tonecho de rebordechao

7
ALUMNO: BRAIS NIÓN DIOS – 3º DE ESO TONECHO DE REBORDECHAO 3.1 TÍTULO, AUTOR, EDITORIAL, COLECCIÓN … TÍTULO: TONECHO DE REBORDECHAO AUTOR: BREOGÁN RIVEIRO EDITORIAL: GALAXIA COLECCIÓN: ÁRBORE PÁXINAS: 160 IDADE PARA A LECTURA: PARA MAIORES DE 12 ANOS 3.2 ARGUMENTO Este libro conta a historia de Tonecho, un rapaz ao que lle morren seus pais e agora vive con seus avós en Rebordechao, unha aldea medio deshabitada, sen nenos e a punto de desaparecer, que esta perdida no medio das montañas de Ourense. Conta como é a nova vida de Tonecho na aldea, a relación que ten coa xente vella, as cousas que pasan día a día e o seu contacto coa natureza coa que él non estaba acostumado. Fala das da escola unitaria a que vai co seu amigo Kevín, da mestra que e moi guapa e da que están namorados él e Kevin, do seu can Langrán que o acompaña nas súas aventuras, do seu avó Manolo que ten moitos libros e un todoterreo Land Rober, e de que o avó e a avoa discuten por calquera cousa, fala dun día que se celebraron unhas eleccións onde súa avoa era presidenta da mesa electoral. Pero sobre todo conta o misterio dunha casa abandonada, a casa dos carros, onde, segundo lle conta un veciño, o Portugués, e o seu amigo Kevín, viviu un asasino, o Home do Unto que tamén lle chamaban o Home Lobo de Allaríz, que matou a unha ducia de mulleres e nenos as que enganaba porque, segundo a mestra, era moi guapo e moi falador, que as mataba para sacarlle a graxa e facer xabrón con ela, e cómo finalmente foi detido por unha muller policía.

Upload: victorxavina

Post on 29-Nov-2015

517 views

Category:

Documents


31 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tonecho de Rebordechao

ALUMNO: BRAIS NIÓN DIOS – 3º DE ESO

TONECHO DE REBORDECHAO

3.1 TÍTULO, AUTOR, EDITORIAL, COLECCIÓN …

TÍTULO: TONECHO DE REBORDECHAO

AUTOR: BREOGÁN RIVEIRO

EDITORIAL: GALAXIA

COLECCIÓN: ÁRBORE

PÁXINAS: 160

IDADE PARA A LECTURA: PARA MAIORES DE 12 ANOS

3.2 ARGUMENTO

Este libro conta a historia de Tonecho, un rapaz ao que lle morren seus pais e agora vive con seus avós en Rebordechao, unha aldea medio deshabitada, sen nenos e a punto de desaparecer, que esta perdida no medio das montañas de Ourense.

Conta como é a nova vida de Tonecho na aldea, a relación que ten coa xente vella, as cousas que pasan día a día e o seu contacto coa natureza coa que él non estaba acostumado. Fala das da escola unitaria a que vai co seu amigo Kevín, da mestra que e moi guapa e da que están namorados él e Kevin, do seu can Langrán que o acompaña nas súas aventuras, do seu avó Manolo que ten moitos libros e un todoterreo Land Rober, e de que o avó e a avoa discuten por calquera cousa, fala dun día que se celebraron unhas eleccións onde súa avoa era presidenta da mesa electoral.

Pero sobre todo conta o misterio dunha casa abandonada, a casa dos carros, onde, segundo lle conta un veciño, o Portugués, e o seu amigo Kevín, viviu un asasino, o Home do Unto que tamén lle chamaban o Home Lobo de Allaríz, que matou a unha ducia de mulleres e nenos as que enganaba porque, segundo a mestra, era moi guapo e moi falador, que as mataba para sacarlle a graxa e facer xabrón con ela, e cómo finalmente foi detido por unha muller policía.

E finalmente conta como un día dando un paseo polo monte co seu can ve un lobo e colle tanto medo que o bocadillo que estaba comendo cáelle entre uns cogomelos tóxicos que fan que teña alucinacións e pensa uns lobos e monstros o queren matar.

3.3 PERSONAXES

Page 2: Tonecho de Rebordechao

Personaxes principais:

- Tonecho, o protagonista- Manolo, avó de Tonecho, que lle gusta moito leer e ten un Land Rober

Santana que non vai a mais de 30 Km/h- Hermosinda, avoa de Tonecho que sempre esta reñindo co seu home

e con Tonecho e gústalle moito invitar a xente a comer- O Portugués, veciño de Rebordechao, home grande cunha cicatriz no

nariz, que lle conta a Tonecho a historia do Home do Unto- O Home do Unto, asasino que viviu en Rebordechao

Personaxes secundarios:

- Kevín, amigo de Tonecho, gordiño e máis forte ca él, vai con Tonecho a escola.

- Sabela, mestra de Rebordechao, da que están namorados Tonecho e Kevin.

- Sra. Marica, muller do Portugués, que non fala e sempre sorí.- Langrán, o can de Tonecho que sempre vai con el nas súas

aventuras.- Remixio, veciño de Rebordechao que non quixo ir votar.

3.4. COUSAS NOVAS, FEITOS, LUGARES, VOCABULARIO.

Cousas novas que coñezo:

- Que se pode distinguir o sexo dos gatos segundo o número de cores que teña o lombo do gato. As gatas son as únicas que poden ter tres cores no lombo e os gatos solo poden ter dous (Páx. 46).

- Que o xabrón se fai con graxa de animais (Páx. 85).

Lugares:

- Rebordechao, pobo pertencente ao concello de Villar de Barrio, na provincia de Ourense.

- Montederramo, concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra.

- Allariz, concello da provincia de Ourense.

- Verín, concello da provincia de Ourense.

Vocabulario:

- Acenos: sinal que se fai coa man, coa cabeza, cos ollos ou con outra cousa para expresar algo sen palabras.

- Acougar: Permanecer tranquilo, ter acougo ou sosego.

- Balbordo: Ruído de moitas voces xuntas.

- Esfolar: sacar a pel.

- Rosmar: dicir algo en voz baixa.

- Teimudo: Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.

Page 3: Tonecho de Rebordechao

- Moinante: Persoa que percorre feiras, festas patronais etc., vendendo ou mesmo mendigando, e que adoita ter habilidade para enganar e aparentar humildade para sacar beneficio.

Frases:

- A fume de carozo: marchar rapidamente.

3.5. VALORES POSITIVOS E VALORES NEGATIVOS.

- Valor positivo: Cando Tonecho di que se aburre e pide a seus avós que lle compren unha play e unha Xbox, a avoa dille que faga coma seu avó e que lea os libros que hai pola casa que é moito mellor que eses aparellos e non se vai aburrir tanto.

- Valor negativo: o egoísmo de Remixio que solo pensa en el, porque lle pediron por favor que fora votar pronto para poder marchar para a casa porque facía moito frío e non foi e tiveron que estar esperando ata as oito da tarde.

3.6. VALORACIÓN DO LIBRO.

O libro gustoume moito xa que se conta a historia dunha forma moi real, porque a aldea, os costumes e a xente son máis ou menos iguais cas das aldeas e pobos que hai arredor de onde vivo eu.

3.7. INDICACIÓN DE TRES PARAGRAFOS.

1. “Un dos carros está aínda cuberto de palla podre. A primeira vez que andei por esa casa, cando me metín por embaixo do carro, descubrín na escuridade dous ollos demoníacos, brillantes, a fitar cara min” (páx. 42).

2. “Confésoche que cando pensaba aquilo na escuridade do alpendre quedaba estarrecido de medo. Aquilo era moito mellor que a mellor película de terror que poidas imaxinar! Era real! Un caníbal na miña aldea! Uauuu!” (páx. 72)

3. “Botei a correr a fume de carozo entre os lobos, que se arredaron para me deixar pasar. Corrín a todo o que daban as miñas pernas. Corría e berraba pedindo auxilio, pero ninguén me escoitaba. Un monstro enorme saíu de detrás dun carballo cun machado ao ombro” (páx. 139).

Page 4: Tonecho de Rebordechao

RESUMO

Tonecho é un neno ao que lle morreron os país e vai vivir con seus avós a unha aldea pequeniña perdida no medio das montañas de Ourense chamada Rebordechao, onde queda moi pouca xente e sempre pasan as mesmas cousas.

Vai a escola co seu amigo Kevin, un neno gordiño ao que lle gusta moi comer e que é moito más forte ca él. Os dous están namorados de Sabela, a súa mestra, e están sempre pelexando por ela ata que ela lles di que ten mozo e vive el desde hai moito tempo.

En Rebordechao, a vida era moi tranquila e case todos os días se facian as mesmas cousas e aínda que Tonecho o pasa moi ben indo a escola e axudándolle a seus avós, as veces abúrriase e quería que seus avós lle compraran unha play e unha Xbox. De vez en cando tamén pasan cousas fora do normal, como o día das eleccións que a súa avoa lle tocou na mesa electoral e tivo que estar alí todo o día por culpa de Remixio que non quixo ir a votar e tiveron que estar ata as oito da tarde esperando por el.

Pero un día cando Tonecho foi dar unha volta pola aldea entrou nunha casa abandonada, que lle chamaban a casa dos carros, e encontrou nun cuarto manchas de sangue. E así foi como empezou a investigar de quen era esa casa e que pasou nela. Kevin e o Portugués, un veciño de Rebordechao que era o home da sra. Marica, dixéronlle que nesa casa vivira o Home do Unto, un asasino que matou a unha ducia de mulleres e nenos e despois lebavaos ao medio do monte onde os esfolaba e cortaba en anacos para que os comeran os lobos, pero seu avó contoulle que iso pasara hai máis de cen anos e eran contos de vellas para asustar aos nenos. A mestra tamén lle contou que o Home do Unto era moi guapo e así era como enganaba a xente e de que o chamaban o Home Lobo de Allariz, finalmente foi detido e levado ao cárcere por unha muller policía.

A avoa de Tonecho enfadouse moito cando se enterou que o avó lle iba contando esas historia de medo ao rapaz e prohibiulle volver a ir a casa dos carros, por iso lle comprou a play.

Pero Tonecho foi de novo a casa dos carros e case lle cae o teito na cabeza e cando chegou o cuarto xa non había sangue e o Portugués díxolle que nunca houbera alí sangue. Ao final seu avó díxolle que xente contaba que o Home do Unto era un home pequeniño que lle sacaba o unto a xente que mataba para facer xabrón para despois vendelo, pero que non se preocupara que eran contos de vellas para que os rapaces colleran medo.

Pero Tonecho si que viu un lobo de verdade un día que estaba paseando polo monte co seu can Langrán e comendo un bocadillo, tivo tanto medo que quedou paralizado e o bocadillo caeulle ao chan entre uns cogomelos tóxicos e cando marchou o lobo volveu a comer o bocadillo que lle produciron alucinacións e empezou a correr coma un tolo berrando que o querían matar os lobos e uns monstros. Finalmente foi encontrado polo portugués e tivo que pasar uns días no hospital. Cando volveu a aldea él, o avó e portugués foron ao monte para matar ao lobo, pero cando o encontraron no monte resulta que era unha loba que tiña tres crías pequeniñas e non o mataron.

O Misterio das Badaladas - Xabier P. Docampo

Page 5: Tonecho de Rebordechao

13-14 anos

ARGUMENTO

Nos encontramos en un pueblecito llamado Eiranova donde todos los vecinos se conocen. En el campanario han cambiado de reloj y éste da las campanadas de forma digital, de manera que a las horas en punto da el número de campanadas correspondiente a la hora que es con un pequeño problema: a las doce de la medianoche no da doce campanadas, sino trece

Esto ocurre en la época de verano y Cristina y sus amigos del colegio deciden actuar de detectives y descubrir quién se esconde detrás de la campanada número 13 de manera que, gracias a una primera pista que encuentran en el magazine juvenil que edita el colegio, comienza un periplo por intentar resolver el misterio.

Las pistas les llevarán hasta un vecino que les explicará cómo se las ha ingeniado para mantenerlosn entretenidos durante la época estival...

…./

O misterio das badaladas. No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.

…../

Por fin hay reloj nuevo en Eiranova. Anda exacto hasta las doce de la noche, en que da trece campanadas. Como al día siguiente también lo hace, el relojero intenta arreglarlo pero no le encuentra fallo alguno en la maquinaria. Cinco niños, encabezados por Cristina, se ponen a investigar el misterio de la campanada número trece. Se valen de una serie de pistas que el "culpable" les va dejando.

En un exemplar de "Xente de aquí e de acolá" de la biblioteca del colegio encuentran un mensaje, que logran descifrar en su referencia al río. En él, encuentran un laberinto que en la solución informa que el autor va a tocar a la vista de todos (esa noche es la de San Juan). En un alambre de secar la ropa aparece el tercer mensaje: un poema non-sense que alude al periódico local, que sale cada quince días, y al día siguiente le toca. Leyéndolo, reparan en el anuncio de un molino en venta, al que acuden encontrando una nota con letras inacabadas que los cita para las seis de la tarde debajo del farol.

Esa tarde acaban en casa del juez xubilado, que los agarda con refrescos y pasteles.

Y les cuenta cómo foi discurriendo el juego, que, lamentablemente, acabó... Aunque aquella noche el reloj dió once campanadas a las doce. En los cinco mensajes está la explicación.