vicerreitorÍa de profesorado - usc · escola universitaria, con dedicación a tempo completo na...

20
Páxina 1 de 4 VICERREITORÍA DE PROFESORADO Colexio de San Xerome • Praza do Obradoiro s/n 15782 Santiago de Compostela Tfnos.: 881 811 005 • Fax: 881 811 205 Correo electrónico: [email protected] CONVOCATORIA DO ANO 2018 DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS DE PROMOCIÓN DE CATEDRÁTICO/A DE UNIVERSIDADE POLA QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) Unha vez aprobada polo Consello de Goberno do 20 de marzo de 2018 a Oferta de Emprego Público (OEP) para o ano 2018 no relativo ás prazas de promoción interna ao corpo de Catedrático de Universidade, e ao abeiro do acordo do Consello de Goberno do 10 de xullo de 2018, polo que se aproba o Regulamento para a asignación de prazas de catedrático/a de Universidade pola quenda de promoción interna na USC (en diante Regulamento), resolvo abrir a convocatoria de asignación de cátedras a áreas de coñecemento para o ano 2018: 1ª.- Obxecto O obxecto desta convocatoria é a asignación de 15 prazas de catedrático/a de universidade a áreas de coñecemento que conten na Universidade de Santiago de Compostela con profesorado acreditado para este corpo. 2ª.- Requisitos dos participantes Poderán concorrer a esta convocatoria os departamentos cuxas áreas de coñecemento conten con profesorado que cumpra os seguintes requisitos: 1) Ser funcionario do corpo docente de Profesor Titular de Universidade ou do de Catedrático de Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas que signifiquen o dereito á reserva de posto na USC e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos nas ditas categoría e condicións. 2) Estar acreditado ao corpo de Catedrático de Universidade. 3) Non cumprir a idade de xubilación forzosa no ano da convocatoria de asignación de cátedras. 4) Non ter xerado unha praza de promoción interna a catedrática/o de universidade nas dúas últimas convocatorias resoltas. 5) Non ter sido sancionado mediante expediente disciplinario na USC, nin condenado por sentenza xudicial no ámbito penal por delitos e faltas relacionados coa súa actividade profesional ou con violencia de xénero. Non serán tidas en conta aquelas sancións que estean prescritas ou foran canceladas. 6) Non pertencer a unha área de coñecemento á que lle sexa de aplicación o disposto no artigo 8, parágrafo terceiro, do Regulamento. 3ª.- Tramitación das solicitudes e documentación 1. O/A profesor/a que desexe participar no proceso de asignación de cátedras deberá manifestar diante do seu departamento o seu interese en facelo. Para iso deberá cubrir e presentar no Departamento o seguinte formulario: a) Expresión de interese do/a profesor/a acreditado/a a Cátedratico/a de Universidade”. Neste formulario preimpreso o profesor/a acreditado/a a cátedra expresa o interese en participar na promoción interna e tamén fai unha declaración responsable de que cumpre os requisitos esixidos

Upload: others

Post on 17-Nov-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

Páxina 1 de 4

VICERREITORÍA DE PROFESORADO Colexio de San Xerome • Praza do Obradoiro s/n 15782 Santiago de Compostela Tfnos.: 881 811 005 • Fax: 881 811 205 Correo electrónico: [email protected]

CONVOCATORIA DO ANO 2018 DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS DE PROMOCIÓN DE CATEDRÁTICO/A DE UNIVERSIDADE POLA QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)

Unha vez aprobada polo Consello de Goberno do 20 de marzo de 2018 a Oferta de Emprego Público (OEP) para o ano 2018 no relativo ás prazas de promoción interna ao corpo de Catedrático de Universidade, e ao abeiro do acordo do Consello de Goberno do 10 de xullo de 2018, polo que se aproba o Regulamento para a asignación de prazas de catedrático/a de Universidade pola quenda de promoción interna na USC (en diante Regulamento), resolvo abrir a convocatoria de asignación de cátedras a áreas de coñecemento para o ano 2018:

1ª.- Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a asignación de 15 prazas de catedrático/a de universidade a áreas de coñecemento que conten na Universidade de Santiago de Compostela con profesorado acreditado para este corpo.

2ª.- Requisitos dos participantes

Poderán concorrer a esta convocatoria os departamentos cuxas áreas de coñecemento conten con profesorado que cumpra os seguintes requisitos:

1) Ser funcionario do corpo docente de Profesor Titular de Universidade ou do de Catedrático de Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas que signifiquen o dereito á reserva de posto na USC e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos nas ditas categoría e condicións.

2) Estar acreditado ao corpo de Catedrático de Universidade.

3) Non cumprir a idade de xubilación forzosa no ano da convocatoria de asignación de cátedras.

4) Non ter xerado unha praza de promoción interna a catedrática/o de universidade nas dúas últimas convocatorias resoltas.

5) Non ter sido sancionado mediante expediente disciplinario na USC, nin condenado por sentenza xudicial no ámbito penal por delitos e faltas relacionados coa súa actividade profesional ou con violencia de xénero. Non serán tidas en conta aquelas sancións que estean prescritas ou foran canceladas.

6) Non pertencer a unha área de coñecemento á que lle sexa de aplicación o disposto no artigo 8, parágrafo terceiro, do Regulamento.

3ª.- Tramitación das solicitudes e documentación

1. O/A profesor/a que desexe participar no proceso de asignación de cátedras deberá manifestar diante do seu departamento o seu interese en facelo. Para iso deberá cubrir e presentar no Departamento o seguinte formulario:

a) “Expresión de interese do/a profesor/a acreditado/a a Cátedratico/a de Universidade”. Neste formulario preimpreso o profesor/a acreditado/a a cátedra expresa o interese en participar na promoción interna e tamén fai unha declaración responsable de que cumpre os requisitos esixidos

Page 2: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

Páxina 2 de 4

VICERREITORÍA DE PROFESORADO Colexio de San Xerome • Praza do Obradoiro s/n 15782 Santiago de Compostela Tfnos.: 881 811 005 • Fax: 881 811 205 Correo electrónico: [email protected]

na convocatoria. É aconsellable que esta expresión de interese se presente canto antes, a máis tardar o día 17 de xullo, co fin de que os Departamentos dispoñan do tempo necesario para a tramitación da solicitude de asignación da praza.

No caso de que xa conste a acreditación ao corpo de Catedrático de Universidade nos arquivos da USC, o/a profesor/a interesado/a simplemente deberá marcar a casilla correspondente. No caso de que a acreditación non conste, o/a profesor/a acreditado/a deberá sinalar a outra casilla e achegar a acreditación xunto coa solicitude. No caso de que a acreditación non estea compulsada ou cotexada no Servizo de Planificación de PDI, soamente terá efectos na presente convocatoria e non se achegará ese documento ao arquivo de Xestión de Persoal da USC.

2. Os/as directores/as dos Departamentos trasladarán ao Consello de Departamento as expresións de interese para que este adopte o correspondente acordo e solicite a asignación de prazas de Catedrático de Universidade ás áreas de coñecemento a que pertenzan os/as profesores/as acreditados/as.

Os formularios que cumprimentará e presentará o Departamento son os seguintes:

a) “Certificación do Consello de Departamento”. Neste formulario preimpreso deberán constar os datos do departamento solicitante, así como a data da sesión do Consello de Departamento no que se aproba a solicitude de asignación de cátedra. Tamén se incluirán os nomes dos/as profesores/as acreditados/as que manifestaron o seu interese na promoción e as áreas de coñecemento a que pertencen.

b) “Solicitude de asignación de praza /convocatoria de concurso de persoal docente funcionario do corpo de Catedráticos de Universidade quenda de promoción interna”. Neste formulario preimpreso deberán constar, ademais dos datos propios do departamento, os do perfil de cada unha das prazas que se solicitan e o nome e categoría do/a profesor/a que expresou o seu interese nela.

3. Os departamentos serán responsables de presentar no Rexistro Xeral os tres formularios debidamente cumprimentados, xunto coa copia da credencial de acreditación, agás que esta xa figure no expediente persoal do profesor ou profesora.

4. No enlace da web http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/asignacion_catedras.html) do Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigación están publicados os formularios para este procedemento.

5. Non será necesario que os departamentos se pronuncien sobre as eventuais peticións de mobilidade ata a publicación da relación provisoria de asignación das prazas ás áreas de coñecemento.

4ª.-Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de asignación debidamente cumprimentadas, xunto co resto da documentación sinalada no apartado 3, deberán ser presentadas polos departamentos ata o día 27 de xullo de 2018, en calquera dos seguintes rexistros:

• Rexistro Xeral desta Universidade, situado no Campus de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela)

• Rexistro Xeral desta Universidade, situado no Campus de Lugo (Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, Avda. Bernardino Pardo Ouro s/n, Polígono Fingoi, 27002 Lugo)

• Rexistro electrónico da USC, no enderezo:

Page 3: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

Páxina 3 de 4

VICERREITORÍA DE PROFESORADO Colexio de San Xerome • Praza do Obradoiro s/n 15782 Santiago de Compostela Tfnos.: 881 811 005 • Fax: 881 811 205 Correo electrónico: [email protected]

https://sede.usc.es/sede/publica/index.htm;jsessionid=971F5BC675DDC4C237B7242F932C9164.sedepro128

A presentación das solicitudes fóra dos prazos e procedementos sinalados implicará a non admisión a trámite das solicitudes, o que significará non participar no proceso de asignación de cátedras.

Os departamentos poderán adiantar, a título informativo, as solicitudes por correo electrónico ao enderezo [email protected].

5ª.- Proposta de asignación de prazas

Tal e como establece o Regulamento, as solicitudes presentadas serán ordenadas segundo os criterios establecidos.

No caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a realizar a asignación atendendo ao criterio de antigüidade na acreditación ao corpo de catedrático de universidade, conforme se establece no artigo 5 do Regulamento.

A totalidade das prazas de promoción interna asignaranse ás áreas de coñecemento unha vez ordenadas as solicitudes formuladas polos departamentos de acordo coa data de resolución de acreditación ao corpo de catedrático de universidade, da data máis antiga á mais recente.

No caso de que o número de solicitudes sexa igual ou menor que o de prazas ofertadas, unicamente se asignarán as prazas de catedrático de universidade a aquelas áreas de coñecemento que formularan solicitude.

Os casos de empate resolveranse segundo os principios de antigüidade e prelación do PDI recollidos na normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos na USC, aprobada por Consello de Goberno do 4 de febreiro de 2015.

6ª.- Lista provisoria e reclamacións

A Vicerreitoría de Profesorado fará pública a lista provisional das áreas ás que se asigna praza e abrirá o prazo correspondente para examinar a documentación e presentar, de ser o caso, as oportunas alegacións, que serán resoltas pola citada Vicerreitoría antes da aprobación definitiva da asignación polo Consello de Goberno.

7ª. Creación de prazas de catedrático de universidade

Á vista da proposta da Vicerreitoría de Profesorado, o Consello de Goberno, previo informe da Comisión de Organización Académica e Profesorado, aprobará as areas de coñecemento e campus nos que se crean as prazas de catedrático de universidade, seguindo o procedemento establecido para a modificación da Relación de Postos de Traballo.

8ª. Condicións da asignación

O/a profesor/a que tome posesión da praza de catedrática/o de universidade creada non poderá solicitar un cambio de adscrición de campus nin a asignación temporal da súa docencia noutro campus diferente nun período de seis cursos académicos.

Unha vez resolto o concurso, a praza de profesor titular de universidade ocupada polo novo catedrático será amortizada.

Page 4: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

Páxina 4 de 4

VICERREITORÍA DE PROFESORADO Colexio de San Xerome • Praza do Obradoiro s/n 15782 Santiago de Compostela Tfnos.: 881 811 005 • Fax: 881 811 205 Correo electrónico: [email protected]

Para o caso de que o proceso de promoción reportara un aumento de efectivos da área de coñecemento, a citada área non poderá participar en ningunha convocatoria de asignación de cátedras por promoción interna durante os cinco anos seguintes.

9ª. Das comisións de selección

Unha vez resolta a convocatoria de asignación de cátedras, os departamentos proporán á Vicerreitoría de Profesorado o presidente e secretario da Comisión de Selección así como un dos vogais e os respectivos suplentes.

O Departamento achegará ademais no modelo de formulario correspondente, unha proposta de 6 candidatas e 6 candidatos entre os que se elixirán por sorteo os dous vogais restantes da Comisión de Selección e os seus correspondentes suplentes. O sorteo realizarase no servizo con competencias en materia de planificación de persoal docente e investigador de xeito que a Comisión de Selección cumpra cos criterios establecidos de paridade e universidade de procedencia dos membros.

O formulario que deberá cumprimentar e enviar é o seguinte:

a) “Proposta de comisión de selección de PDI funcionario acreditado”. Neste formulario, ademais dos datos xerais do departamento, deberán incluírse a información relativa aos candidatos propostos para formar parte da comisión de selección.

No enlace da web http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/asignacion_catedras.html) do Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigación están publicados os formularios para este procedemento.

En todo caso, co obxecto de axilizar o proceso de configuración das Comisións de Seleccións dos concursos, os departamentos aos que pertenzan as áreas de coñecemento ás que se lle asigne provisoriamente cátedra deberán achegar ao Servizo de Planificación de PDI a proposta de comisión correspondente ata o día 4 de setembro de 2018, no caso de non tela enviado con anterioridade.

Poderán adiantar a proposta mediante correo electrónico ao enderezo [email protected]

O Consello de Goberno aprobará, previo informe da COAP, a composición das comisións tendo en conta a normativa aplicable.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018

O reitor

P.D. (R.R. 20.06.2018– DOG 29.06.2018)

O vicerreitor de Profesorado

Ernesto González Seoane

Taboleiro electrónico da USC

Page 5: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

CALENDARIO DE TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CÁTEDRAS 2018

(Ten carácter meramente informativo e está suxeito ás variacións que se poidan producir como consecuencia da actuacións dos órganos da USC e externos)

Data de referencia

Resumo da actuación Orixe da actuación

Destino da actuación

12/07/2018 Publicación convocatoria de asignación de cátedras 2018.

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación no Taboleiro Electrónico da USC para xeral coñecemento

17/07/2018

Data límite para que o profesorado acreditado ao corpo de catedráticos de Universidade presente no Departamento o documento “Expresión de interese do/a profesor/a acreditado/a a Catedrático/a de Universidade”.

Profesorado acreditado ao corpo de catedráticos da USC

Departamentos

27/07/2018

Data límite para que os Departamentos presenten nos Rexistros Xerais da USC de Santiago ou Lugo ou ben a través do Rexistro Electrónico da USC: .A solicitude de asignación de praza de catedrático. .O certificado do Departamento no que se consigne acordo do Consello de Departamento relativo á solicitude de asignación. .A expresión do interesado en participar na promoción interna.

Departamentos da USC Vicerreitoría de Profesorado

31/07/2018

Data límite para a publicación da lista provisional das áreas ás que se asigna praza de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna.

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación no Taboleiro Electrónico da USC para xeral coñecemento

04/09/2018

Data límite para a presentación de alegacións á lista provisional das áreas ás que se asigna praza de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna.

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación no Taboleiro Electrónico da USC para xeral coñecemento

Data límite para o envío das propostas de Comisión de Selección para as prazas de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna.

Departamentos da USC Vicerreitoría de Profesorado

07/09/2018 Data límite para o sorteo dos vogais das Comisións de Selección de prazas de catedráticos de universidade.

Servizo de Planificación de PDI

Público xeral

Setembro 2018

Convocatoria da Mesa de Negociación de PDI para que informe sobre a proposta de asignación e das comisión de selección.

Vicerreitoría de Profesorado Mesa de Negociación PDI

Convocatoria da COAP para informar sobre a proposta de asignación e as Comisión de Selección.

Vicerreitoría de Profesorado COAP

Page 6: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas

Data de referencia

Resumo da actuación Orixe da actuación

Destino da actuación

Convocatoria de Consello de Goberno. Secretaría Xeral Membros do Consello de Goberno

Convocatoria do Consello Social para informar sobre a modificación da RPT de PDI derivada da asignación de cátedras.

Secretaría do Consello Social da USC

Membros do Consello Social

Envío da convocatoria de prazas de funcionarios do corpo de catedráticos de universidade ao BOE e ao DOG.

Vicerreitoría de Profesorado

BOE DOG

Publicación no DOG e no BOE da convocatoria de prazas de funcionarios do corpo de catedráticos de universidade.

BOE DOG Público xeral

Outubro 2018 Presentación de solicitudes.

Profesorado acreditado da USC

Vicerreitoría de Profesorado

Novembro 2018

Publicación das listas provisionais de aspirantes a cátedras de universidade.

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación no Taboleiro Electrónico da USC para xeral coñecemento

Presentación Subsanación defectos nas solicitudes.

Profesorado acreditado da USC

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación das listas definitivas de aspirantes a cátedras de universidade.

Vicerreitoría de Profesorado

Publicación no Taboleiro Electrónico da USC para xeral coñecemento

Envío da documentación ás Comisións de Selección.

Vicerreitoría de Profesorado Comisións de Selección

Decembro 2018

Actuación das Comisións de Selección de prazas de catedráticos de universidade.

Comisións de Selección

Envío da proposta de provisión. Comisións de Selección Vicerreitoría de Profesorado

Presentación de reclamacións á proposta provisión. Aspirantes Vicerreitoría de Profesorado

Nomeamento de catedrático/a de universidade

Vicerreitoría de Profesorado Aspirante proposto

Page 7: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 8: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 9: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 10: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 11: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 12: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 13: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 14: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 15: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 16: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 17: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 18: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 19: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas
Page 20: VICERREITORÍA DE PROFESORADO - USC · Escola Universitaria, con dedicación a tempo completo na USC, estar en situación de servizo activo ou naqueloutras situacións administrativas