visita viveiro
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
Visita Viveiro Melide
Santiago Gutiérrez Rodríguez
pág. 1
Esta semana fixemos unha visita a un viveiro permanente de producción forestal e
ornamental, e tivemos a ocasión de ver parte do ciclo productivo do mesmo, na ladeira
que levaba a un riachuelo podaban rebrotes de Castanea, así tiñan o esgallo coa
suficiente forza para almacenalo ata a súa venda; reproducían por sementes
Eucalyptus nunha cámara de xerminación cun control máis óptimo da temperatura e
da humidade; e no que era o plantel ou zona de crecemento tiñan máis árbores
ornamentais como coníferas e especies arbustivas en exterior, así como dúas
especies de pinus de orixe tropical de xeito decorativo que chamou a atención
dalguns.
Chegamos dous autobuses de alumnos e profesores e a visita comeza ó baixarnos
onde nos esperaba un encargado do viveiro que nos deu unha introducción sobre a
qué se dedicaban no viveiro e os sistemas que utilizaban para poder xerar unha planta
de boa calidade tendo en conta as enfermidades que afectan ás especies que
traballaban.
Comentou que o chancro e a tinta eran dous dos
principais problemas, aparte dalgunha praga de
avispiña do castano que se combatía con loita
bioloxica, do castano de producción para castaña
principalmente, xa que era o máis común en Galicia, e
por eso cultivaban híbridos resistentes ás
enfermidades como a Castanea hybrida ou castano
híbrido que resistía o ataque do fungo que causa a
enfermidade da tinta, comentou que se había
estudiado que o Phytophthora, causante do ataque,
dábase mellor en zonas costeras hasta 600 msnm,
por riba desa cota non se daban as características
propicias para o seu desenvolvemento. O mesmo
pasa, comentou, co gorgullo do eucalipto, dase mellor
ata os 700 msnm.
Falou dos distintos hibridos que manexaban segundo o uso
que se lles quixera dar, se eran ben para aproveitar o froito
para o que era mellor o Castanea sativa, ou ben para
outros usos. Téñenos identificados por un número posto
nunha etiqueta no pé da árbore, e así recoñecen que
todo o bancal é da mesma especie.
pág. 2
A seguinte parada levounos a unha zona
formada por bancais de distintas especies de
castano que quedaba xusto onde estaba a
entrada do viveiro por fora e onde habían dúas
mulleres traballando.
Estaban podando o que eran os esgallos que
ían aproveitar para ter outra planta máis, para
o cal a labor de corta debería ser precisa
buscando a pequena raíz que permitirá que
ese esgallo prenda ben, e facendo un corte
limpo e oblicuo para evitar a entrada de fungos
ou patóxenos que poidan debilitar a planta nai.
A planta nai plantase tamén por esgallo que
cada ano vai botando multitude de fillos que
gracias ás hormonas de enraizamento terán
esa pequena raíz no esgallo.
En esta parada, amosounos o lugar onde se
aviveiraban en lotes de 10 ou 25 plantas
dependendo do tamaño, tocando coas raíces
no solo para facilitar os movementos dos
castanos e ter as raíces protexidas; no
exterior nunha colina en pendiente, por
especie e tamaño ou idade a raíz núa ata a
súa venda.
Cada lote leva unha identificación que
permite a rapidez á hora de facer movementos
da especie solicitada.
Había boa vista desde esa colina e podíase
ver parte do viveiro que estaban usando como
zona de maduración de planta no exterior de
outras variedades, e tamén un sitio donde
facían o seu propio compost con madeira e
verde.
pág. 3
A seguinte parada á que nos acompañou foi nun
alpendre ó que se accedía dende a entrada que
facía as veces de garaxe onde había un tractor
restaurado, un tractor mais moderno algún coche
todoterreo e un chimpin que apartou para que
poidera sair un traballador cun tractor máis grande.
No medio do alpendre construiuse unha cámara de
xerminado que nese momento estaba ocupada por
sementes de Eucalyptus.
A función da cámara é o manter a temperatura, luz
e humidade óptima para o desenrolo necesario
para a súa xerminación, en bandexas cunha
identificación e colocadas como se pode ver na
foto ó longo de unhas 4 semanas nun ambiente
escuro e húmido a 1-4ºC. O aire corre na cámara
en parte gracias a un estractor instalado ó final da
parte central. A semilla brotará ós poucos días de
sair da cámara.
Éste proceso é imprescindible para maximizar un
porcentaxe de xerminación alto das plantas, ainda
que non todas as plantas precisan pasar polo
xerminado, por se poder multiplicar mediante
esgallo con mais facilidade, dependendo da especie que se queira reporoducir.
Un edificio que estaba a carón do
alpendre era un invernadoiro, foi a
seguinte parada da visita, en donde se
plantaba no chan ordenados en mesas,
ou en bandexas de alveolos varias
especies de Eucalyptus. Dispoñían de
microriego aéreo dentro de todo o
invernadoiro que se activa cada poucos
minutos cun temporizador para manter
a humidade sempre, plantadas sobre
unha terra boa, unha mistura de humus,
e tamén o suelo con malla antiherbas
na zona do camiño e entre mesas de
cultivo. Ó final do pasillo do
invernadoiro colleunos o aspersor como
nota de que o tiñan programado cada
pouco tempo.
pág. 4
Comentounos o traballo que levaba
facer ista labor xa que se facia todo a
man, tanto o plantado da semente como
o repicado.
As plantas de cada mesa estaban
plantadas na mesma data así podíase
ver case os distintos tamaños dende
que o Eucalyptus está recién sembrado
ata o que esta a pouco de saír ao
exterior, porque crecen as raíces e
necesitan ser repicadas, cambiadas de
tiesto e lugar cada certo tempo según
vai medrando; tamén se escollen neste
invernadoiro as plantas que mellor
saúde teñen co raleo e posterior
trasplante.
A visita rematou despois de dar un
paseo pola zona do exterior vendo
plantas de distintas especies e familias
que o seu destino era a producción en
contedor ou con cepellón; o guía dixo
que tiñan venda ó detalle así tamén ó por maior.
Tiñan unha variedade rara de pino de orixe
mexicano chamado Pinus wichiacana cunhas
acículas longas dispostas en grupos de 3 como o
radiata.