tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

16
Tema 6 O Imperialismo e a Primeira Guerra Mundial

Upload: dudas-historia

Post on 04-Aug-2015

563 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Tema 6O Imperialismo e

a Primeira Guerra Mundial

Page 2: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

• Tras a súa unificación, Alemaña converteuse nunha gran potencia dentro do continente europeo; o seu poder militar e industrial a situaban como gran potencia hexemónica.

• Prusia sería o seu territorio de maior importancia; como figuras clave dentro deste imperio serían Guillerme I, o seu emperador e Otto von Bismarck, artífice da unificación e árbitro das relacións internacionais co resto de Europa durante vinte anos (1870-90).

• Características do Segundo Reich:

– Sistema parlamentario bicameral:

• Cámara Baixa (Reichstag).

• Cámara Alta (Bundesrat).

– Industrialización moi intensa.

– Lexislación social acorde coas demandas obreiras (seguros médicos, xubilacións, etc.)

– Importancia do Partido Socialdemócrata Alemán, o máis poderoso de Europa

O Segundo Reich

Page 3: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Page 4: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Os Imperios Orientais

• Imperio Austrohúngaro: tras ser derrotado fronte a Prusia, recoñécese a monarquía dual de Austria e Hungría, baixo o reinado do emperador Francisco Xosé I. O principal problema co que se atopou, a pesares da aparente estabilidade entre ambas potencias foi a enorme diversidade étnica e lingüística da poboación, que dereivou nunha amenaza crecente de nacionalismo separatista.

Page 5: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Page 6: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Os trazos do Imperialismo

• ¿Qué é o Imperialismo? É o dominio exercido por algunhas potencias (metrópole) sobre outros territorios chamados colonias.

• ¿Cándo teñen lugar? Dende finais do século XV algunhas potencias europeas constituíronse como imperios.

• ¿Qué variantes acadou no século XIX? Consolidouse un novo tipo de imperialismo no que os territorios dominados quedaban ao servizo do país colonizador, que se aproveitaba dos seus recursos humanos e narturais.

Page 7: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Tipos de administración colonial

• Colonia/Dominio: territorio dominado completamente pola potencia ocupante. Tipos:

– Colonia de explotación.

– Colonia de poboamento.

• Protectorado: teóricamente era o territorio no que a metrópole respectaba ao goberno indíxena, encargado da política interior e a potencia ocupante explotaba os seus recursos e dirixía a política exterior.

• Concesión: trátase do asentamento de poboación estranxeira para realizar negocios.

• Mandato: cesión temporal dun territorio a unha metrópole. O exemplo máis coñecido é o das colonias pertencentes ás potencias que perderon a Gran Guerra.

Page 8: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Causas do Imperialismo• CAUSAS ECONÓMICAS

– A Revolución Industrial proporcionou aos países medios (tecnoloxía) para afianzar o seu poder. Revolucións dos transportes (Canal Suez).

– As colonias suministran á metrópole materias primas e man de obra, ademais de novos mercados para os produtos industriais. Proteccionismo. Os territorios permitían novos investimentos para obter maior beneficio.

• CAUSAS DEMOGRÁFICAS– Na segunda metade do XIX ata 1914 a

poboación de Europa aumentou un 75% (40 millóns).

– Forte emigración cara a ultramar.• CAUSAS POLÍTICAS

– Situación estratéxica permite o control de rutas marítimas e áreas de influencia.

– As colonias daban prestixio internacional.

• CAUSAS IDEOLÓXICAS– A concepción racista e nacionalista: a

idea da superioridade da raza branca xustificaba o dominio de territorios.

– Desexo de aventura.

Page 9: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

Lección 3. Os Imperios Coloniais

Page 10: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

A expansión europea

• Antes de levar a cabo a colonización propiamente dita, fixéronse exploracións xeográficas e científicas previas cara África, Asia e Oceanía.

• África:

– Destacaron as exploracións de Livingstone e Stanley e o interese dos europeos polos recuros africanos, que levaron aos europeos a dominar o interior do continente.

– Para evitar enfrontamentos entre potencias en 1885 celebrouse a Conferencia de Berlín, na que delimitouse a repartición de África entre as diferentes nacións imperialistas.

Page 11: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

En 1885 tivo lugar a Conferencia de Berlín:Foi convocada por Portugal e organizada polo Chanceller de Alemaña, Otto von Bismarck, coa fin de resolver os problemas que plantexaban a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.Catorce Estados foron representados: O Imperio Alemán, o Imperio Austrohúngaro, Bélxica, Dinamarca, o Imperio Otomano, España, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia, Países Baixos, Portugal, Rusia e Suecia.Nela proclamouse a libre navegación marítima e fluvial, a liberdade de comercio.

Page 12: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Page 13: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

• Asia:

– Destacou o Reino Unido como principal metrópole en Asia, fundamentalmente asentouse en Indostán (India, Pakistán, Bangladesh, Sri Lanka, Maldivas, Bután e Nepal), Birmania e Malaisia. En China conseguirían concesións comerciais tras as guerras do opio.

– Rusia expandiuse por Asia Central e Siberia.

– Francia ocupou Indochina.

– Países Baixos controlarían as illas de Indonesia.

Page 14: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

• Oceanía: comezou a presencia occidental na Illa co establecemento dos británicos, que pasaron a controlar a actual Nova Zelandia. Máis adiante os franceses dominarían algunhas pequenas illa e os alemáns as Illas Marianas (compradas a España) e as Palau.

Page 15: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Page 16: Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)

A expansión das potencias extraeuropeas

• Estados Unidos:

– Expandíronse cara o oeste de América do Norte, en detrimento dos indios.

– Coa Doutrina Monroe proclamaron o seu dereito a intervir en América do Sur e no Caribe.

– En 1898, ocuparía o arquipélago de Hawaii e derrotaría a España polo dominio de Porto Rico e Filipinas.

– A comezos do século XX, o preseidente Theodore Roosevelt declarou o continente americano como área de expansión lexítima estadounidense.