter en conta —ademais do xa mencionado— os seguintes requisitos:

• Detecta-los coñecementos previos do alumnado para poder realiza-la intervención axeitada.

• Presentar situacións que non estean moi afastadas nin excesivamente próximas ás súas experiencias para provoca-lo conflito cognitivo que actuará de resorte para que os nenos e as nenas propoñan solucións para cada situación.

• Organiza-los contidos da Educación Infantil tendo en conta que é o neno ou a nena quen ten que asimilalos. O establecemento de contidos que actúen como organizadores previos, a planificación de eixes temáticos, centros de interese ou fíos condutores e o repaso regular e periódico dos contidos abordados con anterioridade contribúen a que os nenos e as nenas sintan confianza e seguridade ante as situacións que se lles presenten.

O esquema de contidos incluído en cada unidade didáctica recolle os contidos tratados nela e as relacións máis significativas que se establecen entre eles.

Para conseguir que as aprendizaxes dos nenos e das nenas sexan significativas e que estas sexan o resultado do establecemento de múltiples conexións, de relacións entre o novo e o xa aprendido, é imprescindible que o proxecto sexa concibido baixo unha perspectiva globalizadora.

Os nenos e as nenas que nos ocupan, os de 3 a 6 anos, atópanse en posesión dun pensamento sincrético, é dicir, captan a realidade como un todo.

Cando os nenos e as nenas destas idades realizan calquera actividade, implícanse totalmente nela e poñen en xogo mecanismos diversos: cognitivos, psicomotores, afectivos, de comunicación, de atención… Con todo, eles non saben que están descubrindo o medio, que están adquirindo un maior coñecemento do seu corpo, que están progresando na súa autonomía persoal, que están ampliando o seu vocabulario, ou que están coñecendo as súas posibilidades expresivas; só pretenden resolver, de forma entusiasta, unha tarefa que necesita a súa participación activa.

Principio de globalización: Trátase, pois, dun proceso global de achegamento á realidade que se quere coñecer. Este proceso será frutífero se permite establecer relacións e construír significados máis amplos e diversificados. Este carácter globalizador non é incompatible coa conformación do currículo en áreas que constitúen un conxunto relacionado cos ámbitos máis significativos do coñecemento

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 113: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

113 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

para cuxo desenvolvemento o profesorado debe propiciar actividades que contribúan ó desenvolvemento integral do neno e da nena e, con este fin, crear un clima de seguridade e afecto.

Se atendemos a este principio, o proxecto trata os contidos do nivel da Educación Infantil de forma global, e interrelaciona as tres áreas ou ámbitos de experiencia que forman o currículo.

Deste xeito, os contidos organízanse en unidades didácticas significativas para o neno e a nena, que, partindo dos seus propios intereses, vinculan debida e ordenadamente os elementos informativos novos cos que xa teñen.

A actividade é a principal fonte de aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e das nenas. Cómpre tanto para o seu desenvolvemento físico e psicomotor, coma para a construción do coñecemento.

Por isto, a ensinanza ten que ser activa, e debe darlle tempo e ocasión a que o neno e a nena participen e sexan protagonistas da súa propia aprendizaxe. Hai que utilizar estratexias que os estimulen a ser creativos e que alenten o desenvolvemento da imaxinación e da capacidade de observación.

A través da acción e da experimentación, os nenos e as nenas expresan os seus intereses e as súas motivacións e descobren relacións, propiedades de obxectos, formas de actuar, normas… En definitiva, aprenden.

Unha das principais fontes de actividade nestas idades é o xogo. É necesario dotar de carácter lúdico calquera actividade que vaiamos realizar para o que se debe evita-la división entre xogo e traballo xa que o xogo é o traballo dos nenos e das nenas. É a actividade principal que realizan, favorece a elaboración e o desenvolvemento das estruturas do coñecemento. O xogo é o vehículo que utilizan para se relacionaren e para aprenderen da realidade que os rodea.

Así mesmo, cómpre potencia-lo xogo autónomo, tanto o individual coma o realizado en equipo, pola seguridade afectiva e emocional, pola integración dos nenos e das nenas entre si e cos adultos. Non hai que esquecer que a interacción con outros nenos e con outras nenas constitúe un importante recurso metodolóxico que os axuda no seu proceso social, afectivo e intelectual. Neste sentido, a escola debe ofrecer espazos e materiais que axuden a crear un ambiente de xogo estimulante e que teña en conta as necesidades do alumnado.

A ensinanza activa contémplase cunha ampla proposta de actividades individuais e de grupo, nas que nenos e nenas poderán desenvolve-las súas capacidades de manipular, explorar, observar, experimentar, crear…, que lles permitirán aplicar e construí-los seus propios esquemas de coñecemento. O traballo en grupo potencia a participación e mellora a capacidade de expresión, o cal é, sen dúbida, un dos eixes principais para un bo desenvolvemento cognitivo e emocional.

Un principio metodolóxico moi ligado á actividade é a motivación, que se tivo moi en conta para a elaboración do proxecto. É absolutamente necesario que neno e nena se sintan atraídos cara á aprendizaxe. Nisto xoga un papel moi importante que os obxectivos, os contidos e as actividades teñan un nivel axeitado, que respondan ós seus intereses e que os métodos e recursos sexan atractivos e faciliten a aprendizaxe.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 114: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

114 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

No proxecto propóñense varios tipos de estímulos para lograr que nenos e nenas estean motivados:

• Observación, manipulación e exploración.

• Situacións apropiadas de comunicación verbal, plástica e psicomotriz.

• Estímulos afectivos con gabanzas e premios, que son fundamentais pola satisfacción que reportan.

Principio de socialización: O egocentrismo é un trazo propio nestas idades e cómpre que o superen. Neste sentido, o proxecto propón gran cantidade de actividades de grupo nas que os nenos e as nenas aprenderán comportamentos e normas, así como a compartir, a respectar, a participar e, en definitiva, a relacionárense cos demais.

Hai que valorar constantemente a participación, o compañeirismo, a axuda e o respecto cara ós demais…, de tal forma que o neno e a nena se sintan inclinados a repetir eses comportamentos que lles proporcionan gratificacións afectivas e a supera-lo egocentrismo propio desta idade; así desenvolverán a súa capacidade de relación, a súa autonomía e a súa independencia.

A participación da familia a escola é fundamental xa que a aprendizaxe dos nenos e das nenas de 3 a 6 anos está moi centrada nas súas vivencias, nas rutinas da vida cotiá. Debe existir unha continuidade entre o que fan dentro da escola e o que fan fóra dela. Os docentes deben ser conscientes disto e requiri-la colaboración da familia para conseguir esta continuidade. A existencia de relacións fluídas entre a familia e a escola vai permitir que se teñan criterios comúns e pautas homoxéneas de actuación que favorecerán o proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento harmónico da personalidade dos nenos e das nenas.

Por outro lado,a sociedade actualmente depende en gran medida das novas tecnoloxías informáticas; así, o sistema educativo debe integralas nas súas ensinanzas desde idades moi temperás. O ordenador é un medio que enriquece o contexto de aprendizaxe dos nenos e das nenas xa que fai que o proceso de ensinanza sexa máis motivador. Así mesmo, posibilita a aprendizaxe por descubrimento, favorece o traballo en grupo, o desenvolvemento da curiosidade e, ademais, a realidade virtual que proporciona o ordenador potencia a capacidade de abstracción.

ORGANIZACIÓN DO TEMPOEn Educación Infantil debe respecta-las necesidades dos nenos e das nenas; ademáis combina tempos de actividade con períodos de descanso e actividades individuais con relacións en grupo. Debe adaptarse ó desenvolvemento evolutivo, ás necesidades dos nenos e das nenas, ás características da aula e ás posibilidades con que contamos.

É precisa unha adecuada planificación da xornada escolar. Non se debe confundi-lo ambiente distendido e lúdico deste nivel e traballar sobre temas que xurdan espontaneamente coa desorde. Nesta planificación haberá que manter unhas constantes temporais ou rutinas,que lle proporcionan seguridade e permitenlle diferenciar os distintos momentos do día e chegar a recordar ,prever e anticipar o que pasará despois, como o saúdo á entrada, o tempo do almorzo, a posta en común, a

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 115: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

115 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

realización de actividades en grupo e individuais, a despedida…, que lles servirán ós nenos e ás nenas para interioriza-la noción do tempo.

ORGANIZACIÓN DO ESPAZO A aula é o lugar onde as nenas e os nenos constrúen de forma activa a aprendizaxe. Aprenden máis e mellor nun ambiente estimulante, ordenado, con posibilidades de acción, e que permita realizar diferentes tipos de agrupamentos segundo as actividades que se realicen. Por isto:

É fundamental que os nenos e as nenas perciban a aula como algo seu. Debe adaptarse ás súas necesidades, prevendo que dispoñan de lugares

propios e de uso común para compartir, para estar sós ou para relacionarse cos demais, espazos para realizar un determinado tipo de actividades, etc.

Debe favorece-la integración entre iguais e cos adultos, a manipulación de obxectos, a observación… Así, haberá que habilitar determinados espazos para iso: fixaranse áreas ou recunchos para o xogo, para os disfraces, para as actividades plásticas, para as construción

Crearemos un clima agradable, atractivo, motivador…, onde os pequenos e as pequenas deberán colaborar e así comezar a tomar conciencia da importancia do traballo en equipo. Para eso empregaremos diferentes materiais entre os que sinalamos:

1. A mascota da aula.2. O mural da árbore, que se irá decorando cos elementos propios das diferentes

estacións do ano.3. O calendario semanal: empregarase todos os días para a observación do

tempo.4. O mural dos aniversarios: completarase cos nomes ou fotografías dos nenos e

das nenas que se tacharán ou retirarán segundo vaian cumprindo anos.5. A listaxe dos nenos e das nenas: utilizarase a diario para anota-las faltas de

asistencia.6. As láminas secuenciadas dos contos.7. Tarxetas de vocabulario.8. As láminas dos equipos de mesa.

No recreo continúan o desenvolvemento da súa actividade motora, simbólica e de socialización. A utilización deste espazo esixe unha planificación intencional e unha distribución ordenada para que o neno e a nena vaian aprendendo a utiliza-lo seu tempo libre dende unha maneira guiada ata unha maneira cada vez máis autónoma. No recreo, o mestre ou a mestra poderán recoller unha valiosa información sobre os intereses, sobre o proceso de socialización e reforzar aprendizaxes dos pequenos e das pequenas.

E importante sinalar que se evaluará a utilización dos espazos por parte dos nenos/as para posibles modificacións.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 116: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

116 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

AGRUPAMENTOS

A nosa aula esta dividida en diferentes rincos :O rincón da casiña ,o do taller e os coches ,os médicos ,a zona da construción,a natureza ,a biblioteca e a zona de traballo ,e decir , traballase en pequenos grupos que efectúan simultáneamente actividades diferentes, na zona de traballo farase individualmente e tamén realizaranse actividades en gran grupo.

RECURSOS

Utilizados na Educación infantil han de ser variados, manexables, atractivos, seguros, suxestivos e adaptados ás características do grupo, que dean ocasións para manipular, experimentar ou representar.

a)Recursos personales:o profesor titor que terá un papel mediador e como tal debe establecer unha organización sistemática que lle permita o neno/a ,a través das diferentes experiencias ,chegar a interiorizar os diferentes contidos mediante medios e recursos que selecciona o profesor.O profesor de lingua estranxeira ,o profesor de EF,EM,AL e o de relxión.

b)Recursos ambientais:espazo da aula, patio,aula de música,de inglés,psicomotricidade e outros ambientes fora do centro(parque,mercados…)

c)Recursos materiais:

-Especificos: para exercitar psicomotricidade(bestidores, muñecos de abroche..),para os sentidos(obxectos de diversas cores,formas tamaños,olores pspeis de diferentes texturas,sons do medio natural….),xogos didácticos(de arrastre,de abrir epechar,puzzles,ensertables,construción…),para grandesespazos(carritillos,pás,rastrillos..),apoiosintuitivos(cromosláminas,bara-xas,fotos..),de aproximación a limguaxe ( libros de imaxes,murais,..),de aproximación as matemáticas(regletas,nº,tamaños,cores ábacos..)de expresión músical(cintas,CDs,música…),de expresión corporal(contos ,pinturas,disfraces,pelotas…)

-Impresos:curriculo,programacións,documentos do centro,libros de fichas para o neno/a,gomets….

-audiovisuais:camará de video,de fotos ,ordenados ,pizarra dixital ,programas informaticos,paxinas web…

AVALIACIÓN É un elemento curricular de primeira orden e o compoñente imprescindible para

valorar o proceso educativo.

A evaluación inicial conoce-la situación inicial , para iso realizase unha entrevista cos pais e por outra banda observase o neno/a para ter un punto de partida para levar a cabo a acción educativa.Faise tamén unha avaliación continua e decir observase o proceso día a día ,de forma sistemática e coa posibilidade de ampliar ou adaptar segundo as necesidades,e por último realizase unha avaliación final e decir se o

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 117: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

117 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

alumno/a chega ó fin do proceso e ten como referente os obxectivos xerales da etapa de educación infantil.

A avaliación en todo momento relizase a través da observación no momento de traballo,xogo e actividade así como por medio da información proporcionada por país, profesores e especialistas en contacto co neno,e por outra banda é individualizada.

Na avaliación emprego como rexistro o diario e unha escala de observación/estimación con diferentes items que establecemos para cada UD.

AutoavaliaciónPara que a nosa práctica educativa sexa cada vez máis eficaz e necesario evaluar a

nosa intervención educativa seguindo unhas pautas de observación entre as que señalamos:

-A actuación didáctica foi….

-Adaptouse ás necesidades do alumnado e as suas capacidades.

-Foi suficiente o tempo empregado no desenvolvemento da unidade.

-A organización do espazo foi axeitada ó noso grupo de alumnos.

-Os materiais empregados foron os suficientes, motivadores e atractivos.

-etc..

ATENCIÓN Á DIVERSIDADEA concepción da escola como grupo humano implica a aceptación da diversidade do alumnado que, como parte dela, integra e enriquece o labor educativo. Esta aceptación da diversidade do alumnado supón, por parte dos educadores e das educadoras, unha análise e unha reflexión sobre e seu grupo de alumnos e alumnas, así como aceptar que cada un deles ten os seus propios intereses, as súas capacidades, necesidades, motivacións e estilos de aprendizaxe.

Co fin de garanti-la equidade, nova Lei de educación aborda os grupos de alumnos e de alumnas que requiren unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar algunha necesidade específica de apoio educativo e, así mesmo, establece os recursos precisos para acometer esta tarefa co obxectivo de logra-la súa plena inclusión e integración.

Cando falamos de alumnado con necesidades educativas específicas, referímonos ós nenos e ás nenas que proceden doutros países e doutras culturas, ós que posúen altas capacidades intelectuais e a aqueles con atraso no seu desenvolvemento de maduración –ben pola presenza dunha ou varias discapacidades ou por outros factores de análogos efectos–.

Os alumnos e as alumnas inmigrantes teñen os mesmos dereitos e deberes ca os españois. Débese facilita-la súa incorporación ó sistema educativo xa que poden descoñece-la lingua e a cultura española ou presentar graves carencias nos coñecementos básicos.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 118: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

118 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

Cos alumnos e coas alumnas superdotados intelectualmente débense adopta-las medidas necesarias para identificar e avaliar de forma temperá as súas necesidades. Para eles cómpre flexibiliza-la duración dos distintos niveis e das distintas etapas do sistema educativo, independentemente da idade que teñan. Nalgúns casos débese facilita-la súa escolarización en centros que poidan prestarlle unha atención adecuada.

Os nenos e as nena que requiran determinados apoios e determinadas atencións educativas específicas por padecer discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais, ou por manifestar graves trastornos da personalidade ou de conduta, deben ter unha atención especializada conforme ós principios de non discriminación e normalización educativa e coa finalidade de consegui-la súa integración. Debemos ofrecer unha adecuada resposta educativa que se axuste ás circunstancias e ás necesidades que neles concorren. Pódense introducir medidas de flexibilización das distintas etapas. A escolarización destes alumnos rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non discriminación e a igualdade efectiva.

A adecuada resposta educativa para tódolos alumnos e tódalas alumnas concíbese a partir do principio de inclusión. Enténdese que unicamente dese modo se garante o desenvolvemento de todos e de todas, favorécese a equidade e contribúese a unha maior cohesión social. A atención á diversidade é unha necesidade que abrangue tódalas etapas educativas e a tódolos alumnos e a tódalas alumnas, é dicir, trátase de contempla-la diversidade como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos.

Para dar resposta a estes alumnos e alumnas, adoptará e utilizará estratexias como:

• Modificación do tempo das aprendizaxes: as fichas de cada unidade didáctica non presentan ningunha orde de paxinación. Así, cada docente poderá traballalas en función da súa realidade educativa e das características individuais de cada un dos seus alumnos e de cada unha das súas alumnas.

• Adecuación da axuda pedagóxica.

• Adecuación da metodoloxía: o traballo individual, en parellas, en pequeno grupo e en gran grupo fai posibles secuencias educativas nas que a aprendizaxe ten carácter cooperativo e resulta beneficiosa para todos, á vez que posibilita o acceso ás zonas de desenvolvemento próximo.

• Adecuación das actividades ás diferenzas individuais do alumnado.

Polo tanto, realizaranse actividades que reforcen as aprendizaxes duns e que amplíen as dos outros. Ademais das actividades propostas para o traballo diario, cuxa realización está suxeita ó criterio de cada docente, incluíronse “actividades de reforzo” e “actividades de ampliación”; cómpre ter en conta que unhas mesmas actividades poderán ser consideradas como reforzo nun contexto escolar e como ampliación noutro. Hai que destacar tamén a ampla proposta de actividades en cada unha das páxinas dedicadas á explotación de cada ficha, o que amplía o abano de posibilidades de intervir á hora de abordar cada contido concreto e específico.

Este proxecto considera necesario desenvolver un currículo capaz de se adaptar ás necesidades individuais do alumnado, e ten moi presente a atención á diversidade nos seus materiais curriculares.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 119: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

119 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

O material do alumno e da alumna, polo seu deseño e polo seu carácter aberto e flexible, permite que unha mesma actividade se realice de distintas formas segundo as diferenzas individuais.

A proposta didáctica ofrece unha ampla variedade de actividades referidas a cada ficha de traballo, e outras que se inclúen ó final de cada unidade didáctica (xogos complementarios e de psicomotricidade).

Preséntanse tamén un gran número de recursos didácticos para o desenvolvemento da linguaxe, actividades relacionadas co ámbito musical e que, en todo momento, se require e precisa a colaboración da familia como complemento á atención á diversidade.

Os educadores e as educadoras poderán selecciona-las actividades de reforzo ou ampliación que estimen convenientes para os seus alumnos e para as súas alumnas.

Hai que salientar que o proxecto, polo seu carácter aberto e flexible, permite que cada educador ou educadora o adapte no currículo á heteroxeneidade dos nenos e das nenas da súa realidade.

Por último, para conseguir unha oferta educativa de calidade, en particular para o alumnado con necesidades educativas especiais, o profesorado da Educación Infantil colaborará cos profesionais especializados necesarios para introduci-las adaptacións axeitadas para a atención destes alumnos. Estas adaptacións poden ser non significativas se afectan a determinados elementos do currículo (metodoloxía, actividades, avaliación), pero non modifican os obxectivos; e significativas, se lles afectan ós elementos básicos da programación do nivel da Educación Infantil.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

-Festa do Nadal.

-Xogos populares.

-Día da paz.

-Festa do entroido

-Festa de fin de curso .

-Teatro.

-Contacontos .

-Excursión fin de curso.

-Tamén participamos en diferentes concursos como:

-concurso de postais do concello

-concurso de postais do centro.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 120: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

120 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

-E todas aquelas actividades que surdan o longo do curso e se poidan realizar.

PROXECTO LECTOR

Remítome o plan lector do centro.

NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

A escola non pode permanecer á marxe das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Os nenos e as nenas conviven desde o seu nacemento con todo tipo de equipos tecnolóxicos, e é un feito que viven con máis interese as actividades escolares e que manteñen mellor a atención se na aprendizaxe se empregan medios tecnolóxicos de información e de comunicación: televisión, cine, vídeo, DVD, fotografía e ordenador. Polo tanto, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e da comunicación presentes na vida infantil, requiren un tratamento educativo que inicie os nenos e as nenas na comprensión das mensaxes audiovisuais e na utilización axeitada, identificando o papel que estas novas tecnoloxías teñen nas súas vidas. Na etapa da Educación Infantil deberán iniciarse no uso de diversos instrumentos tecnolóxicos (ordenador, reprodutores de imaxe e son...) e no coñecemento de diferentes producións audiovisuais, valorando progresivamente os seus contidos e tomando conciencia da necesidade de utilizalos moderadamente.

Os máis pequenos asumen con naturalidade a presenza do ordenador no medio escolar. A propia aprendizaxe é para eles un xogo; e o ordenador é un recurso didáctico para aprender e xogar.

Por outro lado, non podemos esquecer que actualmente o manexo do ordenador é unha necesidade. A sociedade actual utilízao en tódolos ámbitos; se queremos prepara-lo alumnado para que sexa membro activo e integrado da sociedade, deben coñecer e saber utilizar esta tecnoloxía. Polo tanto, é importante empezar esta preparación desde os primeiros niveis educativos.

Traballaremos co ordenador e coa pizarra dixital uns materiais incluídos nun CD para cada curso que propoñen un conxunto de actividades, xogos, exercicios divertidos, atractivos, baseados no debuxo infantil, que incita os nenos e as nenas a resolver situacións de pequenos conflitos e fácil resolución e cuxa realización resulta gratificante e motivadora. En definitiva, consiste en xogar e aprender utilizando o ordenador.

Os contidos propios da Educación Infantil que a través destas novas habilidades e destrezas se van poder desenvolver serán:

3 anos:• Movemento co rato, sinalar co rato, facer clic co rato, facer clic e arrastrar.

• As cores vermella, amarela e azul.

• Algúns conceptos espaciais.

• Sons e instrumentos musicais.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

Page 121: centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/... · Web view– Celebracións e festas do ano: aniversario, Samaín, Nadal e Entroido. – Participación

121 / 121

Programación 2º ciclo de educación infantil

• Números 1, 2 e 3 e os conceptos correspondentes a estas cantidades.

• Cuantificadores e nocións básicas de medida.

• Parellas escondidas.

• Educación do trazo e direccionalidade.

• Introdución ás primeiras vogais.

• Descubrimento do medio: estacións, paisaxes, animais, tendas, medios de transporte…

• Figuras: círculo, cadrado e triángulo.

4 anos:• Grafomotricidade a través do trazo e a direccionalidade.

• Cores: verde, laranxa, morado, rosa, branco, negro, gris e marrón.

• Algunhas nocións espaciais.

• Discriminación sensorial.

• Series de razoamento lóxico.

• Serie numérica: do 1 ó 6 e os seus correspondentes conceptos de cantidade.

• Algúns cuantificadores e nocións básicas de medida.

• Iniciación á lectoescritura a través dun xogo de vogais que consiste no recoñecemento das distintas vogais dentro de debuxos e palabras que as conteñen.

• Figuras: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo e rombo.

5 anos:• Grafomotricidade a través da realización dos distintos trazos e xogos de labirintos.

• Cores: tons dalgunha delas, azul claro, azul escuro, amarelo claro e escuro e reforzaranse o resto de cores primarias e as súas combinacións.

• Algúns conceptos espaciais.

• Educación musical.

• Representación numérica; practicarán a través das actividades de aprendizaxe dos números do 1 ó 9 e do 0 e a súa asociación coas cantidades correspondentes.

• Algúns cuantificadores e nocións básicas de medida.

• Algunhas propiedades dos obxectos.

• Composición de quebracabezas.

• Razoamento lóxico.

CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás