unidad 1 - edu.xunta.gal€¦  · web view- saber acentuar graficamente as palabras agudas, ......

59
CEIP ISAAC PERAL LINGUA GALEGA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA PROGRAMACIÓN DE AULA

Upload: buikien

Post on 20-Sep-2018

234 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

CEIP ISAAC PERAL

LINGUA GALEGA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

PROGRAMACIÓN DE AULA

Page 2: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

AVALIACIÓN INICIAL

Na primeira quincena do curso realizarase una proba de avaliación inicial que consistirá en :

- Lectura en voz alta.- Comprensión lectora.- Expresión escrita: consistirá nun resumo dun texto lido.

UNIDADE 1

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler unha narración con diálogo de forma comprensiva. 2. Recoñecer os elementos característicos dunha narración. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido aos alimentos. 4. Buscar palabras en distintos tipos de dicionario. 5. Clasificar nomes e identificar os seus morfemas flexivos. 6. Coñecer e aplicar correctamente as regras básicas de acentuación.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de setembro e primeira semana de outubro

- Lectura: Así como cho conto (Paula Carballeira: Olo-Iepu-Iepu, ed. Galaxia, col. Árbore, 1999, adapt.).

- Expresión: Os elementos da narración.- Vocabulario: Léxico referido aos alimentos; os dicionarios.- Gramática: O nome (clases e xénero e número).- Ortografía: Regras xerais de acentuación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e corrección unha narración. 1.2. Comprende o sentido global dunha narración e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica os elementos constitutivos dunha narración: narrador, personaxes,

espazo e tempo.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 1

Page 3: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

3.1. Asimila e aplica o léxico aprendido: vocabulario relacionado cos alimentos e palabras da lectura.

4.1. Coñece diferentes tipos de dicionario e consulta o que corresponde segundo o tipo de busca que faga.

5.1. Clasifica correctamente os nomes en: comúns e propios, concretos e abstractos, contables e non contables, individuais e colectivos.

5.2. Identifica os trazos morfolóxicos dos nomes e forma o feminino dalgúns substantivos en masculino, así como o plural dalgúns substantivos en singular.

6.1. Aplica as normas básicas de acentuación.

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Identificar os elementos característicos dun texto narrativo.- Utilizar distintos tipos de dicionarios.- Clasificar os nomes e coñecer algunhas regras básicas para a formación do feminino e

do plural.- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, graves e esdrúxulas.

METODOLOXÍA

- Repasar contidos xa estudados no curso anterior.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: como responder as actividades do libro, finalidade dos seus

apartados...; buscar información en Internet e aproveitar os recursos didácticos e culturais que ofrece; buscar información en distintos tipos de dicionario; facer esquemas, etc.

- Fomentar no alumnado o interese pola oferta educativa da rede.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Suxerirlles a algúns alumnos e alumnas que representen, mediante o mimo, personaxes de conto e que os compañeiros intenten adiviñar de cales se trata.

- Ir á aula de informática para crear, coa axuda do profesor ou da profesora, o blog que se propón no apartado «E dou un paso máis…».

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara aos problemas dos demais e actitude de colaboración.- Valoración da importancia dunha alimentación sá.- Valoración do uso responsable das novas tecnoloxías da información e

aproveitamento didáctico das mesmas.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 2

Page 4: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 2

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler un conto con fluidez e corrección. 2. Recoñecer as partes dunha narración. 3. Dominar e utilizar o vocabulario relacionado co salón. 4. Recoñecer e aplicar as palabras sinónimas e antónimas. 5. Identificar os determinantes e as contraccións que forman algúns deles con certas

preposicións. 6. Coñecer e aplicar algunhas regras especiais de acentuación.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres últimas semanas de outubro

- Lectura: De portas a dentro (Vicente Risco: «A dona encantada», en Tres contos marabillosos, ed. Galaxia, col. Árbore, 2008, adapt.).

- Expresión: As partes da narración.- Vocabulario: Léxico referido ao salón; sinónimos e antónimos.- Gramática: Os determinantes (clases e algunhas contraccións).- Ortografía: Casos especiais de acentuación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un conto con fluidez e corrección. 1.2. Comprende o sentido global dun conto e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica as partes que forman a estrutura dun texto narrativo: marco, historia ou

trama e solución. 3.1. Asimila e aplica o léxico aprendido: vocabulario relacionado cos obxectos que se

poden atopar nun salón e palabras e expresións da lectura. 4.1. Identifica sinónimos e antónimos de palabras dadas. 4.2. Substitúe palabras polos seus sinónimos e forma antónimos de palabras dadas

engadíndolles prefixos. 5.1. Identifica os determinantes en oracións e textos dados. 5.2. Recoñece algunhas contraccións de preposición determinante e os elementos

que as forman. 6.1. Aplica correctamente algunhas regras especiais de acentuación gráfica.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 3

Page 5: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer as partes que compoñen un texto narrativo.- Relacionar palabras cos seus sinónimos e antónimos.- Distinguir os determinantes doutras clases de palabras.- Coñecer e utilizar certas normas especiais de acentuación.

METODOLOXÍA

- Fomentar no alumnado o manexo do dicionario de sinónimos e antónimos.- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas;

establecer relacións semánticas e gramaticais lóxicas; desenvolver a atención para descifrar información, etc.

- Fomentar no alumnado o interese polos contos, así como por algúns autores da nosa literatura.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Ler os relatos que escribiron no apartado de «Expresión» e votar o que máis lles gustou.

- Falar na clase de actividades e celebracións propias do outono, como a vendima ou o Magosto. Os alumnos e alumnas compartirán cos demais as súas experiencias.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara ás persoas que precisan axuda e actitude de colaboración.- Interese polos contos tradicionais e por algúns autores da nosa literatura.- Actitude de respecto cara ao traballo de creación dos compañeiros.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 4

Page 6: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 3

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia cultural e artística.

OBXECTIVOS

1. Ler poemas con fluidez, coidando a entoación. 2. Facer o cómputo silábico dos versos dun poema e recoñecer a rima. 3. Dominar e utilizar o vocabulario relacionado cos sentidos e as sensacións. 4. Discriminar entre palabras polisémicas e homónimas. 5. Identificar adxectivos así como o grao no que están. 6. Identificar ditongos, tritongos e hiatos e saber acentualos.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Primeira quincena de novembro

- Lectura: Versos a medida (Antonio García Teijeiro en Para cantar e contar, Xunta de Galicia, 2003).

- Expresión: A medida dos versos.- Vocabulario: Léxico referido aos sentidos e as sensacións; palabras polisémicas e

homónimas.- Gramática: O adxectivo cualificativo.- Ortografía: O til nos ditongos, tritongos e hiatos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le poemas con fluidez e corrección, poñendo especial coidado na entoación. 1.2. Comprende o sentido global dun poema e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Coñece as regras para medir os versos e aplícaas correctamente. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado cos sentidos e

palabras da lectura. 4.1. Diferencia entre palabras polisémicas e homónimas. 4.2. Busca no dicionario palabras polisémicas e homónimas e constrúe oracións cos

seus distintos significados. 5.1. Identifica o adxectivo como unha clase de palabras e distingue entre os que teñen

unha terminación e os que teñen dúas. 5.2. Recoñece o grao no que están certos adxectivos dados e cambia o grao doutros. 6.1. Recoñece ditongos, tritongos e hiatos. 6.2. Aplica correctamente as regras de acentuación en palabras con ditongo, tritongo

ou hiato.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 5

Page 7: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Medir versos correctamente.- Diferenciar as palabras polisémicas das homónimas.- Identificar adxectivos e o grao que expresan.- Saber acentuar graficamente as palabras con ditongo, tritongo ou hiato.

METODOLOXÍA

- Traballar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: pronunciar as palabras silabeando, para medir correctamente

os versos e para identificar ditongos, tritongos e hiatos; consultar o dicionario poñendo especial atención na información que se recolle en cada entrada; buscar información, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola tradición.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse poñer en común na clase as cancións de botar ás sortes que teñan recompilado os alumnos e alumnas.

- Tamén sería interesante crear un caderno de poesía no que recoller os poemas que teñan composto os alumnos e alumnas no apartado «Comenta a lectura», así como as estrofas que escriban nas unidades 4 e 7.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os seres humanos.

- Valoración dos sentimentos e da necesidade de expresalos.- Interese e actitude de respecto cara á tradición.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 6

Page 8: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 4

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia cultural e artística.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler poemas con fluidez, coidando a entoación. 2. Recoñecer algunhas estrofas de dous, tres e catro versos. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido á noite e ao universo. 4. Distinguir entre palabras primitivas, derivadas e compostas. 5. Identificar as formas dos pronomes persoais e indefinidos. 6. Usar correctamente o til diacrítico.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de novembro

- Lectura: De paseo pola Lúa (Marilar Aleixandre: Herbalúa, ed. Galaxia, col. Árbore, 2006, adapt.).

- Expresión: Algunhas estrofas (pareado, tercetilla, cuarteta, copla).- Vocabulario: Léxico referido á noite e ao universo; palabras primitivas, derivadas e

compostas.- Gramática: Os pronomes persoais e indefinidos.- Ortografía: Os monosílabos e o til diacrítico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le poemas con fluidez e corrección, poñendo especial coidado na entoación. 1.2. Comprende o sentido global dun poema e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Diferencia entre poemas estróficos e non estróficos. 2.2. Recoñece algunhas estrofas de dous, tres e catro versos: o pareado, a tercetilla, a

cuarteta e a copla. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa noite e o

universo e palabras e expresións da lectura. 4.1. Diferencia entre palabras primitivas, derivadas e compostas. 4.2. Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas

nas palabras simples que as forman. 5.1. Identifica as formas dos pronomes persoais e indefinidos e clasifícaas. 5.2. Substitúe frases nominais polos correspondentes pronomes persoais. 6.1. Discrimina entre o significado de palabras con til diacrítico e as súas

correspondentes «parellas» sen til.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 7

Page 9: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

6.2. Aplica correctamente o til diacrítico.

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Identificar estrofas sinxelas.- Distinguir entre palabras primitivas, derivadas e compostas.- Identificar os pronomes persoais e indefinidos.- Utilizar correctamente o til diacrítico.

METODOLOXÍA

- Fomentar o interese pola poesía.- Fixar hábitos de traballo: analizar textos poéticos segundo unhas pautas dadas, facer

clasificacións e subclasificacións de palabras, elaborar cadros e esquemas, etc.- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Os alumnos e alumnas arquivarán as estrofas que teñan escrito nesta unidade no caderno de poesía que iniciaran na anterior.

- Sería interesante poñer en común as lendas que crearon no apartado «E dou un paso máis».

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os seres humanos.

- Valoración da amizade, da solidariedade e da colaboración.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 8

Page 10: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDAD 5

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia social e cidadá.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia matemática.- Competencia cultural e artística.

OBXECTIVOS

1. Ler un conto con fluidez e de forma comprensiva. 2. Identificar a finalidade dos anuncios publicitarios. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido á celebración do Nadal. 4. Recoñecer sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos. 5. Identificar os pronomes demostrativos, posesivos e numerais. 6. Distinguir entre familias léxicas regulares e irregulares.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Tres primeiras semanas de decembro

- Lectura: Feliz Nadal! (Miguel Vázquez Freire: Contos de Reis e de Nadal, Edicións Xerais, col. Merlín, 2007, adapt.).

- Expresión: Os anuncios publicitarios.- Vocabulario: Léxico referido ao Nadal; sufixos diminutivos, aumentativos e

despectivos.- Gramática: Outros pronomes (demostrativos, posesivos e numerais).- Ortografía: Familias léxicas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un conto con fluidez e corrección. 1.2. Comprende o sentido global dun conto e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica o slogan dos anuncios publicitarios. 2.2. Recoñece a finalidade comercial ou propagandística dos anuncios publicitarios. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa celebración do

Nadal e palabras e expresións da lectura. 4.1. Diferencia os sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos e recoñece o

significado que achegan. 4.2. Forma os diminutivos e aumentativos de palabras dadas. 5.1. Recoñece as formas dos pronomes demostrativos, posesivos e numerais. 5.2. Distingue os pronomes demostrativos, posesivos e numerais das formas dos

correspondentes determinantes. 6.1. Distingue entre familias léxicas regulares e irregulares.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 9

Page 11: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

6.2. Forma familias léxicas.

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer a finalidade dun anuncio publicitario.- Identificar sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos.- Identificar os pronomes demostrativos, posesivos e numerais.- Formar familias léxicas.

METODOLOXÍA

- Fixar hábitos de traballo: usar o dicionario, buscar información na biblioteca e na rede, elaborar fichas, facer cadros e esquemas, desenvolver a atención para descifrar información, etc.

- Estimular no alumnado o interese polos contos clásicos.- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse celebrar un concurso de contos de Nadal.- Tamén sería interesante que cada alumno e alumna preguntase aos seus maiores como

vivían de nenos estas datas do Nadal. Recompilada a información, porase en común na clase

EDUCACIÓN EN VALORES

- Respecto cara ás tradicións propias e alleas.- Toma de conciencia da importancia dun consumo responsable.- Actitude de respecto cara ao contorno natural.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 10

Page 12: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 6

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia social e cidadá.- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.

OBXECTIVOS

1. Ler un texto instrutivo con fluidez e comprensión. 2. Interpretar as regras dun xogo e saber elaboralas. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido aos xogos. 4. Definir substantivos. 5. Definir unha forma verbal segundo as súas desinencias e diferenciar os verbos

regulares dos irregulares. 6. Coñecer e utilizar con corrección as normas de uso do punto e da coma.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de xaneiro

- Lectura: Isto si que é un xogo (Xesús R. Jares: Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades, Edicións Xerais, 2005, adapt.).

- Expresión: As regras do xogo.- Vocabulario: Léxico referido aos xogos; definición de substantivos.- Gramática: Verbos regulares e irregulares.- Ortografía: Signos de puntuación (o punto e a coma).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto instrutivo con fluidez e corrección. 1.2. Comprende o sentido global dun texto instrutivo e responde cuestións de contido

e forma relacionadas co seu comentario. 2.1. Interpreta e elabora regras de xogo. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado cos xogos e palabras

da lectura. 4.1. Asocia substantivos coa súa definición. 4.2. Define substantivos correctamente. 5.1. Define formas verbais segundo as súas desinencias. 5.2. Diferencia as formas persoais das non persoais dos verbos. 5.3. Distingue os verbos regulares dos irregulares. 6.1. Usa correctamente o punto e a coma.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 11

Page 13: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Redactar as regras dun xogo.- Definir substantivos.- Analizar a estrutura morfolóxica das formas verbais e recoñecer verbos regulares e

irregulares.- Usar correctamente o punto e a coma.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: utilizar o dicionario, traballar de forma individual e en

grupo, analizar as palabras para identificar a súa estrutura, desenvolver a atención para deducir información, facer cadros e esquemas, etc.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse levar á práctica na clase (sempre que o profesor ou a profesora o considere oportuno) algúns dos xogos que se recollen en Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades; por exemplo, os do apartado «Xogos de coñecemento».

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración das actividades cooperativas.- Actitude de respecto cara ás normas que rexen as actividades de grupo.- Consideración do xogo como unha práctica necesaria para o desenvolvemento persoal

e social.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 12

Page 14: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 7

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia cultural e artística.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler un poema encadeado con fluidez e de forma comprensiva. 2. Identificar a repetición e a anáfora en poemas dados e utilizalas en creacións

propias. 3. Dominar e utilizar o vocabulario relacionado cos transportes. 4. Definir adxectivos. 5. Identificar e clasificar adverbios e locucións adverbiais. 6. Coñecer e utilizar con corrección as normas do punto e coma, dos dous puntos e

dos puntos suspensivos.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de xaneiro e primeira semana de febreiro

- Lectura: E seguimos xogando (Patacrúa e Javier Solchaga: A princesa do Caurel, OQO Editora, col. Q, 2006).

- Expresión: Xogos con rimas; a repetición e a anáfora.- Vocabulario: Léxico referido aos transportes; definición de adxectivos.- Gramática: Adverbios e locucións adverbiais.- Ortografía: Signos de puntuación (o punto e coma, os dous puntos e os puntos

suspensivos).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un poema encadeado con fluidez e coa entoación adecuada. 1.2. Comprende o sentido global dun poema encadeado e responde cuestións de

reflexión relacionadas co seu comentario. 2.1. Utiliza a rima e certos recursos da linguaxe poética para crear poemas en clave de

xogo. 2.2. Identifica repeticións e anáforas en poemas dados. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado cos transportes. 4.1. Define adxectivos correctamente. 5.1. Recoñece os adverbios e as locucións adverbiais. 5.2. Clasifica os adverbios e as locucións adverbiais segundo a circunstancia que

expresen. 6.1. Usa correctamente o punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 13

Page 15: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Identificar e aplicar na praxe certos recursos da linguaxe poética.- Definir adxectivos correctamente.- Identificar e clasificar adverbios e locucións adverbiais.- Empregar correctamente o punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos.

METODOLOXÍA

- Fixar hábitos de traballo: utilizar o dicionario, desenvolver a atención para descubrir a peculiar estrutura de certas composicións poéticas, facer cadros e esquemas, redactar textos propios para practicar a correcta ortografía das palabras, etc.

- Favorecer o desenvolvemento do enxeño e da capacidade para crear dos alumnos, a través da composición de poemas encadeados, contos de nunca acabar, trabalinguas, etc.

- Fomentar o interese por algún dos autores da nosa literatura.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Os alumnos e alumnas arquivarán as composicións que teñan escrito nesta unidade no caderno de poesía que iniciaran na unidade 3.

- Sería interesante deseñar un vehículo singular con elementos de diferentes medios de transporte, indicando o nome de cada un dos compoñentes.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os seres humanos.

- Interese por coñecer algúns autores da nosa literatura.- Valoración do noso contorno natural.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 14

Page 16: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 8

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler un texto narrativo con fluidez e comprensión. 2. Recoñecer as distintas seccións que compoñen un xornal. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido ao peirao. 4. Definir verbos. 5. Identificar as principais preposicións e conxuncións. 6. Utilizar correctamente as comiñas e as parénteses.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de febreiro

- Lectura: O Novo é noticia (Lourdes Maceiras: A pantasma da torre, Edicións Xerais, col. Merlín, 2002, adapt.).

- Expresión: As partes dun xornal.- Vocabulario: Léxico referido ao peirao; definición de verbos.- Gramática: As preposicións e as conxuncións.- Ortografía: Signos de puntuación (as comiñas e as parénteses).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le unha narración con fluidez e expresividade. 1.2. Comprende o sentido global dun texto narrativo e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica as principais seccións que compoñen un xornal. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co peirao e palabras

da lectura. 4.1. Busca a definición dun verbo no dicionario polo seu infinitivo. 4.2. Define verbos correctamente. 5.1. Identifica as preposicións, as contraccións dalgunhas preposicións con certos

determinantes e as conxuncións. 5.2. En sintagmas dados, recoñece o termo e o elemento inicial relacionados por

preposicións. 6.1. Usa correctamente as comiñas e as parénteses.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 15

Page 17: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Identificar as principais seccións dun periódico.- Definir verbos correctamente.- Identificar as preposicións, as conxunción e as contraccións dalgunhas preposicións

con certos determinantes.- Aplicar as normas de uso das comiñas e das parénteses.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: utilizar o dicionario, desenvolver a atención para descubrir a

peculiar estrutura de certos textos e publicacións, ordenar información, ler e escribir para mellorar a ortografía, etc.

- Estimular no alumnado o interese polas noticias de actualidade.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse levar á clase periódicos locais, de tirada nacional e mesmo estranxeiros para comparar a estrutura.

- Sería interesante crear O Xornal da Clase, con noticias que se vaian recollendo ata o fin do curso.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración da importancia dos medios de comunicación social para transmitir e divulgar información.

- Interese polas noticias de actualidade.- Recoñecemento da importancia da actividade pesqueira na nosa sociedade, así como

do traballo dos mariñeiros.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 16

Page 18: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 9

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia matemática.

OBXECTIVOS

1. Ler a recensión dunha película de forma comprensiva. 2. Elaborar a ficha técnica, a sinopse e o comentario dunha película. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido aos oficios e profesións. 4. Agrupar palabras en campos semánticos. 5. Diferenciar entre oracións e frases. 6. Aplicar correctamente algunhas normas de uso do b e do v.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Primeira quincena de marzo

- Lectura: De profesión, mago (http://www.cineol.net/pelicula/3161_Harry-Potter-y-el-Caliz-de-Fuego http://www.harrypotterspain.com/peliculas/el_caliz_de_fuego.php, trad. e adapt.).

- Expresión: A recensión dunha película.- Vocabulario: Léxico referido aos oficios e profesións; campo semántico.- Gramática: Tipos de enunciados (a oración e a frase).- Ortografía: Palabras con b e con v.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le a recensión dunha película con fluidez e corrección. 1.2. Comprende o sentido global dun resumo e dun comentario crítico e responde

cuestións de reflexión relacionadas co seu comentario. 2.1. Recoñece a estrutura da recensión dunha película: ficha técnica, sinopse e

comentario. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado cos oficios e

profesións e palabras da lectura. 4.1. Recoñece e agrupa palabras dun mesmo campo semántico. 5.1. Identifica a oración e a frase como dous tipos de enunciados coas súas

características propias. 6.1. Escribe correctamente palabras con b e con v.

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Elaborar unha recensión sinxela dunha película.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 17

Page 19: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

- Agrupar palabras en campos semánticos.- Recoñecer a oración e a frase como dous tipos de enunciados.- Escribir correctamente palabras con b e con v.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: buscar información na rede e interpretala, sintetizar -

Estimular no alumnado o interese polos oficios tradicionais.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Sería interesante que os alumnos e alumnas elaborasen a recensión dun libro (ficha cos datos de publicación, resumo e comentario) que teñan leído e comparasen a estrutura coa da recensión dunha película: verán que é moi similar.

- Así mesmo, pódeselles pedir que elaboren entre todos un refraneiro sobre os oficios tradicionais.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Actitude crítica ante a oferta dos medios de comunicación.- Recoñecemento da importancia do traballo no desenvolvemento da sociedade.- Actitude de interese e respecto cara aos oficios tradicionais.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 18

Page 20: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 10

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia cultural e artística.

OBXECTIVOS

1. Ler con fluidez e corrección unha entrevista. 2. Identificar a estrutura e o carácter persoal ou informativo dunha entrevista. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido aos medios de comunicación. 4. Identificar neoloxismos e estranxeirismos. 5. Recoñecer o suxeito na estrutura da oración. 6. Escribir correctamente palabras con c, ct e cc.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda quincena de marzo

- Lectura: Preguntas con resposta (Agustín Fernández Paz: Contos por palabras, Edicións Xerais, col. Merlín, 2001, adapt.).

- Expresión: A entrevista.- Vocabulario: Léxico referido aos medios de comunicación; neoloxismos e

estranxeirismos.- Gramática: Os compoñentes da oración (o suxeito).- Ortografía: Palabras con c, ct e cc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e corrección unha entrevista. 1.2. Comprende o sentido global dunha entrevista e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Recoñece a estrutura dunha entrevista. 2.2. Identifica o carácter persoal ou informativo dunha entrevista. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado cos medios de

comunicación e palabras da lectura. 4.1. Identifica neoloxismos e estranxeirismos. 4.2. Substitúe estranxeirismos pola palabra galega correspondente. 5.1. Recoñece o suxeito como compoñente inmediato da oración. 5.2. Identifica as unidades que poden desempeñar a función de suxeito. 5.3. Distingue entre un suxeito expreso e un suxeito elíptico. 6.1. Escribe correctamente palabras con c, ct e cc.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 19

Page 21: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer a estrutura e características dunha entrevista.- Identificar neoloxismos e estranxeirismos.- Recoñecer o suxeito como constituínte inmediato da oración e as unidades que poden

desempeñar a función de suxeito.- Escribir correctamente palabras con c, ct e cc.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e crear textos segundo unhas pautas dadas, facer

esquemas, desenvolver a atención para recoñecer a conexión entre as unidades da lingua, buscar información na rede e traballar cos datos obtidos, etc.

- Estimular no alumnado o interese por algúns autores da nosa literatura.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Suxírese expoñer na clase as reportaxes que teñan feito no apartado «As miñas competencias», así como a entrevista da primeira actividade de «Reforzo».

- Pódese facer un debate na clase sobre as vantaxes e inconvenientes dos distintos medios de comunicación: a inmediatez da radio, a combinación de imaxe e son da tele, a ampla información que ofrece a prensa escrita, etc.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración da importancia dos medios de comunicación social para transmitir e divulgar información.

- Actitude de respecto e tolerancia cara ás opinións dos demais.- Interese por algúns autores da nosa literatura.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 20

Page 22: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 11

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

OBXECTIVOS

1. Ler un texto expositivo con fluidez e comprensión. 2. Recoñecer os trazos característicos da exposición e aplicalos en creacións propias. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido ao prado. 4. Distinguir entre siglas e abreviaturas e identificar os seus significados. 5. Recoñecer o predicado na estrutura da oración e os tipos de predicado que hai. 6. Utilizar correctamente palabras con z, zz e s.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Primeira e terceira semana de abril

- Lectura: Lemos e aprendemos (información tirada, traducida e adaptada de http://www.ars.usda.gov/IS/espanol/kids/index.html).

- Expresión: A exposición.- Vocabulario: Léxico referido ao prado; siglas e abreviaturas.- Gramática: Os compoñentes da oración (o predicado).- Ortografía: Palabras con z, zz e s.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e corrección un texto expositivo. 1.2. Comprende o sentido global dun texto expositivo e responde cuestións de

reflexión relacionadas co seu comentario. 2.1. Recoñece e utiliza os recursos estudados na exposición dun tema. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado co prado e palabras

da lectura. 4.1. Distingue entre siglas e abreviaturas e identifica o significado de siglas e

abreviaturas dadas. 4.2. Recoñece os símbolos internacionais como un tipo especial de abreviaturas. 5.1. Recoñece o predicado como compoñente inmediato da oración e distingue entre

predicado nominal e verbal. 5.2. Identifica as unidades que poden funcionar como atributo. 6.1. Escribe correctamente palabras con z, zz e s.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 21

Page 23: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer as características dun texto expositivo.- Recoñecer siglas e abreviaturas e os seus significados.- Recoñecer o predicado dunha oración e distinguir entre predicado nominal e verbal.- Escribir correctamente palabras con z, zz e s.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: analizar e redactar textos de acordo cunhas pautas, buscar

información na rede e interpretala, desenvolver a atención para deducir información, usar o dicionario, etc.

- Estimular no alumnado o interese polo noso contorno natural.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Se o tempo e as circunstancias o permiten, suxírese unha excursión polo rural galego (aldeas de costa ou de interior) para identificar as paisaxes que se estudaron na unidade.

- Despois, sería interesante elaborar entre todos un texto expositivo a partir da observación desas paisaxes e de información que poden obter na rede.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Toma de conciencia do uso responsable das novas tecnoloxías.- Valoración e coidado do noso contorno natural.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 22

Page 24: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 12

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para o tratamento da información.- Competencia en comunicación lingüística.- Competencia cultural e artística.

OBXECTIVOS

1. Ler poemas de forma comprensiva e coa entoación adecuada. 2. Recoñecer as peculiares características do caligrama e o acróstico. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido á música. 4. Identificar as abreviacións. 5. Recoñecer a estructura dos verbos predicativos e distinguir entre transitivos e

intransitivos. 6. Escribir correctamente palabras cos sufixos -cia/-za e -cio/-zo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de abril e primeira semana de maio

- Lectura: Ao son da gaita (Marilar Aleixandre: «O rato de biblioteca e a gaiteira de Marín», en Contos para levar no peto, Edicións Xerais, col. Merlín, 2001).

- Expresión: O caligrama.- Vocabulario: Léxico referido á música; abreviacións.- Gramática: O predicado verbal (verbos transitivos e intransitivos).- Ortografía: Palabras rematadas en -cia/-za e -cio/-zo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le poemas coa entoación e as pausas adecuadas. 1.2. Comprende o sentido global dun poema e responde cuestións de contido

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica o caligrama e o acróstico como formas singulares de composición

poética. 2.2. Recoñece a particular disposición tipográfica do caligrama e o acróstico. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa música e

palabras da lectura. 4.1. Coñece o mecanismo para formar abreviacións. 4.2. Relaciona abreviacións dadas coa palabra completa que corresponde. 5.1. Identifica o núcleo do predicado verbal, así como os seus complementos. 5.2. Distingue entre verbos transitivos e intransitivos. 6.1. Escribe correctamente palabras cos sufixos -cia/-za e -cio/-zo.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 23

Page 25: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer e crear caligramas e acrósticos.- Identificar e formar abreviacións.- Diferenciar os verbos transitivos dos intransitivos.- Escribir correctamente palabras cos sufixos -cia/-za e -cio/-zo.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: desenvolver a atención para reparar nas peculiaridades dos

distintos textos poéticos, analizar detidamente a estrutura das oracións, usar o dicionario, etc.

- Estimular no alumnado o interese por coñecer algúns dos nosos intrumentos musicais tradicionais.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Suxírese a lectura de poemas con acompañamento de instrumentos musicais sinxelos.- Os alumnos e alumnas arquivarán as composicións que teñan escrito nesta unidade no

caderno de poesía que iniciaran na unidade 3.- Ademais, poden enriquecer o refraneiro que iniciaran na unidade 9 cos refráns que se

propoñen no apartado «As miñas competencias» nesta unidade 12.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración da nosa cultura popular.- Sensibilidade cara á creación poética como un tipo especial de comunicación entre os

seres humanos.- Sensibilidade cara á música, como forma especial de comunicación.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 24

Page 26: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 13

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia cultural e artística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.- Competencia en comunicación lingüística.

OBXECTIVOS

1. Ler con fluidez un cómic, atendendo aos signos de puntuación, á entoación dos distintos personaxes e aos signos verbais e non verbais empregados.

2. Recoñecer a lenda como un tipo especial de relato. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido á aldea. 4. Identificar palabras comodín e coñecer o significado de frases feitas. 5. Recoñecer o complemento circunstancial e as circunstancias que pode expresar. 6. Escribir correctamente palabras que comezan por ca-, cua- e co-.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de maio

- Lectura: Facemos historia (Pepe Carreiro: Os barbanzóns. Baroña ou morte, ed. Toxosoutos, 2003).

- Expresión: A lenda.- Vocabulario: Léxico referido á aldea; palabras comodín e frases feitas.- Gramática: Os complementos do predicado verbal (directo, indirecto e

circunstancial).- Ortografía: Palabras que comezan por ca-, cua- e co-.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e corrección un cómic. 1.2. Comprende o sentido global dun cómic e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Identifica os trazos característicos da lenda fronte a outro tipo de relatos. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relativo á aldea e palabras e

expresións do cómic da unidade. 4.1. Identifica palabras comodín e substitúeas por outras máis precisas. 4.2. Asocia frases feitas co seu significado. 5.1. Recoñece e diferencia os complementos directo, indirecto e circunstancial. 5.2. Identifica as unidades que poden desempeñar a función de complemento directo,

indirecto e circunstancial. 6.1. Escribe correctamente palabras que comezan por ca-, cua- e co-.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 25

Page 27: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer as características das lendas.- Identificar palabras comodín e saber o significado de frases feitas.- Recoñecer os complementos directo, indirecto e circunstancial.- Escribir correctamente palabras que comezan por ca-, cua- e co-.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe. - Fixar hábitos de traballo: facer esquemas, usar o dicionario, buscar información na

rede, etc.- Estimular no alumnado o interese por coñecer certas manifestacións da tradición oral:

refráns e cantares de cego.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse facer un concurso de cómics sobre algún episodio da historia de Galicia que suxerirá o profesor ou a profesora. Para isto, os alumnos e alumnas deberán documentarse previamente.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Valoración das lendas e os mitos como parte da nosa cultura.- Actitude de respecto e interese pola historia e mais pola cultura popular.- Sensibilidade cara á música, como forma especial de comunicación.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 26

Page 28: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 14

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia para aprender a aprender.- Competencia cultural e artística.- Competencia en comunicación lingüística.

OBXECTIVOS

1. Ler de forma comprensiva unha narración. 2. Identificar un monólogo teatral. 3. Dominar e empregar o vocabulario referido ao teatro. 4. Identificar palabras tabú e eufemismos. 5. Clasificar oracións segundo a actitude do falante e identificar as interxeccións. 6. Escribir correctamente palabras con ex-/es- e extra-/estra-.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Última semana de maio e primeria semana de xuño

- Lectura: Dicimos o que pensamos (Fina Casalderrey: Prohibido casar, papá!, ed. Galaxia, col. Árbore, 1996, adapt.).

- Expresión: O monólogo teatral.- Vocabulario: Léxico referido ao teatro; tabú e eufemismo.- Gramática: Clases de oracións. A interxección.- Ortografía: Palabras con ex-/es- e extra-/estra-.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto narrativo con fluidez e corrección. 1.2. Comprende o sentido global dunha narración e responde cuestións de reflexión

relacionadas co seu comentario. 2.1. Recoñece un monólogo teatral e crea monólogos propios. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relativo ao teatro e palabras da

lectura. 4.1. Identifica palabras tabú e eufemismos. 4.2. Relaciona palabras tabú cos correspondentes eufemismos. 5.1. Clasifica oracións segundo a actitude do falante. 5.2. Recoñece as interxeccións e identifica os seus significados. 6.1. Escribe correctamente palabras con ex-/es- e extra-/estra-.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 27

Page 29: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer un monólogo teatral.- Identificar palabras tabú e eufemismos.- Clasificar oracións segundo a actitude do falante e identificar as interxeccións.- Escribir correctamente palabras con ex-/es- e extra-/estra-.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: establecer relacións semánticas lóxicas, sintetizar

información e facer esquemas, usar o dicionario, redactar textos propios para mellorar a ortografía, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola dramatización de textos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Suxírese propoñerlles aos alumnos e alumnas que representen na clase os monólogos que redactaron no apartado de «Expresión».

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese polo teatro como forma de comunicación e entretemento.- Valoración da importancia de utilizar unha forma de expresión adecuada na nosa

comunicación cos demais.- Interese por desenvolver a propia creatividade.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 28

Page 30: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

UNIDADE 15

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Competencia cultural e artística.- Competencia para aprender a aprender.- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.- Competencia en comunicación lingüística.

OBXECTIVOS

1. Ler un texto teatral con fluidez e comprensión. 2. Interpretar e crear un texto informativo. 3. Dominar e utilizar o vocabulario referido ás viaxes. 4. Recoñecer os dobres sentidos de certas expresións e composicións. 5. Coñecer diferentes etapas históricas polas que pasou o idioma galego. 6. Discriminar o significado e a categoría gramatical de palabras que se poden escribir

xuntas ou separadas.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS

Segunda e terceira semana de xuño

- Lectura: Acaba o curso, acaba a función (Paula Carballeira: Boas noites, Edicións Xerais, col. Biblioteca dramática galega, 2007, adapt.).

- Expresión: A circular.- Vocabulario: Léxico referido ás viaxes; a retranca.- Gramática: Historia da lingua.- Ortografía: Xunto ou separado? (Porque e por que, senón e se non, etc.).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le un texto teatral con fluidez e corrección, atendendo á entoación, dicción, etc. 1.2. Comprende o sentido global dun fragmento teatral e responde cuestións de

reflexión relacionadas co seu comentario. 2.1. Interpreta textos informativos e redacta unha circular. 3.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relativo ás viaxes e palabras e

expresións da lectura. 4.1. Recoñece a ironía e os dobres sentidos de expresións e cantigas con retranca. 5.1. Identifica o galego como lingua románica. 5.2. Recoñece distintas etapas polas que pasou o idioma galego ao longo da historia. 6.1. Utiliza correctamente palabras que se poden escribir xuntas ou separadas.

MÍNIMOS ESIXIBLES

- Recoñecer un texto de carácter informativo.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 29

Page 31: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

- Identificar dobres sentidos de certas expresións e composicións.- Coñecer diferentes etapas da historia do galego.- Utilizar correctamente palabras que se poden escribir xuntas ou separadas.

METODOLOXÍA

- Fomentar o aspecto lúdico e creativo da linguaxe.- Fixar hábitos de traballo: recompilar os esquemas feitos ao longo do curso para ter

unha visión de conxunto do que se estudou, usar o dicionario, ler para afianzar a correcta ortografía, etc.

- Estimular no alumnado o interese pola nosa historia e por algúns dos símbolos que nos identifican como galegos.

- Espertar nos alumnos e alumnas o interese pola dramatización de textos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Proponse representar na clase o fragmento de Boas noites que introduce a unidade.

EDUCACIÓN EN VALORES

- Interese polo teatro como forma de comunicación e entretemento.- Valoración da importancia de manter uns hábitos de vida saudables.- Actitude de interese pola nosa historia e por algúns símbolos que nos identifican

como galegos.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 30

Page 32: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

ASPECTOS XERAIS

TODAS AS UNIDADES DIDÁCTICAS TEÑEN OS SEGUINTES PUNTOS EN COMÚN:

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro do alumno, dicionario.- CD-ROM de Recursos Didácticos.- Caderno Imaxes e palabras.- Fichas complementarias.- Actividades elaboradas polo profesor.- Actividades de reforzo na rede. Os nosos blogues e a nosa páxina web.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

- Para todos os alumnos e as alumnas:- Fichas de comprensión lectora adxuntas.- Fichas de ampliación adxuntas.

- Fichas de reforzo adxuntas para aquel alumnado que o requirise.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

1. A avaliación da área de lingua galega levarase a cabo en tres trimestres.

2. En cada un dos trimestres avaliaranse 5 unidades.

3. Os termos da cualificación serán:

- Sobresaliente: 9, 10

- Notable: 7, 8

- Bien: 6

- Suficiente: 5

- Insuficiente: menos de 5

4. Para levar a cabo esta cualificación teráse en conta:

- Despois dunha primeira toma de contacto, a finais do mes de setembro realizarase unha proba de avaliación inicial que será o punto de partida para levar a cabo a programación da materia.

- Unha proba de cada unha das unidades.

- Unha proba cada dous temas

- Un rexistro con seguimento da avaliación: tarefas realizadas, esforzo, traballo, interese, estudio diario…

- Aplicación de modelo de proba de diagnóstico.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 31

Page 33: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

- En todas as probas avaliaranse todos os contidos: vocabulario, gramática, ortografía, expresión escrita, comprensión lectora.

- Será necesario avaliar a expresión oral por medio das actividades que se fan na aula e no diálogo diario.

- Probas de fluidez lectora: rapidez, entoación, uso do dedo…- Proba de avaliación final

SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN

- A proba de avaliación inicial constará de unha valoración de 1 punto por pregunta

- Na proba de avaliación de cada unidade: a puntuación irá en función da dificultade da actividade, podendo variar dende un punto, ata dous.

- Nas probas de cada dous temas, cada apartado puntuarase sobre dez.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR

Seguindo as directrices fixadas para todo o ciclo faranse as seguintes actividades:

Recomendación de libros Cada unidade introdúcese coa súa lectura correspondente. Recoméndase ao alumnado a conveniencia da lectura desa obra completa.

En cada unha das unidades recomendase outra lectura relacionada co tema.

Para calquera neno/a é moi motivador iniciar a lectura dun libro que foi recomendado e valorado por algún compañeiro/a

Hora de ler :

Durante 20 min diarios (despois do recreo) o alumnado ten un tempo de recollemento, de intimidade para introducirse na lectura libre escollida por eles.

Outras veces pódese facer lectura guiada dalgún libro común. Neste curso lerase “Contos e poemas para un mes calquera”de Jordi Sierra i Fabtra/ Antonio García Teijeiro “Palabras de caramelo“ de Gonzalo Moure.

Lectura na rede É outra forma de levar a cabo a hora de ler, tendo en conta que se pode ler en diferentes soportes.Na nosa páxina web existen moitas lecturas axeitadas as idades do noso alumnado.

Maleta viaxeira:

A maleta viaxa polas aulas do ciclo cargadas de libros relacionados cunha temática escollida dende a biblioteca.

Trabállanse os textos na aula, lendo fragmentos, analizando as ilustracións; presentando os autores e ilustradores.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 32

Page 34: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

Mochila viaxeira

Unha experiencia motivadora onde pais, fillos, irmáns, avós… comparten libros, música, películas e incluso xogos interactivos que activan a mente de todos eles.

Posta en común das lecturas, películas, xogos que van nela, coma fonte de motivación para os compañeiros.

Exposicións

Os libros saen da biblioteca, igual que nas anteriores actividades, para encher os corredores e acercar o seu contido ao alumnado.

Busca de información

É importante ensinar ao alumnado a buscar información para dar resposta ás súas inquedanzas, saber onde atopala, ser quen de discernir entre a boa ou mala información, … deste xeito alcanzariamos unha das competencias básicas que consideramos fundamental para a formación do alumnado: Aprender a aprender.

Buscarase información sobre autores premiados no ano. Sobre o autor das letras galegas…

Troco de libros

A actividade desenvolverase co motivo dunha determinada celebración. O centro e os alumnos aportarán fondos que se disporán en stands temáticos. Aos nenos entregaráselle un tícket que trocarán polo libro que elixan.

Dramatizacións

Teatro, de monicreques ou personaxes reais, os conta-contos… Declamacións de poemas; aprendizaxe dalgúns deles e incluso intentar musicar ou investigar se están musicados.

Escribir e ilustrar

Facer os seu propios relatos e a ilustracións dos mesmos.Resumo e analise de textos.Ilustrar poemas ou fragmentos literarios.Participar no concurso “Poesía e Imaxe”Presenza de escritores e ilustradores no centro.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 33

Page 35: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

ACCIÓNS DE CONTRIBUCCIÓN AO PLAN TIC

Segundo os obxectivos fixados no proxecto do plan TIC e sendo recollidos diferentes obxectivos para este nivel, levaranse a termo nesta materia actividades en coordinación cos diferentes departamentos que elaboraron material informático.

1. Departamento de Orientación:

a. Utilizaránse os recursos TIC elaborados polo departamento de Orientación.

b. O alumnado de nee utilizará os recursos TIC específicos para eles.

2. Departamento de Normalización lingüística:

a. Utilizaránse as unidades didácticas elaboradas coas TIC sobre: o Magosto, Entroido, Letras Galegas…

3. Grupo da Biblioteca:

a. Utilizaráse o programa MEIGA para a realización de préstamos bibliotecarios e para a búsqueda de calquera recurso impreso ou electrónico (libro, CD, DVD….)

b. Traballaranse actividades relacionadas coas Liñas de Actuación do programa PLAMBE

4. Obradoiro de Prensa:

a. Realizarase os traballos en formato axeitado para a impresión do xornal escolar. (WORD)

Para levar a cabo isto utilizaremos como recursos: A páxina web do centro onte estarán todas as actividades interactivas axeitadas

para cada nivel e área. Buscaremos a área de lingua galega de 5º de Primaria. De cada un dos temas hai actividades interactivas para reforzar os contidos traballados nas clases. http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/

Os diferentes blogues de recursos :o Orientablog: O blogue de Orientación con cantidade de recursos:

http://orientablogisaacperal.blogspot.com/

o Lenguatic: O blogue de recursos de Lingua. http://lenguainformatizada.blogspot.com/

o Lectura na rede: Blogue con cantidade de lecturas que utilizaremos como fomento da lectura para desenvolver a “hora de ler” coas TIC

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 34

Page 36: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

http://lecturanarede.blogspot.com

Utilización das TIC en 6º curso de E. PRIMARIA

No noso centro, en 6º curso hai dous grupos A e B. Destes dous grupos, so un deles dispón na súa propia aula dun canón e unha pantalla proxector onde pódense utilizar as TIC en cada una das materias impartidas.

O outro grupo suple a falla deste material acudindo semanalmente á aula de informática onde pode utilizar a “pizarra” dixital.

Os dous grupos dispoñen dunha hora semanal na biblioteca para realizar unha educación documental e busca de calquera tipo de información xa que é o noso principal centro de recursos. Do mesmo xeito, a biblioteca está aberta no horario do recreo para tal fin.

Todo isto levarase a cabo en condicións de igualdade para todo o alumnado sen facer diferenzas por condición de sexo o de diferente condición social.

Outras actividades con recursos audiovisuais

- Escoitar no CD audio as lecturas de cada unha das unidades didácticas.

- Escoitar no CD audio os ditados das unidades.

- Escoitar no ordenador os textos de comprensión oral.

- Utilización do correo electrónico para recibir as circulares do centro e comunicarse

con el.

- Traballar no ordenador cos recursos didácticos interactivos para cada unidade.

- Traballos de investigación para a resolución de web quest, elaboradas para datas

puntuais: Magosto, Nadal, Letras Galegas….

- Educación documental e busca de información sobre temas tradicionais, culturais, actuais…

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 35

Page 37: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

ACCIÓNS DE CONTRIBUCCIÓNS AO PLAN DE CONVIVENCIA

O COIDADO DA PERSOA:

Procuraremos acadar nos nosos alumnos o benestar emocional.

Traballaremos a educación en valores: segundo os puntos especificados en cada

tema.

Afianzamento das habilidades sociais: mediante textos que axuden á reflexión,

empatía, feitos acontecidos na aula e o programa elaborado no centro “E como?”

Prestaremos especial atención á diversidade entendendo a diferencia coma un

valor. Realizaranse fichas de reforzo e ampliación de cada unha das unidades.

O alumnado deberá acudir ao centro en condicións axeitadas de hixiene, coa

debida puntualidade e coas súas tarefas feitas

O COIDADO DO ENTORNO:

Buscamos unha escola aberta e integrada no entorno

Procuraremos ter un entorno físico agradable:

o Traballaranse a normas:

De funcionamento da aula:

Cumprimento das normas xerais da aula

Orden e limpeza na realización das tarefas.

Orden e colocación do seu material e das mesas.

De funcionamento doutras dependencias:

Informática e biblioteca

Coidado e limpeza do patio de xogos.

O COIDADO DAS RELACIÓNS:

Coas familias : O contacto directo coas familias será levado a cabo polo profesor

titor. O profesor que imparte cada unha das materias informará ao titor/a das

cualificacións, cumprimento de normas… de cada un dos alumnos para informar

á familia. Todo isto non implica que calquera pai ou nai poda solicitar entrevista

con calquera dos profesores do seu fillo/a para aclarar dúbidas ou problems.

Todo o profesorado que imparte clase ao grupo de alumnos establecerá

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 36

Page 38: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

reunións periódicas para estar sempre informados da marcha de cada un dos

alumnos.

o Consideramos fundamental a coordinación entre todo o profesorado

para a marcha do centro.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCCIÓNS AO PROXECTO LINGÜÍSTICO

1. SITUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º é maioritariamente castelán falante. Teñen o castelán como lingua inicial e como lingua habitual.Obsérvase que a competencia en lingua galega mellora na escrita ao finalizar o ciclo, estando un pouco máis baixo o nivel léxico que o castelán, pero na expresión oral é moito máis baixa, non o teñen interiorizado como idioma vehicular. A comprensión oral desta lingua é de nivel alto.

2. LINGUA DO ENSINO NESTA ÁREAPor suposto, a lingua en que se vai levar a cabo está área é a LINGUA GALEGA.

3. OBXECTIVOS XERAIS

Respondendo a un contorno castelán falante e como pautas para a planificación do noso proxecto lingüístico, centrarémonos en dous obxectivos xerais:

Que o alumnado aumente a competencia lingüística nesta lingua.

Que acade unha axeitada competencia en galego ao remate da etapa.

4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Ser quen de manter unha conversa en galego.

Ler en galego con fluidez.

Ampliar o vocabulario galego.

Ser quen de expresarse por escrito con soltura en galego.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 37

Page 39: UNIDAD 1 - edu.xunta.gal€¦  · Web view- Saber acentuar graficamente as palabras agudas, ... Forma palabras novas engadindo prefixos e sufixos e separa palabras compostas nas

LINGUA GALEGA 6º E. PRIMARIA

5. ACTIVIDADES

Os obxectivos anteriores estanse a desenvolver mediante as actividades que se describen a continuación:

1. Festas tradicionais:: Magosto, Entroido, Festas de Nadal e Día da Paz

2. Semana das Letras Galegas

3.- Emprego de material bibliográfico, fonográfico, audiovisual e informático en lingua galega

4.-Edición do Xornal Escolar “Mareiriña”:

5. Encontros con Ilustradores, Autores e Contacontos en lingua galega

6. Utilización das TICs e en especial a nosa web realizada en lingua galega

PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR ESTA PROGRAMACIÓN

Cada curso académico levarase a cabo una avaliación desta programación para o que se terá en conta:

- Os resultados da avaliación acadados polo noso alumnado.

- Enquisa feita ao noso alumnado na que virán reflectidos os seguintes aspectos:

o A dificultade ou facilidade desta materia.

o A opinión sobre os recursos utilizados.

o A opinión sobre as actividades complementarias e extraescolares.

o Propostas e suxestións.

Segundo os resultados obtidos procederase á modificación ou corrección desta programación.

Programación de Aula – LINGUA GALEGA 6º Primaria – CEIP Isaac Peral 38