tema6 150128032852-conversion-gate02
TRANSCRIPT
TEMA 6. O CORPO HUMANO E A RELACIÓN
AS TRES FUNCIÓNS VITAIS
As persoas somos seres vivos e realizamos as
funcións vitais de nutrición,
relación e reprodución e, para
iso, necesitamos órganos e aparatos que
traballen de forma coordinada.
NUTRICIÓNO aparato
dixestivo transforma os alimentos en
substancias máis sinxelas que o
organismo pode aproveitar. O estómago
e os intestinos son órganos do aparato
dixestivo
NUTRICIÓNO aparato
respiratorio toma do aire o osíxeno que
necesitamos e expulsa dióxido de carbono. Os pulmóns e a traquea
son órganos do aparato respiratorio
NUTRICIÓNO aparato
circulatorio leva sangue con osíxeno e substancias nutritivas a todo o organismo e recolle refugallos e
dióxido de carbono. O corazón é un órgano que forma parte do aparato circulatorio.
NUTRICIÓNO aparato excretor
limpa o sangue de substancias de
refugallo. Os riles son órganos do aparato
excretor.
RELACIÓNA función de relación permítenos captar o que ocorre ao noso redor e reaccionar ante esa información. Interveñen: Órganos dos sentidos Sistema nervioso Aparato locomotor
RELACIÓN Órganos dos sentidos:
como os ollos ou os oídos, reciben información do exterior
RELACIÓN Sistema
Nervioso: recolle a información que achegan os órganos dos sentidos e elabora respostas
RELACIÓN Aparato
Locomotor: executa as respostas que ordena o sistema nervioso e permite movernos.
REPRODUCIÓN Os seres humanos somos vivíparos, é
dicir, nacemos do ventre de nosas nais. Na reprodución intervén o aparato
reprodutor. Os aparatos reprodutores dos homes e das mulleres son distintos. Os homes teñen aparato reprodutor masculino e as mulleres teñen aparato reprodutor feminino.
A FUNCIÓN DE RELACIÓN É a capacidade de percibir estímulos ou
cambios que ocorren ao noso redor e elaborar respostas.
No organismo existen órganos especializados en captar estes estímulos: son os chamados órganos receptores
Os seres vivos somos capaces de controlar e coordinar todas as actividades corporais mediante a función de relación.
OS ESTÍMULOS Os estímulos internos son os cambios
que ocorren no interior do organismo. Os órganos receptores que captan estes estímulos están no interior do corpo.
Os estímulos externos son os cambios que ocorren no exterior. Os órganos receptores que captan estes estímulos son os órganos dos sentidos.
AS RESPOSTAS Ante un estímulo interno ou externo o
noso cerebro elabora unha orde, que se traduce nunha resposta realizada por uns órganos chamados órganos efectores.As respostas motoras son os
movementos dos músculosAs respostas glandulares consisten
na produción de certas substancias por medio duns órganos do noso corpo chamados glándulas
OS ÓRGANOS RECEPTORES Recibimos continuamente información do
interior e do exterior do noso corpo. Captamos os estímulos externos mediante os órganos dos sentidos.
SENTIDO DO OLFACTO Os receptores do
olfacto atópanse na cavidade nasal, nunha zona que recibe o nome de pituitaria. Estes receptores envían a información ao cerebro.
SENTIDO DO GUSTO Os receptores do
gusto atópansena lingua, nuns vultiños chamados papilas gustativas.Cada zona da superficie da lingua é sensible a un sabor.As papilas gustativas envían a información ao cerebro.
SENTIDO DO TACTO Os receptores do
tacto atópanse na parte inferior da pel ou derme. Estes receptores captan a temperatura, a presión, a dor e a textura dos obxectos, é dicir, se son lisos ou rugosos. Logo, envían esa información ao cerebro.
SENTIDO DA VISTA Está no ollo, que
recolle os estímulos luminosos. A luz entra no ollo pola pupila, atravesa o cristalino e chega á retina,que transmite os estímulos ao cerebro a través do nervio óptico.
SENTIDO DO OÍDO Está no oído. Recolle
estímulos sonoros. Desde a orella, os sons percorren o conduto auditivo, chegan ao tímpano, pasan pola cadea de ósos finos e chegan ao caracol e ao nervio auditivo, que os leva ao cerebro.
SISTEMA NERVIOSO. AS SÚAS FUNCIÓNS O sistema nervioso transmite as ordes a todo o
organismo a través duns sinais chamados impulsos nerviosos. Mediante estes impulsos, o noso sistema nervioso realiza distintas funcións: Transmite a información Interpreta e procesa Transmite as ordes Controla o funcionamento Intervención
FUNCIÓNS DO S.N.
Transmite a información: que captan os órganos dos sentidos.
Interpreta e procesa: a información que lle chega desde os sentidos e elabora ordes.
Transmite as ordes: ata os órganos efectores. Controla o funcionamento dos órganos vitais. Intervención: no razoamento, a aprendizaxe, a
memorización e os sentimentos.
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL Encárgase de recibir e interpretar a
información e de elaborar ordes. Está formado polos centros nerviosos, que son a medula espiñal e o encéfalo. A medula espiñal está protexida pola
columna vertebral. Elabora as respostas automáticas e rápidas.
O encéfalo atópase dentro do cranio. Ten tres partes: o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo
Cerebro: Elabora respostas voluntarias e inflúe no pensamento, a memorización e a linguaxe.
Bulbo raquídeo: controla o funcionamento dos órganos vitais, como o latexo do corazón.
Cerebelo: intervén no equilibrio e na coordinación dos movementos.
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO Está formado por un conxunto
de nervios que percorren todo o organismo e que se encargan de transmitir a información. Existen dous tipos de nervios: os nervios sensitivos e os nervios motores. Os nervios sensitivos transmiten a información
desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.
Os nervios motores transmiten as ordes desde o sistema nervioso central aos músculos e glándulas.
MOVEMENTOS VOLUNTARIOS E INVOLUNTARIOS Ante un estímulo, o sistema nervioso central
reacciona cunha orde que pode provocar movementos involuntarios ou movementos voluntarios.Nos movementos involuntarios intervén a
medula espiñal, que orixina respostas automáticas e rápidas.
Nos movementos voluntarios intervén o cerebro, que orixina respostas máis lentas ca as involuntarias
OS ÓRGANOS EFECTORES.TIPOS DE ÓRGANOS EFECTORES Cando os nosos órganos receptores
perciben estímulos, o sistema nervioso reacciona e elabora a orde máis adecuada. Esta orde convértese nunha resposta executada polos órganos efectores.
As respostas adoitan consistir nun movemento.
O APARATO LOCOMOTOR
O aparato locomotor está formado polo esqueleto, os músculos e os elementos que os unen:O esqueleto é o conxunto de ósos que dá
forma ao corpo e protexe os órganos internos. Os extremos dos ósos están protexidos polas cartilaxes, que son máis flexibles.
Os músculos son órganos capaces de contraerse e estirarse para mover os ósos. Únense aos ósos mediante os tendóns.
O APARATO LOCOMOTOR
As zonas de unión dos ósos chámanse articulacións. As articulacións poden ser: Fixas, como as dos ósos do cranio, que non se moven. Semimóbiles, como as dos ósos que forman a columna
vertebral, que teñen un movemento limitado. Móbiles, como a articulación do ombro, que teñen gran
capacidade de movemento. Nas articulacións semimóbiles e móbiles, os
ósos están suxeitos por uns cordóns fibrosos, os ligamentos.