aprendizaxe baseado en xogos (game-based learning)...fÍsica e quÍmica en xogo guÍa do usuario ....

12
FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO Aplicación de xogos educativos APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING) Material complementario para o currículo de Física e Química (3º da ESO) Xogos e outros materiais: 1. 24 xogos diferentes para 8 temas do programa de 3º da ESO, divididos en dúas seccións. 2. Unha actividade Javaclic sobre formulación inorgánica. 3. Apuntes de formulación inorgánica no botón “Formulación” da cabeceira. 4. Resumen dos contidos de todo o curso no botón “Temas”. Cada xogo presenta as seguintes iconas: Contidos. Premendo aquí podemos acceder aos contidos do tema resumidos. Resultados do xogo. Conta as respostas acertadas en tanto por cento. Acumula os resultados de todas as partidas dunha sesión. 1

Upload: others

Post on 07-Oct-2020

12 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO Aplicación de xogos educativos

APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)

Material complementario para o currículo de Física e Química

(3º da ESO)

Xogos e outros materiais:

1. 24 xogos diferentes para 8 temas do programa de 3º da ESO,

divididos en dúas seccións.

2. Unha actividade Javaclic sobre formulación inorgánica.

3. Apuntes de formulación inorgánica no botón “Formulación” da

cabeceira.

4. Resumen dos contidos de todo o curso no botón “Temas”.

Cada xogo presenta as seguintes iconas:

Contidos. Premendo aquí podemos acceder aos contidos do tema resumidos.

Resultados do xogo. Conta as respostas acertadas en tanto por cento. Acumula os resultados de todas as partidas dunha sesión.

1

Page 2: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Videoaxuda de uso do xogo.

Un xogador. O usuario xoga contra o ordenador.

Dous xogadores. Os usuarios xogan entre eles.

Altofalante para silenciar o son ambiente.

Se o texto non cabe na caixa de respostas, debemos utilizar as frechas

arriba e abaixo do teclado para ler a segunda liña.

Cada xogo pódese utilizar varias veces, porque as preguntas van variando

aleatoriamente. Se non se pecha a sesión, os resultados finais amosarán

o acumulado de todas as partidas.

Un xogador / Dous xogadores Todos os xogos, excepto o trivial e o millonario (que, pola natureza do

propio xogo, teñen que ser necesariamente de dous xogadores e un,

respectivamente) presentan as dúas opcións (no caso de un so, xógase

contra o ordenador; e no caso de dous, a aplicación vai concedendo a

quenda alternativamente).

Estratexia intelixente Ademais de contestar preguntas, o alumno potencia unha capacidade

máis que os test habituais non teñen: o desenvolvemento dunha

estratexia intelixente para gañar a partida (xadrez, trivial, afundir a flota,

tres en raia), incluso cando se xoga contra o ordenador, este desenvolve a

súa propia estratexia para vencer ao alumno.

Xogos reunidos A función dos xogos reunidos é a de xogar varias partidas nunha soa

sesión para repasar distintos temas. Nun atractivo escenario,

recompílanse catro xogos que se corresponden con outros tantos temas

de cada sección, coa funcionalidade de recoller a puntuación de todos

eles nos resultados finais.

2

Page 3: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Xogos de repaso Cada dous temas temos un xogo de repaso de eses dous. Ademais, ao fin

de cada un dos dous bloques no que se dividen os oito temas da

aplicación temos un xogo pasapalabra de repaso con preguntas dos catro

temas dese bloque.

Dous xogos reunidos para repasar todos os temas

3

Page 4: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Modelo de xogos reunidos onde as etiquetas dos xogos correspóndense cos temas e as miniaturas son as ligazóns os

correspondentes xogos.

Calificacións imprimibles de todos os xogos reunidos

4

Page 5: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

INSTRUCCIÓNS DOS XOGOS Xogos Características Regras

Trivial

Opcións: 2 xogadores Obxectivo: Conseguir, antes que o contrario, as catro medallas de distinta cor

1. Premer no dado. 2. Elixir unha das dúas casas marcadas cun sinal luminoso. 3. Responder á pregunta. a) Se erramos, cambia a quenda de xogador. b) Se acertamos, seguimos tirando coa finalidade de caer nas casas que teñen medalla para conseguila respondendo correctamente á pregunta. Así, ata conseguir as catro (cada unha da súa cor).

Millonario

Opcións: 1 xogador. Obxectivo: conseguir 1.000.000 de euros respondendo correctamente a 15 preguntas.

1. Pícase na frecha do monitor da dereita da mesa do escenario para comezar o xogo e para cargar a seguinte pregunta. 2. Acéndese un sinal luminoso ao lado da cantidade pola que estamos a xogar nesa pregunta. 3. Temos a posibilidade de usar os coñecidos 3 comodíns dun só uso: o público, o teléfono e o 50%.

Tres en raia

Opcións: un xogador (contra ol ordenador) e dous xogadores. Obxectivo: conseguir marcar tres casas en líña (horizontal, vertical ou diagonal).

1. Responder á pregunta. 2. Marcar, cando apareza a intermitencia do taboleiro, a casa elixida. 3. Premer no botón de avance para cargar a seguinte pregunta (nese momento, na opción dun xogador, o ordenador marca a súa posición intelixente e automaticamente). 4. Seguinte pregunta e seguinte quenda.

Xadrez

Opcións: uno o dos xogadores. Obxectivo: capturar todos os peóns do taboleiro cun máximo de 14 movementos (na opción dun xogador). O capturar o maior número de peóns que o contrario na opción de dous xogadores.

1. Picamos nunha das casas compatible co movemento do salto do cabalo (co que imos consumindo movementos na opción dun xogador) en busca do peón máis próximo. 2. Saltamos á casa onde hai un peón (gastamos outro movemento, na opción dun xogador) e respondemos á pregunta. Se acertarmos, engadiremos o peón ao noso contador (e recuperaremos o movemento gastado, na opción dun xogador).

Carreira de cabalos

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: chegar antes que o contrario á meta respondendo correctamente ás preguntas.

1. Ao picar na resposta correcta o cabalo avanza. 2. Con seis respostas correctas alcánzase a meta.

Salto da ra

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: chegar antes que o contrario á meta respondendo correctamente ás preguntas.

1. Ao picar na resposta correcta a ra avanza. 2. Con seis respostas correctas alcánzase a meta.

Piragüismo

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: chegar antes que o contrario á meta respondendo correctamente ás preguntas.

1. Ao picar na resposta correcta a piragua avanza. 2. Con seis respostas correctas alcánzase a meta.

Atletismo

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: chegar antes que o contrario á meta respondendo correctamente ás preguntas.

1. Ao picar na resposta correcta o atleta avanza. 2. Con seis respostas correctas alcánzase a meta.

Afundir a flota

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: afundir os dous submarinos (de tres e dúas casas) que están ocultos no taboleiro. a) Na opción dun xogador, temos 12 cargas de profundidade para conseguir o obxectivo. b) Na opción de dous xogadores, debemos rematar cos submarinos do contrario.

1. Pícase na resposta. Se non acertamos cámbiase de quenda e se acertamos pasamos ao seguinte punto. 2. Márcase a casa onde tiramos a carga de profundidade cando pestanexe o taboleiro.

a) Se a casa está baleira, queda transparente (a xeito de oco no taboleiro). b) Se a casa oculta unha parte do submarino, estalará a carga de profundidade e aparecerá unha columna de fume para indicar que foi tocado (descubrirase o submarino cando consigamos afundilo).

3. Cambio de quenda.

Penaltis

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: marcar máis penaltis despois de responder correctamente ás preguntas.

1. Ao premer na resposta aparece un balón que ao facer clic se lanza. Coa frecha horizontal e vertical, en permanente movemento, establecemos as coordenadas do tiro. 2. Para contestar á seguinte pregunta (e poder realizar o seguinte tiro en caso de que a resposta sexa correcta) hai que pulsar o botón de seguinte.

5

Page 6: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Baloncesto

Opcións: un ou dous xogadores, Obxectivo: encestar máis veces o balón, despois de responder correctamente ás preguntas.

1. Ao premer na resposta aparece un balón que ao facer clic se lanza. Coa frecha horizontal e vertical, en permanente movemento, establecemos as coordenadas do tiro. 2. Para contestar á seguinte pregunta (e poder realizar o seguinte tiro en caso de que a resposta sexa correcta) hai que pulsar o botón de seguinte.

Pasapalabra

Opcións: un xogador e tempo limitado. Obxectivo: completar a roda de letras.

1. Ao premer no botón de inicio, aparece a pista ou pregunta cuxa palabra-resposta empeza por, ou contén, a letra da bóla do carrusel que está iluminada. Para saber se empeza por ela ou contén a letra iluminada fixarémonos na esquina inferior esquerda. Escribimos a resposta na caixa de texto E PULSAMOS ENTER. Se non sabe a resposta, pódese "pasar palabra" pulsando o botón central; a bóla, entón, non se apaga e queda iluminada ata a seguinte vez que pasemos por ela. A próxima pregunta acende a seguinte bóla coa seguinte letra. Trátase de apagar todo o carrusel no menor tempo posible.

Ciclismo

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: alcanzar a meta de primeiro.

1. Ao premer na resposta correcta o ciclista avanza. 2. Con seis respostas correctas alcánzase a meta.

Dardos

Opcións: un ou dous xogadores. Obxectivo: obter a maior puntuación tirando un dardo cada vez que se acerta a pregunta.

1. Ao premer na resposta correcta aparece un dardo que ao facer clic se lanza.Coa frecha horizontal e vertical, en permanente movemento, establecemos as coordenadas do tiro. 2. Para contestar á seguinte pregunta (e poder realizar o seguinte tiro en caso de que a resposta sexa a correcta) hai que pulsar o botón de seguinte na base da máquina.

Aforcado de fogo

Opcións: un xogador e tempo limitado. Obxectivo: acertar a resposta elixindo as letras cun máximo de erros antes de nos queimar.

1. Entrar no xogo co botón correspondente. 2. Elixir letras que creemos que forman parte da resposta. Se acertamos incorpórase a resposta. Se erramos comeza ou continúa unha fogueira. Seguiremos ata completar a resposta ou ata ter cinco erros e nos queimar. 3. Pasar á seguinte pregunta. Cada partida ten cinco preguntas. Temos que completalas antes de que se esgote o tempo indicado na esquina superior esquerda

Ordear as letras

Opcións: un xogador e tempo limitado. Obxectivo: ordenar as letras para completar a resposta cun máximo de erros antes de nos queimar.

1. Entrar no xogo co botón correspondente. 2. O xogo proporciona as letras que forman a resposta de xeito desordenado. Temos que premer nelas na orde correcta. Se acertamos incorpórase á resposta. Se erramos comeza ou continúa a fogueira. Temos un máximo de cinco erros antes de nos queimar. 3. Pasar á seguinte pregunta. Cada partida ten cinco preguntas. Temos que completalas antes de que se esgote o tempo indicado na esquina superior esquerda

Outras utilidades Guía usuario: Explicacións de uso da aplicación e guía didáctica para o

profesor.

Temas: 12 páxinas que resumen os conceptos básicos en 8 temas do

currículo de Física e Química de 3º curso de la ESO.

6

Page 7: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Formulación: Apuntes de formulación inorgánica que desenvolven os

métodos tradicional, Stock e sistemático para todos os compostos de

interese no ensino secundario.

Actividade Javaclic sobre a formulación inorgánica: 104 actividades.

7

Page 8: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

8

GUÍA DO PROFESOR FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO

Aplicación de xogos educativos APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)

Material complementario para o currículo de

Física e Química (3º de la ESO)

Introducción

Son coñecidas as dificultades ás que se enfronta o profesorado dos

primeiros cursos da ESO cando intenta afianzar conceptos básicos da

reflexión lingüística. O seu carácter abstracto e o seu escaso interese para

un adolescente, poida que expliquen o desmotivador déficit de atención

que o alumnado deste nivel educativo adoita mostrar ante estes temas.

Se a iso engadimos a sempre difícil xestión dunha aula da ESO, a

importancia que a devandita reflexión ten para a comprensión e expresión

lingüística e que tales temas, en diferentes graos de profundidade,

percorren os currículos de todas as etapas educativas posteriores, xa

temos formulada a cuestión: como manter a atención e espertarlles o

interese pola aprendizaxe duns contidos conceptuais básicos?

Cos xogos. Seguindo a vella máxima horaciana de aut prodesse…aut

delectare (aproveitar deleitando), estes xogos de Ciencias da Natureza é

unha útil aplicación para que o profesor converta os contidos conceptuais,

de difícil adquisición e fixación polo alumnado, en motivadores xogos

interactivos.

Todos os profesores que manexan as TIC saben o aburridos, mecánicos e

repetitivos que resultan os test de preguntas. É sabido que, máis alá das

primeiras cinco cuestións, o alumnado se cansa e empeza a responder

Page 9: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

9

coa técnica do ensaio/erro. Substituamos, pois, os mecánicos controis da

información por atractivos xogos. Converter os contidos en xogos de

preguntas, onde os acertos e erros deciden a partida, esperta o suficiente

interese no alumnado como para abandonar aquela improdutiva técnica.

Contribúese, así, a manter a concentración e a motivación durante máis

tempo, polo que o rendemento didáctico das probas aumenta.

O seu carácter lúdico converten estes xogos de Ciencias da Natureza

nunha atractiva ferramenta que complementa e afianza os conceptos

explicados e practicados en clase. Os 33 xogos que se inclúen aquí

abranguen o currículo de 2º da ESO, proporcionando un recurso moi

versátil para atender á diversidade de niveis, para usalo como repaso no

3º curso, para xogar por parellas ou individualmente, para crear un

concurso de xogos de ciencias... En fin, para "ensinar deleitando".

Breve descrición didáctica:

Obxectivo:

Repasar, fixar e traballar sobre os contidos seguintes:

Ampliar o tempo de atención e concentración na aula.

Potenciar a motivación na adquisición dos contidos.

Ampliar o tempo de dedicación á adquisición dos mesmos.

Desenvolver unha metodoloxía lúdica na transmisión daqueles.

Facer máis sinxela e motivadora a xestión da clase.

Reforzar e fixar os contidos desenvolvidos na materia.

Atender ós diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.

Favorecer a autonomía de aprendizaxe.

Potenciar os estímulos positivos na aprendizaxe.

Page 10: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

10

Metodoloxía:

Estes xogos de Física e Química concíbense como unha

ferramenta complementaria das actividades da aula. O

seu carácter lúdico favorece a concentración e motivación

das explicacións de clase para poder xogar

posteriormente aos xogos baseados nelas.

Os xogos reunidos e os xogos de repaso serven para

repasar todo un bloque unitario de contidos.

Comprobouse que a organización de concursos, a través

de táboas de clasificacións, potencia o carácter motivador

da aplicación.

É especialmente recomendable para a atención á

diversidade dado o aspecto lúdico dos xogos.

Contidos:

Os contidos abarcan todo o currículo da materia de Física

e Química de 3º da ESO, pero experimentouse en niveis

inmediatamente superiores e inferiores con excelentes

resultados.

Avaliación:

Cada xogo ofrece os resultados das respostas acertadas

en tanto por cento.

Se completamos varias partidas sen sair do xogo, o

resultado daranos a media de todas elas.

Os xogos reunidos ofrécennos os resultados, xogo a

xogo, do bloque de contidos elixido.

Edición das preguntas As preguntas son editables polo profesor abrindo o arquivo p.xml (no

cartafol que conten o xogo) co caderno de notas e cambiando as

variables, segundo o seguinte modelo:

Page 11: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

<encabezamiento> <num_preguntas>34</num_preguntas> (Este xogo ten 34 preguntas. Se lle engadimos 10 máis, teríamos

que cambiar 34 por 44; se eliminamos algunha, restaríamos). <informacion>unidade1.pdf</informacion> (Se queremos cambiar a ligazón do xogo ao contido, teremos

que sustituir o unidade1.pdf polo nome e extensión do noso arquivo e incluilo no cartafol “multimedia” do xogo).

</encabezamiento> <cuerpo> <pregunta> <preg1>A unidade de masa no Sistema Internacional de Unidades é...</preg1> (Aquí sustituimos a pregunta.) <resp1a>o quilogramo</resp1a> (Aquí sustituimos a resposta) <resp1b>o litro</resp1b> <resp1c>o gramo</resp1c> <resp1d>o Newton</resp1d> <resp1correcta>a</resp1correcta> (Aquí sustituimos a letra da resposta correcta) <multimedia1></multimedia1> </pregunta> Se queremos engadir máis preguntas copiamos e pegamos un novo bloque e adaptamos os números correspondentes das novas preguntas e respostas <pregunta> <preg35>Unha millonésima parte dun segundo é...</preg35> <resp35a>un milisegundo</resp35a> <resp35b>un microsegundo</resp35b> <resp35c>un megasegundo</resp35c> <resp35d>un nanosegundo</resp35d> <resp35correcta>b</resp35correcta> <multimedia35></multimedia35> </pregunta> Outras utilidades

Temas: 12 páxinas que resumen os conceptos básicos en 8 temas do

currículo de Física e Química de 3º curso de la ESO.

11

Page 12: APRENDIZAXE BASEADO EN XOGOS (GAME-BASED LEARNING)...FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO . FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO . Aplicación de xogos educativos . APRENDIZAXE BASEADO

FÍSICA E QUÍMICA EN XOGO GUÍA DO USUARIO

Formulación: Apuntes de formulación inorgánica que desenvolven os

métodos tradicional, Stock e sistemático para todos os compostos de

interese no ensino secundario.

Actividade Javaclic sobre a formulación inorgánica: 104 actividades.

12