vocabulario de cine

18

Click here to load reader

Upload: antoniocruzdosar

Post on 15-Apr-2017

1.326 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vocabulario de cine

UN VOCABULA

RIO «DE CINE»

«Cine e libros» 2015-2016

Page 2: Vocabulario de cine

Aquí tedes vocabulario para acercarvos un pouco ao cine. É unha selección de palabras básicas ordenadas alfabéticamente. Se queredes saber máis, podedes consultar esta páxina. www.muchomasquecine.com/biblioteca/vocabulario-de-cine/

Acción: voz de mando dada polo director no set de rodaxe que indica o inicio da actuación.

Atrezzo: conxunto de instrumentos, ferramentas, mobles e todo tipo de obxectos que se usan na decoración dunha determinada escena.

Argumento: historia ou asunto sobre o que trata unha película. Pode estar baseado en feitos reais, ficticios ou

ser unha adaptación dunha obra literaria.

Page 3: Vocabulario de cine

Audio: sons, diálogos e calquera efecto sonoro que poida ser capatado polo micrófono.

Banda sonora: contén o son da película, é o resultado da mestura das bandas separadas de diálogos, música e efectos.

Page 4: Vocabulario de cine

Cameo: aparición breve dunha persoa famosa nunha película sin que apareza nos créditos nin reciba remuneración.

Page 5: Vocabulario de cine

Casting: etapa da preproducción que consiste na búsqueda e entrevista de actores e actrices.

Claqueta: pizarriña con brazo articulado na que se realizan as anotacións sobre o número de secuencia, de plano e de toma necesarias para sincronizar o son e para o proceso de montaxe.

Page 6: Vocabulario de cine

Curtametraxe: película cunha duración inferior a trinta minutos.

Créditos: relación de persoas que interviñeron na realización dunha película que aparecen ao principio ou ao final.

Decorador: encargado do diseño e da preparación dos decorados.

Director: é o que se ocupa de todo o proceso creativo dunha película. Coordina, dirixe e guía artísticamente a todo o equipo.

Page 7: Vocabulario de cine

Efectos especiais: todo tipo de técnicas para crear escenarios e accións que non se poden facer de forma real por ser perigoso, caro ou fantástico.

Doblaxe: técnica aplicada para substituir os diálogos do idioma orixinal por outro idioma.

Page 8: Vocabulario de cine

Escena: toma que abarca a entrada e saída de actores no campo de filmación.

Estilista: profesional que se dedica a asesorar sobre a imaxe de actores e actrices.

Figurante: intérprete de pouca ou escasa participación en escena e que xeralmente contribúe á constitución de masas. Extra.

Page 9: Vocabulario de cine
Page 10: Vocabulario de cine

Fotograma: mínima unidad de contenido do celuloide. Fotografía estática.

Figurinista: deseñador do vestuario. Debe traballar en íntima conexión co escenógrafo para unificar criterios en canto ao estilo cromático, época e ambiente.

Page 11: Vocabulario de cine

Guión: é un texto completo no que se describen todas as accións, personaxes, localizacións, diálogos, etc. para a súa posterior realización.

Longametraxe: película de duración superior a unha hora.

Xénero cinematográfico: diferentes categorías nas que se clasifican

formalmente as películas segundo as súas características temáticas e narrativas.

Making of: reportaxe que documenta as curiosidades e técnicas da rodaxe dun filme. Este vídeo soe ter un obxectivo publicitario.

Mezcla: proceso que consiste en grabar xuntas, nunha soa pista sonora, todas as grabacións illadas que se fixeron durante o proceso de sonorización (diálogos, músicas, efectos sala, …)

Page 12: Vocabulario de cine

Plano: conxunto de imaxes rodadas de forma continua. http://www.solosequenosenada.com/misc/tipos-de-planos-cine/110_plano_detalle.php http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/tiposdeplano.htm

Page 13: Vocabulario de cine

24/11/15

Precuela: película producida despois doutra que se desenrola nun mismo “universo” pero nun tempo anterior.

Plató: Set. Lugar cerrado onde se constrúen os decorados para filmar unha película ou algunhas escenas. Os grandes estudios posúen varios platós nos cales traballan paralelamente distintas películas. Por exemplo, os estudios de Hollywood.

Page 14: Vocabulario de cine

Productor: é quen aporta o diñeiro ou se encarga de atopaño. Xeralmente, son empresas cinematográficas.

Premiere: primera proxección para o público e para os medios de comunicación.

Page 15: Vocabulario de cine

Premios Óscar: tamén coñecido como “Premios da Academia”. Son os premios máis importantes na industria do cine que se entregan anualmente pola Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas en LA (Teatro Kodak).

Premios Goya: Premios do cine español.

Premios Mestre Mateo: Premios entregados pola Academia Galega do Audiovisual, a fin de fomentar o cine, a televisión e a publicidade.

Page 16: Vocabulario de cine

Remake: Nova versión dunha película xa lanzada anteriormente.

Sinopsis: exposición xeral do argumento dunha película e dos seus protagonistas.

Superproducción: película con grandes presupostos e espectacularidade. Asóciase coa industria cinematográfica de Hollywood.

Page 17: Vocabulario de cine

24/11/15

Trailer: anuncio en forma de avance de curta duración sobre unha película que se estrenará proximamente. https://www.youtube.com/watch?v=dr-I7zbEn9g

Técnico de iluminación: é o encargado dos elementos de iluminación nun rodaxe.

Page 18: Vocabulario de cine

Voz en off: voz de fondo dun narrador.

Zoom: lente de distancia focal que permite unha sensación de lexanía ou cercanía a un obxecto ou suxeito.

Trama: orde na que aparecen os acontecementos dentro da narración.

Se queredes saber máis, podedes consultar esta páxina. www.muchomasquecine.com/biblioteca/vocabulario-de-cine/