tema. - deportes con raquetas:bÁdminton e ...º...4 se o recibidor fai unha falta ou o volante...

10
BÁDMINTON O CAMPO DE XOGO DE BÁDMINTON. OBXECTIVO DO BÁDMINTON O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede para que caia no campo contrario e non caia no meu campo. MODALIDADE DE INDIVIDUAIS. SAQUE E DEVOLUCIÓN.CAMBIO DE LADO En individuais o xogador que saca fáino desde o cadro de saque da dereita e sirve a zona de saque da dereita da parte do outro lado da rede. Tanto o que saca como o que recibe colocaranse nos seus respectivos campos dereitos cando o que executa o saque, non teña ningún punto ou teña un número par de puntos nese xogo. Colocaranse nos seus respectivos campos esquerdos cando o que saque teña un número impar de puntos nese xogo. Gáñanse os puntos cando un xogador non devolve o volante ou o golpea enviándoo fora da pista. MODALIDADE DE DOBRES: SAQUE E DEVOLUCIÓN CAMBIO DE LADO Sácase e recíbese desde os cadros de saque dereito e esquerdo con puntuación par e impar igual que en individuais. Despois de devolver o saque, calquera xogador do lado do recibidor e calquera xogador do lado do sacador poden alternativamente devolver o volante. Só se pode golpear unha vez por parella. TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E PÁDEL

Upload: others

Post on 20-Mar-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

BÁDMINTON

O CAMPO DE XOGO DE BÁDMINTON.

OBXECTIVO DO BÁDMINTON

O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede

para que caia no campo contrario e non caia no meu campo.

MODALIDADE DE INDIVIDUAIS. SAQUE E DEVOLUCIÓN.CAMBIO DE LADO

En individuais o xogador que saca fáino desde o cadro de

saque da dereita e sirve a zona de saque da dereita da parte

do outro lado da rede.

Tanto o que saca como o que recibe colocaranse nos seus

respectivos campos dereitos cando o que executa o saque,

non teña ningún punto ou teña un número par de puntos nese

xogo.

Colocaranse nos seus respectivos campos esquerdos cando o

que saque teña un número impar de puntos nese xogo.

Gáñanse os puntos cando un xogador non devolve o volante ou o

golpea enviándoo fora da pista.

MODALIDADE DE DOBRES: SAQUE E DEVOLUCIÓN

CAMBIO DE LADO

Sácase e recíbese desde os cadros de saque dereito e

esquerdo con puntuación par e impar igual que en individuais.

Despois de devolver o saque, calquera xogador do lado do

recibidor e calquera xogador do lado do sacador poden

alternativamente devolver o volante. Só se pode golpear unha

vez por parella.

TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E PÁDEL

Page 2: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

2

ORDE DO SAQUE DEVOLUCIÓN EN DOBRES.

1. do servidor inicial que

comezou o xogo do cadro de

saque dereito.

2. ao compañero do receptor

inicial.

3. ao compañeiro do primeiro

servidor.

4. ao xogador que primeiro

recibiu.

ao servidor inicial e así.

SETS E PUNTUACIÓN

O partido consta de 3 sets e adxudícase ao xogador que gañe en dous deles, sen

necesidade de disputarse o terceiro si xa se acadaron os dous primeiros.

O lado que ten dereito a sacar chámase lado de saque e o lado oposto chámase lado

receptor.

O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET.

O lado que consiga punto directo sumará un punto o seu marcador.

Se no tanteo se empata a 20, o lado que consiga dous puntos consecutivos gañará o SET.

Se no tanteo se empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gañará o SET.

O lado que gañe o SET sacará primeiro no seguinte .

Cambio de lado nos sets.

Os xogadores deben cambiar de lado:

-ó final do primeiro set. -antes de comenzar o terceiro set, se existise. -no terceiro

set, ou nun partido dun set, cando un dos lados chegue a 11 puntos.

RESUMINDO: O partido consta de 3 sets.

O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET con 2 ptos de ventaxa.

Con empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gaña.

Sácase e recíbese dende os cadros de saque dereito e esquerdo con

puntuación par e impar respectivamente.

O lado que consiga un pto sumará un punto a su marcador. Un dos lados

gaña o punto, cando o oponente comete unha “falta” ou o volante deixa de

estar en xogo.

porque toca la superficie de la pista contraria

Page 3: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

3

ERROS NO SAQUE. FALTAS DE SAQUE.

No momento de golpear o volante, o

mango da raqueta debe apuntar cara

abaixo.

A empuñadura da raqueta do que saca

estará no momento do golpe co volante

por encima da cabeza da raqueta.

Parte dos pes tanto do sacador coma do

recibidor teñen que estar en contacto

co chan.

A raqueta do que realiza o servicio no

momento do impacto, o igual co volante,

deberá atoparse por debaixo da cintura.

O servidor e o receptor deben estar

colocados nos seus respectivos cadros

de saque sen tocar as líñas destos

cadros.

Page 4: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

4

Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a

pista de xogo do recibidor, o servidor gaña un punto. A continuación o servidor sacará

novamente desde o outro lado do saque.

Se o servidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo porque toca a pista de

xogo do servidor, o recibidor gaña o punto. O servidor perderá o dereito a continuar

co saque e o recibidor pasará a ser o servidor.

TAMÉN É FALTA

Page 5: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

5

XESTOS TÉCNICOS

POSICIÓN BÁSICA

SERVICIO LONGO traxectoria alta ata a liña de fondo, obriga o contrario a desprazarse do

centro do campo

SERVICIO CORTO O volante debe pasar rozando a rede e caer xusto na liña de saque.

O CLEAR golpe por encima da cabeza realízase desde o fondo da pista propia e o volante vai

a caer no fondo da pista do adversario

Page 6: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

6

O LOB OU GLOBO executado por debaixo da cintura para desprazar o contrario o fondo da

pista.

AS DEIXADAS hai dous tipos : unha desde o fondo da pista e outro cerca da rede.

O SMASH OU REMATE Execútase por encima da cabeza.

POSICIÓN NO CAMPO

SISTEMA EN PARALELO SISTEMA ADIANTE-ATRÁS

Page 7: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

7

PÁDEL. O CAMPO DE XOGO DE PÁDEL.

A pista de xogo é un rectángulo de

10 metros de ancho por 20 metros

de largo dividido na sua metade por

unha rede.

A rede ten unha lonxitude de 10

metros e unha altura de 0,88

metros no centro.

A PUNTUACIÓN

Na práctica, o pádel é moi similar ao tenis.

Cando unha parella gaña o primeiro punto contará 15.

Ao gañar o segundo punto contaranse 30.

Ao gañar o terceiro punto contaranse 40

Co cuarto punto gañado cantarase XOGO.

Se ambas parellas gañaron tres puntos, a puntuación recibe o

nome de "iguais".

O tanto seguinte denominase "ventaxa" en favor do gañador e

se o mesmo volve a gañalo adxudícase o xogo.

A parella que primeiro gañe 6 xogos, sempre cun mínimo de 2 de

ventaxa, anotarase o set.

En caso de empate a 5 xogos deberanse xogar dous máis,

ata gañar por 7-5, pero se hai empate a 6 xogos, gañará aquel

que consiga dous de diferenza ou, aplicarase o "tiebreak" ou

desempate.

As parellas cambiarán de lado cando a suma dos xogos de cada

set sexa número impar.

Os partidos poderán ser ao mellor de 3 ou 5 sets.

Page 8: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

8

COMEZO DO XOGO

Posición dos xogadores

O saque

Debe efectuarse da seguinte maneira:

O servidor deberá estar cos pes detrás da líña de saque,

entre a liña central de saque e a parede lateral. Lanzará a

pelota por encima da rede cara o cadro situado no outro

campo, en liña diagonal, facendo que bote en dito cadro ou

sobre unha das liñas que o delimitan.

O servidor queda obligado a non tocar cos pes a

liña de saque nin invadir a zona que estaría delimitada

pola continuación da liña central.

No momento do saque, o xogador deberá golpear a

pelota a altura ou por debaixo da cintura, e ter ao menos

un pe en contacto co chan.

FALTA DE SAQUE

A pelota bota fora da área de

servicio do restador

Logo de servida a pelota

golpea o seu compañeiro.

Logo de servida e pasada

a rede, a pelota bota no

campo contrario e toca a

malla metálica que

delimita o campo antes

do segundo bote.

Page 9: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

9

CÁNDO SE PERDE O PUNTO ?:

Una parella perderá o punto:

Se un xogador da parella, a sua raqueta ou algo que leve consigo toca algunha parte da rede,

ou o terreno da parte do campo contrario, incluida a malla metálica, mentras a pelota esté

en xogo.

Se a pelota bota por segunda vez no seu campo antes de ser devolta.

Se devolve a pelota de volea antes de que ésta sobrepasase a rede.

Se un xogador devolve a pelota de tal forma que da directamente nas paredes do campo

contrario ou na malla metálica.

Cando a pelota sexa impulsada por un xogador, bote e saia dos límites superiores da pista

XESTOS TÉCNICOS

GOLPE DE DEREITA

GOLPE DE REVÉS

REMATE

SAQUE

Page 10: TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E ...º...4 Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a pista de xogo do recibidor, o servidor gaña

10

DEPORTES DE RAQUETA, CONSECUENCIAS DA ASIMETRÍA.

Os deportes de raqueta presentan potenciais riscos para a espalda porque existen frecuentes

posturas de rotación e flexión da columna vertebral. Ademais, tenden a desenvolver máis a

musculatura dun lado ca doutro, o que pode xerar unha asimetría prexudicial para a espalda.

Recoméndase:

Realizar exercicios para desenvolver a musculatura da columna vertebral, para compensar a

tendencia ao desequilibrio muscular que xenera este deporte.

É importante facer estiramentos da

musculatura fortalecida (a do lado de golpeo)

e fortalecer o lado máis débil.

ESTIRAMENTOS RECOMENDADOS NOS DEPORTES CON RAQUETAS

dorsal deltoides tríceps

cuádriceps pectoral xemelgos