unha viaxe con moitas sorpresas. 5º b

24
UNHA VIAXE CON MOITAS SORPRESAS

Upload: ceipcoiron

Post on 28-Jun-2015

78 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

UNHA VIAXE

CON MOITAS

SORPRESAS

Page 2: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Era un día caluroso de verán e Tedy estaba

ordenando o faiado, como lle mandara a súa

avoa. Cando remexía nunhas caixas, atopouse

cunha que poñía “recordos lexanos”. Abríuna e

encontrou entre todas as fotografías unha onde

aparecía unha persoa vestida de vikingo. Tería

que ver algo esta fotografía coa súa avoa?

Tedy foi correndo a preguntarlle á avoa por

aquel home. A avoa dixo que non o coñecía,

pero ante a insistencia de rapaza, ela tivo que

decirlle a verdade.

Page 3: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 4: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

- Teu avó tiña unha obsesión cos vikingos –

díxolle a súa avoa. Disfrazábase moitas veces e

chegou un momento en que non quitaba nunca

o seu disfrace. Incluso chegou a facer

investigacións por aqueles lugares por onde

andaban. Nunha desas viaxes o teu avó non

volveu –contoulle a súa avoa con tristura.

Tedy sentíase triste porque non coñecera ao avó

e deulle pena e curiosidade a razón pola que

desaparecera. Entón decidiu chegar ata o fondo

do misterio e encontrar o avó Ramón, que era

así como lle chamaban na aldea.

Page 5: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 6: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Tedy para averiguar, como primeiro paso,

foi pensar a onde iría o avó a buscar

información sobre os vikingos. Ela tamén

tivo que informarse lendo historias de

vikingos, libros da súa procedencia, lugares

aos que ían…E como o avó Ramón non

podía ir moi lexos, decatouse de que este

pobo salvaxe andivera moi preto da súa

aldea non faia moitos anos.

Page 7: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 8: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Pensando e pensando, ao fin decatouse. A praia!

Seguro que alí hai unha proba de onde pode

estar meu avó. A rapaza foi á praia, e depois de

camiñar bastante, pisou unha pedra rara,

estraña, misteriosa.

De repente abriuse un portal a outra dimensión.

Tedy debería entrar? Que habería alí dentro?

 

Page 9: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 10: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Decidiu entrar. Cando só abanzara dous pasos,

apareceron uns homes moi raros, que iban

vestidos con roupas coma a que vira na fotografía.

Eran os vikingos. Ao vela puxéronse moi nerviosos

e atacaron a Tedy. Despos levárona ata o xefe

vikingo.

Tedy que era moi aventureira, que lle gustaban as

películas de terror, que nunca tiña medo de nadie

nin de nada, naquel momento tremaba coma o

máis medoñento e pensaba que daquel lugar non

saería máis. Nunca estivera nunha aventura tan

arriscada.

Pobre de min! –dicía Tedy. Desta non sei si saldrei!

 

Page 11: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 12: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

A sala onde estaba o xefe vikingo era moi

ampla e alta. No momento que viu ao xefe

vikingo, a rapaza sorprendeuse moito

porque aquel home vikingo era o que

estaba na foto da casa da avoa.

Foise acercando e mirouno ben e…Era o

avó Ramón!

Tedy díxolle contenta:

- Ola! Son a túa neta Tedy e vin para

buscarte e levarte á casa da avoa.

Page 13: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 14: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Pero o xefe vikingo, poñendo caras raras, parecía

que non entendía nada. Chamou a un de aqueles

homes e mandouna encerrar nun lugar moi

oscuro e frío.

Alí dentro Tedy pesou que nunca máis ía a sair,

porque ningún sabía onde estaba.

Pero, de repente, chegou Gunter! Gunter era o

can de Tedy que nunca se separaba dela e

ademais era moi inlixente e bo cazador, por iso a

encontrou, seguindo o seu rastro.

Page 15: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 16: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

O can axudou á rapaza a sair daquel cuarto

escuro despois de darlle unhas boas mordeduras

ao garda vikingo e de sacarlle as chaves para

darllas a Tedy.

Cando intentaba sair encontrouse cun vikingo.

Tedy asustouse moito, tanto que case non era

capaz de falar. Mirouno ben e decatouse que

non era un home adulto, senón un neno, pero de

moito corpo. O vikinkiño acercouse e díxolle que

se chamaba Gabrium e pareceulle que a nena

era moi simpática e axudouna.

Page 17: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 18: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Gabrium tiña doce anos e como todos os nenos

gustáballe moito xogar. Parecíase a todos os

vikingos, cos seus pelos loiros, ollos azuis e cara

ancha. Era moi simpático e divertido.

O rapaz levou a Tedy ao salón onde se

encontraba o rei daqueles salvaxes e

salteadores, que non era outro que o seu avó.

Naqueles momentos o rei estaba só mirando uns

mapas de navegación.

A aventureira explicoulle porque estaba alí.

Quería coñecelo e ademais contoulle que a avoa

estaba moi triste desde que el se decidiu a

marchar e porque nunca máis recibira noticias

del.

Page 19: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 20: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Ao escoitar aquelas palabras tal dulces e con tanta tristura da súa neta o avó decidiu volver.Non era fácil sair de aquel lugar. Tiveron que

ter moito coidado e sair rápido porque pronto se decatarían da fuxida de Tedy. Ademais, de collelos, esta vez non ían a andar con bromas.

A Tedy custoulle moito despedirse de Gabrium e ao neno tamén.

Cando estaban fuxindo de aquel poboado por unha porta secreta que só sabía o xefe, Tedy

acordouse do seu can.- Gunter, onde estás? Gunter !!!!

Tiveron que volver por el. Pero todo foi ben porque Gabrium xa os estaba esperando con

Gunter.Despois de asegurarse de estar todos xuntos puxéronse de camino á casa. Chegaron moi

cansados ao día seguinte.

Page 21: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 22: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

Cando entraron pola porta a avoa de Tedy

recoñeceu ao seu home ao instante. Deulle un

abrazo forte e longo e tamén uns bicos moi

cariñosos. Aquel día foi un dos máis felices da

avoa Herminia, recuperara ao seu amor.

Herminia agradeceulle mil veces a Tedy que o

seu home estivera de volta na casa.

Que bonita historia, que final tan feliz, non?

E con vikingos ou non este conto acabou.

Page 23: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Page 24: Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B

FIN