os xogos olímpicos

25

Upload: instituto-rafael-dieste

Post on 08-Jul-2015

3.259 views

Category:

Technology


3 download

DESCRIPTION

Power point

TRANSCRIPT

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Así como a auga é o máis prezado de todos os elementos,

o ouro o máis valioso de todos os bense o Sol brilla máis que calquera outra estrela,o resplandor de Olimpia escurece aos demais

xogos.

1ª Olímpica de PÍNDARO

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

1ª Olimpiada: 776 a.C

Lugar: Olimpia

Na honra de: Zeus

Celebración: cada 4 anos

Duración: 5 días

Deportes: 8

Participantes: só homes libres

gregos

Público: políticos, artistas,

poetas, comerciantes, etc.

Entrada ao estadio de Olimpia

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Tres heraldos anunciaban os xogos na ágora de cada

cidade, proclamando a TREGUA SAGRADA.

Os participantes debían entrenar dez meses antes, o

último intensivo na Élide e levar unha dieta rigorosa.

1º día: procesión, sacrificios, xuramentos e sorteos.

2º-3º-4º día: competicións

5º día: entrega de premios.

Os vencedores recibían como premio coroas feitas con

ramas de oliveira, unha folla de palma e unha banda

branca para cinguir na fronte. Ademais os seus nomes

gravábanse en lápidas no ximnasio e recibían honras e

agasallos na súa cidade.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Ai, Mardonio! Contra que clase de homesnos levas a loitar, que non participan encertames movidos polo ouro senón polagloria? HERODOTO, Historias 8, 26

Plano de Olimpia

ORIXE DOS XOGOS

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Unha lenda di que foi

Zeus quen fundou os

xogos en recordo do

triunfo na Titanomaquia.

A caída dos Titáns (1588)-Cornelis van Haarlem

Píndaro e Pausanias din que

foi Heracles, e por iso nas

metopas do templo de Zeus

en Olimpia aparecen os doce

traballos de Heracles.

Hércules Farnesio, copia de LISIPO (s.IV a.C.)

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Pélope e Hipodamía, ánfora ática s.V a.C.

Moitas fontes falan dunha

renovación por parte de

PÉLOPE, despois dun

tempo de interrupción.

DEPORTES OLÍMPICOS

Diadumeno – POLICLETO (s.V a.C.)

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

1/ CARREIRAS

Corrían no estadio

descalzos e espidos.

Había diferentes tipos:

Drómos (un estadio)

Díaulos (ida e volta)

Dólichos (4.600 m)

Hoplitodrómos (con

armas pesadas)

Lampadedromía

(relevos con fachos)

Estadio de Olimpia

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Loitadores

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

3/ SALTO

Parece que se trataba do salto de lonxitude, en concreto do

triple salto. Usaban unhas pesas, chamadas halterios, que

servían para darse impulso, e saltaban ao ritmo da frauta

dobre ou “aulós”

E

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Lanzaban un disco de

bronce (ao principio foi

de pedra) seguindo

unha técnica similar á

de hoxe. Gañaba quen

o achegaba máis a un

punto fixado de

antemán.

Lanzador de xavelina, vasilla s. V a.C.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

PENTATLÓN

carreira

disco

loitaxavelina

salto

Pancracistas, s. III a.C.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

6/ PANCRACIO

Era unha combinación de

loita libre e puxilato.

Tratábase de poñer ao

contrario fóra de combate

fose como fose.

Só estaba prohibido

morder e meter un dedo

nun ollo, na boca ou no

naris.

Boxeadores vasilla s. V a.C.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

8/ CARREIRAS DE CARROS

Corrían 4 carros de cada

vez, en bigas ou en

cuadrigas. Tiñan que

dar 12 voltas a un

hipódromo duns

400 m. de lonxitude. Ao

principio e ao final da

pista había uns postes

que tiñan que rodear

cunha manobra perigosa.

A victoria era para o dono

dos cabalos, non para o

auriga

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Tamén había carreiras de

cabalos, nas que

montaban a pelo sobre o

animal, que non ía ferrado.

O que tiña que chegar

obrigatoriamente á meta

era o cabalo.

Auriga de Delfos (474 a.C.)

OUTROS XOGOS DEPORTIVOS

XOGOS ÍSTMICOS

en Corinto, na honra

de Poseidón.

XOGOS PÍTICOS

en Delfos, na honra

de Apolo.

XOGOS NEMEOS

en Nemea, na honra

de Heracles.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

ABOLICIÓN E RESTAURACIÓN

Os Xogos Olímpicos foron

abolidos polo emperador

romano Teodosio no ano

393 da nosa era.

En 1896, o barón Pierre de

Coubertin restaurou os

xogos coa celebración da

1ª Olimpiada moderna en

Atenas.

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Mais se alguén atinxe a vitoria coa velocidade dos seuspésalí onde o recinto sagrado de Zeus, beirando as correntes do Pisa, en Olimpia,participando no pentatlón,na loita, mesmo no doloroso puxilato,ou no que chaman pancracio, proba terrible,ilustre con moito resulta aos ollos dos seus concidadáns,consegue proedría distinguida e sustento do público

erario. XENÓFANES, poema

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Reconstrución do templo de Zeus en Olimpia

OS XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGA GRECIA

Traballo realizado por

MATILDE DE CAL.

Departamento de Grego

IES “Rafael Dieste”

Estatua crisoelefantina de Zeus. FIDIAS, s. V a. C.)