un territorio humanizado cunha gran ...bergondo.gal/uploads/media/natureza_no_regueiro.pdfesta...

1
UN TERRITORIO HUMANIZADO CUNHA GRAN DIVERSIDADE PAISAXÍSTICA Esta praia, coñecida como do Regueiro, e a Ría de Betanzos son lugares cun gran valor ecolóxico, do que se deriva tamén a súa riqueza económica, cultural e paisaxística. Desde os primeiros tempos fómonos instalando na costa para aproveitar os seus importantes recursos naturais. Deste xeito fomos humanizando e modificando un territorio cunha gran diversidade paisaxística. Nesta parte da ría distínguese un litoral con tramos moi recortados, cunha máxica e sorprendente mestura de costa rochosa e areosa, moi cambiante por acción das mareas, con moitas formas, liñas, volumes e tonalidades de cores. A vexetación, adaptada a un clima húmido, cunha paisaxe rural en mosaico de cultivos e bosques, altérnase cun poboamento moi espallado con aldeas,vilas e cidades. Aproveita este momento e goza da súa observación, apreciando os seus valores estéticos. Ameixa fina (Ruditapes decussatus) Unha marabillosa paisaxe costeira para gozar As rías son vales fluviais asolagados, longos brazos de mar que penetran na terra. Unha paisaxe moi singular con identidade de seu, onde se realizan labores tradicionais como o marisqueo e a pesca artesanal que nos proporcionan unha rica gastronomía e tamén actividades recreativas, definindo unha paisaxe diversa e única que temos a obriga de conservar para as xeracións futuras. A RIQUEZA BIOLÓXICA DESTA RÍA FOI APROVEITADA AO LONGO DO TEMPO Os importantes recursos pesqueiros e marisqueiros desta ría foron aproveitados desde tempos inmemoriais, algúns xa desaparecidos como a pesca, coas populares patexeiras, do patexo, un pequeno cangrexo que se empregaba para abonar as terras de cultivo e que tivo unha grande importancia nesta ría. Hoxe en día case douscentos pescadores e mariscadores da ría seguen a aproveitar os ricos e variados recursos mariños que nos fornece esta costa. Nesta parte máis interna da ría, os mariscadores a pé e a flote explotan os bancos marisqueiros para capturar fundamentalmente ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho. Tamén se extraen diversos vermes mariños que logo son empregados como cebo polos pescadores deportivos, como a miñoca de tubo e o mangón entre outros. Todos estes recursos tamén son aproveitados por outros seres vivos, como os mazaricos, aves limícolas que coas súas longas patas e os seus longos bicos buscan, entre a lama, os pequenos invertebrados dos que se alimentan. Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) Berberecho(Cerastoderma edule) Mangón (Arenicola marina) Moitas actividades recreativas que se desenvolven na praia do Regueiro, como o kitesurf, son compatibles coa conservación deste espazo natural Vista panorámica da Ría de Betanzos desde a praia do Regueiro Punta Moruxo Sada Porto de Sada Miño Punta Satareixas Porto de Miño Praia de Sumiño Punta Xurelos Monte de Gallamonde Fontán Gandarío Pequeno A Modia A Insua Moruxo Ares Monte Faro Bergondo Concello de Versión en castellano: descargue PDF del panel Mazarico real (Numenius arquata) Deseño e elaboración: cem, s.coop.galega

Upload: others

Post on 06-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UN TERRITORIO HUMANIZADO CUNHA GRAN ...bergondo.gal/uploads/media/Natureza_no_Regueiro.pdfEsta praia, coñecida como do Regueiro, e a Ría de Betanzos son lugares cun gran valor ecolóxico,

UN TERRITORIO HUMANIZADO CUNHA GRAN DIVERSIDADE PAISAXÍSTICA

Esta praia, coñecida como do Regueiro, e a Ría de Betanzos son lugares cun gran valor ecolóxico, do que se deriva tamén a súa riqueza económica, cultural e paisaxística. Desde os primeiros tempos fómonos instalando na costa para aproveitar os seus importantes recursos naturais. Deste xeito fomos humanizando e modificando un territorio cunha gran diversidade paisaxística. Nesta parte da ría distínguese un litoral con tramos moi recortados, cunha máxica e sorprendente mestura de costa rochosa e areosa, moi cambiante por acción das mareas, con moitas formas, liñas, volumes e tonalidades de cores. A vexetación, adaptada a un clima húmido, cunha paisaxe rural en mosaico de cultivos e bosques, altérnase cun poboamento moi espallado con aldeas,vilas e cidades. Aproveita este momento e goza da súa observación, apreciando os seus valores estéticos.

Ameixa fina (Ruditapes decussatus)

Unha marabillosa paisaxe costeira para gozarAs rías son vales fluviais asolagados, longos brazos de mar que penetran na terra. Unha paisaxe moi singular con identidade de seu, onde se realizan labores tradicionais como o marisqueo e a pesca artesanal que nos proporcionan unha rica gastronomía e tamén actividades recreativas, definindo unha paisaxe diversa e única que temos a obriga de conservar para as xeracións futuras.

A RIQUEZA BIOLÓXICA DESTA RÍA FOI APROVEITADA AO LONGO DO TEMPOOs importantes recursos pesqueiros e marisqueiros desta ría foron aproveitados desde tempos inmemoriais, algúns xa desaparecidos como a pesca, coas populares patexeiras, do patexo, un pequeno cangrexo que se empregaba para abonar as terras de cultivo e que tivo unha grande importancia nesta ría. Hoxe en día case douscentos pescadores e mariscadores da ría seguen a aproveitar os ricos e variados recursos mariños que nos fornece esta costa. Nesta parte máis interna da ría, os mariscadores a pé e a flote explotan os bancos marisqueiros para capturar fundamentalmente ameixa fina, ameixa xaponesa e berberecho. Tamén se extraen diversos vermes mariños que logo son empregados como cebo polos pescadores deportivos, como a miñoca de tubo e o mangón entre outros. Todos estes recursos tamén son aproveitados por outros seres vivos, como os mazaricos, aves limícolas que coas súas longas patas e os seus longos bicos buscan, entre a lama, os pequenos invertebrados dos que se alimentan.

Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) Berberecho(Cerastoderma edule)

Mangón (Arenicola marina)Moitas actividades recreativas que se desenvolven na praia do Regueiro, como o kitesurf, son compatibles coa conservación deste espazo natural

Vista panorámica da Ría de Betanzos desde a praia do Regueiro

Punta Moruxo

Sada Porto de SadaMiñoPunta Satareixas

Porto de Miño Praia de Sumiño

Punta XurelosMonte de Gallamonde

Fontán

Gandarío Pequeno

A ModiaA InsuaMoruxo

AresMonte Faro

Ber

gond

oC

once

llo d

e

Versión en castellano: descargue PDF del panel

Mazarico real (Numenius arquata)

Des

eño

e el

abor

ació

n:ce

m, s

.coo

p.ga

lega